Inicio Blog Páxina 558

A Torre de Hércules, punto de partida da proba ciclista O Gran Camiño

0

A edición 2024 de O Gran Camiño, a rolda ciclista profesional galega, comezará o 22 de febreiro cunha etapa contrarreloxo de 15 kilómetros coa Torre de Hércules como punto de partida e chegada.

Rendendo homenaxe ao Camiño Inglés, e ao único faro romano do mundo aínda en funcionamento, a proba fará desfilar polas nosas rúas coruñseas “corredores de primeiro nivel, da Champions Leage do ciclismo”, sinalou Ezequiel Mosquera.

Se ben se trata dunha proba coa intención de promover as comunidades locais e o seu tecido comercial, aseguran que se trata dunha proba de interese internacional, sendo varias as escuadras internacionais de primeiro nivel, que nos últimos meses puxéronse en contacto cos organizadores para coñecer os detalles da carreira.
Polo momento, xa confirmaron que estarán en Galicia en febreiro o Jumbo-Visma, o mellorequipo do mundo, que repetirá na rolda que dominou na última edición, nesta ocasión coa súa nova denominación, Visma-Lease a bike. Tamén estarán os franceses de Groupama-FDJ, que participarán por primeira vez nesta cita.

Constituído o Consello Municipal da Cultura da Coruña

0

Esta pasada tarde de xoves tivo lugar a posta en marcha no Ágora no Constitutiva do Consello Municipal da Cultura da Coruña. Trátase dun organismo de participación para que o sector cultural da Coruña forme parte da acción municipal coas súas achegas directas.

Na sesión participaron un cento de representantes das diferentes entidades do sector e tecido asociativo da cidade, así como de institucións implicadas no organismo como a Universidade da Coruña, a Deputación da Coruña ou a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Fixeron referencia ao Consello Municipal do Deporte aberto o ano pasado, e debullar a composición do Consello, asegurando que recollen gran parte das achegas do propio sector, trasladadas polos profesionais do sector tras o seu acto de presentación.
Segundo os protocolos correspondíalle á concellería-delegada de Cultura a designación da persoa que ocupa a Secretaría do CMC, sendo a escollida Susana Martínez Portabales, xefa de departamento do servizo de Promoción da Cultura.
Portabales indicou que se abre o prazo dun mes para a presentación de candidaturas, tanto para ocupar a vicepresidencia como a Comisión Permanente. Logo de que remate o prazo de presentación de candidaturas, convocarase unha nova sesión para que o pleno escolla entre as candidaturas presentadas completando a composición do Consello Municipal da Cultura.

Tanxugueiras esgota entradas no seu concerto no Coliseum

0

Tanxugueiras esgotou as entradas para o seu concerto do 16 de decembro na Coruña, cidade na que o 13 de abril actuará Russian Rede, segundo informou o consistorio. No caso do trío galego, pecharán a súa xira coa actuación que ofrecerán no Coliseum da Coruña ante 8.500 persoas. Será no marco da xira ‘O derradeiro diluvio’.

Pola súa banda, a cantautora Lourdes Hernández, máis coñecida como Russian Rede, ofrecerá un concerto no Teatro Colón o 13 de abril, ás 21,00 horas. Nel, explica o consistorio, repasará os seus grandes éxitos e mostrará por primeira vez as súas novas cancións, que sairán proximamente publicadas nun disco. As entradas estarán á venda o 4 de decembro.

O Concello da Coruña conmemora o Día Mundial da Infancia cun pleno infantil

0

O Concello da Coruña conmemorou este xoves o Día Mundial da Infancia cun pleno infantil, con presenza da alcaldesa, Inés Rei, que recibiu ás persoas representantes do sete centros educativos participantes.

O pleno celebrouse con motivo dunha conmemoración que tivo lugar o pasado 20 de novembro e atrasado por motivos de axenda da alcaldesa. Con iso, informa o consistorio, “dáse a posibilidade ao alumando de participar, de forma activa, na gobernación local”.

A rexedora estivo acompañada da concelleira da área de Benestar Social, Yoya Neira, e do concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, así como o vogal da xunta directiva de Unicef Galicia, Julio Fernández.

Un total de 50 nenos e nenas achegáronse a María Pita en representación do sete centros educativos, acompañados por compañeiros e compañeiras e profesorado responsable.

Critican o baixo nivel de execución dos Orzamentos municipais

0
  • O PP denuncia que o ano pasado o Concello deixou 100 millóns de euros sen executar, dos 243 do orzamento de 2022.

— —

Aprobou onte o pleno do Concello da Coruña un Orzamento de 375 millóns de euros para 2024. Unhas cifras, as máis altas da historia, acordadas entre o grupo de goberno do PSOE e o BNG, que contan con 93 millóns de euros para investimentos directos nos barrios.

Con todo, haberá que estar atento á porcentaxe de execución das obras. “De que vale que digan que teñen o orzamento máis alto se logo non o executan?”, pregúntase o voceiro do PP Miguel Lorenzo, tras analizar as contas. “Nin sequera eles cren que vaian executar o orzamento, pois no pleno xa manifestaron que podería ter unha vixencia superior a un ano. Falan da estratexia 2050 cando nin executan o orzamento dun ano nin a Axenda 2030. É un despropósito”, critica.

O voceiro popular considera que “o orzamento é un engano e fraude porque os ingresos están inflados, non o poderán executar (en 2022 deixaron 100M€ sen executar e en investimentos deixan 2 de cada 3 euros) e duplica a débeda co bancos a 90M€ (356€ por coruñés)”.

Dendeo PP tamén criitcan que sexa o 2º proxecto de orzamentos aprobado en 4 anos, usando prórrogas nos outros dous, e lamentan o gasto de 1,8 millóns en publicidade, “un 80% máis que a Emerxencia Social, un 80% máis que ás subvencións a vivenda ou ascensores, ou seis veces máis que a Dinamización do comercio local”.

Máis novas

A Coruña contará cun orzamento de 375 millóns para 2024

As obras dos barrios nas que o Concello investirá 93 millóns de euros

Acordo entre o PSOE e BNG para priorizar os barrios, as axudas sociais e a busca de vivenda barata

A dragaxe da ría do Burgo rematará en abril de 2024

0

Nova visita institucional ás obras de rexeneradión da ría do Bugo. Esta mañá a subdelegada do goberno María Rivas acodúa xunto co alcalde de Culleredo José Ramón Rioboo, e co xefe da Demarcación de Costas de Galicia en funcións, Carlos Gil, para ver o avance da dragaxe.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica tivo que ampliar o prazo de execución das obras ata o mes de abril, por mor da valoración dos técnicos. “Esta ampliación permite concluír a obra con mellores garantías técnicas e, ademais, atende á petición do colectivo de mariscadores da ría que solicitaron adiar ata a primavera a semente de bivalvos para garantir que esta operación teña máis éxito”, explicaron.

Mariscadoras

Un dos asuntos máis preocupantes é a situación do sector marisqueiro. A subdelegada confirmou que os mariscadores seguirán percibindo ata a fin da obra as indemnizacións pola interrupción da súa actividade, de acordo co recollido no decreto
que regulaba estes pagos, sinalando que dos 37,5 millóns de todo o proxecto, 3,6 millóns destínanse ao pago de indemnizacións.

Ademais, o Ministerio tamén acordou, a pedimento do sector, a reintrodución na ría de catro variedades de bivalvos: a ameixa babosa, a ameixa fina, a ameixa xapónica e o berberecho.

A obra

Unha vez rematada a dragaxe dos materiais contaminantes, así como a recubrición total dos recintos, agora mesmo xa están traballar na urbanización dos recintos sur de Culleredo e Oleiros e coas infraestruturas que permitirán a conexión cos paseos da ría.

Tamén se está a levar a cabo a reposición dos fondos con achega de material “que permitirá unha mellor rexeneración dos bancos marisqueiros”, detallou. “E facémolo así porque este proxecto é un proxecto integral e isto quere dicir que é un proxecto que descontamina a ría e preserva a súa riqueza natural e a súa actividade económica, transformando o bordo litoral dos concellos e creando novos espazos verdes, facéndoos máis accesibles para a cidadanía”, sinalou Rivas.

Máis novas da ría do Burgo

Auxilian a unha escavadora na ría do Burgo tras quedar atrapada durante os traballos de saneamento

Mar velará por unha sementeira na ría do Burgo que cumpra as demandas da confraría e por manter as axudas

Así era a ría do Burgo hai máis de 2.000 anos nunha noite con superlúa de sangue

 

Detido un home da Laracha por subtraer o cartón dunha veciña e realizar compras por 15.500 euros

0

A Garda Civil detivo a un home da Laracha como presunto autor dun delito de estafa por subtraer o cartón bancario dunha veciña e realizar sucesivas compras que, en total, sumaban 15.500 euros.

Segundo informa o Instituto Armado, a muller puxo unha denuncia tras detectar que se produciron cargos non autorizados na súa conta en diversos establecementos locais.

Os axentes, durante as tres semanas que durou a investigación, levou a cabo varias xestións nos comercios onde se efectuaron as compras fraudulentas. Desta forma, lograron identificar ao presunto autor dos feitos e detelo. Resultou ser un veciño da vítima, polo que se aproveitou da súa relación de proximidade para subtraerlle o cartón e as claves necesarias para empregala.

Bombeiros comarcais denuncian o peche de 7 parques este xoves e repiten que o servizo no rural está “en risco”

0

Os bombeiros comarcais, que están en folga desde hai meses evitando aceptar facer horas extras, volveron a denunciar a través dun comunicado que a falta de persoal segue obrigando ao peche constante de parques e, na xornada deste xoves, pecháronse sete deles: Santa Comba, Arzúa e Ribeira, na provincia da Coruña; Vilagarcía e O Porriño na de Pontevedra; Chantada en Lugo; e o parque de Verín, en Ourense.

O colectivo constatou que, con estes peches, están inoperativos “máis da cuarta parte dos parques dos Consorcios Provinciais” por falta de persoal. Ademais, engadiron que, na provincia de Ourense, o parque de Valdeorras está aberto cun persoal “baixo mínimos” de só dous efectivos.

Segundo denunciaron, esta situación ocorre “sen que ningún dos máis de 450 bombeiros que prestan servizo nos Consorcios estea a facer uso do seu dereito á folga”, o que pon de manifesto que “sen a vontade dos traballadores” para facer horas extraordinarias “o servizo non se sostén”.

Respecto diso, volveron a insistir en que o aumento de persoais é “imperioso”, e subliñaron que os traballadores están “a cumprir rigorosamente” cos seus calendarios laborais, que contemplan a carga máxima horaria que permite o Estatuto dos Traballadores (1.800 horas ao ano).

Nese sentido, reiteraron que as dotacións de persoal son “totalmente insuficientes” para garantir a prestación dun servizo esencial para a cidadanía, e para realizar un traballo “que garanta unhas condicións mínimas de seguridade para as vítimas e para os propios rescatadores”. Así, volveron a incidir en que a prestación do servizo nas comarcas do rural está “en risco”

“Instamos os veciños de todos os municipios das comarcas afectadas a que extremen as precaucións e que, se aínda así, por desgraza, tivesen que facer uso do noso servizo, non dubiden en denunciar, reclamar ou presentar demanda por unha atención deficiente ou tardía. Como cidadáns, todos temos dereito a que se nos brinden uns servizos esenciais de calidade”, conclúe o comunicado dos bombeiros comarcais.

Un debate para abrir os ollos

0
Este mércores 29 de novembro celebrouse no auditorio da Afundación a proxección do filme ‘Te doy mis ojos’. O pioneiro filme dirixido por Icíar Bollaín, que xa amosaba hai 20 anos a enfermidade social que vivían, e viven, as mulleres do país, serviu de fío condutor para este evento enmarcado no programa municipal do 25-N, Día Internacional da Eliminación da  Violencia contra as Mulleres.

A actividade consistiu nun debate que, partindo da historia reflexada  en ‘Te doy mis ojos’, invita á reflexión sobre diferentes temas  relacionados coa violencia de xénero, como a reacción da sociedade e da familia nestas situacións ou a figura do maltratador; así como
sobre a evolución da sociedade dende o estreo da longametraxe.

O coloquio, moderado pola xornalista Isabel Bravo, contou coa  participación da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de  Benestar Social, Yoya Neira, e o actor protagonista da película, Luis  Tosar; así como expertas en violencia de xénero e intelixencia artificial.

Marea Atlántica elixe nova coordinadora para crear unha alternativa municipalista de cara a 2027

0

A Marea Atlántica elixiu por unanimidade unha nova coordinadora para construír “de abaixo a arriba” unha alternativa de face ás eleccións municipais de 2027.

Así o informa despois de que a asemblea da formación municipalista completase este mércores o proceso de renovación interna anunciado tras os comicios de maio.

Doce persoas conforman o equipo paritario que se fará cargo de “recuperar o pulso nunha nova etapa que pasa pola celebración, a medio prazo, dunha Marea Viva”, apuntan sobre o equivalente, no seu caso, a un congreso ou conferencia política.

O novo equipo, que inicia agora un mandato de dous anos, está composto por Xan Xove, Xema Rivera, Rodrigo Gil, Marta Cortacans, Iván Núñez, Eva García, Mariano Fernández, Mariló Candedo, Miguel Garea, Vitoria Mejuto, Ahmad Sagir Matar e Elena Amiano. Só catro persoas repiten neste órgano.