InicioCULTURAOs Horrores na Coruña

Os Horrores na Coruña

Publicada o

Por Beatriz Alfonso Espiñeira

O sábado fomos ao concerto dos Horrors, dentro da programación das Noites do Porto. Non os viamos dende o 2009, cando presentaban o seu segundo disco “Primary colours” no Paredes de Coura. Vímolos pequeniños porque estabamos de chill na ladeira do valle preto do río, e estaban na súa época psicodélica, tras deixar atrás o seu lado máis punk, xa sabedes: “Sheena is a parasite”, o video de Chris Cunningham e o concerto accidentado en Madrid co Faris colgando da bola de espellos e caendo encima dun fan, que rematou ferido pero cunha anécdota chulísima para contar aos seus fillos.

Así que puxen as miñas galas tirando a góticas pop, pintei o ollo cun lapis hurtado no Mercadona circa o ano 2000 e entramos na sala Inn de primeiriños.

Unha hora e media e unas cervexas despois subiu ao escenario a nova formación dos Horrors. Dos inicios só sobreviven Faris e o baixista, o batería e o guitarrista son uns rapaces novos e cuspidiños, moi elegantes co seu pelo diante da cara e as súas camisas negras, e a teclista, unha moza cun look e pelazo moi chulos, que tamén fai os coros pero se oían moi baixiño.

Faris resistiu uns bos quince minutos coa chupa e as luvas de coiro na sala a corenta graos (o outfit é o outfit) e despóis xa quedou cunha camisola rota que lle sentaba fenomenal, pero claro, cos seus dous metros de alto todo lle queda ben.

Comenzaron o concerto con “The silence that remains” que foi o primeiro single so seu último disco “Night life”, e seguiron cun repaso de tódolos seus discos. Tocaron as miñas favoritas “Three decades” e “Who can say”, con ESE recitado “And when I told her I didn’t love her anymore, she cried. And when I told her her kisses were not like before, she cried. And when I told her another girl had caught my eye, she cried. And then I kissed her with a kiss that could only mean goodbye”. Ai melancolía!

NDP26_THE HORRORS-Foto-Lucia Castro Puga
Foto-Lucía Castro Puga

En resumo, o concerto moi ben, pasando do punk á psicodelia ao synth pop sen despeitearse, a presencia no escenario marabillosa, as pintas perfectas, Faris  feo guapo moi guapo e carismático, e o espírito de rock stars moi ben levado a pesar (ou grazas) aos anos.

Pecharon co hit moi hit “Something to remember me by”, co público bailando e botando e suando.

E xa remato as miñas catrocentas e algo palabras, podería escribir máis pero as miñas cancións favoritas duran menos de catro minutos. Longa vida aos Horrors.

MÁIS ARTIGOS DE BEATRIZ ALFONSO

ÚLTIMAS

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here