Seguimos sen saber nada do novo procedemento de contratación dunha subdirectora substituta na Fundación Luís Seoane. Pero o museo de arte contemporáneo máis importante da cidade mantén a súa actividade como se comprobou o pasado mes coa charla entre Nuno Pico e Rodrigo Cuevas, e como se viviu onte mesmo co acto de apertura da mostra ‘Seoane reencontrado’, que conmemora o 30 aniversario da Fundación Luis Seoane recuperando e expoñendo para o público un conxunto de 55 óleos da colección institucional que non se lle amosaban ao público desde hai máis dunha década.
Do total, 38 nunca foron expostos nas salas deste espazo cultural municipal.
“Luis Seoane non foi só un artista extraordinario; foi tamén un intelectual comprometido, un creador inconformista e unha figura clave na construción da identidade cultural galega no século XX”, sinalou a alcaldesa durante o acto, no que estivo acompañada polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. Tamén participaron o vicepresidente da Fundación Luis Seoane, Xosé Díaz, e a comisaria da exposición, Carmen Jiménez.
A mostra convida a afondar na pintura de Seoane a través dunha selección de pezas que, aínda que menos coñecidas, son representativas da riqueza da súa linguaxe pictórica, e
dáselle así continuidade ao labor de difusión e estudo da súa obra, levado a cabo pola Fundación desde 1996. ‘Seoane reencontrado. Óleos 1945 – 1977’ estará aberta ao público ata o 14 de maio de 2027.
O home agredido cunha arma branca tras unha disputa na xornada do xoves na Coruña está estable, con prognóstico grave e ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do complexo hospitalario universitario (Chuac), segundo fontes hospitalarias consultadas por Europa Press.
A intervención policial tivo lugar de madrugada na zona do barrio dos Mallos, en concreto sobre as 05.30 horas, precisaron fontes da Policía Nacional. Foi durante unha disputa na que un home feriu a outro cunha arma branca, aclararon sobre o elemento utilizado na citada agresión. Por este motivo, a vítima tivo que ser trasladada ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac). O outro home foi arrestado
A Policía Nacional propuxo sancionar catro membros dos Riazor Blues en relación cos acontecementos previos ao Deportivo–Leganés do 1 de maio, no que se incautaron armas e outro material. Segundo informa a Xefatura Superior de Policía en Galicia, enfrontan sancións de ata 30.000 euros por posesión e consumo de substancias estupefacientes e por almacenamento de armas, bengalas e artigos pirotécnicos.
Tamén se tramitan outros procedementos administrativos, que atenderán a Policía Local da Coruña e a Garda Civil por infraccións derivadas da realización de actividades sen autorización ou relacionadas coa normativa sobre artigos pirotécnicos ou cartuxaría. O pasado 1 de maio disputouse o encontro correspondente á xornada 38 da Liga Hypermotion no estadio Abanca Riazor, entre o R.C. Deportivo e o C.D. Leganés. Na previa dese partido realizouse un amplo operativo policial nun local frecuentado polos Riazor Blues, onde foron identificadas unhas 20 persoas e se interviron paus, luvas, cascos, máscaras, martelos e armas brancas coas que atacar as afeccións rivais.
Tamén se interviron bengalas “coma as que, na previa do Deportivo contra o Málaga, estiveron a punto de provocar o incendio dun vehículo aparcado á beira do local ou daños na fachada dun edificio contiguo, o que motivou a intervención dos bombeiros”.”Este tipo de bengalas tamén interromperon a recepción pacífica e festiva do autobús do Deportivo no seu partido contra o Real Zaragoza, xerando un grave risco para persoas e bens, pois o calor, a chama e o fume que producen puideron incendiar o autobús e obrigar a detelo por haber un grande risco de atropelo pola falta de visibilidade”, lembra a Policía Nacional.
EXPEDIENTES ADMINISTRATIVOS
En canto ás sancións, especifica que por parte da Comisaría Provincial da Coruña se remitiron á Subdelegación do Goberno catro propostas de sanción conforme ao disposto na Lei de Protección da Seguridade Cidadá. Estas propostas poderían comportar sancións de ata 30.000 euros cada unha.
“Ademais, incoaranse os oportunos expedientes administrativos por almacenamento de material pirotécnico, pola práctica de actividades de distribución de bebidas alcohólicas propias dun establecemento de hostalería sen licencia, por infraccións da normativa de medidas fronte ao tabaquismo ou pola carencia de medidas preventivas contra incendios”.
Está de noraboa a FAXPG. A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e a comunicadora herculina Carolina Iglesias recolleu onte en Madrid dous dos Premios Inocente, que a Fundación homónima levan 15 anos repartindo ás mellores accións en materia de infancia e inclusión.
O proxecto “Galego para nenos xordos” (único galego que participa), que ensina lingua de signos en aulas con alumnado xordo para facilitar a súa inclusión recibiu u que achegarán 10.000 € de financiamento para o seu desenvolvemento nos próximos meses.
A iniciativa xa conta con 30 centros educativos das catro provincias gallegas, aos que profesionais xordos especializados en Lingua de Signos Española acuden semanalmente para ensinar a lingua aos compañeiros de clase de nenos xordos e servir como modelos para a súa inclusión e socialización.
Carolina Iglesias coa FAGPX
Ademais, a propia Carolina recibiu o Premio Especial do Xurado. “Isto dálle sentido ao meu traballo. Ás veces é unha profesión complicada, con moitas viaxes e exposición, pero momentos como este demostran que coa túa voz podes axudar aos demais”, relata orgullosa a cómica herculina. “Non podería estar máis feliz de estar con FAXPG. Espero que este sexa o comezo dunha longa viaxe xuntas e que axude a concienciar sobre todo o que cada un de nós pode achegar. A comunicación é un dereito».
Despois de coñecer máis sobre o traballo da organización, Iglesias tamén anunciou a súa intención de comezar a aprender lingua de signos.
Cunha concentración de veciños e veciños da Agra ás portas do Palacio de María Pita manifestándose en contra, o goberno socialista xunto cos votos do BNG (sacaron adiante no pleno deste xoves 14 de maio (finalmente si que se presentou a edil Noemí Díaz, que estaba de baixa, non así Diana Sobral, e o seu voto permitiu sacar adiante por 13 votos a 12 a moción) a modificación puntual do Plan xeral que permitirá acometer a ordenación do polígono M22.
A Alcaldesa Inés Rey e voceiro municipal Lage Tuñas saíndo do pleno
Un plan de urbanización que permitirá desbloquear o Parque da Agra, solicitado durante máis de 40 anos Campo da Burra, pero que non é do gusto da veciñanza do barrio con máis densidade de poboación da cidade, que respira cemento por todas partes, porque chegará acompañado de 20 novos bloques de edificios (400 vivendas, unhas 80 de protección) de ata 6 alturas.
A veciñanza da Asociación Agra volveu amosar, como xa fixeron durante ducias de xoves durante moitos anos, o seu descontento. Neste caso, despois de gañar a batalla de botar abaixo o muro da rúa Canceliña, para conseguir un parque acorde coas necesidades do barrio. “Toca seguir pelexando”, sinalan dende a entidade, asegurando que presentarán alegacións contra o Plan.
16.000 metros cadrados de áreas verdes, máis vivenda protexida e novos aparcamento
Dende o grupo do PSOE consideran a aprobación “un paso fundamental para que a meirande parte desta superficie sexa destinada a usos públicos e isto abra camiño a unha das grandes demandas do barrio: a creación de máis áreas verdes”.
Concretamente, a modificación do Plan separa os máis de 31.000 metros cadrados correspondentes ao polígono M22: Agora, cambian de consideración 3.200m2 fronte á rúa Gregorio Hernández, o coñecido como a zonas das Adoratrices, que por sentenza xudicial, pasarán a ter a consideración de solo urbano consolidado, é dicir, que pemitirán a construción de vivendas ao empresario Cebrián.
Outros 4.600 correspóndense coa superficie do ARI do Camiño do Piñeiral (novos edificios) e son 23.900 os que están incluídos no polígono do parque da Agra, dos que 18.500 metros cadrados están previstos para uso público, deles 16.000 de zonas verdes.
Ademais, argumentaron a creación de 350 prazas de aparcamento nun aparcadoiro soterrado, así como outras 63 públicas en superficie.
PP e BNG
O PP votou en contra e Miguel Lorenzo criticou o cambio de opinión do BNG, deixando clara a súa postura: “Parque si, pero non así; Vivenda Así, pero non así; Agra si, pero non así”.
Tivo que tirar de argumentario a candidata á alcaldía Avia Veira para explicar o seu cambio de criterio despois de provocar a suspensión da votación no pleno do mes pasado. Veira asegurou que coas súas esixencia conseguiron sumar 4.300m2 de zonas verdes, que primeiro se construirá o parque, e despois se poderían construír os edificios; e recordou que o convenio coa urbanización de Cebrián nas Adoratrices vén de gobernos antigos.
Pero ademais deu un argumento que parece fundamental para sacar adiante o plan e o parque: hai que equilibrar o balance económico do plan de urbanización, porque rebaxar a edificabilidade implicaría que o concello tivese que desembolsar cartos públicos en indemnizacións.
Incluiu ademais nas súas exixencias a creación dun “Plan de Melloras para a Agra”, que conterá un Plan director de mellora da estética e da accesibillidade; un servizo de limpeza intenso, asegurar boas conexións das liñas de bus nos novos pliegos e que as prazas do aparcadoiro proxecto se ofrezan á veciñanza.
A posición de Sumar: “Urbanismo pensado de costas á veciñanza”
Aproveitou o Movemento Sumar Coruña para amosar a sua posición, “lamentando” a aprobación no que que consideran “un novo exemplo dun urbanismo pensado de costas á veciñanza”. A formación critica que, despois de oito anos de goberno municipal, Inés Rey “segue apostando por grandes operacións urbanísticas mentres continúan sen aparecer políticas ambiciosas de vivenda pública e vivenda municipal na cidade”.
Criticou tamén Trindad Palacios, coordinadora local, que “agora resulta que para o BNG os grandes edificios xa son aceptables, que as alturas deixaron de ser un problema e que todo aquilo que antes denunciaban desaparece simplemente porque toca manter un acordo político”.
Xa se din pronto… 400 programas en antena. A programa SKPMotor vén de celebrar unha data sinalada, recollendo dende hai 9 anos a actualdiade do motor do país dende os estudios da Zapateira de CUAC FM.
Baixo a dirección de Xurxo Varela, e colaboración dos Iván Carmona, Luís Carré e David López, e Marta Gómez (tamén directora do podcast “Enworking”, sobre psicoloxía laboral) aos mandos técnicos, son toda unha referencia no sector.
Este pasado xoves celebaron o seu programa número 400. Coma sempre comezaron co “Momento Fochanca”, onde repasan o mal estado das estradas e a falta de mantemeto das autoridades.
Viaxaron a Lugo para falar co motorista Sebi Pajuelo, organizador da Distinguished Gentleman’s Ride. Este evento benéfico terá lugar o domingo 17 de maio en máis de 1.000 cidades de todo o mundo, reunindo a pilotos de motocicletas clásicas, vintage e café racer para recadar fondos para a saúde masculina, especialmente para a investigación do cancro de próstata e a saúde mental. O equipo de SKPMotor acompañará á caravana nesta primeira cita herculina no evento.
Ademais, dende Miño achegáronse ao estudio da Zapateira o piloto Iván Rodriguez e a súa copilota Nile González para presentar o seu equipo PER MOTORSPORT, co que esta temporada van a participar no Desafío Kumho Galicia deldoCampeonato Gallego de Rallysprint cun Renault Clio 16v. que rinde unos 136 cv.
No episodio tamén tiveron a visita sorpresa do amigo Alberto González da Escudería Coruña, organizadores do Eco Rally da Coruña.
Un home foi detido por apuñalar outro durante unha disputa en A Coruña, segundo informaron fontes da Policía Nacional a Europa Press. A intervención policial produciuse de madrugada na zona do barrio dos Mallos, sobre as 05.30 horas, precisaron as fontes consultadas.
O agresor empregou un obxecto cortante na pelexa, segundo explicaron sobre o instrumento utilizado na agresión. Pola súa gravidade, a vítima tivo que ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). O outro home foi detido.
A Coruña prepara a mirada para aprender do “bo deseño” na sétima edición da Galicia Design Week (GDW), único festival do noroeste estatal integrado na prestixiosa rede internacional World Design Weeks. Do 14 ao 23 de maio, a cidade converterase nun escaparate e punto de encontro onde profesionais de prestixio e novos talentos amosarán o poder do deseño como motor cultural, social e económico, a través dunha programación gratuíta na meirande parte das súas actividades.
Esta nova edición, codirixida por Marta González Rivas e Álex Rico Caramés e co-organizada pola axencia galega FOLLOR e a Asoc. Galicia Design, destaca pola súa forte expansión urbana. Cun total de seis sedes confirmadas espalladas pola cidade -Studio Follow, Vavava Haus, Accenture Song (evento en Fundación Barrié), The House by Malasa, Bendita Flor e Restory-, a GDW expandirase pola Coruña cunha proposta moi dinámica, á que tamén se sumará a partir do 19 de maio outra localización na avenida do Porto, que acollerá as exposicións Designed in Galicia e #novodeseñogalego, pensadas para achegar a creatividade ao gran público dun xeito sinxelo e directo.
Programa
O evento estrutúrase en diferentes eixes temáticos para conectar coa cidadanía, comezando polas súas habituais charlas profesionais (Talks) e talleres prácticos (Workshops) destinados a achegar a experiencia de grandes figuras do sector tanto a estudantes como a profesionais en activo.
Ao mesmo tempo, a axenda máis informal e urbana canalizarase a través da sección Off, un conxunto de accións, encontros e eventos en colaboración directa con diferentes axentes creativos locais; e que inclúen desde unha poxa de deseño até a transformación dunha floristería en librería co gallo das Letras Galegas, pasando pola gravación dun podcast ou presentacións de novos produtos.
Esta implicación co tecido local tamén se sentirá a través do oído e do padal. Durante as fins de semana de celebración do evento, o público poderá gozar das Sessions, unha serie de sesións musicais pensadas para poñer banda sonora ao festival nas noites dos venres e sábados no Studio Follow e protagonizadas por deseñadoras e deseñadores. Pola súa banda, a sección Gastro explorará os vínculos entre a gastronomía e as correntes creativas máis actuais grazas ás propostas de Comer e Rosmón, así como coa participación especial do colectivo Gracias Por Su Visita. Completa este mapa de acción o Showroom, unha
plataforma física concibida para dar visibilidade a marcas vinculadas ao deseño galego.
Nomes
No ámbito do deseño de espazos e arquitectura, destaca a conversa entre os estudios madrileños Burr e Studio Animal, que achegarán a súa rompedora visión; así como a revista Obradoiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, coa presenza de Manuel Bouzas, Teresa Sánchez Táboas e María Fandiño. Á hora de abordar a estratexia creativa, a GDW contará coa presenza de Paula de Álvaro, integrante do recoñecido estudio Design Office Fun; de Román De Lorenzo, CEO galego de MURPH; do director de arte Alexander Gross; do director creativo Aitor Molina; e da axencia galega e catalana especializada en retail
Bagel Affairs.
Ademais, a posta en escena terán un papel moi destacado coa participación da coruñesa Ana Inés Jabares Pita, unha das creadoras con maior proxección internacional na escenografía actual grazas ao seu prestixioso traballo en teatros e óperas de todo o mundo.
Catro exposicións
Un dos grandes atractivos deste 2026 será o crecemento do bloque expositivo, que se amplía a un total de catro mostras. Por unha banda, o espazo Studio Follow acollerá tanto unha escolma de traballos do ilustrador galego Xan como unha coidada selección das obras gañadoras dos Premios ADG Laus 2025, os galardóns máis prestixiosos de deseño gráfico e comunicación visual do país, que visitan Galicia para inspirar a novas xeracións de creadores.
No espazo público, concretamente na avenida do Porto, poderanse visitar as dúas mostras máis simbólicas da Galicia Design Week, como son Designed in Galicia e #novodeseñogalego. Estas dúas exposicións inauguraranse o martes 19 ás 12.00 horas, nun acto que contará con algunhas das deseñadoras protagonistas.
Galicia Design Week, codirixida por Marta González Rivas e Álex Rico Caramés, é a gran cita do deseño galego. A sétima edición do festival, creado no 2021 pola axencia galega FOLLOW e co-organizada desde 2024 pola asociación GALICIA DESIGN, conta cunha subvención do Ministerio de Cultura do Goberno de España, co apoio do Concello da Coruña a través do Consorcio de Turismo.
Traballadores e traballadoras da refinaría da Coruña mobilizáronse este mércores para esixir un plan de investimentos neste complexo industrial e denunciar “recortes de persoal e deterioración de condicións laborais”, algo que rexeitan desde a empresa. A protesta, que comezou sobre as 14.30 horas cunha concentración, seguiu cunha marcha ata a rotonda de Meicende, e de aí regresou ao momento de saída.
A CIG convocou esta mobilización tras celebrar asembleas coas traballadoras e os traballadores, nas que tamén se acordou iniciar os trámites para convocar folga a finais deste mes de maio. “Á falta de persoal suficiente súmanse recortes como os executados recentemente na unidade de coque e unha organización baseada na improvisación e no caos que están a incrementar a tensión e o malestar”, indica a central sindical nun comunicado.
Traballadores da refinaría da Coruña mobilízanse por un plan de investimentos e contra os recortes / Xornal da Coruña
Fronte a iso, desde o complexo industrial indicaron, con motivo das primeiras protestas, que se procedía ao cesamento definitivo dunha unidade de calcinación que “levaba varios anos fóra de operación”, co persoal de quenda recolocada “sen impacto no emprego”. Todo iso, engadiron, con información ao comité de empresa para garantir a transparencia no proceso.
A Coruña será unha das dez cidades da xira estatal de 2027 de Cano, segundo informou o goberno local. O artista actuará na cidade o 29 de maio dese ano dentro do seu espectáculo ‘Anais Tour’. As entradas para este concerto sairán á venda o vindeiro 20 de maio, ás 20.00 horas, nos puntos de venda habituais. A súa anterior xira, ‘Triana Tour’, posicionouse como a décima a nivel nacional en recadación.
Desde o goberno local destacan que Cano, desde a súa irrupción na música con pouco máis de 17 anos, se converteu “nun dos nomes imprescindibles da música urbana española” grazas a unha proposta que fusiona flamenco, pop urbano e sonoridades latinas. “Con millóns de oíntes mensuais, múltiples discos de platino e unha comunidade de seguidores en constante crecemento, o artista madrileño continúa consolidando unha traxectoria marcada polo seu son, autenticidade e conexión co público”, salientan desde o executivo municipal.