Inicio Blog Páxina 715

A superheroína herculina “Nabiza Girl” xa ten o seu cómic

0

 

Leva décadas sobre os escenarios do país como gran liberadora da nosa cultura. Agora faino tamén nas viñetas dun cómic, o espazo ideal para contar as aventuras dunha heroína como #NabizaGirl. A parodia á galega dos superheroes do mundo clásico do cómic, histriónica e delirante na súa loita contra o mal e os marcos movidos de sitio volve á súa orixe, as páxinas da banda deseñada.

Onte presentábase no eterno Bar Sanín, na rúa do Orzán, o cómic “Operación Breogán”, que ten como protagonista o personaxe creado
pola actriz Isabel Risco. A actriz coruñesa estivo acompañada co responsable de pasar a papel e tinta “Nabiza Girl”, o premiado debuxante Manel Cráneo, xunto co guionista, o tamén coruñés Carlos Ares, gran coñecido no audiovisual galego.

EXTERIOR DO Bar SANIN
Así estaba o Bar Sanín

“Para min é un pracer e unha sensación marabillosa que me percorre todo o corpo estar nunha viñeta”, bromeou Risco na presentación.

Pola súa parte, Cráneo non tivo problemas en recoñecer que nunca foron unha debilidade para él os superheroes, “os clásicos non van conmigo porque son moi drámaticos, non como a nosa Nabiza Girl. Así que para min foi unha terapia”. Cráneo “namorou” dela por ter precisamente algo diferente, por ser “unha superheroina que saber rir de nós mesmos. Porque se non sabemos facelo non imos a ningures”.

Ademais, Carlos Ares – precursor da ficción galega, socio da produtora Zopilote e guionista de series como “Mareas Vivas” ou “Libro de familia”- dixo con retranca que este era “o primeiro acto ao que asisto no que o último que fala é o guionista, porque ou non falamos ou falamos de primeiro”, anotou que no cómic atoparemos tamén unha homenaxe a Radio Océano e ao grupo Os Diplomáticos, “que son parte da nosa vida”.

Pero é que o cómic é 100% Coruño, con s escenarios recreados con oficio: o Obelisco dos Cantóns, o Castro de Elviña, a Torre de Hércules a Dársena da Mariña e, ademais do propio Bar Sanín tamén sae O Fiuza de Monte Alto. Escenarios percorridos por personaxes recoñocidas e recoñecibles como os mariñeiros Xosé Iglesias, Manolo Presas, Xulio Montero -presentes entre o público- e o finado Serafín Mourelle, ao que se lle fixo unha merecida lembranza.

Operacion Breogan-Comic Nabiza Girl

Xa podedes ler como Chelo Garcı́a Naveira, a personalidade segreda de de #NabizaGirl, foi imbuída cunha tremenda forza e velocidade tras inhalar un exceso de sulfatos con insospeitados resultados, ollando o cómico que tendes na recén estreada web isabelrisco.eu.

Detrás do proxecto está a xestión e produción de Marta Horjales, coñecida profesional do eido cultural- participa das “Axudas á creación para artistas individuais empadroados na Coruña 2022” e inicia agora a súa distribución na rede das bibliotecas da Coruña, tanto municipais como da Deputación e da Xunta de Galicia, así como nos centros de ensino de secundario da cidade.

Nova concentración dos letrados na Coruña, mentres Justicia di que piden máis

0

 

O Ministerio de Xustiza e os representantes dos Letrados da Administración de Xustiza (LAJ) concluíron este venres sen acordo a reunión que ambas as partes iniciaron o xoves pola tarde para buscar unha solución á folga indefinida que manteñen desde o pasado 24 de xaneiro estes traballadores, que esixen melloras laborais.

A reunión prolongouse 15 horas, desde as 17.00 do xoves ata as 08.15 deste venres, comunicou nunha nota o Ministerio de Xustiza, que achacou a falta de acordo a que os LAJ elevasen ” as súas esixencias respecto das inicialmente expostas e sen expor ningunha outra alternativa”.

Desde o Ministerio que dirixe Pilar Llop culparon aos folguistas por, ademais de “negarse a desconvocar” o parón para “avanzar no diálogo e a negociación”, expor unha nova proposta ao Ministerio aumentando as súas “esixencias salariais” cunha formulación que “suporía unha dobre cláusula de enganche”.Pola súa banda, Letrados da Administración de Xustiza en Galicia instaron ao Ministerio a alcanzar un acordo que poña fin á folga indefinida neste colectivo en demanda dunha “adecuación salarial” e alertaron dunha situación xudicial que “poderá chegar a ser alarmante”.

FOLGUISTAS

Así o expuxo Pilar Cancela, letrada xudicial na Coruña, onde este colectivo protagonizou unha concentración no Obelisco, coa participación dunha vintena de persoas. Con posterioridade, os asistentes procederon a doar sangue no bus habilitado para iso.

Sobre a reunión mantida polo comité de folga e o Ministerio de Xustiza nas últimas horas, e que acabou sen acordo, Cancela insistiu en que por parte dos primeiros existe unha “vontade de negociación e de diálogo férrea” co obxectivo de alcanzar o acordo “tan desexado pola nosa banda”.

“E para que o servizo público poida renaudarse de forma eficaz e eficiente e non alongar esta situación que poderá chegar a ser alarmante”, engadiu. E é que, segundo os datos achegados na concentración, son 6.000 as vistas e xuízos suspendidos en Galicia, Mentres, estimaron que os expedientes xudiciais paralizados “poderían chegar a 300.000”.

Pola súa banda, Fernando Santiso coincidiu nas “ganas de negociar” dos convocantes da folga indefinida e remitiuse ao acordo subscrito en abril, cuxo cumprimento reclaman os letrados xudiciais.

“O sentimento cofrade”… cando a Coruña respira Semana Santa

0

O libro El Sentimiento Cofrade coruñés: la Venerable Cofradía de la Pasión será presentado este xoves 16 de febreiro. O libro está escrito  por Luis Maside Miranda e editado pola Cofradía de la Pasión e a Editorial Camiño do Faro.

Na presentación do libro estará o exalcade Francisco Vázquez, ao que acompañarán, ademais do autor do libro, Juan Antonio Fernández, Irmán Maior da Confraría da Paixón; Matías Membiela da editorial Camiño do Faro e Nicolás García, cura párroco de San Jorge.

A Confraría da Paixón do Señor con sede na histórica parroquia coruñesa de San Jorge, é o tema principal do libro e fío condutor do que tira Maside para mostrarnos unha panorámica sobre as distintas confrarías e irmandades coruñesas, tanto do pasado como do presente. Afortunadamente o movemento confrade está vivo na nosa cidade, algo moi necesario sempre, xa que, como apunta D. Julián Barrio, arcebispo de Santiago, nos prolegómenos do libro “Os confrades comprométense á axuda mutua, espiritual e material”. Péchase o libro co erudito e moi interesante epílogo escrito por  Francisco Vázquez

A presentación terá lugar no Salón de actos da parroquia de San Jorge ás 20.00 h. e será de entrada libre ata completar aforo.

Cazan ‘in fraganti’ a dous mariscadores ilegais con 6,2k de percebe da Torre de Hércules

0

A Policía Autonómica interveu 6,2 quilos de percebe extraídos por furtivos na zona da Torre de Hércules, na cidade da Coruña.

Segundo informou a Xunta este venres, a acción foi levada a cabo o pasado luns 13 de febreiro en colaboración coas confrarías de pescadores locais, que alertaron á Policía Autonómica da presenza de furtivos nos acantalidados da Torre.

Ata alí mobilizáronse axentes da unidade adscrita á Comunidade Autónoma, que descubriron a dous homes que portaban dúas bolsas e que, ao percartarse da presenza dos policías, déronse á fuga.

Unha vez interceptados e identificados, os axentes comprobaron que ambos os individuos tiñan denuncias previas por marisqueo ilegal. En total, foron comisados 6,2 quilos de percebe, dous salabardos e unha mochila. Así pois, a Policía Autonómica formulou dúas denuncias por infraccións da Lei de pesca de Galicia e entregou o marisco a un centro benéfico da cidade herculina.

O alcalde de Cambre solicita o cesamento do director da AXI polos seus “trapicheos políticos” arredor da Vía Ártabra

0

O alcalde, Óscar García Patiño, remitiu, esta mañá, dous escritos ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, solicitando o cesamento inmediato do director. da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez. Fíxoo tras as últimas declaracións do rexedor, nas que fala da falta de “colaboración” do Concello con respecto a Vía Ártabra. García Patiño considera que estas declaracións son unha proba máis do “trafeo político” que a institución adoptou como práctica habitual na tramitación de Vía Ártabra e Vial 11-17. O alcalde considera que estas declaracións son “moi graves”, unha proba máis do “trapicheo político”, e solicita o “cesamento inmediato” do director da AXI, “o que demostrou, de novo, a súa falta de respecto á normativa”.

Nas súas declaracións, o rexedor sinala que “o problema que temos é que, se tivésemos colaboración para seguir adiante, sería relativamente sinxelo” e indica que “cumprirá escrupulosamente todo o que lle pide o Concello”.

 

Sentenzas do Tribunal Superior

O alcalde lémbralle ao rexedor que hai dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nas que se constatan graves vicios procesuais na tramitación da Vía Ártabra. O primeiro deles (que anulou o trazado) pronunciouse sobre un único motivo de impugnación: a aprobación definitiva do proxecto polo director xeral de Obras Públicas e non polo Consello da Xunta, órgano competente. Na segunda sentenza (que anulaba o proxecto construtivo), o TSXG sinalaba que cando se aprobou definitivamente o devandito proxecto non existía (que foi elaborado posteriormente), nin tampouco a proposta ou informe da consellería competente.

Tirón de orellas á Coruña por ser a urbe galega con menos zonas verdes de Galicia

asociación ecoloxista Arco Iris sinalou que A Coruña é, segundo o ranking do Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal), a urbe galega con menos zonas verdes, un 60% por baixo das recomendadas pola OMS.

Deste xeito, Arco Iris indicou que a cidade en primeira posición deste ranking teñen os peores datos de mortalidade relacionados coa falta de espazos verdes, mentres que a 866, os mellores. Así, A Coruña ocupa o décimo posto.

Sobre este dato, a asociación explicou que a carencia destas zonas verdes multiplica as chamadas ‘illas de calor’, que foron a máis co fenómeno do cambio climático. Deste xeito, o ISGlobal calcula que na Coruña poderían evitar ao redor de 93 mortes cada ano.

Nesta liña, Arco Iris denunciou “a nefasta política arboricida dos repetidos gobernos municipais” e alertou ao goberno local de “unha situación intolerable”, que “debe ser inmediatamente revertida”.

Doutra banda, cidades como Santiago, Ourense e Pontevedra ocupan os postos 838, 535 e 480, respectivamente, e suman , en total, 37 mortes evitables. Así, Lugo está no posto 296, Vigo no 192 e Ferrol no 48.

Á luz fotografías inéditas do exilio republicano durante a Guerra Civil

O Concello da Coruña, a través da súa concellaría de Memoria Histórica, inaugurou este xoves a mostra ‘Camiños do Exilio 1939. Exposición de fotografías inéditas de Philippe Gaussot‘ na Casa Museo Casares Quiroga.

Trátase da primeira vez que estas imaxes chegan a Galicia e o Concello contou coa colaboración da asociación francesa 24 août 1944. O concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús Celemín, foi o encargado de presentar esta mostra que reúne unha serie de fotografías atopadas polo fillo de Gaussot entre os seus arquivos.

Estivo acompañado da presidenta de 24 août 1944, Véronique Salou, e da coordinadora da exposición, Begoña Maceiras. No acto, dixo que o “compromiso” do goberno local “coa Memoria Democrática e cos nosos exiliados e exiliadas quedou patente desde ao comezo do mandato e viuse en acontecementos como o Ano Internacional María Casares, gran símbolo do exilio coruñés en París”.

A casa museo Casares Quiroga acolle unha exposición de fotos inéditas do exilio republicano durante a Guerra Civil

0

Quedou inaugurada esta mañá na casa museo Casares Quiroga a mostra ‘Camiños do Exilio 1939’. Unha exposición imaxes inéditas do fotógrafo francés Philippe Gaussot que chega gracias á Concellería de Educación e Memoria Histórica en colaboración da asociación francesa “24 août 1944”.

Philippe Gaussot foi un dos fundadores do diario rexional Le Dauphiné Libéré e un recoñecido xornalista especializado en fotografía de montaña que desenvolveu un importante papel durante o final da Guerra Civil española axudando aos exiliados republicanos na súa fuxida.
A colección está formada por tres bloques: A acollida de nenos vascos e cataláns, desde 1937; A Retirada en febreiro de 1939; e Os campos de internamento nas praias do Roselló.

A mostra estará aberta do 16 de febreiro ao 7 de maio na Casa Museo Casares Quiroga. O seu horario de apertura é de martes a sábado de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 horas e domingos e festivos de 12.00 a 14.00 horas.

Delegados da CIG demandan un convenio digno na construción

0

Delegados e delegadas da CIG no sector da construción concentráronse este xoves diante da patronal coruñesa para demandar “un convenio colectivo digno que garanta a recuperación e o mantemento do poder adquisitivo dos salarios”.

Na protesta, convocada pola FCM-CIG, denunciouse que o persoal ten conxelados os salarios desde 2021 e “é hoxe un 10% máis pobre que fai tres anos”. Durante a concentración ante a sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construción, lembrouse que na actualización de 2021 xa tivo lugar unha perda do poder adquisitivo do 4%.

“Desde entón, os traballadores e traballadoras seguen sen ver crecer os seus soldos nin cobrar os atrasos de 2022 (cando o IPC foi do 5,7%), nin tampouco do que vai de 2023”, sinalan desde a CIG.

Consellos para disfrutar dun Entroido seguro na Coruña

0

Policía Nacional establecerá na cidade da Coruña un dispositivo especial durante toda a celebración do entroido, con presenza nos barrios e zonas onde se espera maior concentraciónde persoas.

Nun comunicado, a Xefatura Superior de Policía de Galicia lembra aos cidadáns que os delincuentes aproveitan as aglomeracións para cometer furtos debido a que “poden camuflarse mellor entre a xente e evitar a resposta policial”. O feito, engade, de que moitas persoas acudan ás celebracións “disfrazadas e ocultando a súa cara”, sumado ao gran número de persoas concentradas en pouco espazo, facilita aos carteiristas apropiarse dos efectos de valor de bolsos e petos.

Alerta, ademais, de que nas terrazas e bares é necesario prestar “especial atención“; o bolso non debe estar colgado do respaldo da cadeira nin se deben deixar obxectos como carteira ou teléfono móbil encima da mesa ou da barra.

VIANDANTES

Para evitar ser vítimas dun furto durante un paseo pola vía pública, o prioritario é asegurar as pertenzas; os bolsos de man deberán ir cruzados na parte dianteira e levar no seu interior “o imprescindible e nunca obxectos de gran valor”.

A Policía Nacional recomenda ademais ter “especial coidado” ao ser abordados por varios individuos que queren vender “panos de papel, chisqueiros ou piden axuda dalgún tipo”. “En ocasións son persoas que o que buscan non é vender un produto, senón distraer a nosa atención e que un deles se faga ao descoido coas nosas pertenzas”, explica.

Doutra banda, en vías estreitas aconsella camiñar “o máis afastado posible dos vehículos que circulen por ela e co bolso cruzado cara ao lado contrario” para evitar ser vítimas de vez desde un vehículo.

PUNTOS VIOLETA

O Concello habilitará dous puntos violeta fixos e un itinerante durante estas festas de Entroido, en colaboración coa Policía Local.
Os puntos violeta contarán cunha dotación de tres persoas —unha psicóloga e dous
dinamizadores expertos en violencia de xénero— que ofrecerán información co obxectivo de sensibilizar a cidadanía. Tamén serán espazos seguros para denunciar calquera situación
de violencia sexual que poida producirse durante as festas.
O sábado 18 e o luns 20 os puntos violeta estarán no cruzamento da rúa Agar coa rúa Real, en horario de 21.00 a 1.30 horas.
Xa o martes 21, pola natureza da festa dos choqueiros na rúa da Torre, o persoal dos puntos violeta estará ataviado con camisetas específicas para que poidan ser convenientemente identificados na rúa e, en caso de producirse algún incidente, acompañarán á persoa que o necesite a un espazo seguro cedido pola Policía Local nas súas instalacións. O horario de actividade do punto itinerante será de 19.30 a 00.00 horas.

COMERCIANTES

Os establecementos comerciais localizados nas zonas de aglomeracións tamén son branco dos ladróns. Mentres clientes e empregados están distraídos, atopan “máis facilidades” para subtraer obxectos.

Por iso, recomenda prestar “especial atención” nos momentos en que varias persoas “entran en grupo e algunha acapara aos traballadores” e non perder “nunca” de vista a caixa rexistradora nin os obxectos expostos no comercio.

En canto ao uso de caixeiros automáticos nese tipo de contornas, o autor destes delitos pode colocarse preto e coller o diñeiro do expendedor antes que a vítima. Por este motivo, recomenda anular a retirada de efectivo se hai alguén que “se achega demasiado”.

OUTROS CONSELLOS

Respecto de vandalismo e pelexas, a Xefatura Superior de Policía de Galicia sinala evitar confrontacións e avisar ás autoridades se se ve envolvido nunha destas situacións ou é testemuña das mesmas. Así mesmo, apela a respectar a intimidade e por tanto non sacar fotos doutras persoas sen o seu consentimento e “moito menos” divulgalas en redes sociais.

En caso de acudir ás celebracións acompañado de menores, destaca que é importante non perdelos de vista “en ningún momento” e recomenda que o neno ou a nena aprenda os seus datos de contacto ou os leve apuntados nalgún lugar visible.