Inicio Blog Páxina 503

O Concello da Coruña reclama á Xunta a creación do consorcio metropolitano de transporte

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, demandou á Xunta a creación do consorcio metropolitano de transporte, nun acto xunto ao candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, quen se comprometeu a crealo en caso de gañar os socialistas as eleccións galegas.

“A Xunta non comparece para apostar pola mobilidade”, argumentou a rexedora nun acto na parada do bus de Entrejardines e con presenza doutros alcaldes da comarca. Xa, noutra orde de cousas, cuestionada pola noite de Fin de Ano, resaltou que culminase sen “incidencias graves” e que só se rexistrase “algunha puntual”.

Ademais, polos proxectos para este ano, incidiu na entrada en vigor dos orzamentos municipais “que farán desta cidade punteira”, sinalou para aludir, ademais, a medidas enfocadas, entre outras cuestións, “á necesaria protección social”.

PRAZAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

Por outra parte, o Concello da Coruña abre este xoves, 4 de xaneiro, unha nova convocatoria para a solicitude de prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), cunha oferta de 52 prazas destinadas a pequenas e pequenos nados entre os anos 2021 e 2023.

Segundo informa o goberno local, as solicitudes poderán formalizarse ata o vindeiro venres 12 de xaneiro, ambos inclusive. Estas prazas, correspondentes ao curso 2023-24, repártense entre seis do oito escolas infantís municipais.

Trátase da EIM Agra do Orzán, EIM Arela (Elviña), EIM Carricanta (Castrillón), EIM Os Rosales, EIM Luís Seoane, EIM de Monte Alto e EIM Vos Cativos (Palavea).

A gran maioría das prazas ofertadas nesta nova convocatoria correspóndense coas aulas de 2-3 anos, para nenos e nenas nacidos no 2021, tendo a totalidade das prazas ocupadas en lasaulas de 0-1 anos e de 1-2 anos, coa excepción dunha única praza dispoñible neste último tramo para a EIM Os Cativos de Palavea.

Un Nadal quente co punto de calor-café de Sísifo no Barrio das Flores

Son datas moi difíciles para as xentes con menos recursos. O Nadal fainos volver, á meirande parte da sociedade, ao seo da familia, pero son moitas as persoas que non teñen familia coa que ir pasar a Noiteboa ou a noite de Fin de Ano. Hai xente que, nin sequera, pode dispoñer dalgo quente para cear.

Coa intención de ofrecer un detalle que permita converter estas dúas datas en algo especial, por pequeno que sexa, a Fundación Érguete, no seu punto de calor-café do programa Sísifo, desenvolve a campaña “Nadal Solidario”, gracias á colaboración da Fundación la Caixa. Unha campaña que xa leva anos realizándose, e que xa é unha tradición entre as persoas que non teñen fogar ou que teñen menos recursos, como acontece coa indispensable Cociña Económica.

E por pequeno que sexa o detalle (un polo asado con patacas, uns bombóns e unha mantiña), a xente amósase tremendamente agradecida coas educadoras sociais Carolina López Lima e Sueli Aller,que realizaron o reparto nesta mañá de dominto 31 de decembro (como o día de Noiteboa) e que contaron coa colaboración dos pequenos Telmo e Mauro, que se animaron a darlle así un toque aínda máis especial a xornada solidaria.

Nadal Solidario en Sisifo Coruna
Telmo e Mauro colaboraron co reparto

Sísifo

O agarimo que destilan as conversas entre as case 50 persoas que pasaron polo local de Sísifo, situado no Barrio das Flores, e as profesionais, dan conta da necesidade de que haia entidades que traballan directamente a pé de rúa.

O programa Sísifo leva en Coruña dende 2006, e permite que xentes sen fogar dispoñan dun lugar onde poden almozar, ducharse, lavar a roupa, cargar o móbil… ou tamén recibir apoio psicolóxico das profesionais, e mesmo axuda e acompañamento para pedir e acodir a citas médicas ou outras máis burocráticas.

Un servizo realizando dende o respecto máximo e o cariño que culmina con novas como as que vivimos esta mesma mañá: Jesús (nome ficticio), un usuario habitual, vén de atopar traballo, e marcha para Santiago absolutamente convencido de quere pasar páxina, de que non quere estropearse máis a vida coas drogas, e de que está preparado para volver a unha vida normal.

Carolina Lopez Lima e Sueli Aller no Nadal Solidario en Sisifo Coruna
Carolina López Lima e Sueli Aller no Nadal Solidario en Sísifo

Non todo foron boas novas, Leticia (nome tamén ficticio doutra usuaria) non puido acodir por segue con grandes problemas de pulmón e foi a sua parella a que se achegou polo polo asado; ou María, que acaba de perder ao seu pai e aínda non ten forzas para esinar o seu sorriso habitual a pesar da escasa dentadura que lle queda despois de loitar moitos anos contra as drogas.

Cando menos, Óscar, Leticia e María, ademais doutras máis de 40 persoas, terán un polo asado ben rico que levar á boca esta noite de Fin de Ano.

 

Máis novas

Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”

Humanizar os patios das escolas para humanizar as persoas privadas de liberdade

 

18F- Podemos presentarase finalmente en solitario ás eleccións galegas

0

Novo xiro na esquerda galega. A pesar do anuncio desta mesma semana de que Podemos e Sumar concorrerían xuntos ás Eleccións Autonómicas do 18 de febreiro de 2024, Podemos irá ás eleccións galegas en solitario. Ou iso parece se se ten en conta o resultado da votación dos seus inscritos realizada este pasado 30 de decembro.

A cousa viña, e mantén, unha marea de incerteza que provoca bastante desazón no electorado da esquerda progresista galega que segue vendo no BNG unha baza excesivamente sectaria. E esa incerteza é constantemente ratificada polas idas e vidas dos propios representantes dos diferentes partidos que conforman esa ala do espectro político.

Por un lado a dirección de Madrid non apoiaba o acordo con Sumar asinado pola dirección galega; mentres Pablo Iglesias, fundador de Podemos, reclamaba que non se presentaran e pedía o voto para o BNG. Pola outra banda, outro dos fundadores, Juan Carlos Monedero, apostaba polo contrario, que foran en coalición con Sumar.

Pero, ao final, falaron os inscritos, que é o poder supremo do “morados”,  e dixeron “non” ao acordo de Sumar por unha importante maioría, máis do 62%.

A votación incluía tamén que candidatura irá ás eleccións e ó o 41% dos inscritos votou pola lista “oficialista”, a de “Transformar Galicia”, que encabeza a ex edil da Coruña Isabel Faraldo, (recibiu 2513 votos) fronte a un 34% que apostou pola “non oficialista”, a de Rexurdir Galicia. No medio, case 24% que votaron en branco, 595 persoas.

Faraldo competirá ao Marta Lois, candidata de Sumar, por recibir ese voto progresista non tan nacionalista, coa sombra das eleccións municipais, onde en cidades como a nosa, a falta de entendemento entre Por Coruña (formada por Podemos, EU e Alianza Verde) e a Marea Atlántica, provocou que ambas forzas quedasen fóra do pleno malia contar con máis de 4.000 votos cada unha.

Máis novas

18F.- Así é o preacordo de Sumar e Podemos para ir xuntas ás eleccións galegas

18F – Marta Lois, candidata á presidencia da Xunta por Sumar Galicia, que aglutina tamén a Podemos e EU

A divertida San Silvestre xuntou máis de 5.000 deportistas

0

Sempre divertida e multitudinaria a San Silvestre Coruña. Este 2023, na súa 14ª edición, foron 5.000 as persoas que se atreveron con esta festiva carreira que pecha o curso, realizando un percorrido de 7,25 quilómetros, en formato de ida e volta, entre a explanada do Palacio dos Deportes de Riazor e a rampla de acceso á Torre de Hércules.

Este ano, houbo dúas novidades: O horario, que se adiantou á mañá, e a inclusión da modalidade da Cansilvestre, que lles permitiu ás e aos corredores participar cos seus cans por primeira vez na historia da proba, estreando a modalidade deportiva do “mushing”.

5000 atletas na San Silvestre Coruna

Ás 10:30h xa estaban saíndo os peques de 5 a 10 anos, de seguido, houbo unha homenaxe ao Hockey Clube Coruña Feminino, para dar o pistoletazo de saída dos corredores.

Foi Anxo Castro (cunha marca de 21:00) e Marta Cabello (25:19) os os dous gañadores da proba na categoría absoluta.A

Reflexión de Nadal: Gastronomía alóctona na Coruña

0

No conxunto de costumes e pareceres (e por suposto nas guías turísticas), a oferta culinaria da Coruña preséntase como un compendio da das comarcas e terras da Galiza adiante. Por mor da variedade local e das diversas procedencias dos fluxos migratorios das aldeas e vilas á cidade, esta apreciación preséntase en xeral auténtica. Así, na Coruña podemos degustar todo tipo de pratos de porto de mar e de interior, cocidos, ao vapor, fritidos, á grella, asados, en caldo, en sopa, en empanada, en conserva, salgados, en escabeche ou en paté. Porén, algunhas especialidades do país non remataron de chegar e asentarse. E outras en gran medida baleirándose de contido xenuíno.

Entre as que non chegaron destaca polo seu exotismo a lamprea. Canda o curso baixo do Miño, nomeadamente nos concellos de Arbo ou As Neves, sérvese enroscada enteira e cociñada no propio sangue. O seu característico sabor bravío, de peixe con gusto de carne, e o tacto cartilaxinoso ao padal non ten parangón. No curso do Ulla, por exemplo en Pontecesures e nalgún restaurante compostelán, a lamprea adoita servirse en salsa bordelesa con arroz e cortada en anacos, o que sendo menos enxebre faina máis doada de asumir para bandullos neófitos.

Entroncada coa lamprea polo aspecto, aínda que non pola taxonomía, atopamos a anguía. Fritida, en salsa ou en empanada, e sempre criada en piscifactoría (no medio natural atópase en perigo de extinción), sérvese pola zona de Paradela e de Portomarín, cun sabor forte pero de textura suave e sen apenas espiña, e un prezo moitísimo máis asumible que as súas crías as angulas.

Estes pratos son descoñecidos para gran parte dos coruñeses e coruñesas, e moitos e moitas, aínda os gorentosos do bo comer, meticulosos como ourives en refeccións e comilonas, xubílanse sen catalos e incluso sen ter sentido falar das súas excelencias.

Hai outros manxares, de importancia capital na identidade culinaria coruñesa, que se ben no pasado mantiveron as súas peculiaridades específicas, a día de hoxe estragáronse en gran medida, inmersos como estamos no vórtice comercializador e do inmediato.

Un deles é o polbo á feira. O primeiro erro moi típico é pedir polbo nun restaurante non especializado. O polbo cocíñase en potas de cobre, e canta máis cantidade se trasfegue durante máis tempo máis adoita saber. A zona tradicional de polbo (e de onde proceden as polbeiras da cidade), esténdese dende Melide, Monterroso e Lalín (con permiso do cocido) ata O Carballiño. En Monterroso o polbo sérvese en anacos máis anchos e con pouco aceite e pementón. No Carballiño e en Ourense (onde nas fins de semana establécense polas rúas polbeiras móbiles), os anacos son pequeniños e con tanto pementón que o tallo branco do polbo fica vermello. O polbo cómpre comelo con escarvadentes e en prato de madeira. E se presta con cachelos e pan do país á parte, atentos a enzoufalos no mollo sobrante.

Outro prato noutrora típico da Coruña é a sardiña, alcumada parrocha se é de pequeno tamaño. Arestora cada vez se come menos e se prepara dun xeito máis descoidado e menos acorde aos usos e costumes. Cómpre coñecer que a mellor tempada para xantar sardiña é despois do San Xoán, en pleno verán, cando vén con máis graxa. Sendo así, se a sardiña posúe abonda graxa ásase directamente na grella, regada con sal gordo, mais se a sardiña vén fraca cómpre enlarafuzar a grella en aceite de oliva, porque se non a sardiña se pegará á grella e se estragará a carne. Por suposto, a sardiña cómese enriba dunha dunha tallada de pan de boroa, deixando logo o pan mollado en prebe con singular sabor. Na zona da ría de Ribeira, en Corrubedo, onde a tradición de asar de sardiñas aínda se mantén, distinguen as sardiñas, dependendo do tamaño, e de menor a maior, en xoubiña, xouba, media, enteira e sardiña lacha (non confundir coa lacha que é outro peixe), e ásanas, frítenas, empánanas ou escabéchanas atendendo ás súas particularidades.

E por último e para concluír, cómpre lembrar dous antano pratos típicos da gastronomía coruñesa que semella, por diversos factores, seguen un proceso de irremisible perda. A mincha, noutrora común en todas as tascas da cidade, cociñada ao vapor e xantada con alfinete e cun chisco de xugo de limón. E o ourizo de mar (que se conserva en Asturias, incluso no mesmo centro de Oviedo, co nome de oricio), e que quizais sexa o alimento co máis acaido sabor a esencia de mar que é posible degustar.

 

  • Tito Pérez é enxeñeiro técnico industrial e escritor. Conta con dous libros de relatos publicados, Vinte fragmentos de mocidade voraz e O latexar do barrio, e cunha novela, O grupo. Mais sobre todo se considera habitante de barrio da nosa cidade e avezado estudoso das súas xentes e idiosincrasias.

MÁIS ARTIGOS DE TITO PÉREZ EN XDC

MÁIS INFO

O goberno coruñés ratifica a súa nova política urbanística aprobando as 3.600 novas vivendas de Visma

0

O goberno socialista do Concello da Coruña vén de confirmar por onde vai ir a súa política urbanística nos vindeiros anos. A Xunta de Goberno aprobaba o proxecto de urbanización do polígono residencial de San Pedro de Visma, coa previsión de construción de 3.600 vivendas.

Un proxecto que conta cun rotundo rexeitamento social (esvaecéronse as case 40 alegacións presentadas) en toda e que cambiará absolutamente a fisionomía dunha das entradas da vidade.  Un proxecto que demostra que a política urbanística do goberno do PSOE local rescata aquelas macrourbanizacións dos anos 90, dos anos de Paco Vázquez, de crecemento demográfico continuo, e esquece a innumerable cantidade de casas baleiras e vivendas por rehabilitar en toda a cidade, así como a necesidade de zonas verdes e espazos comúns.

“A primeira gran actuación municipal dentro do plan de vivenda para o período 2024-2030”, avisou a alcaldesa Inés Rey, tendo en conta que o goberno xa formula grandes urbanizacións da Maestranza-Campo da Estrada na Cidade Vella, de Orillamar-Santo Amaro en Monte Alto, ou as Percebeiras en Labañou.

A macrourbanización de Visma prevé a construcións duns 30 edificios, entre elas 3 torres de case 20 alturas, unhas 3.600 vivendas (un 26% de protección oficial), que comezarán a ser entregadas en 2027.

Proxecto macrouranizacion Visma A Gramela copia

Novas relacionadas co urbanismo coruñés

A sombra de 30 edificios ameaza San Pedro de Visma

 

Piden á corporación que execute os acordos plenarios e non aprobe a construción de 56 vivendas na Maestranza-Campo da Estrada

A veciñanza arrinca a loita contra a urbanización de San Amaro – Orillamar sinalizando a Fonte do Picho

O transporte urbano da Coruña reforzarase en Noitevella con dous vehículos operativos e frecuencias cada media hora

0

O Concello da Coruña promove un dispositivo especial de transporte urbano con vistas á noite de Fin de Ano, na que se reforzará o servizo nocturno de autobús.

Neste sentido, o domingo 31 de decembro está previsto que os últimos servizos saian das súas respectivas cabeceiras de liña ás 21,30 horas, para retirarse posteriormente ás cocheiras unha vez que se complete a súa última quenda, entre as 22,00 e 22,15 horas.

Xa durante a Noitevella, activarase o dispositivo especial do autobús-bufo, que estará operativo entre as 00,30 e as 7,30 horas do día 1 de xaneiro. Nesta franxa horaria haberá dous vehículos dispoñibles, un deles manterá o servizo habitual, mentres que o segundo, de reforzo, fará o mesmo percorrido circular en sentido contrario.

Están previstas frecuencias de 30 minutos ata a conclusión do dispositivo, ás 07,30 horas do luns 1.

Sumar Galicia recorrerá á Xunta Electoral a súa exclusión do debate electoral de RTVE

0

Sumar Galicia recorrerá a recente decisión de RTVE de excluír a esta formación do debate electoral anunciado para o vindeiro 14 de xaneiro. Esta exclusión prodúcese a pesar da clara directriz da Xunta Electoral Central, que nos recoñece como un “grupo político significativo” segundo a Instrución 1/2015, do 15 de abril, da Xunta Electoral Central, relativa á interpretación do artigo 66 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral.

Así, lamenta o cambio de criterio con respecto aos debates celebrados por medios públicos en anteriores comicios autonómicos.
RTVE ofreceu participar no debate electoral exclusivamente ás forzas políticas que contan con representación no Parlamento de Galicia, non respectando deste xeito o criterio mantido pola Xunta Electoral Central en anteriores ocasións, que obriga a incluír nos plans de cobertura dos medios públicos aos grupos políticos significativos (igual ou superior ao 5% dos votos válidos emitidos).
En concreto, aseguran, “Sumar Galicia tivo o pasado 23 de xullo o apoio dun 10,94% dos electores, que se traduciu en dúas deputadas e que representan a 175.813 galegos e galegas no Congreso dos Deputados”.

Máis novas

18F.- Así é o preacordo de Sumar e Podemos para ir xuntas ás eleccións galegas

 

18F – Marta Lois, candidata á presidencia da Xunta por Sumar Galicia, que aglutina tamén a Podemos e EU

Desarticulan na Coruña un grupo criminal que estafou máis de 50.000 euros en fraudes bancarias

0

Garda Civil da Coruña logrou desmantelar unha armazón delituosa establecido na cidade herculina, con conexións en Latinoamérica, dedicado á perpetración de fraudes bancarias a través do correo electrónico, co que conseguiron facerse con máis de 50.000 euros.

En total, foron detidos catro individuos, todos membros activos do grupo criminal, que se enfrontan a cargos relacionados con delitos continuados de estafa, intrusión informática e branqueo de capitais, e operaban desde un locutorio na cidade da Coruña.

O modus operandi dos ciberdelincuentes incluía diversas fases, desde a investigación e recolección de información ata a suplantación de identidade, o engano, a manipulación e finalmente a execución da fraude.

A técnica principal utilizada por este grupo era a ‘Fraude do Ministerio do Interior Factura‘, no que, mediante técnicas de intrusión informática, alteraban as contas bancarias destinatarias das facturas. No proceso de estafa, o grupo criminal empregaba ‘mulas de diñeiro’, individuos recrutados para recibir o diñeiro estafado en contas ao seu nome, para logo transferilo a outras contas e facelo efectivo en caixeiros.

Posteriormente, o diñeiro en efectivo transformábase novamente a dixital a través de empresas remesadoras de diñeiro, facilitando así o seu envío a un país latinoamericano onde operaban os xefes da organización criminal.

As investigacións, iniciadas no principio do ano, foron coordinadas entre distintos Xulgados e Unidades da Garda Civil, tras recibir denuncias de prexudicados en toda España e Italia, incluíndo entidades mercantís, Administracións Públicas e particulares. O valor total das estafas ascende a máis de 51.500 euros, afectando a vítimas en Garde (Navarra), Lliria (Valencia), Alacante e A Coruña, ademais dunha empresa en Italia.

Amancio Ortega, no posto 12 dos máis ricos do mundo, con máis de 100.000 millóns de dólares

0

O fundador de Inditex, Amancio Ortega, alcanzou unha nova marca ao converterse no primeiro español que supera os 100.000 millóns de dólares de patrimonio, o que o sitúa no posto doce do ranking de ‘As persoas máis ricas do mundo’ de Forbes.

En concreto, a fortuna do empresario galego ascende a 100.700 millóns de dólares (case 91.000 millóns de euros), unha cifra que se afasta dos 81.800 millóns de euros cos que Forbes España situouno como as persoas máis rica de España o pasado mes de novembro.

No presente exercicio, a firma téxtil da que Ortega é accionista maioritario revalorizouse nos mercados máis dun 35%, o cal lle permitiu aumentar a súa masa patrimonial de forma notable. Unha das súas últimas compras, a través do seu brazo investidor Pontegadea, foi os seus dous primeiros hoteis ‘boutique’ no centro de Palma de Mallorca a un grupo sueco por 35 millóns de euros, segundo informaron a Europa Press en fontes coñecedoras da operación.

Non é a primeira vez que o fundador de Inditex compra inmobles hoteleiros, xa que tamén é propietario, entre outros, dun situado en Cádiz (Playaballena) e outro en Nova York (Iberostar). Á marxe do sector holetero, Ortega anunciou recentemente a compra dun almacen loxístico en Miami por un importe de 113 millóns de dólares (102,97 millóns de euros).

Desta forma, Pontegadea continúa cos seus investimentos inmobiliarios tras ingresar este ano un total de 2.217 millóns de euros en concepto de dividendos de Inditex, por encima dos 1.718 millóns que percibiu por este concepto o ano pasado.

O fundador de Inditex inviste parte dos dividendos que recibe de Inditex no sector inmobiliario. Ortega posúe a maior inmobiliaria española, centrada na compra e xestión de grandes edificios, cunha carteira de activos inmobiliarios integrada fundamentalmente por edificios de oficinas, non residenciais, situados no