Inicio Blog Páxina 494

O Martinete únese contra o abandono… e o esqueleto de formigón

0

Volveu a luz, un día despois, no barrio de Martinete. Un corte de luz que non é novo para a veciñanza, pois, de feito as obras que veñen de realizar e que provocaron o corte, foron tras poñer moitas reclamacións ante Industria. Asi e todo “a cantidade de cableado aéreo que hai fai que parecezamos máis un barrio da India”, sinalan.

O esquecemento deste barrio situado nas entrañas de Someso, é case ancestral. Adoitaba ser un barrio bastante disperso, pero dende hai un ano, e a raiz do esquecemento crónico por parte do Concello, comezou a unión.

Martinete barrio

Nas rúas Luís Peña Novo e Mozart, son 13 portais e 4 casiñas as que levan unindo forzas dende hai un ano. De non ter apenas relación entre si, en boa parte porque non hai unha zona común de lecer, un parque, unhas beirarrúas para pasear… pasaron a ser unha auténtica comunidade. Agora, despois de moitas demandas, teñen 3 cutres banquiños onde sentarse para coordinar a súa loita por un barrio habitable e digno.

Comunícanse a través dun grupo de whastapp, que xa forman 70 persoas, compartindo inquedanzas do abandono, o que está conseguindo unha unión, un sentimento de veciñanza. “E se hai unión hai forza”, sinala Mandi Diéguez, unha nai do barrio que se mudou hai anos ao barrio coa sinxela intención de “poder vivir tranquilos co noso neno de 5 anos”.

“Empezamos unha nova vida ca esperanza de vivir tranquilas, esperando que venderan o edicifio que temos en fronte pero… pasan os anos, quedou abandonado e foi tomado polos toxicómanos, convertíndose nunha moi zona perigosa”. Mandi refírese ao esqueleto de formigón que teñen diante de casa, un dos puntos de inflexión do paso a formar a comunidade.
Todos sabemos cal é o foco do problema (esqueleto urbanístico) e dende o 010 xa están avisados ​​do tema”, explica outra veciña. ”Os toxicómanos tratan de ser discretos coa veciñanza, pero tiran as xiringas á Rua Luis Peña Novo e á Mozart polas ventanas do esqueleto, hai broncas, berros, suciedade, ata ratas…

Martinete-Esqueleto formigon abandonado ratas xeringas
Xeringas, ratas, papel de plata dos “chinos”, suciedade… no interior do esqueleto
Martinete Esqueleto edificio abandonado
O edificio foco de problemas
O abandono é tal que foron os veciños os que contrataron un camión para quitar este silo despois de moitos meses abandonado
O abandono é tal que foron os veciños os que contrataron un camión para quitar este silo despois de moitos meses abandonado

O concello comprometeuse a realizar a demolición subsidiaria en menos de 6 meses deste comezo de 2024, polo que a veciñanza está expectante a ver que acontece. Así e todo, son moitas as eivas que debe asumir o Concello para afrontar a dignificación deste esquecido barrio da perifeira herculina.

Máis novas

Denuncian cortes de luz no barrio de Martinete

18 finalistas para os Premios Youtubeiras demostran o talento en galego na rede

0

Espectacular a colleita de talento que representan os Premios Youtubeiras 2023. Este proxecto organizado polos servizos de Normalización Lingüística de nove concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña, trata de impulsar a creación de contidos dixitais en galego, e durante o ano pasado colleitou 68 canles, ademais dos 24 vídeos que foron propostos pola audiencia dixital para o Premio do Público. Un total de 32.480 minutos de vídeos en galego no YouTube

Xa temos ademais os 18 finalistas que se disputarán os oito galardóns nos que se dividen os  na gala de entrega que se celebrará en Santiago o 17 de febreiro. A proposta gañadora en cada categoría recibirá 1000 euros, agás no caso do galardón decidido polo público, cuxa dotación económica é de 500 euros. En total, os Premios Youtubeiras repartirán 7500 euros. 

As finalistas ao premio canle son OU ké!, Cinema Caníbal e Toxío, mentres que ao galardón ao youtubeira do ano aspiran Pingando, Exército Mekemeke e Recuncho Gamer, do coruñés Iago Gordillo.
As canles Toxío, Prado Rúa, Savia Nova, Recuncho Gamer, Fica coa bola e OU ké son as únicas que competirán en dúas categorías diferentes como finalistas

Relación de finalistas por categorías. Merece a pena un par de horas para descubrir o talento que temos no país.

  1. Premio Canle
  1. Premio Youtubeira
  1. Premio Youtubeira Revelación
  1. Premio Vídeo
  1. Premio Calidade Lingüística
  1. Premio Pioneiro
  1. Premio Rede
  1. Premio do Público

Máis novas da lingua

O actor Viggo Mortensen súmase á campaña #Aquítaménsefala do IES Rafael Diesto

“Foi un porco, un animal, fíxome dano”, di a menor violada en Oleiros no xuízo

Un acusado dun delito de violación sobre menor de idade e doutro de lesións á mesma persoa, en agosto de 2020 na zona de Dexo, en Oleiros, alegou que a relación sexual foi consentida. Pola contra, a moza asegurou que o procesado violouna.

Así o manifestaron no xuízo celebrado este mércores na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña. “Eu resistinme, púxome alí de fronte e violoume“, dixo tras engadir que “canto máis choraba máis se excitaba“. “Foi un porco, un animal, fíxome dano”, apostilou.

Durante a vista, relatou, ademais, que “non coñecía de nada” ao procesado pero que tiñan unha amiga en común. Explicou tamén que, tras unha festa, subiuse con el no coche para que a levase á súa casa. “Foi a unhas pistas do monte, abriu a porta e sacoume á forza polo brazo”, indicou. Respecto das secuelas, sinalou, entre outras cuestións, que tivo que abandonar os estudos. “Ingresáronme en psiquiatría e non me dá a cabeza, teño moita rabia dentro, non se como afrontar isto, non dou para máis”, puntualizou.

PETICIÓN DE CONDENA

Segundo o escrito do Ministerio Fiscal, os feitos tiveron lugar en agosto de 2020 e os pais foron os que presentaron denuncia en outubro dese mesmo ano. A Fiscalía solicita na súa cualificación nove anos de prisión para o acusado, así como a prohibición durante 16 anos de calquera tipo de comunicación coa denunciante e do achegamento a menos de 500 metros.

Polo delito de lesións pide unha multa de 900 euros. Tamén reclama o pago dunha indemnización á vítima de 10.000 euros polos danos morais causados. Pola súa banda, a defensa solicita a absolución.

A xornalista herculina Sofía Casanova, xa no fondo da Real Academia Galega

0

O arquivo da Real Academia Galega incorporou a Galiciana-Arquivo Dixital de Galicia as dixitalizacións do fondo de Sofía Casanova, escritora e xornalista nada na Coruña en 1861. Foi unha das primeiras españolas que exerceu como correspondente de guerra, testemuña directa da Revolución Rusa e a primeira xornalista que entrevistou a Trotski.

Coincidindo co aniversario do seu falecemento, a RAG dixitalizou o fondo da autora que custodia, composto por 55 cartas, 61 orixinais de poemas e memorias e un conxunto de artigos e cartas sobre ela.

“A documentación permite profundar no lado máis persoal dunha pioneira que foi membro correspondente da Real Academia Galega desde a fundación da institución en 1906 e de honra desde 1952”, sinalan nun comunicado.

Os manuscritos literarios e autobiográficos foron ordenados pola súa neta Cristina Niklewitz, que lles doou á Real Academia Galega en 1971.

Lembran que a institución recibira, décadas antes, en 1948, unha serie de cartas que lle remitiu a distintos membros da familia Bugallal, da que era gran amiga, entre elas varias dirixidas a Pilar Marchesi e ao tamén académico José Luís Bugallal Marchesi. A doazón completouse con novas achegas da familia do xornalista en 2001.

Entre a documentación conservada pola RAG figura un manuscrito de 1929 no que, baixo o título de ‘notas persoais’, Sofía Casanova lembraba como xa naquel momento vivira 20 anos entre España e Polonia “educando ao meu tres fillas, enfermeira dun marido enfermo e cultivando a literatura con intervalos de anos”.

O I Guerra Mundial sorprendeu nese país ao seu marido, o filósofo Wincenty Lutoslawski, conde polaco co que se casou en 1887 e do que acabaría separándose.

Alí, comprometida co nacionalismo polaco, traballou durante un ano no hospital improvisado na estación central de Varsovia. “Arrastrada coa miña familia na retirada dos rusos (agosto 1915), pasamos, por etapas cruentas, a Moscova e logo a Petersburgo, onde pasamos tres anos. Fun testemuña e vítima non só da guerra máis terrible da historia, senón tamén das revolucións que destruíron o Imperio Ruso en sangue”, proseguía.

Algo do vivido por aquel entón “perdura”, segundo ela mesma advertía, en distintos títulos que recompilan ou amplían as crónicas que publicou en ABC ou noutros volumes que beben igualmente daqueles episodios históricos e mostran a súa posición contraria á revolución, como A revolución bolchevista: (diario dunha testemuña) (1920) ou Na corte dos tsares (1924).

Todos estes títulos forman parte dun legado literario con libros desde finais do S.XIX, entre eles a súa primeira novela, O doutor Wolski (1894); o poemario Fugaces (1898), parte da colección Biblioteca Galega; ou a novela Princesa do amor fermoso (1909), novela ilustrada por Castelao.

No breve manuscrito, Casanova lembraba tamén o seu retorno a España en 1919. A pesar de pertencer a unha familia acomodada, regresaba “case cega e pobrísima”, tras anos marcados polos conflitos bélicos.

“A miña amada Coruña outorgoume un recibimento que me resucitou”, contaba sobre unha estancia na que se lle outorgó a Gran Cruz de Beneficencia. Anos despois, as mostras de agarimo volverían cando se solicitou para ela o Nobel de literatura.

Sofía Casanova pasou os últimos anos da súa vida en Polonia, na cidade de Poznan. Alí faleceu o 16 de xaneiro de 1958, con 96 anos.

Cuadernos de Roldán presentou o seu concurso poético e plástico arredor de Mondariz Balneario

0

Cuadernos de Roldán é unha iniciativa que se desenvolve dende Sevilla, fundamentalmente por Sevilla. Son un grupo de persoas que dedica á promoción sen ánimo de lucro da poesía e a cultura, e unha das accións máis relevantes que fai, ademais dun almanaque, son a publicación de cadernos ao ano: un Cuaderno de outono, un Cuaderno de inverno e un Cuaderno de verán.

Eses “Cuardernos” con unhas pequenas publicacións abertas a todo o que queira participar, e para animar á xente e enchelos de contidos, organizan un interesante concurso.

Cada ano, é o Cuarderno de Inverno o que sae fóra das fronteiras de Andalucía. Foi no seu día en París, en Barcelona, en Madrid, en Lisboa… Este 2024 volve a Galicia, onde xa estivo en 2002 facendo para e fonda en Santiago, creando unha edición única na que colaboraron Laxeiro, Alfredo Conde, Luís Pereiro entre outras personalidades.

”Tratamos de sacar traballos de calidade de xente que habitualmente non ten a posibilidade de publicar”, explica o auténtico armandanzas desta singular entidade, José Manuel de la Puente, que presentou a semana pasada a iniciativa na Biblioteca Miguel González Garcés, no barrio de Monelos, para a cidadanía da Coruña.

Este ano o epicentro do Concurso será o Concello de Mondariz Balneario, onde o 25 de febreiro se presentará o Cuaderno de Inverno máis galego da década. Será nun encontro no que xa, de seguro, participarán máis de 50 persoas chegadas dende Andalucía

Como presentarse ao concurso

Así, se queres que a túa creación, a túa poesía ou pintura vinculada ao singular concello pontevedrés, vaia nesa publicación, tes ata 25 de xaneiro de 2024, e podes envialas a jmdlpuente@gmail.com no tamaño máximo de 21 liñas en obras literarias; as reproducións da obra gráfica deberán ter un mínimo de 1.063 píxeles de ancho por 1.535 píxeles de alto.

O actor Viggo Mortensen súmase á campaña #Aquítaménsefala do IES Rafael Diesto

0

O actor Viggo Mortensen sumouse á campaña ‘Aquí tamén se fala’ posta en marcha polo IES Rafael Dieste da Coruña para o fomento da lingua galega.

No perfil de ‘Instagram’ da campaña pódese ver un vídeo no que o actor defende ás linguas como “o tesouro dos pobos”. “Por iso hoxe, en Galicia, onde estea, tamén falo galego” –por iso hoxe, en Galicia, onde estea, tamén falo galego”, destaca.

‘Aquí tamén se fala’ é unha campaña de dinamización lingüística que empezou no Ies Rafael Dieste da cidade da Coruña e que se estendeu por centros educativos de toda a comunidade.

Máis novas

#AquíTaménSeFala: Nova campaña de dinamización da lingua dende o IES Rafael Dieste e a Universidade Laboral

#Aquitaménsefala: A BSO do IES Rafael Dieste faise en galego

A Fundación Marta Ortega solicita unha concesión no porto da Coruña para actividades e eventos

0

A Fundación Marta Ortega (MOP), da presidenta de Inditex, solicitou unha concesión no porto da Coruña para actividades e eventos, segundo publica o Boletín Oficial do Estado (BOE).

En concreto, recóllese o inicio do trámite de competencia de proxectos en relación coa solicitude da concesión presentada pola Fundación MOP para “a ocupación de superficie e instalacións titularidade da Autoridade Portuaria existentes no peirao de Batería”.

“Para o desenvolvemento de actividades e eventos vinculados ao uso porto-cidade”, recolle o BOE en relación á petición exposta pola fundación.

Así mesmo, precisa que se poden presentar outras solicitudes cun prazo de presentación dun mes a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE.

A Fundación realizou ata a data tres exposicións nesta zona do peirao, en concreto as dos fotógrafos Peter Lindbergh, Steven Meisel e Helmut Newton.

Máis novas

132.000 persoas visitaron a exposición ‘Steven Meisel 1993’ na Coruña

Sabes canto cobran os dirixentes de Inditex?

Un novo transporte especial colocará a pasarela de Pedralonga

0

O transporte especial da pasarela de Pedralonga, que se executa na avenida de Alfonso Molina, que une o barrio de Eirís co Alcampo, realizarase esta vindeira madrugada do venres ao sábado. O horario estimado de paso comprenderá entre as 23,30 horas do venres e as 7,00 horas do sábado.

Pasará polo Concello de Culleredo, atravesando a antiga Nacional 550 desde o límite con Cambre, en Alvedro, ata o límite coa Coruña, en O Portádego, pasando por Vilaboa.

Dado o paso por unha importante zona urbana haberá un operativo especial de Policía Local e Guardia Civil.

O PSOE da Coruña ve a celebración da Conferencia Política na cidade como o compromiso de Pedro Sánchez con Galicia

0

O secretario provincial do PSOE da Coruña, Bernardo Fernández, considerou que a decisión do Partido Socialista de elixir a cidade de herculina para celebrar a súa Conferencia Política mostra o compromiso da formación e do seu presidente, Pedro Sánchez, con Galicia.

Así o manifestou nun comunicado remitido aos medios, no que sinala que este compromiso se manifestou, entre outras medidas, na aprobación do incremento das pensións, xa que “máis de 800.000 pensionistas galegos benefícianse da medida, pese ao voto en contra dos deputados galegos do PP”.

“Sempre se presentan como defensores dos intereses desta terra, pero á hora da verdade, os feitos non acompañan as súas palabras”, critica o socialista en referencia ao PP.

Fernández sinalou que a delegación dos socialistas da provincia na conferencia recolle o músculo que ten o partido nos concellos, con todas as alcaldías e deputacións que gobernan en Galicia. A lista de representantes provinciais inclúe diversos militantes de todas as comarcas, coa presenza de múltiples agrupacións locais.

Para o socialista, este músculo a nivel local que se mostrará na conferencia é froito do traballo incansable e do compromiso dos compañeiros e compañeiras socialistas cos seus veciños.

O secretario xeral provincial tamén puxo en valor a candidatura para as eleccións autonómicas presentada na provincia, composta por “compañeiros e compañeiras históricas” e tamén por 2novas caras que entenden que o PSOE é a única opción para garantir o futuro da cidadanía galega”.

Ademais, dixo que esta conferencia será unha ocasión para “pór en valor o labor que este partido fai en Galicia, e para recoñecer o que está a facer o Goberno do Estado, por exemplo, coa bonificación da AP-9”.

“O noso candidato, José Ramón Gómez Besteiro, fai un traballo incansable liderando a Comisión de Transportes para conseguir ese obxectivo común de todos os galegos e galegas, a gratuidade da AP-9”, finalizou.

Denuncian cortes de luz no barrio de Martinete

0

Esta pasada noite a veciñanza de Martinete tivo que chegar a casa é escuras. Un apagón xeral provocou unha situación moi incómoda para a veciñanza de rúas como Luís Peña Novo. A veciñanza lamenta que ao remate das obras acontenzan esta situación e denuncian o abandono deste pequeno barrio situado preto de Elviña.

A veciñanza explica que levan facendo obras no sistema eléctrico dende outubro, instalando postes novos da luz sen soterralos. ”Remataron onte coas obras e a sorpresa é que agora non hai alumeado público”, denuncian. “Deuse aviso ao 010 na tarde de onte e esta mañá aínda non se acendeu”.