InicioDEPORTESO Depor activa o modo ascenso

O Depor activa o modo ascenso

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • Xornada 33 – Deportivo 2 – 0  Cultural Leonesa
  • Unha semana máis, un partido menos
  • Trixésimo terceiro partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (19V 10E 4D).

— — —

Non é doado dar por feito algo neste club, pese a que as contas pintan moi ben. Máis aló dos puntos e das vitorias, a seguridade é a gran baza nesta recta final da tempada. Seguridade no xogo, seguridade na defensa, seguridade nos trocos e seguridade na banqueta. Estes poderían ser os alicerces que sustentan a segunda volta branquiazul, xa que por fin, se atoparon os ingredientes perfectos para cociñar un ascenso. Imos gardar un pequeno oco para a desgracia de todos os anos porque, se de algo sabemos polo noroeste é de desgracias cando todo parece resolto a noso favor.

Seguridade transmitida pola forma de xogar, por encaixar ben as pezas e manter a tódolos xogadores activados. Salvo Pablo Valcarce, Paris Adot e Salva Sevilla, inéditos na segunda volta, Berto Cayarga, inédito ata esta fin de semana, Luis Quintero, nada de nada dende que veu ao club, o resto de xogadores tiveron a súa aportación nas 14 xornadas invicto no que vai de segunda volta. Seguridade na defensa pois tan só se recibiron 7 goles en contra en 14 xornadas e seguridade na banqueta, pois coa tranquilidade precisa Imanol Idiakez amosou á solvencia que se viña pedindo dende o principio da tempada. Menos mal que non houbo tortilla aló por outubro, porque outro Óscar Cano dinamitaría a moral de moitos deportivistas! Punto tamén para Soriano e o seu aguante con Imanol. Parece que, por fin, a paciencia aterrou en Riazor.

Poñamos algo de sentidiño no tema ascenso. A verdade é que os números acompañan e a inercia gañadora non parece ter fin. Aínda así, a nosa historia recente, non invita a festas antes de tempo. Imos trocar os fuciños de Arsenio polo sentidiño de Lendoiro. Esta semana invita ao optimismo, pois o Barça Atletic visita á Ponferradina e o Nástic á Cultural. Parece claro que de ampliar á distancia nesta fin de semana co segundo clasificado poderiamos ir enchendo as balaustradas de bandeiras.

miguel barreiro

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

O Depor Feminino celebra o primeiro ascenso da cidade apoiado polas familias

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

ÚLTIMAS

Un plan para enganar cunha herdanza leva a dúas persoas a xuízo

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro 7 de maio a dúas persoas...

Protestas en Gadis e Froiz pola paralización do convenio colectivo

Persoal do sector do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este sábado...

Xulgado na Coruña por unha presunta estafa de máis de 100.000 euros

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro martes, día 5,...

Rodrigo Cuevas convertiu o Coliseum nun cabaret de tradición e orgullo

En menuda viaxe a través das “panoyas” de millo meteu onte Rodrigo Cuevas a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here