O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, considerou que o exdiputado e actual portavoz do PSOE en ArteixoMartín Seco pode ter “toda a tranquilidade do mundo” sobre o trámite do seu expediente ao asegurar que “se o que reivindica é xusto, con xustiza actuará lle partido”.
O xefe de filas do PSdeG pronunciouse deste xeito ao ser preguntado este martes polos medios sobre a petición de Martín Seco para que se arquive o expediente que a formación lle iniciou en novembro de 2022 por considerar que “está caducado” tras dous anos paralizado.
O expediente foi asinado en novembro de 2022 polo entón secretario de Organización José Manuel Lage e tiña como instrutor ao alcalde de Ames, Blas García. Nel acordábase abrir medidas disciplinarias por considerar que expresara publicamente e en sede parlamentaria a súa opinión en termos “irresponsables” e con “deslealdade” ao PSdeG-PSOE.
Todo iso por mor dunha votación no Parlamento de Galicia en setembro de 2022, cando Martín Seco foi o encargado de defender en sede parlamentaria a postura dos socialistas no debate sobre a Lei de áreas empresariais. Alí, tras manifestar desde a tribuna as súas críticas cara ao texto, avanzou que o seu grupo votaría a favor porque así o estableceu a “dirección política do partido”.
Sobre este asunto, Besteiro sostivo que “se o que reivindica é xusto, con xustiza tamén se actuará por parte do partido”. “Será o partido a nivel de Ferraz quen lle comunicará o que resulte conveniente e oportuno e, ademais, nós facilitaremos tamén esa información”, dixo.
Tras iso, asegurou que o exdiputado pode “ter toda a tranquilidade do mundo”.
Os Premios de Teatro María Casares rexistran a maior participación da súa historia ao inscribirse 48 espectáculos e case 400 profesionais na súa 29º edición, cuxa gala de entrega celebrarase o xoves 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Segundo explican nun comunicado, a cifra mellora a rexistrada na edición anterior, cando foron 47 os espectáculos e máis de 350 profesionais os concurrientes.
Esta nova marca nas inscricións alcánzase no terceiro ano en que os galardóns incrementaron os seus apartados, xa que en 2023 as bases foron modificadas para ampliar o certame ao crear dúas novas categorías: dirección de movemento e espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), encargada de organizar os premios, abre este martes a primeira quenda de votacións, do que sairá a relación de finalistas que optarán aos 16 galardóns nos que se dividen a María Casares: espectáculo, espectáculo infantil, espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas, dirección de movemento, actriz protagonista, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, texto orixinal, adaptación-tradución, espazo sonoro, espazo escénico, iluminación, maquillaxe e vestiario.
Preto de 500 persoas pertencentes ao sector escénico están chamadas a emitir os seus votos de forma telemática a través da web da AAAG ata o vindeiro luns 17 de febreiro nesta primeira rolda de votacións.
O censo de votantes está conformado polo corpo asociativo da propia AAAG, por gañadoras e finalistas de edicións anteriores, responsables de programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, xornalistas culturaes e e outros perfís vinculados á escena. A relación de finalistas darase a coñecer a próxima semana de marzo.
Espectáculos inscritos nos XXIX Premios de Teatro María Casares
O Palacio Municipal de María Pita acolleu este luns o acto de entrega dos títulos de Fillo Predilecto e Fillos Adoptivos a Javier López, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor, os policías coñecidos como os ‘heroes do Orzán’ que faleceron ao tentar rescatar a un mozo na praia deste nome hai 13 anos.
Foi nun acto presidido pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e coa presenza de autoridades, entre elas o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ademais de familiares dos homenaxeados. “‘Os heroes do Orzán‘ deron a súa vida por protexer a outros, fixérono porque o levaban no sangue”, dixo a alcaldesa para quen o tres, que pertencían ao Corpo Nacional de Policía, ejemplifican os valores de “responsabilidade e valentía”.
Ás palabras dos familiares, sumáronse tamén as do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, que cualificou de “exemplar” a actuación do tres policías nacionais que morreron afogados ao tratar de rescatar a un estudante eslovaco de Erasmus, Tomás Velicky, tamén falecido. O delegado, acompañado pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, destacou o “valor, a entrega e a profesionalidade” dos axentes.
Durante o acto, entregáronse os tres distintivos ás súas familias. Por parte da familia de Javier López López recolleron o seu título de Fillo Predilecto a súa viúva, Loreto López, e a súa nai, Carmen López.
Por parte de José Antonio Villamor, recolleu o seu título de Fillo Adoptivo a súa nai, Amparo Vázquez. Por último, por parte da familia de Rodrigo Maseda, recoñeu o título de Fillo Adoptivo a súa nai, Isabel Lozano. Todas elas puideron intervir durante o acto para lembrar a Javier, José Antonio e Rodrigo cunhas emotivas palabras.
O 27 de xaneiro Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) xunto co Concello da Coruña arrincaba unha serie de actos comemorativos. Pero o temporal Herminia obrigou a adiar a primeira: a colocación de dez novas “stolperstein”, esas lastras de bronce ideadas para plasmar, nas beirarrúas, a biografía e memorias dos coruñeses que morreron nos campos de concentración nazis.
O pasado 2023 a ARMH homenaxeaba a 6 dos 17 deportivados (Julio Martínez Arias, Leopoldo López Criado, Luis Rafales Lamarca, Eduardo Sánchez García, Adrián del Castillo, Arturo García Lagares e Juan González del Valle), e este 2025 o Concello continúa con este proxecto global que xa está presente en máis de 25 países, con máis de 100.000 réplicas.
Terán que esperar as lastras que se van situar preto dos seus antigos fogares, situados en barrios como Catro Camiños, Os Mallos, Zalaeta, Monte Alto, a Pescaría e a Cidade Escolar.
Stolperstein instalado no número 159 de San Andrés en memoria de Adrián del Castillo Soutelo
Outros actos de Memoria Histórica
A actividade continúa este martes 28 de xaneiro ás 19.30 horas na Casa Museo Casares Quiroga o libro, “Elexía. Julio Martínez Arias. Da porta de Aires da Coruña ao aire de Mauthausen”, de Francisco X. Fernández Naval. Contarán coa presencia do autor e de Natividad Martínez, sobriña de Julio Martínez Arias e a música de Xavier Fernández.
Mércores colocarán a stolperstein na praza Victoria Fernández en memoria de Clemente Juan de la Cruz (A Coruña, 1910), atopado na contorna do Hospicio de Zalaeta e criado na Casa da Misericordia, que foi deportado a Mauthausen, e gaseado en Hartheim en 1941.
E finalmente, o venres 31 de xaneiro instalarase a stoperstein no Paseo de Ronda, fronte a Normal, na memoria do coruñés José Alvedro Villaverde, que tivo que escapar trala guerra civil, foi capturado polo exército nazi, deportado a Mauthausen, onde estivo máis dun ano antes de morrer en 1943.
Os 7 homenaxeados
A comitiva ten previsto instalar unha lousa na praza do Tebeo, en lembranza de Víctor San Miguel Prado ante o número 134 da avenida Fernández Latorre. San Miguel, nado en 1914 en León, viviu dende neno na cidade. Foi ferroviario de profesión, e foi deportado a Mauthausen trala guerra. Estivo máis dun ano nos campos de concentración antes de seren asesinado en Gusen en 1942.
Unha foto de Victor Manuel Conde Núñez
En 4 Camiños toca instalar unha lousa no número 5 da rúa Cabana, en memoria de Víctor Manuel Conde Núñez (Coruña, 1903). Malia estar casado e con 3 fillos, tivo que escapar dos fascistas a Francia, pero foi atrapado e deportado a Mauthausen, onde sobreviviu ata a súa luberación en 1945, conseguindo volver á súa querida cidade herculina.
Tamén, número 3 da rúa Mariscal Pardo de Cela, instalarase unha stolperstein en memoria de Martín Ferreiro Álvarez, e no número 98 da avenida dos Mallos facendo o propio para lembrar a Adolfo Bregua Mouriño (Coruña, 1906), que escapando dunha morte segura acabo deportado en Mauthausen, onde conseguiu traballar na cociña pola súa habilidade co balón, evitando así o traballo de canteira. Foi liberado en 1945.
Entre o mércores 29 e o venres 31 a ARMH instalará as lastras de Clemente Juan de la Cruz García e José Albedro Villaverde, en Zalaeta e o paseo de Rolda. Tamén contarán coas súas Manuel Fernández Tarragó, Francisco Tallón Charlón, Enrique Tallón Charlón e José Martínez Cacheiro, nas rúas da Torre, A Franxa e as Xubias de Abaixo, respectivamente. Enrique Tallón Charlón (Coruña, 1912), sobreviviu á Guerra Civil pero deportado ao subcampo de concentración de Gusen onde morreu en 1941, malia que a familia non soubo do seu pasamento ata anos máis tarde ao recibir a notificación de defunción no seu domicilio de Barcelona.
Pola súa parte, Francisco Tallón Charlón (Coruña, 1916), foi protagonista dunha historia de resistencia, sobrevivindo á Guerra Civil, aos campos e ao campo de exterminio nazi de Mauthausen, ata ser liberado en 1945.
Hoxe é o grupo da Marea Atlántica, sen presenza plenaria dende o colapso das pasadas eleccións, o que anuncia súa posición, rexeitando ”calquera proxecto para os peiraos que supoña a privatización de solo público”.
Ante esa porta aberta á venda de solo para financiar a débeda da Autoridade Porturia, a formación municipalista manifesta que “non hai arquitecto de prestixio nin edificio emblemático que xustifique a subasta do litoral da Coruña”.
Para a Marea Atlántica, “a renuncia á condonación da débeda e a restauración parcial da fórmula privatizadora dos convenios de 2004 supoñen unha ruptura dos consensos forxados na etapa de Xulio Ferreiro como alcalde, cando milleiros de persoas saíron á rúa e se multiplicaron espazos de participación e deliberación como o Foro Tecendo Litoral”. “Todas as forzas políticas se comprometeron daquela a asegurar a titularidade pública dos terreos e a constitución dun consorcio, tamén público, para planificar e liderar a transformación dos peiraos. Quen mudase de parecer, que o diga e o explique. A cidadanía ten dereito a saber se os partidos polos que votou teñen pensado facer algo radicalmente distinto do que prometeron na última campaña electoral”, argumenta a formación.
O grupo denuncia que “o futuro dos peiraos interiores da Coruña volve debaterse a porta pechada” e esixe ás administracións implicadas que fagan públicos os documentos e garantan a máxima apertura dos procesos de participación e decisión.
Lanza tamén unha crítica á posición do BNG denunciando que na cuestión “non caben abstencións” e lamenta “a falta dunha voz alta e clara en María Pita en defensa do común”.
Sobre a convocatoria dun concurso restrinxido a cinco firmas de ámbito global, a formación municipalista denuncia “o paso atrás que suporía con respecto ao celebrado no marco do Foro Tecendo Litoral e insta o goberno local a rectificar, garantindo un concurso aberto, dotado cun xurado plural e non condicionado por decisións tomadas por adiantado de costas á cidadanía”. “De nada serve que no Concello se lle estea a dar continuidade simbolicamente á comisión plenaria creada en 2019 a iniciativa da Marea Atlántica”, recorda a Coordinadora, “se agora se exclúen todas as voces da cidade, expertas e non expertas, para que acabe impoñéndose un proxecto que podería estar en calquera outro lugar do planeta”.
O servizo de emerxencias do 112 de Galicia informou de que a borrasca ‘Herminia’ superou xa as 1.200 incidencias en Galicia relacionadas coa meteoroloxía adversa.
En concreto, os servizos de emerxencias autonómicos computaron, entre este domingo e as primeiras horas deste luns, xa un total de 1.226 incidencias a causa o temporal que continúa azoutando ao territorio galego e que mantén diversos avisos –vermello e laranxa por ondada segundo a zona do litoral galego–.
A maioría destas incidencias tiveron que ver con ramas ou árbores en estradas, con máis de 600. Por outra banda, os equipos de emerxencias tiveron que intervir ata en 149 ocasións para evitar riscos.
O número de derrubamentos que se rexistraron alcanzou os 45, mentres que as incidencias en relación a cables nas vías ou estradas chegou ata 95.
A provincia máis afectada ata agora foi A Coruña (493), seguida da de Pontevedra (476). Con menor impacto do temporal están Lugo (178) e Ourense (77). Do mesmo xeito, os concellos que máis sufriron as adversidades da borrasca foron Santiago de Compostela e A Coruña con 42 e 25 incidencias rexistradas, respectivamente, así como Vigo e Pontevedra, con 86 e 30.
Arquivo – Vistas do mar picado con edificios ao fondo na Coruña.. M. Dylan – Europa Press – Arquivo
TRÁFICO FERROVIARIO E TRANSPORTE DE RÍA SUSPENDIDOS
Fontes de Renfe confirmaron que continúa interrompida a circulación entre Ferrol e A Coruña, e na liña de ancho métrico Ferrol-Ribadeo-Oviedo. Para o tramo de Ferrol-A Coruña estableceuse un plan alternativo de transporte por estrada para os viaxeiros.
Ademais, á primeira hora da mañá, sobre as 6,17 horas, o rexional que saíu de Vigo ás 5,00, estivo detido en Pontecesures ao atoparse unha árbore sobre a vía. Este tren foi desviado para poder continuar a destino. Ao redor das 8,30 horas restableceuse a circulación.
O mal tempo impediu tamén retomar o transporte de ría en Vigo, e as navieras informaron de que as conexións con Cangas e Moaña mantéñense suspendidas. As rutas xa foron canceladas este domingo polas condicións meteorolóxicas adversas e, polo momento, non están a saír os barcos, aínda que as compañías informarán cando as liñas estean operativas.
TRÁFICO AÉREO
Paralelamente, as conexións aéreas con Madrid foron suspendidas á primeira hora deste luns desde as terminais de Vigo e A Coruña.
Segundo informou Aena, foron cancelados os voos das 6,30 horas con destino á capital de España desde Peinador e Alvedro, debido a que tamén foron suspendidos os voos de chegada de Madrid deste domingo a última hora.
No balance feito público por Aena nas últimas horas, informábase de 54 cancelacións e 28 desvíos, ata a tarde-noite do domingo, debido para os efectos de ‘Herminia’ en terminais, maioritariamente de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.
Nun comunicado, afirman que existía o compromiso de “estudar a situación e buscar unha solución para este alumnado especialmente vulnerable, maiormente de ESO e de Bacharelato”. A este caso, sen descartar posibles accións por parte das familias, suman o desta mesma área de saúde mental do Álvaro Cunqueiro de Vigo, agrupadas na Plataforma Adolece, que “seguen reclamando a estabilidade da figura docente” xa que afirman que a educadora asignada “é temporal”.
Máis de 13.000 persoas están sen subministración eléctrica a media mañá deste luns en Galicia debido para os efectos da borrasca ‘Herminia’, segundo confirmaron fontes de Naturgy, que detallou que a maioría dos afectados atópanse na provincia da Coruña (7.000), seguida pola de Pontevedra (2.500), Ourense (2.200) e Lugo (1.400 afectados).
As mesmas fontes sinalaron que UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, ten mobilizadas a máis de 500 persoas para facer fronte ás incidencias, e puxéronse a disposición medio centenar de grupos electrógenos para axilizar a reposición da subministración nos casos en que sexa necesario.
Así, brigadas, operadores de rede e de plataforma telefónica, entre outras áreas, seguen traballando na resolución das avarías para lograr a progresiva normalización da rede. Naturgy apuntou que a maior parte das incidencias están ocasionadas pola caída de árbores, ramas e cortizas sobre as liñas, debido aos fortes refachos de vento que, nalgún caso, alcanzaron o 160 km/h. Esta situación está a dificultar tamén o acceso a algunhas liñas afectadas para realizar os traballos de reparación.
Este sábado 25 de xaneiro levouse a cabo a presentación no local da AC Alexandre Bóveda, da Marcha Republicana Galiza, que confluirá xunto con outras marchas de diversos territorios do país na Marcha do 15J (15 de xuño), que se celebrará en Madrid.
O evento contou coa presenza de diversas asociacións, sindicatos e plataformas, que ademais asinaron o manifesto da Marcha, adheríndose a ela.
Boa expectación, coma sempre na AC Alexandre Bóveda
A presentación foi realizada por María Mosteiro e contou coa participación do xornalista e escritor Pablo Elorduy, quen falou sobre o seu último libro “O Estado Feroz”, onde expón a monarquía como vértice do sistema actual.
Elorduy tamén resaltou a figura do actual Felipe VI, quen, lonxe de ser un rei que ía desligarse de todo, como prometeu a Casa Real en sucesivas declaracións, está a ter negocios con persoas achegadas ao franquismo, sendo amizades herdadas do seu pai. A raíña Letizia tamén está presente nestes negocios.
A presentación deixou claro que, “para un sistema democrático san, débense romper totalmente os lazos cun estado monárquico que veu da man dunha ditadura e que, a día de hoxe, aínda ten moito peso na xefatura do estado”.
Os colectivos avogan por “unha república que permita á xente a capacidade de decidir o sistema de goberno que consideren máis representativo da súa realidade”.