InicioDEPORTESHaberá que ir crendo!

Haberá que ir crendo!

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 23 – SD Logroñés 0 – Depor 5
  • O Depor amosa a súa cara máis letal da tempada
  • Vixésimo terceiro partido de Imanol Idiákez como adestrador do Depor en partido oficial (11V 8E 4D).

Hai unha máxima dos galegos que é expresar a súa ledicia cunha pregunta. Como se argallar unha cuestión sobre algo, axudara a expresar a noso estado de ánimo. Isto vese ben agora coa racha de vitorias do equipo dende que comezou o ano e as preguntas que se fai a afección de cal será noso obxectivo agora.

E agora que? Pois agora toca manter esta racha de xogo, este acerto cara o gol, facer poucos trocos pois parece que o equipo atopou os xogadores para cada posición e, o máis importante, o rendemento individual e colectivo alcanza cotas esperanzadoras. Tres nomes: Lucas, Mella e Idiákez. Estes tres son os máis representativos pola súa transcendencia na entidade. Lucas porque é a referencia da afección, é a referencia dos xogadores e é a referencia da competición. Lucas anda desatado coma Django buscando a Broomhilda e os seus números comezan a coruscar nas partes altas da táboas estatísticas da competición. Mella xa sabe que está aquí para quedar e para ser ese espello da canteira no que mirarse. Encara, dribla, se falla inténtao de novo, non se engurra e, agora tamén, tira e acerta cara o gol. E Idiakez anda desfrutando da súa terceira vida coma adestrador do Depor cunha solvencia que cala tódalas bocas que dimos por feita a súa destitución en outubro.

Recoñecerlle o tremendo mérito de darlle a volta a un equipo perdido e lastrado polas lesións e polo pésimo rendemento dos que estaban.

E agora que? Pois podemos crer que estamos en situación de alcanzar o ascenso directo e chegar a líderes. Podémolo crer, pero temos que facelo e isto non vai ser sinxelo. Se botamos unha ollada o que ocorreu nas últimas dúas tempadas cos equipos que remataron líderes, podemos facernos unha idea do que hai que facer.

Na tempada 21/22 ascenderon coma líderes o Racing de Santander (Grupo 1) e o Andorra (Grupo 2). Na xornada 23 dese ano, o Racing tiña 47 puntos sendo xa líder e rematou o ano con 82, sumando 35 puntos máis nas últimas 15 xornadas da competición. O Andorra pola súa parte, contaba na xornada 23 con 41 puntos, 3º clasificado e rematando con 71 puntos a competición coma líder.

Na tempada 22/23 ascenderon coma líderes o Racing de Ferrol (Grupo 1) e o Amorebieta (Grupo 2). Na xornada 23 do ano pasado, o Racing tiña 39 puntos ocupando a 5ª posición e rematou o ano con 75, sumando 36 puntos máis nas últimas 15 xornadas da competición. Pola súa banda, o Amorebieta contaba na xornada 23 con 34 puntos, 5º clasificado e rematando con 69 puntos a competición coma líder.

É dicir, que tres dos últimos catro equipos que ascenderon estaban igual ou peor co Depor nestas mesmas alturas da competición. O Depor xa sabe que é posible facelo, pero ten que sumar entre 30-35 puntos para logralo.

E agora que?, pois agora haberá que ir crendo.

 

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here