Inicio Blog Páxina 574

O BNG pide ao goberno local que cumpla o acordo coa AEMET e abra o Xardín do Observatorio

0

Foi en marzo cando a Axencia Española de Meteoroloxía (AEMET) e o Concello da Coruña asinaban un acordo para derrubar os muros do antigo Observatorio Meteorolóxico e abrir unha zona verde no corazón da Agra do Orzán. Unha acción que paliaría, só en parte, as demandas da veciñanza arredor do chamado Parque da Agra.

Un acordo cunha duración de catro anos en virtude do cal o Concello “asumiría tanto o derrubo dos muros como o acondicionamento do espazo e a construción dun valo interior para delimitar o espazo da delegación da AEMET”.
Pero é que a promesa xa foi feita en 2020, sen existir a día de hoxe avances.

Por iso, o BNG vén de recoller as queixas veciñais e trasladarllas ao goberno local através dunha moción que defenderá no Pleno do vindeiro xoves.

Lembran que para abrir o Xardín do Observatorio é preciso derrubar primeiro os muros da rúa de Gregorio Fernández e da Canceliña, ben como acondicionar o espazo e construír un valo interior para delimitar a zona verde e o ámbito que ocuparía a delegación da AEMET.

“E cando se faga non será sen tempo, porque o Xardín leva fechado tres anos e porque o Pleno da Corporación xa aprobou en xaneiro de 2023”.

Proxecto do Parque do Observatorio
Proxecto do Xardín do Observatorio

Máis novas

A sombra de 30 edificios ameaza San Pedro de Visma

Os antigos terreos da AEMET na Coruña transformaranse nun parque público

 

 

 

Entradas gratuítas para os museos científicos da Coruña para a Semana da Ciencia

0

A Coruña inicia a celebración da Semana da Ciencia co acceso gratuíto ao tres museos científicos da cidade herculina desde o vindeiro sábado, día 11, ata o domingo 19 de novembro.

Segundo informa o Concello, para visitar o Aquarium Finisterrae é “imprescindible” realizar unha reserva previa que debe tramitarse “cun máximo de tres días de antelación” a través da páxina dos museos científicos; excepto os maiores de 65 anos, que poderán acceder sen billete e acompañados doutra persoa se o precisan.

Respecto da Casa das Ciencias e a Domus, engade, o acceso será libre e sen necesidade de reserva previa. No caso das sesións do planetario, os usuarios deben retirar unha invitación, as cales se repartirá media hora antes de cada sesión.

No marco da Semana da Ciencia tamén terá lugar a cerimonia de entrega dos XXXVI Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica, que se celebrará no Salón de Plenos do Palacio de María Pita o sábado 18 de novembro, sinala o consistorio.

Convocan o sábado unha marcha para reclamar a devolución da Casa Cornide

A entidade Defensa do Común convocou para o 11 de novembro na Coruña unha nova marcha para reclamar a devolución da Casa Cornide, segundo informaron os seus responsables. Será o sábado 11 de novembro, ás 12.00 horas, e partirá desde a praza de María Pita co obxectivo de acabar con “este espolio”, dixo o presidente de Defensa do Común, Manuel Monge, en relación ao feito de que o inmoble siga en mans da familia Franco.

Por outra banda, explicou que levarán ao pleno municipal do día 9 o contido do seu manifesto para reclamar a devolución da Casa Cornide, ademais de instar á Xunta a que se obrigue á familia a Franco a abrila catro días ao mes, durante polo menos catro horas. Monge recalcou que así está “por lei” desde que se levou a cabo a declaración do inmoble como Ben de Interese Cultural (BIC). Desde que convocaron a primeira marcha (a do día 11 será a cuarta) indicou que conseguiron “bastante”, entre iso que se fixese a citada declaración.

“Pero hai que seguir, non está a cousa feita, os Franco seguen coa porta pechada“, recalcou sobre a apertura ao público “como di a lei”, pero tamén de face á recuperación do inmoble. Para mobilizar aos mozos e que participen na marcha, promoverán unha campaña informativa en centros educativos. Por outra banda, Monge aproveitou tamén para pedir que se retiren as placas, retratos e distincións concedidas a quenes “participaron nestes espolios”, dixo en referencia a Alfonso Molina, Pedro Barrié de la Maza e Sergio Peñamaría de Llano.

Arquivo - Casa Cornide. ANDY PEREZ (CONCELLO DA CORUÑA) - Arquivo
Arquivo – Casa Cornide. ANDY PEREZ (CONCELLO DA CORUÑA) – Arquivo

 

CRITICAS DO BNG

Aproveita o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, para tirar de ironía e levar máis unha vez o asunto ao Pleno do Concello que terá lugar o vindeiro xoves 9 de novembro. Farao en forma de pregunta oral e co seguinte texto: “Cando o Goberno Municipal anunciou a presentación antes de fin de ano dunha demanda para
recuperar a Casa Cornide, a que ano en concreto se refería?”.
A ironía nace de que “existen abondosos precedentes de anuncios incumpridos por parte do Goberno Local sobre a interposición da demanda que recupere para o patrimonio do Concello aquilo que foi usurpado por Franco durante a ditadura”.

Xa en setembro de 2019 o asunto foi tratado en pleno. “En novembro de 2021 o Goberno Local anunciou que presentaría a demanda en decembro. Un ano despois, volveuno reiterar. Mais ese decembro pasou a ser decembro de 2022. E pasou decembro de 2022 e a demanda tampouco foi presentada”, refire o portavoz nacionalista.

A Santa Compaña de Nina Sardina, primeiro premio no concurso de escaparates de Samaín

0

Vén de anunciar o Concello da Coruña os premios do Concurso de Escaparates de Samaín. E o primeiro premio recae na tenda de moda Nina Sardina, situada en Monte Alto (Rúa Marconi, 4) .

”Unha sorpresa que non veas”, recoñece Lucía, a responsable da tenda. “Fixémolo todo sen recursos, co que había, cunhas capas e intentando lanzar historias que nos conten cousas. Por iso quixen centralo na Santa Compaña, máis que Haloween”, apunta.

Destacou o ambientazo que houbo na tarde noite do 31 de outubro e reiteirou as continuas peticións ao Concello de ter que pechar o tráfico tanto na Avenida de Hércules como na Rúa da Torre.

Máis premios

A campaña de promoción do comercio local (a verdade que o truco ou trato é unha fenomenal maneira de dar a coñecer os pequenos establecimentos entre as familas), outorga 6.500 euros, dividos entre os cinco comercios premiados. Se Nina Sardina leva 2.500€, o resto de premios son para O Recuncho Floral (Vila de Negreirac on Entrepeñas) que leva 1.500€; Luces de Bohemia (Ángel Senra, 20, Os Mallos), que leva 1.000; a froitaría Candela (Avenida do Ferrocarril, 13) e La Rueca Patchwork (Ensanche), que levan 750 cada un.

Máis novas

O #trucooutrato, o novo entroido de Monte Alto

 

Miranda (BNG) reclama axudas transitorias para o sector marisqueiro polo dragado da ría do Burgo

A eurodeputada do BNG Ana Miranda reclamou axudas transitorias para o sector marisqueiro polo dragado da ría do Burgo, tras unha reunión con representantes da agrupación de mariscadoras e mariscadores da Confraría da Coruña. Ademais, sostén que o citado dragado “incumpre os criterios de rexeneración biolóxica ao sementar só dúas especies das catro que corresponden a este espazo, como son a ameixa babosa, a ameixa xapónica, a ameixa fina e berberecho“.

Miranda sinala que esta forma de executar o saneamento da ría do Burgo “por unha banda incumpre a normativa europea ambiental e, por outra, non atende as peticións do sector, que non está a ser tido en conta para levar a cabo a rexeneración deste espazo”. “Instamos a que se fale coa confraría, neste momento tan importante para o futuro do sector extractivo”, sinala Ana Miranda, quen anuncia que solicitará unha visita ao espazo para avaliar os traballos que se están levando a cabo.

O PP da Coruña denuncia a falta de execución do orzamento municipal

0

O portavoz do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, denunciou unha “subida de impostos” e “inexecución” do orzamento municipal nunha comparecencia ante os medios de comunicación.

“O goberno municipal ou mente na subida do IBI ou ten que retirar e corrixir o expediente porque sobe máis de loque din”, indicou, asegurando que o aumento, segundo argumentan os populares, afecta a máis impostos.

“No expediente do IBI que aprobaron en Xunta de Goberno e que vai a pleno, o goberno municipal afirma en varios parágrafos que a subida é do 3%, cando é dun 5% porque o tipo impositivo pasa de 0,60 a 0,63”.

“Ou amenten ou teñen que retirar e corrixir este expediente”, reiterou Miguel Lorenzo quen aludiu tamén a unha “inexecución” do orzamento municipal.

A Coruña volveu berrar contra o xenocidio palestino

0

Ata 24 vilas galegas saíron a rúa, unha noite máis, para demostrar a súa solidariedade co pobo palestino. Centos de persoas encheron o Obelisco para secundar unha nova mobilización co lema «Paremos o Xenocidio. Galiza con Palestina», convocada polos colectivos  BDS Galiza, Mar de Lumes, Galiza por Palestina emais a Asociación Galaico Árabe Jeni.

“Aquí, a 4000 km da cidade de Gaza, saímos ás rúas porque nos doe Palestina, mais tamén porque, facéndoo, nos negamos a normalizar a barbarie e recoñecemos a nosa responsabilidade”, sinalaba o manifesto.

Galicia con Palestina Foto-David Soto
Foto-David Soto

Con 10.000 vítimas xa no bando palestino, entre eles milleiros de nenos, a sociedade pregúntase que máis é necesario para que a comunidade internacional actúe, medie. “É responsabilidade nosa denunciarmos a complicidade dos nosos gobernos, en particular o goberno español e a Unión Europea, co estado terrorista de Israel, e tamén o vergoñento papel da Xunta de Galiza, que xoga a ser irrelevante para todo e que neste conflito se inhibe de maneira descarada, o que, na práctica, significa poñerse do lado de Israel”, denunciaron os manifestos”.

“Exiximos é o fin do masacre e políticas decididas a terminar de verdade coa ocupación.
Non aceptamos que as accións diplomáticas se limiten a condenar quen resiste e se nega a morrer en silencio, e a pedir a Israel que se comporte. O sionismo xa ten demostrado que non se importa coas regras do mundo, porque se proclama impune: leva violado 62 resolucións das Nacións Unidas até hoxe, sen ter enfrontado nunca consecuencia ningunha.
Tampouco aceptamos a indignante proposta española de conversas de paz para de aquí a 6 meses. En 6 meses o xenocidio perpetrado por Israel terá deixado millares de vítimas mortais máis, e pode moi ben acabar desembocando nunha guerra rexional”.

Propostas

Ofrecen propostas para a sociedade:

  • Debemos acudir, como hoxe facemos, ás convocatorias das organizacións de solidariedade. Mais tamén debemos involucrarnos no noso día a día”.
  • Podemos boicotear os produtos israelitas que se venden no noso país. É doado atopar empresas, algunhas mundialmente coñecidas, que colaboran abertamente coa ocupación.
  • Podemos exixir ás empresas nas que traballamos que paren os seus investimentos e negocios con Israel.
  • Podemos exixir ás universidades galegas que cancelen os programas conxuntos coas universidades sionistas, e aos concellos galegos que teñen acordos con Israel feitos pasar como iniciativas culturais que fagan o mesmo.
  • Podemos exixir á grande prensa que deixe de equiparar o agresor e o agredido.
  • E sobre todo podemos exixir aos nosos gobernos que apliquen contra o estado de Israel e contra os seus líderes as sancións que tan alegremente aplican contra outros estados incómodos por calquera motivo.

Máis mobilizacións

Anuncian que o vindeiro luns 13 haberá novas accións de solidariedade que se presentarán en breve.
Ademais, o día 8, hai cita reivindicativa nas Universidades do país.

 

MÁIS NOVAS

 

As traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta volven á folga

0

Este mércores 8 de novembro será a terceira xornada de folga das traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta (as municipais da Coruña, así como as de Cee ou Vimianzo), as responsables do ensino das nosas crianzas na etapa 0-3 anos. As traballadoras volverán a participar na manifestación que sairá ás 11:30 dende a Praza de Pontevedra e chegará ao Obelisco. Haberá concentracións ademais en Vigo e en Compostela, diante da patronal CEG.

As mobilizacións, convocadas polos sindicatos CIG-Ensino, CCOO Ensino e SNEP), seguen a protestar polo “bloqueo da patronal á negociación do XIII convenio colectivo”, así como para rexeitar a última proposta “miserenta e involutiva” presentada polo empresariado na reunión que tivo lugar o 2 de novembro, e que foi rexeitada por todas as organizacións sindicais.

Na última mesa de negociación, a número 11, a CIG-Ensino, que pide unión sindical, “rexeitou enerxicamente a proposta patronal por insuficiente, inxusta e inxustificada, ao querer seguir mantendo a precariedade salarial e afondar na involución de dereitos sociais e laborais do persoal traballador”.

Lembran que “as táboas, conxeladas dende 2021, xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional e cuxos dereitos laborais e sociais están tan só ao nivel do Estatuto das Persoas Traballadoras”, subliñan. Lembran que “este convenio é un dos máis precarios dos todos os convenios existentes a día de hoxe no ámbito da ensinanza”.

Piden ademais melloras sociais denunciando os problemas que teñen para conciliar as profesionais que máis revirten nas conciliación das familias.
Denuncian que teñen 38 horas de atención directa (sen tempo para preparar as clases), cando no resto de convenios hai un máximo de 27 horas directas.

Servizos mínimos

Un dos asuntos importantes é os dos servizos mínimos. Nas anteriores folgas, concellos como o de Coruña copiaban os decretos de empresas privadas e obrigaban a manter unha persoa por aula. Unha cifra absolutamente abusiva, tendo en conta que son contadas as aulas que teñen apoio, polo que foron moi poucas as que puideron participar nas anteriores mobilizacións.

O Concello coruñés recuou e retirou ese decreto, obrigando a ter varias profesionais á entrada e á saída, pero permitindo así exercer o dereito a folga.

Non así a Xunta, que “vén de vertirse de patronal”, como denuncia Henrique García, da CIG, que vén de lanzar un decreto para as escolas privadas, onde obriga a manter unha persoa por unidade.
Libran desta medida as de xestión indirecta, que dependen dos decretos de cada concello.

Manifestación en Compostela

O 15 de novembro está convocada a cuarta xornada de folga e para ese día haberá manifestación nacional en Santiago de Compostela, que sairá da Alameda, pasará pola sede da CEG e rematará na Praza de Praterías.

Máis novas

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

STL confirma a sentenza favorable a unha traballadora de IPASA por “sufrir represión en resposta a súa continua labor sindical

0

O Sindicato dos Traballadores de Limpeza (STL) da empresa de IPASA, a empresa Industriales Panaderos Agrupados, a matriz das 26 tendas Sanbrandán, vén de enviar un comunicado no que informa sobre a resolución dunha demanda xudicial interposta en agosto en defensa dunha traballadora. Segundo denuncian, a traballadora sufriu “represalias” das empresa polas actividades sindicais da mesma. O sindicato asegura que se lle reduciu o soldo tras cambiarlle o posto de traballo tras 13 anos desempeñando o mesmo.

O sindicato anuncia que a Xustiza vén de fallar a favor da demandante recoñecendo a “represesión en resposta á continua labor sindical da afiliada”.
A empresa terá pois que restaurar á traballadora no seu posto orixinal e soldo anterior, devolvendo ademais as cantidades que non se lle pagaron neste tempo.

O STL asegura que “nunca cederemos ante ningún tipo de vulneración de dereitos dos traballadores, nin tampouco cederemos ás presións ás que as empresas nos someten reiteradamente buscando que cesemos a nosa labor de defender a todos os traballadores”.

Máis novas

O comité de Sanbrandán suspende a folga

Traballadoras de San Brandán esixen a aprobación do convenio

 

Magnífico desastre branquiazul

  • Xornada 11 – Real Unión 3 – Depor 0
  • Derrota esperpéntica dun Depor que tira por terra o feito nas últimas semanas.
  • Undécimo partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (3V 5E 3D)

— —

Se hai algo que fai ben o Depor nestes últimos anos é a planificación e a execución de desastres. Sáenlle á perfección, nin ideados polas mellores mentes de Hollywood. Se Mallorca, Albacete, Castellón están no ideario desastroso branquiazul pola súa relevancia en termos de ascensos, agora temos que engadir unha nova edición a estes coma é a tempada 23/24. Porque todo en conxunto este ano está sendo terrible para a afección deportivista.

O encontro de onte á tarde pon en evidencia a mala planificación da plantilla, o rendemento pésimo de xogadores que chegaron para suplir a xogadores tan importantes coma Soriano ou Quiles e as poucas posibilidades que amosa o adestrador para adaptarse a terreos de xogo e a equipos especialistas do barro. Nesta categoría hai que ter un plan B e un plan C cando xogas en campos coma o de onte. Andamos faltos de dianteiros puntas natos que vaian ben de cabeza (Quiles), de especialistas por banda co triangulo máxico no seu ADN de encarar-regatear-centrar (estes tampouco estaban o ano pasado), de medias puntas de último pase e con bo tiro (Soriano). Pola contra temos a media ducia de xogadores iguais en características (Davo, Pablo Valcarce, Hugo Rama, Berto Cayarga, Pablo Muñoz) que, aínda por riba, amosan un estado lamentable de actitude e de conexión co equipo.

Ben pouco lle fixo falta o Real Unión onte para desarborar á defensa do Depor. Un mal control con varios rexeites e un tiro dende 30 metros para sorprender a un Ian mal colocado e lento na reacción, e logo dúas xogadas iguais pola banda de Balenziaga onde non había ninguén no repliegue e na cobertura. Parecía que houbera rematado o partido no minuto 46 cando chegou o segundo gol. Actitude lamentable dun equipo que ten que pensar en armarse nun bloque para acadar o obxectivo de quedar entre os dez primeiros. Nin ascenso, nin playoff, nin mercado de inverno, este ano toca unha ración de barro das boas.

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR