Inicio Blog Páxina 126

Os traballadores públicos de Cambre din BASTA!

0

Esta mañá, coincindo cun pleno no que o goberno municipal levaba unha proposta de modificación da Relación dos Postos de Traballo, un total de 70 traballadores públicos do Concello de Cambre secundaron a mobilización convocada pola CIG, CCOO, UGT e CSIF.

Foi a primeira de máis (o vindeiro xoves, volverán concentrarse ás portas do Concello) para denunciar as infrutuosas negociacións para mellorar as súas condicións laborais, Unhas condicións que “foron empeorando cada vez máis”, o que provocou que “unha bola que leva anos facéndose máis grande e que acaba de estalar. Rompemos o silencio cun Basta!”

Concentracion Traballadores Concello Cambre RPT

Así o explica con rotundidade a representante dos traballadores Carmen Nieto, que lembra que “a Relación de Postos de Traballo, e polo tanto a valoración dos mesmos, e a organización do persoal do concello, son do ano 1999”, a pesar de que a día de hoxe conta con menos persoal e do aumento da poboación”, que medrou un 30% (de 17.075 en 1999 aos 24.781 actuais). “Temos que defender os nosos dereitos laborais, e os servizos públicos, para que os veciños e veciñas teñan un concello que funcione”, explicaban nunha carta que colocaron na porta do consistorio informando á veciñanza.

Os trabaladores explícan que a súa precariedade aumenta “pola escaseza extrema de persoal debido a fuxida de funcionarios e funcionarias deste concello a outras administracións nas que si poden exercer todos os seus dereitos, ás xubilacións e ás baixas, moitas delas por causas de saúde mental, vacantes que en moitos casos non se cubren en meses, as persoas que traballamos no concello de Cambre atopámonos nunha situación extrema que nos leva a pedir solucións urxentes”.

Critican que “leven anos sen cubrir as vacantes”, que “a carreira profesional non existe”, que “fai dous anos que non se realiza a vixiancia da saude obrigatoria por lei”, e que “non se atenden as nosas reivindicacións”. “En resumo, sentimos que non se nos escoita e que somos o último que importa para o goberno municipal”, critican.

A RTP rexeitada no Pleno

Precisamente durante o pleno desta mañá o grupo de goberno de Independentes por Cambre presentaba unha moción coa modificación da RPT. Unha moción que non comparten os traballadores, que pretendía “reforzar as áreas de Secretaría, Intervencióney Cultura con tres técnicos superiores A1”, pero que foi rexeitada polos tres grupos da oposición (PP, PSOE e BNG) foi a modificación da Ficha de Postos.

Deteñen tres homes na Coruña por unha pelexa

0

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a tres homes implicados nunha pelexa na cidade da Coruña, segundo confirmaron fontes próximas ao caso consultadas por Europa Press.

Os feitos tiveron lugar sobre as 17.30 horas da tarde deste xoves, día 27, no cruzamento da rolda de Outeiro coa avenida de Arteixo.

Os efectivos, desprazados ao lugar, procederon á detención de tres homes por un delito de roubo con violencia vinculado a unha liorta.

Na pelexa, segundo as mesmas fontes, houbo máis persoas implicadas. No entanto, ningunha delas resultou ferida de gravidade. A investigación por estes feitos segue aberta.

6 candidaturas optan ao Recoñecemento galego da Rede Acampa á Defensa dos DDHH

0

Segue a Rede ACAMPA pola Paz preparando o encontro internacional que se desenvolverá baixo lema “Dereito á Paz” os días 20,21 e 22 de xuño. Un dos eventos sobre a defensa dos dereitos humanos máis importantes e impactantes do estado. E despois dun proceso de participación aberto, a entidade abre as votacións para escoller ás persoas e organizacións e activistas que máis fan polos DDHH.

O 1 de marzo ábrese o prazo de votacións a partir da web da entidade, para escoller quen serán o relevo de Haydeé Castillo e Manuel Martín García, recoñecidos o ano pasado,

Candidaturas Galegas

No ámbito galego rexistráronse seis candidaturas (por orde de esquerda a dereira e de arriba abaixo)

  • Mohamed Safa, escritor e activista defensor do pobo palestino;
  • Susana Alaniz, presidenta da Asociación Fuco Buxán.
  • APEM (Asociación a prol dos Enfermos Mentais).
  • Ibrahima Diack e Maggate N’Diaye, os senegaleses defensores do mozo asasinado Samuel Luiz,
  • Xosé Abad, fotodocumentalista impulsor e coordinador da rede Acampa pola Paz ata este ano.
  • Marga González, activista de Amnistía Internacional.

Podedes ver aquí toda a información sobre elas.

Candidaturas internacionais

As Avoas arxentinas da Praza de Maio, o presidente brasileiro Lula da Silva, a UNRWA, MSF, a Relatora Especial da ONU para os territorios palestinos ocupados, Francesca Albanese, a comunidade médico-sanitaria de Gaza, a Agrupación Cidadá pola despenalización do aborto no Salvador, a xornalista gazatí Bisam Owda, a defensora ambiental e de DDHH colombiana Yuli Velásquez, e a ICAN (Iniciativa global para a abolición das armas nucleares) son as propostas na categoría internacional.

 

Máis novas

Xosé Abad deixa a dirección da Rede Acampa pola Paz tras 9 anos de máxima dedicación

EDICIÓN 2024:

Os múltiples impactos do Encontro da Rede Acampa pola Paz

A Rede Acampa mergúllanos no campo de exterminio de Gaza

EDICIÓN 2023:

A cidadanía herculina demostrou a súa conciencia crítica na Rede Acampa

Unha colisión entre dous coches en Sada deixa tres persoas feridas

0

Tres persoas resultaron feridas de diversa consideración na tarde deste xoves nunha colisión entre dous coches ocorrida en Sada. Unha das condutoras tivo que ser excarcerada do vehículo.

Segundo informan os servizos de emerxencias, ocorreu na DP-5813 ao seu paso por Oseiro pasadas as 14.00 horas da tarde. Ao recibir a alerta, o 112 puxo en marcha o operativo con Urxencias Sanitarias-061, os bombeiros de Betanzos, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo Municipal de Emerxencias de Sada.

Ao parecer, tal e como explica o Concello, o accidente orixinouse cando un dos vehículos realizou un xiro á esquerda para incorporarse á estrada que vai cara a Mosteirón e chocouse contra outro que facía unha manobra de adiantamento.

Nun dos coches accidentados, que quedou fóra da calzada e atravesando o cerco dunha leira, viaxaban dúas persoas, das cales una tivo que ser exarcelada e trasladada a un centro hospitalario.

No outro ían tres persoas e dúas delas requiriron asistencia médica. Os afectados foron trasladados aos hospitais San Rafael da Coruña e ao de Santiago.

O sinistro danou varios colectores e un poste telefónico, polo que se notificou a incidencia aos servizos de obras do Concello e a Telefónica.

Rescatada unha muller na Coruña despois de caer dun tellado

0

Os servizos de emerxencias rescataron na tarde deste xoves a unha muller tras caer dun tellado a outro nun edificio na Coruña.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu pasadas as 14.00 horas no número 1 da rúa San Diego. Foi a propia afectada a que se puxo en contacto cos servizos de emerxencias.

A caída produciuse a través dunha xanela e a muller mantívose nunha zona segura para evitar escorregarse, porque o tellado tiña unha gran pendente.

Tras o aviso ao 112, acudiron os bombeiros da Coruña e medios de Urxencias Sanitarias-061.

Persoal do CHUAC urxe información e medidas fronte ás agresións: “Imos seguir manifestándonos”

0

Un centenar de persoas secundaron este xoves unha nova concentración ante o complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) para esixir medidas “urxentes” contra as agresións a persoal sanitario e reclamar “acceso á información”.

Foi no marco das mobilizacións que manteñen tras o ataque, o pasado 3 de febreiro, con arma branca a un enfermeiro e a un vixiante de seguridade por parte dun paciente con problemas psiquiátricos.

Persoal do CHUAC Stop Agresions

“Imos seguir manifestándonos porque se nos está impedindo o acceso á información por parte desta xerencia”, expuxo a presidenta da Comisión de Centro, María Formoso.

“Nin o informe da análise de causa-raíz, a implementación do ‘botón do pánico’, nin o estado dos protocolos”, resumiu. Ademais, argumentou que non teñen “constancia” de que se puxese en marcha a nova Unidade de Saúde Mental no Hospital Marítimo de Oza.

‘Conselleiro escoita, estamos en loita’ — en alusión ao titular de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño — ou ‘os protocolos, onde están?’ foron algúns dos cánticos dos participantes.

Fixérono tras pancartas coa lema ‘Stop agresións’ e portando carteis nos que se podía ler ‘SOS’ en liña coas que exhibiron en anteriores manifestacións. Ademais, protagonizaron unha sentada na rotonda do hospital coruñes, con protesta ante a porta da xerencia.

Así resume a cronoloxía destas demandas a Comisión de Centro do CHUAC:

Cfronica dunha agresion no CHUAC

Novas medidas

A xerencia da Área Sanitaria asegura que xa ten 10 medidas “rematadas ou en fase de execución”. Aseguran “incrementáronse os efectivos de seguridade no servizo de urxencias cunha segunda presenza de 12:00 a 00:00, tramo horario de maior afluencia de pacientes no servizo, o que no sitúa por riba de hospitais como o Doce de Octubre, Ramón y Cajal e Son Espases, por exemplo”.

Afirman que xa “está a rematado o traballo do grupo encargado da análise de causa-raiz (ACR)”, e que xa se realizou “a planificación, por parte da subdirección de información, da extensión do botón do pánico (ACUDE), que se presentou aos xefes de servizo de urxencias e saúde mental, estando prevista a súa posta en marcha a partir do vindeiro mércores, 5 de marzo”.

Ademais, xa están en marcha as obras da nova unidade de saúde mental no Hospital Marítimo de Oza.

 

Máis novas

As/os traballadoras/es do CHUAC volveron manifestarse “Por un entorno seguro no traballo”

A Comisión do CHUAC critica, na previa dunha nova concentración, os novos recortes de persoal

O persoal sanitario concéntrase no CHUAC en apoio aos dous agredidos e esixindo máis seguridade

Rescatados catro percebeiros tras afundir un golpe de mar a súa embarcación nas inmediacións do Acuario da Coruña

0

Tres percebeiros foron rescatados tras afundir un golpe de mar a súa embarcación na mañá deste xoves nas inmediacións do Acuario da Coruña. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, un particular avisou ás 9,15 horas de que un golpe mar afundira a embarcación duns percebeiros e que outro barco recollera a dúas persoas enfronte da Casa dos Peixes.

Inicialmente o 112 apuntou a dúas persoas rescatadas, pero finalmente foron 4 os percebeiros rescatados, dous na auga e outros dous nunha zona de rocas.

Salvamento Marítimo mobilizou ás embarcacións L.S. Hércules de Cruz Vermella e Salvamar Betelgeuse, que participan no operativo. Con todo, non chegaron a intervir directamente ao resolverse a situación con embarcacións que había na zona.

Así, sobre as 09.45 horas informáronlles de que había unha que tiña xa a dúas percebeiros a bordo e que outros dous estaban noutra embarcación, todos eles en bo estado, e que ían tratar de remolcar a lancha afectada. O mesmo apuntaron desde o 112 en relación a un suceso no que non chegou a perigar a vida dos percebeiros.

Pouco despois do suceso, iniciouse o traslado da mesma ao peirao coruñés de Oza, igual que do catro persoas que se viron implicadas. Testemuñas explicaron que se afundiu quedando só a proa visible. “Un golpe de mar encheuna un pouco, veu outro e a envorcou de lado”, aseverou un deles a Europa Press.

En concreto, desde Salvamento Marítimo precisaron que sobre as 10.55 horas a embarcación Hércules confirmou que tiña “firme” a ‘Novo Júpiter’, nome da lancha afundida, e que, tras ser achicada na area e non ter vía de auga, procedían a darlle remolque ao peirao de Oza.

 

Outras novas

A toponimia das pedras Percebeiras do Mar da Torre, a Ruta de Emilio Mariñas

Percebeiros sobre os bateeiros: “Alí por onde pasan, arrasan con todo, non volve nacer un percebe”

 

Inés Rey ve “absolutamente vergoñento” que Pontón sexa “incapaz” de condenar o “panfleto noxento” da CIG: “Onde está o feminismo do BNG?”

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, cualificou de “absolutamente vergoñento” que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sexa “incapaz” de condenar o “panfleto noxento” da CIG que caricaturiza á conselleira de Política Social, Fabiola García.

“Onde está o feminismo do BNG?, onde está a igualdade no nacionalismo galego? Non existe”, espetou este xoves a rexedora coruñesa do Partido Socialista en resposta ás preguntas dos medios durante un acto organizado pola Federación Galega de Municipios e Provincias sobre igualdade en Santiago. Na liña do que xa manifestou anteriormente, Rey mostrou o seu apoio a Fabiola García para, a continuación, censurar a “morneza” do BNG á hora de reaccionar ante o “panfleto” do sindicato nacionalista que caricaturizaba á conselleira nunha viñeta na que incluía un bocadillo no que dicía estar “moi cansa” por ir de compras ás rebaixas.

“A morneza neste tipo de asuntos é algo que me enerva especialmente. Podemos criticar a xestión da conselleira no ámbito das súas competencias, pero nunca polo feito de ser muller. Aí estarei sempre enfronte de quen faga este tipo de ataques. Mesmo se eses ataques viñesen dalgún cargo do meu partido, alzaría a voz igualmente”, remarcou a alcaldesa. “Creo que o feminismo ten que estar por enriba das siglas políticas e, por tanto, non entendo e non entenderei xamais que ante un ataque deste tipo existan partidos políticos que queden calados”, engadiu antes de insistir en que se trata de “un panfleto noxento” que “nunca” se faría dun conselleiro.

Delegados da CIG concentráronse pola recuperación salarial e de dereitos no sector público

0

Delegadas e delegados da CIG nas Administracións Públicas concentráronse este xoves na Coruña diante da Delegación do Goberno para reclamar medidas que revertan o “empobrecemento” dos salarios do persoal empregado público, que nos últimos quince anos perderon máis do 20% da súa capacidade adquisitiva.
A protesta desenvólvese no contexto de negociación dos Orzamentos Xerais do Estado, “na que non se está a falar dos nosos salarios”, polo que a CIG lle reclama ao Goberno español que convoque xa a Mesa Xeral das Administracións Públicas.

O secretario nacional da federación, Luis Carballo, lembrou que “os acordos asinados por CCOO, UGT e CSIF nos últimos anos nas administracións públicas contribuíron a esta perda de poder adquisitivo” e apuntou que “moitas traballadoras e traballadores públicos só viron aumentadas as súas retribucións porque os seus salarios subiron coa alza do SMI”.

“O Goberno do Estado permite que o seu persoal cobre as retribucións mínimas, o que demostra o empobrecemento ao que está chegando o persoal ao servizo das administracións públicas”, aseverou.

Redución da xornada laboral

Xunto ás cuestións económicas, a CIG-Administración defende o estabelecemento real da xornada laboral a 35 horas semanais en 2025 e avanzar cara ás 32 horas en 2026.

Máis concentracións

As protestas continuarán todos os xoves do mes de marzo, trasladándose en cada ocasión a unha provincia. Así, o día 6 de marzo farase mobilización ás 11h diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a semana seguinte na Subdelegación de Ourense e o xoves 20 haberá concentración na Subdelegación de Lugo.

Así o completo programa polo 8M na Coruña

0

“Mulleres, liderando o cambio” é o lema da campaña municipal para este 8M, Día da Muller. Un completo programa que quere dar visibilización das mulleres como referentes en todos os ámbitos.

A programación inclúe máis de 20 actividades que abranguen cine, teatro, conversas, obradoiros, actividades educativas e deportivas.

ROGRAMACIÓN COMPLETA POR DÍAS

Sábado, 8 de marzo

  • Obra teatral ‘La Maestra’ | 18.00 h | Fórum Metropolitano | Público xeral
  • Karaoke 8M – Musas de Moitas | 18.00 horas | Espazo Xuvenil do Remanso | Poboación de 12 a 30 anos
  • Manifestación 8M | 20.00 h | Saída do Obelisco – Chegada á Palloza | Público xeral

Luns, 10 de marzo

  • Espectáculo infantil ‘Bule Bule’ | 12.00 h | Ágora | Público infantil e familias

Martes, 11 de marzo

  • Mesa Redonda Mulleres Referentes | 18.30 h | Centro Cívico do Castrillón

Mércores, 12 de marzo

  • III Mostra Internacional de Cinema por Mulleres
    – ‘Café networking’ | 12.00 h | Centro Sociocultural Ágora
    – ‘Nós tamén producimos longametraxes’ | 18.00 h | Centro Sociocultural Ágora
    – Proxección ‘As Neves’ | 20.30 h | Cantones Cines | Público xeral

Venres, 14 de marzo

  • Conversas con… Mulleres STEM en acción | 10.15 h | Paraninfo da Universidade | Alumnado de 3º e 4º ESO e 1º Bacharelato. Con Débora García Bello, divulgadora científica; Ana Freire, especialista en Intelixencia Artificial aplicada á saúde mental; e Virginia Mato, directora da Cátedra Aldaba-WIB
  • Conversas con… Mulleres, liderando o cambio | 18.45 h | Domus | Público xeral. Con Carolina Pecharromán, xornalista e editora de Igualdade de TVE; Nativel Preciado, escritora e referente do xornalismo español; e Uxía Oviedo de Dios, alcaldesa de Maceda. A xornada estará amenizada pola artista Catuxa Salom.

Sábado, 15 de marzo

  • V Andaina Conmemorativa do Día da Muller | Saída desde a Torre de Hércules | Público xeral

Mércores, 19 de marzo

  • Obra teatral ‘Roedores’ | 12:00 h | Ágora | Alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria

Venres, 21 de marzo

  • Sen Límites: Mulleres en profesións masculinizadas | 10.00 – 13.00 h | Naves do Metrosidero | Alumnado de 1º e 2º da ESO. Con Mª de los Baños Rodríguez Álvarez, policía local; Susana Pedreira, bombeira; Marta Loureiro Becerra, piloto de rally; Valentina Planes, skater; e Isabel López Vila, primeira anestesista do Hospital Belén
  • Conversas con… Mulleres xornalistas | 19.00 h | Domus | Público xeralNota de Prensa. Con Lucía Dávila (DXT Campeón), Leticia Chas (Radio Cope, LaSexta), Lis Franco (La Voz de Galicia, Marca) e Mónica Marchante (Canal+, La Liga TV).

Sábado, 22 de marzo

  • Obradoiro ‘Monetizar desgrazas’, con Afra Torrado | 18.00 h | Espazo Xuvenil Remanso | Poboación de 12 a 30 anos

Martes, 25 de marzo

  • Obradoiro “Mi Celia” | 18.00 h | Espazo Diverso – Centro Cívico da Cidade Vella

Mércores, 26 de marzo

  • Obradoiro “Mi Celia” | 18.00 h | Espazo Diverso – Centro Cívico da Cidade Vella

Xoves, 27 de marzo

  • Letura do manifesto polo 8-M | Consello Local da Infancia

Venres, 28 de marzo

  • Espectáculo de clown e danza ‘Rojo’ | 20.30 h | Fórum Metropolitano | Público xeral conentrada

Sábado, 29 de marzo

  • Obradoiro ‘Colaxe Violeta’ co Taller de Polo | 19.00 h | Espazo Xuvenil Remanso |Poboación de 12 a 30 anos

Domingo, 30 de marzo

  • III Mostra Internacional de Cinema por Mulleres: ‘Los destellos’ | 18.00 h | Cantones Cines | Público xeral

Outras actividades

  • Actividades educativas nos Espazos de Atención á Infancia Municipais | Do 6 ao 14 de marzo nos horarios de apertura de cada un dos espazos
  • Actividades Educativas na Escola Intercultural da Unidade de Asesoramento de Migracións (UAMI) | De 18.00 a 20.30 horas | Semana do 8 de marzo