Inicio Blog Páxina 72

The Homens regresa aos escenarios e actuará na Sala Mardi Gras

0

Unha das bandas máis míticas da escena galaica de primeiros de século volve ao escenario. A Sala Mardi Grass volverá recibir o venres 21 de novembro ese inconfundible uniforme de raias, despois dunha década gardado no armario. The Homens, a mítica banda compostelá de power pop, actuará coa súa formación orixinal na sala de Monte Alto, e as entradas están a venda na plataforma www.ataquilla.com

O trío compostelán é unha das pezas clave da escena musical galega e fundamental para entender o camiño percorrido pola mesma no último cuarto de século. Após a publicación do seu último traballo discográfico hai dezaseis anos, e unha década da súa retirada dos escenarios, LeRoi, Martin Wu e Xocas reuníronse de novo na última edición do festival Psicotroita. A xuntanza, na que revisaron temas dos seus catro traballos discográficos e ofreceron novas pistas desde feliz encontro, deu pé a retomar unha andaina ateigada de enerxía e luminosidade.

A primeira cita en salas de concertos desta segunda etapa de The Homens, un dos grupos con máis quilómetros do panorama galego, será nun dos templos da música ao vivo do país: a Mardi Gras. O público máis nostálxico e melómano poderá volver gozar, en directo, dunhas das bandas máis aclamadas da nosa historia recente, para poñerse a bailar ese senlleiro “Calamar”.

Máis novas de música galega

En Vilo busca afianzar cunha campaña de micromecenazgo o museo musical da cidade

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

 

A Plataforma polo Dereito á Vivenda planta cara ás vivendas turísticas ilegais na Coruña

0

A Plataforma polo Dereito á Vivenda lanzou unha campaña en redes sociais para denunciar as vivendas turísticas ilegais no Concello da Coruña. Nunha nota de prensa, a entidade explicou que quere acabar con este tipo de vivendas porque considera que “dificultan o acceso á vivenda” e as administracións “deben pór límite”. Segundo a plataforma, as vivendas turísticas son “actividades hostaleiras que debería tributar como o que son e ademais cumprir a lei, algo que non ocorre coa inmensa maioría deste tipo de negocios”.

Para poder localizar as vivendas ilegais, a Plataforma fixo un vídeo explicativo onde expoñen como localizalas e un modelo de denuncia para presentar no rexistro municipal do Concello da Coruña e tamén un texto no que detallan os pasos a seguir.

Ademais da campaña, a Plataforma polo Dereito á Vivenda convocou unha denuncia colectiva o vindeiro mércores 19 de novembro ás 10.00 horas no rexistro municipal de María Pita, onde presentarán varias denuncias de vivendas turísticas que, segundo a Plataforma, non cumpren a normativa municipal. “Do mesmo xeito que calquera negocio precisa dunha licenza para poder exercelo, as vivendas turísticas deben cumprir coa normativa e, se non a cumpren, non poderán exercer a actividade”, reivindicou a Plataforma.

Novo foco de gripe aviaria na Coruña, o décimo este ano

A Xunta detectou un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres na Coruña. Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela, recollida no municipio coruñés e trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en Oleiros. En concreto, a Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección dun exemplar de ave silvestre afectado por influenza aviaria de alta patoxeneicidade (IAAP), resultado confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid).

Trátase dunha gaivota patiamarela atopada no municipio da Coruña, e da que, tras a análise correspondente, eliminouse o cadáver conforme á normativa en vigor. Este é o décimo caso en aves silvestres confirmado na comunidade autónoma neste ano 2025, “pero fai falta lembrar que, por agora, non se rexistrou ningún en aves de curral en Galicia”, inciden desde a Xunta.

Actualmente en Galicia hai medidas de prevención adoptadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, en coordinación coas comunidades autónomas, ante o incremento da influencia aviaria noutras zonas de España e como reforzo, por tanto, para protexer as explotacións avícolas galegas. Estas normas entraron en vigor onte, 10 de novembro, nos territorios denominados Zonas de Especial Risco (ZER) e Zonas de Especial Vixilancia (ZEV) de Galicia, definidas na Orde publicada polo Ministerio, pola que se establecen medidas específicas de protección en relación coa influenza aviaria.

A comunidade escolar do CEIP Ría do Burgo tamén sae á rúa contra os recortes no ensino

0

A comunidade educativa do CEIP Ría do Burgo concentrábase esta mañá, apoiada polos membros do goberno local,  diante o centro para reclamar á Xunta de Galicia un reforzo urxente de profesorado, especialmente en materia de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.

Na mobilización participaron decenas de persoas, entre familias, alumnado e profesorado, que portaban pancartas con mensaxes como “Stop recortes en atención á diversidade PT-A L”, “Para unha inclusión real necesítase apoio xa” ou “Non son un gasto, son ou futuro”.

A problemática prodúcese en máis colexios da comarca, como os de Oleiros, que levan semanas en loita, ou do casco urbano da Coruña, como o CEIP Prácticas. Tamén noutros centros de Culleredo, como CEIP Tarrío, padecen unha redución de horas en Infantil dado que dúas profesoras deben realizar labores de dirección. Así mesmo dáse unha saturación de alumnado nas aulas de 4º de primaria. Por iso, o ANPA reclamou unha nova liña, sen que ata o momento fose aceptada pola Xunta.

Necesidades do CEIP Ría do Burgo

No caso do CEIP Ría do Burgo, dos 364 alumnos que ten matriculados este ano, un 10% presenta necesidades educativas especiais (NEE). A esa cifra súmanselle os escolares con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), resultando que un terzo do alumnado require dunha atención educativa diferenciada. Entre eles atópanse un total de 23 con diagnóstico de Trastorno do Espectro Autista.

Con todo, o CEIP iniciou o curso cunha profesora de Pedagoxía Terapéutica menos, o que provoca que 8 escolares con NEE carezan de apoio específico, mentres que outro grupo recibe unha atención moi escasa, dunha hora á semana. A maiores, a falta de profesorado suficiente de Audición e Linguaxe, impide atender correctamente a alumnado con necesidades comunicativas e lingüísticas específicas.

Ademais das reclamacións por alumnado con necesidades específicas, o CEIP demanda unha profesora máis de Educación Infantil posto que a xefa de estudos e a directora deben atender tamén as súas funcións; dous apoios en Educación Primaria nos cursos con cocientes superiores a 50 alumnos; e tres profesores de apoio para cubrir as horas de disposición do profesorado.

Así, a comunidade docente do Ría do Burgo alerta de que a ausencia de reforzos afecta á atención individualizada e á inclusión efectiva do alumnado. O departamento de Orientación está saturado, non podendo ofrecer a escolares a intervención que precisan.

Máis novas sobre os recortes no ensino

Outro venres ás portas do esfolado CEIP Prácticas

As comunidades escolares percorreron Elviña e Monelos nunha multitudinaria manifestación por un ensino público de calidade

As familias de Oleiros simbolizaron cunha marcha fúnebre o enterro do ensino público de calidade

 

Outras novas das ANPAS

 

Aberta xa ao tráfico a nova avenida da Sardiñeira

0

Esta mañá unha visita institucional visitou a avenida da Sardiñeira, onde xa se completou a reurbanización planificada polo Goberno municipal ao abeiro das obras de construción da nova estación intermodal.

As obras, que contaron cun investimento de 1,6 millóns de euros —cofinanciados con fondos Next Generation—, permiten unha vía máis osixenada, gañan en accesibilidade universal e, de paso, habilitar un novo percorrido de carril-bici que, no futuro, estará conectado coa avenida de Arteixo.

Un carril que ten os seus detractores na figura dalgún comerciante que bota en falta máis espazo para carga e descarga, pero o deseño do novo modelo urbano parece axeitado, pensando nunha mobilidade na que o transporte púnlico e a bicicleta son fundamentais

Así, cómpre lembrar que cambiaron de sentido rúas como Mariana Pineda, Borrallón e Francisco Catoira, coa finalidade de gañar máis conectividade interna na Sardiñeira e facilitar o acceso desde as rúas externas ao interior do barrio. Ademais, habilitouse a posibilidade de xirar á esquerda cara á rolda de Outeiro en sentido de saída desde a Sardiñeira.

apg_20251111_ALCALDESA_DIAZ_PAZ_OBRAS_AVDA_SARDINEIRA_014

Obras na Avenda de Arteixo

En paralelo, avanzan a bo ritmo cos traballos de construción das novas vías que conectarán a avenida da Sardiñeira e a avenida de Arteixo, a través da Agra dos Mallos.

Esta intervención, que supón un investimento engadido de 2,2 millóns, arrincou hai aproximadamente un ano e, de inicio, estimouse a súa conclusión en abril do 2026. Porén, a alcaldesa avanzou que se está a traballar co obxectivo de que a obra estea rematada no primeiro trimestre de ano, para facilitar a circulación e a mobilidade no distrito.
Cómpre lembrar que estas novas vías, inexistentes ata agora, permitirán absorber o tráfico específico da intermodal no seu acceso á cidade, o que axudaría a aliviar, por exemplo, o tránsito rodado pola avenida de Arteixo ao seu paso por Vioño.

Ademais, tal e como se informou tempo atrás, co modificado do proxecto da vía de dobre sentido, decidiuse desbotar a rotonda en óvalo que estaba previsto construír entre a
avenida de Arteixo e a Agra dos Mallos, onde se habilitará unha intersección en T, regulada por semáforos, que facilitará a circulación dos vehículos.
En total, sumando os fondos invertidos na avenida da Sardiñeira e na construción desta nova vía, o Concello inviste 3,8 millóns no distrito dos Mallos.

Máis de 400 estudantes da Coruña reflexionan sobre a diversidade sexual a través do cine en Miradas en Foco

0

Arredor de 420 alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato participaron esta maña no proxecto Miradas en Foco, que se celebrou no Centro Ágora da Coruña. Trátase dun evento que emprega o poder narrativo do cine para promover o respecto á diversidade afectivo-sexual, ás identidades de xénero e ás novas realidades familiares e sociais.

Participaron os IES Eusebio da Guarda, Elviña e Monelos e os CPR Nebrija-Torre de Hércules, Montegrande e Andaina.

Fito Ferreiro, da Asociación Palestra, destacou a excelente acollida da actividade entre o alumnado. “É un paso máis na nosa intención de achegarnos á cidadanía, abrirnos aos nosos veciños e veciñas dunha forma amable e sinxela, que nos coñezan, que reflexionen sobre as nosa historias e as nosas vidas. Que mellor que loitar a través do cine contra a desinformación e os episodios de odio contra o colectivo LGTBIQ+. Mudar a indiferencia e a intolerancia polo respecto e as ansias de igualdade”.

As curtametraxes, que se programaron coa coordinación da Fundación Pedro Zerolo, foron Pingüino, Antes de la erupción, Pancarta, Bullying (El quinto vagón) e as galegas O coidado e Ese lugar partido.

No coloquio posterior participaron representantes da Asociación Palestra, de Sex Point (CASCO), da Fundación 26D e os coruñeses Miguel Canalejo e Inés Pintor, directores de O Coidado e Ese lugar partido, respectivamente.

Avanza nas obras do parque do Observatorio con adecuación provisional de zonas verdes

0

O Concello da Coruña dará continuidade estes días aos traballos de adecuación previstos no parque do Observatorio, onde se terminaron as tarefas correspondentes á demolición dos peches exteriores que, ata agora, impedían o acceso ao parque.

Tras completarse esta parte, o goberno local está a actuar nas zonas verdes, incluídas na primeira fase de remodelación do parque.

“Xa se completou a instalación dos novos valados perimetrales en torno ao edificio do Observatorio da Axencia Estatal de Meteoroloxía e, con posterioridade, terminaron os traballos de derrube dos muros exteriores”, explican fontes municipais.

“Agora estamos a dar os seguintes pasos previstos, actuando sobre os espazos axardinados para acondicionar as zonas abertas á cidadanía”, engadiu.

Derrubados os muros do Xardín do Observatorio para abrir “un anaquiño” do Parque da Agra

#ParquedaAgraXa: O clamor da Agra do Orzán por unha zona verde volveu invadir as rúas

Campo da Burra: Por un parque na Agra do Orzán Xa!

O PP tamén pregunta polas malas prácticas na Fundación Luís Seoane

0

Fai case un mes dende que o Xornal destapase as malas prácticas do Padrodado da Fundación Luís Seoane no concurso do posto de dirección. É hoxe, un día despois das declaracións da alcaldesa Inés Rey nas que asegura que se vai repetir ese procedemento, cando o voceiro do PP acusa ao goberno local.

“No proceso para elixir á directora substituta houbo falta de transparencia e agora o Goberno municipal se emenda a si mesmo ao repetir o proceso tras as protestas por este procedemento escandaloso”. “Converteron a Fundación nunha porta giratoria para un cargo do partido socialista”, denuncia  Miguel Lorenzo.

Fixo estas declaracións aproveitando o anuncio de que vai convocar aos concelleiros de Cultura, como responsable do expediente do Festival Womex 2023, e ao de Deportes, dos expedientes da Cea do Deporte 2022 e da Tall Ships 2023, á comisión de Transparencia. O PP convocará a comisión a próxima semana para “depurar as responsabilidades políticas dos contratos verbais que deron lugar ao pago de indemnizacións por importe de 338.455,49. ”

“O Consello Consultivo afirma que non se aclara quen deron a orde verbal para estas contratacións ilegais, polo que é necesario determinar quen foron os responsables políticos que causaron as indemnizacións”, expuxo Lorenzo para engadir que “alguén do Goberno deu a orde de saltarse a normativa e deben asumir responsabilidades”.

Novas sobre a Fundación Luís Seoane

A Fundación Luís Seoane recúa e volverá a abrir o procedemento de designación da dirección

Máis de 150 personalidades da cultura herculina asinan un Manifesto “pola dignidade e as boas prácticas” na Fundación Luís Seoane

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

A Fundación Luís Seoane recúa e volverá a abrir o procedemento de designación da dirección

0

“Pedín que se reúna o padroado para aprobar unhas novas bases e iniciar un novo proceso de selección con máis tempo para presentar candidaturas e con toda a transparencia do mundo”. Así se refería esta mañá a alcaldesa Inés Rey ás preguntas dos xornalistas pola polémica arredor da Fundación Luís Seoane. Unha situación destapada polo Xornal da Coruña, que recibiu as críticas da oposición e de entidades como ADACE, que culminaba esta fin de semana co manifesto asinado por 150 personalidades do eido da cultura publicado en exclusiva polo Xornal.

Unha situación límite que obriga ao Concello da Coruña, membro do Padroado e principal financiador da entidade, a tomar medidas. Así o sinalou a rexedora que volverá reunión ao padroado para abrir un novo concurso aberto e transparente.

De contado, sae tamén o BNG para “celebrar que se vaia repetir o proceso de escolla da dirección da Fundación Luís Seoane, procedemento que no seu momento consideramos cheo de defectos, o que levou a nosa concelleira Mercedes Queixas a formular unha pregunta por escrito e a solicitar acceso ao expediente do concurso, algo que non nos foi concedido”.

Para o BNG,” existe unha evidente responsabilidade por parte do Goberno Local e singularmente da alcaldesa, presidenta da Fundación, na comisión destas irregularidades. Inés Rey só actúa após o BNG, e reputados profesionais do sector, criticar o procedemento”.
Pregúntanse por que “anuncia agora a alcaldesa un novo concurso con “toda a transparencia do mundo”, mais a nosa pregunta é por que esa transparencia non a houbo até agora”.

Máis novas do proceso

Casa Museo Picasso da Coruña ábrese á cidadanía e acolle talleres artísticos tras a súa rehabilitación

0

Casa Museo Picasso, situada no número 14 da rúa Payo Gómez da Coruña, abrirase á cidadanía e acollerá talleres artísticos para público infantil e adulto tras a súa rehabilitación.

Así o anunciou a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, durante a súa visita co asesor cultural Uxío Novoneira, ao inmoble tras a finalización dos traballos de mellora estrutural e renovación interior do primeiro piso promovidos polo Concello.

A intervención, segundo concretou, contou cun investimento de 128.878,88 euros e permitiu “conservar o inmoble, mellorar as súas condicións estruturais e adaptalo para o seu uso como espazo cultural ao servizo da cidadanía”.

En concreto, a actuación permitiu resolver deficiencias estruturais, renovar os espazos interiores e adaptar o conxunto aos estándares actuais de seguridade, accesibilidade e funcionalidade.