Inicio Blog Páxina 48

Vixiantes de seguridade móbilizanse no CHUAC contra a precariedade e as agresións

0

Vixiantes de seguridade mobilizáronse este luns na contorna do Hospital Universitario da Coruña (CHUAC) para denunciar o incremento das agresións e a precariedade laboral que atravesa o colectivo. A protesta, convocada polos sindicatos USO e UXT, xurdiu como resposta directa á agresión sufrida por un vixiante no Hospital de Oza a mans dun paciente con problemas psiquiátricos.

Durante a mobilización, os representantes sindicais puxeron de manifesto o que consideran unha “situación insustentable”, con profesionais expostos diariamente a riscos graves, persoais insuficientes e unha falta total de protocolos eficaces fronte á violencia. Baixo lemas como ‘Stop agresións’ e ‘Nós tamén somos Sergas’, os participantes esixiron á Xunta de Galicia e ao Servizo Galego de Saúde que asuman a súa responsabilidade e garantan a seguridade tanto do persoal como dos usuarios nos centros sanitarios.

Esta xornada de loita terá continuidade o próximo martes 7 de xaneiro, ás 11:30 horas, cunha gran concentración ante a Consellería de Sanidade en Santiago de Compostela. A esta cita están chamados a participar vixiantes de seguridade de centros sanitarios de toda Galicia para elevar a súa reclamación de xeito conxunto ante o Goberno galego.

O PP ve “un patrón de conduta” de acoso laboral no PSOE coruñés

0

O portavoz do PP da Coruña, Miguel Lorenzo, volveu a esixir a dimisión da alcaldesa, Inés Rei¡y, e do seu número 2, José Manuel Lage Tuñas, tras transcender unha suposta terceira denuncia de acoso laboral, polo que ve “un patrón de conduta”, mentres que o goberno local afirma non ter constancia e insta aos populares a “cesar a súa política de acoso” á rexedora e a “acudir aos xulgados” se consideran que existe algún delito.

En rolda de prensa este luns, o popular fíxose eco dunha publicación do dixital El Debate, dunha suposta terceira denuncia por acoso laboral contra a alcaldesa, despois de que a semana pasada dúas ex concelleiras socialistas denunciasen tanto a Inés Rey como a Lage Tuñas a través da canle interna do PSOE.

En opinión do portavoz do PP local, esta suposta terceira denuncia, tería “maior relevancia porque se trata dunha afiliada do PSOE, traballadora da corporación e que integra o actual equipo de goberno”, ademais de ter “respaldo de varias testemuñas para acreditar que os feitos son certos”.

Por iso, Lorenzo entende que “a teoría da vinganza” en relación coas denuncias das dúas exconcejalas “cae polo seu propio peso” porque agora se trataría dunha persoa que “na actualidade forma parte do equipo de goberno”.

Así, reafirmou que esta acusación mostra o advertido polo PP local: “Non estamos ante casos illados e puntuais, estamos ante un patrón de conduta continuado no tempo, dun ‘modus operandi’ que xa está institucionalizado neste Concello”.

“QUE VAI A FACER O PSOE”

Neste contexto, o portavoz popular asegurou que non poden “mirar para outro lado” e cuestionou “que vai facer o PSOE” e “o PSdeG”, que na tarde deste luns reúne á súa executiva nacional.

“Pregúntome se o PSOE vai ser coherente co seu postulado e coas súas decisións anteriores porque todos coñecemos o caso de Barbadás, que por moito menos pediu a dimisión do alcalde. Ten que tomar unha decisión, ser valente, consecuente; ten que decidir se quere ter credibilidade, ao lado de quen se pon, ao lado das vítimas ou de Inés Rey”, cuestionou.

Fontes do PSdeG sinalaron que non teñen coñecemento desta denuncia, xa que, do mesmo xeito que nos casos anteriores, a canle antiacoso do PSOE mantén a confidencialidade das vítimas fagan ou non a denuncia de forma anónima. Polo momento, Ferraz non ratificou a existencia desta terceira denuncia.

“Tibieza” DO BNG

Do mesmo xeito, Miguel Lorenzo preguntouse “que vai facer o BNG”, do que lle chamou ” a atención” a “tibieza” de Francisco Jorquera ao sinalar o pasado venres que “entendía que non había acoso laboral e quitaba importancia” ás denuncias dos populares.

Pola contra, lamentou, “noutros concellos foi moito máis tallante á hora de esixir dimisións e cesamentos” e volveuse a preguntar se o BNG “vai ser tolerante con estas acusacións”.

 

 

Máis novas do caso

Inés Rey non dimitirá e o BNG e a dirección do PSdG apoian a medida

Sumar reclama a dimisión de Inés Rey e Lage Tuñas trala publicación dos audios

O Caso Tomé salpica a Inés Rey e Lage Tuñas tras unha denuncia por acoso laboral na canle interna do PSOE

 

O PP pide a dimisión de Inés Rey e Lage Tuñas tras as denuncias de acoso laboral

A Xunta declara viable o parque eólico de Inditex no porto exterior da Coruña

A Xunta formulou a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico ‘Porto exterior da Coruña’, no concello de Arteixo, que promove Inditex Renovables. En concreto, conclúe que o proxecto é “ambientalmente viable” sempre que se cumpran, ademais do recolleito no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado e o programa de vixilancia ambiental que figuran ao longo da devandita declaración.

A Consellería de Medio Ambiente publica este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio do 5 de decembro polo que se fai público o documento. Nel, a Xunta explica que o proxecto consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 19,8 MW de potencia total (limitada a 18 MW) en Arteixo constituído por tres aeroxeradores de 6,6 MW potencia nominal unitaria (limitada a 6 MW) e a súa infraestrutura asociada, a liña de evacuación soterrada a 20 kV e 1.298 metros de lonxitude total e a ampliación da subestación ‘SET’ Inditex 132/20 kV.

Entre outras medidas, a declaración indica que se adoptarán as que “maximicen” a integración paisaxística. No caso da subestación transformadora/edificio de control, apunta que se empregarán materiais, texturas e cores que harmonicen coa contorna. Así mesmo, nos traballos de execución e acondicionamento dos camiños do parque “minimizaranse” os movementos de terras e coidarase que o firme contraste o menos posible coa contorna. Tamén co fin de “garantir unha axeitada integración paisaxística, terase especial coidado na aplicación das medidas protectoras, correctoras e de restauración e integración paisaxística que figuran no estudo de impacto e integración paisaxística”.

Rodrigo Cuevas traerá a súa experiencia inmersiva ‘La Belleza’ ao Coliseum da Coruña en 2026

0

O cantante asturiano Rodrigo Cuevas anunciou as datas da súa última xira ‘La Belleza’ para o ano 2026, incluíndo un concerto no Coliseum da Coruña o 30 de abril. O espectáculo destaca polo seu carácter “inmersivo”, no que o público se sentará en mesas situadas nun escenario transformado nun “llagar”, o lugar tradicional de fabricación da sidra. Esta disposición permitirá a interacción directa co artista e unha inmersión total no show, onde os asistentes poderán gozar dunha degustación de sidra e produtos típicos asturianos.

Rodrigo Cuevas elixiu novamente A Coruña para o seu único concerto do ano en Galicia, tras o éxito da súa anterior xira ‘Romaría’ en 2024. A venda de entradas comezará este martes 23 de decembro ás 11:00 horas a través de Ataquilla.com e na web oficial rodrigocuevas.sexy. Só nesta última plataforma estarán dispoñibles os pases para a experiencia inmersiva, que inclúe o asento reservado no “llagar” e o servizo de produtos gastronómicos asturianos.

Unha administración da Agra do Orzán reparte 10 millóns de euros do terceiro premio

0

Unha administracion de lotaría da Coruña, situada en rúa Alcalde Lens, repartiu dez millóns de euros do terceiro premio, coa venda de 20 series e de 200 décimos.

“Estamos moi contentos”, celebrou Beatri desde a citada administación en declaracións a Europa Press. Pola mañá os premiados, que na súa maioría son particulares, aínda non se achegaron ao establecemento.

Ademais, incidiu en que o número gañador, 90.693, é habitual da administración. “Levamos 20 anos con el“, precisou en relación á súa venda.

Por outra banda, na administración número 1 de Pontevedra, Celia Portela explicou que se venderon 45 series e 450 décimos. A responsable concretou que “hai moitos anos” tamén lles tocou un quinto, pero estando ela á fronte esta é a primeira vez. “Para min, é o primeiro. Estamos moi felices”, celebrou.

Todo iso no marco dun Sorteo de Nadal no que en Galicia recaeu un segundo premio, entre traballadores de Bimba e Lola; un terceiro premio, moi repartido en distintas localidacdes galegas, e varios quintos premios, con distribución da sorte en distintos municipios do catro provincias galegas.

Renova Galiza, cando a diáspora fai país en Galicia e en Cataluña

0

Galicia, Cataluña e a visión de galegas e cataláns na construción da conciencia nacional. O Foro Cívico Galego en Barcelona (FCGB), a piques de facer 25 o seu aniversario, acaba de tirar do prelo o número triplo 5-6-7 de Renova Galiza. Trátase dunha revista de 366 páxinas no que colaboran un total de 80 articulistas e entrevistados, residentes en Galicia, en Cataluña e en diversos países de Europa e América e no que hai interesantes análises sobre política, lingua, cultura, comunicación, economía, historia ou sobre o fenómeno da diáspora galega.

O contido da publicación multiautorial está estruturado en dous dossieres; “Alerta! 869.000 diaspóricos/as” (coordinado polo xornalista Antón F. Escuredo), con artigos e entrevistas de 43 colaboradores e “Progrés i Procés. Envers una Catalunya sobirana del benestar” (coordinado por Silvio Falcón e Uxío Meis), con artigos e entrevistas de 22 colaboradores. Este boletín tamén conta cun caderno conmemorativo interior titulado “25 aniversario do Foro Cívico Galego de Barcelona, só un cuarto de século” (coordinado por Madalena Blanco Brasa) e con artigos de 12 colaboradores.

“PONTE COMUNICATIVA”

A revista Renova Galiza, creada en Barcelona no ano 2005 rende homenaxe nominal á súa homónima Nova Galiza, dirixida por Castelao, Rafael Dieste e Carmen Muñoz en Barcelona entre 1937-1938. Con eco nominal tamén de Nueva Galicia. Portavoz de los antifascistas gallegos (1936-1938). Así o destacou durante a presentación deste triplo número o director do FCGB, Camilo F. Valdehorras. “Vinculeira de ambas, ten como albo informar a cidadanía da Galiza exterior e da interior acerca das angueiras sociopolíticas e culturais dos nosos días que vencellan a ambas, así como servir de ponte comunicativa das angueiras políticas, lingüísticas e culturais da nación e da sociedade catalá coa que, como galegos e galegas residentes en Catalunya, partillamos historia, vida e aspiracións ao desenvolvemento persoal e colectivo autocentrado nos seus xenuinos intereses”, suliñou na presentación que tivo lugar este sábado na sede Alexandre Bóveda da Coruña.

Durante a presentación na Coruña, ademais do filólogo da UB e director da revista, Camilo F. Valdehorras, estiveron os coordinadores dos dossieres galego e catalán; Antón F. Escuredo e Uxío Meis, e os colaboradores Isidro Dubert, historiador e catedrático da USC; Keina Espiñeira, politóloga e profesora da UdC; Xurxo Souto, filólogo, escritor e artista e Xurxo Salgado, xornalista, director de Galicia Confidencial e profesor na USC.r

Este número especial está publicado en galego e en catalán e proxéctase moi especialmente cara o amplo e diverso leitorado esparexido pola “Galiza diaspórica” (en especial de Europa e América), onde se distribúe primordialmente en asociacións, centros galegos e leitorados de estudos universitarios e bibliotecas públicas.

O mapa de BiciCoruña conta xa con 79 estacións

Segue mellorando o grupo de goberno o servizo de BiciCoruña. A recta final da segunda fase de expansión deste transformador servizo da mobilidade urbana está chegando ao seu final, outras 29 novas estacións ata chegar ás 79, distribuídas entre os dez distritos da Coruña. Un servizo que se completa con máis de 59 quilómetros de rede ciclable (incluíndo carrís bici e carrís esquerdos habilitados e con velocidade máxima de 30km/h) que tamén deberían seguirse ampliándose. Podedes ver neste mapa tanto as estacións como a rede ciclable.

Esta pasada semana entraron en servizo 7 estacións —xa postas en rúa previamente— nos barrios dos Mallos (a carón do centro cívico e tamén na rúa Eusebio da Guarda), o Ensanche (rúa Alfredo Vicenti), Monte Alto (rúa Vila de Cambre), Pescaría (rúa Cordelería), entre A Agra do Orzán e O Ventorrillo (rúa Mosteiro de Bergondo), e no barrio dos Castros (entre a avenida da Pasaxe e rúas Buenavista e Nova Travesía Buenavista).

Ademais, a localización da nova base dos Castros tamén ten un sentido estratéxico en materia de seguridade viaria, xa que permitirá gañar visibilidade no paso peonil que hai no cruzamento entre Buenavista e Nova Travesía Buenavista, un espazo con moito tránsito de persoas a pé, dada a proximidade da parada de autobús intermodal que hai na explanada dianteira da igrexa do barrio.

Ás tarefas para a posta en funcionamento destas bases sumáronse, ademais, os traballos de instalación doutra máis, nos espazos exteriores da estación intermodal da Sardiñeira, onde continúan as obras de remodelación, e que se porá en marcha esta semana.

 

Máis novas de mobilidade

Xuxán, Meicende, Os Mallos e Monte Alto estrearán 6 novas estacións de Bicicoruña

BiciCoruña: 11,50 euros por alugar unha bicicleta durante un día; 16,75, tres días; e 40, un ano

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

A Masa Crítica volve sacar as bicis na Coruña 20 anos despois da súa creación

A Masa Crítica volve sacar as bicis na Coruña 20 anos despois da súa creación

A Escola da Bici de Mobiliza ou como perder o medo a circular pola cidade

Falece a moza acoitelada no seu piso da Coruña tras non superar a gravidade das feridas

0

A moza que, na tarde do sábado, foi supostamente acoitelada no seu piso da Coruña faleceu na madrugada do domingo debido á “gravidade” das lesións que presentaba. Así o informan fontes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde permanecía ingresada a vítima tras o suceso, que tivo lugar ao redor das 14.00 horas no Paseo da Rolda e levou a deter a un home acusado de tentativa de homicidio.

Segundo confirmaron fontes próximas á investigación, o acusado supostamente feriu cunha arma branca á agora falecida, unha compañeira do piso que compartían con outras persoas e no que se rexistrou un incendio, cuxas causas se investigan.

Sumar reclama a dimisión de Inés Rey e Lage Tuñas trala publicación dos audios

0

“Que se che meta na puta cabeza que quen lidera o partido en Coruña é Ines”. Este é unha das frases que supostamente lle espeta José Manuel Lago Tuñas, o voceiro do grupo socialista, a unha ex concelleira, segundo o contido dos audios que publicou este venres Cuatro. Uns audios que se destapan despois de coñecer que en 2023 dúas exconcelleiras denunciaban tanto ao número 2 do partido na Coruña, como a Inés Rey, por acoso laboral.

O propio Pablo Aranguena, que era secretario do PSdeG recoñeceu estes días ter vivido o caso dende preto, e terlle trasladado o asunto ao ínclito Santos Cerdán, “con nulo resultado”. Con todo, co respaldo do partido e mesmo do BNG, Inés Rey aseguraba que todo era “mentira” por un suposto “axuste de contas” das ex edís expulsadas do partido e do goberno.

Despois de que o PP pedise a dimisión de Rey e Tuñas, agora é o Movemento Sumar Coruña o que considera que “tras a difusión pública de audios e informacións sobre as denuncias por presunto acoso laboral presentadas polas exconcelleiras do goberno municipal, sitúan o goberno municipal nunha crise política de primeira orde que fai incompatible a continuidade de ambos cargos a fronte da xestión municipal2.

A voceira da formación, Trinidad Palacios, sinala que “cando se fan públicos audios e denuncias deste tipo, a responsabilidade política non pode seguir esquivándose” e lembra que “xa se viñan advertindo no pasado sinais de alerta sobre determinadas dinámicas internas no goberno municipal”. Palacios subliña que “isto non é un conflito menor nin unha discrepancia política: a situación esixe decisións definitivas, incluída a dimisión”.

Movemento Sumar Coruña manifesta tamén a súa profunda discrepancia coa posición do BNG, que decidiu manter os seus pactos co PSOE e reducir estas denuncias a unha suposta
“guerra interna”. Para a formación, minimizar uns feitos desta gravidade para preservar acordos de goberno é un erro político grave, impropio dunha esquerda que debe situar a
exemplaridade institucional por riba de calquera cálculo partidista.

 

Máis novas do caso

Inés Rey non dimitirá e o BNG e a dirección do PSdG apoian a medida

O Caso Tomé salpica a Inés Rey e Lage Tuñas tras unha denuncia por acoso laboral na canle interna do PSOE

 

 

 

Potente manifestación das traballadoras do Eroski

0

Desenvolveuse esta mañá de sábado 20 de decembro a primeira xornada de folga na historia de Vegalsa-Eroski. Unha folga que está a rexistrar un importantísimo seguimento, con centros de traballo funcionando a mínimos e tirando de persoal temporal, e cun reforzo inaudito no servizo de seguridade privada.
Aínda que a incidencia é desigual, e que dende CCOO lembran que a CIG non ten maioría no Comité, a CIG valora moi positivamente a resposta dada polas traballadoras e traballadores tanto á convocatoria de folga como ás mobilizacións realizadas.

A folga afecta aos centros Vegalsa-Eroski da provincia da Coruña (agás Eroski City que son franquías) e ao hipermercado que a empresa ten en Ribadeo. Para darlle máis visibilidade á súa loita, as traballadoras e traballadores mobilizáronse este mediodía ao berro de “traballo por tres e non chego a fin de semana”, “Vegalsa paga mal e non deixa de explotar” ou “máis contratacións e mellores condicións”.

2025-12-20_FolgaVegalsa-Eroski_ACorunha_0020

Na Coruña, centos de persoas saíron en manifestación dende o Eroski de Vioño. Alejandra Formoso, delegada da CIG, denunciou que o convenio de Vegalsa-Eroski ten os salarios máis baixos do sector (unha persoa de recente contratación percibe 1000 euros menos ao ano que unha de Gadis ou Froiz) e ademais teñen as xornadas máis longas ao non computárselle como tempo efectivo de traballo os 15 minutos de descanso. A isto súmanse peores condicións sociais e o esgotamento físico e mental das traballadoras e traballadores pola sobrecarga laboral continuada que teñen de soportar.

Por iso, as delegadas e delegados da CIG xa adiantaron que esta é a primeira xornada de folga que se convoca na historia de Vegalsa-Eroski pero non será a última, tendo en conta a negativa da empresa a escoitar as demandas do persoal para mellorar salarios, condicións laborais e reforzar a contratación.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)