Inicio Blog Páxina 528

Aprobada unha nova convocatoria do programa ‘Talón Restaurante’, con menús a un máximo de nove euros

Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno, a tramitación anticipada dunha nova convocatoria do programa ‘Talón Restaurante‘, cuxo obxectivo é a prevención da dependencia e a promoción da autonomía das persoas maiores. Segundo informa o Consistorio, esta iniciativa facilita a “interrelación” dos usuarios coa súa contorna social máis próxima, “proporcionándolles, ademais, unha alimentación equilibrada“. Contribúe, tamén, ao “mantemento e fomento” do emprego na hostalaría.

O programa, engade, conta cun orzamento de 600.000 euros, partida coa que se sufragará “parcialmente” o custo do menú que os establecementos poderán ofertar “a un prezo máximo de nove euros”Estará en vigor entre os meses de xaneiro e decembro de 2024. Noutra orde de cousas, o goberno local aprobou este mércores a licenza para a construción dun edificio de 30 vivendas no barrio da Sagrada Familia.

O museo de Belas Artes exhibe unha mostra sobre Sorolla, pintor valenciano

0

O museo de Belas Artes da Coruña acolle ‘Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia’, unha exposición que conta con máis de 70 obras entre óleos, debuxos e obxectos etnográficos e conmemora o centenario da morte do pintor valenciano. A súa apertura ao público terá lugar este xoves ás 19,00 horas e poderá visitarse ata o próximo 10 de marzo. Esta iniciativa enmárcase no proxecto expositivo ‘Viaxar para pintar’, que ten como obxectivo “levar a obra de Sorolla a aqueles lugares onde os cadros foron pintados ao natural” e relacionala coa de artistas locais de principios do século XX.

Así o manifestaron o director do Museo Sorolla, Enrique Varela Agüi, e a comisaria da mostra, Sonia Martínez Requena, conservadora do mesmo. “É unha forma de territorializar a celebración e estendela a outros lugares do país”, indicou Varela.

A súa RELACIÓN COS PINTORES LOCAIS

A comisaria, pola súa banda, explicou que esta mostra está “vertebrada” nas viaxes que o autor realiza a terras galegas e “a súa relación cos pintores locais”. “Vén, fundamentalmente, tres veces a Galicia para pintar, en 1900, 1910 e en 1915 e na exposición están reflectidos todas estas viaxes, o motivo que lle trae aquí e as obras que produce”, dixo. Ao acto de presentación, asistiu tamén o bisneto do artista, Antonio Mollá Lorente, presidente da Comisión Permanente da Fundación Museo Sorolla, quen sinalou que lle parece unha “boísima idea, levar as obras ao lugar onde foron creadas”.

O incendio dun coche na AP-9 provoca importantes retencións, pero sen feridos

0

Un incendio dun vehículo na AP-9, ao seu paso por Cambre, provocou importantes retencións este xoves. O condutor saíu ileso.

Segundo informou a Garda Civil, o vehículo empezou a arder por causas que se descoñecen. O sinistro rexistrouse no quilómetro 12 da AP-9 e, aínda que o condutor resultou ileso, a situación produciu afección no tráfico. Ademais de efectivos da Garda Civil de Tráfico, ata o lugar trasladáronse dúas dotacións de bombeiros para a extinción do lume.

CIRCULACIÓN RESTABLECIDA

A Garda Civil informou de que se produciron retencións ata o quilómetro 15, dirección A Coruña e en sentido decrecente. Sobre as 11.30 horas a circulación fluída quedou restablecida.

Persoal de limpeza de Correos sae a protestar este xoves ante “unha situación insostible”

0

Os sindicatos CIG, UXT e CCOO convocaron este xoves unha manifestación na Coruña do persoal da empresa concesionaria da limpeza, en folga desde o pasado mes de setembro e con salarios debidos, segundo denuncian. A manifestación sairá ás 11,00 horas da oficina principal de Correos e terminará diante da Delegación do Goberno “para esixir unha solución inmedita para o persoal”, sinalan sobre as traballadoras e traballadores da empresa SCT (Limpezas J Córdoba).

“A día de hoxe, teñen catro nóminas sen cobrar e a paga extraordinaria de verán e todo fai indicar que tampouco percibirán o soldo de novembro”. Mentres, reprochan a Correos “que siga sen licitar o novo contrato, prolongando unha situación insostible”. Desde o sindicato CUT denuncian, pola súa banda, “a falta de acción e contundencia” da Inspección de Traballo a pesar das denuncias presentadas, segundo expoñen.

Manolo García actuará en novembro de 2024 no Coliseum

Coliseum da Coruña acollerá o 9 de novembro de 2024 un concerto de Manolo García, que fará escala na cidade dentro da xira que desenvolverá ao longo do próximo ano. Tras o seu éxito por teatros, Manolo Garcia presenta a súa nova proposta de directo cunha posta en escena renovada. Trátase dunha das voces máis icónicas do panorama musical nacional, que interpretará en directo as cancións do seu último traballo de estudo, composto por un dobre álbum cos títulos ‘Mi Vida en Marte’ e ‘Desatinos Desplumados’, avanza o consistorio coruñés.

Ademais, nesta xira que fará parada na Coruña os seus seguidores e seguidoras poderán gozar das súas cancións máis recoñecidas, algunhas delas que forman parte da historia da música en español, como ‘Pájaros de Barro‘, ‘A San Fernando un ratito a pie y otro caminando‘ o ‘Nunca el tiempo es perdido‘. Manolo García celebrará na Coruña dúas décadas de carreira en solitario tras marcar época co grupo ‘El último de la fila’As entradas para o seu concerto estarán dispoñibles o vindeiro xoves 30 de novembro a través da páxina web www.manolo-garcia.com, Ticketmaster, Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense.

Problemas no centro de medicina xenética Euroespes; presenta concurso voluntario de acredores

0

O centro de neurociencias e medicina xenómico Euroespes, de Bergondo, presentou no Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña, con data 21 de novembro de 2023, a solicitude de concurso voluntario de acredores, segundo o disposto na Lei Concursal, con base na documentación remitida a BME Growth. A medida afecta a un total de 30 traballadores.

En concreto, a solicitude fíxose tanto da sociedade como da súa filial Euroespes Biotecnoloxía, despois de contrastar “a imposibilidade” de lograr un acordo de reestruturación da débeda, tal e como xa adiantou a firma a mediados do pasado mes de outubro.

Neste escenario, o consello de administración considerou que a petición de declaración de concurso é a medida “máis adecuada para salvagardar os intereses das sociedades e de todos os acredores”.

Tamén asegura, no comunicado a BME, que é “consciente da necesidade de protexer a actividade da compañía e a súa filial”, polo que “segue dando os pasos para alcanzar unha solución que satisfaga a todos os accionistas, clientes, traballadores e provedores buscando alternativas para lograr superar a situación transitoria e con iso, preservar o emprego e tratar de minimizar a perda de valor”.

Así mesmo, solicitaron a todos aqueles que teñen intereses en Euroespes “a máxima colaboración para tratar de evitar prexuízos definitivos”. No comunicado, tamén informaron de que esta solicitude de concurso faise “baixo a premisa da continuidade na actividade e co obxectivo de conseguir un convenio cos acredores que permita superar a situación da forma máis adecuada”.

O BNG apunta a un posible acordo para aprobar os orzamentos na Coruña: “as negociacións avanzan”

0

O grupo municipal do BNG no Concello da Coruña trasladou aos socialistas 80 propostas para lograr un acordo sobre os orzamentos de 2024.

Así o explicou o seu portavoz, Francisco Jorquera, en relación ás negociacións co goberno local. Sobre as súas propostas, afirmou que pon o “acento” na rexeneración dos barrios. As negociacións avanzan e oxalá nos próximos días podamos ampliar esta información”, dixo Jorquera, quen incidiu na vontade do BNG de que os orzamentos entren en vigor o 1 de xaneiro.

“Pero o obxectivo prioritario non é telos canto antes, senón que haxa uns bos orzamentos“, manifestou para incidir en que, entre as súas propostas, está reforzar servizos no ámbito social e prestacións municipais e incrementar o investimento “como elemento de dinamización económica e xeración de emprego”.

O Concello de Oleiros dedicará unha rúa a Yaser Arafat

0

O Concello de Oleiros (A Coruña) dedicará unha rúa a Yaser Arafat, en concreto na zona de Santa Cruz, segundo informa sobre unha unha iniciativa que busca expresar “solidariedade con Gaza”.

Nun comunicado, o goberno local remarca que Arafat “foi unha das persoas que máis destacou na historia resistente palestina”. “Un home dedicado á cruel inxustiza do imperialismo e a ocupación sionista da súa terra”, sinala.

Sobre o nomeamento da rúa, indica que Arafat “foi un home de paz, artífice dos denominados acordos de Oslo para a resolución do conflito, recoñecido co premio Nobel da Paz en 1994”.

ANPA Sardiñeira: “Por que teño que xestionar eu todo isto?”

Continuamos a serie de entrevistas coas Asociacións de Nais e Pais dos centros educativos da nosa cidade, para poñer en valor o seu traballo voluntario, pero tamén para denunciar a orfandade na que se atopan para xestionar elementos tan fundamentais na conciliación como son os servizos de madrugadores, comedor e extraescolares.

Porque como lembramos nestas conversas, o horario oficial no que o sistema público de ensino asume o coidado das nosas crianzas é de 9:00h a 14:00h. Que clase de conciliación podemos facer as familias que traballamos con 5 horas de atención educativa?
É aí onde teñen que aparecer as familias, a comunidade escolar, cun traballo na sombra, para conseguir un horario de conciliación de 8:00h a 18:00h, tirando moitas veces de empresas, e provocando así unha privatización encuberta do ensino público.

Xa visitamos o barrio de Monelos, para falar coas familias do CEIP Salgado Torres; estivemos en Monte Alto conversando coa comunidade escolar do CEIP Torre de Hércules emais coa ANPA Faro do Víctor López Seoane; e tamén tivemos unha máis que interesante entrevista coa ANPA Rasa do CEIP Ramón de la Sagra, en Monelos.

Hoxe imos ata Os Mallos, para falar coas familias da ANPA Sardiñeira do CEIP José Cornide Saavedra, e facémolo coa actual presidenta á forza Susana López Mera, que antes da primeira pregunta xa nos lanza un crú “estou quedamísima”, que demostra perfectamente a frustración das persoas que representan ás familias nas comunidades escolares.

  • Pensades que vos corresponden ás competencias de organización de comedor e actividades extraescolares?

Eu estou moi enfadada. Porque é verdade que estou moi contenta co cole, cos mestres, coa xestión do centro… porque somos un cole moi pequeno, case unha Unitaria. Pero o que non vexo é que os pais teñamos que xestionar madrugadores, comedor e extraecolares.

Temos demasiadas cousas. Por exemplo, no noso cole temos nenos doutros países, e temos que estar nós xestionando coas familias a través do whastapp calquera circunstancia. Familias que non son socias da ANPA e que van igual ao Comedor, e temos que estar detrás delas…

Por exemplo, chegan as 15:00h da tarde e non hai apoio. Que facemos? Temos nen@s con diversidade que, por exemplo, necesitan unha persoa de apoio nas Extraescolares. Que facemos entón? Fágolle pagar a esa familia o profe de apoio? Ou reparto entre todas as familias? Igual hai outras familias que familias me dirán por que teñen que pagar elas un profe que non necesitan e mesmo igual algunhas se marchan da actividade…

Por que teño que estar eu, no meu tempo libre, tratando todas estas cousas? Creo que debería ser a Xunta coa matricula a que xestione todo isto.

 

  • Que outras problemáticas vos atopades?

Pois outro asunto é o das prazas mínimas para as actividades “públicas” que ofrece a Federación de ANPAS. Están moi ben, e son baratas, pero din que para que sexan educativas ten que haber un mínimo, e por ciclos, é dicir, ten que haber 10 nenos entre os 3 cursos de Infantil, ou entre 1º, 2º e 3º de Primaria e 4º, 5º, e 6º. Pero nós somos un cole moi pequeno. Se este ano entraron 6 nenos de 3 anos, teño 8 en 4, e outros 4 en 5, como vou xuntar 10 para sacar unha extraescolar? E aí chamas á Federación e non hai solucións…

 

  • Que tal co Comedor? Non é un proceso de privatización o feito de termos que contratar empresas para o catering?

No Comedor temos moi boa sintonía coas traballadoras de Jardanay, no noso caso, teñen moito man esquerda. Ao mellor outro comedor podería estar mellor, pero sempre que fixen queixa como ANPA sempre me contestaron ben, e intentaron solucións. Pero vaia, que si que é unha privatización dun servizo público, e non pode ser que coles como o María Barbeito quede sen un turno…

 

      • Nun cole tan pequeno, será difícil sacar o servizo de madrugadores?

Pois este é o segundo ano que o ofrecemos, pero porque cremos que é un servizo necesario, pero ao ser tan poucos é difícil facelo sostible. Temos unha subvención para o comedor, e con esa subvención, votamos que en lugar de devolver a parte proporcional ás familias, financiamos o servizo de madrugadores. E igual non toda a xente o necesita todo o curso, pero si de xeito puntual, si que se necesita. Por agora non é autofinanciable, hai 4 nenos, pero considero que deberia ser un servizo “obrigatorio” nos colexios públicos.

 

      • Como son as relacións da vosa ANPA coas administracións?

Cero, non coñezo ningunha canle de comunicación. Non teño maneira como pai ou nai, ou como ANPA, para falar con Inspección. Non sei onde preguntar ademais.

 

      • Como ves a implicación da comunidade familiar na organización da ANPA?

Pois somos 5 na directiva, pero ao final a presidenta asume a meirande parte das responsabilidades, e sobre todo os marróns… E eu, que me metín Presidenta porque ninguén quería meterse, e cando a anterior ANPA dixo que marchaba e lanzou a alarma de que quedábamos sen comedor. Xa fago encaixe de bolillos para recoller o neno, pero salgo ás 15:00h, e non podo ir antes polo que tiven que meterme para asegurar que non se quitaba o servizo.
E cando cheguei, botei un discurso super lacrimóxeno, e só conseguín dúas novas para cubrir o mínimo da Directiva.

Pero en xeral vexo pasotismo entre as familias. Fas consultas e contestan 10 de 80, e logo se queixan. Pedimos campamento de verán, e ao final apuntáronse 2… é moi complicado, ningún pai quere entrar na ANPA.

 

      • E por que cres que a xente non quere meterse?

Porque ven que hai que traballar moito. Eu aínda vou a ir o sábado 25, no meu tempo linre, a unha xornada formativa da Federación de ANPAS sobre xestión das ANPAS…

 

Máis novas sobre as ANPAS

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

Os Avogados de Oficio paran nunha folga estatal

0

Arrincou a folga indefinida de Avogados e Procuradores adscritos ao Turno de Oficio en toda España. Convocada polo Sindicato Venia, os profesionais realizaron diferentes concentracións en Galicia, entre elas diante dos Xulgados da Coruña.

”A situación dos defensores públicos, e da avogacía en xeral, é dramática, polo que a resposta ás nosas xustas demandas non pode esperar”, denuncian. E a realidade é que a calidade do servizo do avogados de oficio é moi mellorable, unha situación que afonda nas desigualdades de clase e perxudica sempre ás persoas con menos recursos.

A chamada folga nacional dos defensores públicos denuncia o silencio administrativo que leva protagonizando o Ministerio de Xustiza dende que en setembro pediran unha mesa de traballo, máis alá de anunciar un “lamentable aumento do 5% nas escalas da quenda oficial”.

Para mellorar esta situación, piden cousas como a regulación xurídica do profesional de garda, as retribucións dignas aboadas en prazo, o aboamento dos gastos ocasionados polo profesional na prestación do servizo, actualización anual das retribucións segundo IPC; o dereito á conciliación, descanso e desconexión dixital, e redución da carga burocrática.

Piden tamén campañas de sensibilización para visibilizar e dignificar a profesión.

Con todo, aseguran que haberá servizos mínimos, e intentarán que a folga non afecte tá cidadanía tanto como a realizadas polo persoal da Administración de Xustiza deste ano, e que se prevé que se reinicien en canto se constitúa un novo Goberno da Nación.