Inicio Blog Páxina 463

Christian McBride, gañador de oito premios Grammy, protagonista do festival +QJazz en xullo

Christian McBride, gañador de oito premios Grammy, participará no festival internacional +QJazz, que terá lugar entre os días 2 e 9 de xullo na Coruña. O concello herculino colabora coas principais salas de música da cidade na organización do festival e a súa programación, que inclúe concertos na praza de Azcárraga, o Teatro Colón, Jazz Filloa, Sala Garufa e Mardi Gras.

O concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, participou este luns no acto de presentación desta nova edición, que conta con referentes do panorama jazzístico internacional, nacional e galego. A programación abrirase na praza de Azcárraga, o 2 de xullo, ás 21,00 horas, con Tia Carroll Band.

O 3 de xullo actuarán Verónica Ferreiro e Javier Sánchez, dous músicos que se penetran na mestura do jazz, o folk e a música clásica. Entre outros, estarán Christian McBride Quintet, a saxofonista Nicole Glover, a guitarrista Ely Perlman ou o pianista Mike King.

Baixa o paro na Coruña en abril

0

O número de parados rexistrados nas oficinas galegas dos servizos públicos de emprego baixou en 2.677 persoas en abril, en relación co mes anterior, o que supón un 2,08% menos que en marzo.

Así se desprende das cifras publicadas este luns polo Ministerio de Traballo e Economía Social, que sitúan o total de desempregados galegos nos 126.334, un 9,34% menos que hai un ano, con 13.009 persoas sen emprego menos.

Por provincias, na Coruña o parou baixou en 1.240 persoas en abril respecto de marzo, un 2,41% menos, ata 50.129 persoas sen emprego, un 10,62% menos se se compara con hai 12 meses.

En Lugo hai 12.048 desempregados, 259 menos que en marzo (-2,1%) e 907 menos que en abril de 2023 (-7%). Situación similar viviu Ourense, con 433 desempregados menos en abril, ata 14.953, un 2,81% menos, ou un 7,23% menos se se compara con hai un ano (-1.166 parados menos). Pontevedra pechou abril con 49.204 desempregados, 745 menos que hai un mes (-1,49%) e 4.980 menos que hai un ano (-9,19%).

Do total de parados galegos, un 41,9% era home e un 58,1%, muller. Ademais, case un 4% tiña menos de 25 anos. Por sectores, todos eles rexistraron un descenso do desemprego, caendo en 143 persoas na agricultura, ata 4.041 parados. Na industria a baixada foi de 281 desempregados, ata 12.448, do mesmo xeito que a construción, que quedou con 8.444 parados, 281 menos. Os servizos rexistraron unha diminución do desemprego de 1.814 persoas, ata 89.976. O colectivo de persoas sen un emprego previo supuxo 11.425 parados, 158 menos que hai un mes.

Entre outros datos, os beneficiarios por prestacións de desemprego en Galicia alcanzaron as 84.242 persoas, dos cales 38.720 percibían unha prestación contributiva. De media, estes últimos cobraban 942,7 euros ao mes, por baixo dos 981 euros de media nacional.

Chegou o momento

  • Xornada 35 – Sestao River 0 – 1  Deportivo
  • Partido gris con tres puntos de ouro que facilitan a primeira ocasión de ascenso directo na vindeira xornada.
  • Trixésimo quinto partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (20V 11E 4D).

— — —

O Depor ten ante si a oportunidade de certificar o ascenso na vindeira xornada na casa contra o Barca Atletic. Levaba meses querendo iniciar o análise semanal deste xeito e nunca me daba chegado o momento. Despois dunha primeira volta decepcionante e dunha segunda volta demoledora, por fin, estamos diante do encontro que todos agardabamos con certo receo. O certo é que a clasificación di que tan só o Barca Atletic podería alcanzar en puntos ao Depor xa que nin Nástic, Fortuna ni Ponferradina sumarían os puntos necesarios nesta tres derradeiras xornadas. Así o único rival que aínda aspira a  destronar ao Depor é, precisamente, noso próximo rival en Riazor. De aí que ese partido poida marcar xa o fin da competición para o Depor o próximo domingo. Semana de nervios a que nos espera lembrando como afrontabamos estes días cando foi o caso de Mallorca, Fuenlabrada, Albacete, Castellón… A longa noite de pedra que tanto anos dura.

O partido por terras vascas cóntase moi rápido. Nada de fútbol, moita tensión motivada polo marcador dun Barca B que aos 35 minutos xa sentenciara ao Tarazona, penalti dubidoso sobre Yeremay, gol dun Lucas que suma 28 intervencións (17 asistencias e 11 goles) nos goles do Dépor nesta tempada e a sufrir ata o final. Por sorte, non se repetiu o final do Arenteiro sete días antes en Riazor e puidemos sumar tres puntos máis a domicilio chegando ata os 37 no que vai de tempada. Algún día dará para valorar o números a domicilio deste equipo que marca rexistros históricos no club.

O que ven a próxima fin de semana son eses tumultos de sentimentos e nervios pensando en tódolo malo que nos aconteceu nos últimos catro anos. Cunha diferenza este ano: o resultado do partido non é definitivo e restarían dúas ocasións máis para lograr o tan ansiado ascenso. Por aí entra o raio de esperanza ao que agárrase a afección branquiazul. A vitoria danos o ascenso e o empate deixaríao case sentenciado para as dúas ultimas xornadas. Tan só unha derrota que non entra en ningunha cabeza agora mesmo abriría as opción de cara as dúas últimas xornadas. Contas e mais contas, contos e mais contos para arribar a ese sitio de onde nunca debemos saír. Agora si, chegou o momento, Depor.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

Sumar A Coruña pide unha xuntanza entre os alcaldes da área metropolitana para abordar o transporte público

0

Sumar A Coruña pide a convocatoria urxente da mesa de alcaldes e alcaldesas da área metropolitana para abordar unha mellora substancial do tranporte público de viaxeiros. Faino logo de que a xustiza europea decretara a finalización da actual concesión do bus urbano da Coruña para decembro deste ano sen que o Goberno Municipal non sacara a licitación un novo estudio para definir o “novo modelo” deste servizo, un estudo cun custo de medio millón de euros.

“É fácil concluir que o novo servizo de bus non estará en funcionamento para 2025, engrosando así a lista de servizos municipais que se encontran en situaciación non regular, como de forma alarmante ocorre de forma significativa coa planta de tratamento de residuos de Nostián”, denuncia este partido nun comunicado.

Ademais, lembra a Xunta de Galicia segue poñendo trabasa unión por bus entre Oleiros e A Coruña. Outros exemplos de extensións de líneas urbanas son a 6 cara a Meicende-Arteixo ou a 24 a Culleredo e Arteixo na Zapateira. Tamén piden extender liñas cara Vilaboa e O Burgo en Culleredo, nun claro continuo urbano.

GRAN MOBILIDADE URBANA

Segundo os datos analizados en 2018 para estudar na Mesa de alcaldesas e alcaldes metropolitanos a viabilidade dun sistema de xestión metropolitana do transporte público de viaxeiros, as viaxes relacionadas coa Coruña, tanto en xeración como atracción representan o 78% da mobilidade metropolitana, mentres que as viaxes transversais acadan o 22%. Os principais fluxos coa Coruña son os relacionados con Arteixo, Culleredo e Oleiros.

A estratexia galega de mobilidade suliña como o vehículo privado sigue sendo o principal protagonista da mobilidade metropolitana, onde casi o 90% das viaxes externas se fan neste medio, fronte a un 9,5% no transporte público. Entre os dez municipios galegos con máis desprazamentos figuran os da Coruña, Oleiros, Arteixo e Culleredo. Oleiros presenta en inverno incluso máis desprazamientos que Ferrol e realiza preto do 70% coa Coruña. Arteixo é atractor debido á industria e en Culleredo temos situado o aeroporto. O 66,5% das viaxes do municipio da Coruña realizanse con municipios da provincia, dos que un 68,7% corresponden a Oleiros, Arteixo, Culleredo, Cambre, Sada, Bergondo e Carballo.

“Os datos reflicten claramente que a planificación e xestión do transporte público na área da Coruña precisan un enfoque e unha solución metropolitana, resultando insuficiente a xestión diferenciada entre o transporte urbano de competencia municipal e o transporte interurbano de competencia autonómica”, critica Sumar a Coruña.

Por iso di que a implantación da nova estación intermodal da Coruña esixe revisar liñas urbanas e metropolitanas, tamén algunhas interurbanas. As necesidades crecentes de desprazamento aos polígonos empresariais de Bergondo, Espíritu Santo, A Grela, Pocomaco, Sabón o próximamente Morás, a ampliación do CHUAC ou un mellor servizo ao aeropuerto e a os campus universitarios da Coruña e Ferrol, son necesidades que obrigan a repensar a rede de transporte público cunha nova planificación supramunicipal. As oportunidades que ofrece a integración urbana de espazos do porto interior para establecer intercambiadores e aproveitar a liña existente de ferrocarril a Betanzos, tamén deben de integrar un mellor servizo de transporte público.

Varios veciños desaloxados por un incendio no garaxe dun edificio en Culleredo

Varios veciños tiveron que ser desaloxados dun edificio de nove plantas de Culleredo en cuxo garaxe se rexistrou un incendio, que calcinou dous vehículos. Segundo información do 112 Galicia, o inmoble está situado na rúa Anxo Senra Fernández, no Burgo. Urxencias Sanitarias-061 tivo que atender e evacuar ao hospital a unha persoa afectada por inhalación de fume. Eran varias as persoas que, a partir das 10.50 horas da mañá, chamaban ao 112 para alertar de que saía “moito fume” do garaxe. Así, deuse aviso aos bombeiros de Arteixo e A Coruña, así como á Policía Local de Culleredo, á Garda Civil e a outros servizos de emerxencias.

O edificio tivo que ser desaloxado parcialmente, mentres que outros veciños quedáronse confinados nas súas vivendas. Ao chegar, os equipos de intervención comprobaron que ardían dous vehículos no interior do garaxe. O lume xerouse nun dos dous coches e propagouse ao segundo. Tras apagar as chamas, o dispositivo procedeu a ventilar o edificio. O seguinte paso será acceder ao seu interior para avaliar os danos e investigar o ocorrido, segundo informan os servizos de emerxencias municipais. Ata o lugar desprazouse tamén o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, para realizar un seguimento da intervención.

A POLICÍA CIENTÍFICA INVESTIGARÁ AS CAUSAS

A Policía Científica colabora cos bombeiros de Arteixo para investigar as causas do lume. Segundo informa o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, será esta tarde cando os efectivos da Científica se despracen ata a rúa Anxo Senra Fernández, no Burgo, para esclarecer como se iniciou o incendio e poder facer unha estimación dos danos. De acordo cos primeiros datos dos servizos de extinción, o lume orixinouse pola combustión e posterior explosión dun coche que estaba aparcado. As chamas propagáronse rapidamente a outro turismo estacionado ao seu lado e mesmo parte do falso teito do garaxe veuse abaixo.

Ademais, o fume expandiuse polo edificio e parte dos veciños foron evacuados, mentres que outros permaneceron confinados nas súas vivendas, sen que en principio os niveis de monóxido nos domicilios fosen perigosos. Tras apagar as chamas, os efectivos procederon a ventilar o edificio e sobre as 14.00 xa se podía acceder ao interior. O seguinte paso será acceder ao seu interior para avaliar os danos e investigar o ocorrido. Ata o lugar desprazouse tamén o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, para realizar un seguimento da intervención.

CONSECUENCIAS

O incendio obrigou a desaloxar a varios veciños, calcinou dous vehículos, afectou as estruturas do recinto e dous bloques de vivendas continúan sen auga nin luz. Segundo informou o Concello de Culleredo, a Policía científica efectúa nestes momentos “os traballos pertinentes para esclarecer as causas do incendio” e na zona atópanse tamén a Policía Local e Protección Civil.

As vivendas dos bloques 5 e 6 non teñen, polo momento, subministración nin de luz nin de auga, engadiu o consistorio, dado que a súa interrupción resulta “indispensable” para avaliar os danos. O edificio tivo que ser desaloxado parcialmente, mentres que outros veciños quedaron confinados nas súas vivendas.

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Noite de gala social no Palexco este pasado venres coa entrega dos premios anuais de Boas Prácticas en Servizos Sociais. Catro entidades da provincia, que destacaron polos seus programas innovadores no ámbito social e o seu compromiso na inclusión e a protección dos colectivos máis vulnerables, foron recoñecidas pola Deputación da Coruña na terceira edición destes recoñecementos.

Unhas 200 persoas do tecido social da provincia, alcaldes e concelleiros de servizos sociais dos municipios, acudiron a unha cita na que se premiou este ano á Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (Agalure), a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFACO), a Fundación Mujeres e a Fundación Érguete, pero que serviu como homenaxe ao traballo que desenvolven centos de entidades sociais que traballan cada día na provincia da Coruña.

O grupo Diversidarte, do proxecto Poten100mos, daba comezo á Gala (con algo de retraso pola tardanza do presidente da Deputación) coas súas habaneras e tangos flamencos.

Grupo Diversidarte na Gala Social da Deputacion
O Grupo Diversidarte

Tomaba o mando a recoñecida actriz Lucía Veiga para dar paso ás entdades premiadas, lembrando que preto de 300 entidades sociais da provincia reciben este ano o apoio económico da Deputación. Valentín González Formoso e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, foron os encargados de entregar os premios.

Premiados

Os premiados na Gala Social da Deputacion
Representantes das entidades premiadas cos responsables provinciais

O primeiro premio da noite foi para a Fundacion Érguete polo seu proxecto “Entre patios”, unha actividade colaborativa entre o Centro Penitenciario de Teixeiro, centros educativos da provincia e o Ciclo de FP de Carpintería e Moble do IES Rosalía Mera.

O proxecto consiste no deseño e elaboración de mobiliario entre presos e presas da cárcere e alumnado do Ciclo de FP, con visitas colaborativas entre o alumnado e os presos e presas.

Posteriormente, ese  mobiliario instalouse nos patios dalgúns centros educativos da cidade da Coruña como o CEIP de Zalaeta, o CEIP Víctor López Seoane ou o CEIP Torre de Hércules, de maneira que tamén serve de sensibilización para o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Humanizar os patios das escolas para humanizar as persoas privadas de liberdade

Tamén na modalidade de proxectos resultou gañadora a Fundación Mujeres polo seu programa de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras no eido Rural.

 A atención ás mulleres coidadoras é unha necesidade apenas cuberta por recursos públicos ou privados, sendo estes casos, pouco identificables e sen continuidade no tempo. O Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras no eido Rural propón cubrir este baleiro,dando unha atención de calidade ás mulleres coidadoras de familiares xa que están nunha situación de especial vulnerabilidade, froito das propias características e consecuencias que teñen os coidados.

Desde 2013, este programa levouse a cabo en 28 municipios da provincia: Culleredo, Bergondo, Arteixo, Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral, Sada, Ordes, Curtis, Ortigueira, San Sadurniño, Pontedeume, Cerceda, Melide, As Pontes, Cabanas, A Laracha, A Pobra, Narón, Fene, Arzúa, Carballo, Irixoa, Rois, Negreira, Padrón e Santa Comba.

Outra das premiadas da noite foi a Asociacion de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFACO) polo seu proxecto “EnREDando”, cuxo obxectivo xeral é desenvolver e implementar unha plataforma de estimulación neuropsicolóxica grupal e individual a través de pizarras dixitais, xestionada pola equipa multidisciplinar da asociación co obxectivo de proporcionar un tratamento de calidade adaptado ás necesidades das persoas con demencia e á súa valoración individual que se realiza mediante diferentes probas e tests; aumentando a estimulación cognitiva dunha forma innovadora.

As actividades constan de exercicios grupais adaptados á fase da enfermidade na que se atopa cada persoa, con material clasificado en máis de 40 procesos cognitivos catalogados por dificultade, idade e modalidade, nunha plataforma dixital desenvolvida por técnicos de AFACO especializados en demencias e estimulación cognitiva.

Finalmente, na modalidade de traxectoria, o premio recaeu na Asociación Agalure, unha asociación de carácter sociosanitario declarada de utilidade pública creada na Coruña no ano 1994 e que dedica os seus esforzos exclusivamente ás adiccións sen sustancia, sendo a única entidade na provincia dedicada a esta problemática social.

Agalure, que este ano celebra o seu 30º aniversario, conta cun equipo multidisciplinar e ao longo destas tres décadas de historia axudou a máis de 3.000 persoas a superar as súa adicción ao xogo ou outras adiccións sen substancia. O ano pasado desenvolveu, en colaboración coa Deputación, un programa de sensibilización sobre este tipo de adiccións en centros escolares da provincia.

Ademáis do premio físico, que consiste nunha escultura de barro realizada polo obradoiro Kerámicos de APEM, cada unha destas entidades recibirá un premio en metálico de 10.000 euros para impulsar o desenvolvemento dos seus proxectos no ámbito social.

Pequena representación do equipo do Servizo de acción social, cultural e de deportes da Deputación
Pequena representación do equipo do Servizo de acción social, cultural e de deportes da Deputación

O porto da Coruña supera por primeira vez os 1,56 millóns de toneladas de mercadoría cargada e descargada nun mes

O porto da Coruña superou en abril por primeira vez os 1,56 millóns de toneladas de mercadorías cargadas e descargadas nun só mes, segundo informa.

Ata agora, as mellores estatísticas mensuais correspondían aos meses de xaneiro de 2018 e decembro de 2022, nos que tamén se pasou o millón e medio de toneladas, “pero nesta ocasión é a primeira vez que se superan os 1,56 millóns”, precisa.

O maior crecemento con respecto ao mesmo mes de 2023 produciuse en graneis líquidos, que superan o millón de toneladas. “O motivo é a extraordinaria actividade nos tráficos vinculados ao complexo industrial de Repsol, tanto na importación de petróleo a través do porto exterior como no movemento de produtos refinados”, engade.

Sobre os graneis sólidos, indica que “a pesar de que non se alcanzaron os números de abril de 2023, pola práctica desaparición do tráfico de carbón que se operaba o ano pasado, superáronse as 439.000 toneladas”.

Tamén pechou en positivo a mercadoría xeral, cun crecemento do 37% con respecto a 2023, debido fundamentalmente a un importante incremento nas operacións con produtos siderúrxicos. “O porto da Coruña consolídase así como o primeiro de Galicia en volume de toneladas”, engade.

Vixiantes de seguridade da refinaría da Repsol cumpren o cuarto día de acampada para esixir “melloras económicas”

O persoal de seguridade da refinaría de Repsol na Coruña cumpriu o seu cuarto día de acampada para esixir “melloras económicas e operativas” nos seus postos de traballo.

O sindicato FTSP-USO indicou que, a protesta transcorre “con máis ánimo se cabe” que o primeiro día e que o “apoio e ánimos” que reciben os compañeiros por parte doutro servizo fai que as ganas por continuar coa súa acción sindical “multiplíquense”.

Neste sentido, o sindicado explicou que estes días transcorreron “sen noticias” de Prosegur, pero “se que lle chegaron novos desentendimientos” de Repsol, nos cales “se lavan as mans” de “calquera responsabilidade” sobre o persoal.

A intención dos sindicatos é a de “continuar coa acampada” por tempo indefinido sen retirar ata que “existan acordos asinados”, estudando ademais novas formas de protesta.

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron o tráfico dun carril na ponte da Pasaxe, en dirección entrada á cidade, para esixir unha saída económica mentres non poidan faenar. Así mesmo, volven reclamar a Goberno e Xunta que senten a negociar co colectivo.

“Queremos unha saída económica que liquide as perdas que imos ter durante estes 18 ou 24 meses que teñen que pasar desde que se sementa a cría de marisco ata que alcance a talla comercial“, expuxo, en declaración a Europa Press, o portavoz do colectivo, Manuel Baldomir, que lembrou que, coa finalización do dragado da ría, terminan as compensacións económicas.

“A nosa pena é que o Ministerio fai caso omiso e unha vez máis se sitúa ante o grande, ante a empresa, e desentiende o medioambiente e o futuro económico dos traballadores”, denunciou sobre unha situación que afecta a 76 familias.

Por iso, este venres, contorna a medio centenar de persoas tras unha pancarta coa consigna ‘Por unha obra ben terminada, por unha ría produtiva’, secundaron unha marcha cortando un carril da ponte da Pasaxe, desde as 09,00 ata as 11,00 horas, entre os termos municipais de Oleiros e A Coruña, en dirección entrada á cidade.

Debido a esta protesta, que finalizou na rotonda de entrada a Alfonso Molina, rexistráronse retencións de dous quilómetros nos accesos á cidade herculina e nos municipios próximos, segundo fontes da DXT consultadas por Europa Press. A próxima mobilización do colectivo en demanda de medidas, avanzou o portavoz, será o vindeiro venres, día 10, tamén con cortes de tráfico na ponte da Pasaxe. “Non queremos chegar a estas tesituras pero vémonos empuxados polas dúas administracións –– Goberno e Xunta — ao non dar unha saída tanto ao sector marisqueiro a pé como de á boia”.

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

‘Os do Fondo da Barra‘ pecharán na Coruña o ciclo ‘Folk no Colón‘, presentando o seu primeiro disco ‘BâNZô’, segundo se informou na presentación nun acto con presenza do músico Henrique Peón e o portavoz do goberno local, José Manuel Lage. Será o 30 de maio dentro dun ciclo no que participaron distintos grupos de música folk e do que se destacou o éxito do mesmo.

A presentación tivo lugar no recibidor do teatro onde os membros da formación interpretaron unha das pezas deste traballo discográfico. ‘Os do Fondo da Barra’ é un grupo de música galega que naceu no seo da Asociación Cultural Xacarandaina, na Coruña, con 45 anos de actividade.