Inicio Blog Páxina 87

As familias volveron saír á rúa para esixirlle a Xunta un Ensino Público de Calidade

Como noutras 25 vilas e cidades do país, as comunidades escolares da Coruña uníronse esta tarde de mércores 6 de maio en defensa dun Ensino Público de Calidade. Convocadas polas Asembleas Abertas do Ensino Público (grupos formados por profesorado, alumnado e familias despois de todas as mobilizacións polos recortes perpetrados pola Xunta durante este curso), as familias volveron responder e demostraron o seu compromiso coa defensa do ensino público e a súa repulsa ante a falta de profesorado (sobre todo de apoio ás necesidades educativas específicas), e sobre o mal estado dos centros.

Manifestacion 6M Asembleas do ensino Coruna
As familias concentráronse en Catro Camiños

Baixo o berro continuo de “Ensino Público de Calidade”, centos de familias concentráronse na praza de Catro Camiños que está detrás de Remanso. Dende aí baixaron ata a Palloza, pola avenida do Porto ata a Praza de Ourense, meténdose por Juana de Vega e San Andrés para rematar, pasadas as 19:00h, no Obelisco.

Alí lembráronse do Conselleiro de Educación, cun rotundo “Román, atende, o cole non se vende”, demostrando que a comunidade escolar segue esixindo, como fai dende comezo de curso, solucións urxentes ante unha situación de falta de financiación, recursos humanos e deficiencias graves en infraestruturas; así coma a importancia de garantir unha atención real á diversidade e a necesidade dun plan público e accesible de recursos que garantan unha escola pública, digna, segura e de calidade.

 

As mobilizacións foron convocadas ademais por numerosos colectivos, como son a federación de ANPAS A Gameliña, ANPAS da provincia de A Coruña, FANPO, FAVALMI, FOANPAS, outras federacións de ANPAs comarcais, as propias ANPAS dos centros, as Asembleas Abertas do Ensino Público, sindicatos de profesorado (CIG, CUT, STEG, Solidariedade Obreira e CNT) e estudantado (Fervenza, Sindicato de Estudantes e Erguer) e outros colectivos como AGOEP e NEG.

Outras novas

Máis de 2.000 nenos e nenas sacaron a lingua a correr na Torre

As escolas unitarias morren ou mátanas?

Máis novas dos recortes no ensino

As Asembleas Abertas do Ensino Público organizan a toda a comunidade escolar pensando xa nas seguintes mobilizacións

As familias saíron á rúa para denuncian o abandono estrutural do ensino público e o ridículo dos nosos responsables políticos

Unha trintena de docentes péchanse no CEIP Concepción Areal 

A ANPA do CEIP Prácticas a Paula Prado: “Isto só acaba de comezar”

Así foi a manifestación da comunidade escolar do CEIP Prácticas “por unha escola segura e digna”

 

A CRMH reclama ao Goberno central “abrir xa ao público” o Pazo de Meirás

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña reclamou ao Goberno central “abrir xa ao público” o Pazo de Meirás, despois dunha resposta do Executivo a unha pregunta do BNG respecto da posible transferencia do inmoble a Galicia baixo a fórmula de cesión modal.

A CRMH lembra que non se crearon as comisións previstas, entre elas, sinala, a de asesoramento científico e técnico con persoas propostas pola Administración do Estado, a Xunta, a Deputación da Coruña, o Concello de Sada e o da Coruña.

Por outra banda, indica que “a fórmula anunciada polo Estado para abordar cuestións moi importantes relativas aos usos futuros e cesión do inmoble a Galicia pode ser sempre que o Estado actualice os obxectivos e fins” do protocolo asinado.

Ademais, insiste en que os traballos sobre a resignificación, usos futuros do ben e cesión modal do Pazo de Meirás a Galicia “deben comezar sen máis demora, unha vez que a sentenza sobre a titularidade de Meirás adquiriu firmeza e que a Administración do Estado é propietaria do ben”.

En consecuencia co anterior, sinala que “non existe ningunha xustificación para que o Estado impida as visitas públicas ao interior das Torres ou outras dependencias do Pazo” polo que, engade, demandan “o cumprimento da legalidade” e que se permita o acceso “e goce público do ben”.

Máis novas

xornaldacoruna.gal/2026/03/12/o-tribunal-supremo-confirmou-que-o-pazo-de-meiras-pertence-ao-estado/

Reiteran a petición de eliminar 446 placas franquistas de 135 rúas da Coruña

Nace o Consello Cívico Meirás

Presentan un informe para solicitar a eliminación de 373 símbolos franquistas na cidade da Coruña

Deteñen tres persoas por menudeo de drogas

A Policía Nacional detivo entre o martes e o mércores a tres persoas na Coruña relacionadas co menudeo de drogas e que portaban diferentes cantidades de sustancias estupefacientes. Segundo trasladou nunha nota de prensa, o corpo policial realizou o pasado día 5 de maio dúas intervencións policiais relacionadas co tráfico de drogas a pequena escala.

A primeira actuación, detallou, tivo lugar ás 19.00 horas na Avenida dos Mallos, cando un home foi interceptado na vía pública, portando seis gramos de cocaína e catro gramos da droga sintética MDMA. Ademais, portaba 380 euros en efectivo. A segunda intervención, sucedeu sobre as 20.30 horas, na Ronda de Nelle. Nesta ocasión, un home, sorprendido pola presenza policial, arroxou un pequeno paquete ao interior dun portal para despois abandonar o lugar. A continuación os axentes comprobaron que o paquete contiña 13 gramos de cocaína rosa e o home foi detido a poucos metros.

A terceira detención foi levada a cabo pola Brigada Móbil-Policía no Transporte ás 17.00 horas deste mércores. Os axentes desta unidade, dentro da súa función de garantir a seguridade cidadá nos medios de transporte colectivos, localizaron un individuo que estaba a esperar na dársena de saída da estación de autobuses e portaba ocultas sustancias estupefacientes.

En concreto, detectáronse 300 gramos de haxix distribuídos en tres paquetes diferenciados, repartidos no interior do forro da súa chaqueta. O xa detido tentou fuxir dos axentes e saíu correndo en dirección ao centro comercial próximo, resultando alcanzado polos policías en cálea Alcalde Marchesi.

A Coruña celebrará as Letras Galegas con catro días de música, encontros e cultura en toda a cidade: coñece toda a programación

O Concello da Coruña organizará do 14 ao 17 de maio unha nova edición de A Festa das Letras, cunha programación que converterá distintos espazos da cidade nunha gran celebración con motivo do Día das Letras Galegas e con propostas para todas as idades. “Unha oportunidade para reivindicar a nosa lingua e a nosa cultura”, afirmou a alcaldesa, Inés Rey, durante a presentación da programación. A rexedora cualificou como “figura esencial” a Begoña Caamaño, escritora, xornalista e activista á que este ano a Real Academia Galega dedica esta conmemoración.

UNHA PROGRAMACIÓN DIVERSA E GRATUÍTA

Inés Rey destacou que a cidade contará cunha programación “diversa” e de balde, con concertos, espectáculos familiares, música tradicional, encontros e artes escénicas da man de distintos artistas e colectivos. A programación incluirá referentes da música en galego como Ailá, MJ Pérez, 9Louro, Dakídarría e Orquestra Bravú Xangai. Tamén haberá actuacións dirixidas ao público infantil e propostas musicais a cargo de asociacións coruñesas nos xardíns de Méndez Núñez.

ENCONTRO CON TANXUGUEIRAS NO TEATRO COLÓN

Entre as actividades máis destacadas figura o encontro e diálogo con Tanxugueiras, que se celebrará o 14 de maio no Teatro Colón e que xirará arredor do seu novo disco, O Cuarto. Nese mesmo espazo, Isabel Dobarro presentará Eidos, dentro dunha programación que continuará nos días seguintes con concertos, espectáculos e actividades vencelladas á lingua e á cultura galega.

A FOLIADA DAS LETRAS

O programa pecharase o 17 de maio coa iniciativa A Foliada das Letras, que contará coa participación de Cántigas da Terra, Donaire, Maghúa, Son d’aquí, Xacarandaina e Espadana. Con esta nova edición de A Festa das Letras, A Coruña busca celebrar a lingua galega desde a música, a participación cidadá e a memoria dunha autora, Begoña Caamaño, que fixo da palabra unha ferramenta de pensamento crítico, feminismo e compromiso social.

O festival internacional +QJazz celebrará do 12 ao 19 de xullo na Coruña unha nova edición

O festival internacional +QJazz celebrará do 12 ao 19 de xullo na Coruña unha nova edición, que reunirá a figuras internacionais como Victor Wooten, Camille Thurman, Toninho Horta ou Big Daddy Wilson, xunto a proxectos galegos e estatais.

Así se informou, na presentación na Sala Garufa, por parte do concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, Gonzalo Castro, e Pepe Dourei, director artístico do festival.

Durante unha semana, a cidade herculina acollerá unha programación musical que reunirá figuras referentes do jazz, do blues, do funk e das músicas de raíz, combinando nomes internacionais consagrados con propostas emerxentes tanto galegas como estatais.

O festival abrirase o 12 de xullo na praza de Azcárraga, con Big Daddy Wilson Quartet, nun concerto inaugural de entrada libre. O recoñecido cantante e compositor estadounidense ofrecerá un directo con soul, blues e raíces afroamericanas.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by FESTIVAL DE JAZZ (@masqjazzcoruna)

Máis novas

O Jazz Filloa, unha das salas de jazz máis antigas de España, abriu o Noites do Porto

Máis de 170 escolares de toda Galicia competirán o venres no V Liga Maker Drone

O vindeiro venres, día 8, terá lugar no Coliseum da Coruña a gran final do V Liga Maker Drone, impulsada pola Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG, na que participarán máis de 170 estudantes de segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), procedentes de 17 centros de toda Galicia.

Durante a xornada os equipos mostrarán os sistemas dron que desenvolveron para dar resposta ao reto desta edición, centrado en previr accidentes laborais en traballos en altura.

A competición desenvolverase nun escenario de 30 metros de ancho e 10 metros de altura que, por primeira vez, contará con elementos móbiles que dificultarán a consecución do reto.

Os equipos competirán en formato torneo con sucesivas roldas eliminatorias e unha final, da que sairá o gañador da competición, que será o que consiga levar a cabo correctamente o desafío no menor tempo posible.

Ademais, haberá premios para outro catro equipos: ao mellor deseño; á solución máis disruptiva; á destreza en voo, e á mellor presentación da solución.

Máis de 2.000 nenos e nenas sacaron a lingua a correr na Torre

Fermosa é sempre a xornada do Correlingua. A cidade acollía a XXVI edición desta divertida carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración, entre outros, do Concello e da Deputación da Coruña. Como en pasadas edicións, foron máis de 2.200 alumn@s da cidade e da comarca, os que participaron esta festa normalizadora.

Bonita xa é a gran serpe de crianzas que atravesan a cidade dende Riazor percorrendo o paseo con pancartas e proclamas a prol do uso da lingua galega, uníndose co alumnado dos centros máis céntricos, para xuntar ao acubillo de Breogán e celebrar o galego.

apg_20260506_CORRELINGUA_TORRE_DE_HERCULES_008

A festa chegaba co lema ‘Co galego no corazón, facemos revolución’, e Isabel Risco como presentadora, e contou coa actuación da divertida Mekánica Rolling Band.

Foi o alumnado do Alfonso X O Sabio, de Cambre, o encargado de ler este ano o manifesto. Os centros premiados pola súa animación foron o CEIP Novo Mesoiro e o IES Neira Vilas. Recibiron como agasallo un lote de libros cedido pola libraría Moito Conto.

Correlingua A Coruña (1)
Sol Agra durante o Correlingua

Entre as intervencións destacou a da deputada Sol Agra, que amosou tamén a súa «satisfacción» por poder participar no Correlingua desde A Coruña, cidade que definiu como «a histórica sede das Irmandades da Fala» e que conta hoxe cun centro de referencia como o IES Rafael Dieste, coñecido polo seu compromiso e campañas como ‘Aquí tamén se fala’. Neste sentido, salientou que esta iniciativa, «co impulso colectivo da mocidade rebelde que leva o galego no corazón, conseguiu un fito histórico como que o Deportivo por fin vaia ser ‘da Coruña’».

Centros participantes

  • A Coruña: IES Ramón Otero Pedrayo, CEIP Novo Mesoiro, IES Agra do Orzán, CEIP Zalaeta, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Menéndez Pidal, CEIP Sagrada Familia, IES Monelos, IES Salvador de Madariaga, CEIP Torre de Hércules, IES Plurilingüe Elviña e IES Urbano Lugrís
  • A Laracha: IES Agra de Leborís.
  • As Pontes de García Rodríguez: IES Plurilingüe Castro da Uz.
  • Cabana de Bergantiños: CPI As Revoltas.
  • Cambre: IES Alfonso X O Sabio e IES David Buján.
  • Carral: IES de Carral.
  • Coristanco: CEIP DE Bormoio-Agualada.
  • Culleredo: CIFP Universidade Laboral e IES Eduardo Pondal.
  • Oleiros: CEIP da Rabadeira e IES Xosé Neira Vilas.
  • Pontedeume: IES Breamo.

Ao longo do mes de maio, o Correlingua 2026 continuará o seu percorrido nas próximas semanas con novas citas en diferentes localidades galegas. Tras o paso por Santiago de Compostela e A Coruña, a programación chegará a Moaña o día 7, Monforte (13), A Estrada (15), Narón (19), Ourense e Ribadeo (20), Pontevedra (21), Lalín e Vigo (22), para rematar en Lugo o 27 de maio.

Máis novas

As escolas unitarias morren ou mátanas?

As Asembleas Abertas do Ensino Público organizan a toda a comunidade escolar pensando xa nas seguintes mobilizacións

Así foron os anos pasados:

Un milleiro de nenos e nenas reivindican o uso do galego nunha nova edición do Correlingua na Coruña

O Correlingua fixo que centos de @alumn@s botasen a lingua fóra

Delegados do comercio variado péchanse na patronal coruñesa contra o convenio estatal do téxtil

Un pequeno grupo de delegadas e delegados do comercio vario (nomeadamente traballadoras das tendas de grandes multinacionais do téxtil) secundou este mércores un peche simbólico na Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) para esixirlle á federación provincial que atenda a súa petición de reunión e negocie un acordo interprofesional.

O obxectivo, segundo explicou a CIG, é garantir a prioridade de aplicación do convenio da Coruña fronte ao convenio estatal de ARTE que se está a negociar en Madrid.

Mobilizacións contra o convenio estatal

A central sindical sinala que esta acción de protesta forma parte do calendario de mobilizacións e folgas que as traballadoras e traballadores sobre todo do sector téxtil veñen desenvolvendo nas últimas semanas.

Segundo a CIG, estas protestas responden ás pretensións da gran patronal do téxtil e do calzado, agrupada na patronal ARTE, de impoñer un convenio estatal para o sector.

O sindicato considera que ese convenio suporía “un retroceso de 20 anos nos dereitos laborais e salariais” acadados polo persoal nos sucesivos convenios de comercio variado da Coruña.

Blindar os convenios provinciais

A CIG lembra que está a solicitar encontros coas diferentes patronais provinciais do comercio para iniciar a negociación dun acordo interprofesional que protexa os convenios provinciais fronte ás interferencias da negociación estatal.

A central defende un marco propio galego ou provincial que permita manter as condicións xa conquistadas polo persoal do comercio variado e evitar que o convenio estatal rebaixe dereitos consolidados.

Segundo explica, esa vía sería semellante á xa asinada pola patronal vasca, que si aceptou avanzar nun acordo para blindar o seu marco propio.

Críticas á patronal galega

No seu comunicado, a CIG acusa a patronal galega de negarse a avanzar nese marco propio, malia que, segundo o sindicato, a lexislación vixente o permite e o avala.

A central sinala ademais que a patronal coruñesa é a máis reticente a abrir esa vía de negociación.

Co peche simbólico na Confederación de Empresarios da Coruña, os delegados buscan presionar para que se abra unha mesa de diálogo e se garanta que o persoal do comercio variado non perda condicións laborais nin salariais pola aplicación dun convenio estatal.

Máis novas do conflito téxtil

As traballadoras do comercio volven manifestarse rotundamente contra o convenio da patronal ARTE

As traballadoras das multinacionais do téxtil maniféstanse ao Bud Bunny

En marcha a creación dunha zona de deportes de praia de San Pedro de Visma

Concello, entidades e federacións participaron hoxe presentación do proxecto da nova zona de deportes de praia de San Pedro de Visma, no parque Adolfo Suárez, promovido polo Concello.
O novo complexo terá unha superficie de xogo duns 1.200 m2 e unhas dimensións de 30×40 metros, e estará completamente equipado para practicar múltiples deportes do xénero como vólei, fútbol, balomán ou tenis praia. Entre os asistentes á presentación estivo o ex xogador internacional de fútbol praia e actúa entrenador da selección de Bielorrusia dese deporte, Nico Alvarado.

O proxecto, que conta con 120.000€ de orzamento, supón a renovación da área deportiva, mellorando a calidade de xogo e a drenaxe (tamén o subterráneo, coa inclusión de colectores de espiña de peixe para a evacuación da auga). Ademais dunha mellora na seguridade cun novo peche perimetral e a colocación de redes de protección para aumentar a funcionalidade do recinto.

A moderna instalación incluirá tamén a colocación dun novo sistema de iluminación LED equipado con 4 báculos de 8 metros de alta eficiencia para practicar deporte pola noite.

Piden transparencia ante o importante achádego arqueolóxico das obras da urbanización de Visma

Diana Varela Puñal volve á poesía coa edición facsimilar de “Serea e Ulises”

Levaba 15 anos sen escribir poesía. I é que poñer a andar unha firma “indie” como a Editorial Medulia non é doado, e dende o seu nacemento puxo case todos os esforzos en darlle vida ás creacións doutros autores. Polo camiño leva publicado algo de narrativa xuvenil, pero dende que o seu último traballo poético, “Non, amor” [Ed. Medulia, 2012], non percorría os sendeiros do verso, do verso salgado.

Porque como boa cormelá, Diana Varela Puñal sente máis seu o verso, e o mar, e este “Serea e Ulises” [Ed. Medulia] marida estas dúas artes co amor.  “É un libro moi especial para min”, recoñece mentres nos conta no Chaflán (ese reducto cormelán, orgullo da cidade) a choreira na estivo inmersa os primeiros días nos que o libro saíu do prelo.

Porque de tanto coñecer as tripas do negocio, agora lanza unha edición de coleccionsta. “Sereas e Ulises” chega nunha edición facsimilar dun conxunto de poemas que trata o mito da historia de amor entre Parténope e Ulises, pero desde o punto de vista da serea.

Nun intre no que as novas tecnoloxías acaparan case todos os aspectos da vida, este libro publícase reproducindo a letra da autora, tal e como os poemas foron escritos orixinalmente. Faino cunha intención clara de posicionamento claro do lado máis humanista da realidade, apostando por unha creación o máis artesana posible. Un traballo que levou un proceso de maquetación e impresión, en papel de acuarela moi escollido, complicada. “A a caligrafía é como unha pegada dactilar”, relata defendendo o valor da súa coidada escritura.

Un traballo de introspección, case terapéutico, tras percorrer nunha viaxe lugares emblemáticos do mito, como Taormina ou Isola Vela, a illa onde a mitoloxía grega sitúa a Parthenope, a serea de quen Ulises, o rei de Ítaca, namorou tras escoitar o seu canto.

Moi pronto coñeceremos a primeira data de presentación, nalgún punto da cidade herculina.