Inicio Blog Páxina 186

Adxudicados os traballos de renovación da pasarela entre estacións

0

A Xunta de Goberno aprobou onte a adxudicación  das obras de renovación da pasarela que cruza Alfonso Molina e conecta a estación de buses coa contorna da futura estación intermodal.

En paralelo ás actuacións de mellora na estrutura da pasarela, que requirirán traballos específicos en taller, o Concello prevé instalar unha pasarela provisional para manter un itinerario peonil sobre a avenida. Os traballos, adxudicados a Seranco, suporán un investimento dun millón de euros.

Operativas outras 3 estacións de Bicicoruña entre o Martinete e Novo Mesoiro

0

Despois das activadas a semana pasada en Monte Alto, Vioño e Lonzas, o Concello vén de poñer en funcionamento tres novas bases do servizo municipal BiciCoruña, no Martinete e Novo Mesoiro, que suman xa 55 en total.

No caso da nova base do Martinete, está situada na rúa Manuel Ferrol, a carón da Urbanización Birloque. A esta súmanse outras dúas, con subministro eléctrico, no barrio de
Novo Mesoiro —onde xa se habilitou unha no ano 2023—, que xa están habilitadas na avenida de Novo Mesoiro e en Fragas do Eume.
A base do Martinete contará con subministro de enerxía solar, ao igual que dúas das bases
que se activaron a semana pasada no parque de Vioño e a rolda de Monte Alto.

20250827_BICICORUNA_BASES_NOVO_MESOIRO_002
Imaxe da estación de Novo Mesoiro
20250827_BICICORUNA_BASES_NOVO_MESOIRO_002
Imaxe da outra estación de Novo Mesoiro

O Concello prevé activar máis estacións nas vindeiras semanas, a folla de ruta para ampliar o número de bases de BiciCoruña continuará nas vindeiras semanas.
A previsión é que proximamente se poñan en marcha novas estacións na contorna do parque de Bens e tamén preto de Monelos, na rúa Rafael Dieste.

Máis novas

Parque de Vioño, a rolda de Monte Alto e Lonzas, as tres novas estacións de BiciCoruña

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

A Marea sobre BiciCoruña: “O servizo debe mellorar nos barrios para que sexa unha alternativa na mobilidade cotiá”

BiciCoruña: 11,50 euros por alugar unha bicicleta durante un día; 16,75, tres días; e 40, un ano

Piden máis carril bici nas avenidas da cidade

Detido un condutor por un atropelo múltiple con seis feridos en Juana de Vega

0

Un total de seis persoas resultaron feridas nun atropelo múltiple no centro da cidade da Coruña. As vítimas foron trasladadas polo 061 a centros hospitalarios, no entanto, “ningunha en estado moi grave”.

Un turismo arroiou aos peóns cando “estaban a cruzar debidamente” por un paso de peóns. O suceso produciuse este mércores, día 27, ás 12.20 horas na rúa Juana de Vega. Ata o lugar dos feitos desprazáronse membros da Policía local e do 061. “

O condutor, nacido en 1974 e con domicilio na Coruña, estaba aparcado nunha área
reservada de Juana de Vega e arrincou o coche cando as persoas comezaron a cruzar,
segundo el mesmo recoñeceu aos axentes. Os feridos son persoas de distintas
procedencias, a máis nova é unha nena nacida no 2021 e o de maior idade, de 1950.

O home foi detido e nas últimas horas se lle practicaron as correspondentes probas de
drogas e alcohol. Está previsto que sexa examinado por persoal sanitario para a súa
avaliación médica e psiquátrica.

Imaxe do atropelo en Juana de Vega- Foto laiosaCASP
Imaxe do atropelo en Juana de Vega- Foto @laiosaCASP

ESTADO DOS FERIDOS

Segundo o parte médico facilitado polo servizo sanitario, o seis persoas feridas foron trasladadas ao Complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac); cinco delas ao Servizo de Urxencias do Chuac e unha menor de idade ao Materno Infantil.

Entre as vítimas, tres adultos atópanse en estado grave con diversas lesións, son dúas mulleres e un home. Os outros dous adultos, un home e unha muller, presentan prognóstico leve.

De telonear aos Sex Pistols á Mardi Gras

0

Mentres camiña cara o seu 26 aniversario, continñua vivo a milagre da Sala Mardi Gras. A mítica sala de Monte Alto volve tras un mes de descanso, e faino cun mes de setembro no que recibirá bandas de todo o planeta.

Para abrir a temporada, este sábado 30 de agosto, chegan The Avengers dende San Francisco. Unha banda punk fundada nos anos 70, teloneira dos Sex Pistols no lendario concerto onde o público escoitou a frase: “Algunha vez tiveste a sensación de que che están estafando?”. Pois ben, este sábado no Mardi Gras, ninguén se sentirá estafado con The Avengers, con dous membros orixinais desatando a súa paixón sobre as placas. O concerto comeza ás 23:00.

Desde ese día e ata o 15 de decembro, 20 bandas de México, Brasil, Croacia, Francia, Italia, Reino Unido, Alemaña, Canadá e, por suposto, varias dos Estados Unidos actuarán no popular barrio da Coruña.

As tres primeiras datas de setembro son en colaboración co ciclo Elas Son Artistas. O martes 9, veremos a Sarah Lee Guthrie, pechando a súa xira española na Coruña, acompañada por primeira vez pola súa filla Robin e a súa sobriña Serena. Tres voces fantásticas con harmonías levaranos do folk ao doo-wop nunha noite imperdible para ningún fan de Bob Dylan, xa que a súa carreira comezou imitando e admirando profundamente o avó e o bisavó dos cantantes.
O xoves 11, a comunidade brasileira da cidade actuará co cantautor Jacque Falcheti, que chega desde São Paulo co seu proxecto Crua. As entradas pódense mercar desde 10 euros anticipadamente en Rockbox e Creedence Rock Bar, así como en Entradium.com.

Hannad Aldridge
Hannad Aldridge
O domingo 14 de setembro, Hannah Aldridge, tamén dos Estados Unidos, regresa á cidade. Estivo alí hai dous anos, ofrecendo un concerto fantástico coa súa banda e gañando o dereito a volver ao Mardi Gras.
Todo gracias ao apoio de Estrella Galicia, Garaxe 59, Marieta de Bodegas Martín Codas e a xente da República Musical Mardi Gras. Sen un euro de artos público.
AMAZING FESTIVAL – SALA MARDI GRAS – SETIEMBRE A DICIEMBRE
Agosto 30/08 The Avengers (U.S.A.) 1
Setembr 09/09 Sarah Lee Guthrie ft. Guthrie Famuly Singers (U.S.A.) 2
11/09 Jacque Falcheti (Brasil) 3
14/09 Hannah Aldridge (U.S.A.) 4
Outubro 11/10 Vanja Sky (Croacia) 5
19/10 Juliet’s Not Dead (U.K.) 6
22/10 Franck Carducci & Mary Reynaud (Francia) 7
Novembro 02/11 Bikini Beach (Alemania) 8
09/11 WyattE (Bélgica) 9
10/11 Los Sustos (México) 10
11/11 ByWater Call (Canadá) 11
17/11 Ward Hayden & the Outliers (U.S.A.) 12
19/11 BANDAS ALEMANAS SIN CONFIRMAR AL 100% 13
23/11 The Meteors (U.K.) 14
25/11 Bob Wayne & The Outlaw Carnies + Jay Munly (U.S.A.) 15
Decembro 02/12 The Spitters (Francia) 16
07/12 The Molotovs (U.K.) 17
15/12 Pythies (Francia) 18

Máis novas

A milagre da Mardi Gras remata a temporada por todo o alto

Océano Eskizo, unha banda de míticos herculinos, debutará nas Noites do Porto

A Sala Mardi Gras celebra este mércores os seus 3.000 eventos en directo

O Concello da Coruña reunirase co sector hosteleiro para abordar a taxa turística

Representantes do Concello da cidade herculina e da Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña (Hospeco) están en contacto “desde hai varias semanas” e reuniranse este xoves, día 28, para “abordar” a implatación da taxa turística no municipio.

Así o avanzou o concelleiro de Facenda e portavoz do Goberno local, José Manuel Lage, quen recalcou que “está todo planificado” e o obxectivo deste encontro é poder “avanzar”.

“Hai que respectar os tempos e ir facéndoo de forma compasada”, expuxo para incidir en que esta taxa “veu para quedar” e “mañá aplicaranse os pasos a dar”. No entanto, non concretou que día entrará en vigor.

“Imos ser a primeira cidade de Galicia en aplicala”, lembrou sobre esta medida que, na súa opinión, “supón axudar a cofinanciar os servizos públicos que se utilizan en maior medida ou que teñen repuntes importantes derivados das aglomeracións”. “Temos que ir a un turismo sustentable”, aseverou.

Así mesmo, Lage insistiu en que “non vai deixar de vir ningún turista á Coruña por ter que pagar un euro máis por aloxarse na cidade”.

Do mesmo xeito, lembrou que se trata dunha iniciativa aprobada polo Goberno autómico e que contempla “unhas tarifas mínimas”, entre un e 2,5 euros. “É a Xunta a que fixa a pinza, a taxa ten percorrido”, reiterou.

OUTROS ASUNTOS

O portavoz do Goberno local fixo estas declaracións a preguntas dos xornalistas sobre este asunto na rolda de prensa convocada para dar conta dos temas tratados na Xunta de goberno local celebrada este mércores.

Da mesma, destacou, entre outras cuestións, que o Plan de Barrios 2025-2027 suporá novas actuacións de mellora na Sacra Familia, o Barrio dás Flores e Labañou. Estas intervencións, apuntou, suporán un investimento de máis de tres millóns de euros.

GLS Spain consolida a súa presenza en Galicia cunha nova nave na Coruña

0

GLS Spain reforza a súa presenza na comunidade galega coa apertura dunha nova nave en Sada, “unha localización estratéxica pola súa proximidade aos principais núcleos urbanos e vías de comunicación da rexión”.

Segundo informa a compañía nun comunicado, este novo centro loxístico ten como obxectivo “optimizar os servizos de paquetería en Galicia e a súa contorna, mellorando a capacidade operativa e garantindo tempos de entrega máis áxiles e eficientes”.

A apertura desta nova nave reforza a nosa rede nun enclave estratéxico, permitíndonos mellorar a capacidade operativa, optimizar tempos de distribución e seguir ofrecendo un servizo áxil e de calidade, sempre cun firme compromiso co desenvolvemento local”, sinala o North-Division Manager de GLS Spain, Daniel Arjones.

En concreto, o centro conta cunha superficie de 2.500 metros cadrados e “consolídase como un nodo estratéxico dentro da rede loxística” da empresa. Está equipado con rodetes motorizados e ten capacidade para procesar ata 12.000 paquetes diarios, tanto en operacións de saída como de chegada de mercadoría, indica a empresa.

O PSOE de Arteixo insta o goberno local a que poña en marcha o método CER para xestionar as colonias felinas

O grupo municipal socialista do Concello de Arteixo (A Coruña) denunciou a “inacción” do goberno local ante o compromiso adquirido no pleno de agosto de 2022 para pór en marcha un sistema de Captura, Esterilización e Retorno (CER) que permita “unha xestión ética, sustentable e efectiva” das colonias felinas do municipio.

Nunha nota de prensa, o portavoz socialista, Martín Seco, explica que este método, “avalado pola Lei de Benestar Animal e implantado con éxito en concellos como Ares, Miño, Ames ou Santiago, é a única vía científica e ética para controlar a poboación felina, mellorar o benestar dos animais, reducir conflitos veciñais e previr problemas de saúde pública”.

“Temos protectoras como Marea Felina, clínicas veterinarias colaboradoras e veciñanza disposta a ser voluntario, o que falta é vontade política para coordinar os recursos e activar o plan aprobado por unanimidade”, sinala. Ademais, apunta que existen axudas estatais de ata 97.500 euros para o control poboacional destas colonias.

Deste xeito, o PSOE de Arteixo insta o goberno local a cumprir o mandato plenario e a “deixar de atrasar unha medida que beneficiaría tanto á convivencia cidadá como ao equilibrio ecolóxico do municipio”.

Culleredo rendeu homenaxe a José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, membros da guerrilla antifranquista

Culleredo viviu este luns un día moi emotivo e especial para a recuperación da memoria de dous veciños que loitaron pola liberdade. O Concello e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, xunto coas familias, celebraron o acto de homenaxe e entrega de dous corpos de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, naturais na parroquia de Almeiras, membros da guerrilla antifranquista asasinados o 22 de xuño de 1952 en Visantoña (Mesía).

Os corpos foron exhumados en agosto de 2024, tras un completo traballo de investigación do historiador municipal, xubilado, Carlos Pereira, para dar cos seus restos, e unha loita secular das familias. E onte, 73 anos despois, regresaron á súa terra natal para descansar as súas familias no cemiterio parroquial de Almeiras, onde foron enterrados tras unha cerimonia solemne que tivo lugar no salón de plenos municipal.

Culleredo rendeu homenaxe a José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, membros da guerrilla antifranquista

A emoción e as bágoas impregnaron os actos que recuperan o valente papel de dúas persoas que tiveron que fuxir durante anos.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, presidiu o acto, acompañado polo alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e o presidente da ARMH, Emilio Silva. Non estiveron presentes concelleiros do PSOE e do BNG, así como membros de Alternativa.

Mariano Iglesias, afirmou que “debemos gardalos na memoria para non repetir os erros que nunca deberían ter ocorrido”. O presidente da ARMH enxalzou ou “exemplo social de liberdade” de José Galán e Manuel Ramiro e apostou por expoñer as súas botas recuperadas, tamén entregadas no acto, nunha vitrina no Parlamento de Galicia, algo co que o párroco de Visantoña, Gumersindo Campaña, estivo de acordo.

acto_represaliados_4

Os momentos máis emotivos chegaron coa entrega dos corpos dos dous guerrilleiros. Alberto Gómez, sobriño de José Galán, cualificouno como “boa persoa, sensible e “intelixente” e lembrou o sufrimento que experimentou cando buscaba o monte.
Teresa Ramiro, sobriña de Manuel Ramiro, destacou os días da exhumación e as historias de dúas veciñas de Visantoña “sentíndose liberadas” ao poder contar un longo segredo. Cantou uns preciosos versos no momento que pronunciou mentres portaba unha bandeira republicana.
Moi fermosa foi tamén a canción interpretada por Bea de Estrella, especialmente dedicada á memoria de José e Manuel. O himno galego puxo o punto final ao evento, presentado pola xornalista Clara Bernal, con dúas gaiteiras, que tamén acompañaron á delegación no cemiterio de Almeiras, onde hai un lugar para o enterro.

Culleredo rendeu homenaxe a José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, membros da guerrilla antifranquist 4

Agosto 2024: 

Localizan os corpos de dous represaliados polo franquismo en Mesía

Comezan as demandadas obras para liberar o Parque do Observatorio

0

Comezaron onte as obras que permitirán a apertura e o acondicionamento do parque do Observatorio, unha das principais demandas da veciñanza do barrio da Agra do Orzán, que tras anos de loita social, vén neste paso unha pequena, que non definitiva, vitoria. O gran parque da Agra aínda está por acadar.

Licitadas as obras de derrubamento do muro do Parque do Observatorio, un “anaquiño” do Parque da Agra

O Concello conseguía en xuño a concesión demanial dos terreos da AEMET no Observatorio, e trala licitación, a primeira acción será construción dos novos peches perimetrais arredor das instalacións da AEMET para, xa posteriormente, demoler os coñecidos muros que bordean as rúas Canceliña e Gregorio Hernández, que actualmente impiden ou limitan o acceso aos espazos que o Concello obtivo en réxime de cesión.

Proxecto do Parque do Observatorio
Proxecto do Xardín do Observatorio

Máis novas

#ParquedaAgraXa: O clamor da Agra do Orzán por unha zona verde volveu invadir as rúas

Campo da Burra: Por un parque na Agra do Orzán Xa!

O Concello da Coruña nega eliminar o permiso parental retribuído de oito semanas

O Concello da Coruña nega eliminar o permiso parental retribuído de oito semanas, feito que denunciou este luns a CIG, que os acusaba de facelo de forma “unilateral”. Nun comunicado difundido aos medios de comunicación, o Goberno local lembra que foi “pioneiro” en España en aplicar esta medida, “que implantou por decisión propia e que, por tanto, non ten intención ningunha de reverter”.

Remarcan ademais que con esta medida, son a primeira cidade de España en dar cumprimento á directiva europea que establece medidas para favorecer a corresponsabilidade.

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, destacou o impacto positivo desta medida. “Levamos concedidos máis de 200 permisos retribuídos desde xullo de 2024 ata hoxe. O noso concello é un exemplo, xa que temos unha norma propia pola que implantamos o permiso parental retribuído durante 8 semanas”, sinalou.

CIG DENUNCIABA A SÚA ELIMINACIÓN “UNILATERAL”

O sector de Administración Local da federación de Administracións Públicas da CIG da Coruña solicitaba esta mañá ao Goberno local da cidade aclaracións respecto diso da eliminación, “de forma unilateral e sen negociación previa coa representación legal das persoas traballadoras”, do permiso para o persoal público.

Desde a central sindical lembraban que a Directiva europea (UE) 2019/1158 recoñece ata oito semanas de permiso parental retribuído, pero o Goberno, a través da súa ministra de Traballo, Yolanda Díaz, “fai unha transposición tramposa, unha vez máis, da normativa”, sacando adiante un decreto polo que se amplían os permisos de nacemento e coidado, “obviando, novamente, o carácter retribuído do permiso parental de oito semanas para o coidado de fillo, filla ou menor acollido”.

Apuntan tamén que o Estado xa foi multado con contías que superan os 10 millóns de euros por “negarse a regular o carácter retribuído deste permiso”. No caso do municipio coruñés, “conseguiuse, pola vía da negociación colectiva, que o Goberno municipal de Inés Rey aprobase, de maneira pioneira, a remuneración deste permiso desde o pasado agosto de 2024″.

Agora denunciaban a decisión de eliminar, “pola vía dos feitos e sen negociación nin comunicación previa á representación legal das persoas traballadores”, o carácter retribuído deste permiso, e que ante as peticións actuais do seu persoal estáselle instando a que, no caso de que desexen gozar igualmente do permiso pero sen o carácter retribuído, renuncien voluntariamente ao carácter retribuído mediante un correo electrónico.