Inicio Blog Páxina 572

Pintadas no CEIP Oza dos Ríos con ameazas contra un cociñeiro do centro: “Non che imos a deixar vivir”

A fachada do CEIP Oza dos Ríos do municipio coruñés de Oza-Cesures amenceu este venres con pintadas con ameazas contra un cociñeiro do colexio. Uns feitos que xa investigan as autoridades. Fontes da Consellería de Educación confirmaron que inspección educativa xa é coñecedora deste suceso, que se investiga. En fotografías destas pintadas pódense ler nas persianas frases como ‘Non che imos a deixar vivir’ ou ‘Cociñeiro, prepárate’, así como outros insultos.

2,5 millóns para a nova edición dos Orzamentos Participativos

0

Vén de anunciar o Concello da Coruña a posta en marcha a sétima edición dos Orzamentos Participativos. Un dos mellores exemplos de participación e intervención cidadá, posto en marcha polo goberno da Marea e que se mantén vivo neste 2023.

O Concello pon a disposición da veciñanza un investimento de 2,5 millóns de euros (do orzamento de 2024), que dende xa poderá facer as súas propostas para proxectos de mellora dos nosos barrios, tanto na web nacorunacontas.coruna.gal como de xeito presencial nos rexistros municipais de María Pita, Ágora e Fórum

A veciñanza poderá propor e escoller investimentos por valor de 1 millón de euros para toda a cidade e por 1,5 millóns de euros para os barrios, a razón de 150.000 euros para cada un dos dez distritos.

A das propostas, aberta ata o 2 de outubro, será a primeira fase. A seguinte fase, a de apoios, terá lugar entre os días 5 e 10 de outubro. Nesta fase do proceso, os técnicos municipais redactarán un orzamento para cada proxecto escollido.
A terceira e última fase, coa votación final, levarase a cabo entre os días 25 de outubro e 2
de novembro.

Toda a información en nacorunacontas.coruna.gal

O CIS entregou co gallo da Mercé os seus recoñecementos anuais

0

Cita anual a que celebran as prisións de todo o estado cada 22 de setembro co gallo do Día de Merced, patroa de Institucións Penais. O Centro de Inserción Social Carmela Arias y Díaz de Rábago, situado na contorna da Torre de Hércules (espazo onde as persoas privadas de liberdade superan a última fase da súa condena en réxime de semiliberdade e, de feito, coincidindo coa celebración tiveron o día libre) acollía unha emotiva celebración.

Unha das protagonistas, a subdelegada do Goberno, María Rivas, que foi recibida pola directora Carla García Rodríguez, a subdirectora Rebeca García Lesta e o resto do equipo técnico, subliñou a importancia do cambio de políticas impulsado  dende o Ministerio, focalizando na “reinserción e integración” e facendo do sistema penal do país un referente mundial.

Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”

 

Recoñecementos

Octavio recibindo do CIS
Octavio Susacasa de ASEDUC con María Rivas

No acto tamén se entregaron as medallas de bronce ao Mérito Penitenciaro ao Secretario de ASEDUC “Asociación Socioeducativa Para a Educación”, Octavio Susacasa, pola súa implicación co centro; a Pilar Rebollo, Xefa de Equipo da Policía Nacional e a Adela Fernández, Funcionaria Especial de Institucións Penais do CIS e unha traballadora exemplar. Tamén houbo unha mención honorífica a Francisco Javier González Rodríguez, polos seus 25 anos de traxectoria profesional.

Ademais houbo un recoñecemento especial para as tres persoas do CIS que se xubilaron este ano: Francisco Javier Alonso, Enrique Ramos e Abelardo Domínguez.

O acto tamén contou coa presencia a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias, o Maxistrado xuíz de vixilancia penal, Javier Sanclaudio e a diputada Obdulia Tabodela.

Dia da Merce no CIS Coruna 1
Foto de familia con todos os galardoados

Máis novas

Persoas internas do CIS coñecen o ocio saudable da man da Fundación Érguete e o alumnado da UDC

Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”

A Carreira da Muller na Coruña contará con máis de 5.000 participantes

0

Máis de 5.000 persoas participarán este domingo, día 24, na Carreira da Muller na Coruña, que se celebrará nun circuíto de 6,5 quilómetros e terá a saída e a meta xunto á chaira do Palacio dos Deportes de Riazor, no Paseo Marítimo.

“A Coruña é unha cidade comprometida e chea de mulleres valentes que loitan por moi distintas causas”, indicou a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, no acto de presentación deste evento, no que estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.

O obxectivo da competición, segundo recalcaron, é “incorporar masivamente á muller á práctica deportiva, unindo solidariedade e loita contra o cancro de mama, e reivindicando o papel das mulleres e das deportistas na sociedade”.

Ademais da carreira, que arrincará ás 10,00 horas, desenvolveranse múltiples actividades, entre elas, un festival de fitness e aerobic e unha homenaxe ás xogadoras do Deportivo da Coruña feminino.

Esta proba tamén axuda a visibilizar a loita contra a violencia de xénero. Todos os participantes levarán o mesmo dorsal, o 016, número de atención telefónica ás vítimas.

Advirten que o modelo de xestión de residuos de Nostián está “en perigo”

O comité de Albada — empresa que xestiona a planta de tratamento de residuos de Nostián, na Coruña– considerou que o modelo de xestión da mesma está “en perigo” e pediu información ao concello sobre o futuro da planta e dos postos de traballo.

Nada xustifica o atraso na publicación dos pregos — para a licitación do contrato– e todo indica que, de seguir así, non verán a luz tampouco ao longo de 2023″. Por outra banda, indica, ante a instalación do colector amarelo, que “non hai que situar o debate exclusivamente en se ten que ser o modelo húmido-seco ou o quinto colector o que desbloquee a actual situación”.

O modelo de Nostián non está baseado no número de colectores, senón na creación de compost con fracción orgánica e a recuperación de materiais para a posterior reciclaxe”, apostila o comité que pide “traballar en serio” para “manter e mellorar” o actual modelo de Nostián.

INFORME DE ADEGA

Pola súa banda, a asociación ecoloxista Adega asegura que os datos para 2022 “confirman a superioridade do modelo húmido-seca fronte ao colector amarelo” e engade que introducir este na Coruña e na comarca das Mariñas “só se pode entender polas presións de Sogama e Ecoembes”.

“Co colector amarelo, Sogama, conseguiu recuperar 7,7 quilogramos de resiudos de envases por habitante, fronte aos 30 quilos por habitante de Nostián“, apostila a asociación, que avanza que iniciará unha campaña informativa sobre a situación da xestión de residuos na comarca “e as melloras que necesita”.

Coruña acolle, do 16 ao 22 de outubro, o Festival Internacional de Cinema Intersección

0

O Festival Internacional de Cinema Intersección celebrará do 16 ao 22 de outubro a súa 6ª edición na Coruña, segundo informaron o concelleiro Manuel Vázquez e o director do certame Gonzalo Veloso.

“No ano 2022 a cidade acolleu un total de 17 rodaxes e neste 2023 houbo xa 11, incluíndo importantes producións para multinacionais do sector”, subliñou o edil herculino sobre un evento que nesta edición traerá películas, pero tamén outros formatos audiovisuais.

Será, segundo expúxose, desde películas de cinema de autor, ata traballos de realidade virtual e filmes xerados por intelixencia artificial. O evento terá lugar en espazos como o Teatro Colón, a Filmoteca de Galicia, a sala de exposicións de Palexco ou a Fundación Luís Seoane.

O festival, segundo os seus promotores, contará con tres seccións competitivas: a sección internacional, con películas procedentes de máis de 20 países; a sección Galicia, que se proxectará no Teatro Colón e porá o foco no talento local, e a sección Escolas, que presenta filmes realizados por alumnos e alumnas de escolas de Belas Artes de todo o país. Tamén terá seccciones non competititvas, sobre realidade virtual ou retrospectivas.

Unha exposición marca o inicio das actividades do festival Mar de Mares

0

O festival Mar de Mares inaugurou na Coruña a súa décima edición coa inauguración dunha exposición fotográfica. Con ela, segundo a organización, comezan as actividades para reivindicar o “activismo e amor polos oceános”. A mostra, que estará na avenida da Mariña ata o 24 de outubro, exhibe “unha viaxe no tempo” imaxinando “unha hipotética realidade da cidade da Coruña no pasado“. Faino baseándose en datos topográficos e xeolóxicos.

Na inauguración do festival, celebrada na Fundación Paideia, xunto á exposición, estiveron presentes os representantes das institucións públicas e entidades que apoian a celebración do festival, entre elas o Concello da Coruña e a Xunta. Este venres, Mar de Mares ten programada unha das grandes apostas desta décima edición, coa estrea dun foro, que se celebrará na sede de Afundación. Haberá tamén outras actividades como a ‘gran limpeza de fondos mariños’.

A Coruña acollerá en outubro unhas xornadas da Alianza de Paisaxes do Patrimonio Mundial

0

A Coruña acollerá os días 5 e 6 de outubro unhas xornadas da Alianza de Paisaxes do Patrimonio Mundial baixo o título ‘Paisaxes e sitios. Participar para convivir’. Segundo informa o goberno local, trátase dun evento que convida á reflexión sobre a participación da sociedade no Patrimonio Mundial “e o seu deber de protexer estes territorios”.

A Torre de Hércules, patrimonio mundial da Unesco desde 2009, é o monumento escollido como anfitrión da convención cuxas relatorios terán lugar na Fundación Luís Seoane. Algúns dos eixos do encontro virarán ao redor da participación cidadá, os dereitos na xestión do patrimonio, a protección das paisaxes ou a importancia das achegas do tecido local neste ámbito.

En marcha a terceira expansión de BiciCoruña

0
  • O Concello licita a terceira gran expansión de BiciCoruña, que sumará 300 bicicletas eléctricas máis e expandirá as bases a toda a cidade.
  • Prevén ampliar a rede de estacións cun mínimo de 30 máis, con 640 ancoraxes.
  • As próximas bases en instalarse estarán localizadas na contorna da praia de Oza, o polígono de Pocomaco, o campus de Oza, o campus da Zapateira e outras dúas no campus de Elviña.
  • O prazo de execución estimado polo Goberno municipal para que se complete esta intervención é de aproximadamente 8 meses, a contabilizar desde o inicio do ano 2024.

— — —

O Goberno municipal aprobou esta mañá, en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, a saída a licitación do contrato correspondente á terceira fase de expansión do servizo municipal de BiciCoruña. Trátase dun dos 17 proxectos cos que o Concello, a finais de abril, obtivo financiación estatal a través da segunda convocatoria dos fondos Next Generation.

O investimento previsto é 2.568.000 euros (1.910.082,64 euros correspóndense a fondos estatais, o 90%; e 657.917,36 euros a fondos municipais, o 10% restante), e permitirá sufragar, en primeiro lugar, a adquisición de 300 novas bicicletas eléctricas, con tecnoloxía antivandálica e antirroubo. 

Ademais, crearanse 30 novas estacións a habilitar —é o mínimo que plantexa o contrato, polo que poderían ser máis en función das ofertas presentadas durante a fase de licitación—, 20 serán de carga eléctrica (cun total de 450 ancoradoiros) e as 10 restantes disporán de paneis mixtos de carga solar-eléctrica (cun total de 190 ancoradoiros).

55 bases antes de finalizar o ano

Coruña conta xa con 49 estacións activas —as últimas en habilitarse foron as do Barrio das Flores e a da contorna do CHUAC, a semana pasada—, máis do doble das existentes no 2019.
Neste sentido, as próximas seis estacións en instalarse, que completarán a primeira fase de expansión do servizo, estarán localizadas na contorna da praia de Oza, o polígono de Pocomaco, o campus de Oza, o campus da Zapateira e outras dúas no campus de Elviña.

Centro de lavado e vehículo eléctrico

Tamén se prevé habilitar un centro de lavado para reforzar as tarefas de mantemento e limpeza da frota de bicicletas, tanto mecánicas como eléctricas. A súa posta en funcionamento suporá un investimento de 10.372,12 euros, e a previsión é que esté en marcha no primeiro semestre do vindeiro ano.

Tamén se adquirirá un novo vehículo eléctrico que servirá para ampliar a frota de furgonetas coas que o persoal de Mobilidade procede a diario ao reparto e subministro de bicicletas nas estacións operativas.

Aumento do uso

Destacan o aumento do uso do servizo. “As bicis sumaban nun bo ano antes do 2019 200.000 usos ao ano, hoxe levan máis de 700.000 no que vai de 2023, e o obxectivo que nos marcamos coa terceira gran expansión do servizo é poder superar o millón e medio de usos ao ano reforzando o papel da bici eléctrica como medio de transporte alternativo ao vehículo privado”, indicou a alcaldesa Inés Rey.

A terceira edición do congreso ‘Artes pola paz’ celebrarase este venres e sábado na Coruña

O congreso ‘Artes pola paz’ celebra entre este venres e sábado, na Coruña, a súa terceira edición cunhas xornadas que estarán dedicadas tamén á educación en dereitos humanos.

Trátase dunha iniciativa na que o Concello e a Universidade da Coruña (UDC) colaboran de forma conxunta “co obxectivo de promover un punto de encontro e un espazo de referencia sobre a importancia das artes como defensoras dos dereitos humanos”.

Nesta ocasión, o congreso leva a cabo ao amparo da ‘Celebración Picasso 1973-2023’, que conmemora o 50 aniversario do falecemento do artista malagueño, que pasou parte da súa infancia na Coruña.

Neste sentido, o ciclo inspírase na viaxe europea do artista Luís Seoane, desde o seu exilio na Arxentina, no ano 1949, cando asiste como representante da plástica arxentina ao congreso mundial de París, onde coñece a Picasso.