Inicio Blog Páxina 697

Benvidos á festa!

Porque ese é o mellor nome que se lle pode dar ó que está pasando na 1ª RFEF. Apértase a cabeza da competición tralos resultados desta fin de semana e hai dous equipos novos que se suman á festa polo ascenso. Neste caso, coma xa ocorrera o ano pasado, o Racing e o Turista ascenden posicións na táboa no último terzo de campionato, con opcións intactas por meterse na tortura do playoff ou na pelexa da primeira posición, quen sabe?.

O caso é que onte o Depor e o Castilla xogaron o típico partido de candidatos, no que o medo a perder condiciona o xogo dos dous equipos. Que conste que o Castilla perdoou tres ocasión clarísimas, cousa que agradeceu o Depor, que non foi quen de manter o ritmo dos primeiros trinta minutos de partidos, no que parecía que a vitoria quedaría na casa. Bos peloteiros ten este filial na media y moito perigo arriba, sendo mais que resolutivo na defensa e defendendo cunha boa presión no medio. Isto apagou ó Depor dende o empate.

Unha vez máis o Depor non vence a un rival directo, coma na primeira volta, o que lle está restando opcións de achegarse máis á cabeza da competición. Os equipos rivais están fallando, incluso, na casa, o que converte as próximas datas nunha festa con moitos invitados no que todos estarán pendentes do que fan uns e outros, para ver o que fan eles. A ver si saimos ben parados de tanta troula.

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

Máis crónicas do Dépor

Abre o local da Federación de Peñas Deportivistas no Palacio de Riazor

0

Xa está aberto o novo local da Federación de Peñas Deportivistas, sito no primeiro andar do Palacio dos Deportes de Riazor. O local foi cedido polo Concello da Coruña á Federación mediante un convenio de colaboración no que, ademais da cesión, recóllese a execución de accións conxuntas para promover boas prácticas deportivas e actividades en materia de igualdade.

O local foi cedido de forma gratuíta durante catro anos, con vistas ao desenvolvemento das súas actividades —organización dos desprazamentos e reunións e convencións coas persoas integrantes das peñas asociadas—. O espazo púxose a disposición exclusiva da entidade co obxectivo de solventar unha demanda da Federación de Peñas desde hai máis de unha década, ao carecer dun espazo específico para recibir ás peñas visitantes.

Federacion Penas Deportivo

Pauliña e Sophie Simonds afían para o 2ª Festival Mulleres na Escea de Sons de Breogán

0

Volve ca súa 2ª edición o Festival Mulleres na Escea creado para visibilizar o traballo das mulleres artistas na escea musical do país. Volve da man da Asociación Cultural Sons de Breogán, a activa entidade fundada polo lembrado Dani Fiaño, que ten todo listo para ver sobre o escenario da Sala Mardigras o vindeiro 24 de marzo a Pauliña (@punkita_) e Sophie Simonds (@sophsimo).

Xa tendes as entradas á venda en Entradium.

A Audiencia da Coruña xulga a un home por falsidade documental e branqueo de capitais

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o mércores, día 15, un xuízo por falsidade documental e branqueo de capitais, feitos polos que se sentará no banco dos acusados un home.

Segundo recolle o escrito de cualificación, dous homes, coa finalidade de obter un ilícito enriquecemento, a principios do ano de 2013, dispoñendo de múltiples útiles para a creación de documentos, procederon a realizar diversas cartas de identidade romanesas e certificados de rexistro de cidadáns da Unión Europea.

As mesmas, segundo sinala Fiscalía, usábanas para a apertura de contas bancarias, nas que recibían transferencias do estranxeiro que logo eran, inmediatamente, retiradas.

En concreto, explica que “coa documentación falsa, os acusados procedían á apertura de contas bancarias, onde recibían transferencias de diñeiro do estranxeiro por parte de persoas que eran enganadas para a súa realización e vinculada á venda de vehículos de segunda man“. As transferencias recibidas ascenderon a máis de 23.000 euros.

Por un delito continuado de falsidade documental cun delito de branqueo de capitais, Fiscalía pide que se impoñan penas de cinco anos de prisión para o acusado que será xulgado.

O mar coruñés tamén para contra a eólica mariña

Este sábado 11 de marzo, ás 12:00h a praza de Ourense encherase de xentes do mar da Coruña para protestar contra os proxectos de parques eólicos mariños que a Xunta está intentando desenvolver no norte do noso país.

Unha concentración convocada pola coordinadora Eólica Así Non, da que forman parte máis de 200 colectivos, que se repetirá en varias zonas de Galicia, para demandar ao Goberno a retirada do Plan de Ordenación de Eólica Mariña (POEM), “que se respecte a actividade pesqueira e os ecosistemas” e “que se traballe a todos os niveis para dispor da información máis axustada posible para acometer a ordenación dos espazos mariños”, como recolle o ‘Manifesto de Burela’.

Manifestacion enerxia eolica

Iván Ferreiro: “Trinchera pop é unha homenaxe ao sampler”

0

– “O que máis me gusta da Coruña é tomar unhas cañas cos amigos, e se é nos mejillones tigre e o Bristol de Mery, mellor”.

—–

Iván Ferreiro lanza preventiva do seu novo álbum, “Trinchera Pop”. Faino 7 anos despois do seu último disco “Casa”, botado en 2016, permitíndose xa tras unha longa carreira, sacar discos case sen facelos.

Cóntanos, en castelán, como é a nova proposta, na que colaboraron as Tanxugueiras, e como é a súa relación coa cidade.

  • XdC: Por que tardaches tanto en sacar novo disco?

Principalmente quería tomalo con calma, e xa teño unha idade e estar con presas de lanzamentos é un coñazo. Fai uns anos, ao rematar un disco xa estaba pensando no seguinte, xa hai un par de discos, tómoo máis relaxado. É o que teño gañado.

O plan que tiña co meu irmán é facer un disco sen darnos conta. Vivir a vida, e traballar de forma que nos atopáramos un disco que nos gustara. Traballar as cancións dunha forma máis calmada, lonxe de estreses.

  • XdC: Falas tamén de facer algo diferente. Que ten de novo?

Espero que haia emoción e beleza. Neste caso a miña idea é non repetir fórmulas, non quero que un disco se pareza ao anterior. Non quero aburrirme facendo os discos.
Este está feito a partir das máquinas, de aparatos con rodas, botóns… pero non tiña gañas de escribir a partir do piano ou a guitarra, coma sempre.

  • XdC: Comentas que a idea era pasar do amor á filosofía sen soar pretencioso. Como se fai?

Quería fuxir do amor romántico e pensar a vida. Máis que querer ser filosófico en plan académico, estaba querendo contar os procesos que nos emocionan. Non só o amor o consegue.
Apetecíame mesturar todo xunto.
Todo o disco fala do proceso creativo, da vida, da política, de quen somos. A filososía non é elitista, é cando unha persoa pensa.

  • XdC: O primeiro single, “La humanidad y la tierra” chega con mensaxe claro para a nosa xeración. Unha homenaxe particular a Félix Rodriguez de la Fuente?

Si, unha homenaxe ao sampler tamén, e á música española. Empezamos con Félix, pois así que os hiphoperos de NY samplean sobre o seu, eu quería empezar coas cousas nosas. E cando meu irmán e máis nos atopamos con isto de García Abril, encantounos.
Tamén a idea era reivindicar a reciclaxe, reciclar músicas que xa coñecemos e reconvertilas. E Félix era perfecto para ir á selva.

  • XdC: Ten sorpresas a nova edición especial en vinilo. Que nos podes avanzar?

Tratamos de que un disco que conteña outro disco, conteña o noso. Non imos salvar o planeta con substituir 4.000 carátulas. Pero si é un xesto, como o de Félix.

  • XdC: E participan as Tanxugueiras. Que tal foi gravas con estas bravas? Tan simpáticas e inquedas coma sempre?

Boteille moito morro e escribinlle por instagram rollo “teño unha canción… invítovos a comer”… Son tan majas que viñeron a comer e gravaron sen máis.
Fan crecer a canción. Eu canto a parte do “machirulo idiota”, ese rapaz que viu a Félix nos 70 pero non fixo nin puto caso, e son as mulleres as que teñen que salvarnos, e se son as Tanxugueiras máis.
Son incribles, a verdade, son unha pasada. Un talenzato, encantadoras, empáticas xenerosas… teñen todo.

  • XdC: Presentas o 24 en Santiago, no Palacio de Congresos. E en Coruña para cando?

Teño xa datas de festivais, pero a miña idea é facer salas despois do verán, e me gustaría facer a obrigada presentación na Coruña, onde sempre me coidan ben.
A idea de Santiago é de ensaio para ter todo rodado.

  • XdC: E como se porta o público coruñés?

Moi ben, comigo pórtanse moi ben, e con toda xente que coñezo, a verdade. É unha boa praza para tocar. Hai moito público, un público interesado, xente que foi a moitos concertos e sabe ao que vai.

  • XdC: Que é o que máis che presta da cidade?

Sempre aproveitou e vou cos amigos de cañas, é máis me gusta da Coruña, É unha cidade para disfruta. E concretamente, sempre paro a tomar os mejillónes Tigre e o Bristol, con Meri, que siempre nos trata de lujo.

Meri Bristol con Ivan Ferreiro
Meri Bristol con Ivan Ferreiro

O Leyma pode ata co taboleiro

0

A rotura do taboleiro en pleno partido foi a nota máis singular do partido desta noite do venres entre o Leyma Basquet Coruña ante o Valladolid. Un rival directo, un dos mellores equipos da competición, que sucumbiu ao ambientazo do Forniño de Riazor e caeu por un rotundo (102-71).

Taboleiro roto no Pavillon

Nin os 40 minutos de parón serviron para que o Forniño perdese temperatura, e a base de música e liderados polos grandes axitadores do pavillón, Sergio e Leymita público disfrutou dunha noite especial.

O adestrador Epifanio agradeceu a paciencia do público, e puxo en valor o traballo dos seus, moi concentrados dende o principio, mesmo despois do parón, e a importancia do rebote en defensa.

Con esta vitoria, o equipo laranxa queda na 3ª praza, empatado con Lleida e cunha vitoria máis que o propio Valladolid. Os herculinos recuperaron o average co rival pero non puideron superar os 42 puntos de diferencia que lles darían posición de provilexio en caso de triple empate.

O choque serviu ademais para ver a posta en escena de toda a canteira.

Un microbús escolar, nese momento sen menores, e un vehículo chocan en Oleiros e resulta ferida unha persoa

0

Un microbús escolar da ruta Betanzos-Oleiros, nese momento sen nenos a bordo e só cun pasaxeiro adulto, e un turismo chocaron este venres nun accidente de circulación. No sinistro, o condutor do coche resultou ferido e tivo que ser excarcerado.

Esta persoa, tras ser liberado polos Bombeiros de Arteixo, foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) polos servizos de urxencias sanitairas. O accidente tivo lugar sobre as 17,15 horas no quilómetro 585,5 da N-6, no lugar de O Carballo. Varios particulares alertaron ao 112 do impacto entre o microbús e o turismo e, segundo relataron, o ocupante do turismo tiña dificultades para saír do vehículo.

O 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Arteixo, Servizo de Emerxencias de Oleiros, Policía Local e Garda Civil de Tráfico e avisou ao servizo de mantemento da estrada na que ocorreu o accidente. O autobús facía o traxecto entre Betanzos a Oleiros, despois de deixar un grupo de nenos nun colexio da primeira localidade.

COLISIÓN MÚLTIPLE

Doutra banda, en Vigo, no punto quilométrico 1,8 da VG-20, tres persoas foron trasladadas a un centro médico despois de que chocasen outros tantos vehículos.

Concretamente, a colisión múltiple produciuse ao fío das 15,30 horas e o 112 Galicia recibiu a alerta deste accidente, coa chamada dunha persoa particular. A Central de Coordinación de Emerxencias solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

En Clave de Mar, a primeira acción de homenaxe do proxecto “Lugrís, ano L”

0

Este 2023 é o 50 aniversario do pasamento de Urbano Lugrís. Unha boa excusa para seguir recuperando o legado do grande artista galego, como consideran o Colectivo Lugrisán In Nave Civitas e a asociación cultural O Mural.

Ambos organizan para este sábado 11 de marzo unha cita para reivindicar a labor do «pintor do mar». O evento será na sala Garufa co espectáculo «EN CLAVE DE MAR. Música e palabras en defensa do legado de Urbano Lugrís» no que intervirán César Morán, Moncho do Orzán e o grupo Extrema urxencia, na parte musical e Olivia Tudela e o colectivo In Nave Civitas, con achegas literarias. Ao temón do acto estará, quen se non, Xurxo Souto.

Antes do concerto, que será a partir das 21:30h, e que pretende recrear os espazos míticos da bohemia coruñesa dos 50, os organizadores convocan o público ás 20:30 horas na Coiraza do Orzán dende a que, tras a lectura do manifesto a prol do ano Lugrís: «Nós, as deshidratadas», de Sofía de Labañou, iniciarán unha «manifestación atlántica» até a sala de concertos, que abrirá a súas portas para o acto ás 21:00 horas.

Máis accións de “Lugrís, ano L”

Lugris ano L logo

Avisan de que este é só o primeiro dos actos de «Lugrís, ano L.» un conxunto de actividades que O Mural e In Nave Civitas van realizar en Vigo, Bueu, Pontevedra, Santiago de Compostela, Malpica, Vilaboa e A Coruña, localidades nas que aínda hai obras de Lugrís de acceso público e nas que convidarán a distintos artistas lugrisáns a facer un brinde polo pintor galego para conmemorar a data.

SOS

Murais de Lugrís na Coruña / EP
Murais de Lugrís na rúa Olmos / EP

EN CLAVE DE MAR quere tamén ser un S.O.S para a protección dos murais que Lugrís pintou no número 25 da rúa dos Olmos da Coruña que se atopan en perigo de desaparición polo estado de abandono do edificio e o desleixo das administracións responsábeis.

Detido un veciño de Arteixo por unha vaga de roubos en gasolineiras da provincia

0

A Garda Civil detivo o mércores a un home, veciño de Arteixo, en relación cunha onda de roubos con forza ocorridos en 11 estacións de servizo da provincia. O xulgado decretou o seu ingreso en prisión.

Foron os equipos Roca das compañías da Coruña e Santiago, no marco do Plan de Mellora da Seguridade no Comercio, os que levaron a cabo a investigación por estes sucesivos roubos cometidos en diversas máquinas de lavado e aspiración de gasolineiras.

Segundo informa o Instituto Armado, as estacións estaban situadas nas localidades da Coruña, Arteixo, Oleiros, Sada, Abegondo, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela e o suposto responsable dos feitos seguía un mesmo modus operandi na comisión dos ilícitos.

Así, a Garda Civil iniciou unha investigación onde se puido determinar que en todas elas utilizaba para desprazarse un vehículo de idénticas características e que, pleno coñecedor dos horarios dos establecementos, aproveitaba o momento en que os empregados estaban máis ocupados ou ben a noite, cando a gasolineira estaba pechada.

Entón, violentaba cunha cizalla as fechaduras das máquinas de lavado de automóbiles e aspiración situadas xunto ás gasolineiras e subtraía a recadación, que ascendeu a 1.300 euros, ademais dos danos ocasionados.