Inicio Blog Páxina 17

O home detido tras agredir á súa parella e tirarse pola xanela está con pronóstico reservado

O home detido pola Policía Nacional na Coruña por presuntamente agredir á súa parella e, posteriormente, precipitarse por unha xanela da vivenda, no Agra do Orzán, está ingresado no complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) con prognóstico reservado. Segundo fontes consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá deste mércores nunha vivenda situada na avenida A Gramela.

Ata o punto desprazáronse axentes da Policía Nacional e detiveron ao home que foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario, en concreto o Chuac, onde permanece ingresado. Segundo fontes hospitalarias, o home atópase en planta á espera de ser intervido e o seu prognóstico é reservado nestes momentos.

A Coruña arrinca hoxe a V Festa Amergin da Poesía Atlántica

0

A cidade da Coruña celebra do 25 ao 27 de xuño a V Festa Amergin da Poesía Atlántica, un ciclo que se consolida como referente cultural da fin de xuño na Coruña. O festival toma o nome do bardo milesio Amergin, figura da mitoloxía irlandesa que, segundo a lenda, viaxou a Irlanda precisamente desde as costas galegas, convertendo o Atlántico nun vínculo cultural e simbólico entre as dúas nacións. Ese vínculo —baseado na lingua, na poesía e na identidade atlántica— articula o eixe de cada edición.

O evento está coorganizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, In Nave Civitas, Xuntas polas Artes e o Instituto Universitario de Estudos Irlandeses Amergin da Universidade da Coruña, co apoio do Concello da Coruña.

V-festival-Amergin

Programa

O xoves 25 de xuño ás 21:00 h abrirá o ciclo un concerto do grupo de pop alternativo feminino Señales de fatiga no Pub Delirium (Paseo das Pontes, 5).

O venres 26 de xuño ás 19:00 h, na sede da AC Alexandre Bóveda, celebraranse as conversas Literatura e Natureza: o escritor e ornitólogo Antonio Sandoval falará sobre As aves das Illas de alén do océano, e a poeta Teresa Ramiro e o profesor David Clark, director do Instituto Amergin, dialogarán sobre literaturas oceánicas e a pegada galega na poesía irlandesa contemporánea.

O sábado 27 de xuño ás 20:30 h o festival pechará na Praia do Areal (As Lapas) cun serán de música, teatro e poesía que se converteu xa nun dos momentos máis emblemáticos do ciclo: a palabra e a música diante do océano Atlántico, ao solpor, como celebración do vínculo entre as dúas beiras.
Presentará Manuel Rivas e animará Isabel Risco. Actuarán Noite Bohemia, as Cantareiras de Son d’aquí e Cantos de Taberna da ACAB, e recitarán os poetas Rodrigo Osorio, Laura Rey Pasandín, Teresa Ramiro, Chisco Fernández Naval e Ciarán Dawson.

A entrada é libre e sen inscrición en todos os actos.

A Asociación de Supermercados insta aos sindicatos a negociar pola folga do martes

A Asociación de Supermercados, Autoservizos Almacenistas e Distribuidores de Alimentación da Coruña (ASAC) instou ás centrais sindicais a negociar e aceptar, “se fose necesario”, a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. Así o traslada nun comunicado no que denuncia “incidentes” durante a xornada do martes, día 23, con alusión nalgúns puntos a “coaccións, insultos, faltas de respecto e intentos de impedir o libre acceso de traballadores e clientes a determinados establecementos”.

Fronte a iso, subliña o papel de persoal que, apunta, facilitou a prestación da atención do servizo en tendas, á vez que destaca o labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, “cuxa presenza contribuíu a garantir a seguridade e a liberdade de todas as persoas durante a xornada”. Ademais de pedir desculpas aos clientes, incide en que “o exercicio do dereito de folga debe ser plenamente compatible co respecto ao dereito ao traballo de quen libremente deciden non secundala, así como co normal acceso dos clientes aos establecementos”.

“Estamos ante un proceso orientado a alcanzar un acordo ou ante unha dinámica de confrontación permanente con obxectivos diferentes aos intereses dos traballadores e comerciantes galegos”, sostén tras oito reunións de negociación. Respecto diso, a parte sindical reprocha a ausencia de avances na proposta da patronal para reclamar un convenio “digno” con melloras salariais e laborais. No seu comunicado, ASAC reitera a súa plena disposición ao diálogo e volve facer un chamamento ás organizacións sindicais “para retomar a negociación e aceptar, “se fose necesario”, a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais “como ferramenta neutral para facilitar un acordo posible, equilibrado e sustentable”.

A desaparición do oso do Atlas protagoniza un novo estudo da UDC

Persoal investigador da Universidade da Coruña (UDC) promoveu un estudo sobre o oso do Atlas e os posibles motivos da súa desaparición, que non descarta fose por “a presión urbana”. O traballo foi realizado polo Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga, en concreto por un equipo internacional de investigación da UDC.

Nel, entre outras cuestións, sinálase que esta subespecie extinta de oso pardo, que habitou o norte de África ata épocas relativamente recentes, seguía unha dieta estritamente vexetariana. A investigación achega nova información sobre a bioloxía desta subespecie, coñecida por habitar as montañas do Atlas, “e desaparecida probablemente como consecuencia da presión humana”, apunta tamén.

O Coliseum acollerá un concerto de Pablo Alborán o 4 de xullo

O artista Pablo Alborán ofrecerá un concerto o próximo 4 de xullo, ás 22.30 horas, no Coliseum da Coruña, dentro da súa xira ‘Global Tour Km0’. “Cunha coidada posta en escena, acompañada dun potente despregamento audiovisual e sonoro que converte cada concerto nunha experiencia totalmente única“, sinala a organización.

Respecto diso, engade que o público asistente poderá vivir “desde momentos máis enérxicos con temas como ‘Si Quisieras’ ou ‘Vámonos de Aquí’, ata baladas especialmente emotivas como ‘Planta 7’ ou ‘Mis 36’, interpretadas ao piano e acompañadas dunha proposta visual e iluminación impecables”, engade.

As entradas dispoñibles están á venda en pabloalboran.es; Ataquilla.com e despacho de billetes praza de Ourense con prezos que oscilan entre os 40 euros e os 120 euros, no marco dun concerto organizado por GTS e Cávea Producións, coa colaboración do Concello da Coruña.

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

Nova noite de San Xoán a vivida na Coruña. Unha das citas máis especiais do ano na vila herculina, que este ano se viviu un pouco máis nos barrios que nos propios areais.

As rúas de toda a cidade estaban ateigadas de pequenas barbacoas onde as sardiñas e o churrasco tomaban protagonismo dende a tardiña.

Os datos oficiais de afluencia ata a medianoite indican que houbo máis de 200.000 persoas de celebración, a metade delas, nas praias da cidade; e outras 100.000 contabilizadas nas celebracións repartidas polos diversos barrios da Coruña.

SAn Xoan no Matadoiro
Así estaba o Matadoiro

Nos barrios, as xentes pinchaban as redes para ver que pasaba no Palacio dos Deportes, onde nun horario lamentable, o Liceo caía nos penaltis a finalísima da OK Liga, facendo aínda máis negra a lenda deportiva do San Xoán na Coruña, despois daquel fatídico partido de Mallorca, no que o Dépor quedou ás portas de volver a 1ª División.

Xa ás 0:00h, mentres nos barrios xa se saltaban as pequenas cacharelas, prendeu a falla que este ano homenaxeaba a clubs Real Club Deportivo, o Básquet Coruña, o HC Liceo, o Club Voleibol Ciudad de A Coruña, o Maristas, o Marineda Hockey e o Victoria.

Poucas incidencias

A Coruña encabezou a lista de incidencias na noite de San Xoán, cun total de 72 incidencias ao longo da noite, seguida de Vigo, con 27.
Entre as actuacións máis salientables da noite figuran varias intervencións sanitarias por queimaduras sufridas en fogueiras. Así, ás 00:17 horas, un menor resultou ferido na Coruña tras caer sobre unha cacharela, sufrindo queimaduras nunha man e nunha perna.  Xa de madrugada, ás 04:27 horas, outra muller precisou asistencia sanitaria na Coruña ao caer nunha cacharela e quedar imposibilitada para camiñar.

50% menos de lixo

Praia do Orzan a mana do San Xoan-foto-Izan
Así estaba a Praia do Orzán ás 7:00h da mañá-foto-Izanvoluntario

A estampa matutina non foi tan grave como a doutros anos. A campaña intensiva municipal por achegar os contedores ata o propio areal, ou as iniciativas como as do colectivo @arenalimpia de poñerse a limpar ás 5:00h, permitiron que ás 7:00h a imaxe do areal fose lamentable, pero non tan grave como outros anos.

Limpeza de Izan Voluntario
Izan e outra voluntaria de ArenaLimpia facendo limpeza no Orzán

Os equipos de limpeza traballaron dende moi cedo para que a praia xa estea accesible nesta xornada de calor. E segundo observaron os servizos, a cantidade total de residuos recolleitos diminuíu en 50 %. O número de toneladas de residuos retiradas nas praias foi de 22,76 fronte as 44 no ano pasado, no que tamén caera o volume de residuos con respecto ao anterior exercicio.

 

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu por San Xoá para purificar o mundo

0

Ademais do San Xoán de barrios da Coruña, pola comarca tamén tivo as súas citas singulares. Unha das máis comprometidas, a de Oleiros, onde a falla municipal non deixou lugar ás dúbidas das ideas do goberno municipal: “Os dous criminais máis vergoñentos e indecentes do noso tempo arderon na noite de San Xoán no centro da praia de Bastiagueiro”.

Centos de persoas de todas as idades non quixeron perder a queima da falla de Trump e Netanyahu, e o acto converteuse nunha nova denuncia da masacre que os presidentes de Estados Unidos e Israel están a causar por todo o mundo, ignorando leis e dereitos internacionais e humanos.

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu poe San Xoan 2

O acendido estivo precedido dunhas declaracións do presidente Donald Trump, que a través da megafonía da praia pronunciou un dos seus máis célebres discursos no que, entre a incredulidade e as risas dos asistentes, afirmou que o ruído dos aeroxeradores produce cancro. Posteriormente, o alcalde, Ángel García Seoane, fixo unha queimada e esconxurou a estes dous terroristas e asasinos internacionais. “Que a viaxe que vai levar a estas dúas bestas ao inferno sexa eterna e que os seus corpos ardan ata a útlima molécula para purificar o mundo e librarnos de tanto horror e tanta infamia”, concluíu o alcalde despois de lembrar as principais tropelías cometidas durante os últimos, coreadas polas persoas asistentes baixo intensos berros unísonos de “lume!”.

Un acto político e festivo nunha noite tranquila e sen incidencias nas praias de Oleiros, que se encheron de xente, de lume.

Máis novas

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

Deteñen un home tras agredir á súa parella e precipitarse pola xanela

A Policía Nacional da Coruña detiveron a un home por presuntamente agredir á súa parella e, posteriormente, precipitarse por unha xanela da vivenda, no Agra do Orzán. Segundo fontes consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá deste mércores nunha vivenda situada na avenida A Gramela. Ata o punto desprazáronse axentes da Policía Nacional e detiveron ao home que foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario, onde permanece ingresado.

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante proposta polo club que #ODéporédaCoruña!!

A consulta contou cunha participación do 55,96% sobre o censo de abonados con dereito a voto e arroxou un resultado favorable á modificación do topónimmo nunha porcentaxe superior ao 79,41% dos votos validamente emitidos.

Así o confirmou o club na Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas celebrada esta mesma mañá de martes, na que se aprobou a adecuación da denominación social do Club ás disposicións da Lei 2/1998, que establece a obriga de utilizar a denominación “A Coruña” para referirse ao topónimo da cidade, adecuando a denominación social ao marco legal vixente.

Escudo Real Club Deportivo A Coruña
Novo Escudo do Real Club Deportivo A Coruña

Unha vitoria da mocidade

Rolda Deportivo da Coruna.Foto-JaviQuiroga_003
A rapazada do Rafael Dieste ao carón do novo sinal da Rolda Deportivo da Coruña en xuño de 2025. Foto: Javi Quiroga

Culmina así o desafío lanzado hai ano e medio dende a mocidade do IES Rafael Dieste. No marco da campaña #Aquítaménsefala a mocidade herculina conseguíu convencer a toda unha cidade que este era o momento de galeguizar o nome dun club centenario.

Alberto Pombo, director do centro de Labañou e un dos impulsores da campaña recoñece que “somos conscientes de que fixemos historia. E eramos conscientes tamén de que os números ían ser, como foron, rotundos. O que hoxe celebramos todo o deportivismo non naceu nun despacho nin foi impulsado desde arriba. Naceu da iniciativa dun grupo de rapaces e rapazas que, desde as aulas dun instituto, foron quen de poñer enriba da mesa unha reivindicación que levaba anos latexando no corazón da cidade”.

“Por iso, se hoxe estamos felices de que o Deportivo dese este paso, estamos aínda máis orgullosos de que o fixese da man da mocidade. Porque estes estudantes demostraron que a idade non determina a capacidade de transformar a realidade, e que as grandes ideas poden nacer nos lugares máis humildes.
Hoxe gaña o Deportivo, gaña A Coruña e gaña tamén unha xeración de mozos e mozas que demostraron que o futuro se constrúe desde as aulas”.

Máis novas

O proxecto #ODéporédaCoruña, recoñecido nos VII Premios Mil Primaveras da CTNL

Os mestres do #Aquítaménsefala, o proxecto educativo do IES Rafael Dieste, finalistas do premio estatal “Docentes Referentes”

O Dépor galeguizará en maio o seu nome. A mocidade fai historia

Centos de persoas do comercio de alimentación volven mobilizarse por un “convenio digno e salario xusto”

Centos de empregadas e empregados do comercio de alimentación da provincia coruñesa secundaron as protestas convocadas nesta xornada nas cidades da Coruña, Santiago e Ferrol, ademais da localidade de Ribeira. Emprazados por UGT, CCOO, CIG e USO, na urbe coruñesa, unhas 400 persoas mobilizáronse, desde a praza de Lugo e ata a de San Agustín, cunha pancarta coa lema ‘Comercio alimentación en loita por un convenio digno’.

Tamén con carteis de ‘Violencia é non chegar a fin de mes’ ou ‘Convenio digno, salario xusto’, así como ‘Froiz, a miseria na casa’ ou ‘Gadis, escoita estamos en loita’ xa que responsabilizan a ambos os grupos de distribución alimentaria de liderar a negociación da patronal. O secretario de Acción Sindical de CIG-Servizos, Roberto Pérez, remarcou que o convenio do sector está “vencido desde o ano pasado” e explicou que, tras oito reunións coa patronal, “nin hai garantía do IPC”.

Respecto das demandas, sinalou que se busca “dignificar o traballo e salario, con traballadoras con xornada elevadísima e salarios pésimos, que non pasan dos 1.100 euros“. “O que están a facer é competir entre eles a ver quen paga menos”, dixo para asegurar que, coa proposta empresarial, “dentro de cinco anos chegarían a duras penas aos 1.300 euros brutos”.

OUTRAS DEMANDAS

Pola súa banda, Nuria García, representante de UGT e con 20 anos de traballo nunha destas empresas, indicou que o salario só subiulles neste tempo “en cen euros”. “Co soldo que cobramos non chegamos a fin de mes”, reiterou para denunciar, ademais, que “hai centros que nin hai o descanso que establece a lei”. “Seis meses de negociación sen avance por parte da patronal“, recalcou Iván Cordeiro, secretario xeral da Federación de Servizos de CCOO, que lembrou que piden tamén redución de xornadas e conciliación.

Mentres, respecto diso deste conflito e outros como hostalaría e metal, nun artigo remitido a medios de comunicación, manifesta que as persoas traballadoras reclaman participar “de maneira xusta na riqueza que contribúen a xerar”.

VARIAS XORNADAS DE PARO

Esta convocatoria de folga, á que seguirá outra máis o mércores, tivo lugar tras dous anteriores con “tendas e almacéns en mínimos”, segundo CIG-Servizos, que destacou o “seguimento”. As centrais sindicais denuncian “bloqueo” por parte da patronal á negociación colectiva, con críticas en concreto ao posicionamento de Froiz e Gadis. Ademais, tachan de “miseria” as propostas en aspectos como a capacidade adquisitiva ou a mellora de condicións laborais.

Pola súa banda, a Asociación de Supermercados, Autoservizos Almacenistas e Distribuidores de Alimentación da Coruña culpa aos sindicatos de rexeitar a proposta de acudir a un procedemento de mediación ante o Consello Galego de Relacións Laborais. Tras oito reunións entre as partes, a patronal asegura que continúa defendendo “a necesidade de buscar un acordo posible”. A proposta desta asociación, segundo afirma, inclúe incrementos salariais “acumulados próximos ao 10% no próximos catro anos”, así como “melloras sociais e organizativas”.