Inicio Blog Páxina 454

O (S8) Mostra de Cinema Periférico converte A Coruña no centro mundial do cinema de vangarda

0

Do 31 de maio ao 9 de xuño, a 15ª edición do (S8) Mostra de Cinema Periférica da Coruña, volverá situar á cidade herculina no centro da vangarda cinematográfica.

Así o debullaban os seus directores, Ana Domínguez e Ángel Rueda, na presentación oficial   realizada na Domus da Coruña, unha das sedes do evento, xunto á Sala Palexco, Filmoteca de Galicia e Fundación Luis Seoane. 5 salas nas que se irán proxectando 142 pezas e 31 estreas absolutas, entre as que hai un fío condutor: a potencia creativa das cineastas mulleres.

Presentacion s8 Cinema periferico Coruna 2024
Na presentación participaron representantes das entidades colaboradoras: Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Acción Cultural Española (A/CE) e a marca Cervezas Alhambra.

Os directores explicaron que o tarot inspira a imaxe 2024 do festival en homenaxe ao cineasta norteamericano Kenneth Anger, falecido en 2023. O autor do famoso libro Hollywood Babylon, publicado en 1965 e en cuxas páxinas desfilaba o máis escabroso da industria do show business, será homenaxeado na inauguración de (S8) o 31 de maio, coa sesión “O cine de Thelema”, na que se proxectarán na Filmoteca de Galicia os seus filmes Lucifer Rising e Inauguration of the Pleasure Dome.

As artistas mulleres

As artistas mulleres copan a programación do festival, que ofrece máis de 140 obras ao público que se achegue ao (S8). O discurso fílmico das creadoras de vangarda imponse como realidade innegable nunha programación que atravesa a obra de referentes como Narcisa Hirsch –coa primeira gran retrospectiva tras o seu falecemento e a quen se dedica este ano o festival– ou a estadounidense Margaret Honda, dedica programas ao cinema underground de Annalisa D. Quagliata e á memoria da diáspora de Franci Durán, presenta unha nova sección “Sinais Latinoamérica” na que exclusivamente veremos obras de mozas creadoras, descubriranos a Rhayne Vermette, cineasta Métis -un dos tres pobos aborígenes recoñecidos en Canadá- ou nos levará ao cinema expandido da sección “Desbordamentos” da man de Gaëlle Rouard e Lynn Loo.

Vangarda galega

Dentro da programación do (S8) 2024, a vangarda galega máis nova estará representada na sección “Sinais” cos traballos de Iago Lourido, Yasmina Farhani Luaces, e Pablo Agma, recente gañador das bolsas ao desenvolvemento ese8_LAB, organizadas polo festival.
Por outra banda, a obra da artista de Xinzo de Limia, residente en Barcelona, María Ruído protagonizará o programa monográfico en liña “Ultreia et suseia”, dedicado cada ano ás voces máis destacadas do cinema galego actual. A programación do (S8) contará con 18 pezas de autoría galega.

Canadá: 30 anos Film Farm

O (S8) sempre tivo os seus ollos postos en Canadá, por ser un dos territorios de maior actividade e historial en relación ao cinema experimental. A Film Farm, proxecto comandado por Phil Hoffman, que estará na Coruña, cumpre 30 anos e sempre foi inspirador para a Mostra da Coruña, tal como explicaronn os seus directores. Nunha granxa na provincia de Ontario, cada ano congréganse un grupo de artistas para aprender e compartir técnicas de revelado e manipulación analóxica, para filmar, visionar e compartir cinema nunha contorna natural, xerando así unha experiencia transformadora. Algúns dos traballos alí creados poderanse ver na Coruña.

A cineasta Rhayne Vermette, con recoñecemento internacional tras o paso pola Berlinale e por Toronto co seu primeiro longo Ste. Anne, e a chilena afincada en Canadá, Franci Durán, cuxo traballo, relacionado coa Film Farm, enráizase na experimentación con soportes fotoquímicos, son outras das protagonistas do foco canadense do 15º (S8).

Desbordamentos

“Desbordamentos”, a sección do festival dedicada ao cinema expandido que ten lugar na Fundación Luis Seoane, acolle este ano a dous artistas que transitan ese camiño: Gaëlle Rouard e Lynn Loo. De Rouard, unha das fundadoras do mítico Atelier MTK en Grenoble, poderemos ver entre outras, a súa película Darkness, Darkness, Burning Bright que se estreou no Festival de Róterdan e gañou o Premio á Mellor Película Experimental do festival Curtas Vila do Conde. Lynn Loo, música e cineasta orixinaria de Singapura radicada en Londres, explora o cinema expandido con filme performances nos que emprega varios proxectores de 16 mm funcionando á vez.

O (S8) da Coruña acende a súa conta atrás

(S8) 2024 en cifras:

  • Pezas a proxectar: 142 piezas
  • Estreas: Mundiais – 31 / Internacionais 25 / Estatais – 53
  • 20 nacionalidades dos filmes: Canadá – Argentina – EE.UU – Francia – México – Perú – Austria – Holanda – Reino Unido – España – Chile – Portugal – Colombia – Puerto Rico – Brasil – Irán – Australia – Xapón – Alemaña – Romanía.
  • Pezas de autoría galega: 18 piezas
  • Número de cineastas conidadas/os: 60 cineastas
  • Estudantes acreditados/as: 21
  • Número de film performances: 6
  • Sedes: 5: Palexco, Domus, Fundación Luis Seoane e Filmoteca de Galicia
  • Actividades paralelas: Formativas – 3 / Profesionais – 2
  • Escolares participantes en actividades de la Mostra: 440 escolares

 

VER AQUÍ O PROGRAMA COMPLETO DO (S8)

Carmen Jiménez, directora temporal da Fundación Luís Seoane

A experta en conservación Carmen Jiménez dirixirá temporalmente a Fundación Luís Seoane ata a elección da nova dirección mediante concurso, segundo informa o consistorio.

A comisión executiva da Fundación aprobou o nomeamento transitorio da xestora cultura, experta en conservación e restauración do patrimonio.

Desde a súa nova responsabilidade, actuará como directora e conservadora da institución na que xa traballa, inventariando a obra non gráfica de Seoane.

Jiménez, licenciada en Belas Artes, dirixiu e realizou, durante a súa traxectoria laboral, importantes proxectos de restauración como os traballos sobre diversas obras de Urbano Lugrís.

Recepción na Coruña de embaixadores da UE cun discurso da alcaldesa defendendo a democracia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a “tradición europeísta” da cidade nunha visita de 23 embaixadores e embaixadoras dos estados membros da Unión Europea. Tamén se referiu a a situación internacional e reclamou a protección e defensa da democracia, a soberanía e os dereitos humanos como apoio do Estado de Benestar.

“A Coruña, como Europa, é símbolo de progreso e diálogo e hoxe temos outro exemplo do asentada que está entre nós esa idea”, sostivo na recepción institucional no Palacio Municipal de María Pita.

“Actos como os de hoxe supoñen unha reafirmación do noso espírito aberto, forxado grazas á tradición portuaria que nos levou sempre a mirar cara ao exterior con ollos atentos e receptivos e profundamente europeos”, sinalou. A rexedora sostivo tamén que A Coruña e Galicia son estratéxicas para tecer relacións europeas e internacionais con España.

En total, a delegación diplomática estivo conformada por embaixadores e embaixadoras, xunto coa cónsul honoraria de Bélxica, de 23 dos 27 estados membros da Unión Europea.

En concreto, foron Croacia, Francia, Suecia, Portugal, Bélxica, Eslovenia, Lituania, Chipre, Letonia, Bulgaria, Hungría, Finlandia, Luxemburgo, Irlanda, Grecia, Alemaña, Austria, Polonia, Países Baixos, Dinamarca, Estonia, Eslovaquia e Italia. A alcaldesa estivo acompañada da corporación, xunto con representantes de entidades sociais e empresariais da cidade.

O pleno de Cambre aproba o pago de 2,1 millóns de facturas pendentes a provedores de 2023

O pleno de Cambre  aprobou, nunha sesión extraordinaria e de urxencia, un recoñecemento extraxudicial de crédito de 2,1 millóns de euros, “que permitirá liquidar, con cargo ao orzamento en vigor, parte das facturas que o Concello debe con provedores de servizos”, informa o consistorio.

Entre eles, estará a de limpeza de instalacións municipais, o mantemento de iluminación exterior ou o servizo limpeza viaria, segundo expuxo o concelleiro da área de Economía e Facenda, Daniel Mallo.

A medida foi aprobada cos votos a favor de Unión por Cambre e a abstención dos demais partidos políticos da corporación. Unha alternativa que implica “dar outro paso máis, o máis importante diría eu, que é pagar parte da débeda que desde hai un ano temos pendente con moitas empresas”, apuntou a alcaldesa, María Pan, pertencente a UxC.

Parque Ciudad “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

0

Hai proxectos que cambian a fisionomía dun barrio. E tamén hainos que cambian a dunha cidade. O do Parque Ciudad Monte Martelo é dun deses. Un proxecto que nace da cidadanía, que trata de recuperar unha zona esquecida, rescatar un río que no seu día se agochou debaixo do asfalto, para convertirse nun gran pulmón verde na entrada da cidade.

Detrás da proposta se atopa a Asociación Monte Martelo, que trata de unificar e defender as necesidades dos barrios de As Rañas, Birloque, Cabana, Martinete, Someso, San Cristovo das Viñas e O Bosque. Herdando as fronteiras da case desaparecida Asociación Os Anxos, desenvolven un arduo traballo, moitas veces na sombra, para acadar, por exemplo derrubamento do esqueleto do Martinete, formulado para principios de 2025.

8 anos en marcha

Amar explicando o Parque Ciudad a vecinanza doutros barrios en 2021
Amar Bašic explicando o Parque Ciudad á veciñanza doutros barrios en 2021

Pero o gran proxecto que saben que pode cambiar a cidade é do Parque Ciudad Monte Martelo, que se situaría entre o Polígono de Pocomaco, Expo Coruña, O Birloque, O Marinete… Unha idea que nacía hai 8 anos, na cabeza de Amar Bašic (@martineteiro), un tripulante de voo croata, que acabou en Galicia como bebé refuxiado pola guerra dos Balcáns nos anos 90.
Afincado no Marinete saía sempre a pasear ao seu can, e acabou por decatarse do potencial que ten este barrio esquecido de apenas 22 rúas polas que agora pelexa dende a entidade veciñal.

Daquela propuxera nos Orzamentos Participativos o proxecto do Parque Unión, o que foi o xérmolo deste Parque Ciudad. E daquela xa mantivera reunións co entón rector da UDC, Julio Abalde, que lle puxera en contacto con outra idea de recuperación ambiental que tamén estaba en marcha.

Río de Monelos

Amal Nnechachi explicando o seu traballo de recuperacion do Rio de Monelos
Amal Nnechachi explicando o seu traballo de recuperación do Río de Monelos

Xa é pequeno o mundo para que se xunten, no Martinete, un croata chamado Amar, e unha marroquí chamada Amal, intentando recuperar medioambientalmente un dos barrios máis esquecidos da cidade. O caso é que Amal Nnechachi, enxeñeira de Camiños, estaba facendo unha tese sobre a Recuperación do Río de Monelos, aí comezaron a traballar xuntos.

En 2021 o proxecto deu un salto. Xa coa Asociación Monte Martelo involucrada o proxecto pasou a criba do pleno municipal, cunha moción aprobada por unanimidade. Importante foi unha reunión 17 de maio de 2021, con axentes doutros barrios, de Eirís, Matogrande, Elviña, Palavea, Mesoiro… e de aí saíu unha idea que segue enriba da mesa: xuntar todos os barrios da cidade a través de sendas verdes; facer un corredor verde por toda a cidade, que una os barrios. Unha idea que si que cambiaría a fisionomía da cidade e nos achegaría moito ao concepto urbanístico da europa máis moderna.

O proxecto foi medrando e o Concello da Coruña xa o fixo propio. O ano pasado estivo a piques de saír escollido nunha convocatoria de subvencións emitida da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica. Este ano o Concello, coa colaboración da UDC, volverá intentar conseguir Fondos Europeos para desenvolvelo, tras acordar un aumento do espazo de actuación, e cun proxecto moi solvente, “moi sólido”, afirma Amar, que engloba 70.000 metros cadraados.

Caos urbanístico; fácil acceso

Xa no seu día o que foi edil de urbanismo, Juan Díaz Villoslada apuntaba o seu potencial, pero tamén a necesidade de desenvolver un Plan Integral de Urbanismo para facer o proxecto con moito mimo. Porque falamos dunha zona moi ben conectada con toda a cidade (de feito pasa o carril bici que vai camiño do campus de Elviña), pero tamén caótica urbanísticamente. “É certo que hai moito terreo privado, pero moito da Sareb, e si que habería proxectadas expropiacións pero non de vivendas en uso”, asegurar. “A idea é adecuar o parque ao terreo que hai”.

Conscientes de que se trata dunha batalla a longo prazo, seguirán loitando paso a paso polo fermoso e transformador proxecto.

Máis novas

Alegría no Martinete pola licitación do derrubamento do “mamotreto”

A sombra de 30 edificios ameaza San Pedro de Visma

Atopan con vida ao home de 81 anos desparecido dunha residencia de Cambre

0
A Garda Civil atopou na mañán deste luns a un ancián desaparecido de forma voluntaria do centro da terceira edade Residencial Bribes de Cambre. Foi sobre as 10.15 horas candop foi localizado con vida. Precisaba de medicación debido á enfermedade de parkinson que sofre.
O home marchou voluntariamente este domingo da residencia e, desde entón, as forzas de seguridade andaban na súa procura. Participron a Guardia Civil de Cambre, Policía Local, Protección Civil e voluntarios.
Tras suspenderse a busca durante a noite, volveuse reanudar durante a mañán sendo localizado polo helicóptero da Garda Civil nunha zona boscosa e de difícil acceso de Cecebre. De feito, foi rescatado polo propio helicóptero e trasladado a unha zona de Bribespara facilitar o acceso á ambulancia e a súa posterior evacuación ao centro hospitalario.
Home que estaba desaparecido e foi atopado por un helicóptero / Garda Civil

Morre un hombre de 60 anos tras caer da moto en Matogrande

0

Un home de 60 anos que ía a bordo dunha moto morreu na mañá deste martes tras sufrir unha caída contra a mediana na cidade da Coruña, concretamente en Matogrande.

Segundo informan fontes dos servizos de emerxencias consultados por Europa Press, ocorreu na AC-10 sobre as 9.30 horas, cando varios particulares chamaban ao 112 para alertar da caída. Ao parecer, o condutor perdeu o casco polo golpe.

Con estes datos, o 112 avisou do accidente á Policía Local da Coruña e a Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou ata o lugar unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado. Con todo, os servizos médicos desprazados ao momento tan só puideron confirmar o falecemento do motorista.

Persoal da planta de residuos mobilízase o sábado para esixir “garantías” no emprego

Persoal de Albada, a empresa concesionaria da planta de tratamento de residuos da Coruña — situada en Nostián — mobilizarase o sábado, día 25, en protesta pola “falta de avances” na publicación dos pregos da nova concesión da instalación e “ante a incerteza” sobre a continuidade da planta e os empregos.

Segundo informaron representantes sindicais, en rolda de prensa, será nunha manifestación que comezará ás 12,00 horas na Casaw da auga — onde se atopan as oficinas da Concellaría de Medio Ambiente — e terminará na praza de María Pita cunha concentración ante o Concello da Coruña.

A decisión de convocar esta mobilización débese, expuxeron, a que, tras as reunións mantidas, o goberno local “non aclarou cando se publicarán os pregos nin explicou os motivos deste continuo atraso”. Mentres, argumentan que o Consorcio das Mariñas “xa anunciou que sacará a licitación a recollida de lixo conxuntamente co tratamento, pondo así en risco o futuro da planta”.

Para o presidente do comité, Hadrián Canosa, a “parálise” do novo proxecto da planta de reciclaxe e o “escurantismo” do proceso “pon en risco o actual modelo”, así como “o medio ambiente e a continuidade dos postos de traballo”.

O contrato coa concesionaria acabou o 31 de decembro de 2019. “Desde ese momento segue prestando servizos en precario á espera da nova licitación”, apuntou, aludindo, ademais, aos máis de 120 traballadores e traballadoras afectados por esta situación.

Crúa derrota do CRAT na final da Liga Iberdrola de Rugby

0

Disputaba o CRAT toda unha final estatal. O equipo de rugby femininio da cidade é toda unha potencia e se metía na final da Liga Iberdrola de Rugby, a máxima categoría española.

O cadro coruñés tivo que xogar na final no campo do rival, un Majadahonda que xa lle quitara dos beizos o título da Copa RFER. Sobre un céspede terriblemente seco, as coruñesas non se viñeron abaixo nin sequera despois de que nos primeiros 20 minutos as locais se colocaban 10-0.

Antes do desacnso as herculinas recurtaban e tras unha tensísima segunda metade, a 4 do final as de Pablo Artime se colocaban por diante cun curto 10-12, pois non puideron convertir o punto extra. E aínda quedaba un final moi duro. Un golpe de castigo sobre o pitido final permitiu ás locais transformar un golpe de castigo que deixaba o 13-12 final.

Con todo, a temporada das herculinas foi espectacular, e merece a atención e o recoñecemento de toda a cidade.

Sabías que Pablo Picasso se estreou como retratista na Coruña?

0

Pablo Ruiz Picasso era un neno de 9 anos cando chegou á Coruña, aló polo ano 1891. Aínda que só pasaría na cidade tres anos e uns meses, menos de catro anos, foi un período decisivo na súa vida. O seu pai, José Ruiz Blasco (1838-1913) acababa de obter unha praza de profesor na recén aberta Escola de Belas Artes da Coruña e trasladouse alí xunto coa súa muller, María, e os seus fillos Pablo, Lola e Conchita. Pablo, que era o máis maior dos tres, amosaba certa habilidade para o debuxo e a pintura.

Nesa época, Ruiz Blasco era xa un home maduro. Pasaban os anos e o éxito resistíaselle: levaba tempo exercendo como profesor e conservador en Málaga, en posto mal pagados e non gozaba de demasiado recoñecemento como pintor, aínda que lograba vender algúns cadros. Dende facía algún tempo aspiraba a un traslado que lle permitise mellorar a súa posición e por fin o conseguira. A familia instalouse nun piso no número 14 da rúa Payo Gómez. A casa estaba nunha zona nova onde aínda había poucos edificios construídos.

Fronte á vivenda dos Ruiz Picasso estaba o chalé do doutor Pérez Costales, un amigo da familia. Pérez Costales fóra ministro na Primeira República e era unha persoa moi coñecida na cidade. Para Pablo, o traslado á Coruña supuxo en certo senso unha liberación. Lonxe da tutela da súa avoa e as súas tías, que en Málaga convivían coa familia, e vixilado de lonxe só pola súa nai, divertíase xogando cos seus amigos na praza de Pontevedra, Riazor ou o monte de Santa Margarita. Algunhas das súas diversións favoritas eran saltar ondas na praia, perseguir gatos, pelexarse a pedradas ou xogar a tourear.

O ano da súa chegada matriculouse no Instituto Provincial de Segunda Ensinanza. Non foi un bo estudante: en clase entretíñase garabateando nos libros de texto e mirando as ondas pola ventá e as súas notas foron mediocres. Con frecuencia castigábano encerrándoo no seu cuarto, tempo que el aproveitaba para debuxar. Ao ano seguinte matriculouse tamén na Escola de Belas Artes, que compartía edificio con instituto. Alí tivo como mestres, ademais de ao seu pai, a artistas destacados, como Isidoro Brocos ou Román Navarro. En Belas Artes as súas calificacións foron moito mellores que no instituto.

Consérvanse numerosas pezas académicas realizadas por Picasso, varias delas copiadas de láminas e outras realizadas a partir de modelos de xeso que había na escola, algúns dos cales aínda se conservan. Os pais de Picasso apoiaron en todo momento a súa vocación artística. Regaláronlle álbumes de debuxo, matriculárono en Belas Artes e pagaron a unha nena para que fose a sua modelo en ‘La muchacha de los pies descalzos’. Ruiz Blanco, consciente do talento do seu fillo, adoitaba requirir a súa colaboración para rematar os seus propios cadros, pedíndolle que lle axudase con detalles como as patas das palomas, animais que pintaba con frecuencia.

Na Coruña, Picasso aficionouse a saír á rúa a pintar do natural. Xa entón era un artista prolífico, que deixaba constancia de todo o que lle rodeaba. Pintou a Torre de Hércules, o mar do Orzán, o monte de Santa Margarita e unha estampa rural de San Roque de Afuera, entre outros lugares da cidade. Tamén creou unhas revistiñas tituladas ‘Azul y Blanco’ e ‘La Coruña’, nas que se refería a anécdotas e sucesos locais. Na Coruña estreouse como retratista: pintou aos membros da súa familia e mesmo ao seu can Clíper. Retratou tamén a Pérez Costales e ao seu fillo Modesto Castilla. Tamén se debuxou a si mesmo: os seus primeiros autoretratos coñecidos fíxoos na Coruña.

Impulsada por Pérez Costales, na Coruña tivo lugar, en febreiro de 1895, a primeira exposición de Picasso, que recibiu eloxiosas críticas. Foi no número 20 da rúa Real, un establecemento de venda de mobles. Descoñécense exactamente os cadros que exhibiu, pero poderían ser tres estudos de cabeza dun mismo modelo, un mendigo barbudo. Tamén aquí realizou a súa segunda exposición, esta vez no número 54 da rúa Real, nunha parauguería. Nesta ocasión exhibiu o óleo ‘El hombre de la gorra’. Picasso conservou esta obra no seu poder durante toda a súa vida.

Durante este tempo firmaba habitualmente as súas obras como ‘P. Ruiz’. Ata comezos do século XX non usaría o apelido materno, Picasso. A irmá pequena de Picasso, Conchita, enfermou de difteria e faleceu ao pouco tempo, en xaneiro de 1895. O doutor Pérez Costales atendeuna, pero non puido salvar a súa vida. Foi un golpe moi duro para a familia. Poucos meses despois do suceso, os Ruiz Picasso abandonaron A Coruña. Pode supoñerse que entre os motivos que impulsaron a Ruiz Blasco a tomar esta decisión están o falecemento da súa filla, as desputas internas na Escola de Belas Artes e as malas críticas que recibían as súas obras, a diferenza das de Pablo, que xa apuntaban a un futuro prometedor.

A familia abandonou A Coruña en abril de 1895. Ruiz Blanco conseguira unha praza na Llotja en Barcelona, permutando a súa co coruñés Román Navarro, que entón era profesor alí, pero desexaba volver á Coruña. O único testemuño gráfico que se conserva da estancia dos Ruiz Picasso na Coruña é unha fotografía de Lola feita entre 1891 e 1892 por José Sellier (por outra parte pioneiro do cine español). Picasso non volvería á Coruña, pero a cidade permanecería sempre no seu recordo. Moitos anos despois, gardaba postais con vistas da cidade e sempre conservou algunhas das pinturas infantís que fixera, como unha vista do monte de Santa Margarita, ‘La muchacha de los pies descalzos’ ou ‘El hombre de la gorra’.