Inicio Blog Páxina 568

Un programa para reducir a fenda dixital en persoas maiores porase en marcha na cidade os días 2 e 3

0

Fundación San Rafael e Cruz Vermella presentaron unha nova edición do proxecto ‘Enredando’, unha iniciativa para reducir a “fenda dixital” nas persoas maiores. Trátase, segundo explicou a directora da Fundación, Dolores Estrada, dunha actuación que forma parte dos eixos nos que traballa a entidade, centrados en formación, investigación e acción social.

Da mesma, dixo que se trata de chegar “a moitas persoas”, no marco dun programa que terá lugar os días 2 e 3 de outubro cunha aula móbil que se instalará no Obelisco e as prazas de Lugo e de Pontevedra, na cidade herculina, pero coa intención de estendelo a outros lugares da provincia. O obxectivo, indicou, é atender as solicitudes vinculadas coas dúbidas dos maiores no manexo das novas tecnoloxías para o uso do móbil, petición de citas do Sergas ou cuestións vinculadas con entidades financeiras, entre outras.

ACTIVIDADES

O programa incluirá unha aula móbil con talleres, segundo explicaron, á súa vez, os representantes de Cruz Vermella. Así, Trinidad de Lorenzo, da unidade de innovación, afirmou que a pretensión é que “a xente perda o medo aos dispositivos dixitais e poidan coñecer asistentes virtuais ou pulseiras intelixentes” de face ao uso doutros dispositivos.

“Toda a xente que pase, estea inscrita ou non, poderán participar en cada taller, son entre 20 ou 30 persoas“, explicou sobre a capacidade duns talleres nos que hai desde procuras sinxelas en internet ata propostas expostas para que a xente coñeza “o que quere saber” en relación co uso das tecnoloxías.

No acto, Dolores Estrada destacou a colaboración con Cruz Vermella e remarcou que supón “o principio dunha serie de actividades nas cales o centro de todas elas é pór o foco na saúde física e emocional das persoas de idade“. Pola súa banda, Marcos Gómez, secretario provincial de Cruz Vermella na Coruña, sinalou que esta iniciativa levarase a “espazos emblemáticos e concorridos da cidade” con motivo, ademais, do Día Internacional das Persoas de Idade, que se celebra este domingo.

O colexio Juan Fernández Latorre da Coruña entre os gañadores do Concurso sobre o Día das Letras Galegas

0

Os colexios Espiñeira-Aldán de Cangas, Juan Fernández Latorre da Coruña e Juan Rey, de Lourenzá son os gañadores dá sétima edición do concurso convocado pola Real Academia Galega (RAG) sobre o Día dás Letras Galegas.

Segundo informa a institución, os tres centros de ensino presentaron unha “variada proposta de actividades” para achegar á infancia a obra e o legado do protagonista do Día dás Letras Galegas 2023, o editor, escritor, activista cultural e académico Francisco Fernández del Riego.

A RAG destaca a implicación da comunidade escolar do CEIP herculino, que levou a cabo a actividade titulada Espallando as Letras polo barrio, unha iniciativa que implicou a veciñanza do barrio do Castrillón con moi boa acollida. Así, fixeron varias xuntanzas interxeracionais no centro cívico, repartiron os seus traballos ilustrados sobre Fernández del Riego na Biblioteca, no bus, nas escolas infantís…

O CEIP Juan Fernández Latorre da Coruña implicou á veciñanza na celebración do Día dás Letras Galegas 2023. RAG
O CEIP Juan Fernández Latorre da Coruña implicou á veciñanza na celebración do Día dás Letras Galegas 2023. RAG

A RAG, engade, entregará os galardóns o próximo 17 de outubro nun acto na Coruña, no que participarán alumnado e profesorado dos colexios premiados.

Respecto dos galardoados, a institución destaca que o CEIP Juan Rey superou “as 80 actividades” ao longo de todo o curso; o colexio Juan Fernández Latorre “implicou á veciñanza” na celebración do Día das Letras Galegas; e o CEIP Espiñeira-Aldán “animou ao seu alumnado a falar galego”.

Saben na Coruña que foi a Expedición Balmis e os “22 anxos”?

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindica a importancia da expedición Balmis, na mostra ‘A Vacina das Variola. A súa difusión en España, Galicia e América’,’, da Real Academia de Medicina de Galicia e a Real Academia Nacional de Medicina de España. Esta exposición, na que colabora o Concello da Coruña, pódese visitar gratis na sala de exposicións Salvador de Madariaga ata o 12 de novembro.

Balmis foi o médico persoal do rei Carlos IV, a quen convenceu ao monarca para estender por América do Sur, Filipinas e China a vacina das vexigas, entón recentemente descuberta. A expedición partiu do porto coruñés o 30 de novembro de 1803 con 22 nenos portadores da vacina da variola. Tamén ía Isabel Zendal, a enfermeira que fixo posibre levar a miragre da vacina.

“Nesta mostra conmemoramos aquela viaxe tan importante para a medicina e que tivo como parte fundamental á cidade da Coruña e o seu porto”, apunta a rexedora.

Homenaxe á expedición Balmis que se atopa ao carón da Domus
Homenaxe á expedición Balmis que se atopa ao carón da Domus

 

Activada a alerta na comarca coruñesa pola escaseza de auga no encoro de Cecebre

A Xunta activou, este mércores, a declaración de situación de alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña.

Segundo informou o Executivo autonómico, esta medida, de carácter preventivo, tomouna tendo en conta a evolución das reservas do encoro de Cecebre, cunha ocupación actual do 46,95%, que “reflicte unha anomalía” con respecto aos seus valores medios.

Con todo, “aínda que a situación é preocupante”, ante a incerteza na evolución do volume do embalsado en Cecebre para as próximas semanas e na capacidade da Coruña e o entrono para diminuír as súas demandas, “non é alarmante a curto prazo” desde o punto de vista do abastecemento que se serve dese sistema.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o xerente da entidade, Gonzalo Mosqueira, participan na reunión da Oficina Técnica da Seca.
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o xerente da entidade, Gonzalo Mosqueira, participan na reunión da Oficina Técnica da Seca.

Mantéñense outras zonas

Na reunión confirmouse o mantemento da situación de prealerta ou escaseza moderada dos sistemas do río Anllóns, costa da Coruña ata o límite de Arteixo; río Grande, ría de Camariñas e Costa da Coruña ata o río Anllóns; así como no río Lérez e ría de Pontevedra.

Tamén se confirmou o mantemento da activación da situación de seca prolongada, que mide fundamentalmente as precipitacións rexistradas, nos sistemas de explotación do río Medo a Ferrol, e do río Mera á ría de Ribadeo.

A situación do resto dos sistemas de abastecemento da demarcación de competencia autonómica teñen nivel de normalidade. A ocupación actual dos encoros de abastecemento de Galicia-Costa é do 65,94%, case seis puntos por encima da ocupación do mesmo período do ano 2022.

O Concurso de Bandas de CUAC FM celebra 25 anos de solidariedade

0

Este sábado 30 de setembro terán lugar na Sala Mardi Gras a XXV Edición da Batalla de Bandas e Solistas de CUAC FM, o concurso musiqueiro máis lonxevo de Galicia.

Dende 1997, con 30.000 pesetas en premios, CUAC FM apostou por un concurso de aporte visibilidade ás bandas e solistas emerxentes de todo o estado español.

As bandas Apart (Carballo) e Vuelve Abril (Murcia) actuarán na Mardi para disputarse o primeiro e o segundo posto de entre os máis de 120 proxectos que se presentaron, con entrada libre, ainda que poden facerse aportacións de donativos voluntarios para a Cociña económica.
No descanso entre bandas entregarase o premio Eva Coyote á mellor banda coruñesa, premio que levou nesta ocasión Wasted Wiltons.

Vuelve Abril

Dende Murcia chega a banda de pop rock Vuelve abril, un cuarteto que tamén ofrece a súa música en castelán.


Apart

Apart, o quinteto de Carballo no que está vivindo un gran momento e participou este verán en Festivais como o Morrriña Fest ou o Super Bock.

Máis de 10.000 heroes e heroínas para a Carreira Enki

0

Quedan aínda moitos días para que peche o prazo de inscrición e a Carreira ENKI xa bateu a súa mellor marca. Máis de 10.000 persoas xa reservaron o seu dorsal convertendo a proba na que conta con máis participación de Galicia e unha das máis grandes de España.

A proba, que se celebrará o 21 de outubro na Coruña, celebrárá os seus 10 anos con este fito, e o presidente de ENKI, Ángel López, recoñecía que “estamos moi contentos coa transcendencia social que acadou este evento deportivo co que buscamos visibilizar que o deporte é unha actividade para todos, independentemente das nosas condicións físicas e psíquicas”, proseguiu. Esta edición, que leva por lema “10 anos correndo por un mundo inclusivo, son só o comezo” deixa patente que o formato ENKI “aínda ten moito que dar”.

A cita será unha festa para toda a familia, e servirá para achegarnos ao mundo da inlusión e coñecer unha marea de entidades vencelladas ao espazo solidario Entidades en Movemento.

A recadación destinarase á compra de material deportivo adaptado e á posta en marcha de actividades lúdicas e deportivas para entidades sociais.

Runki, a festa deportiva que visibiliza a diversidade funcional

A CARREIRA

Como en edicións anteriores, a proba, apta para toda a familia consistirá nunha carreira de obstáculos adaptada, con probas únicas como a montaña de pneumáticos, o labirinto de cordas ou a bomba de fariña, entre outras. Aínda que tamén é unha oportunidade para achegarse a outras entidades sen ánimo de lucro do

Ademais, este ano que cumpre o seu décimo aniversario, esta nova edición contará con novidades e multitude de sorteos, tanto para particulares como para grupos, e mesmo para os centros educativos que participen; que farán desta experiencia unha obrigada para os membros de toda a familia.

Aínda podedes inscrirvirvos na web de ENKI.

Runki, a festa deportiva que visibiliza a diversidade funcional

Baiuca encabeza as festas de Monte Alto

0

Esta fin de semana de 30 de setembro e 1 de outubro, chegan as Festas de Monte Alto. Unhas festas que contan co concerto de Baiuca como punto álxido, pero que terán unha marea de actividades para toda a familia.

O Concerto de Baiuca, o proxecto liderado por Alejandro Guillán que xa é todo un referente da música electrónica no país grazas á súa experimentación coa música tradicional galega, serán no escenario que se instalará na rúa da Torre, o sábado ás 23.00 horas. Antes, ás 21.00 horas, tamén actuará AMILicia Bravú, a Banda de Fran Amil. Ás 22.45 horas, entre actuación e actuación, terá lugar o pregón a cargo da revista Luzes.

Durante a xornada do sábado, pola mañá, haberá pasarrúas musical con Os Bregadiers e sesión vermú con The Tetas Van desde as 14.00 horas. Pola tarde haberá actividades para toda a familia con xogos populares de 16.00 a 19.00 horas e o espectáculo de circo de Sue Moreno ás 19.00 horas, no Campo de Marte.

O domingo haberá alborada con Latexo e ás 12.00 horas actuación do Circo Chosco co seu espectáculo ‘FORZU2’. As festas rematarán ás 14.00 horas coa actuación do conxunto de música tradicional Tiruleque. Como consecuencia da celebración das festas na rúa da Torre, pecharase a estación de BiciCoruña desta rúa desde o sábado ás 13.00 ao domingo ás 16.00 horas.

Festas de Monte Alto 2023

Deteñen un veciño de Arteixo con orde de busca por delitos de violencia de xénero

0

A Garda Civil detivo a un veciño de Arteixo ao que lle constaban dous requisitorias xudiciais con orde de procura para a súa detención e ingreso en prisión. O home, segundo informa a Benemérita, cumpría condena por varios delitos relacionados coa violencia de xénero.

O posto principal de Arteixo tiña coñecemento da existencia desta orde de ingreso en prisión e o perigo do individuo, tendo aínda activa unha orde de protección sobre unha das súas vítimas ata o ano 2026.

Ante esta situación, establecéronse diversos mecanismos para a súa localización, pero ata a data tiveran un resultado negativo polas medidas de precaución que adoptaba a persoa fuxida, limitando ao máximo as súas saídas á vía pública.

Finalmente, o día 25, sobre as 21.30 horas, cando un dos gardas civís destinado no posto de Arteixo dirixíase á súa quenda de traballo de noite, puido comprobar a presenza do fuxido na travesía de Arteixo.

INTERVENCIÓN

Nese momento, detivo o seu vehículo e, tras analizar a situación e ante o risco de que volvese darse á fuga, decidiu intervir. Tras identificarse como axente cominoulle a deterse, “pero lonxe de facer caso ás ordes do axente abalanzouse sobre o mesmo, con intención de agredilo e proseguir a súa fuxida”.

Os dous, detido e axente, caeron ao chan sufrindo o garda civil, que lle requiriu para que depuxese a súa actitude, lesións leves e abrasiones.

Unha moza que estaba nas proximidades escoitou os berros e o forcejeo, ao identificar a actuación do garda civil e, seguindo as indicacións de leste, comunicou o caso ao COS (Central Operativa de Servizo) da Garda Civil, desde onde puideron enviar unha patrulla en apoio. Unha vez reducido púidose comprobar que o detido, entre as súas roupas, portaba unha arma branca que non exhibiu en ningún momento.

Ao fuxido constábanlle en total dous requisitorias xudiciais, con ordes de ingreso en prisión dos Xulgados do Penal 6 da Coruña e do Penal 1. Ademais, investígaselle como presunto autor dun delito de atentado contra axentes da autoridade.

OUTRO CASO DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Esa mesma tarde, produciuse a intervención da Garda Civil noutro caso de violencia de xénero. En concreto, unha moza denunciou que unha amiga súa estaba a ser retida contra a súa vontade nunha vivenda da Arteixo e que tiña coñecemento de episodios de violencia entre eles a través de vídeos e fotografías. O autor destes feitos sería o seu actual parella.

Dada a corpulencia e características da persoa a deter preparouse un dispositivo que permitise unha actuación en caso de ser necesario. Con todo, a intervención inicial de dúas patrullas do posto de Arteixo foron suficientes para a detención do agresor.

8.400 persoas gozaron dos concertos especiais das Noites do Porto

0

Ver de novo xuntas bandas como Meu ou Deluxe ou gozar de bandas de renome como Rodrigo Cuevas, Nada Surf ou Triángulo de Amor Bizarro, foron algunhas das propostas máis destacadas desta nova edición das Noites do Porto, evento impusaldo por MasGalicia, co apoio da Xunta de Galicia, Concello da Coruña, Porto de A Coruña e Estrella Galicia.

A fermosa carpa burbulla instalada no porto de Batería acolleu esta serie de 12 directos únicos en Galicia, que acolleron un total de 8.400 persoas.

20230426 Balance Noites do Porto © Andrea Sánchez

”En dous anos pasamos de 3 a seis 6, de unha a tres sedes. Desfrutamos da estrea en Galicia dos últimos discos de artistas galegos excepcionais, como Sen Senra ou Triángulo de Amor Bizarro; asistimos ao debut na cidade de Porridge Radio, La Plazuela ou Dalsi; pero Noites do Porto tamén foi o escenario coruñés no que, un ano máis, déronse cita dúas das bandas máis especiais das últimas décadas para a cidade: Deluxe e MEU”, explica o responsable da programación musical de Noites do Porto, Héctor César.

20230924 MEU & Lisasinson © Andrea Sánchez 8
MEU na Sala Garufa © Andrea Sánchez

Precisamente, na liña deste reencontro entre público e grupos, César tamén destaca como moi positiva a estreita vinculación do ciclo con locais de hostalería e salas de concertos, “os templos da música en directo”. 5 das 6 Noites acadaron o cheo, e quedarán momentos para a lembranza como ese berro “Que no” co que Xoel despedía o concerto da reencontrada banda herculina.

Deluxe nas Noites do Porto
Deluxe nas Noites do Porto

As Enfermeiras maniféstanse pola mellora das súas condicións laborais

0

Centos de profesionais manifestáronse este mediodía de martes 26 de setembro na cortorna do CHUAC, atendendo á convocatoria do Colectivo A por todas (APT), un movemento formado antes do verán por enfermeiras das distintas áreas de Galicia, que xorde como resultado dun maltrato mantido durante anos cara a súa profesión.

Como xa fixeran en xuño saíron á rúa e paralizaron os accesos ao Centro Hospitalario denunciando o “deterioro progresivo dos nosos dereitos e condicións laborais”. “Vemos cada dia unha sanidade, cada vez máis deshumanizada, na que tanto usuarios como traballadores somos números que só contan para as estadísticas”, denunciaron mentres berraban “Dirección, Dimisión” e lucían pancartas de “Vocación, non explotación”.

Enfermeiras A Portodas Coruna 1

Esixen medidas tan evidentes como máis persoal (un maior ratio enfermeira-doente), mellor contratación (máis estabilidade), pluses de festivos os sábados, xubilación anticipada aos 60, ou que se valore a experiencia laboral noutros países da UE na carreira profesional.


O Colectivo APortodas recibía esta mesma mañá o apoio do Colexio de Enfermaría, un apoio que agradecían a pesar de valorar que chegaba “algo tarde”. Sinalan que a Dirección de RRHH do SERGAS xa coñece as peticións do sector, e esperan unha resposta das Xerencias.

Máis novas

As Enfermeiras do CHUAC esixen melloras na contratación

As Enfermeiras do CHUAC esixen melloras na contratación