Inicio Blog Páxina 674

Manuel Murguía: da orixe da RAG á bandeira galega

0

Arrincaron onte as xornadas que a Real Academia Galega organizan co gallo do centenario do pasamento do seu primeiro presidente, o escritor, historiador e político Manuel Murguía. Fíxoo cunha mesa redonda centrada na relación do homenaxeado coas institución As sesións teñen lugar co apoio económico da Xunta de Galicia e contan coa colaboración das devanditas entidades e do Concello da Coruña.
Uns encontros (que se poden en directo pola canle de Youtube da RAG)

«As Xornadas Manuel Murguía comezan o día do centenario do seu pasamento, que aconteceu o 2 de xaneiro de 1923. A RAG conmemora con elas a figura do seu fundador, pero a Murguía tamén lle debemos os alicerces históricos do galeguismo, así como símbolos da identidade galega», así arrincou a directora da Sección de Literatura, Marilar Aleixandreque dedicou as xornadas Xosé Ramón Barreiro (1936-2021), gran biógrafo de Murguía e que tamén foi presidente da RAG.
«O programa trata de revelar a pluralidade e a complexidade da súa figura e obra. Murguía foi o pensador que construíu o paradigma do celtismo e do rexionalismo, foi unha personalidade clave na institucionalización da cultura galega e desempeñou tamén un papel importante nas relacións coa colectividade galega en América. A súa é unha vida moi completa que merece ser rescatada e lanzada cara ao futuro, cómpre traer ao primeiro plano un Murguía complexo, diverso e fundamental», engadeu o director da Sección de
Historia, Ramón Villares.
Tras a inauguración, na que interviñeron o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Marilar Aleixandre, a académica correspondente Ana Romero Masiá abordou os precedentes da RAG. Deseguido o investigador Emilio Xosé Ínsua centrouse nos primeiros anos da Academia, sinalando os conflitos que viviu naquel momento, as limitacións que sufriu e tamén os logros. O académico Xosé Luís Axeitos analizará despois o ambiente político e cultural da Coruña na que se fundou a RAG e o deseñador Pepe Barro ofrecerá unha intervención sobre a bandeira galega.

Antecedentes, atrancos e logros dos primeiros pasos da RAG

En 1883 a creación da Sociedad de Folklore Gallego, con Emilia Pardo Bazán como presidenta. «A nova sociedade iniciou a súa actividade a partir de 1884, pero aos poucos anos foi esmorecendo por diversas razóns, de modo que en 1894 a xunta directiva, encabezada polo vicepresidente, o médico republicano Ramón Pérez Costales, en ausencia de Pardo Bazán, decidiu que Folklore Gallego cambiase o seu nome polo de Academia Gallega e que pasasen tanto os membros de Folklore como parte dos seus fondos á nova Academia», repasa a historiadora Ana Romero Masiá. Pero diversos problemas políticos e persoais entre os dirixentes máis destacados imposibilitaron que esta Academia se consolidase, de modo que sería preciso reiniciar as xestión que callarían na inauguración da actual Real Academia Galega no ano 1906.

A bandeira galega de Manuel Murguía e Rosalía de Castro

Pepe Barro presentará no encontro unha contribución sobre a bandeira de Galicia. O deseñador sostén, a partir de distintos documentos, que Murguía foi o creador do símbolo que chegou á actualidade. «Ao longo do Rexurdimento sentiuse a necesidade dunha bandeira galega. No século XIX estaba estendida a vaga idea de que era branca, quizais coa cruz de Santiago no seu centro.

En 1891, Manuel Murguía crea a bandeira galega coa banda azul transversal sobre fondo branco. Iso é o que indica un documento que sinala a Murguía e á súa filla Alexandra como autores da bandeira, con ocasión da encomenda dun estandarte para o Centro Galego da Habana en 1891. E outro documento de 1892 explica como é a bandeira do dito estandarte», detalla.
Pepe Barro asegura ademais que existe unha imaxe desas bandeiras que desfilaron na Habana no IV Centenario do descubrimento de América e que informacións algo posteriores (1898) remiten ao traslado dos restos de Rosalía a Bonaval como o acontecemento no que por primeira vez loce a bandeira galega, en maio de 1891.

Máis citas

O programa, coorganizado polas seccións de Historia e Literatura da Academia, arrincou na Fundación Luis Seoane da Coruña e continuará os xoves 9 e 16 de febreiro no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela e na Fundación Rosalía, na Casa da Matanza de Padrón.

O litoral de Galicia, unha competencia irrenunciable

Unha nova ordenación do litoral de Galicia esixe o máximo esforzo de entendemento parlamentario para acordar unha lei que garanta un verdadeiro exercicio das competencias autonómicas na nosa extensa costa.

 

Aínda que se trata dun asunto clave para a nosa política autonómica que se ten debatido en anteriores ocasións pero sen resultados, asistimos desde o pasado verán de novo á discusión entre o Goberno central e a Xunta de Galicia acerca das competencias e a xestión dos usos do noso litoral.

Este debate intensificouse lóxicamente con motivo da recente exposición pública por parte do Gobierno autonómico do Anteproxecto de Lei de Ordenación do Litoral de Galicia, que tivo como base as propostas elaboradas polo Observatorio do Litoral da Universidade da Coruña e os ditames do Consello Consultivo de Galicia.

Coñecemento e competencia

“Galicia ten o coñecemento e as competencias para xestionar a súa costa”, titulaba unha recente entrevista ao catedrático da UDC, Javier Sanz Larruga, director do Observatorio do Litoral. E este pode ser o mellor resumo do debate. Coñecemento e competencia.

Coñecemento porque Galicia ten case 1.500 Km dunha intrincada e marabillosa costa (do total do 8.000 km da costa española), 73 municipios costeiros con case mil areais, nos que viven case un millón e medio de persoas (algo máis do 50% da poboación galega) e nos que se desenvolve unha potente industria vinculada ao mar que alcanza os 9.000 millóns de euros de valor global do sector en datos de 2019, un 5% do PIB Galicia, xerando 40.000 empregos directos e constituíndose así na cuarta actividade da nosa economía.

E competencia porque Galicia xa dispón do marco estatutario necesario para exercer atribucións e xestionar os usos e ocupacións no dominio público marítimo-terrestre. O artigo 27.3 do Estatuto de Autonomía xa recolle desde a súa aprobación a nosa competencia exclusiva en materia de ordenación do territorio e do litoral.

Os pronunciamentos do Tribunal Constitucional

Como xa ditaminou o propio Tribunal Constitucional, na súa sentenza 149/1991 sobre a Lei estatal de Costas de 1988, a titularidade estatal sobre o dominio público marítimo-terrestre (titularidade que non se discute agora) non é en si mesmo un criterio de delimitación competencial; desa titularidade emanan unha serie de facultades para o Estado susceptibles de condicionar ou modular as competencias autonómicas, cando tales competencias se despreguen no demanio público de titularidade estatal. Sinala así esta sentenza de clara que as leis non poden outorgar á Administración das Estado atribucións sobre actividades que se desenvolven no dominio natural sen respectar os ámbitos materiais que os estatutos de autonomía reservan ás súas respectivas Administracións, como é o caso do estatuto de Galicia.

Recentemente de novo pronunciouse o TC, na súa sentenza 18/2022, para concluír que a competencia sobre a xestión dos títulos de ocupación do dominio público marítimo-terrestre intégranse na competencia máis ampla de ordenación do litoral, de forma que a xestión dos
devanditos títulos non menoscaba a atribución (que non competencia) estatal sobre protección do litoral derivada do artigo 132.2 da Constitución.

Galicia conta ademais con competencias estatutarias, con distinto nivel de intensidade lexislativa ou de execución, sobre actividades e sectores que se desenvolven sobre a franxa costeira, en materia de portos, de ordenación do sector pesqueiro, marisqueiro e da acuicultura, de promoción e ordenación do turismo, de promoción do deporte, sobre verteduras ao litoral e, por suposto, en materia de urbanismo e protección do medio ambiente.

Unha ordenación integrada do litoral

A ordenación do litoral galego debe ordenarse, como acertadamente indica o anteproxecto de lei, desde un enfoque sistémico e integrado, contemplando todos os espazos de terra e mar que integran o litoral de Galicia cunha escala de ordenación axeitada, a autonómica.
Suxerir a necesaria modificación do noso Estatuto de Autonomía, mesmo a necesidade dunha lei orgánica de transferencia do Estado desta competencia a Galicia, poden ser argumentos para demorar calquera decisión ou para a mera confrontación política (lembremos a “eterna”
transferencia a Galicia da AP-9 aínda pendente). Fronte a constantes e recentes traspasos a outras comunidades históricas, Galicia non recibiu máis traspasos efectivos de competencias desde 2008, baixo a presidencia autonómica de Emilio Pérez Touriño. Desde aquel momento ata hoxe, nin Gobierno central nin Xunta de Galicia materializaron novas transferencias.

Pero o marco competencial, o bloque normativo de constitucionalidade na materia, é xa suficiente para que Galicia poida xestionar os usos e títulos de ocupación (ou de non ocupación) do noso litoral. O que si precisa Galicia é o verdadeiro recoñecemento do seu marco estatutario, a efectiva transferencia dos medios de Estado en materia de costas, como por outra banda xa acordou noutras Comunidades Autónomas.
Nin sequera faría así falta unha nova lei para facer efectivas competencias xa existentes, aínda que carentes de medios; con todo, unha nova lei que articule un tratamento máis integral do noso bordo litoral é unha oportunidade para un gran acordo político que reforza as nosas
capacidades para xestionar a costa galega, coas súas peculiaridades, actividades e riscos ambientais.

E isto non supón ningunha sorte de pretensión independentista, senón o efectivo respecto e cumprimento do marco de autogoberno do que actualmente goza Galicia.

  • Juan Díaz Villoslada. Ex concelleiro de Urbanismo e Mobilidade co PSdeG-PSOE.

Liberan a unha menor tras quedar a súa man atrapada no ascensor dun supermercado na Coruña

0

Esta pasada tarde de xoves, despois das 19:00h, unha familiar dunha menor de idade chamaba ao 112 solicitando auxilio para unha nena que tiña a man atrapada no ascensor dun supermercado na rúa Agra do Orzán, na Coruña.

O CIA112 avisaba Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros da Coruña, axentes da Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.

Unha vez no punto, os Bombeiros da localidade fixeron uso do seu material de excarceración para separar a porta do ascensor e liberar a man da nena, que foi finalmente trasladada polos servizos sanitarios.

O mar de Santo Amaro: un nome inseparablemente unido a Monte Alto

0

E é que o Club do Mar, inaugurado en 1935, é unha das sociedades que mellor encarna o sentimento de barrio e do estilo de vida coruñés, unha sociedade tamén de contrastes, cuxos asociados están a vivir unha espectacular e lenta agonía. O seu emprazamento, nun dos recunchos máxicos da cidade, convérteno nun lugar onde un pode todavía extasiarse a gusto da imaxinación. O vindeiro día 5 celebra unha asemblea ordinaria no que o capítulo económico ocupará un lugar preferente na atención da súa masa social.

Todo comenzou coa construcción do Paseo Marítimo que obrigou a demoler o antigo Pavillón de Deportes, recinto no que o Club do Mar chegou a disputar partidos da liga de hockey sobre patíns coa élite da categoría, sendo reemplazado por outro situado baixo o novo viario ao que se lle engadiu unha piscina que xestiona a propia sociedade a través dun convenio asinado co Concello da Coruña. O caso é que esta piscina está a converterse nun sobresalto constante para as diversas directivas que ocuparon a dirección da entidade nos últimos anos, ao contabilizar un déficit acumulado de 400.000 euros dende 2018, monto que pon en perigo a viabilidade da sociedade.

Praia de San Amaro co Club de Mar de San Amaro / wikipedia

Mais o verdadeiro declive comenza coa espantada de 500 socios coincidindo coa fase máis aguda da pandemia e coa suba da enerxía eléctrica, ata o ponto de que a xunta directiva tentou incrementar as cuotas actuais no transcurso dunha asemblea para reequilibrar as súas finanzas, proposta que foi rexeitada. Así que a presión deica o Concello empezou no verán pasado a tomar novos folgos cunha concentración diante do Pazo de María Pita no que amosaron a súa rabia e compromiso pola continuidade da entidade, conseguindo, ao menos, unha maior receptividade do goberno municipal as súas reivindicacións, aínda que sen nengunha concreción ao respecto. Optimizar os recursos propios e racionalizar o gasto en capítulos como o de persoal, cunha nómina inasumíbel no momento actual, son algunhas das medidas que baralla a xunta directiva presidida por Alberto Santalla, sen descartar trasladarlle a xestón da piscina ao Concello ao remate da concesión, aínda que a curto prazo, moitos pensan que esos sacrificios poidan lograr o verdadeiro milagre de sacar da crise a esta emblemática entidade, sen axuda institucional.

Unha dificultade agravada ademais por problemas de fondo. Resquemores profundos, antiguas suspicacias entre membros das últimas xuntas directivas con cruces de acusacións de mala xestión propagadas a través das redes sociales, algunhas das cales acabaron dirimíndose nos xuzgados, circunstancia que contribuiu a alimentar vellos rencores, estimulando, a súa vez, un clima de inestabilidade que resulta nocivo para recobrar lentamente o sono e esplendor de outros tempos porque a sociedade de Santo Amaro, por estéril que pareza, segue sendo parte dese estilo de vida coruñés e imaxe inequívoca da vitalidade dun barrio popular, que expresa gran parte das súas vivencias a través do asociacionismo, da amizade e da convivencia. Se o Club do Mar ostenta o codiciado galardón que o proclama como unha das entidades con máis solera da Coruña é sinxelamente porque no seu seo conflúe o desexo de seguir xenerando unha serie de experiencias de carácter deportivo e cultural  e porque, en definitiva, iso é o que define os feitos máis relevantes da súa historia, aínda que o momento actual do Club do Mar sexa, como a propia vida, dulce e amarga.

  • Ricardo Vales é expresidente da Asociación Veciñal de Atochas-Monte Alto e responsábel de comunicación do Club de Opinión Foro Cívico e da plataforma cívica Defensa do Común.

Máis artigos de Ricardo Vales

O Concello da Coruña ampliará a oito horas a gratuidade nas escolas infantís municipais

0

O pleno do Concello da Coruña aprobou, de maneira definitiva, a ampliación a oito horas da gratuidade na rede de escolas infantís municipais. Desta maneira, incrementa as prestacións e servizos das escolas que forman parte da rede municipal, sumando dúas novas horas sen custo para as familias.

Ademais, tamén se deu luz verde a unha serie de modificacións puntuais no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para avanzar no proxecto de creación da futura estación intermodal.

Un dos puntos aprobados determina a cesión gratuíta ao Concello do edificio antes ocupado polo concesionario da.C. Medín S.A. da avenida do Ferrocarril, un edificio de valor arquitectónico que terá uso público. O Concello tamén incorporará novos terreos onde se crearán zonas verdes e espazos de lecer para a cidadanía e un 10% de espazo para a creación de novas vivendas de protección oficial.

O pleno aprobou tamén outra modificación da PXOM que dá cobertura aos traballos xa en marcha na intermodal e as posibles ampliacións futuras. Noutra orde de cousas, aprobouse, cos votos de todos os grupos menos no PP, unha moción da Marea Atlántica rexeitando o pago do consistorio polo uso dos peiraos e rexeitando que achegue unha contía polos mesmos.

O Porto da Coruña licita por máis de 200.000 euros un novo acceso directo ao peirao de Transatlánticos

0

A Autoridade Portuaria da Coruña licitou por 201.000 euros unha obra para habilitar un acceso directo de vehículos ao peirao de Transatlánticos desde a Avenida do Porto, co obxectivo de achegar unha nova alternativa á circulación rodada que está vinculada ás escalas de cruceiros, especialmente aos autobuses turísticos.

Nun comunicado, a entidade explicou que as escalas de cruceiros xeran unha circulación de vehículos que na actualidade ten que atravesar os peiraos de Batería e Calvo Sotelo. “No entanto, co fin de complementar esta ruta, habilitarase unha conexión directa entre o peirao de Transatlánticos e a Avenida do Porto, no cruzamento regulado con semáforos que dá acceso ao parking dos Cantóns Village”, engadiu o Porto.

A obra, que xa foi autorizada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, foi planificada de acordo cos servizos de Mobilidade do Concello da Coruña. O seu orzamento é de 201.000 euros e terá un prazo de execución de tres meses, polo que estará finalizada o próximo verán.

Javi Varela de @VOSTGalicia: “As rrss supuxeron un cambio no paradigma da comunicación, unha democratización das emerxencias”

0

Apaixoado das redes sociais, da rede, e do mundo das emerxencias, leva anos fusionando as dúas afeccions a través da conta de twitter @VOSTGalicia (Virtual Operation Support Team) e na colaborando na conta @cre_emergencias da Cruz Roja Española.

Javier Varela (@jvarela__) forma parte, dende a súa fundación en Galicia, deste Equipo de Voluntarios Dixitais en Emerxencias, sendo unha das grandes referencias da activa rede herculina.
Forma parte ademais parte dun grupo de whastapp cos “mosquituiteiros@sindonovoa, _uxio, @silcerino@isi_73.

A meirande parte prefiren ficar no anonimato. “Hai xente que lle gusta aportar ese dato de interese, pero non quere ser a noticia en si, só quere axudar ou compartir información que poida ser útil á poboación e á cidade”, explica Varela, a pesar de non ser o seu caso. “Tantos anos detrás dunha conta de redes sociais, non deixas de ser a foto da cidade. Tiñamos a coña con @EloyTp de que era un bot, que estaban en todas partes”, comenta entre risas.

 

  • É a rede de Coruña tan activa como parece?

Si moitísimo, porque hai persoas precisamente como estas están aí. Dende a desaparición dun peluche, que para un neno é unha catástrofe, para darlle un retuit, ou para cousas máis graves. Sempre axudando. E conseguiron unha relación coas xentes da rúa que lles permite que moitas veces informen antes que as contas oficiais.

 

  • E a nivel institucional?

Pois por exemplo, a conta @Concellocoruna é moi boa. A conta de @policia_coruna, malia nacer de forma oficiosa, funciona moi ben tamén. Podería ser algo máis fluida coa xente, pero bueno, xestionar unha cidade tan grande é moi complexo.
Hai tamén cousas curiosas como a dos bombeiros, que ten dúas contas: @BomberosCoruna é a oficial pero ten máis peso @bombeiroscoruna. O bo é que comparten información.

 

  • Xa a nivel persoal. Canto tempo levas enganchado á rede? De pequeno xa eras o clásico neno que tiña un spectrum e unha dreamcast?

Pois a veradde é que nunca tiven ordenador ata 6º ou 7º de EXB. Si que era unha cousa que sempre me gustou, pero entendía como unha ferramenta para pasar o tempo. A relación coas tecnoloxías foi medrando. “Friki tecnoloxico”, podería ser, si, sempre no bo sentido.

 

  • Como é a túa formación e a túa carreira profesional?

Fixen moitas cousas, a verdade, pero oficial, Transporte Sanitario. Estiven 9 anos e pico no exército. Depsois estiven de administrativo nunha empresa. Logo nunha empresa de ambulancias, nun gabiente de comunicación… fixen un pouco de todo. Agora unha empresa de mantemento informático a unha multinacional. Polo camiño fixen un ciclo de mantemento informático, aínda que non o rematei, porque me chegou unha oferta de emprego e aceptei.

 

  • Ostrás, o Exército. Conta conta, como foi esa experiencia?

Estaba na Armada, e era sonarista, a miña especialidade. Os que fan ruidiños debaixo da auga. Estiven moito por Cartaxena, Rota e Ferrol. Para min foi unha gran experiencia. Como calquera traballo, podes levalo ben ou non. Eu non tiven que facer a mili, pero aos 18 anos xa me metín no exército. E foi unha época moi boa da miña vida, coñecín moitísimo mundo, moitos amigos cos que aínda teño relación… Non lle poño nin un “pero” ao meu periplo.

 

  • E como chegas ao mundo das emerxencias?

Xa dende o ano 95 comecei como voluntario da Cruz Vermella, facendo servizo de ambulancias, como servizos preventivos (manifestacións, partidos…). Participei en moitos proxectos como o prigrama de maiores, salvamento marítimo, formación de voluntari@s… toquei todos os paus da institución.

 

  • Cando activas @VOSTGalicia?

En 2013, un mes antes do accidente do Alvia, puxen a funcionar a canle VostGalicia, que non Vox Galicia…

 

  • Vaia momento… E cales son os principais obxectivos da conta?

A nosa función principal é a loita contra a desinformación en redes, contra os bulos a través da etiqueta #StopBulos. A nivel estatal as contas de VOST saíron a raíz dos incendios de Valencia de 2012, cando unha conta oficial da Policía comeuse uns bulos sobre a necesidade de acodir a levar medios a un incendio. E foi un caos.

Ademais damos apoio e ampliamos os contidos ás contas oficiais, como do 112, con profesionais voluntarios. Tamén avisamos de adversos metereolóxico, cando é relevante, porque cando hai alerta amarela por chuvia non me preocupa. Preocúpame máis cando a xente curza as balizas dun parque, ou hai unha persoa despreocupada que en pleno temporal se achega á caracola, logo vén unha ola e te leva por diante… que risas se te deixa na beira, pero que gran despregadura de recursos se caes ao mar, e que sorte se sobrevives…

Tamén actuamos como iniciativa propia en caso de Emerxencia. Por exemplo, co Alvia, a nosa conta foi unha das primeiras que daba información contrastada sobre o suceso. Traballábamos de forma coordinada con organismos oficiais, co que conseguimos parar o bulo de que podía ser un atentado.

En VOST traballamos moito a monitorización das redes. Temos, por dicilo dun xeito coloquial, “espías” en grupos de Whatsapp, e con certas palabras claves, e de xeito voluntario, analizamos o que está a pasar nas redes.

 

  • E en 2018, despois con toda a túa bagaxe, chegas no gabinete de comunicación do @112Galicia? Un soño, non?

As emerxencias son o meu punto. A miña vida pasa por elas, a verdade. E estar no 112 é o TOP. Máis arriba pode ser traballar en @policia, @gardacivil, pero en Galicia o @112Galicia é o top.

Fun chamado ao departamento de redes sociais polo meu coñecemento nas mesmas. Adicábame, ademais das cousas obrigadas do departamento, á monitorización seguemento, informes de redes… todo o sexa a mellora para chegar á maior número de persoas posible. No departamento hai máis profesionais, periodistas para redacción, para infografías… E foi unha experiencia moi boa. Non son periodista pero case foi unha carreira. Xa tiña moito coidado á hora de publicar un tuit, pero agora préstolle moita atención á redacción. Sei que podo pecar nalgunha ocasión de que fago como Yoda. É o meu estilo.

 

  • E por que o deixaches?

Estiven 4 anos, pero era moita viaxe ata a Estrada. Hora e media ida e hora e media volta… Ofrecéronme ademais un posto na empresa actual, coas mesmas condicións, aquí na Grela. Foi unha gran perda porque o meu mundo son as emerxencias pero a verdade é que estou ben agora… ata engordei uns cantos quilos de máis…

 

  • Consideras positiva a integración do servizo de emerxencias que se viviu en Galicia?

A integración no Centro Integrado de Artención á Cidadanía é importante porque ese paso de información interna é importante á hora de saber que recursos se poden destinar nunha emerxencia. Está ben que haia outros números oficiais como o 092, 085… Pero é mellor xestionar as emerxencias (que non calquera cousa é emerxencia, ollo), dende o 112, e o operador xa se encargará de derivar a quen sexa convinte.

 

  • Facendo unha retrospectiva máis xeral, que aportaron as redes sociais ao mundo das emerxencias?

As redes socias supuxeron un punto de inflexión e un cambio de paradigma na comunicación. Antes a comunicación era unidireccional, un medio ou unha institución publicaba e a xente escoitaba. Non había ese regreso da información. O que se chama a democratización das emerxencias, hai un falante que escoita, pero que tamén conta. Agora temos unha retroalimentación e podemos facer unha composición máis exacta dos feitos, e dar unha mensaxe máis completa, contrastada e real.

O gran perigo é que a información non estea avalada por contas oficiais, como @Xunta, @112Galicia, os GES, as Agrupacións Protección Civil, Policía Local, Incendios085 ou Bombeiros.

E non todo é xestionable. Se me mandan unha foto dun monte, ten que estar xeolocalizada. Temos que ter moito ollo a quen lle damos pábulo. Porque as redes sociais baséanse nunha rede de confianza. Por que contan con VOST? Porque estamos abalados pola nosa reputación de levar 10 anos traballando nas emerxencias dando información contrastada. E cando metemos a pata tamén o recoñecemos.

 

  • Si? Liáchela algunha vez?

Si, por exemplo, no de Cotobade cometimos un erro. Pero hai que saber rectificar, non pasa nada. Non estou a favor de que se borre un tuit cando xa leva tempo “curado”. Podes borralo se leva 15 segundos, 1 minuto. Pero se xa leva tempo, fai unha rectificación explicándoo e non pasa nada. Somos persoas os que estamos detrás das contas, hai que entendelo.

 

  • Que malas prácticas tes atopado na rede en materia de comunicación de emerxencias?

Por exemplo, cando un medio informa dos nomes dos falecementos de persoas. Nas emerxencias hai que seguir uns cauces. Pode ser noticiable pero hai que agardar a que sexan informadas as familias. É un tema complexo, e cada medio ten a súa liña editorial, pero ti es o lector e tes que decidir. Se non queres ver imaxes cruentas, non o leas.

Por exemplo, nun suicidio a nova non está en que esa persoa quitouse a vida. A nova está en cantas persoas perden a vida polo suicidio. Hai que saber enfocar a nova real.
E non entendo porque non se fala máis de temas de saúde mental, falar é prevención. Estamos falando da primeira causa de morte, e case non se fala nada. Certo que cambiou a mentalidade dos profesionais ao afrontar un asunto, e se antes se pensaba que era para chamar a atención, agora si que lle dan a importancia que ten, pero é necesario falar moito máis.

 

  • 3 episodios que viviches que che marcaron especialmente.

O accidente do Alvia, por varios motivos. O primeiro polo tráxico suceso que foi. Pero tamén me coincidiu nun momento no que meu pai estaba ingresado, e tamén un pasaxeiro no tren era familiar meu. Tiña un combo bastante interesante. Marcoume. Non quere dicir que quedase afectado, pero si que foi unha moi importante para min.

Outra que me marcou era cando caeu o Vertedeiro de Bens. Xa era xefe de dispositivo da Cruz Vermella, coordinando ás axendas. Fun o último en saír, e cando se realoxou á xente do Portiño tamén estiven no pavillón. Creo que tiña 17 anos… foi unha experiencia tremenda.

Non vivín o Prestige, porque estaba en Cartaxena nese tempo, pero despois si que tivemos o accidente do Rally de Carral, o incendio de Fandicosta, os grandes incendios que se viviron en Galicia en 2015, que intervimos un mes continuo sen descanso… o accidente do bus de Cotobade… Intervimos en tantas emerxencias…

 

  • Os que vivides aí dentro, sabedes por que as novas máis visitadas de todos os periódicos son os sucesos?

O morbo. Gusta a merda. É o que tira.

 

Cal é o impacto dos discursos de odio na sociedad coruñesa?

0

O alumnado de terceiro curso do Grao en Educación Social da Universidade da Coruña estuda a forma na que os discursos de odio impactan no corpo humano a nivel físico, mental, emocional e relacional.

Este proxecto académico realízase en colaboración coa Rede Acampa que celebrará o VII Encontro Internacional Acampa pola Paz baixo a lema ‘Odio ou convivencia’. Os resultados desta iniciativa presentaranse durante este evento, que terá lugar entre os días 16 e o 18 de xuño na Coruña.

Segundo explicou Rede Acampa a través dun comunicado, o estudo consiste na recompilación de comentarios racistas e machistas ou relacionados coa LGTBI+fobia, gordofobia, aporofobia, clasismo, idadismo ou capacitismo e a análise da súa repercusión a través de relatos individuais e cartografías, coa participación de colectivos vulnerables de 14 entidades da cidade herculina.

O tema ‘Odio ou Convivencia’ foi elixido polas distintas organizacións que integran Rede Acampa debido ao “crecemento do odio a nivel global, a diminución da tolerancia social ao diferente, nun momento en que os tránsitos migratorios multiplicaranse e millóns de persoas camiñarán en procura de refuxio”.

Empresas privadas de ferrocarril ven con bos ollos a liña ACoruña – Lisboa

0

Iryo, marca coa que opera en España a compañía privada ferroviaria Ilsa, agradece “o respaldo” da Comisión Europea ao proxecto de liña entre A Coruña e Lisboa, aínda que apunta que existen “actuais obstáculos” para os cales observa “a necesidade de elaborar un proxecto conxunto de desenvolvemento de infraestruturas que implique a España e Portugal”.

Segundo trasladan fontes de Iryo a Europa Press, esta liña diúrna A Coruña-Lisboa está “nun momento demasiado incipiente”. Defende o seu “marcado carácter europeísta”, “coa convicción de que o tren terminará sendo a primeira opción para todos os viaxeiros por ser a máis sustentable e confortable”.

Por iso, celebran o apoio da Comisión Europea ao dez proxectos piloto de trens transfronteirizos, o que impulsa a conectividade sustentable entre países.

Así, estas fontes consideran que o proxecto piloto “pode axudar a dar o impulso necesario á liberalización efectiva do sector ferroviario en Portugal coa entrada de novos operadores, o que suporá beneficios moi positivos para os pasaxeiros, xa demostrados noutros países”.

Sobre esta iniciativa e a posibilidade de que Iryo opere trens privados como competencia a Renfe no eixo atlántico no marco da liña A Coruña-Lisboa, Adif indica a Europa Press que dá “a benvida a un maior uso da rede ferroviaria que xestiona, mediante calquera iniciativa que fomente o incremento dos servizos”.

A lista de 10 proxectos que apoia a Comisión Europea sinala que se ordenan en función do inicio da data de planificación, onde a ruta diúrna A Coruña-Lisboa ocupa o penúltimo lugar, só antes que a conexión de Cataluña co sur de Francia.

As propostas foron presentadas polo sector ferroviario e as autoridades competentes en resposta ao Plan de Acción da Comisión para impulsar os trens de pasaxeiros transfronteirizos e de longa distancia adoptado en decembro de 2021.

CHEGADA DAS ‘FRECHAS VERMELLAS’

Ilsa, o novo operador que compite con Renfe e Ouigo na alta velocidade española e cuxo capital é principalmente español e italiano, arrincou as súas primeiras viaxes en tren no último trimestre de 2022 baixo o nome comercial de Iryo.

A compañía está participada ao 45% por Trenitalia, o operador público italiano, ao 30% polos fundadores da aerolínea valenciana Air Nostrum e ao 25% por Globalvía.

Actualmente, oferta os seus trens ‘low cost’, coñecidos como Frechas Vermellas, en tres principais corredores de alta velocidade: de Madrid a Barcelona, a Levante e ao sur. Conecta así a capital con Barcelona, Zaragoza, Sevilla, Málaga, Córdoba, Valencia e Alacante.

Ilsa conta co ETR1000, o tren “máis rápido, sustentable e silencioso de Europa”, segundo a compañía. Trátase dun modelo interoperable en distintos países europeos, mide 200 metros de longo, ten capacidade para ata 467 pasaxeiros e pode alcanzar velocidades comerciais de ata 360 quilómetros por hora.

Recentemente, a CNMC concluíu que Iryo pode prestar servizos de alta velocidade en catro novos percorridos (as rutas Madrid-Cuenca, Madrid-Albacete, Albacete-Conca e Barcelona-Camp de Tarragona). Competencia sostén que estes servizos “respectan o equilibrio económico do contrato de servizo público que Renfe Viaxeiros ten co Estado”.

Ademais da liña A Coruña-Lisboa, entre os 10 proxectos dos que informou a Comisión Europea tamén se atopa outro de Ilsa, que vai de Lisboa a Madrid.

O festival Atlantic Pride da Coruña están na final dos premios Iberian Festival Awards 2023

0

O Atlantic Pride, un festival gratuíto celebrado na Coruña con eventos lúdicos, culturais e reivindicativos para visibilizar a diversidade afectiva-sexual sitúase entre os dez festivais mellor valorados polo público e convértese en finalista dos Iberian Festival Awards 2023, segundo confirmou a organización a través dun comunicado.

Este evento foi seleccionado entre máis de 35 propostas de España e Portugal para optar ao galardón Best Medium Sized Festival nos Iberian Festival Awards. O próximo 11 de marzo en Maia, O Porto (Portugal), terá lugar a gala na que nove profesionais do sector de recoñecido prestixio darán o seu veredicto.

A próxima edición do Atlantic Pride, ‘O Orgullo do Norte‘, celebrarase entre o 2 e o 9 de xullo de 2023. A organización destacou a súa “aposta decidida” pola cidade da Coruña como “sede indiscutible do evento”.