Inicio Blog Páxina 590

Unidade Local, o partido que aposta polo descentralismo municipal

0

Unidade Local presenta a José Juan Santos Iglesias  como candidato en Culleredo. Este partido, que tamén presenta lista en Cambre, Arteixo e A Coruña defende o “descentralismo municipal“, a transparencia e a rendición de contas.

Defínense como proxecto de “centro esquerda”, unha “alternativa fresca e renovada afín e converxente” con Espazo Común do ex conselleiro e ex lider do PSdeG, Pachi Vázquez.

Estas son algunhas das grandes propostas electorais dos partidos na Coruña

Mobilidade, vivenda, medio ambiente, saúde mental ou atención á infancia son algunhas das áreas nas que se centran as múltiples propostas dos partidos que concorren nas eleccións municipais do 28 de maio na cidade da Coruña.

Con algunhas coincidentes ou similares nalgúns casos como as vinculadas á vivenda e con outras distintas como o futuro dos peiraos coruñeses, os programas electorais que se deron a coñecer inclúen tamén iniciativas máis ou menos orixinais ou con certa peculiaridade para captar ao electorado.

Desde “reverdecer A Coruña“, como expón o BNG, ata “un gran anel verde que rodee a cidade”, como sostén o PP, ou ampliar as hortas urbanas, como recolle a Marea Atlantica, para expor políticas vinculadas á xeración de espazos verdes ou un medioambiente sustentable.

Un servizo de lavandaría municipal a domicilio, plans de poda, unha área canina, carreiros peonís ou acometer a “segunda modernización” da cidade, como reivindica o PSOE, son outras das iniciativas por parte de distintas formacións políticas.

E é que nos programas inclúense desde cuestións como soterrar o tráfico no centro da Coruña “máis aló da praza de Ourense”, como defenden os populares, ata seguir “a regra de 3-30-300” que expoñen os socialistas: que os cidadáns poidan ver polo menos tres árbores desde a súa casa, que o 30% do seu barrio teña “cobertura vexetal” e contar cun parque a menos de 300 metros da vivenda.

OUTRAS INICIATIVAS

A iso, súmanse propostas como apoio ao pequeno comercio, políticas vinculadas á normalización lingüística, crear un banco municipal de alimentos, ademais dunha liña de atención a menores, que recollen, neste caso, os socialistas.

Para este colectivo, a Marea Atlántica propón unha nova prestación para garantir as necesidades básicas dos que se atopen en situación de vulnerabilidade. E todo iso sen esquecer aspectos vinculados a unha ‘vida saudable’, como lugares para practicar actividades en baixos comerciais sen uso, ou outras como un ‘Vetbus’ que percorra os barrios da cidade para prestar servizos veterinarios dun modo máis próximo, que recolle Alternativa dos Veciños.

A isto, súmanse diferentes propostas para facilitar vivenda como declarar á cidade unha “zona tensionada” e topar os prezos do aluguer ou un ‘bono antiinflación’, como, en ambos os casos, recolle ‘Por Coruña’, formación integrada por Podemos, Esquerda Unida e independentes.

O Concello da Coruña e a Asociación contra o Cancro organizan a ‘X Andaina Solidaria’

O Concello da Coruña e a Asociación Española contra o Cancro promoven a ‘X Andaina Solidaria’, que terá lugar o próximo 4 de xuño. Á presentación desta nova edición, acudiron, entre outros, a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Yoya Neira; e a xerente da Asociación Española contra o Cancro na Coruña, Xema García-Abril.

Tratarase dun evento lúdico-deportivo no que haberá diferentes actividades durante o percorrido e cuxo obxectivo será “concienciarse sobre a necesidade de seguir priorizando a investigación oncolóxica”. A actividade está aberta a todas as persoas que queiran participar e non terá un carácter competitivo. A saída realizarase o 4 de xuño, a partir das 10,00 horas, na zona do Obelisco.

O Concello da Coruña reorganizará o sistema de xestión de concesións

O Concello da Coruña deu luz verde, na Xunta de Goberno local, á nova instrución para a reorganización do sistema concesional e patrimonial, unha iniciativa promovida desde o goberno municipal co obxectivo de homoxeneizar e reunificar a xestión das concesións.

En base a esta nova instrución, “búscase cumprir os obxectivos de conseguir unha xestión patrimonial eficaz e eficiente, actualizar o inventario xeral e asegurar o rendemento e ingresos derivados do patrimonio municipal”, informa.

Entre outras cuestións, corresponderalle ao Servizo de Concesións e Patrimonio Municipal informar os convenios que sexan susceptibles de acordarse entre o concello e outras entidades públicas e persoais que poidan afectar á utilización e á cesión do dominio público de forma gratuíta, por ter unha finalidade benéfico-social. Ademais, deuse luz verde á concesión de licenza para construír un edificio con 14 vivendas e 22 prazas de garaxe no barrio de Xuxán.

Carta aberta ao novo goberno municipal sobre o tráfico de cruceiros no porto da Coruña

Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula); Sabela Pérez (Ecoloxistas en Acción) e Antonio Garcia Allut (Fundación Lonxanet) asinan esta carta para reflexionar sobre como debemos  afrontar o tráfico marítimo dos megacruceiros.

Carta aberta ao novo goberno municipal sobre o tráfico de cruceiros no porto da Coruña

O novo goberno municipal, calquera que sexa o resultado das urnas o día 28, deberá exercer o seu role de garante da saúde cidadán e non poderá aceptar alegremente o tráfico de cruceiros no porto da Coruña tal como se potencia agora sen antes exercer un mínimo de reflexión crítica, como se está a facer noutros portos europeos, en canto as consecuencias da estancia destes megabarcos no centro da cidade, cos seus motores funcionando todo o tempo, emitindo sustancia tóxicas ao aire que respiramos.

Dos 150 cruceiros previstos que farán escala na Coruña durante o 2023, só un, o Aida Nova, utiliza  LNG, combustible baixo en emisións de SO2. Todos os demais cruceiros queiman nos seus motores fuel oil pesado, o combustible fósil máis barato e contaminante, Incluso, o  “Wonder of the Seas”, o cruceiro máis grande e moderno do mundo, botado en febreiro do ano 2022, que en calquera momento poderá asomar a súa proa polaTorre de Hercules, consume nos seus motores máis de 250 tons de fuel oil pesado ao día.

Co obxectivo de controlar a contaminación ambiental xerada pola flota mundial de barcos, a  Organización Marítima Internacional por medio do Convenio Marpol Anexo VI establece desde o 2005, data da súa entrada en vigor, os límites de emisión de óxido de xofre (SOx) e de óxido de nitróxeno (NOx) dos escapes dos barcos. Nos últimos anos esta lexislación tense feito máis restrictiva ata fixar o límite de emisións de SOx no 0,5 % desde o 1º xaneiro do 2020.

Cómo fan estos xigantescos barcos, verdadeiras cidades flotantes que poden chegar a transportar 9.000 persoas a bordo como o antes citado Wonder of the Seas, para se adaptar á lexilación vixente ? Teñen instalado “scrubbers” nas saídas dos gases, unha especie de filtros lavadores que utilizan auga doce ou auga do mar con aditivos químicos para limpar as emisións de gases de efecto invernadoiro como o SOx, NOx e as PM ( partículas de carbón en suspensión ).  O 80% dos cruceiros teñen instalados os filtros lavadores máis baratos, os chamados open loop scrubbers. Neste sistema os lodos xerados gárdanse a bordo para o seu tratamento en porto pero a auga de lavado descárgase no mar, transformando así o que era contaminación atmosférica en contaminación dos océanos.

Malia a instalación destes filtros lavadores, os cruceiros, unha vez atracados, siguen emitindo sustancias tóxicas ao aire como o demostra o traballo de Fin de Mestrado  “ Estudo da contaminación aérea no porto da Coruña no 2017” publicado no 2018 no Repositorio da Universidade da Coruña e que foi avaliado coa cualificación de sobresaínte por un tribunal da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Coruña. Neste estudo concluíase que, das emisións totais dos barcos no porto da Coruña, as dos cruceiros, cun 13% do total de barcos, eran as máis altas de todos os tráficos, con 7.885 tons de gases tóxicos emitidos durante a súa estancia media de 8 horas nos peiraos situados no corazón da cidade.

Non podemos dar crédito á CLIA , asociación voceira das liñas de cruceiros cando aseguran que no futuro os seus barcos se moveran con enerxías limpas e ao mesmo tempo recoñecen unha débeda como sector de 75.000 millóns de dólares, consecuencia do parón da pandemia. O aforro de costes en toda a cadea de explotación deste negocio turístico vai ser o seu obxectivo prioritario para non ir á bancarrota. Por outra parte, qué credibilidade merece un sector que  arrastra un reiterado historial delictivo, ben documentado nos medios de comunicación, dos incumprimentos do Convenio Marpol da Organización Marítima Internacional ?

Fomentar a industria turística dos cruceiros vai en contra dos obxectivos da Axenda 2030 das

Nacións Unidas para o desenvolvemento sostible e das recomendacións do  IPCC, panel científico das Nacións Unidas para o Cambio Climático, que fixan necesario reducir un 50 % o uso de enerxías fósiles no 2030 para manter o quecemento global no límite do 1,5 ºC no 2050 para evitar os peores impactos do Cambio Climático. Con este pano de fondo de crise climática, esta industria turística de masas é absolutamente prescindible e máis cando a súa actividade desenvolvense nun medio tan fráxil e ameazado como son as augas costeiras dos océanos.

O goberno municipal da Coruña que resulte desta eleccións ten por diante unha importante tarefa  de coordinación coa  Autoridade Portuaria e diálogo coas asociacións veciñais a fin de priorizar a saúde cidadán e as recomendacións dos informes científicos  das Nacións Unidas sobre o máis que cuestionable retorno económico que estos xigantescos artefactos flotantes deixan na cidade.

  • Asinado por Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula); Sabela Pérez (Ecoloxistas en Acción) e Antonio Garcia Allut (Fundación Lonxanet).

ARTIGOS RELACIONADOS

Deteñen a un home como autor da morte da octoxenaria de Monte Alto

Policía Nacional detivo á primeira hora deste martes a un sospeitoso pola morte dunha muller de idade avanzada cuxo cadáver, con signos de violencia, foi localizado o pasado 5 de maio no barrio de Monte Alto, na Coruña.

Os feitos ocorreron sobre as 20,00 horas. Unha chamada alertaba da localización dun cadáver nun piso do barrio de Monte Alto, que fontes próximas apuntaban a que podería ser o dunha muller de máis de 80 anos de idade que vivía soa.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de emerxencias, así como axentes de Policía Nacional, que fixeron un recoñecemento da vivenda e dos accesos ao edificio. Tamén acudiu unha comitiva xudicial para ordenar o levantamento do cadáver.

Retencións na AP-9 ao seu paso por Culleredo tras precipitarse unha persoa desde un paso elevado

Unha persoa precipitouse este martes desde un paso elevado da autoestrada AP-9, ao seu paso polo municipio coruñés de Culleredo. En concreto, o suceso produciuse ás 11,40 horas no punto quilométrico 5, á altura da parroquia de Rutis.

Esta circunstancia provoca retencións de varios quilómetros en dirección saída da Coruña, cara a Santiago de Compostela, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press. Foi un particular quen deu aviso a Emerxencias, que mobilizaron ata o lugar á Garda Civil de Tráfico, así como aos servizos sanitarios.

Dado de alta na UCI e trasladado a planta o mozo agredido no Ventorrillo

mozo agredido este domingo no barrio coruñés do Ventorrillo foi dado de alta na UCI e trasladado a planta no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) onde “evoluciona favorablemente”, segundo confirmou fontes hospitalarias.

Os feitos sucederon este domingo sobre as 21,30 horas, na rúa Mosteiro Bergondo. Ao lugar desprazáronse dotacións da Policía Nacional, que se atoparon a un home que sangraba e presentaba lesións cortantes.

Fontes consultadas por Europa Press aseguraron tamén que na zona onde se produciu o suceso había sangue, aínda que non puideron confirmar se a agresión fora cunha arma branca. Polo momento non hai ningún detido relacionado co caso e as forzas da orde tratan de esclarecer as causas.

A CIG denuncia a provisión de postos no Concello da Coruña

A sección sindical da CIG denunciou a provisión de postos no Concello da Coruña e presentou escrito ante Fiscalía “para que investigue toda unha serie de actuacións feitas polo goberno municipal”.

Así o informa nun comunicado no que asegura que a representación sindical entregou ao fiscal xefe da Coruña un dossier no que se describen “toda unha serie de situacións” que cualifica de “irregulares” nos nomeamentos e motivacións das comisións de servizo.

Ademais, engade que a decisión de acudir á Fiscalía adóptase tras denuncias no contencioso-administrativo e reclamar ao consistorio “de maneira infrutuosa o cumprimento da legalidade en materia de cobertura de postos”.

Reclaman persoal para o xulgado que atende os casos de violencia de xénero na Coruña

O Sindicato de Traballadores e Traballadoras da Administración de Xustiza (STAJ) reclamou persoal para o xulgado que atende casos de violencia de xénero na Coruña, o Penal número 6.

Segundo informan, trátase dun xulgado composto por oito funcionarios, ademais de aludir á marcha dun funcionrio do corpo de auxiliar xudicial en comisión de servizos a outro xulgado, “estando a día de hoxe a praza sen cubrir”.

Por outra banda, o sindicato incide en que a principal función dos funcionarios destinados ao Xulgado do Penal número 2 é a tramitación de dilixencias penais e civís relacionadas con asuntos de violencia de xénero.

Ademais, indica que, para atender a demanda, lle letrada xudicial solicitou “prolongacións de xornada para a oficina, así como persoal de reforzo, concedéndose unicamente unha prolongación de xornada a unha funcionaria”.

Por todo iso, pide que se cubran as “necesidades inmediatas” do Xulgado do Penal número 6 da Coruña ante “a carga de traballo” existente.