Inicio Blog Páxina 573

O BNG coruñés pide a publicación da Declaración de Bens dos membros da corporación

0

Cinco meses despois de se constituír a Corporación aínda non foi publicada a Declaración de Bens dos seus membros. Ante esta situación, o concelleiro do BNG David Soto está a presentar no Pleno ordinario de hoxe, unha moción para esixir as obrigas do goberno local en materia de transparencia. A moción esixe a publicación da Declaración de Bens dos membros da Corporación.

A segunda obriga é desenvolver no Concello a Lei Reguladora da Protección das Persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción -publicada no BOE o 21 de febreiro de 2023-, unha norma que traspón unha directiva comunitaria. Explica o BNG que e”se texto legal contempla a creación nas administracións públicas dun Sistema Interno de Información que dea garantías de protección a aquelas traballadoras/es que teñan coñecemento de feitos que podan ser constitutivos de delito ou de infracción administrativa e que, por tanto, podan comunicalos a unha “autoridade independente” sen temor a represalias e co propósito de que se poda abrir a “pertinente investigación””.

“Son medidas que sen dúbida resultarían nunha maior hixiene democrática no Concello”, salienta Soto, quen agarda que obteñan o apoio maioritario do Pleno.

Novo Mesoiro estreará o programa de composteiros comunitarios

Nos vindeiros días comezarán as obras para instalar un composteiro comunitario no barrio de Novo Mesoiro, que estará en funcionamento en poucas semanas.

Un programa que se irá estendendo os vindeiros meses por outros barrios da cidade.

Un xeito de ir acostumando á veciñanza a despositar nel os seus residuos orgánicos e, así, se familiarice co proceso de xeración de compost. O produto resultante poderá ser empregado pola propia cidadanía, polas persoas adxudicatarias das hortas urbanas do barrio ou como abono para parques e xardíns de titularidade municipal.

 

As traballadoras da Sanidade Privada saen tamén á rúa por un convenio xusto

0

A berros de “A antigüidade non se toca” se manifestaban esta mañá na Avenida de Oza diante do Hospital San Rafael, medio centenar de traballadoras da Sanidade Privada no marco das súas mobilizacións por un convenio xusto.

As centrais sindicais CIG Saúde, UGT e CCOO, denuncian os atrancos da patronal para a negociación do convenio, que intenta ademais “recortes en dereitos básicos xa conseguidos como o actual plus de antigüidade ou percibir o 100% do salario no caso de baixa”. Sinalan que o soldo actual está por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional.

Sector feminizado e precarizado

Este é un sector moi feminizado, tal e como ocorre, en xeral, co sector de coidados. Por iso, son maioritariamente as mulleres as máis prexudicadas por este convenio xa que son quen ocupan, na súa maioría, postos de auxiliares, persoal de limpeza, enfermería ou todo o persoal das clínicas dentais, por exemplo.

A consecuencia de manter, convenio tras convenio, estes baixos salarios provoca que a propia patronal do sector teña dificultades non só para atopar, senón mesmo para afianzar profesionais na sanidade privada, chegando a ter incluso que ofrecer acordos fóra de convenio a determinadas categorías nun intento desesperado por reter profesionais.

Máis mobilizacións

Unhas mobilizacións que continuarán o vindeiro venres 17 de novembro cunha manifestación dende a Praza de Pontevedra ata o Obelisco.

 

Detida unha parella na Coruña que se fixo pasar por policía para roubar un móbil e unha carteira

0

A Policía Nacional detivo a un home e a unha muller que se fixeron pasar por policías para roubar un teléfono móbil e unha carteira na Coruña, ademais doutros roubos. Segundo informou o Instituto Armado, o primeiro dos roubos ocorreu na zona de Oza, no mes de agosto, cando abordaron a unha persoa que camiñaba soa pola rúa.

A muller, esgrimindo unha navalla, esixiulle que lle entregase as súas pertenzas. Así, conseguiron roubarlle o teléfono móbil e a súa carteira, que contiña diñeiro en efectivo e cartóns bancarios. Días máis tarde, ao redor das 7.00 horas da mañá, cometeron outro roubo na rúa Costa Rica cando a vítima ía coller un taxi e é sorprendida pola parella.

A parella fíxose pasar por policías e argumentaron que realizaban un control de drogas. Con esta escusa, empuxaron á vítima contra unha parede e subtraéronlle o seu teléfono móbil e a súa carteira para, posteriormente, abandonar o lugar. Nos dous casos, nas horas posteriores aos roubos, realizaron varios cargos cos cartóns bancarios subtraídos en diferentes establecementos da cidade.

Tras as investigacións, na tarde do luns, detiveron a ambas as persoas como presuntos autores de delitos de roubo con violencia e estafa. Por todo iso, foron postos a disposición xudicial e decretaron o ingreso en prisión.

Riazor acolle o Special Olympics Galicia de baloncesto para persoas con discapacidade intelectual

0

A edición número 27 dos Xogos Autonómicos de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual, os Special Olympics Galicia, celébrase este domingo 12 de novembro a partir das 10:45 no pavillón de Riazor.

Un total de 233 deportistas con discapacidade intelectual participarán este domingo nesta competición. En total, o encontro contará coa participación de 16 asociacións de toda Galicia, que comezarán a xornada desfilando no Palacio dos Deporte seguindo o cerimonial das Olimpíadas. Posteriormente, un deportista de Aspronaga lerá o lema dos atletas: “Quero gañar, mais se non o consigo, deixádeme ser valente no intento”.

Sábado de magostos e poesía

0

Este sábado 11 haberá varias citas de outono pola cidade. As borrascas das pasadas semanas provocaron o adiamento de varias citas, e veremos se esta fin de semana aguantamos e podemos comer unhas castañas quentiñas na Cidade Vella ou nos Mallos. Pendentes estamos do Calloween do Campo da Leña, e mentres engadimos unha cita poética para a xornada sabatina.

Magosto en Azcárraga

Magosto na Cidade Vella

A Praza de Azcárraga acolle dende as 17:00h ata a medianoite, o magosto artellado pola Asociación de Veciños da Cidade Vella.
A xornada comezará con actividades para os máis pequenos, con obradoiros e xogos infantís e tradicionais dende as 17.00 horas ás 19.00 horas. A partir das 19.00 horas comezará a procesión de cabazas, amenizada polo grupo tradicional ‘contiños da feira’ que percorrerá a contorna da praza.
Xa ás 19.30 horas dará comezo o magosto popular onde as familias que se achegen poderán gozar dun menú de balde de castañas asadas, acompañadas de bebida (viño, auga ou refrescos). Entregaranse nunha bolsa de papel xunto cunha taza de barro.
O magosto popular estará amenizado polo grupo Son d’Aquí, que iniciará na praza de Azcárraga unha gran foliada. Será a partires das 20.15 horas, logo do inicio da degustación de castañas. Antes do fin da xornada, que ten como hora de peche as 00.30 horas, realizarase o tradicional ritual da queimada coa elaboración e posterior degustación polo público da máxica bebida.

Magosto nos Mallos

Magosto nos Mallos

Nas rúas peonís Angel Senra e Ramón Cabanillas desenvolverase o Mallosto do DistritoMallos, que tivo que ser aprazado a semana pasada. A partird as 11:00 haberá actividades, con varios obradoiros para os que compre apuntarse en @distritomallos. Haberá contacontos para crianzas ás 12:00h a carón do Mercado Ramón Cabanillas, un xogo de realidade aumentda, e estará o castañeiro O Castiñeiro.
Ademais, a entidade de comerciantes organiza xogos populares con Totem, e promove o pasaporrte Merca no Barrio, para participar nun sorteo de 100€.

Tamén haberá música, con picadiscos na sesión vermú contorna da praza de San Vicente, antes do concerto de Versionetetes; pola tarde, de 17:00 a 19:30h seisón dj infantil e ás 19:30h concerto de Plan de Fuga.

Varios estabecimentos ademais terán tapas de outono.

 Roteiro 2º de Poeta

O Roteiro 2º de Poeta, guiado por Lucía Aldao, terá lugar o sábado 11 de novembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña, tendo como punto de saída o IES Puga Ramón (Rua Leopoldo Alas Clarín, 4).

En palabras de Lucía Aldao: “Hai anos deseñei para os Paseos pola Coruña literaria de AELG a actividade 1º de poeta, e co público asistente paseei polo meu colexio da infancia intentando falar da vocación e dos primeiros achegamentos á literatura. Propóñovos agora asistir a 2º de poeta, un paseo da man da poeta adolescente coas súas lecturas reveladoras, os seus tormentos e a súa teima, aínda intacta, pola poesía.”

As persoas interesadas poden inscribirse previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.

LesCoruña celebra o seu 5º aniversario cun encontro de 300 mulleres

0

Este sábado 11 de novembro, a partir das 22.00 horas, a Asociación de Mulleres pola Igualdade e a Visibilidade Lésbica da Coruña “LesCoruña” celebrará o seu quinto aniversario creando na Sala Garufa un punto de encontro de 300 mulleres LBT+ (lésbicas, trans e bisexuais).

No acto festivo e reivindicativo actuarán a DJ Sofía Cristo e a artista galega Sara Sístole. Ademais, a tenda erótica Amantis organizará un sorteo de xoguetes entre todos os asistentes.

A través deste evento, LesCoruña pretende situar a cidade no mapa como un lugar aberto para as mulleres LBT de toda España, sendo a organización que máis actividades realiza a nivel nacional, segundo os últimos informes da Federación Estatal de Asociacións LGTBI+.

As entradas xa están á venda na web de Woutick por 10 euros (12 euros en taquilla). Os socios de LesCoruña poden asistir gratuitamente facendo reserva enviando un correo electrónico a infolescoruna@gmail.com.

 

A alcaldesa da Coruña destaca o compromiso sobre os peiraos dentro do acordo BNG-PSOE

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, defendeu que o acordo asinado entre o BNG e o PSOE é “positivo e de progreso” para Galicia. Do mesmo, destacou os descontos nos abonos transporte para 2024, a mellora da rede ferroviaria e novos descontos nas peaxes.

Así o manifestou a rexedora a preguntas dos xornalistas sobre o proceso de investidura do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez. “É un acordo bastante extenso no que participou activamente José Ramón Gómez Besteiro”, sinalou, en alusión ao deputado por Lugo e candidato do PSdeG á presidencia da Xunta.

No referido ao acordo sobre os terreos portuarios da cidade herculina, Rey cualificou de “boa noticia” que o Executivo central “implíquese” na transformación dos futuros terreos liberados do porto e asegurou que o obxectivo é que se manteña a titularidade pública da zona. “Sempre defendemos que eses terreos sexan públicos, non están en venda”, recalcou.

Respecto diso, avanzou que se “iniciarán conversacións” coa Autoridade Portuaria e coas diferentes administracións implicadas “para sentar as bases da súa apertura definitiva á cidade”.

RECLAMACIÓN POR NOSTIÁN

A rexedora fixo estas declaracións na rolda de prensa convocada para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local celebrada este mércores. Na mesma, o consistorio coruñés aprobou iniciar os trámites para reclamar 14,1 millóns á UTE Albada, que xestiona a planta de tratamento de residuos, cantidade que corresponde o sobrecusto que asumiu o concello pola xestión dos rexeitamentos desde o 2011.

Rei avanzou que será un procedemento “complicado e longo”. “Levamos anos traballando no ámbito administrativo e xudicial, tamén no extraxudicial”, apuntou. No entanto, dixo que ao concello aválao “unha sentenza que confirma que era a concesionaria quen debía asumir o custo do tratamento dos rexeitamentos”.

Por outra banda, sinalou que están a dar pasos para avanzar na xestión da planta, tras o acordo coa empresa concesionaria para “o selado dos vasos”. Iso, puntualizou, permitirá “avanzar no modelo de xestión”. Ademais, manifestou que se licitará un novo contrato para a concesión “a finais deste ano ou principios de 2024”.

OUTROS ASUNTOS

Entre outros asuntos, tamén se aprobou as bolsas USA para o próximo curso, cun mínimo de 35 bolsas para cursar primeiro bacharelato en Estados Unidos e que contará cun orzamento de 650.000 euros.

Ademais, resaltou, entre as licenzas concedidas, a relativa ao edificio de vivendas sociais da Xunta, “que ía estar terminado e habitado en 2017”. “O Concello tardou 24 horas en conceder a licenza desde que a Xunta presentou o último papel”, dixo ao reclamarlle máis dilixencia nestes asuntos.

Por outra banda, cuestionada pola aparición de xabarís e o seu control, manifestou que “as gaiolas están colocadas e esperemos que dean resultado“. Explicou, tamén que, unha vez que os animais sexan capturados, é o Concello o que se fai cargo “do traslado e a eliminación do xabaril”.

Detidos en Sevilla por estafar case 5.000 euros a un veciño de Cambre tras facerse pasar polo seu fillo

0

O Equipo da Coruña da Garda Civil de prevención e resposta en materia de Ciberdelincuencia, en colaboración coa Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) da Garda Civil de Sevilla, detivo a catro veciños de Sevilla por supostamente estafar 4.800 euros a un home orixinario de Cambre ao facerse pasar polo seu fillo, que reside no estranxeiro.

Ademais de por estafa, segundo relatan nun comunicado, son investigados por outro delito de pertenza a grupo criminal e outro de branqueo de capitais, na fase de explotación da operación Gasai. A mencionada operación iniciouse por mor da denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil de Cambre.

Na mesma manifestaba recibir unha mensaxe supostamente do fillo, o cal reside no estranxeiro, desde un número descoñecido,comunicándolle que dito número era dun amigo porque o seu teléfono móiil estaba estragado, motivo polo que non podía acceder á súa banca electrónica para realizar uns pagos urxentes, facilitándolle os númerosde as contas bancarias para que realizase ela as transferencias correspondientes.

Co afán de axudar ao seu fillo, a vítima efectuou un total de seis transferencias inmediatas por un valor total de 4.831 euros, sen sospeitar en ningún momento de que puidese tratarse dunha estafa.

CONTROL DAS REDES SOCIAIS

No transcurso da operación, os axentes pescudaron o modus operandi dos presuntos autores, o cal consistía en realizar un estudo das circunstancias persoais e familiares das vítimas mediante as redes sociais e outras técnicas informáticas, tras o cal púñanse encontacto con elas tratando de estafalas mediante o método coñecido como familiar en apertos.

Unha vez consumado o engano, facilitábanlle os números de conta doutros compoñentes do grupo, que actuaban como mulas do diñeiro, para realizar as transferencias.

Tras recibir o ingreso, as mulas retiraban o importe da transferencia en caixeiros automáticos, entregándollo aos “captadores” e levándose unha comisión, realizando estes últimos o ingreso do efectivo en bancos en liña e compra de criptomonedas coa intención de dificultar a acción das forzas de seguridade.

Reivindican desde a Real Academia Galega e do Concello da Coruña as mulleres galeguistas na serie web ‘Irmás na Fala’

0

A Real Academia Galega e o Concello da Coruña presentaron a docuserie web ‘Irmás nas Fala’, que reivindica o papel das mulleres na defensa da lingua e a cultura de Galicia, e cuxo primeiro capítulo se estreou, en academia.gal e en na canle de Youtube da RAG.

Os impulsores da iniciativa lembraron que a primeira reunión das Irmandades da Fala produciuse o 18 de maio de 1916 na Coruña, e que nacía un movemento “clave” que abriría un tempo novo na defensa da lingua galega e de Galicia como suxeito político. Nese encontro fundacional houbo unha soa muller, Micaela Chao Maciñeira, pero existían moitas outras mulleres nas filas das Irmandades, que participaban nos debates políticos e loitaban polos seus dereitos, nun momento en que aínda non se recoñeceu o voto feminino.

Esa historia é a que se traslada en ‘Irmás na Fala’, que pretende contribuír ao recoñecemento desas mulleres, “que abriron camiños de futuro para todas”. Tras a estrea deste martes, haberá un novo episodio cada martes ata o 28 de novembro, e a serie poderá verse tamén en Nós TV e en Movistar Plus.

No acto de presentación, a secretaria da Real Academia Galega, Margarita Ledo, sinalou que a institución dá continuidade, con esta iniciativa, ao que xa se reivindicaba na exposición ‘Saúde e terra, irmá(n)s!’, que contaba cunha sección propia para as ‘irmandiñas’.

“Buscamos un xiro discursivo na genealogía do galeguismo e do nacionalismo, desde o albor da modernidade, coa visibilización da igualdade de xénero como constitutiva da nación, e facémolo singularizando a determinadas mulleres que destacaron en ámbitos tan significativos como a independencia económica e o mecenado, o corpo, a educación ou a acción pública”, proclamou, á vez que se referiu a esas mulleres como “verdadeiros modelos de todo o que caracteriza a utopía dun tempo que o fascismo crebou”.

O concelleiro coruñés, Gonzalo Castro, lembrou, pola súa banda, que “non se pode entender a historia” de Galicia sen “mulleres fundamentais”, cun papel relevante na cidade herculina, e sinalou que esta docuserie “ten moito de restauración da memoria”.

‘Irmás na Fala’ percorre as traxectorias de Micaela Chao, a ‘irmá’ pioneira; a modista e mecenas María Miramontes; a mestra Elvira Bao, pioneira na pronuncia de mitins; Amparo López Jeán, presidenta da Agrupación Republicana Feminina da Coruña e primeira afiliada do Partido Galeguista na cidade; e a nadadora Emilia Docet, a chamada Miss España galeguista e participante no Mitin dás Arengas da Praza dá Quintana, con figuras como Castelo e Otero Pedrayo.

Segundo explicou a poeta Rosalía Fernández, a serie permite realizar “un ejercidio de atoparse a unha mesma na cultura á que pertence, nesa parte da historia que o tempo quixo borrar”.

A serie, desenvolta por NósTelevisión, conta coa participación da historiadores Encarna Otero e Xosé Alfeirán; as académicas Ana Romeu e Goretti Sanmartín; a presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, María Xosé Bravo; os filólogos Emilio Xosé Ínsua e Dores Vilavedra; o deseñador Pepe Varro; a actriz Iria Pinheiro; e Felipe Ruíz de Miguel, sobriño neto de María Miramontes

Este é o avance: