Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, defendeu a eficacia da declaración de zona de mercado residencial tensionado e incidiu en que os “resultados están aí”.
Foi a preguntas dos medios de comunicación respecto da postura da Xunta sobre este asunto, tras a rolda de prensa convocada para informar o dispositivo especial de seguridade, transporte e mobilidade organizado polo Concello herculino para o día da eclipse de sol que terá lugar o próximo 12 de agosto.
Neste sentido, a rexedora fixo referencia aos datos facilitados polo Observatorio de Vivenda de Galicia. “Os resultados da zona residencial tensionada están aí”, recalcou.
A Universidade dá Coruña (UDC) esgotou as prazas en 43 das súas titulacións, é dicir, o 80% das súas titulacións, no segundo chamamento de matrícula realizado esta semana. Segundo lembrou a universidade nunha nota de prensa, a institución oferta para o curso académico 2026/2027 un total de 3.284 prazas de novo ingreso en estudos de grao, graos abertos e programas de simultaneidade.
Neste contexto, destacou que permanecen abertas para o seguinte chamamento as titulacións de Filoloxía en Español, en Galego e en Inglés; as Simultaneidades de Español-Galego e Inglés-Galego Socioloxía; Turismo; Relacións Laborais e RR.HH de Ferrol, así como Xestión Dixital da Información e un pequeno número de prazas de Ciencias Empresariais.
Neste contexto, subliñou que a oferta académica da UDC para o próximo curso incorpora un aumento do número de prazas en varias titulacións. Así, o Grao en Bioloxía conta con 70 prazas, sete máis que no curso anterior; o de Relacións Internacionais, impartido conxuntamente coa Universidade de Vigo, alcanza as 30 na UDC; e Arquitectura Técnica chega ás 55.
Con todo, entre as titulacións con maior número de prazas destacan Enxeñaría Informática, con 259 prazas; Administración e Dirección de Empresas, con 180; Estudos de Arquitectura, con 132; e os graos en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Dereito, Educación Infantil e Educación primaria, con 120 prazas cada un.
Con 4 semanas de antelación, e non con unha como as pasadas edicións, o Concello da Coruña vén de presentar a programación completa da 39ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia que se celebrará do 5 ao 8 de agosto na Coruña.
Máis de 15 bandas do país, das 40 en total, conforman un cartel no que a música galega terá máis protagonismo que nunca. “Queremos que o talento creativo local teña un papel protagonista na identidade do festival”, sinalaron na presentación, destacando nomes como Xosé Lois Romeu, Familia Caamagno, Agoraphobia, Sés, Catuxa Salom, Moura, Bala, Meu, Silvia Penide & Sophie Simmons, Apòlo 18, Zënzar ou Greasy Belly, son algunhas das bandas galaicas que tocarán nun festival que se completa cos Bomba Estéreo, Rusowsky, ou Dorian.

A praia de Riazor, as prazas de María Pita e Azcárraga, o parque de Santa Margarita, o Campo da Leña, O Portiño e o Castelo de San Antón serán os escenarios desta edición.
A falta de confirmación oficial, na praia actuarán Echo & The Bunnymen (banda de rock noventera) como cabezas de cartel, xunto cos Dorian e Rusowsky (dúas das grandes revelacións do panorama estatal dos últimos tempos), Ángel Stanich ou Bomba Stéreo.
Yerai Cortés, Sprints, David Regueiro Trío ft. Pablo Castaño, Vicente Calderón, ou Mounqup completan o cartel.
Novamente, as artes escénicas formarán parte da programación do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia cos ‘Contos ao Noroeste’, o 9 de agosto en Santa Margarida, cun pase especial de ‘Amoriños’, con Xosé A. Touriñán e David Perdomo; e o ‘Noroestiño’, do 6 ao 9 de agosto. Esta iniciativa xurdiu na XXXVII edición do festival para complementar a programación musical con actividades para todo tipo de público.
Para público familiar, o ‘Noroestiño’ encherá os xardíns de Méndez Núñez de música en directo con espectáculos diversos e adaptados a este tipo de espectadores. Participarán Pablo Díaz, María Faltri ou Lydia Botana xunto cos espectáculos ‘A Banda dos Insectos’, ‘Bibopalula, o concerto’ ou ‘Leucoíña pasea contos nas verzas’.
O devir do Noroeste tras convertirse no “mellor festival do estado”
A Garda Civil desartellou unha organización criminal dedicada a estafar a hostaleiros na provincia da Coruña mediante o método do “corte de luz”, polo cal chamaban aos restaurantes e bares facéndose pasar pola compañía eléctrica para esixir un pago inmediato por pagos atrasados para non quitar a subministración ao local.
A operación ‘Lightcall‘ hase saldo con seis persoas investigadas, oito establecementos prexudicados e un prexuízo económico de 10.951 euros, dos cales se recuperaron 2.600 euros.
Esta operación, desenvolvida polo Equipo Milladoiro, especializado en materia de ciberdelincuencia da Comandancia da Coruña, permitiu esclarecer oito feitos delituosos labores contra bares, restaurantes e cafetarías dos municipios coruñeses de Boiro, Muros, Santa Comba, Padrón, Noia e Muxía.
Os autores seleccionaban previamente ás súas vítimas tras recompilar información detallada sobre os negocios, obtendo datos como a dirección do establecemento e a compañía comercializadora de subministración eléctrica. Con esta información, contactaban telefonicamente cos responsables dos locais facéndose pasar por empregados da empresa subministradora.
Durante a chamada, informaban as vítimas da existencia dunha suposta débeda pendente e advertíanlles de que, en caso de non abonala de forma inmediata, procederíase ao corte da subministración eléctrica. “Para incrementar a presión e dificultar a capacidade de reacción dos afectados, as chamadas realizábanse habitualmente en horas de máxima actividade, coincidindo cos servizos de comidas”, explica a Garda Civil nun comunicado este martes.
Ante a posibilidade de sufrir a interrupción da subministración eléctrica en pleno horario de traballo, as vítimas accedían a realizar os pagos esixidos. Unha vez obtida a primeira transferencia, os estafadores trataban de conseguir novos ingresos ao alegar supostos erros na operación ou a necesidade de repetir o pago.
En total, procedeuse á investigación de cinco persoas nas provincias de Almería, Cádiz, Xirona e Málaga, así como na localidade gaditana de Alxeciras, ademais da detención dun integrante do grupo en Vigo.
As dilixencias instruídas foron remitidas ao Tribunal de Instancia e Instrución de Muros.
RECOMENDACIÓNS
A Garda Civil lembra a empresarios e autónomos a importancia de extremar as precaucións ante este tipo de chamadas.
“Ante calquera requirimento de pago urxente relacionado con subministracións básicas, recoméndase verificar a información contactando directamente coa compañía subministradora a través das súas canles oficiais e desconfiar de calquera solicitude de transferencia inmediata baixo ameazas de suspensión do servizo”, sinala a Garda Civil.
Así mesmo, aconséllase comunicar calquera intento de estafa ás Forzas e Corpos de Seguridade para facilitar a investigación e previr novas vítimas.
Moven ficha as Peñas do deportivismo trala guerra aberta formulada pola directiva do club e respondida en cartas como a que nos enviaba Marcos García Patiño.
Como anunciaban na asemblea aberta celebrada na torre de Maratón o pàsado xoves, as peñas Riazor Blues, Old Faces e a Federación de Peñas do RC Deportivo convoca unha concentración para este xoves 16 de xullo ás 20:00h na Praza de Pontevedra.
O club respondía a este movemento das Peñas cun duro comunicado no que anunciaba a revisión das condicións do convenio de relación, que estaba vixente e que viña sendo intocable dende 2017. Pero a boa relación que parecía patente ao longo destes anos, mesmo nas celebracións previas á criminalizada invasión do campo na última xornada de Liga, parece torcerse.
View this post on Instagram
A inxustiza, o relato, e a xentrificación poden levar por diante o mellor momento do Deportivo