Inicio Blog Páxina 488

O CEIP María Pita levou o seu proxecto ‘Tripulando en Igualdade’ ao Salón de Plenos

0

O Salón de Plenos do Palacio Municipal recibiu onte a unha representación do alumnado do CEIP María Pita participante no como parte da programación. 

O centro da Cidade Vella quixo compartir o seu singular proxecto ‘Tripulando a Igualdade’, unha iniciativa coeducativo dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, de 6 a 12 anos, que ten como obxectivo de fomentar a igualdade entre homes e mulleres. Iniciouse no 2017 no CEIP María Pita e foi premiado pola Deputación da Coruña co premio Concepción Arenal e a nivel nacional co ‘Premio Irene: la paz empieza en casa’, outorgado polo Ministerio de Educación, Deportes e Formación Profesional.

Un proxecto que trala de potenciar as mulleres referentes, e nese sentido a rapazada puido aprender das protagonistas das vidreiras localizadas no teito do Salón de Plenos: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal e María Pita.

 

O PP da Coruña pregunta ao goberno local pola presenza do exmembro de ETA Joseba Sarriondia

0

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña esixiu ao goberno local aclaración pola presenza do exmiembro de ETA e escritor Joseba Sarriondia nun ciclo de poesía.

Nun comunicado, o PP pregunta ao goberno local pola “contratación para un acto público dun etarra condenado por terrorismo que se fuxiu do cárcere”.

“Na web do concello menciónase que a súa obra está ligada á súa situación persoal de preso e exiliado, pero obvia a súa pertenza á banda terrorista e que, en realidade, non estivo exiliado, senón fuxido para non cumprir a súa condena por pertenza a banda armada, entre outros delitos”.

O PP presentou preguntas escritas sobre “canto pagou o concello a Sarrionandia e canto foi o custo do desprazamento e a estancia na nosa cidade”.

As Mariñas Coruñesas xa son Destino Starlight

Está de moda o certificado Destino Starlight, e a comarca Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas non é allea. A comarca recibía a pasada semana na FITUR a súa distinción como Destino Turístico Starlight para promover o astroturismo a través dunha oferta específica.

É certo que o ceo en moitas das nosas áreas rurais é especial, pola baixa incidencia lumínica, de aí que a Fundación Starlight aprobase esta certificación, como recentemente ten recibido a Costa da Morte.

Ademais da entrega do distintivo, na reunión tratouse as próximas actuacións que está a preparar a Reserva vinculadas a ser Destino Starlight. Tras celebrar a finais de 2023 o primeiro Curso de Monitores Astronómicos, Mariñas Coruñesas celebrará este ano un novo encontro Starlight.

As Mariñas estarán presentes tamén no Encontro Anual Starlight, que coincidirá este ano en 2024 coa II Xornada Internacional de Astroturismo por Starlight, que se celebra cada 3 anos. Trátase do encontro máis relevante e significativo de profesionais, empresas, entidades públicas e privadas, vinculadas ao astroturismo e ao desenvolvemento local sostible, ao patrimonio natural e cultural asociado á luz das estrelas, á protección do ceo e á difusión da astronomía.

 

O Circo de Artesáns acolle este martes o primeiro debate electoral

0

Ademais do debate televisivo entre os candidatos, este martes 30 de febreiro teremos a ocasión de escoitar as propostas dos tres partidos con representación no Parlamento Galego de cara a estas eleccións autonómicas do 18 de febreiro.

Aínda que oficialmente a campaña electoral comenza na medianoite do 1 ao 2 de febreiro, o Club de Opinion Foro Cívico, da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, xunto co Circo de Artesáns organizan o primeiro debate na cidade para este martes ás 19:30 h. no Circo de Artesáns.

Estará moderado polo xornalista Antón Luaces, e serán, Nazaret Cendán, polo PP; Mercedes Queixas, polo BNG; e Silvia Longueira, polo PSOE, as que presenten as propostas.

Responderán a preguntas sobre catro capítulos que concitan a preocupación da cidadanía:  nova ordenación urbanística e de usos para o porto interior; sanidade, educación e cultura, abordando a particular casuistica de cada un deses dous sectores claves; vivenda e aluguer, con especial incidencia na problemática derivada dos pisos turísticos e, finalmente, o apartado da economía, referida fundamentalmente aos sectores en crise como a pesca, así como a empresas que están a sofrir problemas de supervivencia.

O formato elexido axustarase a 3 minutos de introdución para que cada intervinte poida expoñer sinteteticamente o seu programa, para, inmediatamente despois, aprofundar en cada un dos temas obxeto do debate, con outros 3 minutos para desenvolvelos, ata consumir os 45 minutos. A continuación, será o turno do coloquio, finalizando o acto cun minuto para que cada participante poida facer un breve resumo.

O Everest do Dépor

  • Xornada 21 – Celta Fortuna 1 – Depor 2
  • Golpe anímico á competición dun Depor que vai a máis.
  • Vixésimo primeiro partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (9V 8E 4D).

—- —- —

Poderíase facer un símil do que está a dar o Dépor esta tempada coa vida dun escalador que ten por diante un reto maiúsculo coma subir ao Everest. Vitoria onte moi importante para a moral do equipo e, sobre todo, para a afección que tivo que aguantar carros e carretas por xogar co filial do veciño, cousa dura de por si. Día grande onte en Vigo xa que viña o Dépor e había que sacar tods os complexos a relucir: cambio de horario, partido do Celta pola mañá e espectáculos e festa todo o día ata o evento deportivo máis importante do ano en Vigo. Non o digo eu, o feito de modificar rutinas amosa as gañas de amolar dende o club veciño.

Con todo e con iso, vimos un Dépor ordeado, serio, pero ramplón na primeira metade. Nun campo no que non se podía controlar un balón ou tocar á primeira, o Dépor foi quen de facer o fútbol que leva todo o ano querendo facer: saír con velocidade correndo en campo contrario. A mellor noticia de todas é que Mella e Yeremay aportan o descaro que tanto botamos de menos na primeira volta. Quizais, estas sexan as fichaxes que tanto anhelamos, xunto con Barbero e a mellor versión de Lucas que estamos a ver, este pode ser o mellor revulsivo para a segunda parte da tempada.

Dende a derrota en Irún, para min o punto de inflexión na tempada, o ascenso afastábase a sete puntos e ocupábase a posición nº 12 da táboa, con catro por riba do descenso, preto do descenso a 2RFEF. Ademais, non aparecían as fichaxes de verán e os resultados da casa eran unha lousa difícil de levantar. Neste tempo con dúas serias ameazas de destitución do míster, o Dépor xogou 10 partidos conseguindo 6 vitorias, 3 empates e unha única derrota en León hai dúas semanas. 21 puntos de 30 posibles colocan o equipo a só 5 puntos da cabeza.

O particular Everest do Depor comezaba en xaneiro, xa que tiña por diante catro partidos con rivais que ocupaban catro das cinco primeiras posicións. O resultado é mais que esperanzador, pois puido derrotar a tres deles (Real Sociedad B, Ponferradina e Celta Fortuna) e segue recortando diferencias coa cabeza da competición. Non só é cousa de puntos, tamén é cousa de actitude. Trocaron as cabezas dos xogadores e trocou a forma de xogar, a confianza é maior e o míster sae reforzado deste comezo de ano, só resta chegar o alcume cunha segunda volta de récord. Niso estamos.

 

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

O Basquet Coruña fai medrar a súa historia

0

Non puido traer a Copa Princesa, pero o Leyma Basquet Coruña deu un paso adiante na súa historia. Foi a súa primeira final, o equipo deuno todo pero quedou ás portas do seu primeiro título, caendo ante o Movistar Estudiantes, na súa casa, por 80-72. Pero a data deo 28 de xaneiro quedará na historia do club, en boa parte, polo desprazamento masivo da súa afección.

Máis de 500 siareiros viaxaron co #TsunamiLaranxa, para facer un pequeno forniño no Wizink Center, como agradeceu o adestrador Diego Epifanio no balance do partido, deixando claro que este partido é u antes e un despoìs no club.

Movistar Estudiantes-Basquet Coruna Copa Princesa

Finalmente o Estudiantes foi superiro en varios aspectos do xogo, e acabou gañando 80-72, pero os laranxas deron conta de que este equipo está pensando no ascenso a toda unha ACB.

A gala dos premios do audiovisual Mestre Mateo celebrarase o 23 de marzo no Coliseum da Coruña

0

A gala dos premios do audiovisual Mestre Mateo celebrarase o 23 de marzo no Coliseum da Coruña, cos intérpretes Lida Veiga e Miguel Canalejo como presentadores dun espectáculo baixo a dirección da dramaturga Noemí Rodríguez. Todo iso nun evento que será “o máis multitudinario da historia dos premios”.

Así se apuntou, no acto de presentación dos mesmos, con presenza tamén do presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra; o concelleiro de Fomento e Promoción da Coruña, Gonzalo Castro; a deputada provincial de Cultura, Natividade de Jesús González; o director da Axencia Galega dás Industrias Culturais, Jacobo Sutil e o director de Proxección Social da CRTVG, Xaime Arias.

No acto presentouse tamén o cartel desta edición, coa lema ‘Hai alguén aí? Si?, Non? Si?’ que retoma a pregunta que facía aos espectadores o xabaril que presentaba o programa Xabarín Club nos anos noventa.

Na presentación, remarcouse o bo momento polo que atravesa o audiovisual galego, un sector “consolidado”. Así o expuxo Álvaro Pérez Becerra, quen sinalou que as películas que participan nesta edición “obtiveron unha excelente resposta de público na súa estrea en salas de exhibición, superando os 325.000 espectadores”, o que supón un aumento do 48% con respecto ás cifras na edición anterior.

GALA “MULTITUDINARIA”

Ademais, o presidente da Academia Galega do Audiovisual, que precisou que o anuncio dos finalistas coñecerase nas próximas semanas, igual que o do premio de honra, dixo que a elección do recinto que acollerá esta edición quere corresponder a este éxito de público “celebrando a gala máis multitudinaria da historia dos premios, abrindo as portas a case 2.000 asistentes”.

Pola súa banda, Xaime Arias, director de Proxección Social da CRTVG, destacou, na súa intervención, o papel que xoga a Academia a favor do audiovisual de Galicia, nun momento en que a corporación acaba de lanzar a plataforma dixital a galega.gal, que definiu como “a pedra do futuro”.

TRAXECTORIA

Á súa vez, o director da Axencia Galega dás Industrias Culturais, Jacobo Sutil, destacou a traxectoria destes premios e o seu papel como “un evento cultural de primeira categoría”, en liña coa deputada provincial e o concelleiro de Fomento que destacaron o momento polo que atravesa o sector audiovisual, do que o segundo resaltou a súa contribución “a fomentar a igualdade e o respecto á diversidade”, e ao que a primeira cualificou de “estratéxico”.

Pola súa banda, os dous presentadores, como representantes da xeración do Xabarín, incidiron no feito de que a gala será “unha celebración de catro xeracións do audiovisual galego” na que se falará “do pasado, presente e o futuro”. “Unha mestura do que foi e o que está a ser”, apostilaron.

A banda de rock experimental Swans actuará na Coruña o 19 de febreiro na súa única actuación en Galicia

0

A banda de rock experimental Swans fará unha parada na Coruña o próximo 19 de febreiro, ás 20,00 horas cun concerto no Teatro Colón. O Concello da Coruña destaca que será a única actuación en Galicia do grupo estadounidense no marco da súa xira europea, que inclúe Madrid e Barcelona.

Swans, con catro décadas de percorrido, formouse no ano 1982 baixo o liderado do cantante, compositor e multi instrumentista Michael Vira. Desde os seus comezos, Swans foi un dos poucos grupos que xurdiron da escena new-wave neoiorquina e quedaron ‘intactos’ ata a década seguinte, explorando e abríndose camiño a nivel sonoro en xéneros como o ‘noise-rock’, o ‘post-punk’, o industrial e o post-rock.

Nesta ocasión, a banda americana, integrada por Michael Vira, Dana Schechter, Larry Mullins, Phil Puleo, Christopher Pravdica e Kristof Hahn, presentará o seu novo álbum’The Beggar’ (2023). Na súa actuación na Coruña, contará coa compositora sueca Marie W. Horn como teloneira.

A Coruña volveu lembrar aos Heroes do Orzán

0

Celebrouse esta mañá o acto de homenaxe que tivo lugar na Coraza do Orzán. No acto, presidido pola subdelegada do goberno na provincia, participaron familiares de Javier López, Rodrigo Maseda e José Antonio Villazón, os tres policías nacionais que faleceron afogados durante un intento de rescate a un estudante eslovaco na praia do Orzán.

O acto celebrouse como cada 27 de xaneiro, data na que se produciu a  traxedia no ano 2012. Foi un acto acto solemne e emotivo, no que se  recordou aos tres axentes que tentaron salvar a vida dun estudante  eslovaco que se caeu ao mar, e que tamén faleceu.

Os familiares e compañeiros e compañeiras da Policía Nacional,  realizaron nunha ofrenda floral no monumento que os homenaxea na Coiraza do Orzán, e procedeuse á lectura dun discurso enxalzando o seu valor e a súa entrega.

 

Así será o debate do 5 de febreiro para o 18F

0

Representantes de PPdeG, BNG, PSdeG, Podemos e Sumar, formacións participarán o luns 5 de febreiro no debate que organiza a Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG),
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.