Centos de persoas asistiron, no cemiterio de Feáns, ao enterro dos catro falecidos, unha muller e o seu tres fillos, no incendio nun edificio en Vigo, rexistrado na madrugada do pasado mércores.
A chegada dos féretros produciuse ao redor das 11,30 horas nun gran silencio e con rostros de tristeza e dor entre os asistentes, que quixeron trasladar coa súa presenza o apoio á familia nestes momentos difíciles.
Ao termo do enterro, o silencio que predominou en todo momento viuse roto por choros e berros dalgunhas persoas con palabras como “asasinos”, ao apuntar a unha posible intencionalidade dos feitos, e “queremos xustiza”. “Mataron aos meus netos”, dixo, entre saloucos, unha das familiares.
En declaracións aos medios, Sinaí Giménez, primo da muller falecida, pediu “xustiza e que a policía faga un traballo serio e non se escatimen medios” na investigación. “Se alguén o fixo que o pague”, dixo para avanzar, ademais, que os seus avogados pedirán a prisión permanente revisable para os supostos autores no caso de que a investigación conclúa que o lume foi intencionado.
Á ESPERA DA INVESTIGACIÓN
No entanto, a pesar da intencionalidade atribuída nun primeiro momento por algunhas testemuñas, todas as hipóteses están abertas, á espera das conclusións do informe da Policía Científica, que se prevé tarde uns días, segundo fontes consultadas por Europa Press. “O grupo de investigación continúa realizando xestións para o esclarecemento dos feitos e tomando declaracións”, precisaron.
“Son momentos moi duros, moi difíciles, era unha familia que estaba na súa casa”, especificou, pola súa banda, Giménez sobre o momento no que se produciu o incendio na vivenda e a situación na que se atopan agora os seus achegados.
Ao enterro acudiron ademais de coñecidos e familia, outras persoas en representación de todas as familias xitanas de Galicia, segundo informou a Sociedade Xitana Española. A Comunidade Xitana declarou tres días de loito en conmemoración e respecto polo catro mortos.
INCENDIO
O incendio desatouse na madrugada do martes para o mércores, e os bombeiros apuntan a que se iniciou no vestíbulo do inmoble. Aínda que os veciños sinalaron que o lume foi intencionado e apuntaron directamente a un home que viviu en edificio e foi expulsado “por conflitivo”, o delegado do Goberno, Pedro BLanco, e as fontes policiais matizaron que é prematuro confirmar esa hipótese, mentres os investigadores seguen traballando.
A terminal da Coruña, cun incremento dos seus pasaxeiros do 16,9%, lidera o crecemento nos aeroportos galegos en setembro. Séguelle Vigo, cunha alza do 12%, e Santiago, que repunta un 0,8%, segundo os datos que publica este venres Aena.
En concreto, Santiago-Rosalía de Castro experimenta unha lixeira subida, do 0,8%, en relación co mesmo mes do ano pasado, ata 341.407 viaxeiros transportados. Son un 21,3% máis que en igual período de 2019.
En Vigo, o aumento é do 12%, ata 107.628 viaxeiros, en setembro de 2023 respecto de setembro de 2022, e do 16% en relación co noveno menos do ano prepandemia. Pola súa banda, o aeroporto da Coruña contabilizou 114.966 viaxeiros en setembro, que son un 16,9% máis que en setembro do pasado exercicio pero un 5,5% menos que catro anos atrás.
OPERACIÓNS E MERCADORÍAS
En canto a operacións, en Compostela subiron un 0,4% interanual, ata 2.471; en Vigo un 1,3%, ata 1.454; e na Coruña descenderon un 4,9%, a 1.443. As mercadorías movidas en Santiago caeron un 2,2%, disparáronse un 262,1% en Vigo e reducíronse un 14,6% na Coruña.
O escenario do 50 Aniversario da Irmandade Galega en Suíza encherase de maxia e emoción cando o artista galego Xabier Díaz suba ao escenario para ofrecer unha actuación que quedará gravada na memoria de todos os presentes. Coa súa poderosa voz e a súa capacidade para transmitir a riqueza cultural de Galicia a través da música, será erixido no escenario do Palladium Hall de Ginebra como embaixador da música galega en Suíza.
O evento, que celebrará cinco décadas de conexión entre a diáspora galega e a súa terra natal, será un escaparate da diversidade e da vitalidade da cultura galega. Co seu profundo amor polas súas raíces e o seu compromiso coa música tradicional converterá nunha figura destacada neste importante aniversario. Díaz, nado na Coruña, forxou unha impresionante traxectoria como cantante, compositor e multiinstrumentista. A súa música é unha viaxe que abrangue desde as melodías ancestrais da comarca ata as composicións contemporáneas que exploran temas universais.
Con Adufeiras de Salitre, Xabier Díaz levou a música galega a escenarios de todo o mundo, pero a súa actuación en Suíza será un novo testemuño da súa capacidade para conectar profundamente co público, sen importar as fronteiras. Durante a súa presentación interpretará unha selección de cancións que recollen a esencia de Galicia: a melancolía das mareas atlánticas, a paixón dos bailes tradicionais e a riqueza da lingua galega.
A súa cálida voz e o seu dominio da pandeireta e outros instrumentos tradicionais envolverán ao público nun remuíño de emocións que resoarán en cada recuncho do recinto.
A actuación de Xabier Díaz no 50 Aniversario da Irmandade Galega en Suíza será non só unha homenaxe á súa terra, senón tamén unha ponte cultural que unirá coas súas raíces ás comunidades galegas de Suíza. A súa música trascende fronteiras e demostra que a herencia cultural galega é unha alegria que merece ser compartida co mundo.
“As miñas visitas a Suiza resúmense en tres ocasións. Estiven en Schaffhausen con Berrogüetto, con Budiño como convidado en Martigny e en Laussane impartindo unha masterclass de percusión. O traballo dos centros sempre é socializador e mantén á xente nova, e non tanto… vencellada ao folclore e á música galega en xeral. Son como pequenos repetidores que se fan eco do que no país vai acontecendo. Obviamente son axentes activos e dinamizadores das actividades e concertos que facemos polo mundo. Sempre é emocionante tocar para eles e tamén con eles. Neste caso imos coa alegría de levar por primeira vez a nosa proposta a esas terras e celebrar o aniversario da entidade”.
Non cabe dúbida de que Díaz brillará con luz propia no escenario do 50 Aniversario da Irmandade Galega en Suíza, onde será consagrado como embaixador apaixonado pola música galega. A súa actuación converterase nun recordatorio da beleza e vitalidade da cultura galega.
3.512 persoas son moitas persoas, pero poderían ser moitas ser moitas máis se o programa de Orzamentos Participativos fose máis visible.
Ese foi o número de persoas que participou na primeira fase de apoios desta 7ª edición do proxecto que máis favorece a participación cidadá permitindo que sexa a veciñanza a que decida o destino de 2,5 millóns de euros
Para esta fase seleccionáranse como viables un total de 318 propostas, 60 para o conxunto do termo municipal e 258 repartidas nos distintos distritos. En total, emitíronse un total de 13.596 apoios. O distrito que rexistrou unha maior participación foi o distrito número 7, que acolle os barrios da Gaiteira, Elviña, Castrillón e Eirís.
A fase final de votación dos proxectos comezará o 25 de outubro e prolongarase ata o día 2 de novembro.
Para participar pódese votar en liña, a través da web do Concello no apartado ‘Na Coruña Contas’ ou de forma presencial nos rexistros localizados no Palacio de María Pita, no Centro Sociocultural Ágora ou no Fórum Metropolitano. Ademais, habilitaranse seis urnas en distintos puntos da cidade co obxectivo de facilitar a votación.
Trala dimisión de Patricia Boedo como concelleira e voceira, o PSOE arteixán move ficha e presenta a Eva Sánchez Ramilo (Arteixo, 1975) como nova concelleira. Veciña da parroquia de Oseiro, Diplomada en Relacións Laborais e pensionista, é presidenta do Comité Arbitral da Federación galega de Boxeo e membro da Asociación xuvenil Xiradela de Arteixo.
Ademais, Ana Cedeira Zas substituirá a Boedo voceira do grupo municipal socialista de Arteixo. Cedeira é concelleira do PSOE de Arteixo desde 2015, foi portavoz da Plataforma de Afectados por Preferentes de A Coruña e activista feminista na Plataforma Feminista da Coruña.
“Agradezo a confianza dos compañeiros e compañeiras para liderar o grupo municipal” afirma Cedeira, “unha tarefa de moita responsabilidade que tentarei facer con respecto e de forma propositiva fronte á prepotencia dun goberno do PP que leva anos gobernando de costas á cidadanía”
Entre elas, a conselleira de Promoción do Emprego, Elena Rivo; a concelleira da área de benestar social do Concello da Coruña, Yoya Neira; a deputada provincial de Política Social, Mª do Mar García; a comisionada para universidades de Fundación ONCE, Isabel Martínez; o secretario xeral de ONCE, Rafael de Lorenzo; o presidente de Down España, Mateo San Segundo, o de Down Coruña, Ricardo Santos e o de Down Galicia, Delmiro Prieto.
Pola súa banda, Rivo avogou na súa intervención por “o emprego en igualdade de condicións” coa vista posta en alcanzar unha Galicia “máis inclusiva”.
Nuestro presidente Mateo San Segundo considera que “las familias de las personas con #síndromeDown somos el motor de los cambios que se han producido y se van a producir en el futuro: no hay otro camino mejor, pero no nos equivoquemos. No todo lo que hemos conseguido hasta ahora… pic.twitter.com/q7KO9WBTfr
“A atención mundial está concentrada no que lle pasa aos israelís, non no que lle pasa aos palestinos”
“O que fai Israel con Palestina é un racismo politicamente correcto”
Tivéseme gustado que nos outorgasen ese dereito á autodefensa. Por que os palestinos non temos ese dereito? Por que se magnifica o dereito do pobo ucraniano, pero os palestinos somos terrotistas?
— —- —
Cos ollos do panorama mediático postos estes días nunha nova escalada de violencia entre Palestina e Israel, queremos falar con Mohammed Safa. Este oftalmólogo palestino leva máis de 30 anos afincado en Galicia, concretamente en Cee, pero mantén viva a conexión coa súa terra como activista e mediador.
As cousas están moi mal. Non pintan nada ben, a verdade.
Estás en contacto con xente de alí?
Si, claro. Estou en contacto permanente con xente en Cisxordania, e de Gaza máis coas familias que viven en España, que si están en contacto, e eu sempre lles pregunto. Porque os palestinos somos unha familia común. Hoxe en Gaza, pero onte estaban en Xerusalem. Unha tónica constante.
Como valoras as accións destes días?
Hai que dicir que a operación, dende o aspecto puramente militar, foi brillante. Ninguén é capaz de entender como foron capaz de romper todo o telón de aceito que ten Israel sobre Gaza, unha terra que ten ata o ceo vixiado 24horas… e aínda así, unha poboación sitiada, sen recursos, con embargos de terra, mar e aire, foron capaces de facer un acto de resistencia deste calado.
En todo caso, nada que ver coas accións realizadas contra os civís, que por suposto, non comparto.
Se cadra, era necesario algo así para desbloquear unha situación que non avanza de ningún xeito?
Parece que a guerra de Ucrania ocultou o noso conflito. Parece que a invasión israelí xa estaba superada, e único que estaba a pasar era a mellora das relacións de Israel co resto de países árabes, ademais de occidente. E se cadra era necesario algo así, pero creo que a atención mundial está concentrada no que lle pasa aos israelís, non o que lle pasa aos palestinos. O coflito leva moitos anos, pero só salta aos medios de comunicación cando hai un israelí morto, e parece que conflito nace aquí, cando é un conflito crónico, e o estado israelí intenta sempre destextualizar a situación. Non hai que olvidar que hai unha ocupación dende hai 75 anos. Unha colonización que vai comendo o territorio palestino.
O que fai Israel é un acto racismo politicamente correcto, coa connivencia de todo Occidente, que está outorgando licenza para que Israel defenda as súas colonias, cando a ocupación é unha ilegalidade no dereito internacional. De que se defenden? Está defendo as súas colonias, iso non é dereito internacional. A xustiza é inxusta e a legalidade é ilegal, neste caso.
Que parece a resposta da dereita española apoiando sen miramentos a Israel, difundindo bulos…?
A dereita en España non me sorprende, porque hai unha conveniencia entre a extrema dereita que goberna en Israel e a dereita en Europa.
Todo o que pasou na historia da humanidade é que a vida duns vale máis que a doutros, e segue latente esa mentalidade de que os brancos son mellores que os negros.
É estrano ver como Europa lle outorga o dereito de autodefensa a Israel. Tivéseme gustado que nos outorgasen ese dereito á autodefensa. Por que os palestinos non temos ese dereito? Por que se magnifica o dereito do pobo ucraniano, pero os palestinos somos terrotistas?
Mohamed Safa-Foto-David Lourido
Que cres que vai pasar?
Espérannos días e semanas longas e escuras. Israel vai intentar asesinar palestinos ata que se inche. Agora mesmo é un toro ferido. O Estado sinte que lle teñen humillado, e agora é o momento de poder restrablecer o seu poderío, e o único que saben facer é matar, aplastar a poboación.
Agora están intentando cortar a auga, luz… A vida dos palestinos estase convetindo nunha milagre, nestas condicións.
Se non fose un pobo convencido das súas raíces, estaría morto. Fomos e somos expulsados, fomos e somos ocupados, aplastados, asasinados… pero seguimos pensando que o mañá é noso, como pobo libre.
Non queremos ter un imperio, queremos ter un estado libre, pero imos pagar un prezo moi caro.
Os escenarios abertos todos dirixen á continuidade do conflito, de maior confrontación. Non se vislumbra unha solución. Cómpre lembrar que estamos na 5ª guerra sobre a franxa de Gaza, e sempre se di que pode haber unha solución, pero nunca pasa, a ocupación vai seguir igual así ata que haxa un novo israelí morto.
E esa posible solución dos dous estados?
É un discurso agotado, ata o que o din saben que nunca foi unha proposta real nin hoxe nin nunca. Podería ser a mellor forma diplomática para saír do paso, pero creo que non é unha opción realizable.
O enterro do catro falecidos no incendio dun edificio en Vigo, rexistrado na madrugada do pasado mércores, terá lugar este venres na Coruña, a partir das 12,00 horas.
Segundo informou Sociedade Xitana Española, as vítimas mortais do lume recibirán sepultura no Cemiterio de Feáns da cidade herculina, de onde era natural a muller, nai dos tres nenos que tamén faleceron.
A asociación subliñou que ao enterro acudirán, ademais de achegados e familia, multitude de persoas en representación de todas as familias xitanas de Galicia. A Comunidade Xitana declarou tres días de loito en conmemoración e respecto polos catro mortos.
Todo iso despois de que unha equivocación fixese que os corpos fosen enviados á Coruña, de onde era natural a nai dos menores. No entanto, a familia esperaba que polo menos os nenos puidesen ser enterrados en Vigo, pero finalmente descartouse esta posibilidade.
FEITOS
O incendio desatouse na madrugada do martes para o mércores, e os bombeiros apuntan a que se iniciou no vestíbulo do inmoble. Aínda que os veciños sinalaron que o lume foi intencionado e apuntaron directamente a un home que viviu en edificio e foi expulsado “por conflitivo”, o delegado do Goberno, Pedro Blanco, e as fontes policiais matizaron que é prematuro confirmar esa hipótese, mentres os investigadores seguen traballando.
En concreto, a Policía Nacional informou de que non levou a cabo “ningunha detención” nin se prevé, polo momento, ningún arresto, aínda que non descartou nin confirmou que haxa intencionalidade nos feitos. O lume saldouse con catro falecidos e máis dunha ducia de persoas feridas.
O militante coruñés Manuel Losada vén de presentar este mércores a seu precandidatura para competir nas primarias que o PSdeG celebrará para elixir o seu candidato á Xunta. Competirá con Gonzalo Caballero e José Ramón Gómez Besteiro nos comicios internos socialistas este 29 de outubro de 2023.
Losada, de 72 anos, é militante socialista dende hai máis de 10 anos, pero asegura ter sido sempre socialista como “o menor de 8 irmáns dunha familia de traballadores”. Con doble “nacionalidade” de Monte Alto (viviu moitos anos na Rúa da Torre) e a Cidade Vella (naceu no Hospital Militar), ten dous obxectivos coa súa candidatura, asegurando que non hai “ningunha corrente detrás”.
“Por un lado, o que me move é axitar a agrupación da Coruña, unha das máis importantes e antigas de Galicia, e na situación actual necesita reactivar todos os debates e vida de militantes que debería ter”, explica.
“E por outro lado, facer valer que os temos edade, somo útiles. Estamos nunha sociedade galega maior e stamos demasiado acostumados a escoitar loubanzas dos maiores da nosa calidade experiencial para aportar, pero á hora de ser desiñados para unha función determinada non se nos ten en conta”.
“Entramos en marea”, apunta con gañas de lea tendo en conta que agora, os tres socialistas deberán reunir os avais necesarios para que as súas candidaturas sexan proclamadas. Para iso teñen de prazo ata o próximo día 18.
A Fundación A Caixa e o Concello da Coruña presentaron ‘Symphony. Unha viaxe ao corazón da música’, unha experiencia que propón ao espectador gozar da música clásica a través da tecnoloxía de realidade virtual (VR) como un músico máis dentro da orquestra.
As dúas películas que forman este proxecto itinerante, con guión e dirección de Igor Cortadellas, proxectaranse na Coruña desde este xoves, día 12, ata o 7 de novembro, nos xardíns de Méndez Núñez.
O concelleiro de Área de Fomento e Promoción da Cidade do Concello da Coruña, Gonzalo Castro; a directora comercial de CaixaBank Rede Galicia, Marta Albela; a delegada territorial da Fundación A Caixa en Galicia, Susan Santos; e o asesor do proxecto, Marcel Gorgori, asistiron este mércores á presentación desta experiencia virtual que está inmersa nunha xira que percorrerá un centenar de cidades de España e Portugal durante dez anos.
Baixo a batuta de Gustavo Dudamel e acompañados dos máis de cen músicos que integran a prestixiosa Mahler Chamber Orchestra, “o público poderá escoitar a música dunha forma única que, mesmo, permitiralle entrar no interior de instrumentos”, segundo informan os responsables.
O proxecto, impulsado pola Fundación A Caixa, está protagonizado por composicións de Ludwig van Beethoven, así como de Gustav Mahler e Leonard Bernstein.