Non libra a comarca da vaga de lumes que sofre Galicia. Un incendio forestal ten lugar dende esta madrugada no Monte Costa, en Culleredo. O incendio detectouse arredor das 4:30 horas e está a afectar unha zona forestal.
Alí traballa un equipo formado por brigadas de extinción de incendios da Xunta, o Servizo de Emerxencias do Concello de Culleredo, a Policía Local, os Bombeiros do Parque Provincial de Arteixo, o Servizo de Emerxencias de Oleiros e os servizos municipais de augas. A coordinación realízase desde a zona de Cillobre.
En principio, non se prevé que o incendio afecte a vivendas. A zona máis próxima, por unha banda, é a xa mencionada localidade de Cillobre, pero as actuacións dos servizos, xunto coa presenza de varias estradas que poderían actuar como barreiras, conteñen o incendio.
O servizo eléctrico da zona foi cortado pola existencia de liñas eléctricas. Por agora non supera as 20 hectáreas.
O incendio Monfero-Queixeiro afecta o Parque das Fragas do Eume
Ademais, a Xunta informa de que hoxe ás 05.11 horas de hoxe quedou controlado un incendio forestal declarado ás 21.11 horas de onte no concello de Monfero, parroquia de Queixeiro, que afecta o Parque Natural das Fragas do Eume. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 1,5 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 1 axente, 5 brigadas e 6 motobombas.

Á presentación acodiron alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o xefe de Servizo Provincial de Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García; o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez; e do presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez. En representación dos clubs participantes interviñeron: Carmen Lence, presidenta do Leche Río Breogán; Rafael Silva, conselleiro do Monbus Obradoiro; Sergio Pérez Anagnostou, director deportivo do Club Ourense Baloncesto; e, polo Leyma Coruña, Miguel Valín, vicepresidente, e Carlos Uzal, director deportivo. Tamén estiveron presentes a directora xeral da FEGABA, Susana Fernández Fiuza; o director comercial da federación, José Cobelo López; o xuíz único do Comité de Apelación, Miguel Juane; e o xefe de prensa do Monbus Obradoiro, Pablo Va Vroenhoven.


