Inicio Blog Páxina 350

O PP incide na falta de execución dos investimentos do goberno socialista: “A falta de 3 meses só executou o 11%”

0

Volve o PP da Coruña no pleno deste vindeiro xoves 3 de outubro, incidir na baixa porcentaxe de execución dos Orzamentos de 2024. Xa o denunciou o ano pasado, criticando que o PSOE se deixase sen executar 100 dos 243 millóns do orzamento de 2022, pero as cifras deste ano van polo mesmo camiño.

O voceiro do PP, tras analizar o estado de execución orzamentaria que acompaña a documentación da modificación de crédito do M5, denuncia que o goberno socialista “só executou o 11% do orzamento de investimento despois do 75% do ano: ata o 24 de setembro só gastou 13M€ dos 114,76M€ presupostos para obras”.

No que respecta ao orzamento total, 431,3 millóns, a falta de tres meses para o peche, só se executou o 43% (188,8 millóns), con 242,5 millóns pendentes.

A porcentaxe é peor en cesións por obras realizadas por outros como subvencións para rehabilitación, instalación de ascensores, etc. Só se executou o 2,6%: 622.859,50 euros dos 23,89 millóns de euros orzamentados.

Fai balance ademais o PP, denunciando que o goberno socialista “deixou 225 millóns sen executar para os barrios nos seus 5 anos e isto vai camiño de record negativo”.

”Goberno en minoría”

No pleno deste xoves tamén alzará a voz o BNG que lle lembrará ao PSOE que goberna “en minoría”. O que favoreceu a investidura de Inés Rey lembra “os moitos exemplos que demostran que non ten nin maioría simple”, como poden ser proxectos tan importantes como o “convenio con Gingko sobre o futuro das Xubias, o nomeamento de Isabel Pardo de Vera como directora do Plan Estratéxico A Coruña 2030-2050 ou a candidatura para ser sede do mundial de fútbol masculino 2030”. Proxectos dos que o BNG asegura se enteirou pola prensa.

Por todo isto, piden “diálogo” e “consenso” e lembrou a necesidade de “cumprir o acordado”, di en relacióná negociación dos orzamentos para 2025.

Máis novas

As diferentes opinións de PSOE e BNG sobre a primeira reunión para negociar os orzamentos de 2025

Critican o baixo nivel de execución dos Orzamentos municipais

Critican o recorte e a falta de execución das axudas para a instalación de ascensores

A Coruña pon en valor liderado político das mulleres

0

23 alcaldesas galegas e outras 9 chegadas do resto de España participan durante a xornada de hoxe martes 1 de outubro no II Encontro de Alcaldesas baixo o título ‘Tomando decisiones para cambiar el mundo’. Unha cita promovida dende o consistorio coruñés para poñer en valor o liderado político das mulleres na administración local.

Durante a xornada matutina, as 10 alcaldesas de cidades capital de provincia, comunidade autónoma e máis de 100.000 habitantes, asinaron unha declaración conxunta, a chamada “Declaración de María Pita”, na que se compometen a loitar pola igualdade dende as institucións.

As alcaldesas que asinaron son: Carolina Darias, alcaldesa de Las Palmas de Gran Canaria; Goretti Sanmartín. Alcaldesa de Santiago de Compostela; Amaia del Campo, alcaldesa de Barakaldo; Miriam Andrés, alcaldesa de Palencia; Parricia Caavada, alcaldesa de San Fernando; Aínda Castilleja, alcaldesa de Rivas Vacia-Madrid; e Sandra Guaita, alcaldesa de Reus.

Pero ademais, un total de 23 alcaldesas galegas adheríronse ao documento, representando case 2 millóns de persoas entre todas.

A Ministra pola tarde

A Xornada de tarde, aberta ao público e dispoñible en streaming O II Encontro de Alcaldesas continou pola tarde cun evento aberto á cidadanía no PALEXCO, e retransmitido en streaming a través do Youtube do Concello da Coruña.

A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, instou, no II Atopo de Alcaldesas, a “espantar as ameazas” que para unha política igualitaria supoñen, dixo, “os partidos de ultradereita” con “algún concurso da dereita”.

Nel, avogou por estar alerta para que “non haxa na orde internacional un retroceso e volva caer sobre unha laxa nas nosas costas”. “O que ocorra en Estados Unidos en novembro vai ser determinante”, citou tamén nunha intervención na que pediu “unirse” fronte á “secuela” da violencia de xénero.

En declaracións aos medios, antes de inaugurar este encontro, convocado na Coruña baixo a lema ‘Tomando decisións para cambiar o mundo’ e con participación dunha trintena de rexedoras, reivindicou promover “políticas de igualdade” desde as institucións.

“E espantar as ameazas”, dixo ao aludir, especificamente, aos partidos de ultradereita, “con algún concurso da dereita”, de face a evitar “que suframos retrocesos nos nosos dereitos e as nosas liberdades”.

Todo iso para lograr, engadiu, “unha igualdade efectiva entre homes e mulleres”. Por iso, destacou iniciativas como a convocada no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco) e impulsado desde o consistorio herculino. En particular, apelou ao papel desde as Alcaldías para que a súa xestión convértase nun elemento “transformador” tamén nesta materia.

A ministra animou tamén ás mulleres “a dar un paso adiante” e dedicarse a asumir postos de responsabilidade en distintas áreas. E para iso, insistiu, deben contar con “o respaldo necesario”.

“España é vangarda en moitas das políticas feministas como coa lei de paridade”, indicou Montero para quen, no entanto, non se debe “baixar a garda” e traballar para acabar co “machismo estrutural”. “A desigualdade é un lastre para todo e tamén para a democracia”, apostilou.

 

Máis novas

(ENTREVISTA) Inés Rey: “Eu arranxo unha rúa e veñen os das tres colindantes a dicirme, a miña para cando?”

Denuncian os recortes nos CEIP de Oleiros en mestres auxiliares

0

O que está a pasar este comezo de curso coa atención á diversidade no ensino por parte da Xunta de Galicia é demencial. Este curso a Consellaría reduciu en 80 o número de docentes de PT e AL (auxiliars de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe) con destino provisional ao respecto do curso pasado, ao tempo que decidiu non atender as necesidades de atención preferente de máis de 30 centros que así o demandaban e que a CIG-Ensino reclamou na Mesa Sectorial.

En toda Galicia hai problemas, como na Costa da Morte, onde mesmo as familias dun cole de Carnota decidiron facer folga e non mandar as súas crianzas durante 7 días lectivos ao centro, como medida de presión ante os recortes.

Tamén na cidade da Coruña, onde varios centros denuncian a falta de persoal Coidadora para crianzas que mesmo a teñen asignada pola Inspección polo seu alto grao de Necesidades Educativas Específicas.

En Oleiros, xa é ata o Concello o que demanda  á Xunta de Galicia que incremente o número de profesores de apoio nos colexios Juana de Vega e Rabadeira nos que se produciron recortes respecto ao curso pasado nos mestres de PT e AL. Atendendo ás peticións das ANPA dos centros, o alcalde dirixiuse por escrito á Consellería de Educación para que modifique a actual situación.

O Juana de Vega pasou de 404 alumnos o pasado curso a 417 neste 2024/2025. Porén, o profesorado de apoio reduciuse de 5 profesores de apoio a 3.
O Concello tamén reclama a contratación dun profesor para primaria que aínda non se incorporou, o que está a xerar graves interferencias no funcionamento e organización do centro e un forte malestar na comunidade educativa.

Concello e Consello escolar da Rabadeira, en loita

No caso do Colexio Rabadeira a situación é similar. Tamén se recortou unha praza de profesorado de Audición e Linguaxe, malia que o alumnado con necesidades especiais aumentou.

Ademais da reclamación municipal, de maneira unánime, tódolos representantes no Consello escolar do CEIP Rabadeira (persoal docente e non docente, equipo directivo, Concello e representantes das familias)
acordaron remitir escrito ao Conselleiro de Educación e á Subdirección Xeral de Recursos Humanos, con copia a Inspección Educativa, reclamando a dotación do profesor/a de Audición e Linguaxe recortada no curso escolar 2024/2025.

 

O accidente dun camión obriga a cortar a AG55 a altura de Arteixo

0

Este mediodía arredor das 13:00h tivo un lugar un aparatoso accidente na Autopista AG55. Un camión envocarba a altura do km.10,6 en dirección Carballo, pouco antes do viaducto de Loureda.

O operativo de seguridade obrigou a cortar a AG55 nos dous sentidos para facilitar as labores de rescate, informando a través dos paneis informativos do desvío pola AC-552. Cando menos ata as 18:00h, a autopista segue cortada.

O camioneiro atopábase atrapado no interior, xa que o vehículo estaba totalmente ladeado e o condutor non era capaz de abrir as portas. Polo que desde o 112 Galicia tamén se informou aos Bombeiros de Arteixo, que tiveron que empregar o material de excarceración para liberar ao condutor polo parabrisas dianteiro do vehículo. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, xa que o condutor resultou ileso.

Ollo ás retencions

Fina Paulos Lareo, nominada a Mellor Docente de España nos VIII Premios EDUCA ABANCA 2024

0

Fina Paulos Lareo, profesora do IES Maximino Romero de Lema en Baio-Zas, foi nominada a Mellor Docente de España, na categoría de Secundaria, aos prestixiosos VIII Premios EDUCA ABANCA 2024, premios considerados os “Goya da Educación”. Este nomeamento chega avalado polo seu alumnado, que quixo recoñecer o compromiso e dedicación á educación, especialmente no ámbito da intelixencia artificial (IA).

Fina Paulos Lareo, natural de Santa Marta Babío (Bergondo), leva máis dun ano liderando proxectos innovadores no campo da IA dende IES Maximino Romero de Lema, proxectos que xa saíron fóra da nosa Comunidade e algúns con moito éxito. Fina ten impulsado iniciativas que buscan integrar a IA no currículo educativo, demostrando como estas tecnoloxías melloran a aprendizaxe e fomentan valores entre o alumnado e como, por outra banda, a IA pode ser unha ferramenta de motivación para un alumnado que desexa introducirse en materias STEM.

Entre os proxectos destacados Fina, xunto con Óscar Rey, coordinou e desenvolveu mecanismos para facilitar a comunicación de persoas con parálise cerebral co alumnado da ESO, utilizando a IA para crear ferramentas accesibles e inclusivas, así coma proxectos para fomentar o uso do galego ou o patrimonio inmaterial da nosa comarca. Ademais, participou como poñente en congresos nacionais e internacionais sobre transformación dixital e IA na educación, sobre diversidade ou sobre a IA na educación en valores, compartindo as súas experiencias e aprendizaxes con outros profesionais do sector, a través de formación no CAFI de Santiago e CFRs de distintas provincias galegas.

Fina Paulos co companeiro Oscar Rey Calo
Fina Paulos co compañeiro Oscar Rey Calo

A nominación de Fina Paulos Lareo aos Premios EDUCA ABANCA é un recoñecemento ao seu traballo incansable dende hai máis de 25 anos, e á súa paixón por mellorar a educación a través da innovación.

Fina quere agradecer ao seu alumnado este recoñecemento, e por suposto, a toda a comunidade educativa do IES de Baio, onde coma ela di, “Sempre atopo apoio á hora de emprender algunha nova actividade“.

A Coruña prepárase, a base de choiva, para a entrada dun río atmosférico

0

Dende as 12:00h desta mañá de martes 1 de outubro, as chuvias comezaron a bater a cidade da Coruña. Pero a cousa aínda vén máis complexa de cara a este mércores, pois a entrada dun río atmosférico deixará intensas e xeneralizadas precipitacións ao longo de toda a xornada, especialmente na nosa provincia.

A predición de Meteogalicia apunta a un mércores de fortes choivas similar ao vivido ao mesmo día da pasada semana, no que a Comunidade galega experimentou unha xornada moi húmida. Na Coruña estará baixo a alerta amarela por chuvias, onde se esperan acumulacións de auga de ata 40 litros en 12 horas.

Aínda que desligado da treboada Isaac que atravesa o Atlántico, un río húmido de latitude moi baixa procedente do Caribe traerá a choiva a Galicia nun mércores de temperaturas suaves, con mínimas de entre 16 e 18 graos e máximas de ata 22 graos centígrados.

Agárdase unha mellora da estabilidade a medida en que caia a noite do mércores, que dará paso a un xoves no que se espera a entrada dun anticiclón que deixará tempo seco de cara ao final da semana.

O Sergas incorpora novas actuacións técnicas nas obras do ‘Novo Chuac’

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a ampliación do encargo do Sergas á Axencia Galega de Infraestruturas sobre a preparación, selección de contratista e adxudicación dos contratos relativos ás obras do ‘Novo Chuac’. Deste xeito, informa o Sergas, a ampliación engade novos encargos e traballos, entre os que se atopan a xestión das diversas actuacións de carácter técnico en relación co labor de supervisión da documentación relativa ás instalacións do proxecto, así como a elaboración dun modelo de funcionamento do edificio en caso de incendio.

En concreto, e no que alcanza ás instalacións do centro hospitalario, incorporará o asesoramento en relación coa normativa vixente esixible (tanto técnica como de contratos); a redacción dun informe inicial de análise e propostas de revisión; a revisión final do proxecto e dos documentos relacionados coas instalacións, ademais da redacción dun informe final das mesmas.

As diferentes opinións de PSOE e BNG sobre a primeira reunión para negociar os orzamentos de 2025

0

O Comedor Abelenda do Palacio Municipal de María Pita acolleu esta mañá de luns 30 de setembro a primeira reunión “formal” para a negociación dos Orzamentos Municipais de cara ao vindeiro ano 2025, na que participaron unha representación do Goberno municipal e o equipo designado polo BNG.

Pero as conclusións trala primeira reunión son diferentes. O que para o grupo de goberno a reunión “supón o primeiro paso de cara á aprobación duns novos orzamentos”, para o BNG “a negociación propiamente non se iniciou porque o goberno local ten que cumprir os acordos asinados” con anterioridade, sinalou en referencia aos compromisos asinados no Acordo de Investidura e no acordo dos orzamentos de 2024.

Así de claro se amosou o voceiro do BNG Francisco Jorquera, deixando en evidencia que “non tería credibilidade ningún novo acordo se previamente o que xa estaba acordado non se cumpre”.

O borrador

Precisamente, o acordo de investidura recolle que na primeira reunión co BNG, que debería celebrar en setembro, o Goberno Local entregaría un borrador das contas para o próximo exercicio. “Mais esa entrega non se produciu. Non temos ningún borrador. O que fixeron foi comentarnos as grandes liñas que, ao seu xuízo, deberían contemplar os vindeiros orzamentos. Pero iso non é un borrador”, precisa Jorquera, que lembra que pediu xa hai tempo un informe sobre o grao de execución dos orzamentos vixentes, unha das críticas nas que sempre incide tamén o PP.

Un restaurante da Coruña ten a mellor tortilla de patacas de España

0
A elaboración do restaurante O Cabo da Coruña, liderado por Ramón Rodríguez,  coroouse como a mellor tortilla de patacas no XVII Campionato de España que se celebrou no marco da feira Alacante Gastronómica que ten lugar en Fira Alacant-IFA. O segundo premio recaeu en Alejandro Oliveira de la Falda (Madrid) e o terceiro premio logrouno Samu Curbeira, de Café Ankha do Ferrol.
Trátase dunha tortilla moi sinxela, que non ten nada de especial, que gusta a todos“, dixo o gañador, Ramón Rodríguez. “O máis difícil foi a competencia, e o gran nivel de todos os participantes”, indicou. O equipo que liderou Rodríguez espera e confía en que o público e clientes valore este premio, que “supón un gran recoñecemento a todos os anos de traballo que levamos acumulados neste mundo da gastronomía”.
O presidente, Rafael García Santos, manifestou que houbo un “alto nivel” onde un gran número de tortillas superou a puntuación de oito, “o que demostra a dificultade de determinar ao campión desta edición”. En total foron 21 os competidores, deles, seis galegos: dous da Coruña, dous de Betanzos, un de Ferrol e outro de Coirós, todos da provincia da Coruña.

O Básquet Coruña xa fai lenda

0

”Fagamos lenda” reza a campaña de promoción do Basquet Coruña durante este verán pola cidade. E lenda foi o que protagonizaron onte os xogadores do equipo laranxa. Lenda é a que recordarán as 9.300 persoas que ateigaron o Coliseum na histórica estrea do Leyma na ACB, e que dentro de 30 anos lembrarán canto cantamos “Barca, Madrid, xa estamos aquí”, como fixeramos en Riazor a comezos dos 90.

Nin un guionista de netflix imaxinaría un final coma o da primeira vitoria da historia do Leyma na ACB. Unha tripla con tiro libre de Barrueta a 2 segundos do final, e unha boa defensa sobre o eterno Llul, permitiron á cidade gozar dunha vitoria pola mínima (86-85) ante todo un Real Madrid. Todo baixo un ambiente excepcional, inmellorable, que lembra ás mellores ocasións da Copa

Ao longo do partido o Madrid parecía que se escapaba fácil en varias ocasións, gracias, en parte, aos rebotes ofensivos dos Garuba ou Tavares. Pero o equipo laranxa non deixou de crer en ningún momento, gracias ao impacto positivo de cada xogador que ía entrando. A calidade de Taylor no “driblin”, os rebotes e os alleyoops de Diagne (sen dúbida o xogador máis querido por esta afección que o leva vendo crecer dende que chegou ao país), os pases e roubos de Huskic, as aparicións de Beka, os longos brazos de Figueroa, e as triplas de Jakovics, fundamentais para recuperar distancia cando o RM parecía que se marchaba ao comezo do terceiro cuarto.

Antu Diagne co Basquet Coruna
Antu Diagne

Chegaba o treito final, e a bancada comezaba a ruxir en cada ataque. Os xogadores do Madrid fallaban os tiros libres e Jakovis e Taylor, por primeira vez xuntos sobre a pista, mantiñan ao equipo no partido.

E chegaba o telón final, con 3 abaixo na última posesión. Taylor intentaba colarse para sacar o balón fóra para un Barrueta que, apenas 2 minutos fallaba unha trilpa só para case que empatar o partido, pero que nesta ocasión colou unha tripla sobre Musa, forzando a persoal e metendo ao equipo 1 arriba.
Quedaba o ataque rival, e como non, Llul, eterno especialista en convertir remontadas, colleu a pelota pero unha boa defensa coral sacaba o balón case de dentro.

Barrueta autor da canasta de ouro para o Basquet Coruna
Barrueta, autor da canasta de decivisa

Euforia no Coliseum, que volvía vibrar co Tsunami Laranxa antes da marcha dos xogadores aos vestiarios.

Parece que vén unha temporada moi bonita co equipo coruñés na máxima categoría do baloncesto estatal. A estrea, mellor imposible.

Basquet Coruna-Real Madrid 86-85

Epi

Fixo un repaso histórico polos 30 anos de historia o adestrador Diego Epifanio que quixo agradecer e felicitar a toda a familia laranxa antes de valorar o partido. Epi non esqueceu á afección e nomeadamente ao Tsunami laranxa!

No deportivo, o emocionado míster, que xa albiscara unha vitoria pola mínima, destacou a fe do equipo ata o final.