Inicio Blog Páxina 571

Centos de persoas volven reclamar na Coruña a recuperación da Casa Cornide

Centenares de persoas volveron saír ás rúas da Coruña este sábado para reclamar ás administracións que aceleren o proceso para a recuperación e apertura ao público da Casa Cornide, expoliada pola familia Franco durante a ditadura.

Encabezada polos actores Isabel Risco e Fernando Morán interpretado a Carmen Polo e Francisco Franco, a marcha partiu da Praza de María Pita ata a fachada da Casa Cornide, situada no centro histórico da cidade herculina.

Á fronte da manifestación, xunto á parella de actores facendo do ditador e a súa esposa e a un grupo de gaiteiros que puxo música á protesta, podía lerse unha pancarta que rezaba ‘Devolución dá Casa Cornide ao pobo dá Coruña. Fransquismo nunca máis’.

Casa Cornide-Foto-Dores Alegre
Concentración pola recuperación da Casa Cornide-Foto-Dores Alegre

 


Os manifestantes chegaron ás portas da casa que pasou a patrimonio da familia Franco a través dunha poxa na que exerceu de pantalla o empresario Pedro Barrié da Maza, que adquiriu o inmoble para cedelo máis tarde a Carmen Polo por un prezo moi inferior ao que el abonara.

Esta operación pola que a familia do ditador fíxose coa titularidade do palacete a mediados do século XX quedou revelada co descubrimento dunha carta recollida nun informe elaborado polo historiador Manuel Grandío a encargo do Concello da Coruña.

Por mor deste achado, outro informe, neste caso de enfoque xurídico, determinou que se tratou dunha operación simulada para dar cobertura legal ao espolio.

Ás portas da Casa Cornide, onde os actores fixeron unha ‘performance’ lamentando que lles faltaban as chaves para poder entrar, procedeuse á lectura dun manifesto a cargo de Manuel Monge no que se instou á Xunta e ao goberno local coruñés a mover ficha para favorecer tanto a apertura do inmoble á cidadanía como o seu paso a patrimonio público.

O texto lembra que existe unha moción aprobada por unanimidade en setembro de 2019 no pleno da corporación herculina que avoga por recuperar para o patrimonio da cidade este inmoble. “Cincuenta meses despois, o concello segue sen presentar esa denuncia xudicial”, lamentaron os manifestantes.

Á Xunta reclaman que obrigue á familia Franco antes de que conclúa o ano a abrir a casa para visitas públicas en cumprimento do seu condicion de Ben de Interese Cultural, pola que, como establece a lei, debería poder visitarse “como mínimo” catro días á semana.

Ademais, piden a retirada das distincións da cidade e os nomes do rueiro en honra a Pedro Barrié da Maza, Alfonso Molina e Sergio Peñamaría do Chairo, “principais responsables do espolio” da Casa Cornide.

Máis novas

Convocan o sábado unha marcha para reclamar a devolución da Casa Cornide

Defensa do Común atribúe á mobilización cidadá a declaración como BIC da Casa Cornide

A Xunta declara BIC a Casa Cornide

O Concello de Culleredo asegura que esta semana xa se cobren as prazas de profesorado do Conservatorio do Burgo

0

Aínda este venres tivo lugar unha nova concentración das familias do Conservatorio do Burgo. A falta de profesorado aínda a mediados de novembro, despois dun curso pasado cheo de mobilizacións obrigou ás familias a volver á carga.

O Concello si que anunciara a comezo de curso a incorporación dunha profe de piano, pero quedaron ata esta fin de semana sen cubrir as prazas das especialidades de frauta e guitarra.

Este domingo o Concello mantivo unha reunión coa ANPA a incorporación inmediata da profe de frauta, que vén de asinar o seu contrato. Explicaron dende o Concello que a praza tivo que ser revisada porque o que primeiro renunciou para optar a outro posto na Xunta, polo que se fixo unha chamada á seguinte substituta, que asinou onte o seu contrato.

Ademais, explica que o profe de guitarra acaba de voltar de estar de baixa por unha enfermidade, pero pediu vacacións polo que esta semana estará ao cargo un substituto.

Dende o Concello, que aseguran que traballaron “o máis rápido posible para realizar trámites administrativos longos e engorrosos”, consideran o encontro “moi positivo”, sinalando que” se sentaron as bases para un contacto continuo entre os Concello e os pais e nais”.

Máis novas

As familias do Conservatorio de Culleredo volveron á rúa para esixir máis profesorado

O profesorado comeza, con fotos protesta, un mes de mobilizacións

0

O profesorado do país segue en loita. Vímolo estas semanas coas mobilización das traballadoras das Escolas Infantís privadas e de xestión indirecta emais da folga dos centros de primaria e secundaria do pasado día 24 de outubro.

E os sindicatos CIG-Ensino, STEG e CSIF, que representan en total ao 60% do profesorado galego, avanzaban a semana pasada un mes de novembro cheo de mobilizacións do profesorado. Se a vindeira semana haberá concentracións nas cidades o martes e unha manifestación nacional en Compostela o domingo, as primeiras accións realizáronse estes xoves e venres nos propios centros.

Estaban chamados dende CRAs a CEIPs, desde unitarias a centros de Educación Especial, desde CPIs a IES, desde CIFPs a Escolas de Artes, desde Escolas de Idiomas a Conservatorios… E houbo moita resposta, segundo sinala a CIG, que manda fotos de numerosas concentracións de profesores e profesoras.

Concentracion no CIFP Someso
Concentracion no CEIP Francisco Vales Villamarin de Betanzos
Concentracion protesta profesorado IES MARÍA CASARES OLEIROS PROTESTA 09-11-23
Concentracion no IES María Casares de Oleiros

Demandas para mellorar o ensino público

Piden o inicio da redución de ratios en todas as etapas educativas desde o vindeiro curso, recuperación das 18 e 21 horas lectivas que tivo o profesorado galego ata os recortes de Feijóo e Rajoy, un plan de eliminación da burocracia con medidas concretas e un incremento retributivo lineal para todo o profesorado sen ter en conta a súa antigüi dade e o cargo que ocupa.

“Semana de loita polos nosos dereitos”: martes 14 concentracións e domingo 19 manifestación en Compostela

O martes 14 celebraranse ás 7 da tarde concentracións en todas as cidades galegas, sendo a da Coruña na Praza de Pontevedra.

Ademais o domingo 19 terá lugar unha manifestación en Compostela á que está convidada a participar toda a comunidade educativa: ANPAs, familias e alumnado… para visibilizar que a mellora do ensino público.

Máis novas das protestas no ensino

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

As traballadoras das Escolas Infantís reividican na rúa a súa relevancia social

Os Special Olympics Galicia de baloncesto, maxia deportiva en prol da diversidade

0

O Palacio dos Deportes de Riazor acolleu este domingo a edición número 27 dos Xogos Autonómicos de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual, os chamados Special Olympics Galicia. Unha xornada na que o deporte demostrou o seu poder para promover valores como a integración ou a inclusión.

Un total de 233 deportistas con discapacidade intelectual participaron este domingo nesta competición. En total, o encontro contou coa participación de 16 asociacións de toda Galicia, que comezaron a xornada desfilando no Palacio dos Deporte seguindo o cerimonial das Olimpíadas. Posteriormente, un deportista de Aspronaga leu o lema dos atletas: “Quero gañar, mais se non o consigo, deixádeme ser valente no intento”.

Olladas doutro tempo: Porta dos Sares

Porta de Aires é coma coñecemos agora a este lugar, pero orixinalmente era Porta dos Ares ou Porta dos Sares. Desta última forma é coma figura en varios documentos do século XV o nome dunha das antigas portas da muralla que circundaba a Cidade Alta. Esta porta comunicaba a vila medieval cos camiños que levaban cara á Torre de Hércules, e tamén co antigo barrio labrego de Santo Tomás, ubicado extramuros aproximadamente na zona actual das Atochas.

Existen opinións distintas sobre a orixe deste nome. Juan Naya Pérez argumentaba que a xente nomeou desta forma a porta por non estar lonxe do lugar de residencia de Ares Pardo das Mariñas, personaxe importante de finais do medievo. Iván Méndez López explica que o nome actual pode vir da incorrecta interpretación de Ares coma plural de ar, sendo castelanizado xa dende o século XVIII coma Aires. Dolores González de la Peña, en cambio, pensa que o nome podería vir de Porta Agri, que en latín vulgar significaría literalmente Porta do Campo. Ou, se cadra, Porta Aggeris, que equivaldría a Porta do Camiño.

Á esquerda podemos ver un antigo pazo que adquiriron os Marqueses de Camarasa no século XIX, o cal ocupaba o soar onde se ergue na actualidade o colexio Cidade Vella. Do antigo pazo tan só nos queda un blasón de pedra do século XV, recolocado no edifico actual pero moi agochado, ó inicio dunha ruela. O escudo en cuestión mostra nos seus tres cuarteis os escaques propios dos Soutomaior, a cabeza de lobo dos Moscoso e a estrela dos Mariñas. Segundo Carlos Martínez Barbeito, o blasón correspondería a Ares Pardo das Mariñas, velaí a posible orixe do nome deste lugar.

Xunto a ese edificio vemos a entrada á Rúa dos Ferreiros, cunha árbore sen follas. Aínda que o seu nome orixinal aparece documentado dende finais da idade media, chegaría ata os nosos días transformado en rúa Herrerías. Pero a mención a tal gremio non foi o único nome que levou, pois durante unha época chamouse Rúa do Instituto. O motivo foi que o pazo de Camarasa acondicionouse en 1862 para albergar o primeiro Instituto de Segunda Ensinanza da cidade. Ata que en 1889 efectuouse o traslado á praza de Pontevedra, a un edificio de nova construción, máis espacioso e mellor equipado, sufragado por Eusebio da Guarda.

Da outra beira da imaxe vemos un edificio do século XVIII que luce moitísimo mellor hoxe en día, a pesar das súas múltiples reformas. Alí comeza a rúa Porta de Aires, que vai dar á Colexiata de Santa María do Campo. Este nome iría en concordancia coa teoría da Porta do Campo, pois non só estaban en liña a igrexa, a rúa e a porta, senón que saíndo por ela atoparíamos un barrio labrego e un espazo baleiro, o Campo da Leña e arredores, que puido empregarse antigamente coma eira ou aira.

Alleos a todo o que estamos a falar, varios grupos de persoas camiñan cara ó obxetivo do fotógrafo. A elegancia das súas vestiduras e as mantillas dalgunhas mulleres fannos pensar que están a voltar dalgún acto relixioso na Colexiata. No seu camiñar deixan atrás o elegante edificio do centro, o cal segue alí, aínda que a súa simetría decimonónica viuse alterada ó engadírselle unha altura máis, un terceiro andar completamente insulso que lle resta harmonía na súa visión actual.
Da fotografía, en cambio, si que pode dicirse que é fermosa e harmónica. Perfectamente encadrada, as persoas escalonadas, os edificios dos que falamos facendo de fondo, e con tódalas diagonais que debuxan tanto a rúa coma os cables da luz confluindo no punto onde estaba ubicada a porta da muralla. Desapareceu fai xa moito tempo, pero deixou alí, veña de onde veña, o seu nome para sempre.

 

FERnando-campos

  • Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.

OLLADAS DOUTRO TEMPO

Mar velará por unha sementeira na ría do Burgo que cumpra as demandas da confraría e por manter as axudas

0

A Xunta mostrou o seu apoio para que os mariscadores da ría do Burgo manteñan as axudas que reciben do Estado ata que os bivalvos, que vaia a sementar tras o dragado, alcancen o tamaño comercial e reactívese a súa comercialización e non cando finalice a obra nos próximos meses.

Así o abordou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, nunha reunión con confraría de pescadores da Coruña para tratar a situación do sector marítimo-pesqueiro e as principais demandas das súas profesións e, de maneira especial, as do sector marisqueiro.

Segundo informou a Xunta, Villares destacou que o Goberno, como promotor do dragado, é o responsable de compensar aos afectados despois das obras e ata que o sector poida realizar a súa actividade con normalidade.

O titular de Mar sinalou que “non se pide máis” que o cumprimento do estipulado na declaración de impacto ambiental do proxecto, onde “sinala claramente” que a duración total do cesamento da actividade marisqueira inclúe o período que transcorre desde que finaliza a obra ata que os bivalvos alcanzan o tamaño comercia, período que pode ir de 18 a 24 meses tras ser sementados.

Tal e como se recolle no estudo de impacto ambiental, engadiu Villares, hai que recuperar todas as zonas de produción que había antes do dragado, e no período de 18 a 24 meses “garantir os ingresos e o alimento” das familias afectadas pola obra ata que poidan volver vivir da súa actividade.

O Executivo autonómico indicou que os profesionais do mar “son conscientes” de que tras as obras a ría quedará “totalmente improductiva” e que “é fundamental” que se estendan as axudas durante ese tempo de inactividade, no que crecerán os moluscos que se sementarán con tamaños que non chegan aos 15 mm no caso das ameixas e deben chegar aos 40 mm.

Sobre o proceso de sementar os bivalvos, nun principio a Demarcación de Costas, segundo ha recodado a Xunta, quería realizala a mediados do próximo mes de decembro, pero a confraría e o goberno galego opuxéronse.

“Hai que esperar o tempo necesario para que os terreos atópense preparados, non se podería facer nestes momentos, porque como indica o sentido común agora sería como tirar o diñeiro, os recursos, ao mar, sen ningún sentido”, remarcou . O conselleiro explicou que a mellor época para realizar o sementado sería cara á próxima primavera.

Unha persoa con mobilidade reducida resulta intoxicada no incendio dunha vivenda en Sada

0

Unha persoa con mobilidade reducida resultou intoxicada por inhalación de fume no incendio da vivenda na que se atopaba, situada en Sada. O incidente produciuse ás 15,30 horas nunha casa da Rúa dá Praia á que acudiron os efectivos de emerxencias para atender á vítima, quen precisou axuda para poder saír da vivenda, segundo explicou o CIAE 112 Galicia.

O incendio orixinouse nunha tixola esquecida ao lume na cociña, o que provocou unha intensa fumareda que se estendeu por todo o inmoble, ademais de queimar varios mobles.

INCENDIO EN PALAS DE REIS

Ademais, outro incendio iniciado no motor dun conxelador no baixo dunha vivenda de Palas de Reis tamén obrigou a intervir aos servizos de emerxencia, aínda que, neste caso, non houbo que lamentar danos ás persoais.

A central do 112 tivo constancia deste suceso ás 16,00 horas deste sábado tras recibir unha chamada na que se alertaba de que ardía a planta baixa dunha casa de Leboreira, na parroquia de Augas Santas. As chamas, que foron controladas polos propios ocupantes da casa, calcinaron electrodomésticos, unha bicicleta e xoguetes que había almacenados no lugar.

O director dos Museos Científicos Coruñeses elixido presidente da Asociación Española de Comunicación Científica

0

Con fachenda recolle a cidade este sábado a nova de que o director dos Museos Científicos Coruñeses se convirte no novo presidente da Asociación Española de Comunicación Científica. Unha nova demostración de que a cidade está considerada un referente da divulgación científica en España gracias ao magnífico traballo da rede de Museos Científicos (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae), que xunto á sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT-A Coruña) conforman unha excepcional oferta museística para a educación e o lecer científico.

A entidade valora tamén outras actividades como a Semana da Ciencia na Rúa (que precisamente empeza hoxe abrindo as portas do museos aos veciños da cidade), o exitoso Día da Ciencia na Rúa ou os premios Prismas á Divulgación, para nomear presidente a este físico herculino, funcionario na Casa das Ciencias dende 1997 e director dos MC2 dende 2018.

 

A Asociación Senunpeso recolleu o XII Premio José Sellier

0

Emotiva noita a de onte no Arty! Market na Couña, coa entrega XII Premio José Sellier.  A Academia Galega do Audiovisual escolleu á Asociación Senunpeso para este premigalardón que premia o labor de iniciativas salientables dentro do sector audiovisual. Un premio que debe o seu nome ao pioneiro do cinema José Sellier Loup, quen, en maio de 1897 filmou, na Coruña, as primeiras películas rodadas en España con cámara Lumière.

Carla Pérez, presidenta da Asociación Senunpeso, foi a persoa encargada de recoller o trofeo.

Senunpeso Producións é unha asociación cultural nacida no concello de Vedra en agosto de 2009. Ao longo dos anos desenvolveu numerosas actividades artelladas en torno á formación e exhibición de audiovisual galego, con iniciativas de referencia.

O 20 de setembro deste ano, un comunicado na redes sociais da asociación anunciaba o cese da súa actividade, poñendo fin a unha traxectoria comprometida con contribuír “a unha sociedade máis crítica e autoconsciente”, empregando como recurso principal o audiovisual e traballando con tres referentes: o audiovisual, o rural e Galicia.

A Academia Galega do Audiovisual recoñece co XII Premio José Sellier a unha asociación “que traballou de xeito incansable a prol da formación e da exhibición audiovisual, empregando o audiovisual como ferramenta para o encontro, a creatividade e a aprendizaxe, desde un pequeno concello da provincia da Coruña. Unha iniciativa que reivindicou con orgullo o seu cerne rural e o seu vínculo co territorio, a través de propostas de referencia para profesionais de toda Galicia como foron o Laboratorio Audiovisual de Vedra, o LAV.mov ou a convocatoria A fume de carozo. No ano da súa disolución, este premio quere ser un agradecemento a todas as persoas que a fixeron posible e un recoñecemento ao pouso que deixa en veciñas e veciños de Vedra, profesionais do sector e persoas de toda Galicia que amamos o noso audiovisual.”

 

As familias do Conservatorio de Culleredo volveron á rúa para esixir máis profesorado

0

Despois dun curso pasado cheo de mobilizacións, e tras comprobar e denunciar que a falta de profesorado segue vixente neste comezo de curso,  a ANPA O Burgo do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Culleredo volveu concentrarse este venres diante do Conservatorio para “reivindicar ensinanzas artísticas de calidade e a cobertura inmediata das prazas de profesorado nas especialidades de frauta e guitarra”.

Recoñecen que, na primeira semana de novembro se incorporaron 3 docentes para a especialidade de piano, pero está pendente de incorporación o persoal docente nas especialidades de frauta e guitarra.

As familias seguen sen comprender “como é posible que logo da problemática do anterior curso escolar, o Concello de Culleredo publique a convocatoria para a creación de listaxes de substitución o 29 de maio e demore ata o 2 de outubro a finalización do proceso de selección”.
Consideran tamén “incomprensible que finalizado o dito proceso, se incorpore o persoal especialista de piano o 3 de novembro e estea pendente aínda a incorporación do persoal especialista de frauta e guitarra”.

Lembran ademais que o 18 de setembro solicitaron unha xuntanza á Concelleira de Educación, “pero seguimos sen recibir respostas”.