Inicio Blog Páxina 495

O novo reitor da UDC, Ricardo Cao, busca incrementar o financiamento e impulsar a investigación

0

O novo reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, fixou como retos mellorar o financiamento e impulsar a investigación, así como afrontar os novos desafíos coa colaboración e implicación de toda a comunidade universitaria.

Fíxoo nun acto celebrado no reitorado coruñés con presenza de autoridades políticas, económicas e sociais, entre elas o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen defendeu o plan de financiamento vixente, aínda que admitiu que “todo é mellorable”.

Na súa intervención, incidiu no “papel importante que xogan as universidades de Galicia”. “Hai que escoitalas, son o motor que fai avanzar os territorios”, apostilou.

Delas, dixo tamén que están “conectadas cn a sociedade” e reivindicou o seu traballo en ámbitos como a internacionalización. No caso da UDC, remarcou as oportunidades vinculadas ao ámbito das tecnoloxías, a través da Cidade do TIC. Do novo reitor, subliñou a súa vinculación desde hai “moito tempo” coa unviersidad.

“É fundamental chegar a consensos, garántese a estabilidade”, remarcou tamén o titular do Executivo galego en liña cos chamamentos feitos a este respecto polo novo reitor da UDC.

Ademais, entre outras cuestións, Cao apelou a captar e reter talento, fomentar a investigación e elaborar uns novos estatutos e abordar cuestións como a relativa aos postos de traballo na UDC. Todo iso nun discurso con demandas dunha “adecuada distribución de fondos”.

Ante o contexto das próximas eleccións autonómicas, pediu aos partidos políticos que escoiten ás universidades para elaborar as súas propostas en materia de financiamento, que aposten pola ciencia, a investigación e a innovación e que establezan mecanismos para reforzar o sistema universitario galego.

Antes, e ante as autoridades presentes, o xa exrector da UDC, Julio Abalde, agradeceu o traballo do seu equipo nestes anos nun proxecto centrado “na defensa dunha universidade pública, galega, de calidade e innovadora”.

Absolven un condutor ebrio que chocou cun bus na Coruña por invadir o carril de autobús

0

A Audiencia Provincial da Coruña absolveu a un home que, en xaneiro de 2020 mentres conducía baixo os efectos do alcol, chocou, na cidade herculina, contra un autobús que se achaba detido nunha parada sinalizada invadindo parte do carril polo que circulaba o acusado. Entre outros argumentos, o fallo sostén que o sucedido non se pode atribuír a unha “exclusiva responsabilidade” súa.

O condutor recorreu a sentenza ditada polo Xulgado do Penal número 4 da cidade herculina que, en abril de 2022, condenouno por un delito contra a seguridade viaria baixo a influencia de bebidas alcohólicas e impúxolle o pago dunha multa de 1.440 euros e a prohibición de conducir durante un ano. Agora, a sección primeira da Audiencia coruñesa revogouna.

O fallo contempla, por unha banda, que as dúas tomas do control de alcoholemia realizadas ao procesado non superan o índice de 0,60 miligramos, cantidade necesaria “para determinar un pronunciamento obxectivo de culpabilidade”.

Sinala, ademais, que “os signos externos que presentaba o acusado non son determinantes”. “O feito probado limítase a indicar que o apelante presentaba cheiro a alcol no alento e os ollos brillantes, ningún deles necesariamente asociados coa incapacidade para conducir”, concreta.

Respecto da colisión, a sentenza indica que “non se pode atribuír a unha exclusiva responsabilidade do apelante vinculada coa diminución de facultades orixinada pola previa inxesta de alcol”.

No entanto, a Audiciencia Provincial indica que “é certo” que o apelante “actuou sen a dilixencia necesaria, como demostra a colisión, pero concorren no feito unha serie de factores circunstanciais que impiden fixar esa relación causal entre inxesta, accidente e delito”.

“Hai que partir do feito de que o autobús ocupaba unha porción non desdeñable do carril polo que circulaba o acusado, 70 centímetros, ao que cumpre sumar outros factores concorrentes, como a presenza doutros vehículos na zona ou a súa velocidade, nos termos que indicaron os axentes ao testificar”.

“Co que supón de necesidade de atender a distintos puntos da vía e de prestar atención a diferentes estímulos, entre os que non se acha, baixo ningún concepto, a ocupación do carril por un vehículo de servizo público detido”, conclúe.

As Listas do BNG para a provincia da Coruña de cara ás eleccións Galegas

0

O BNG presenta tamén a lista completa de cara ás eleccións galegas do 18 de febreiro de 2024. Unhas eleccións que chegan despois do reencontro entre o BNG e políticos de peso como Xosé Manuel Beiras ou Martiño Noriega.

Entre as 25 persoas da lista da provincia atopamos varias pesoas da Coruña, dende a edil Mercedes Queixas Zas, pasando pola tradutora Iria Taibo Corsanego, ou a traballadora da Xunta Cristina López Sánchez (As Mariñas)

A CORUÑA

  1. Ana Pontón Mondelo
    Portavoz Nacional do Bng e candidata á Presidencia da Xunta
    Compostela – A Barcala – Terra de Ordes
  2. Mercedes Queixas Zas
    Escritora e traballadora do ensino público. Deputada no Parlamento de Galiza na última lexislatura
    A Coruña
  3. Rosana Pérez Fernández
    Foi Deputada no Congreso e Deputada no Parlamento de Galiza na última lexislatura
    A Barbanza
  4. Ramón Fernández Alfonzo
    Foi Dirixente da CIG-Industria. Deputado no Parlamento de Galiza na última lexislatura
    Ferrolterra
  5. Daniel Pérez López
    Avogado. É concelleiro en Carballo. Deputado no Parlamento de Galiza na última lexislatura
    Bergantiños
  6. Iria Carreira Pazos
    Médica residente. Deputada no Parlamento de Galiza na última lexislatura
    Compostela – A Barcala – Terra de Ordes
  7. Óscar Ínsua Lema
    Avogado
    Costa da Morte
  8. Iria Taibo Corsanego
    Tradutora e traballadora autónoma.
    A Coruña
  9. Xosé Manuel Golpe
    Técnico especialista en enerxías renovábeis.
    Ferrolterra
  10. Saleta Chao Rivas
    Educadora familiar.
    Compostela – A Barcala – Terra de Ordes
  11. Júlio Conde López
    Investigador en educación ambiental na USC
    Compostela – A Barcala – Terra de Ordes
  12. Cristina López Sánchez
    Traballadora da Xunta.
    As Mariñas
  13. Joam Luís Ferreiro Caramés 
    Biólogo mariño
    Ferrolterra
  14. Carolina Castiñeiras Brandón
    Portavoz municipal na Laracha vicerresponsabel na comarca de Bergantiños
    Bergantiños
  15. Primitivo Pedrosa González
    Mariñeiro.
    Costa da Morte
  16. Alba López Regueiro 
    Estudante de Filoloxía galego-portuguesa
    A Montaña
  17. Ánxel Rial Otero
    Responsábel de oficina técnica e coordinador de proxectos nunha industria da madeira
    Ferrolterra
  18. Sandra Permui Meizoso
    Educadora infantil. Concelleira en Fene
    Ferrolterra
  19. Xesús Seixo Fernández
    Ex- Secretario Xeral da CIG
    Compostela – A Barcala – Terra de Ordes
  20. Antonio Vilaverde Rei
    Estudante de enxeñería. Activista no movemento cultural e social.
    Compostela – A Barcala – Terra de Ordes
  21. Carlos Manuel Callón Torres
    Escritor e profesor de ensino medio
    Asemblea da Emigración
  22. Agustina Cortés Romero
    Técnica superior de administración e finanzas
    Ría de Muros e Noia
  23. Elvira Souto Presedo
    Profesora de Didáctica da Lingua e Literatura na UDC
    Compostela – A Barcala – Terra de Ordes
  24. Xesús Miguel de Toro Santos
    Escritor
    Compostela – A Barcala – Terra de Ordes
  25. Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”
    Deputado no Parlamento de Galiza na última lexislatura.
    A Montaña

SUPLENTES:

  1. Beatriz Pérez Mosquera
    Técnica no Consello da Cultura Galega. Implicada nos movementos sociais.
    A Coruña
  2. Alberte García Sánchez
    Xestor cultural
    A Barbanza
  3. Cristina Andrade
    Empregada pública
    A Barbanza
  4. Xan Fernández Bello
    Empregado público. Implicado no asociacionismo no ámbito cultural
    Compostela- A Barcala- Terra de Ordes
  5. Xan Freire Otero
    Traballador do Sergas
    Compostela- A Barcala- Terra de Ordes

Máis novas

Moita presenza herculina nas ñistas de Sumar Galicia para as eleccións galegas

Diego Calvo encabeza a renovada lista do PP na provincia da Coruña

 

O PSOE acometerá cambios “cirúrxicos” na Executiva Federal, ademais de nomear nova portavoz

Alerta Laranxa: A borrasca Irene deixará ventos fortes en toda Galicia e choivas intensas en zonas da Coruña

0

O achegamento da borrasca Irene deixará ventos fortes en Galicia, tanto en terra como en mar, e choivas intensas en zonas da Coruña e no sur de Ourense durante a tarde-noite deste martes.

Así, Meteogalicia activou a Alerta Laranxa por vento do sur forza 8 no litoral da Coruña –Noroeste e Costa da Morte — e nas Rías Baixas, entre as 18,00 horas deste martes e as 00,00 horas do mércores.

Ademais, mantén activo o aviso amarelo en toda Galicia desde as 15,00 horas por ventos de sur-suroeste con refachos de máis de 70-80 quilómetros por hora.

Haberá tamén mar combinado do suroeste con ondas de ata 6 metros.

En canto ás choivas, o aviso amarelo esténdese ao oeste e suroeste da Coruña e ao sur de Ourense, por acumulacións de 40 litros en 12 horas. No caso da provincia da Coruña o aviso está activo entre as 15,00 horas e as 00,00 horas, mentres que en Ourense será entre as 21,00 horas e as 09,00 horas.

Sobre o aviso amarelo por ondas na Costa da Morte e nas Rías Baixas, Meteogalicia prevé ondas de catro a cinco metros durante a noite e ata as 09,00 horas do mércores.

Moita presenza herculina nas listas de Sumar Galicia para as eleccións galegas

0

Presentáronse as candidaturas completas de Sumar Galicia nas catro provincias, tendo a da provincia da Coruña como número 1 á candidata á presidencia Marta Lois. Xunto a ela, entre os 5 primeiros, as herculinas Berta Vigil Ortega, Juan Díaz Villoslada e Ángel Cabo Benedetti

A CORUÑA

1. Marta Lois (Santiago). Portavoz de Sumar no Congreso dos Deputados. Profesora da USC.

2. Paulo Carlos López (Betanzos). Portavoz de Sumar Galicia. Profesor da USC.

3. Berta Vigil Ortega (A Coruña). Funcionaria do INE.

4. Juan Díaz Villoslada (A Coruña). Licenciado en Dereito. Funcionario do Concello da Coruña.

5. Ángel Cabo Benedetti (A Coruña). Docente.

6. Dolores Caramés Hermo

7. Jorge Suárez Fernández

8. Carmen Armada Martínez

9. Xosé Lois Piñeiro

10. Julia Cea Cabanelas

11. Fco. Javier Permuy López

12. Plácido Lizancos Mora

13. Carme Casado Casado

14. Alba Novo Sanchez

15. Luisa Pasín Mato

16. Alicia Carrera Castaño

17. Luis Victor Ruiz Rodríguez

18. María del Mar Sobrín Sueiras

19. Adrián Álvarez Rodríguez

20. Aurora Paz Viruet

21. Teresa Vázquez

22. Pablo Tato Calviño

23. Manuel Seijas Caamaño

24. Marilar Jiménez Aleixandre

25. Xesús Díaz Díaz

S1. María José Rama Insua

S2. Alfredo Manuel González López

S3. Trinidad Palacios Raposo

S4. Juan Francisco Soler Fernández

S5. Henrique Monteagudo

Máis novas

O exsocialista Juan Díaz Villoslada incorpórase a Sumar Galicia: “Ten que ser un proxecto de longo percorrido”

18F- Podemos presentarase finalmente en solitario ás eleccións galegas

Diego Calvo encabeza a renovada lista do PP na provincia da Coruña

Avanza a instalación de tres novas bases de BiciCoruña na zona Universitaria

0

O Concello da Coruña iniciou os traballos previos parainstalar tres novas bases do servizo municipal BiciCoruña nos campus universitarios de Elviña e Zapateira. Persoal técnico municipal e da Universidade da Coruña (UDC) examinaron xa os puntos onde está previsto habilitar o tres estaciones para proceder ao seu reformulo.

“Enclaves nos que, como paso preliminar á posta en servizo, será necesario executar diversas intervencións de obra civil”, precisa. Entre elas, cita a construción de gabias e instalación de tubaxes para canalizar a subministración eléctrica ou a disposición das arquetas que estarán conectadas á rede.

Sabes que terá e cando estará operativa a plataforma para actividades náuticas do Parrote?

0

A plataforma flotante para actividades náuticas e deportivas que se construirá no Parrote, na Coruña, estará operativa no verán de 2025, segundo as previsións da Xunta e a Autoridade Portuaria.

Así o manifestaron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, despois dunha reunión mantida este luns sobre a construción desta estrutura. Tras ela, explicaron que a empresa galega Aquática Enxeñaría gañou o concurso de ideas para o deseño da plataforma. Agora, nun prazo de tres meses, o Porto entregará á Xunta o proxecto definitivo aprobado para que o Goberno galego licite e execute a obra.

A idea é que sexa unha zona de iniciación ao deporte“, sinalou Fernández Prado tras destacar que “se trata dunha plataforma que pretende facilitar o desenvolvemento coa maior seguridade posible de deportes náuticos”. A área contará, ademais, cun edificio de apoio, unha cafetaría e unha bancada “que vai permitir sentar confortablemente para maior goce da fachada marítima”.

Ethel Vázquez, pola súa banda, indicou que a obra prevista custará 2,8 millóns de euros e dixo que a proposta gañadora “achega sinxeleza e funcionalidade”. “A previsión é no verán de 2025 contar con esta infraestrutura”, avanzou.

Unha decena de artistas acompañarán a Luar na Lubre no seu concerto do 26 de xaneiro no Teatro Colón

0

Unha decena de artistas acompañarán a Luar na Lubre no seu concerto do 26 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña, onde presentarán o seu novo traballo. Nel, segundo informa a organización, a banda de folk interpretará cancións emblemáticas dos seus case 40 anos de traxectoria. Farao acompañada de grandes voces coas que colaboraron ao longo destas décadas.

O seu último traballo, que leva por título ‘Luar na Lubre XX. Encrucillada’, contén fotografías e textos de personalidades da música, a literatura e o xornalismo. Rosa Cedrón, Marisa Vale Roso, SÉS, Irene Cerqueiro, Anna Espinosa, Xoan e Noa Antepazos, Irene Sánchez ‘Filandeira’, David Vázquez Adkin, Alumnos de Nuria Naya da Escola Entresons e Pablo Carreira (gaiteiro) acompañarán ao grupo no escenario.

Monte Alto rescata a lenda do Santo Amaro

0

Aló por 1935, o mesmo ano da fundación do Club do Mar, Uxío Carré Alavarellos recollía a Lenda do Santo Amaro. Este século XXI é Xurxo Souto o que toma o legado do escritor coruñés na intención de rescatar a fermosa lenda. O eterno dinamizador de Monte Alto foi protagonista, xunto co grupo teatral “Noite Bohemia”, do evento organizado polo colectivo Rego da Serpe (outro topónimo con historia que sinala o camiño que baixa ao areal) esta mañá de domingo sobre a propia area.

Abríase o sol para acoller unha mañá máxica nun areal onde se mesturaban os ambientes. No centro, a comitiva cultural. Na zona de Durmideiras os veciños sacaban o peito ao sol mentres lanzaban pelotas aos seus cans. Non fallaban os e as bañistas que aproveitan cada raio de sol para mollar o corpo. Na outra banda os mergulladores disfrutaban da calma do mar, e preto de onde varias voluntarias limpaban microplásticos con paciencia e compromiso, unha máquina municipal recuperaba o corpo sen vida dunha foca que aparecía varada na mesma mañá.

Xurxo puña en ambiente, presentaba a historia d“o santo navegante que atopou á illa do Paraíso”, que xa recolleu no o libro “Contos da Coruña” (Ed. Xerais, 2007). Unha fermosa lenda para trasladar aos nosos pequenos, e que serve ademais de vínculo coa romaría en Matamá, padroeiro da comunidade galega de Lisboa, sobre un santo que non recoñecía a relixión católica pero que tivo que adoptar tras vincularse con Mauro.

Ademais da bughina de Xurxo (e tamén o de Rodrigo Osorio), soaban as gaitas montealteñas, e tamén o acordeón de Xurxo, para dar paso á cantiga tradicional entoada polas bravas rapazas da compañía de “teatro de base” Noite Bohemia, antes de realizar conxuntamente unha versión teatralizada da lenda dirixida por Mariña.

Cantareiras de Noites de Bohemia cantando con Xurxo Souto a cantiga a Santo Amaro
Cantareiras de Noites de Bohemia cantando con Xurxo Souto a cantiga a Santo Amaro

Foi Javier Fdez. Mariño o que expuxo o traballo do seu grupo teatral, agradecendo a vontade e o talento das rapazas e dando pé a unha parte da montaxe que xa se preestreou no Curros Enríquez e que se estreará o vindeiro sábado 20 de xaneiro no propio Club do Mar, e á que toda a cidade está invitada.

O mar Callado da lenda de Santo AMARO POR Noite de Bohemia
Noite de Bohemia representan do o mar callado da lenda en pleno areal

”Amaromanía”

O movemento arredor de Santa Amaro xa está a ser tendencia e o propio Xurxo como Amaromaría completáse con outro proxecto fermoso: a banda herculina Bestas, de Pablo Canosa, está preparando unha versión punki da cantiga tradicional.

A xornada rematou con agradables conversas, pero tamén coas mesmas protagonistas que recreaban o mar callado da lenda e que entoaban a cantiga, recollendo os microplásticos coas súas propias mans.

Novas relacionadas

Xurxo Souto rescata a Romaría do Santo Amaro, a festa dos emigrantes galeg@s

ARTIGOS DE XURXO SOUTO NO XORNALDACORUÑA

 

Aviso laranxa por vento do sur de forza oito no litoral da Coruña

0

O achegamento da borrasca Irene deixará ventos fortes en Galicia, tanto en terra como en mar, e choivas intensas en zonas da Coruña e no sur de Ourense durante a tarde deste martes. Así, Meteogalicia activou un aviso laranxa por vento do sur forza oito no litoral da Coruña (Noroeste e Costa da Morte) e nas Rías Baixas, entre as 18.00 horas deste martes e as 00.00 horas do mércores.

Ademais, mantén activo o aviso amarelo en toda Galicia desde as 15.00 horas por ventos de sur-suroeste con refachos de máis de 70-80 quilómetros por hora. En canto ás choivas, o aviso amarelo esténdese ao oeste e suroeste da Coruña e ao sur de Ourense, por acumulacións de 40 litros en 12 horas. No caso da provincia da Coruña o aviso está activo entre as 15.00 horas e as 00.00 horas, mentres que en Ourense será entre as 21.00 horas e as 09.00 horas. Sobre o aviso amarelo por ondas na Costa da Morte e nas Rías Baixas, Meteogalicia prevé ondas de catro a cinco metros durante a noite e ata as 09.00 horas do mércores.