Representantes de PPdeG, BNG, PSdeG, Podemos e Sumar, formacións participarán o luns 5 de febreiro no debate que organiza a Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG),
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
Así será o debate do 5 de febreiro para o 18F
Aparece un lobo mariño na Coruña, unha femia grande que precisa “tranquilidade”
Estes días no porto de Oza, na Coruña, hai un visitante moi especial que chama a atención de todos os que pasan ao seu lado (e de moitos curiosos que, sabedores da súa existencia, desprázanse a propósito a saudalo). Trátase dun lobo mariño cincento. En concreto, unha femia adulta duns 100 quilos de peso que podería proceder da costa irlandesa. Neste caso, e aínda que avistamento de focas en Galicia non é algo raro, si ten unha particularidade, xa que normalmente os exemplares que chegan adoitan ter menos de tres meses, que se alonxan das colonias para poder comer con tranquilidade. Hai quenes pensan que podería estar enfermo ou mesmo ferido, aínda que non se pode confirmar esta hipótese xa que, polo momento, non houbo organismos que comprobasen o seu estado de saúde.
Sexa como fose, o certo é que o simple achegamento de grupos grandes de persoas podería estresar ao animal, como advertiron dende a propia Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). Nunha publicación nas súas redes, e ante as preguntas de moitas persoas, aseguraron que “todos os anos temos a sorte de que nos visiten focas”, pero “hai ocasións nas que están en malas condicións e temos que intervir”, mentres que hai outras “nas que quedan semanas ou meses percorrendo a nosa costa”. En concreto, a especie que adoita chegar ás nosas costas é o ‘halichoerus grypus‘, procedente das illas británicas, coñecido en galego como lobo mariño cincento (e en español como foca gris).
Para poder desfrutar de velos, lanzan tamén unha serie de recomendacións:
– Non molestalas achegándose. Observalas e desfrutar da experiencia dende a distancia, sobre todo cando están descansando en seco, pois cada vez que teñen que levantar ou xirar a cabeza para ver que fai a xente é descanso que perde e estrés que gaña.
– Se se vai pasar preto cun can, agarralo para que non lle ladre e se estrese máis.
– Avisar ao 112 ou directamente ao propio CEMMA do avistamento ao teléfono 686 98 90 08.
– Se se conta por redes sociais o avistamento, se é posible, concretar como máximo ata nivel de Concello. Ao dar o lugar ou a praia exacta, sobre todo se é un lugar que o animal elixiu para descansar, estáselle a facer unha faena, porque cada ano vese que o efecto chamada é maior, e aínda que a inmensa maioría da xente se comporta correctamente, sempre hai alguén que non o fai.
Ver esta publicación en Instagram
O Basquet Coruña, a facer historia arroupado pola afección laranxa
No impresionante bus laranxa de Autocares J. Pombo, o Basquet Coruña viaxa a Madrid para facer historia. Este domingo ás 12:30h o wizinkCenter acollerá a segunda edición da Copa Princesa, e o cadro coruñés poderá facerse co seu primeiro título da historia.
O equipo de Diego Epifanio estará arroupado polo Tsunami Laranxa, unha afección que xa agotou as entradas de bus+hotel ofrecidas dende o club. Máis de 500 persoas farán un #Forniño no pavillón mdrileño. “É un éxito que viaxa tanta xente co equipo. Espero que poidamos recompensalos co noso esforzo”, sinalaba o adestrador Diego Epifanio. “O feito de que se poidan desprazar 500 persoas para animar ao Básquet Coruña fala un pouco da madurez do proxecto e da ilusión dos nosos seguidores. Quizais sexa certo que non somos un club que se teña caracterizado por mover moita xente, aínda que creo que o ano pasado houbo varias viaxes como Torrelavega ou Ourense que axudaron moito ao equipo e que tamén crearon unha unión de afeccionados moi importante e bonita.
Así e todo, o equipo vive a presión. “Esperemos que non nos afecte. Temos que intentar buscar o equilibrio, que se fale moito do Básquet Coruña e iso quere dicir que temos unha rutina diferente durante a semana, que hai que ir a máis medios, que os medios nos presten máis atención, que hai son máis fotos, que haxa máis entrevistas… Creo que iso é bo para o club porque canta máis notoriedade teñamos na cidade e máis repercusión nos medios sempre será moito mellor para un dos obxectivos que o club ten, que é que canta máis xente veña ao club.pavillón, mellor. Ademais, penso que o feito de que a prensa teña tanta accesibilidade ao equipo tamén fai que a nosa afección vexa o outro lado das persoas que forman parte do vestiario, que vexan como se expresan os xogadores, o que senten ou que pensan. Creo que está ben, pero hai que ser capaces de xestionalo ben e dedicarlle tempo para que non lle quite tempo a preparar o partido e concentrarnos no obxectivo, que é gañar o próximo partido”.

O cadro laranxa xa sabe o que é gañar en Madrid ante o líder da competición doméstica , pois o pasado 20 de decembro vencía por 76-78, e este domingo intentará volver dar a sorpresa. ”Creo que a clave vai estar en controlar as perdas de balón, en controlar os erros individuais, en intentar evitar que marquen con facilidade e, sobre todo, creo que a clave está en controlar as emocións. Entre todo iso, se engades cada un deses aspectos, iso é o que nos axudará a competir mellor e a afrontar o partido con máis garantías”, explicana Epi.
“A posible celebración é o único que non me preocupa. De todas as cousas da viaxe a Madrid, é o único que non me preocupa, porque se hai que celebralo, seguro que os xogadores, o club e a afección estarán á altura. Preocúpanme moitas outras cousas, pero se hai algo que celebrar, seguro que o celebraremos debidamente”.

Volve o Ciclo Poetas Dei(n)versos á Coruña, inaugurado por Joseba Sarrionandia e Charo Lopes
O ciclo mensual de recitais poéticos Poetas Dei(n)versos volve outro ano máis ao Centro Ágora na Coruña, este luns 29 de xaneiro ás 20,00 horas, para presentar un acto aberto no que participarán o poeta vasco Joseba Sarrionandia, que recitará os versos orixinais dos seus poemas, e a boirense Charo Lopes, que os traducirá ao galego e recitará os seus propios.
Segundo ha traslado o Concello da Coruña a través dun comunicado, ambos os poetas recitarán os seus versos orixinais, presentados pola fundadora do ciclo hai 15 anos e actual coordinadora do programa, o Premio Nacional de Poesía 2023 Yolanda Castaño.
O galego será a lingua de comunicación de toda a iniciativa na que este mes se reunirán o filólogo, sociólogo, tradutor e profesor universitario vasco Joseba Sarrionandia, con 50 libros publicados nos que trata diversos temas, entre eles o exilio, e o poeta, xornalista, fotógrafa e activista galega Charo Lopes.
As seguintes citas de Poetas Dei(n)versos serán o luns 26 de febreiro, na que participarán o Premio Nacional de Poesía Nova Berta García Faet e o lucense Adrián Maceda; e o luns 25 de marzo, onde recibirán ao poeta hondureño Rolando Kattan, acompañado polo lucense Abraham Pérez.
Os vixiantes de seguridade da refinaría de Repsol esixen “melloras” nas súas condicións económicas e laborais
Os vixiantes de seguridade da refinaría de Repsol manifestáronse este venres no polígono coruñés da Grela para esixir “melloras” nas súas condicións laborais e económicas e rexistraron sobre 40 negativas por escrito á cobertura de servizos extra que “puidesen xurdir na instalación”.
Segundo informou o sindicato USO, tras case unha hora concentrados dirixíronse ás portas da refinaría escoltados pola Policía Local que cortou, durante máis de media hora, un dos carrís da Avenida de Fisterre ata a chegada dos manifestantes. O cento de traballadores, convocados pola Ftsp-USO e a UGT estiveron máis dunha hora concentrados ante as instalacións da refinaría e ambos os sindicatos anunciaron este mesmo modelo de protesta para todos os venres seguintes ata a resolución do conflito.
Bombeiros e administración achegan posturas para asinar un acordo provisional
7 meses en folga (que apenas consistía en non facer horas extras), ducias de comunicados e pancartas, días e días nos que moitos parques quedaron pechados, varias potentes manifestacións e mesmo unhas semanas durmindo ao raso na praza do Obradoiro, parece que serviron para que Xunta e Deputacións (a xerencia do Consorcio) tomen en serio as demandas do colectivo dos Bombeiros.
Segundo puido comprobar o Xornal da Coruña, as posturas están máis próximas que nunca para, cando menos, acadar un acordo provisinal que suspender a folga ata fin de ano, co compromiso de cambiar as condicións laborais a esa data.
De feito, esta semana houbo unha reunión importante nas que administracións trasladaron unha proposta estudiable, que será trasladada á asemblea de traballadores do vindeiro luns 29 no CERSIA, para a súa valoración e posible aprobación.
Todo queda pendente da Asemblea do vindeiro luns.
Máis novas
Máis de 300 Bombeiros maniféstanse na Coruña ante unha enorme despregadura policial
Coruña contará este ano con 12 festivais e ciclos de concertos
Vetusta Morla e Xoel López actuarán o vindeiro mes de agosto na praia de Riazor, formando parte do cartel da nova edición do Noroeste Estrella Galicia 2024.
A cidade contará con 12 festivais e ciclos de concertos de maio a decembro, con eventos no Porto da Coruña cos festivais Morriña Fest, Coruña Sounds e Noites do Porto que traerán á cidade artistas nacionais e internacionais.
Á espera de novidades sobre o Noroeste, o o Concello avanzou que este año el Coruña Sounds suma dous novos escenarios ao Porto de Batería, en relación ás actuacións de Emilia Mernes no Coliseum o 22 de xuño e o cantautor Chris Isaak o 24 de xullo no Palacio da Ópera.
Jenny and The Mexicats actuará na Coruña en abril
A banda de música londiniense e mexicana Jenny and The Mexicats anunciou novas datas da súa xira de salas, con actuacións nas cidades españolas de Madrid, Valladolid, A Coruña (12 de abril), Vigo (13 de abril), Granada, Cádiz, Sevilla, Málaga e Villena.
Así, a xira comeza o próximo 5 de abril no Teatro Eslava de Madrid e o último concerto será no festival Rabolagartija, que se celebra en Villena (Alacante) os días 15, 16 e 17 de agosto.
Jenny and The Mexicats fará un repaso de toda a súa discografía e tamén presentará temas máis recentes e colaboracións como ‘Quen Me Salva’ con Pablo Lesuit, ou ‘Sen As túas Estrelas’, coa banda española Taburete, un trema de 2016 que pertenceu á banda sonora da película, ‘Busco Noivo para a miña Muller’.
O resto de datas son: o 11 de abril en Valladolid, na Sala Cientocero; o 12 de abril na Coruña, en Mardi Gras; o 13 de abril en Vigo, na Fábrica de Chocolate; o 25 de abril en Granada, en Planta Baixa; o 26 de abril en Cádiz, no Pelícano; o 27 de abril en Sevilla, na sala Malandar; e o 28 de abril en Málaga, en Cocheira Cabaret.
Autorizado o aumento da capacidade do aparcadoiro da intermodal coruñesa polo Consello da Xunta
O Goberno galego autorizou, na súa reunión semanal, a firma da adenda ao convenio co Concello da Coruña e Adif para incrementar a capacidade do aparcadoiro da estación intermodal da Coruña, que disporá de máis de 550 prazas de estacionamento. Esta modificación é necesaria para aumentar en máis de 250 as prazas inicialmente previstas no aparcadoiro da estación intermodal.
Unha vez asinado en marzo de 2022 o acordo entre o tres administracións para o impulso da estación intermodal, a Xunta, que executa a estación de autobuses e o aparcadoiro, avaliou tecnicamente a proposta da ampliación das prazas de estacionamento.
Así mesmo, o Goberno galego aprobou o proxecto de trazado para a mellora da capacidade e da seguridade da estrada LU-540, entre Viveiro e Cabreiros, que suporá un orzamento de 15 millóns de euros.
O Goberno galego tamén autorizou o expediente correspondente aos trámites de información pública e o informe das administracións afectadas pola execución dunha intervención consistente en acondicionar a vía ao longo de 35 quilómetros e que se levará a cabo en dúas fases, prevendo licitar as obras da primeira delas nas próximas semanas.
OU-540
O Consello da Xunta acordou, así mesmo, destinar 13,2 millóns de euros a obras de mellora e acondicionamento da estrada OU-540, que une Celanova e Bande coa fronteira portuguesa.
O obxectivo é reforzar a seguridade viaria nunha estrada prioritaria polo seu papel para a vertebración do interior de Galicia e para impulsar a competitividade no sur da provincia de Ourense.
As obras incluirán actuacións en 42 quilómetros da vía ao seu paso por varios concellos ourensáns, así como polo parque natural da Serra do Xurés. Os traballos consistirán principalmente na rectificación de curvas, a mellora de interseccións ou a dotación de terceiros carrís.
O Executivo autonómico acordou impulsar esta actuación, mediante a aprobación do proxecto e a posterior licitación das obras do primeiro tramo, centrado na contorna de Celanova e Bande. Contará cun investimento de 6 millóns de euros.
Finalmente, este xoves a Xunta autorizou tamén a transferencia a favor do Concello de Valga dun tramo antigo da estrada provincial que comunica os núcleos de Cordeiro e Senín.
A xuízo un coruñés por ter á venda máis de 4.000 artigos falsificados de primeiras marcas
Fiscalía pide 3 anos e medio de prisión para un coruñés en cuxo establecemento foron localizados e confiscados máis de 4.000 artigos falsificados de primeiras marcas como Chanel, Loewe ou Prada. O xuízo está fixado na Audiencia Provincial da Coruña para o xoves, 1 de febreiro.
Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, funcionarios da Garda Civil inspeccionaron en 2017 un establecemento comercial da Coruña, no que o agora procesado foi sorprendido con “numerosos obxectos, copia idéntica ou case idéntica dos orixinais, de empresas sobradamente coñecidas do mundo da roupa, complementos e moda, coa finalidade de polos no mercado”.
En total, os axentes confiscaron 4.110 pezas e insignias de marcas como Tous, Versace, Prada, Bimba e Lola, Luís Vuitton, Doa Kara New York, Loewe, Chanel, Adidas e Nike.
Por todo iso, o fiscal atribúelle ao acusado un delito contra a propiedade industrial, e pide para el unha pena de tres anos e medio de prisión, así como multa de 7.500 euros e que indemnice ás marcas coas cantidades defraudadas.

