Inicio Blog Páxina 5

Últimos días para que as bandas emerxentes se inscriban no concurso de Sonidos Mans Salas

0

A Fundación Paideia Galiza, coa colaboración da Deputación da Coruña, vén de poñer en marcha unha nova edición de Sonidos Mans Salas, un concurso dirixido a solistas e bandas galegas emerxentes, de calquera estilo musical. Os tres proxectos finalistas poderán gravar un tema e un videoclip nos Estudios Mans da Coruña. Ademais, a banda ou solista gañadora, protagonizará unha actuación ao vivo nunha sala de concertos da provincia da Coruña.

A inscrición permanecerá aberta ata o 24 de xullo a través da web https://salas.sonidosmans.com/

As bandas e solistas interesadas deberán presentar unha canción orixinal mediante o formulario habilitado na plataforma. Un xurado integrado por Sabela Maneiro, integrante de Tanxugueiras; Lucía Aldao, poeta, música e líder da banda PAVA; e o cantante e compositor Enrique Ramil avaliará todas as candidaturas recibidas e seleccionará os tres proxectos finalistas. Estes actuarán en directo o vindeiro 30 de agosto no marco do Festival de la Luz, en Boimorto, nunha audición final da que sairá o proxecto gañador.

A Fundación Paideia Galiza e o seu apoio a artistas emerxentes

Con esta nova edición do concurso Sonidos Mans Salas , que vai xa pola súa sétima convocatoria, continúase co traballo a prol do desenvolvemento de novos proxectos musicais galegos da Fundación Paideia Galiza. Este concurso súmase ó resto de accións que a organización desenvolve para fomentar a actividade artística no sector da música e máis recentemente tamén no sector da danza, poñendo ao servizo das/os artistas emprendedoras/es ferramentas necesarias para visibilizar e profesionalizar os seus proxectos.
Entre as diferentes actividades que se desenvolven a través de Estudios Mans, destacan actividades de aceleración, formación en competencias profesionais, así como a promoción e gravación de artistas.

Estudios Mans ou a gravación de máxima calidade accesible para toda clase de proxectos

 

Primeira edición do ‘Encontro de Música Aberta’ na sede dos Estudos Mans, unha cita na que conectar o sector musical galego con todos os públicos

Impulsan a creación da Área de Prestación Conxunta do taxi

O sector do taxi mantivo unha reunión onte co equipo de goberno no Pazo de María Pita.  Ricardo Villamisar Varela —presidente de TeleTaxi— e Antonio Vázquez Ramos —presidente de RadioTaxi—, manriveron un encontro de traballo co voceiro do Goberno municipal e concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage e a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montse Paz, coa idea de impulsar unha Área de Prestación Conxunta que mellore o servizo público de taxi na Coruña e a súa área metropolitana e, do mesmo xeito, que facilite e mellore as condicións de traballo dos profesionais do sector.

Seguindo as indicacións da Xunta, tralas problemáticas xeradas arredor do Aeroporto, e os VTC, o Concello traballará cos concellos da área metropolitana para buscar a aprobación dunha ordenanza de carácter supramunicipal que regule a Área de Prestación Conxunta. Ordenanza que será consensuada cos concellos de Oleiros, Arteixo, Cambre e Culleredo e tamén co propio sector antes da súa aprobación para recoller as súas achegas e contribuír así á mellora do servizo para os usuarios mais tamén para que os propios taxistas poidan desenvolver o seu traballo nas mellores condicións posibles.

Máis novas

A Xunta propón crear unha Área de Prestación Conxunta de taxi na Coruña e na súa comarca

Culleredo reforza a vixilancia policial sobre os taxis en Alvedro por incumprimentos na bolsa de reforzo

Os taxistas volven mobilizarse masivamente na Coruña para esixir que os VTC “cumpran a lei”

Achan sen vida a José Manuel Baeza, veciño de Culleredo desaparecido o pasado venres

0

José Manuel Baeza Durán, veciño de Culleredo foi atopado sen vida este luns. O home de 67 anos estaba desaparecido desde o pasado venres e padecía párkinson e acúfenos severos. Tal e como confirmou a Garda Civil da Coruña, foi localizado ao redor das 20.10 horas da tarde do luns, na ría do Burgo, á altura do Hospital Materno Infantil.

O achado produciuse despois de que o servizo aéreo da Garda Civil, que participaba nos labores de búsquedam avistase un corpo. Segundo os primeiros resultados da autopsia, o falecemento produciuse o pasado venres, coincidindo coa data da súa desaparición. As causas das mortes están a ser investigadas polas autoridades competentes.

Condenado un cabo do acuartelamento de Atocha por abuso e malos tratos a un soldado

O Tribunal Militar Territorial da Coruña condenou a un cabo do Exército de Terra, destinado no acuartelamento de Atocha, na cidade herculina, ao pago dunha multa de 180 euros e dunha indemnización de 2.000 en concepto de danos morais por abuso e malos tratos a un soldado en relación a un caso no que se iniciaron actuacións xudiciais en 2025.

Segundo consta na sentenza e tal e como recoñeceu o condenado, o día no que sucederon os feitos este militar chegou ao cuartel de madrugada en “evidente estado de embriaguez e cheiro a alcol”.

Alí, concreta, amedrentou a un subordinado a quen impediu a saída dun aseo “agarrándolle polo pescozo cunha man e despois suxeitándolle pola pechera con ambas as mans empuxándolle contra a parede varias veces”.

Os feitos relatados son considerados constitutivos dun delito de abuso de autoridade na modalidade de malos tratos de obra, o que foi aceptado polo condenado como recolle o fallo do Tribunal Militar Territorial da Coruña.

Licitan, por fin, a xestión dos Centros Deportivos Municipais de San Diego e O Castrillón

0

Levan anos sendo foco de problemas laborais, en boa medida pola caducidade dos seus contratos. Así, é unha moi boa nova a licitación a xestión dos centros deportivos de San Diego e O Castrillón. A concesión será por un período de 30 anos sen posibilidade de prórroga.

Ademais da mellora da oferta deportiva nestes complexos, o futuro adxudicatario deberá comprometerse a facer investimentos de remodelación importantes, especialmente no Centro Deportivo de San Diego, por unha contía non menor de 676.799 euros o primeiro ano e con novas intervencións de modernización do material e das instalacións cada cinco anos, investindo ao menos 200.000 euros en cada quenda, nos anos 6, 11, 16, 21 e 26 da concesión.
En total, ao longo dos 30 anos de concesión, estímase que o investimento en ambos os centros rondará os 6,5 millóns de euros.

A concesión preséntase como un lote único para a xestión de ambos os centros.

Ademais dunha programación de actividades o máis ampla e diversa posible, terase en conta na avaliación das ofertas os proxectos que garantan as mellores condicións laborais do persoal dos centros, coa subrogación da plantilla actual e apostando pola formación e os dereitos dos traballadores e traballadoras.

Entre as melloras establecidas figura tamén unha ampliación do horario de atención ao público, de tal xeito que no canto de abrir as portas ás 08.00 horas, como actualmente, empezarán a dar servizo ás 07.00, unha hora máis que lles facilitará a moitas persoas que traballan con horarios de mañá que poidan tamén acudir ao ximnasio a primeira hora cando ata o momento non podían facelo.

 

Novas relacionadas

Preguntan pola caducidade de varias instalacións deportivas municipais da cidade

Actuais traballadores do CD Castrillón expoñen a súa incredulidade

Esixen que o goberno local tutele o funcionamento do Centro Deportivo do Castrillón

Aberto o prazo para escoller entre as 100 propostas veciñais aos Orzamentos Participativos 2026-2027

0

Aseos públicos en San Agustín, a creación de novos hortos urbanos, a renovación de prazas ou humanización de rúas concretas, melloras de accesibilidade, a creación dun novo parque canino, instalacións de pasos de peóns… son algunhas das propostas aportadas pola veciñanza que xa se poden votar para os Orzamentos Participativos 2026-2027 a través de nacorunacontas.coruna.gal.

O Concello vén de abrir a fase de votación e todas as persoas empadroadas na cidade que teñan 16 anos cumpridos poderán votar ata o 31 de agosto entre as 100 propostas que superaron o filtrado de admisibilidade e a posterior valoración técnica e económica.

Trátase da cifra máis alta acadada nas últimas edicións dos Orzamentos Participativos. Na edición de 2019 chegaron á votación 81 propostas; en 2021 foron 55 e, en 2022, un total de 61.

As 100 propostas representan un investimento conxunto estimado de 12,6 millóns de euros, case cinco veces superior aos 2,6 millóns dispoñibles. Desta dotación, 2.080.000 euros —o 80 %— repartiranse entre os dez distritos da cidade, mentres que os 520.000 euros restantes —o 20 %— estarán destinados a propostas de ámbito de cidade.

Das máis de 400 iniciativas presentadas pola cidadanía durante os meses de maio e xuño, chegaron á votación 80 propostas de distrito e 20 de cidade. Todos os distritos contan con actuacións propias. Os que concentran un maior número son o distrito 7, correspondente a Os Castros e Elviña, con 25; o distrito 9, que abrangue Mesoiro e Castro de Elviña, con 13; e o distrito 5, integrado por Riazor, Labañou e Os Rosales, con 11.

Os resultados publicaranse unha vez pechada a votación. As actuacións seleccionadas incorporaranse ao orzamento municipal mediante unha modificación orzamentaria que se elevará ao Pleno ordinario de outubro. A súa execución desenvolverase entre novembro de 2026 e decembro de 2028 e poderá seguirse publicamente na plataforma.

PROGRAMACIÓN DE PUNTOS DE VOTACIÓN PRESENCIAL

Para facilitar a participación das persoas que prefiran votar de maneira presencial, o Concello habilitará dez postos itinerantes en diferentes barrios entre o 21 de xullo e o 31 de agosto. En cada un deles haberá persoal de apoio para informar sobre as propostas, comprobar o empadroamento e a idade e acompañar a cidadanía durante o proceso de votación.

  • Martes, 21 de xullo | Praza de María Pita | 16.30–19.30 h
  • Xoves, 23 de xullo | Praza Elíptica, Os Rosales | 16.30–19.30 h
  • Martes, 28 de xullo | Fórum Metropolitano, xunto ao Rexistro | 11.00–14.00 h
  • Xoves, 30 de xullo | Mercado de Elviña | 11.00–14.00 h
  • Venres, 31 de xullo | Mercado de Monte Alto | 11.00–14.00 h
  • Mércores, 5 de agosto | Praza de Lugo, zona peonil | 11.00–14.00 h
  • Martes, 11 de agosto | Os Mallos, rúa Ángel Senra | 16.30–19.30 h
  • Mércores, 19 de agosto | Centro Cívico do Birloque | 16.00–19.00 h
  • Mércores, 26 de agosto | Coraza do Orzán | 16.30–19.30 h
  • Luns, 31 de agosto | Centro Ágora, xunto ao Rexistro | 11.00–14.00 h

Máis novas

O Concello da Coruña convoca, tres anos despois, unha nova edición dos Orzamentos Participativos

Delegados sindicais protestan na Coruña tras reclamarlles Gadis 1,2 millóns pola folga en alimentación

0

Delegados sindicais concentráronse na Coruña, ante a sede do Servizo de Mediación e Arbitraxe (SMAC) con motivo do acto de conciliación fixado para este luns despois de que, segundo expuxeron, Gadis reclame aos convocantes dos paros no sector da alimentación — UXT, CIG, CCOO e USO — 1,25 millóns de euros “polo que deixaron de gañar”.

Así o explicou Roberto Pérez, de CIG Servizos, que destacou que as folgas, con xornadas de paro en distintos días en demanda de melloras laborais e salariais tiveron un “éxito moi grande”.

“A folga é un dereito”, sentenciou para cualificar de “temeraria” a demanda exposta polo grupo de distribución alimentaria, que considerou unha “estratexia moi basta” para “influír na negociación”, engadiu sobre un convenio colectivo para as traballadoras e traballadores da provincia da Coruña.

“Queren amedrentar ao persoal e aos sindicatos, pero non o van a conseguir”, engadiu para considerar que, desde o punto de vista xurídico, o exposto por Gadis “non ten ningún percorrido”, engadiu respecto dun acto de conciliación “obrigatorio por lei” e do que, anticipou, “non sairá nada”, en alusión á imposibilidade dun achegamento de posturas.

Neste contexto, os sindicatos convocaron tres novos días de folga no comercio de alimentación para o 24, 25 e 26 de xullo “ante a falta de avances na negociación”, sosteñen.

POSTURA DA EMPRESA

Pola súa banda, desde a empresa precisaron que “a actuación xudicial iniciada pola compañía non cuestiona o dereito de folga”. “O que corresponde determinar aos tribunais é, se durante o desenvolvemento das mobilizacións, producíronse determinados feitos que poidan exceder o exercicio lexítimo do dereito de folga e, por tanto, fosen ilegais, e no seu caso, se deles derívanse responsabilidades”.

“Precisamente para resolver este tipo de discrepancias existen os mecanismos de conciliación e os tribunais de xustiza, aos que calquera persoa ou empresa pode acudir con total normalidade cando considera que uns feitos deben ser valorados xuridicamente”, engadiron.

Por outra banda, o grupo de distribución alimentaria sinalou que “mantén o seu respecto a todas as partes implicadas e continuará defendendo as súas posicións polas vías legais correspondentes, coa mesma normalidade coa que respecta o exercicio dos dereitos sindicais e laborais”.

Postura de CCOO

Á súa vez, CCOO acusou a Gadis de tentar “intimidar aos sindicatos cunha reclamación millonaria”. Nun comunicado, coincidiu en que dita demanda responde a “unha estratexia para amedrentar tanto aos sindicatos como ao persoal e influír no desenvolvemento da negociación do convenio colectivo provincial do comercio de alimentación da Coruña”.

CCOO Servizos subliña que considera “especialmente grave que unha empresa pretenda responsabilizar economicamente aos sindicatos polas consecuencias dunha folga legalmente convocada e secundada polas persoas traballadoras”. Ao seu xuízo, engade, “este tipo de demandas buscan crear un efecto disuasorio fronte ao exercicio dun dereito fundamental”.

Máis novas

O seguimento masivo da folga do comercio e da alimentación: “Hoxe non se compra”

Centos de persoas do comercio de alimentación volven mobilizarse por un “convenio digno e salario xusto”

O Ágora viaxa no tempo ás orixes do Barrio da Zoca

0
Este pasado venres inaugurouse no Centro Ágora a exposición «O Barrio da Zoca. Identidade, raíces e memoria dos Mariñeiros», unha mostra construída coa colaboración da asociación veciñal, das familias e das persoas vinculadas ao barrio.
A través de fotografías, documentos e obxectos cedidos pola propia veciñanza, a exposición recupera a historia dos Mariñeiros, a súa estreita relación co mar, o papel fundamental das mulleres, a vida cotiá e a forza dunha comunidade marcada pola solidariedade, o apoio mutuo e o orgullo de pertenza.

O planetario da Coruña ofrece un documental inmersivo sobre o trío de eclipses de face ao primeiro do 12 de agosto

As sesións inmersivas do documental ‘3CLIPSE’, que acolle o planetario da Casa das Ciencias da Coruña ata o 31 de agosto, achegan ao público ao tres eclipses solares que serán visibles desde a Península Ibérica en 2026, 2027 e 2028. Este será un dos fenómenos astronómicos máis extraordinarios das últimas décadas, que arrincará co do 12 de agosto.

Este museo coruñés conta con case 160 prazas diarias para gozar da proxección, estreada o 26 de xuño de forma simultánea a outros 35 centros de España e Portugal. O programa consta de dúas sesións: unha ás 13.00 horas (en castelán) e outra ás 19.00 (en galego) –os días 25 de xullo e 29 de agosto non se ofrecerá a sesión en castelán–.

A través da historia dunha nena e a súa avoa, o programa acompaña á audiencia nunha viaxe pola relación entre o ser humano e un dos fenómenos máis espectaculares do ceo. Convida a descubrir como se producen as eclipses, que significaron para distintas culturas ao longo da historia e por que seguen espertando fascinación en pleno século XXI, segundo anticipou o Concello.

“A nosa cidade vai ser un lugar privilexiado para presenciar esta histórica eclipse”, apuntou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. Por iso, o goberno local aproveitou a ocasión para reforzar as accións educativas e divulgativas para facer do acontecemento “algo inesquecible”.

DETALLES DA PRODUCIÓN

‘3CLIPSE’ é un proxecto coordinado polo Museo Elder da Ciencia e a Tecnoloxía (Las Palmas de Gran Canaria) e coproducido polo Concello da Coruña a través dos Museos Científicos, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

A cinta, dirixida por Fernando Jáuregui, conta coa participación do estudo de animación coruñés Antaruxa e os técnicos dos Museos Cientificos Bibiana García Visos (produción) e Marcos Pérez Maldonado (guión).

Aberta ata o vindeiro venres a convocatoria artística ‘RE VERSIÓNS’

0

Aberta ata o vindeiro venres, 24 de xullo, a convocatoria artística ‘RE VERSIÓNS’, unha iniciativa impulsada polo Concello da Coruña que convida a reinterpretar a memoria musical coruñesa a través da arte contemporáneo tomando como referencia a historia do Festival Noroeste Estrela Galicia.

A iniciativa pretende pór en valor o legado musical da cidade mediante un diálogo entre creación contemporánea e as bandas e artistas que formaron parte da historia do Noroeste Pop Rock.

Ata o momento, un total de 30 artistas da Coruña e da súa área metropolitana xa formalizaron a súa participación na convocatoria. As súas propostas deberán reinterpretar portadas de discos vinculadas ao universo artístico do festival.

A exposición final reunirá unha selección das obras presentadas, inspiradas nalgunhas das referencias discográficas máis representativas da escena musical relacionada o festival e poderá visitarse de 30 de xullo ao 8 de agosto na Casa Museo Casares Quiroga.

Con todo, as persoas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o 24 de xullo a través do formulario dispoñible en https://reversionesnoroeste.com.

O Festival Noroeste presenta a súa programación por días e espazos