Inicio Blog Páxina 538

Fin de semana de volei praia, pelota e traíñas

0

Fermoso ambiente deportivo o vivido esta fin de semana na cidade da Coruña, xa situada como referencia albergando eventos deportivos de alto nivel.

Se as pasadas semanas xa tivemos probas nacionais e internacionais de salvamento e socorrismo, de halterofilia ou de trialtón, esta tocou poñernos a ikurriña e disfrutar das traíñas e da pelota vasca coa celebración do Trofeo Teresa Herrera de Traiñeiras e o Gran Premio Internacional de Pelota Cidade da Coruña, así como do remate do Campionato Galego de Volei Praia.

O Teresa Herrera conta 37 edicións ás costas, mentres que foi a estrea do Gran Premio de Pelota, no que competiron os mellores deportistas do mundo desta disciplina.

Por unha banda, no Teresa Herrera de Traiñeiras, esta foi unha fin de semana moi intensa e cun final moi axustado. Na categoría masculina, correspondente co XXXVII trofeo e XV bandeira, o Club de Remo Ares (20,35 minutos) fíxose coa vitoria por unha diferenza de 7 segundos. O Club de Remo Chapela quedou en segunda posición e non puido aspirar ao doblete, xa que na categoría feminina foron campioas (24,30 minutos) por ampla vantaxe sobre o Club de Remo Rianxo.

Por outra banda, no I Gran Premio Internacional de Pelota Cidade da Coruña os gañadores foron Dani Berrogui e Álvaro Medina na categoria de paleta de coiro; e Rubén Ayarra e Imanol Ibáñez na modalidade de paleta curta.

Volei Praia

Gran atención acollu tamén o Campionato Galego de Volei praia Sénior nas vistosas pistas do areal de Riazor, enfronte do hotel homónimo

Dúas persoas detidas na Coruña pola agresión a un home ao que golpearon cunha cadea

0

Dúas persoas foron detidas na Coruña pola agresión a un home ao que golpearon cunha cadea, segundo informaron fontes policiais. Os feitos producíronse na tarde do domingo, ao redor do cinco da tarde, na zona da rúa Ribeira Sacra, no barrio de Novo Mesoiro. Os detidos son un home e unha muller de mediana idade que mantiveron, segundo as fontes policiais, unha discusión co home sen que transcendesen os motivos. Durante a agresión, houbo puñadas, ademais do uso dunha cadea por parte dun dos agora detidos como suposto implicado na mesma.

Investigan a agresión con arma branca a un mozo nunha pelexa en Oleiros

A Garda Civil investiga a agresión con arma branca a un mozo nas festas de Santa Cruz, en Oleiros, segundo confirmaron fontes da Benemérita. Os feitos producíronse durante unha pelexa, pola noite, o pasado venres, nunha agresión que agora se investiga sen que polo momento haxa detidos. En concreto, investígase ao autor ou autores dos feitos que se produciron na citada liorta. O mozo resultou ferido, aínda que non de gravidade, e foi trasladado a un centro hospitalario, onde recibiu asistencia médica.

A VIII edición de ‘Castelo Conta’ animará Culleredo durante toda a próxima semana

0

O Festival ‘Castelo Conta’ celebrará a súa oitava edición na parroquia culleredense de Castelo entre o luns 21 de agosto ata o domingo 27 o festival Castelo Conta: unha semana de música, artes escénicas e festa nunha contorna privilexiada. Trátase da oitava edición deste evento que xurdiu das tradicionais festas patronais deste lugar no que vive Xosé Antonio Touriñán, director do festival cuxa organización é posible grazas ao apoio de toda a veciñanza. As seis aldeas da parroquia énchense de programación cultural, na que as artes escénicas e a música son as grandes protagonistas.

Na noite do venres actuará o Combo Viramundo de Xoel López, seguido de Muchachito One Man Band e Lamatumbá. O sábado, a festa tamén será longa cos concertos de Miguel Lamas Quartet, Salamandra e DJ Mínimo. Pero antes da fin de semana tampouco faltará música para bailar da man de diferentes artistas como Xabier Díaz, DJ Russ, Artur M. Puga, Susana Seivane, Belém Tajes ou a Familia Caamagno.

O humor é un dos piares do Castelo Conta sendo un dos momentos máis esperados a tradicional Noite dos Monólogos que todos os anos ten lugar o día grande das festas, o sábado. Conducida por Touriñán, os humoristas convidados desta vez son Pepo Suevos, David Amor, David Perdomo, Lucía Veiga, Marita Martínez, Rober Bodegas e Noemi Rodríguez. Ademais, o xoves haberá a oportunidade de rir con Corentena, o espectáculo de Touriñán e David Perdomo que esgotou as entradas da súa xira de presentación polas salas galegas. Para facer máis accesible o festival, tanto a Noite dos Monólogos como Corentena contarán con intérpretes en de lingua de signos grazas á colaboración da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

Como en todas as festas, non faltarán as comidas nas que se reunirá toda a veciñanza e visitantes, ademais dun domingo que comezará coa típica alborada seguida dunha sesión vermú amenizada pola música latina de Son Boleros. Pero tamén haberá unha peculiar andaina na tarde do sábado, na que o camiño entre as aldeas e a natureza será amenizado por gaiteiros, a charanga Mil9 e ata un concerto de Abraham Cupeiro.

O audiovisual tamén ten o seu espazo neste peculiar festival coa estrea en Castelo de ‘Nena’, a curta que vén de viaxar por diferentes festivais europeos protagonizada por Antía Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo e Xosé Antonio Touriñán. Ademais, proxectarase un avance de Bechos, a nova serie de animación da Televisión de Galicia para primeiros espectadores. “Porque Castelo Conta é un espazo no que cabe todo o mundo, dos máis maiores aos máis cativos, para quen hai unha parte de programación específica, como un campamento infantil ao longo da semana ou concertos e espectáculos”.

A preservación da historia local e da memoria oral é un pilar esencial deste festival, que ten o seu propio espazo: os Contos de Castelo. Estas xuntanzas faranse nas tardes dende o luns ao venres e, conducidas cada día por un presentador ou presentadora diferente, teñen por obxectivo escoitar e recoller en formato pódcast as historias que a xente maior da parroquia conte arredor de diferentes temáticas.

Dentro dos compromisos sociais do Castelo Conta, este ano colaboramos coa ONGD Ecos do Sur, que compartirá coa veciñanza e os asistentes experiencias nos Contos de Castelo e tamén desenvolverá diferentes accións de concienciación. Haberá tamén a posibilidade de colaborar co seu labor mercando unha camiseta solidaria de edición especial do festival. Tamén, por segundo ano consecutivo, os espectáculos da noite de monólogos e ‘Corentena’ serán accesibles para persoas xordas grazas á colaboración coa FAXPG.

O Castelo Conta é o festival da comedia, da tradición oral e de cultural rural, posible un agosto máis co apoio de veciños e veciñas de Castelo e Culleredo, a Deputación da Coruña, Agadic e Turismo de Galicia, co patrocinio de Deleite, Estrella Galicia, Bodegas Méndez-Rojo e Cartçon Atlántica. Para coñecer polo miúdo a programación ou mercar entradas para os espectáculos de pago, pódese consultar casteloconta.gal.

Denuncian coacción aos traballadores na empresa que xestiona o Centro Deportivo do Castrillón

0

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) denuncia coaccións, da empresa que xestiona o Centro Deportivo do Castrillón, aos seus empregados, para que asinen unha declaración.

O sindicato asegura que a empresa mantén “numerosos incumprimentos, reiterados, desde o principio, da adxudicataria, sen que, a día de hoxe, conste que fose advertida, nin sancionada, pero agora con derivacións penais”.
Por conseguinte, FAC-USO “emprenderá todas as accións legais oportunas co obxecto de
defender a nosa liberdade sindical e a dos nosos afiliados, que se viu vulnerada, o que implica o exercicio de todo tipo de recursos, denuncias, querelas, etc.”

Lembran que entre as irregularidades ao director xeral de EMVSA (Empresa Municipal de Vivenda Servizos e Actividades, S.A.), están:
– O contrato está caducado desde o mes de xuño (duración de 3 meses, e 2 máis de  prórroga).
– Existen franxas horarias onde a sala de fitness, non conta con persoal técnico, ou este se atopa realizando outras funcións na piscina ou en información-recepción.
– Socorristas e monitores vense obrigados, en ocasións, a compaxinar, as dúas funcións, sen contar, no segundo caso, coa titulación requirida e necesaria.
– Traballadores/as realizan, en ocasións, xornadas continuas e ininterrompidas de ata 13 horas diarias durante as fins de semana e os días festivos.
– Traballadores/as non contan cos descansos legais pertinentes, entre xornadas e dentro da
propia xornada.
– Traballadores/as non cobran pluses (nocturnidade, perigo, toxicidade, etc.).
– Existen traballadores/as aos que non se lles aplica o “Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia”.
– O Centro Deportivo non conta, desde hai meses, co posto de director-coordinador, posto obrigatorio e estrutural, clave para o funcionamento, funcións que vén desempeñando unha monitora contratada para impartir actividades de fitness, que non conta nin coa experiencia requirida, nin tampouco coa titulación axeitada (intrusismo profesional).

 

Recolocan a parada de bus da Avenida de Hércules en Alcalde Sanjuro de Carricarte temporalmente

O Concello da Coruña recolocará de forma provisional a parada de autobús da Avenida de Hércules polo avance das obras no mercado de Monte Alto. A partir deste luns, a cabeceira da liña situarase en cálea Alcalde Sanjurjo de Carricarte, concretamente na zona de acceso ao CEIP Torre de Hércules.

O traslado desta parada, situada no sector norte do mercado, forma parte das intervencións asociadas ás obras no perímetro exterior do edificio, que inclúen a reurbanización da súa contorna.

Desta maneira, a cabeceira de liña trasladarase a cálea Alcalde Sanjurjo de Carricarte, nas inmediacións do acceso ao CEIP Torre de Hércules. Neste lugar, ampliarase a antiga parada de autobús ata o paso de peóns situado á altura da escalinata da igrexa de San Xosé, para dar cabida á frota de autobuses.

En paralelo, xa se trasladou a esta localización o baño químico que estaba anteriormente na parada da Avenida de Hércules, destinado ao uso dos condutores de autobús.

Doutra banda, delimitarase unha nova parada de autobús na Avenida de Hércules, entre as rúas Joaquín González, Vila de Cambre e Doutor Ferrant, no lado dereito en relación co sentido de circulación.

Detención dun veciño de Arteixo como presunto autor de roubos en locais comerciais da localidade

0

A Garda Civil detivo a un veciño de Arteixo como presunto autor de cinco delitos de roubos en locais comerciais e de lecer do municipio coruñés.

Segundo informou o Instituto Armado, a detención produciuse por mor dunha denuncia interposta polo responsable dun establecemento de lambetadas, que comunicaba que accederan ao seu local cando estaba pechado e roubaran 250 euros en metálico e provocado danos por un valor de 169,40 euros.

Así, a Garda Civil iniciou unha investigación para tratar de constatar a veracidade dos feitos e identificar o autor. Deste xeito, no transcurso da mesma producíronse outro catro roubos similares na localidade, que os axentes intuían que poderían ser realizados pola mesma persoa.

Tras analizar a información solicitada, lograron identificar ao presunto autor dos ilícitos, que resultou ser un veciño da localidade coñecido das forzas de seguridade por delitos do mesmo tipo.

A continuación, a Garda Civil procedeu á detención desta persoa como presunto autor de catro delitos de roubo e un delito de furto, póndoo xunto coas actuacións realizadas a disposición do Xulgado de Garda da Coruña.

O Novo Mesoiro e a Sagrada póñense de festa

0

Xa están en marcha as Festas de Novo Mesoiro, impulsada polo Concello. A zona do parque infantil, espazo que vén acollendo as festas do barrio nos últimos anos, está vivísimo.
Onte tivo lugar o espectáculo “Esto é rock”. O sábado 26 haberá actuación dentro do programa itinerante para todos os públicos Cascarillarte, a cargo de Máximo Óptimo, a partir das 12.30 horas. A sesión vermú comezará ás 14.00 horas co Dúo Karamba, mentres que ás 22.00 horas haberá actuación da orquestra Triunfo.
O domingo 27 a xornada comezará coa actuación, ás 14.00 horas, da banda Virtual Project. Pola tarde haberá unha nova sesión de Cascarillarte, ás 19.30 horas, a cargo de Bandullo Azul, que representará “Fazula” e “O Ladrón de Paraugas”.
A actuación de Café Quijano, todo un referente do pop e do rock en español, será o domingo ás 22.00 horas na explanada do centro cívico.

Festas da Sagrada Familia

Por outra banda, esta fin de semana, sábado 19 e domingo 20 de agosto, celébranse as
festas do barrio da Sagrada Familia. O campo da festa está instalado na pista
polideportiva municipal do barrio.
Este sábado haberá, a partir das 10.30 horas, inchables para os/as máis pequenos/as. Ás
12.30 horas será a festa da escuma e a partir das 13.30 horas comezará a sesión vermú coa Orquestra Alianza. Ás 19.00 horas haberá un espectáculo de maxia para todas as idades e ás 22.00 horas comezará a verbena, a cargo tamén da Orquestra Alianza.
O domingo haberá dúas actuacións, ás 13.00 e 14.00 horas, de Gaiteiriños e Cántigas da Terra, respectivamente. As Festas de María Pita continúan enchendo os barrios de diversión e festexos para afondar nas raíces de cada un deles.

Os Diplomáticos de Monte Alto e Mercedes Peón encabezan a homenaxe a Mangüi

0

As Festas de María Pita 2023 chegan este domingo á súa fin cun concerto moi especial en lembranza de ‘Mangüi’, baixista dos Diplomáticos de Monte Alto que faleceu de maneira repentina o pasado mes de xaneiro, aos 50 anos de idade.

Manuel Martín ‘Mangüi’, veciño do barrio da Agra do Orzán, formou parte da xeración musical coa que emerxeu o movemento bravú, xa a comezos da década dos 90. Neste contexto, ‘Mangüi’ é recoñecido por integrar Os Diplomáticos e tamén a Banda Xangai, entre outras.
Este domingo, ás 22.00 horas e coa praza de María Pita como escenario, recoñecidas agrupacións e artistas, como os propios Diplomáticos e Mercedes Peón, Antón Reixa, Bieito Romero (Luar na Lubre), Josito Pereiro (Radio Océano), Uxía e Paco Lodeiro, protagonizarán

o concerto ‘Mangüi sempre en nós’, que, baixo un formato de homenaxe e celebración, recuperará o legado musical do artista coruñés sobre as táboas.

 

Obras de acondicionamento modificarán desde o luns os accesos ao CHUAC

Obras de acondicionamento modificarán desde o luns os accesos, tanto de entrada como de saída, ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), segundo informa.

Será polas obras que se acometerán nos colectores e sumidoiros do hospital, a partir do día 21 e que se prolongarán ata o venres, día 25.

Debido a iso, o acceso ao hospital realizarase polo viario elevado desde a avenida das Xubias. A parada de autobuses urbanos, así como a de taxis, non se verán afectados.