Inicio Blog Páxina 529

“A mellor maneira de terminar coa ocupación ilegal é axudar ás persoas sen recursos a acceder a un fogar digno”

0
  • Son palabras de Augusto Pérez-Cepeda, presidente do Consello da Avogacía Galega, dende onde recoñecen que a maioría das consultas recibidas no Servizo de Asesoramento en Vivenda foron de persoas en risco de desafiuzamento.

— — —

Necesita a sociedade coruñesa reflexionar sobre a problemática da vivenda, e sobre onde poñer foco: na “okupación” ou no desafiuzamento? A tendencia mediática a alarmar á sociedade, a cantidade de publicidade de empresas de alarmas, os grupos máis conservadores lanzando arengas apocalípticas non lle fan nada ben a esta sociedade na que os sucesos son as novas máis compartidas.

Cando a realidade é que a moitas desas ocupacións son por mera necesidade. Así o entende o Consello da Avogacía Galega (CAG), financiado polo IGVS, que sinala que amaioría das consultas recibidas no que vai de ano no Servizo de Asesoramento de Vivenda foron de persoas que se atopan en risco de desafiuzamento por impago de rendas ou cotas hipotecarias, e supoñen un 34,25% do total das formuladas. Explican que só o 12,33% se refiren a situacións relacionadas coa ocupación ilegal.

Por todo isto, o presidente da entidade, Augusto Pérez- Cepeda explica que “a mellor maneira de terminar coa ocupación ilegal é axudar ás persoas sen recursos a acceder a un fogar digno”.

Aluguer

Ademais, o 23,29% das cuestións achegadas versaron sobre aluguer de vivenda, mentres que temas como cancelacións hipotecarias, uso do inmoble en caso de separación, pensións, xustiza gratuíta ou valoración de vivendas supuxeron o 21,92% das consultas, sendo o 8,22% consultas alleas ao convenio.

O 47,95% das persoas que utilizaron este servizo gratuíto do CAG son arrendatarios de vivendas, mentres que o 20,55% son propietarios de inmobles. O 31,51% restante corresponde a consultas feitas por comuneiros, veciños e familiares de propietarios, entre outros perfís.

A entidade, que aglutina a 167 avogados do 7 Colexios da Avogacía de Galicia, explica que as persoas usuarias deste servizo gratuíto do CAG foron predominantemente veciños das sete cidades de Galicia e ademáis doutros concellos, entre os que se atopa Arteixo ou Cambre.

Guías informativas e asesoramento telefónico

O Consello da Avogacía Galega tamén ten a disposición dos cidadáns dúas guías informativas confeccionadas polos servizos técnico-xurídicos da entidade; unha sobre desafiuzamento e outra sobre ocupación ilegal. Guías que podedes acceder dende avogacia.gal.

Ademais, podedes facer consultas a través dun formulario en liña accesible a través da web da CAG ou do número de teléfono 900 121 221 activo de luns a sábado en horario de mañá.

As luces de Nadal da Coruña acenderán o 1 decembro con máis de tres millóns de luces de Nadal nos seus barrios

0

A Coruña contará este ano con máis de tres millóns de puntos de luz de Nadal, que se iluminarán a partir do próximo venres 1 de decembro, nun acto que terá lugar no Obelisco.

Haberá nos diferentes barrios e distritos 560 arcos luminosos e toda a iluminación será de baixo consumo, precisa o consistorio nun comunicado.

O acto, que terá lugar no Obelisco,estará presidido pola alcaldesa, Inés Rey, que destaca a importancia de que “o Nadal se viva coa mesma ilusión e intensidade nos diferentes barrios da cidade”.

As luces distribuiranse por diferentes rúas dos barrios e primarán os espazos comerciais abertos para fomentar as súas vendas. Ademais, A Coruña volverá contar coa gran esfera luminosa de 12 metros de altura da Mariña (xa está instalada) e coa árbore de 20 metros de altura do Obelisco.

O 1 de decembro o acto de aceso comezará ás 18,30 horas. Previamente, haberá animación infantil no Obelisco e, para finalizar, unha actuación de Sisters in the House. Ademais, o mesmo día comezarán tamén as actividades de Nadal da praza de María Pita, que inclúen este ano unha pista de xeo, aberta ata o 7 de xaneiro.

As 50 paradas do concurso de tapas Picadillo

0

En marcha a XIX edición do certame de tapas Picadillo, que se desenvolverá na cidade entre o venres 24 de novembro e o domingo 3 de decembro.

A presentación serviu para lembrar que o próximo ano 2024 cúmprense 150 anos do
nacemento de Picadillo (Manuel María Puga y Parga), a referencia co seu receitario que dá nome ao certame.

apg_20231121_CASTRO_CABANAS_CONCURSO_TAPAS_PICADILLO_004
A neta de Picadillo, Carmen Fernández-Gago Puga (Chau), á dereita, estivo presente na presentación

Nesta edición participarán un total de 49 establecementos, nos que haberá dispoñibles 55
tapas, das que 23 forman parte da categoría Creativas e 32 do Recetario Picadillo. Os prezos das propostas será de 2 a 4 euros.

Haberá premio escollido por un xurado profesional, pero tamén público xeral poderá votar as súas tapas favoritas a través dos códigos QR que estarán dispoñibles nos establecementos participantes. A tapa que obteña a mellor puntuación recibirá o Premio Picadillo Cidade da Coruña, dotado con 500 euros e un diploma acreditativo.

Toda a información sobre os negocios participantes, as tapas e as rutas suxeridas atópase
na páxina web www.tapaspicadillo.es, onde tamén se pode descargar o tríptico que se
atopará nos locais, na oficina de Turismo da Coruña, nos centros cívicos, nas bibliotecas
municipais e en hoteis da cidade.

En liberdade ao acusado de agredir cunha arma branca a un home á saída do Casino da Coruña

0

O maxistrado do Xulgado de Instrución nº5 da Coruña decretou a posta en liberdade do detido acusado de agredir cunha arma branca a un home á saída do Casino da Coruña a madrugada do domingo.

Segundo trasladaron a Europa Press fontes xudiciais, impúxoselle a prohibición de aproximarse á vítima e de comunicarse con ela por calquera medio. Está investigado por un delito de lesións. O xulgado inhibirase ao nº4 porque é o que estaba de garda cando sucederon os feitos.

Os feitos sucederon sobre o catro da madrugada á saída do Casino da Coruña, situado nos xardíns de Méndez Núñez. Por motivos que se investigan, o home detido agrediu a outro con arma branca tras unha discusión.

O festival de música electrónica Fanzine Fest celebrarase en decembro con novas localizacións: o castelo de San Antón e a igrexa das Capuchinas

O festival de música electrónica Fanzine Fest celebrarase do 4 ao 9 de decembro na Coruña, con novas localizacións, en concreto o castelo de San Antón e a igrexa das Capuchinas. Así se informou na presentación da programación nun acto, no consistorio coruñés, con presenza do concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro.

Castro, acompañado polos directores e impulsores do evento, Pablo Cubeiro e Roi Grobas, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, Juan Inchausti, incidiu no “carácter innovador” do Fanzine Fest na escena cultural coruñesa.

Ademais das sesións musicais e audiovisuais anunciadas nas últimas semanas, hoxe deuse a coñecer a programación de actividades paralelas do festival. Entre as principais novidades destaca a incorporación de dúas novas sedes: a igrexa das Capuchinas e o castelo de San Antón.

Na xornada do 6 de decembro, este último acollerá, desde as 12.00 horas, un coloquio sobre a xestión de selos discográficos. Tamén ese día, desde as 17.00 horas, a igrexa das Capuchinas acollerá unha instalación sensorial interactiva xerada polo Colectivo MOM coruñés, conformado por Myriam Pato, Óscar Domínguez e Manuel Fonte, e que conta coa banda sonora do artista galego Ungar.

Traballadoras de Inditex esixen en Arteixo un acordo marco para a igualdade de dereitos en centros loxísticos

0

Traballadores de Inditex concentráronse este luns fronte á sede de Inditex en Arteixo para reclamar á empresa un acordo marco que regule a igualdade de dereitos dos traballadores, “independentemente do centro loxístico no que traballen”.

Moitas das proclamas dirixidas polas decenas de traballadores de centros loxísticos de toda España concentrados dirixíronse á actual presidenta do grupo, Marta Ortega.

A berros como ‘Vas herdar un conflito laboral’ ou ‘Marta, escoita, Inditex está en loita’, uníronse entre lumes e bengalas, outros como ‘Se non hai igualdade, as pezas non sairán’ e ‘Se non hai negociación, se para a produción’.

Os manifestantes ocuparon algúns carrís da Avenida que dá acceso ao complexo da empresa e, xa pasada media hora do inicio da protesta, conseguiron entrar ao recinto, aínda que sen acceder aos edificios principais.

“Levamos 10 anos reivindicándolle a Inditex a necesidade dun espazo de diálogo social no que esteamos representados todos os centros loxísticos do grupo. Espazos de diálogo social que xa existen noutros sectores da mesma multinacional”, explicou Ainhoa Salvador, da sección Interempresas de Comisións Obreiras do grupo Inditex.

Ademais, matizou que un acordo marco non supón “acabar coa negociación propia de cada centro loxístico”, algo que, denunciou, está a utilizarse como “argumento para enganar dunha forma pouco ética aos persoais”.

Entre as desigualdades que citou, está a diferenza de permisos retribuídos. “Como é posible que un permiso en caso de falecemento, os días que che correspondan sexan en función de se traballas nun centro ou outro?, como é posible que unha axuda social teña un importe maior ou menor en función do centro loxístico onde traballas? e como pode ser algo tan básico como a compensación de salario en situación de IT que diso dependa se traballas nun centro ou outro?”, preguntouse Salvador.

“Hai que garantir a carga de traballo, os investimentos e o emprego en todos os centros loxísticos e iso só poderase facer mediante un acordo marco. É necesario atallar a subcontratación, tanto das tarefas propias como das que non o son, posto que se subcontratan a empresas en peores condicións que as nosas. E é necesario fixar un salario mínimo na loxística, así como unha xornada máxima, de tal forma que se mañá abren un centro de traballo novo, as persoas que traballen nel non teñan que rexerse polos convenios coas súas garantías mínimas ata que teñan capacidade de negociar o seu propio acordo de condicións”, defendeu.

Considera que Inditex ten que “recapacitar”, que non pode “seguir fomentando a desigualdade” entre os centros loxísticos e, advirte que, mentres que non o faga, seguirán reivindicando un acordo marco e seguirán co calendario de reivindicacións. A seguinte será en Madrid o próximo mes de decembro.

Investigan a unha parella de Portosín que estafou uns 125.000 euros a un home que quería investir nun local de hostalaría

0

A Garda Civil detivo a unha parella, natural de Ourense e veciña de Portosín, e investigou a un home de Ourense como presuntos autores dun delito de estafa agravada nun negocio de hostalaría, ao facerse con máis de 125.000 euros dun home que quería investir no local.N Segundo informa a Benemérita, a investigación de iniciou a finais do mes de marzo, cando a suposta vítima denunciou ser enganada para formar parte dunha sociedade nun negocio situado en Portosín, onde os implicados quedáronse con máis de 126.000 euros.

En concreto, o home reportou que os presuntos autores convencérono para que realizase unha achega económica coa promesa de obter unha rendibilidade mensual de 6.000 euros, destinada á realización de reformas no local que nunca levaron a cabo debido a que a sociedade nunca se formalizou. “Os estafadores, aproveitando as asiduas visitas da vítima ao negocio de hostalaría, fóronse gañando a súa amizade durante a estancia estival do denunciante en Portosín. Aproveitando a confianza gañada, os acusados mostraron recadacións diarias do negocio, aparentando solvencia económica e convencendo á vítima para que se unise á sociedade, entregándolle unha chave do local como símbolo de confianza”, engade a Garda Civil.

Durante os dous meses seguintes, a vítima transferiu case 109.000 euros ás contas bancarias dos investigados e entregou 17.350 euros en efectivo. Con todo, ao non ver avances no local e enfrontarse a evasivas ao solicitar documentación, comezou a sospeitar dunha estafa. A investigación revelou que a parella malgastaría a maior parte do diñeiro na compra de vehículos, bens, viaxes, restaurantes e centros comerciais, chegando a retirar máis de 45.000 euros en efectivo. Unha vez localizado o domicilio dos presuntos estafadores, a Garda Civil procedeu á detención da parella e á investigación do home, ao que a vítima sinala como inductor da estafa. As dilixencias instruídas xunto cos detidos foron postos a disposición xudicial do Xulgado de Instrución número 2 de Noia.

ADHESIVO ITV FALSA

Por outra banda, tamén na provincia da Coruña, a Garda Civil investigou a unha condutora que portaba no seu coche un adhesivo da inspección técnica do vehículo (ITV) con data en vigor que non correspondía coa oportuna vixencia do seu automóbil. Foi durante un servizo de vixilancia de estradas na AC-173 (A Pasaxe-Mera) cando se detectou este turismo, que circulaba coa ITV caducada desde 2022. Con todo, o modelo tiña un adhesivo con data en vigor no seu parabrisas, o que podería tratarse dun delito de falsidade documental, polo que a condutora foi investigada.

O Concello promove actividades con motivo do 25N

0

Concello da Coruña programará actividades con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebra o 25 de novembro. As mesmas desenvolveranse baixo o lema ‘Non máis’, segundo informou a alcaldesa, Inés Rey, nunha comparecencia ante os medios xunto á edil de Benestar Social, Yoya Neira.

O 25N é unha data fundamental na axenda feminista porque non se pon o foco nas mulleres, senón nas violencias que sofren“, sentenciou. Ademais, dixo que nas actividades programadas a atención ponse nos asasinatos de mulleres, na loita contra a violencia de control entre os mozos e o perigo de banalización de actitudes machistas. En canto ás actividades, explicou que o acto principal será un debate ao redor da película ‘Douche os meus ollos’, no seu 20 aniversario. Ao coloquio, asistirá o seu protagonista, o actor galego Luís Tosar.

O Dépor e a marmota

  • ornada 13 – SD Tarazona 1 – Depor 1
  • Un novo mini desastre branquiazul fora da casa e ante un dos rivais más modestos da categoría
  • Décimo terceiro partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (4V 6E 3D)

— — —

Un novo día da marmota en Punxsutawney. Habería que chamar a Bill Murray para que veña a facer as crónicas do Dépor e, polo menos, xa nos tomamos isto co humor que merece este deambular no barro. Se graciosa era a situación vivida polo noso querido Bill en Pensilvania, tortuosa é o camiñar do Depor nesta senda de barro 23/24.

Tocaba esta fin de semana unha saída, de primeiras, accesible contra un dos equipos máis modestos da categoría e nun deses campos que che recordan a crueza da túa realidade. De feito, o máis entretido da primeira metade do encontro foi ver coma os rapaces de Tarazona divertíanse no fondo do campo, tirándose ladeira abaixo aproveitando a tranquila tarde que o Dépor lle estaba entregando ó equipo local. Ningunha chegada de perigo, xogo escuro e as mesmas sensacións doutros encontros. Pero, aínda quedaba o mellor da tarde. Regalo do equipo local no minuto 87 con erro grande do porteiro local e gol do Depor que parecía afastar a mala sorte doutros encontros. Amigo, pero aí estaba Bill acariñando á marmota para que no minuto 95 chegase o empate da SD Tarazona e acendera de novo tódolos rotativos para cambiar o titular que xa tiñan escritos os periódicos do domingo.

Novo paso atrás dun Dépor que levaba unha boa xeira de puntos: 9 de 12 posibles. Cando xa vai un terzo de campionato, situado no zona morna da táboa, cunhas esperanzas moi limitadas de liderato, e cun leve suspiro de achegarse á quinta e última praza de playoff, quedan poucos deportivistas que vexan algo positivo no equipo.

Moito culpable, moito responsable e pouco remedio se lle ve a un equipo que cada domingo empéñase en facerte crer que o depósito de desgracias nunca está cheo de todo.    

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

A Fiscalía solicita 29 anos de cárcere a petición de condena para o acusado de matar a unha muller en Oza-Cesuras

0

A Fiscalía elevou a 29 anos de prisión a petición de condena para un home acusado de disparar mortalmente a unha muller na súa vivenda de Oza-Cesuras, en xaneiro de 2021, por un delito de asasinato e tenencia ilícita de armas e engadir o de violación de morada. “Estou bastante arrepentido por ter ido a roubar a esa casa, non sabía que o compañeiro que viña comigo ía armado senón non tería ido nin a esa casa nin a ningunha outra”, declarou o procesado tras pedir “perdón á familia” na súa quenda de última palabra, no xuízo celebrado na Audiencia Provincial da Coruña.

Na lectura de conclusións, na vista celebrada este luns, a representante do Ministerio Público indicou que durante o proceso confirmouse que o procesado perseguiu á muller “e no momento que lle dá alcance, nese mesmo lugar, a encañona, dispáraa e a mata”. “Teño a convicción plena e non teño dúbida algunha de que o acusado matou alevosamente á vítima”, quen sufriu, dixo, unha “cazaría na súa propia casa”. Pola “entrada na morada de forma contraria á vontade” da vítima, a fiscal actualizou a súa petición de condena e sumou un ano por violación á solicitude de 25 anos de prisión por un delito de asasinato e tres por tenencia ilícita de armas.

“O acusado levaba consigo a arma e dous cargadores con munición abundante, ía preparado para matar”, insistiu tras engadir que “non houbo ningún interese patrimonial na acción”. “Non roubou nada en absoluto”, lembrou.

“AXUSTE DE CONTAS”

En canto ao motivo do asasinato, a fiscal indicou que existe un “móbil clarísimo para actuar” por parte do procesado. Apuntou a un “axuste de contas” por motivos laborais cuxo xerme é unha relación persoal entre a muller do procesado e o marido da vítima, que ambos recoñeceron durante a vista. Respecto ao argumento do acusado que alega a presenza doutro individuo ao que culpa do asasinato, sinalou que non se puido “acreditar nunca a súa presenza, sinxelamente, porque esta persoa non existe”. “O seu relato é inverosímil e contraditorio”, recalcou e engadiu que os informes periciais son “moi precisos, exhaustivos e contundentes”.

Na mesma liña, a acusación particular subscribiu “integramente” as conclusións da Fiscalía “respecto do ocorrido”. Por iso, mantivo a súa petición de condena na que solicita prisión permanente revisable polo delito de asasinato, ademais de penas de cárcere por tenencia ilícita de armas e violación. A defensa, pola súa banda, tamén mantivo o seu relato inicial no que reclama de dous a cinco anos por tentativa de roubo con violencia en casa habitada para o seu cliente, quen durante o proceso declarouse culpable de acceder á vivenda para roubar, pero non da morte da muller. “Hai dúbidas neste procedemento e débense interpretar a favor do acusado”, indicou.

Fixo alusión, entre outros indicios, á presenza de sangue doutro home no chaleco que portaba o procesado e á ausencia de residuos de disparo nas súas mans. “Desde o seu inicio, a investigación non vai dirixida a quen é o responsable da morte”, explicou o letrado, senón a buscar o motivo polo cal o acusado “cometeu o crime”.

FEITOS

Así o expuxeron as partes no xuízo celebrado na Audiencia Provincial da Coruña, con Tribunal de Xurado, por uns feitos ocorridos na tarde do 15 de xaneiro de 2021 despois de que o procesado, segundo Fiscalía, accedese de maneira sorpresiva e armado á vivenda, perseguise á muller e disparáselle no cranio. Tras os feitos, foi detido oculto nunhas matogueiras, con abundantes manchas de sangue na súa roupa.

Inicialmente, sobre este caso, as hipóteses da investigación centráronse en que o home entrou na vivenda coa intención de roubar e puido ser sorprendido pola muller, aínda que logo descartouse e apuntouse a que o acusado, veciño de Culleredo, coñecíaa.