Inicio Blog Páxina 434

Nova xornada de folga na recollida de lixo, sen incidencias e con residuos en colectores

0

A Coruña rexistra este martes unha nova xornada de folga no servizo de recollida de lixo, sen incidencias, segundo o consistorio, e con colectores con residuos.

Desde o comité de empresa, aseguran que o seguimento é “do cento por cento” aínda que cuns servizos mínimos “abusivos”. Así o comunicou a Europa Press o portavoz do mesmo, Alfonso Seijo. “Hoxe é o último día de paro indefinido e intermitente pero non da folga”, concretou para recalcar que o 8 de xullo “vólvese a parar”.

E é que a partir deste mércores normalizarase o servizo con paros de novo os días 8, 25, 26 e 27 de xullo e con previsión de que sigan en agosto, en días intermitentes.

Trátase dunha convocatoria promovida pola organización sindical maioritaria no comité, o Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL), con motivo de “despedimentos inxustificados”, “externalización de servizos” e “incumprimentos” do convenio.

Desde o consistorio, sinalan a ausencia de incidencias mentres que a empresa concesionaria, Prezero, apuntou á ausencia de “novidade”.

Aproban desmantelar os cargadoiros de carbón e xofre de Repsol no porto da Coruña

O consello de administración da Autoridade Portuaria da Coruña aprobou o desmantelamento dos cargaderos de carbón e xofre de Repsol no peirao de San Diego.

Foi nunha sesión na que tamén se ratificaron as contas do organismo correspondentes a 2023, que se pecharon con perdas de 3,3 millóns de euros, “debido fundamentalmente ao incremento dos intereses que se abonaron polos préstamos subscritos con Portos do Estado e o Banco Europeo de Investimentos”, explica.

En relación á solicitude de Repsol, sinala que os conselleiros aprobaron a solicitude de Repsol Petróleo en relación a unha demolición dos sistemas de carga que supoñen aproximadamente 2.600 metros cadrados de estrutura.

Estes inclúen as distintas edificacións entre as que destacan os silos de 30 metros de altura cada un, a torre de intercambio con 24 metros ou as naves de descarga de carbón e de xofre.

“Ademais do desmonte dos equipos consistentes na cargadora de buques, tolvas, cintas transportadoras cunha media entre 7 e 17 metros de altura, así como filtros e motores, entre outros moitos materiais que levarán un volume total de 40.000 metros cúbicos”, explica a institución.

A superficie de actuación dos traballos será aproximadamente duns 5.000 metros cadrados. Esta actuación acometerase nos próximos meses cando finalicen as tramitacións administrativas pertinentes.

CONTAS ANUAIS

Con respecto ás contas anuais, detállase un importe neto da cifra de negocio de 31,3 millóns de euros, por 31,9 millóns de 2022, como consecuencia dun descenso no cobro de taxas pola redución dos tráficos portuarios nun 6% en relación con 2022.

Así, o exercicio de 2023 pechouse cun tráfico total de 13,9 millóns de toneladas, “que a pesar do citado descenso do 6% supón o quinto mellor rexistro na historia do porto, consolidando o movemento de mercadorías na franxa alta das estatísticas anuais.”

“O resultado de explotación foi positivo, cun saldo de 2,06 millóns de euros, pero o resultado financeiro negativo de 6,6 millóns de euros (897.000 euros en 2022), causa o resultado final negativo despois de impostos de 3,3 millóns (4,5 millóns de beneficio en 2022)”, engade o organismo portuario.

Máis de 160.000 persoas gozaron da máxica noite do San Xoán

Máxica noite de San Xoá a vivida na cidade da Coruña. Unha noite que se viviu sen grandes agobios, a pesar do fume e que dende o Concello aseguran que este ano houbo un récor de xente, con máis de 160.000 persoas enchendo as praias de Orzán e Riazor, e unhas 40.00 que quedaron gozando as grellas e as cacharelas polos barrios.

A fermosa estampa das centos de cachelas invadindo os areais volveu ser a gran protagonista dunha noite con pouco incidentes. Apenas 184 incidencias rexistraron as forzas de seguridade, entre elas 3 detencións (dúas por agresións machistas).

Prendendo a Cacharela do San Xoan

A zona de Riazor viviu o prendido da falla maior da man dos protagonistas da mesma: Os futbolistas do Dépor, Lucas Pérez e Henar Muiña, con Carlos Ballesta; familiares de Luisa Villalta e Alejandro Hernández, do Básquet Coruña, acompañados pola alcaldesa, Inés Rey, foron os encargados de encender a cachela, provocando algúns momentos de afogo na zona do paseo provocado polo fume.

Kilomberos de Monte Alto no San Xoan do Orzan

Se ben Riazor é a zona máis familiar, o Orzán volveu ficar de rapazada, con varias zonas de música techno e por suposto, os Kilomberos de Monte Alto que non faltaron a unha das súas citas máis especiais do ano no alto do escenario natural que forman as rochas que hai preto das últimas escaleiras do Orzán.

A limpeza

Axornada contou ademais cun, inmediato servizo de limpeza, que dende as 6:00h recolleu 57 toneladas de lixo.

Ademais, o Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL) desconvocou a folga de varredores na Coruña. Con todo, mantén a folga dos traballadores da recollida de residuos urbanos que comezará esta madrugada.

Os Murais de Azulexo de Lar volven converter A Mariña nun museo a ceo aberto

Volve converterse a zona da Mariña nun Museo a Ceo Aberto coa instalación da exposición da 10ª edición do concurso de murais de azulexo do Concurso de Murais de Lar. O proxecto de responsabilidade social corporativa da empresa ceense expón na privixilexiada zona herculina estes murais creados polo alumnado de 9 centros de ensino e centros de educación especial.

Trátase diun proxecto transversal, que este curso estivo relacionado coas profesións das mulleres do século pasado. Así, os murais representan oficios como o de Oleira, Marisqueira, Costureira, Tecedeira, Palilleira, Labrega, Peixeira, Conserveira e Redeira, dando conta da importancia das mulleres do país nos tempos da emigración.

Un feito de trasladar así o peirao coruñés aos tempos nos que milleiros de homes tiveron que marchar ao outro lado do mundo para buscar un futuro mellor, mentres que moitas mulleres anónimas tiveron que manter, soas, as súas familias e as que non eran as súas, nun momento histórico moi difícil.

Murais de Azulexo de Lar en Coruna Murais de Azulexo de Lar 2 na Coruna

Foron 9 os centros participantes: Colexio Manuela Rial de Cee, Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra, As Esclavas da Coruña, IES Terra de Soneira en Vimianzo, IES Eduardo Pondal de Ponteceso, IES Praia Barraña de Boiro, IES Fernando Blanco de Cee, IES  Menendez Pidal da Coruña e Apem (Asoc Fermos Mentales de Cee).

“Este Museo itinerante e sustentable ten como obxectivo divulgar a nosa historia, honrar ao noso pobo a través da mirada do alumnado así como achegar o seu gran de area á inclusión social de persoas con outras capacidades que resultan marabillosas, explican dende Lar.

En cada mural hai un QR para coñecer a historia de cada mural, dando conta de que o que se ve é só a punta do icerberg, deixando atrás moitos meses de traballo especial, fomentando a integración, diversidade, loita contra o bullying, traballo en equipo, compañeirismo, investigación, talento, saber facer, deseño, arte, historia, economía colaborativa.

Máis información

Mariscadores a ría do Burgo denuncian que “hai quen non pode afrontar pagos” e urxen axudas

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo han secudando este venres unha nova concentración en Oleiros, con corte de tráfico na zona da Pasaxe, para demandar a Xunta e Goberno o pago de axudas.

En declaracións a Europa Press, o seu portavoz, Manuel Baldomir, asegurou que hai quen “non pode afrontar pagos” como os da Seguridade Social o que impediría, ao ter débedas, que logo puidesen ser beneficiarios de axudas, segundo explicou. “No canto de avances nas negociacións, parece que hai unha volta atrás”, dixo despois de que na última reunión na Consellería non comparecese ningún representante da Xunta, expuxo.

Do Goberno, asegurou que eran representantes “sen capacidade de decisión”. “Só nos dixeron que recollían as nosas peticións e trasladábanas aos seus superiores”. “Ás negociacións teñen que acudir por ética política”, aseverou para cualificar o sucedido ao redor das súas demandas de “pouca seriedade política e pouca vontade”.

Por iso, dixo que seguirán protestando na rúa para “ver se dunha vez por todas as administracións abren os ollos”. Ademais, recalcou que ata que a cría creza e poidan faenar deben pasar “entre 18 e 24 meses”. “Eles mesmos recoñéceno, teñen que dar unha solución e non hai interese en dala”, lamentou.

O evento tecnolóxico ‘Ecosystems’ reunirá o día 28 no Palexco a mulleres líderes no sector

0

O evento de ecosistemas tecnolóxicos ‘Ecosystems‘ reunirá o día 28, na Coruña, a mulleres líderes no sector, segundo se dixo na presentación dunha nova edición. Con 250 inscritos ata a data, celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco) cunha única xornada que se completará o día 29 cun curso de Michael Lewrick.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou, en rolda de prensa, o contido deste evento, xunto con Omar Hatamleh, presidente executivo de Ecosystems 2030. Segundo explicaron, as conferencias concentraranse nun só día, coa aposta polas mulleres do sector e procedentes de diversas partes do mundo como Oriente Medio, Estados Unidos, Latinoamérica ou España.

A rexedora asegurou que este congreso é unha demostración da “capacidade” da cidade “para liderar o ámbito da tecnoloxía, a innovación e o turismo”. “Sitúa á cidade e dá a coñecer o seu potencial”, engadiu sobre os contactos de empresas locais con multinacionais. Mentres, Omar Hatamleh resaltou a “calidade” dos e das participantes.

Inaugurado o paso inferior e a ligazón de Sol e Mar en Oleiros

0

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, e o alcalde de Oleiros, Anxo García Seoane, presidiron este xoves o acto de inauguración do paso inferior e da ligazón de ‘Sol e Mar’, tras as obras executadas polo Goberno central.

No acto, Branco asegurou que se trata dunha actuación que responde a unha “demanda” da cidadanía polo volume de condutores e condutoras que pasan pola zona.

Tamén puxo de relevo, nun acto con presenza tamén da subdelegada do Goberno, María Rivas, o investimento de máis de 73 millóns de euros que está a realizar o Executivo central nas comunicacións da Coruña e a súa contorna.

Concretamente, as obras realizáronse no punto quilométrico 5+190, ao seu paso polo núcleo de Perillo, en Oleiros, e substitúen á antiga intersección semaforizada de ‘Sol e Mar’. Este tramo da AC-12 constitúe un dos principais accesos á cidade da Coruña.

Presentado o programa do Orgullo coruñés

A festa do Orgullo coruñés comezará este sábado 22 de xuño e prolongarase ata o 10 de xullo, que se suma ao Atlantic Pride, que collerá o relevo do 7 ao 14 de xullo.

Cunha programación completa artellada entre Concello e entidades tan fundamentais pola diversidaed Casco, Alas, Palestra, Fundación 26 de Diciembre, Les Coruña, Les Working, ORCO, Corufest, Arelas e Nós Mesmas. Pero tamén as asociacións veciñais do Ventorrillo, Orillamar – Monte Alto e Oza – Gaiteira – Os Castros, estas dúas últimas como novidade deste ano, amosando o “carácter reivindicativo do tecido veciñal coruñés”.

Unha das principais novidades deste Orgullo 2024 será a primeira edición do Premio Tomás Fábregas, que a partir deste ano recoñecerá o traballo de persoas ou entidades en favor dos dereitos das persoas LGTBI+. Tomás Fábregas foi un activista coruñés recoñecido pola súa loita contra o sida e polos dereitos do colectivo. Nos próximos días anunciarase a persoa que recibirá este galardón na súa primeira edición, cuxo acto de entrega será o 10 de xullo ás 17.30 horas en María Pita e pechará a programación.

Outra das grandes novidades será que o día 28 de xuño vaise a “reinaugurar” o paseo da Diversidade, nos xardíns de Méndez Núñez. Restauráronse os bancos pintados coas cores

Programación completa

Este ano a programación do Orgullo é moi variada e inclúe actividades artísticas, teatrais, coloquios, talleres e cinema, en distintos recintos e para todas as idades e públicos.

As actividades comezan este sábado 22 de xuño co coloquio “Homenaxe a Nós Mesmas. Conectando redes lésbicas en Galicia”. É un evento organizado por Les Working e Nós mesmas no que se falará da importancia do asociacionismo lésbico e dos retos das lesbianas en Galicia. Entre outras persoas de referencia intervirá a concelleira Noemí Díaz. Será ás 11.00 horas na Fundación Luís Seoane.

O martes 25 de xuño está programada a actividade “Defende ou teu lema. Taller de grafismo LGTBI” para preparar as pancartas e lemas que se utilizarán na manifestación do día 28. Será nas naves do Metrosidero ás 18.00 horas e está dirixida a menores de 30 anos.
O mércores 26 de xuño representarase “Vaga e maleanta”, un cabaret de Oniria Teatro, no Forum Metropolitano ás 20.30 horas con entrada libre ata completar capacidade. O xoves 27 de xuño levarase a cabo unha recepción ás entidades de defensa do dereitos LGTBI da
cidade en María Pita. “Desta maneira buscamos dar importancia e relevancia ás persoas LGTBI das entidades da cidade e quixemos facer esta recepción o día antes da manifestación para animar aos coruñeses e coruñesas a asistir”, sinalou a alcaldesa. Será ás 17.30 horas
no Salón de Sesións. Tamén haberá ese xoves un “Taller Drag” impulsado polo colectivo Drag Lab no Ágora ás 15.00 horas para o que haberá que inscribirse a través desta ligazón.

O venres 28 de xuño levarase a cabo a Manifestación do Orgullo, organizada e convocada por Alas Coruña. Sairá ás 19:30 da praza de Ourense para finalizar en María Pita coa lectura do manifesto.

O sábado 29 de xuño será o primeiro dos Orgullos de Barrio, no Ventorrillo. A asociación de veciños deste barrio xa organizou o seu Orgullo o ano pasado e repiten este ano con máis actividades. A festa será na rúa Alcalde Salorio Suárez e comezará ás 13:30 horas cun
concerto de Sophie Simonds. Tamén haberá actividades para os máis pequenos, descubrimento de dous murais e música pola noite. O domingo 30 de xuño será a quenda da festa dos veciños de Orillamar-Monte Alto, que comezará ás 13.00 horas na praza da Travesía de Orillamar. Hai programadas actividades como DJs, zona de xogos infantil, postos de comercio artesanal, un show de drags e unha exhibición de gaitas.

O luns 1 de xullo o Circo de Artesáns acollerá a partir das 18.00 unha sesión de contacontos e un coloquio para analizar o primeiro ano da Lei Trans. O martes 2 de xullo comezará o ciclo Cinema con Orgullo, programado por Mon Rivas. “Esta é unha actividade que tivo gran acollida nos últimos anos e que estamos orgullosas de ter impulsado desde este Goberno municipal”, sinalou a alcaldesa. Proxectaranse dúas películas e catro curtas de temática LGTBI na Praza de España ás cada días ás 22.00 horas. As películas serán “Luces Azules” (martes 2) e “Faire Famille” (mércores 3) e as curtas serán “Room4”, “Habitar”, “Volver cantando” e “O Coidado” (xoves 4).

Por outra banda, os días 3 e 4 de xullo haberá talleres de debuxo con Greta Debelius no Espazo Diverso ás 18.00 e 11.00 horas, respectivamente. O 6 de xullo celebrarase o último dos Orgullos de Barrio nos Castros, en colaboración coa asociación veciñal Oza – Gaiteira – Os Castros. Comezará ás 17.00 horas na praza da Cubela e incluirá un contacontos, DJ para todas as idades e a actuación das drags Muna Duval e Obvia. O luns 8 de xullo haberá outra actividade no Espazo Diverso. Trátase do taller “Adolescencias en plural”,
impartido por Sonia Martínez.

Persoal da Axencia Tributaria demanda nunha protesta na Coruña melloras laborais

0

Máis dun centenar de traballadores e traballadoras da Axencia Tributaria (AEAT) secundaron na Coruña unha concentración convocada pola CIG, SIAT, UXT, CSIF e CCOO para demandar melloras laborais.

A mobilización, que tivo lugar diante da Delegación Especial da AEAT en Galicia, na cidade herculina, celebrouse de maneira simultánea ás realizadas noutras delegacións da AEAT en todo o territorio estatal.

Os traballadores denuncian que a dirección do organismo “négase a negociar a mellora das condicións de traballo de todo o persoal” e sosteñen que o secretario de Estado e a ministra de Facenda “evitan resolver o conflito”.

Entre outras cuestións, denuncian falta de avances na negociación colectiva e subidas “discrecionales” nas retribucións. Mentres, piden “reactivar a carreira profesional para todas as empregadas e empregados, a negociación dun novo convenio colectivo e de todas as produtividades dunha maneira equilibrada e proporcional entre todos os grupos e colectivos que compoñen o persoal”.

A alcaldesa empraza ao STL e concesionarias do lixo e limpeza viaria a un acordo que evite a folga

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, emprazou á representación sindical e empresas a chegar a “un acordo” que impida o inicio dunha folga a partir do día de San Xoán no servizo de limpeza viaria e na recollida de lixo.

Trátase dunha convocatoria promovida pola organización sindical maioritaria nos comités, o Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL) e sen que polo momento houbese acordo entre as partes. A preguntas dos xornalistas, a rexedora incidiu en que os servizos mínimos, en caso de non desconvocarse o paro previsto, “téñense que cumprir estritamente”.

Ademais, engadiu que o Concello se encargará de “supervisar e garantir que así sexa”. “Pero non vou aventurar ningún resultado aínda, quedan moitas horas por diante”, engadiu ao confiar en que haxa un acordo antes.