Inicio Blog Páxina 491

O BNG denuncia o “veto” de Inés Rey no acceso aos expedientes dun piso na Avenida do Exército

A concelleira do BNG no Concello da Coruña Avia Veira presentou un recurso de reposición para que a Alcaldía da Coruña “levante o veto” que, segundo esta afirmación, existe e que lle impide acceder “a uns expedientes urbanísticos relativos a un piso do inmoble situado no número 96 da Avenida do Exército”.

Segundo explica nun comunicado, fíxoo o pasado venres, día 15, despois de que o día 13 “por instrucións da Alcaldía, fóselle denegado” o acceso aos devanditos documentos aos que, apunta, “tiña dereito”. Este feito, destaca o BNG, constitúe “unha clara conculcación” dos dereitos fundamentais “tal e como veñen regulados na Lei Reguladora de Bases do Réxime Local e no propio Regulamento de Organización e Funcións do Concello”.

Para a concelleira, “a alcaldesa (a socialista Inés Rey) ten algo que ocultar nese expediente”, sinala no seu escrito no que fai alusión a un “silencio administrativo positivo”. Alega, ademais, que unha vez expirado o prazo, “o acceso ten que ser libre e inmediato e non pode ser nin condicionado nin aprazado” de acordo coa xurisprudencia existente respecto diso.

“A existencia destes 38 restos do franquismo é unha ilegalidade, unha vergoña para a Deputación”

Continúa loita de Manuel Monge a título particular para que as administracións cumplan coa Lei de Memoria Histórica de 2007 e da Lei de Memoria Democrática de 2022. Desta volta, o escritor e activista, como vitima do franquismo e investigador, vén de presentar esta mañá de luns 18 de marzo un escrito polo rexistro da Subdelegación do Goberno da Coruña unha información dirixida ao Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática sobre “38 elementos contrarios á memoria democrática, que aínda ten a Deputación da Coruña, para a súa inclusión no Catálogo do Estado”.

Monge xa presentara información en 2023 para o catálogo do concello da Coruña e das comarcas de Eume, Ferrolterra e Ortegal, pois considera que ”a existencia destes restos do franquismo é unha ilegalidade, unha vergoña para a Deputación da Coruña, un desprestixio das institucións democráticas e unha ofensa e humillación para as vítimas do franquismo”.

O documento, de 32 follas, recolle unha análise comparativa do que se fai noutras institucións para retirar os restos do franquismo no caso de presidentes de deputación, militares golpistas, gobernadores civís e militares, ministros dos gobernos da ditadura, falanxistas, supresión de títulos nobiliarios, nomes dos centros de ensino. Aquí recolle nome a nome a dura biografía de xentes franquistas como José Antonio Girón de Velasco, Rafael Puga Ramón, Emilio Romay Montoto, Juan José Barcia Goyanes ou Luis Tovar Figueras, entre outros, recollidos tamén no seu libro “Os restos do franquismo en Galiza” (Edicións Laiovento, 2020). Moitos seguen sendo “Fillos adoptivos” da provincia, contan cun cadro nalgún salón oficial, ou mesmo dan nome a algún centro de ensino…

”Un dos casos máis significativos e vergoñentos”, explica “é que os catro militares, principais responsábeis da organización na Coruña do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 –Enrique Cánovas Lacruz, Florentino González Vallés, Luis Tovar Alonso e Pablo Martín Alonso–, son Fillos Predilectos e Adoptivos da provincia da Coruña e manteñen esta distinción concedida o 5 de xaneiro de 1937, é dicir, 87 anos despois! Estes catro militares exemplifican a criminal represión, cometeron crimes contra a humanidade, e a pervivencia das distincións é un claro incumprimento da Lei de Memoria Democrática”.

”É inexplicable e contraditoria a actuación do Presidente da Deputación da Coruña xa que o concello de As Pontes (Valentín González Formoso era o alcalde) aprobaba por unanimidade en xaneiro de 2009 retirar a José Antonio Girón de Velasco (significado falanxista e ministro na ditadura) a Medalla de Prata, pero hoxe continúa como Fillo Adoptivo da provincia da Coruña”, lamenta. “Ese mesmo Pleno de As Pontes retiraba a Medalla de Prata a Constantino Lobo, militar golpista e Gobernador Militar de Ferrol na ditadura, pero hoxe continúa coa distinción de Fillo Predilecto da provincia da Coruña. Incongruencia tamén de González Formoso coa actuación do seu partido, o PSdeG, xa que Ferrol, con alcaldía Socialista, cambiaba en 1981 a rúa Constantino Lobo por Catalunya e cambiaba tamén a rúa José Antonio Girón de Velasco en 1981 por Carbalho Calero; e o concello da Coruña, con alcaldía socialista, retiraba a Girón de Velasco a distinción de Fillo Adoptivo en 2010”.

SIMBOLOXÍA FRANQUISTA NA DEPUTACIÓN DA CORUÑA (38)

A. RETRATOS DE PRESIDENTES NO SALÓN DE PLENOS (7)

  • 1497 Juan José Barcia Goyanes. (29-10-1938 a 28-10-1939). Autor do retrato: “A. Carpo 2007”. (Alberto Álvarez Martín)
  • 49 Emilio Romay Montoto. (1929-1930 e 1939-1950). Autor: Luis Mosquera 1951.
  • 715 Diego Delicado Marañón. (1950-1961). Rogelio Puente 1990.
  • 714 Rafel Puga Ramón. (1961-1970). Rogelio Puente 1990.
  • 544 Ángel Porto Anido. (1970-1974). “Toledano 1977” (Ángel Toledano).
  • 144 Lino Rodríguez Madero. (1974-1977). “Argüelles 1983” (Julio Argüelles¨).
  • 709 Manuel Fraga Solar (1977-1979). Rogelio Puente 1990.

B. DISTINCIÓNS HONORÍFICAS (28)

Fillos adoptivos (17)

  • Enrique Cánovas Lacruz (5-1-1937). Golpista, xefe da guarnición que se subleva na Coruña.
  • Florentino González Vallés (5-1-11937). Golpista, tenente coronel da Garda Civil e Gobernador.
  • Luís Tovar Alonso (5-1-1937). Golpista. Tenente Coronel e Xefe de Estado Maior Provisional.
  • Pablo Martín Alonso (5-1-1937). Golpista, coronel do Rexemento Zamora, ministro do Exército.
  • José Antonio Girón de Velasco (25-9-1950). Falanxista, ministro de Traballo na ditadura.
  • Rafael Hierro Martínez (24-3-1951). Gobernador Civil e Director Xeral de Seguridade
  • Diego Salas Pombo. (29-8-1951). Falanxista, Gobernador, procurador nas Cortes franquistas.
  • Fernando Suárez de Tangil (25-5-1952). Vicepresidente das Cortes, ministro na ditadura.
  • Antonio Pedrosa Latas (27-6-1953). Falanxista, participou na represión.
  • Francisco Delgado Serrano (28-7-1953). Golpista, Capitán Xeral de Galiza na ditadura.
  • José Manuel Pardo Santayana (27-11-1953). Falanxista, Gobernador Civil da Coruña.
  • Cirilo Cánovas García (26-10-1959). Falanxista, ministro de Agricultura na ditadura.
  • Fermín Gutiérrez de Soto (27-2-1960). Golpista, Capitán Xeral de Galiza na ditadura.
  • Cristóbal Graciá Martínez (29-8-1960). Falanxista, Gobernador Civil da Coruña.
  • Manuel Fraga Iribarne (27-11-1965). Ministro de Información e Turismo na Ditadura.
  • Laureano López Rodó (27-11-1965). Ministro de Planificación e Desenvolvemento na ditadura.
  • Gonzalo Fernández de la Mora y Mon (19-5-1973). Ministro de Obras Públicas na ditadura.

Fillos predilectos (7)

  • Emilio Romay Montoto (10-2-1950). Presidente da Deputación na ditadura.
  • Constantino Lobo Montero (27-3-1951). Militar, participou na sublevación de 1936.
  • Salvador Moreno Fernández (29-8-1951). Golpista, Almirante da Armada. Ministro.
  • José María Rivero de Aguilar Otero (28-12-1951). Militar golpista.
  • José Fariña Ferreño (27-6-1953). Fascista, enlace dos golpistas cos sublevados de Andalucía.
  • Francisco Núñez Rodríguez (28-11-1968). Militar golpista.
  • Enrique Salgado Torres (30-7-1970). Falanxista, participou na represión.

Medalla de Ouro (3)

  • Evaristo Martín Freire (26-3-1966). Falanxista, golpista, Gobernador Civil da Coruña.
  • Pedro Barrié de la Maza (17-5-1971). Financiou o exército sublevado en 1936, participou na depuración do persoal do Banco Pastor, promotor do espolio do pazo de Meirás e Casa Cornide para beneficiar á familia do ditador Franco.
  • Enrique Salgado Torres (1963).

Medalla de Prata (1)

  • Javier Pardo Bedia (12-7-1969). Vicepresidente da Deputación.

C. CENTROS DE ENSINO (2)

  • IES Rafael Puga Ramón
  • Fogar Infantil Emilio Romay

D. PLACAS (1):

  • “Polideportivo Calvo Sotelo” no vello IES Calvo Sotelo.

Máis novas de Memoria Histórica

Manuel Monge: “O importante é saber a quen serve Feijóo e os pasos que foi dando para defender os ricos”

Piden a retirada dos 180 símbolos franquistas que aínda quedan na Coruña

Como a construción da AP-9 axudou a espallar unha grave especie invasora

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

 

O “delirio urbanístico” de Visma

0

Segue avanzando a mega urbanización que se vai desenvolver na agra de San Pedro de Visma, e que vai dar sombra a todo o seu barrio.

Unha urbanización, coñecida por “Mordor” por parte da veciñanza da zona, que simboliza o urbanismo de hai 25 anos (é practicamente o mesmo proxecto que o presentado no ano 98, a pesar de que a promotora e o Concello intenten paliar o impacto con publicacións como “rebaixan dúas alturas das torres máis altas de Visma”), pero que vén de recuperar o goberno socialista.

Son moitos os especialistas que consideran o proxecto “un delirio urbanístico”, amparado no argumento da “seguridade xurídica”, facendo referencia ao momento no que, en 2013, o goberno municipal liderado polo PP cambiou o Plan Xeral pero mantivo a zona como solo urbanizable cos estándares dos anos 90.

Pero a realidade é que a urbanización “non vai solucionar os problemas de vivenda, aínda que sexa o mantra oficial. Non hai relación en construir máis e baixada de prezos, como comprobamos no 2008”.
Lembran que vai pasar o mesmo coas Percebeiras, outro proxecto “doutra época” concebido nunha época onde os territorios vacios deben ser formulados como pasto da especulación, sen un estudo previo sobre as necesidades da contorna, máis alá dun sucedáneo de proceso participativo realizado pola propia promotora.

O proxecto de Visma provocará, por exemplo, a eliminación das hortas urbanas, ”unha necesidade, xa non só en clave de pulmón verde, senón como medida de prevención de saúde mental”, sinalan dende a Asociación veciñal. Unhas hortas que xa teñen continuidade no Parque de Alfonso Suárez, onde parece que foron construídas xa contando coa eliminación das existentes diante da agra do Ágora.

O que si vai sufrir as consecuencias desta marea de cemento vai ser o CEIP San Pedro de Visma, unha illa verde no medio da cidade que vai acabar á sombra do formigón da nova urbanización.

Máis novas

A “imparable” marea de cemento que invadirá á illa verde do CEIP San Pedro de Visma

 

O goberno coruñés ratifica a súa nova política urbanística aprobando as 3.600 novas vivendas de Visma

 

A sombra de 30 edificios ameaza San Pedro de Visma

 

Pequena escorredura sen consecuencias

  • Xornada 28 – Depor 1 – Sabadell CE 1
  • Importante o punto rescatado a última hora por un equipo que non deixou de crer.
  • Vixésimo oitavo partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (14V 10E 4D).

— — —

Pois non foi tan doado coma parecía que podería ser. O Dépor atopou un rival ben valente dende o principio do encontro e que, cando ían pouco máis de 90 segundos de partido, xa amosou as gañas de non deixarse domar polo líder. Este Sabadell viña da man de dous ex do Dépor, o míster Cano e o director deportivo Rosende. Ambos andan a deixar seu selo no clube catalán con moi bo acerto, un no céspede e o outro nos despachos e no mercado de inverno. Trocaron a cara competitiva dun Sabadell que está a ser do mellor da segunda volta da competición.

Pola súa banda, o Depor viña reforzado polas súas sete vitorias e polo empate en Tarragona que o deixaban líder da competición xa no último tramo desta. Morno partido do líder onde non estivo cómodo en ningún momento e onde non funcionaron as receitas de xornadas pasadas. Para comezar, o equipo empezou perdendo, cousa nunca vista nas últimas semanas de competición, seguido por un xogo con pouca chegada, mérito do rival e demérito do Depor por non atopar outras vías de chegada diferentes as habituais, e, por último, porque errou o que nunca erra. Nesta ocasión cunha boa xogada dun Yeremay, quen perdeu peso nos méritos ofensivos nas últimas semanas, que culminou no penalti que Lucas marrou.

Por sorte, apareceu nos últimos intres de encontro un Barbero que segue ó seu, meter sempre que ten unha preto e axudar a combinar na parcela ofensiva, cousa que mellora xornada a xornada. Esta escorredura non tivo consecuencias na clasificación porque todos os demais rivais tamén empataron seus partidos, agás o Barça Atletic que segue coa frecha cara riba. Aprétase a cabeza clasificatoria mentres comeza as aparecer os lóxicos resultados que ninguén espera.

Ten agora por diante o Depor dúas saídas consecutivas ante rivais da parte baixa da clasificación. Tocará visitar a Rayo Majadahonda e a UE Cornellá para rematar o maldito mes de marzo de tódolos anos. Está por ver que, nesta ocasión, o resultado sexa mellor que nos últimos anos e poder encarar os dous derradeiros meses de competición cas opción intactas polo liderato.

 

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

O Concello da Coruña conmemora o Día da Poesía con talleres sobre Luisa Villalta

O Concello da Coruña conmemora o Día da Poesía, que terá lugar este xoves, con dez talleres sobre Luisa Villalta e un recital de Lucía Aldao e Andrea Nunes, segundo informa. Serán, precisa, actividades abertas á cidadanía. Ademais, as bibliotecas municipais iniciaron en redes sociais a campaña ‘Palabras aladas’.

Con ela, buscan dar a coñecer entre os coruñeses e coruñesas a diferentes autoras e autores emerxentes e cuxas obras están dispoñibles no catálogo de préstamos das bibliotecas.

Unha das accións postas en marcha polo Concello ten como principal destinatario as 220 persoas que participan nos clubs de lectura da rede. Trátase de dez talleres de poesía sobre a figura de Luisa Villalta, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

A Audiencia Provincial condena a cinco anos de cárcere a un home por abusar da filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a cinco anos de cárcere a un home como autor dun delito continuado de abusos sexuais sobre a filla da súa parella. Ademais, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), inhabilitouno para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que leve contacto regular e directo con menores de idade durante nove anos. Tamén lle impuxo a prohibición de aproximarse á vítima, así como de comunicarse con ela por calquera medio, durante nove anos. O procesado deberá indemnizar á afectada con 10.000 euros.

O tribunal considera probado que, entre 2015 e 2017, “en numerosas ocasións e sen que se poida concretar o seu número exacto, co ánimo de satisfacer os seus desexos sexuais, aproveitando a relación análoga á paterno filial que tiña coa vítima e os momentos nos que ambos estaban sós no domicilio ou en que non lles vía ninguén, e en contra da vontade da menor, realizoulle tocamentos”. Os maxistrados relatan na sentenza que, entre os anos 2018 e 2019, “realizou á menor, en varias ocasións, tanto xestos como comentarios de índole sexual”.

Condenan a 4 anos de cárcere a un acusado de abusar sexualmente dunha compañeira de clase en San Xoán

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home a catro anos de cárcere por abusar sexualmente dunha compañeira de clase duns cursos durante a mañá do 24 de xuño de 2022 no domicilio da vítima. Nunha sentenza con data do pasado 14 de marzo e da que informou este luns o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuíz considera probado que, ao redor das 8.30 horas do día 24 e xuño de 2022, o acusado, que se atopaba convidado no piso da vítima, aproveitou que esta se quedou durmida polo efecto da hora e o consumo previo de alcol e fármacos pautados médicamente para trasladala en brazos á cama e baixarlle o pixama e as bragas.

A sentenza sinala que, aínda que a vítima recuperara algo a conciencia, finxiu estar totalmente durmida por medo a unha reacción violenta do procesado. Que ao segundo intento penetrouna vaxinalmente, vestiuna e abandonou a vivenda. Ese mesmo día a vítima presentou unha denuncia polos feitos. O tribunal, ademais, impúxolle a pena de liberdade vixiada de cinco anos, a executar despois da privativa de liberdade, e inhabilitouno para calquera profesión ou oficio que supoña o contacto regular e directo con menores de idade durante catro anos. Ademais, deberá de indemnizar á vítima con 10.000 euros. O tribunal destaca que a declaración testifical da vítima é “fiable sen máis adxectivos: suma á súa credibilidade intrínseca a contundente corroboración tecida polo resto dos medios probatorios”, á vez que subliña que o seu relato é “neutral, coherente e persistente sempre”.

O IES Rosalía Mera, “unha referencia da formación profesional en Galicia”

0

Día especial o de hoxe no IES Rosalía Mera. Facíase entrega dos diplomas a 94 alumnas e alumnos que veñen de rematar a súa formación teórica e a partir de agora inician o período de prácticas co que van tomar contacto, por primeira vez, co mundo laboral.

Para iso desprazouse unha comitiva da Deputación Provincial, o ente público do que depende o diverso centro de ensino de Labañou. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que estivo acompañado poladeputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, quixo destacar o centro como “unha referencia da formación profesional en Galicia”, un centro ao que recorren “moitas empresas desta provincia á hora de buscar aos técnicos máis cualificados”, porque “saben da calidade da formación neste instituto”.

O IES Rosalía Mera ofrece nada menos que 11 ciclos formativos cunha elevada inserción laboral. Entre eles atópanse especialidades como a electricidade, a mecánica, a carpintería, as artes gráficas ou o mantemento industrial. A clave do seu éxito é que “poñemos os mellores medios”, e que, por outra banda, “temos un gran cadro de profesores”, asegurou o presidente provincial antes de comprometerse a “seguir apoiando e promovendo a educación de calidade”.

IES ROSALIA MERA 2

Máis novas

O IES Rosalía Mera, o exemplo que o goberno central da revitalización da Formación Profesional

As mesas feitas en Teixeiro humanizan os patios escolares

O IES Rosalía Mera, protagonista dun vídeo e unha guía didáctica sobre igualdade

 

A cara B do novo campo de Eirís

0

Leva un mes operativo o novo Campo de Fútbol de Eirís da “Lamadosa” despois da renovación que realizou o Concello da Coruña cun investimento de 2 millóns de euros. A Real Federación Galega de Fútbol deu o visto bo e xa se levan xogando un mes partidos federados.

Pero a cousa non é tan bonita como parece, como denuncia o club residente CD Eirís. Nunha conversa co concelleiro Roberto García, o Club bota en falta varias cousas:  o club non conta co local ao que se comprometera o goberno municipal antes da obra, e que se inclúe no proxecto de execución: unha oficina e un almacén.

Ademais, unha das grandes carencia da nova instalación (sucsanada por exemplo, tamén a posteriori nos campos de Visma) non conta con cuberta. Esta circunstancia provoca malestar nos usuarios e as súas familias, que se teñen que acubullar na porta dos vestiarios provocando enfrontamentos co persoal de seguridade das instalacións.

O club tamén reclama máis aproveitamento para as súas categorías xa que o equipo feminino, con máis de 50 licenzas, ten que desprazarse a outro campo para adestrar. Consideran que se o uso se concentrase en dous días estaría solucionado este problema. O club tamén está preocupado polas saídas de emerxencia para as ambulancias, polo que solicitan que se habilite un vado nunha das entradas.

Máis novas

O Concello da Coruña conclúe as obras do novo campo de fútbol de Eirís esta semana

As familias do Batallador S.D. maniféstanse tras perder os campos nos que adestraban