Inicio Blog Páxina 600

A Fundación Diego González Rivas leva a cirurxía minimamente invasiva a Serra Leoa e Liberia

0

Novo fito conseguido pola Fundación Diego González Rivas. Apenas uns meses despois da súa presentación oficial, a entidade do recoñecido ciruxán coruñés conseguiu levar a pioneira técnica cirúrxica mínimamente invasiva de Uniportal VATS, a dous países como Serra Leoa e Liberia. Era a primeira vez na historia dos países africanos que se realizaban intervencións caoma estas, gracias á a Fundación Diego González Rivas, e co apoio da Fundación Real Madrid e da Fundación Laliga.

A técnica mínimamente invasiva uniportal do VATS desenvolvida permitiu realizar intervencións cirúrxicas en pacientes con pulmón afectado por tuberculose e aspergiloma, afeccións que presentan un alto grao de complexidade. Esta innovadora técnica cirúrxica permitiu extirpar tumores e realizar intervencións con mínimas incisións, beneficiando aos pacientes cunha recuperación máis rápida e menos dolorosa.

Diego Gonzalez Rivas cun neno operado con VTS en Sierra leona_03 copia
Diego Gonzalez Rivas cun neno operado con VTS en Sierra Leona

Toda unha aventura

O equipo dirixido polo doutor González Rivas enfrontouse a retos extremos na súa misión humanitaria. As condicións dos hospitais de Connaught en Freetown, Serra Leoa e do hospital JFK de Monrovia, Liberia resultaron moito máis adversas do esperado, faltando equipos médicos esenciais, incluíndo a ausencia de cámaras de vídeo, sistemas de terra adecuados e tubos para intubar, entre outros elementos básicos para realizar. intervencións cirúrxicas.

Fundacion Diego Goinzalez Rivas operando en sierra leona_01
Operando en Sierra Leona

“Por primeira vez na miña vida, avaliamos pacientes con radiografías de tórax (non había tomografías computarizadas dispoñibles) e non había equipos toracoscópicos en todo o país. Doamos un toracoscopio portátil e unha cámara, un conxunto completo de instrumentos VATS: broncoscopios, tubos traqueais, drenaxes, etc. Foron meses de traballo a través da nosa fundación para facer posible este momento histórico”, sinala o cirurxián coruñés. A Fundación doou aos dous hospitais todo o material necesario para que se poidan realizar cirurxías minimamente invasivas.

“Operar nestas condicións foi un milagre. Afrontámonos con situacións extremas, pero grazas á dedicación do equipo e ao apoio da fundación, puidemos prestar unha atención médica vital a quen o necesitaba”, dixo o cirurxián herculino.

Nun emotivo encontro, o doutor González Rivas foi recibido polo ministro de Sanidade de Serra Leoa, Austin Demby, a quen detallou todas as intervencións realizadas no hospital de Freetown. O conselleiro expresou o seu agradecemento, tamén en nome do presidente do país, polo labor humanitario, a dedicación e o progreso médico que o doutor González Rivas e a súa fundación levaron ao seu país, beneficiando a comunidades necesitadas con cirurxías minimamente invasivas que marcaron un momento histórico precedente no país.

Ademais, os medios nacionais de Serra Leoa e Liberia fixéronse eco da histórica contribución histórica do doutor Diego González Rivas e da súa fundación.

”Xuntos, estamos a traballar para facer posible unha cirurxía global de calidade e seguir aportando esperanza e atención médica a aqueles que máis o necesitan”.

A Coruña acollerá a finais de agosto unha nova edición da Tall Ships Races Magallanes-Elcano

Máis dunha decena de grandes veleiros recalarán a finais de agosto na Coruña con motivo da Tall Ships Races Magallanes-Elcano, segundo informa o consistorio.

Farao sete anos despois da súa presenza nela. Coa volta da regata, que recalará no porto por décima vez, A Coruña convértese na cidade máis visitada pola Tall Ships na súa historia.

As embarcacións, abanderadas por España, Portugal, Uruguai, Reino Unido, México, Italia, Polonia e Dinamarca, competirán na cidade entre os días 24 e 27 deste mes.

Máis de 250.000 persoas visitaron os Museos Científicos Coruñeses desde inicios de ano

No que vai de ano, 252.056 persoas visitaron as instalacións dos Museos Científicos Coruñeses. As visitas á Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae supoñen un incremento do 24 % con respecto ano anterior dando conta da renovación continñúa que viven estes centros interactivos.

Destaca o aumento no Aquarium Finisterrae, no que se contabilizaron 133.293 visitantes no que vai de ano. Marcos Pérez Maldonado, director dos Museos Científicos Coruñeses, indicou que “neste primeiro semestre de ano, as cifras relativas ao Aquarium foron moi boas, grazas ao éxito da campaña escolar e á boa afluencia do público local. No verán mantemos esa tónica, pero a visita segue sendo cómoda porque a nosa prioridade sempre é que a experiencia do público sexa gratificante”.

Ademais, tamén nestes primeiros sete meses de 2023, detectouse un incremento de visitas
na Domus, cun balance de 65.946 persoas rexistradas, superando amplamente o dato parcial para o mesmo período do ano pasado: entre xaneiro e xullo de 2022 contabilizáronse 47.077 visitantes.
Por outra banda, no que vai de ano, na Casa das Ciencias rexistráronse 53.267 visitantes,
superando tamén o dato parcial para o mesmo período no 2022, cando pasaron polo museo
44.766 persoas.

Durante a presentación das cifras, lembraron o caso da Casa das Ciencias, que no 1985 converteuse no primero museo público interactivo de España.

Horarios

O horario de verán dos Museos Científicos Coruñeses esténdese ata o 31 de agosto. A inicios de xullo, os Museos Científicos Coruñeses deron comezo ao seu horario de verán, que se estenderá ata o xoves 31 de agosto. Ata entón, abrirán as súas portas desde as 10.00 ata as 20.00 horas, aínda que o acceso pechará ás 19.00 horas no Aquarium Finisterrae e ás 19.30 horas na Casa das Ciencias e na Domus.
Os tres museos contarán, ademais, cunha programación especial de sesións de planetario,
actividades e proxeccións audiovisuais.

 

Arrinca o 26º Salón Internacional do Cómic da Coruña

0

Hoxe luns, 7 de agosto, arranca o 26º Salón Internacional do Cómic da Coruña, Viñetas desde o Atlántico 2023. Durante os próximos sete días, até o domingo 13 de agosto, a cidade herculina convértese na capital universal da banda deseñada, con máis dun centenar de propostas artísticas, que inclúen exposicións, sinaturas con autorías de referencia do sector, música, un ciclo de cinema de animación, obradoiros infantís e profesionais, visitas guiadas, mesas redondas, etc.

O programa de Viñetas 2023 previsto para este luns, 7 de agosto, propón, ademais da apertura das súas sete exposicións, o primeiro dos obradoiros infantís de Viñetas Lab, no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, ás 19.00h, e o concerto de Hongo, ilustrado por Paz Rodríguez, Luis Yang e Julia Abalde, ás 21.00h, no Teatro Colón.

A Rúa da BD, que reúnen máis de 40 stands profesionais de editoras e librarías coa mellor selección editorial de banda deseñada de hoxe e de sempre, comezará a súa andaina de 18.00 a 21.00h e, nesta tarde de luns, contará coas sinaturas de Jorge Campos (Anaya), Paula Chesire (Fandogamia) e Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias (T-Raptor Editorial).

PROGRAMA ACTIVIDADES LUNS 7 DE AGOSTO

EXPOSICIÓNS VIÑETAS 2023

CONCERTO DE HONGO, ILUSTRADO POR PAZ RODRÍGUEZ, LUIS YANG E JULIA ABALDE. Luns 7 de agosto, ás 21.00h. No Teatro Colón

VIÑETAS LAB. No Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez.
Luns 7 de agosto, 19.00h. Martes 8 a venres 11, 18.00 e 19.00h. Sábado 12 e domingo 13, 12.00, 18.00 e 19.00h. De 6 a 12 anos. Cómpre inscribirse a través de ludidactica@gmail.com e no propio Palco da Música antes de cada obradoiro sempre que houbese prazas libres.

 

‘Rock en Familia’ abre a segunda semana das Festas de María Pita

0

Este luns, a praza de María Pita acollerá o espectáculo para todos os públicos ‘Rock en Familia’, que servirá para abrir a segunda semana das Festas de María Pita 2023. A actuación comezará ás 20.00 horas e forma parte do ciclo ‘Noites de María Pita’, que enche de música a praza durante este mes de agosto.
‘Rock en Familia’ é un espectáculo pensado para todas as idades, no que grandes e pequenos poderán gozar por igual da experiencia da música en directo, ao tempo de descobren a historia e as cancións dalgúns dos e das artistas máis importantes da historia
do rock e do pop.

Este luns celebraranse tres espectáculos diferentes dentro do formato de ‘Rock en Familia’:
Descubriendo a Ramones, I Love Rock and Roll e Descubriendo a Guns ‘n Roses. A través
do contacontos O Oso Rosendo e diferentes bandas tributo, repasarase a traxectoria de
formacións como Ramones, AC DC, Nirvana, The Beatles, Guns ‘n Roses ou Queen.

Programación Noites de María Pita

● 8 de agosto, 22.00 horas: The Waterboys
● 13 de agosto, 22.00 horas: Los40 Summer Live: Zzoilo, Leo Rizzi, Marlon, Hilario,
Paula Cendejas, Polo Nández, Álvaro de Luna, Nickzzy, Miki Núñez, Charlie USG e
Paula Koops.
● 15 de agosto, 22.00 horas: Xabier Díaz
● 16 de agosto, 22.00 horas: Umberto Tozzi
● 20 de agosto, 22.00 horas: Mangüi sempre en nós. Concerto homenaxe-celebración a Manuel Martín “Mangüi” con Os Diplomáticos de Monte-Alto, Antón Reixa, Bieito Romero, Josito Pereiro, Mercedes Peón, Paco Lodeiro, Uxía…

Olladas doutro tempo: Mercado da Guarda

Onte pola tarde baixei camiñando a rúa Ferrol, deixando á esquerda o seu precioso conxunto de edificios de vivendas, que van percorrendo a liña do tempo dende o modernismo de mil novecentos e moi pouco ata o racionalismo dos anos trinta.  Máis abaixo á dereita, xa na praza de Lugo, temos a mazá máis simétrica e harmoniosa de todo o Ensanche. Case intacta, tal como a debuxou a finais do século XIX Juan de Ciórraga, quen imaxinou todo o barrio con esa mesma estética.  Pero xusto ó pasar esa mazá e chegar á intersección entre as rúas Picavia e Compostela, detívenme un momentiño para ter exactamente a mesma vista da fotografía. Non estaban as cestas de mimbre, nin a bicicleta, tampouco o coche de cabalos. Pero, sobre todo, non estaba o mercado orixinal. A súa derruba en 1958 racha coa historia da zona.

En verbas do arquitecto e escritor Xosé Fernández Fernández: “sen dúbida, o fito arquitectónico máis importante da arquitectura de cristal xa desaparecido foi o mercado da praza de Lugo, o chamado Mercado Da Guarda”. Constaba de tres impoñentes pavillóns feitos de ferro e vidro. Todo comezou en 1879. Nese ano Eusebio da Guarda incluíu no seu testamento que, rematadas as obras do grupo escolar Da Guarda, na Praza de Pontevedra, as súas irmás e herdeiras Luisa e Rosa debían invertir 200.000 pesetas na construción dun mercado de ferro na praza de Lugo, sempre e cando o Concello facilitase o soar xá explanado. 

O filántropo faleceu en 1897, polo que non chegaría a ver o inicio das obras do novo mercado en 1901. A doazón invertiuse no pavillón central, con 52 postos adicados á venda de peixe. O concello erguería os corpos norte e sur, con 45 postos cada un, onde venderíanse legumes, pan, ovos e carne. O conxunto, cun custe total de 600.000 pesetas, abriuse ó público en 1910. Sorprendeu, e moito, pola modernidade das súas instalacións e polo coidadísimo deseño do arquitecto Pedro Mariño, quen incluíu no proxecto mosaicos, mesas de mármore, ferraxes artísticas, elegantes marquesiñas, plazoletas con fontes, e unha grande luminosidade aportada polas cristaleiras. 

Algúns deses bonitos mercados de ferro aínda seguen a funcionar, coma o da Boquería en Barcelona, o de Atarazanas en Málaga ou o Mercat Central de Valencia. Outros, coma o mercado de San Miguel en Madrid, reinterpretaron o seu uso, virando a súa actividade cara o tapeo. Todos eles seguen en pé lembrando a súa época e embelecendo os seus barrios. Pero a grande calidade arquitectónica do mercado Da Guarda sustituiuse por aburrimento e maior espazo para postos de venda.

A praza de Lugo é toda unha referencia en moitos aspectos. É un entorno cunha grande concentración de arquitectura modernista. O mercado actual -o terceiro, de 2006-  é dos mellores de todo o país, e os seus produtos frescos non envexan ós de ningures. A rede de tendas de moda e locais de hostalaría converten a praza e os seus redores nunha zona animada -e cotizada- famosa en toda Galicia. Se ademáis de todo iso conservase  o seu vello mercado de ferro e vidro, podería ser un espazo urbán realmente incomparable. Tan só podemos imaxinalo, pero para axudarnos aquí temos a testemuña que nos deixou Pedro Ferrer.

 

FERnando-campos

  • Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.

OLLADAS DOUTRO TEMPO

O dúo 2ManyDJs, sorpresa do Festival Noroeste

0

dúo belga 2ManyDJs subirase ao escenario na praia de Riazor o vindeiro venres día 11 durante a nova edición do Festival Noroeste. A Coruña acollerá este evento musical do 9 ao 12 de agosto, que terá como cabeza de cartel ao grupo Primal Scream, o último día. Parov Stelar e Lori Meyers participarán tamén na 36 edición deste festival, que contará con máis de 60 grupos e artistas en nove escenarios, entre eles o areal coruñés.

Este encontro, promovido polo consistorio con apoio de Estrela Galicia, inclúe as actuacións de La M.O.D.A., Rayden, Arde Bogotá, Le Fields e de Mala Rodríguez, e como “sorpresa”, segundo informa o Concello da cidade herculina, o dúo 2ManyDJs, formado polos irmáns David e Stephen Dewaele, anteriores membros do grupo Soulwax.

Entradas e horarios

Para acceder ós eventos programados no Castelo de Santo Antón e no Teatro Colón,
poderanse adquirir as entradas tanto na billeteira da praza de Ourense, de luns a venres en
horario de 11:00 a 15:00 horas de mañá e de 16:30 a 19:30 horas pola tarde, como na web entradas.ataquilla.com. Non será necesario para as sesións da Fundación Luis Seoane.

MÉRCORES 9
Santa Margarida
20:30h – García MC & Nación Quilombo
22:00h – Fatoumata Diawara
00:00h – Iseo & Dodosound

Porto
21:00h – The Rapants
22:30h – Rayden
00:30h – La M.O.D.A.

Campo da Leña
13:00h – Sanny
19:30h – Mixing Martines
21:30h – La Perra Blanco
23:30h – Playback Maracas

Azcárraga
14:00h – Garufa Blue Devils Big Band
20:30h – Clarence Bekker Band
22:30h – Club Makumba

Fundación Luís Seoane
12:30h – Garza
19:00h – ALLOVA
22:00h – Pantha Du Prince

Cormelana Sellier (Dj’s)
20:00h – Anita B Queen

Castelo de Santo Antón
13:00h – Nacho – Faia – LAR
19:30h – Silvia Penide
21:00h – SUMRRÁ + convidados

XOVES 10

Santa Margarida
20:30h – Sabela
22:00h – PONGO
00:00h – Ana Tijoux

Porto
21:00h – Jimena Amarillo
22:30h – Mala Rodríguez
00:30h – Arde Bogotá

Campo da Leña
13:00h – Smile
19:30h – Stormy Trucks
21:30h – Mojo Mantra
23:30h – BALA

Azcárraga
14:00h – David Regueiro Trío
20:30h – Marcos Coll
22:30h – Lee Fields

Fundación Luís Seoane
12:30h – PAVA
19:00h – Santiago Latorre

Cormelana Sellier (Dj’s)
20:00h – Yibril

Castelo de Santo Antón
13:00h – Mallou
19:30h – _juno
21:00h – Thylacine

Teatro Colón
19:00h – J, de Los Planetas, presenta en directo “Plena Pausa”

VENRES 11

Campo da Leña
19:30h – Superfuzz
21:30h – Lanegan by Ultracuerpos

Azcárraga
14:00h – Pamela Rodríguez
20:30h – Brais Morán & Nasaufunk

Riazor
22:00h – 2ManyDj’s
0:30h – Parov Stelar

Cormelana Sellier (Dj’s)
20:00h – Meneo

SÁBADO 12
Cormelana Sellier
20:00h – Drea

Azcárraga
14:30h – Corriente del Golfo
20:30h – Jarbis

Campo da Leña
13:00h – Malandrómeda
14:00h – Haydn
19:00h – Gitano de palo

Riazor
22:00h – Lori Meyers
00:30h – Primal Scream

Este evento contará con máis de 60 concertos, todos gratuítos, que se distribuirán entre 9
espazos da cidade de cristal, segundo as seguintes temáticas:

● Praia de Riazor: a esencia do festival.
● Parque de Santa Margarida: urbana, fusión, rock alternativo.
● Porto: visión musical máis contemporánea.
● Campo da Leña: guiño ó rock.
● Praza de Azcárraga: noites de jazz, funk, latin, soul e moito máis.
● Fundación Luís Seoane: toque experimental e vangardista.
● Castelo de San Antón: pequenas grandes ‘delicatessen’.
● Cormelana Sellier: Dj’s.
● Teatro Colón: un dos espazos con máis identidade da cidade.

As Embarcacións Tradicionais enchen Sada de historia

0

Xa está en marcha o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se inauguraba este xoves, no porto de Fontán, en Sada. Alí tivo lugar, ás 18 horas, a recepción de autoridades, á que seguiu unha navegación a bordo do Joaquín Vieta e o Piueiro.

A continuación comezou, no pavillón do Patrimonio, o acto oficial de inauguración, no que tomaron a palabra o presidente de Culturmar, José Luis Sacau, e o presidente de Os Patexeiros, Miguel Martínez Modroño, ademais do deputado provincial Xosé Penas Corral, o director xeral de Comercio, Manuel Heredia, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e mais o alcalde de Sada, Benito Portela.

Ao longo desta fin de semana 106 barcos procedentes de toda Galicia participarán nesta singular concentración de embarcacións tradicionais. Dornas, botes polbeiros, galeóns, gamelas ou bucetas de orixe galega e tipoloxías propias de Cataluña, Euskadi e ata de Irlanda reuniranse na vila coruñesa a partir do xoves. Algunhas delas xa chegaron hoxe ata o porto de Fontán no III Convoi Tesa a Escota Proa a Sada, que navegou dende Muros, pasando por Corme, durante a fin de semana. Foron oito as embarcacións que fixeron xuntas o percorrido: Xeiteira Canle, Dorna de tope Lavanqueira, Dorna nai, Galeón Eliseo, Racú Laberco, Balandro Joaquín Vieta, Galeón Ave de Paso e Dorna nai Uxía. A elas uníronse media ducia de barcos dende Ferrol e localidades cercanas. Na vila xa estaban atracadas a Irmandiña e a Meca, do Grove, e o Luísa Tres, de Combarro.

O programa

O programa inclúe diversas actividades, tanto en terra, como concertos, obradoiros para a cativada, presentación de libros ou exposicións, como en mar, como navegacións pola costa sadense e as localidades próximas durante as catro xornadas, así como unha concentración e exhibición dos participantes no porto de Fontán, visitas guiadas ao interior dos barcos e un bautismo de mar de novas embarcacións.

A Coruña acollerá a 12ª edición do Encontro Artes pola Integración

0

Os días 1, 2 e 3 de setembro, A Coruña acollerá o XII Encontro Artes pola Integración, un proxecto que ten como principal obxectivo romper as barreiras entre artistas e persoas con e sen diversidade funcional e substituílas por vías de acceso bidireccionais que fomenten o coñecemento, o recoñecemento e a inclusión social a través das artes.

Entre as diferentes facetas desta cita integradora e transformadora – que conta co apoio do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música), Gadis ou Estrella Galicia – destacan as artes escénicas, as artes visuais, o cinema ou a música como instrumentos eficaces e esenciais para a comprensión e a procura de alternativas a problemas sociais e interpersoais derivados das demandas, necesidades e procesos inclusivos.
Este evento arrincará nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña o venres 1 de setembro ás 19:00 horas, coa presentación do festival para, a continuación, asistir a tres  epresentacións teatrais: a peza curta “O meu lugar!” – dirixida por Rebeca Ponte e Carlota Pérez coa axuda de dramaturxia de Victor Duplá e María Vazquez – baseada na obra “A tempestade”, de William Shakespeare, a peza “Tuétano”, de ExperimentaDanza, versión longa da obra “Non me toques o segredo” representada na pasada edición do festival, e “Mordiendo la verdad. Recuperando la memoria de las mujeres”, de Palomica Lloca Producciones, un premiado espectáculo que combina teatro, música, danza e poesía
visual.

A primeira xornada do XII Encontro Artes pola Integración chegará ao seu fin co “Encontro de videodanzas e diversidade”, unha colección de proxectos de linguaxe audiovisual en colaboración co prestixioso Fiver Internacional Dance Film Festival.

O sábado 2 de setembro o evento trasládase ao Centro Ágora onde, ás 16:00 horas, se inaugurará a exposición “A mocidade crea”, proxecto realizado en colaboración con SacraExperience logo dun proceso de dous anos de formación e elaboración e que está conformada por fotografías, artes plásticas e videocreaciones realizada por adolescentes.

Ás 16:40 horas dará comezo a “Asemblea Diversa”, nesta edición centrada nos museos como espazos e referencias terapéuticas, onde coñeceremos as experiencias de Rebeca Ponte, especialista en artes terapéuticas, Juan García Sandoval, Conservador de Museos da Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia, Karen Lund Orbeta. arteterapeuta especialista en arte e museos, Encarna Lago, Xerente da RedE Museística Provincial de Lugo, e a doutora Alexandra Gerstain, do CourtLaud Museum de Londres. A “Asemblea Diversa” rematará cun obradoiro experiencial Posteriormente, ás 20:00 horas, Yurdance ofrecerá o seu espectáculo de danza “The Sound of the Void” sobre a fraxilidade humana e a impermanencia da vida para, a continuación, gozar da actuación da Big Band Basket Beat, un proxecto de movemento, arte, educación e acción social cunha metodoloxía que explora todas as posibilidades que nos ofrece unha simple pelota de baloncesto.

The Sound of the Void (Yurdance)
The Sound of the Void (Yurdance)

Esta cita chegará ao seu fin na xornada do domingo 3 de setembro, xa na praza da Constitución, na Cidade Vella coruñesa e en horario de 17:00 a 20:00 horas, co “Concurso de pezas para a comunidade”, unha convocatoria aberta a creadores e creadoras – dun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes – que presenten as súas propostas de danza, música e teatro dun máximo de 15 minutos de duración onde se reúna a persoas con e sen diversidade. Unha vez representadas, un xurado de expertos seleccionará dúas pezas, así como o público asistente unha terceira, que recibirán 500 euros de premio. Seleccionaranse un máximo de 10 pezas para este concurso.

En definitiva, o XII Encontro Artes pola Integración supoñerá, un ano máis, toda unha oportunidade para que o público coruñés se achegue ás artes inclusivas creadas para a comunidade grazas á Asociación Diversos, entidade responsable do festival.

Catro feridos en senllos accidentes de tráfico, un en Arteixo e outro en Arzúa

Catro persoas resultaron feridas en senllos accidentes de tráfico, un en Arteixo por unha colisión frontal entre dous turimos e outro nun sinistro de moto, segundo informa o 112. No caso de Arteixo, tres persoas tiveron que ser axudadas polos equipos de emerxencia tras producirse un accidente entre dous vehículos na madrugada deste venres.

O 112 Galicia tivo constancia, preto das seis da madrugada, dunha colisión frontal a través do sistema e-call, ferramenta que establece comunicación coa central de emerxencias ao detectar un impacto no coche. Durante a comunicación establecida co interior do habitáculo dun dos turismos sinistrados, os seus ocupantes informaban da dificultade de abandonalo polos seus propios medios.

Desde o 112 deuse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Unha vez no punto, á altura do punto quilométrico 1.2 da AC-551, ao seu paso pola parroquia de Oseiro, os equipos de intervención indicaron ao 112 que non foi preciso empregar o material de excarceración. Con todo, a colaboración entre os bombeiros e o equipo médico foi necesaria para sacar do interior aos feridos, trasladados a un centro sanitario.

Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, desde o CIAE-112 Galicia solicitouse a colaboración dos efectivos de Protección Civil de Arteixo e do servizo de mantemento das estradas. Tamén se pasou aviso aos axentes da Policía Local.

SINISTRO EN ARZÚA

Por outra banda, na noite de onte, un motorista foi trasladado en ambulancia despois de sufrir un accidente co seu vehículo cando circulaba polo camiño de Buxacos, na parroquia arzuá de Lema.

O envío da axuda ata o lugar para atender ao home ferido foi posible grazas á chamada de alerta dunha persoa particular que atopou ao motorista caído nunha cuneta, ao redor das nove da noite. Segundo a información facilitada ao 112, o ferido atopábase debaixo do vehículo.

Con estes datos, o persoal do CIAE-112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos profesionais sanitarios, que mobilizaron ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago. Finalmente, o motorista foi evacuado en ambulancia acompañado polos médicos que se atopaban na aeronave. Ao lugar acudiron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico.