Inicio Blog Páxina 160

Inés Rey non descarta sancionar con “multas graves” á adxudicataria do mercado de Nadal da Coruña

0

O goberno local da Coruña non descarta sancionar á empresa adxudicataria do mercadillo de Nadal por “incumprimentos”, segundo sinalou a rexedora, Inés Rey, ante as queixas de comerciantes e da empresa encargada da electricidade sobre a actuación de NC7 Events. As denuncias por problemas coas casetas provocaron que máis dunha decena de postos optasen por non continuar coa súa actividade, reducindo notablemente o número de stands abertos ao público na praza de María Pita.

“Entendo a decepción dalgúns comerciantes”, sinalou a alcaldesa, quen, malia destacar a “afluencia moi positiva” de visitantes desde a primeira semana, admitiu a existencia de “incumprimentos moi graves” por parte da empresa adxudicataria. Rey incidiu en que o goberno local xa requiriu formalmente o cumprimento dos pregos de condicións e asegurou que utilizarán todos os instrumentos legais para que se cumpra o pactado nas bases da licitación.

A alcaldesa concretou que entre as medidas que se están a estudar figuran sancións económicas e a posibilidade de iniciar un procedemento que inclúa a prohibición de concorrer a licitacións públicas durante un período de tres anos. “Estamos a estudar todas as posibilidades”, reiterou Inés Rey, sen descartar tampouco a reclamación de indemnizacións polos prexuízos causados á imaxe do evento e aos profesionais instalados no mercado.

Máis de 630 músicos unirán as súas voces no Coliseum da Coruña co proxecto solidario ‘Chorus’

0

Máis de 630 músicos actuarán o vindeiro 11 de xaneiro na Coruña no marco do proxecto educativo ‘Chorus’, presentado este luns no Palacio Municipal de María Pita nun acto presidido pola rexedora coruñesa, Inés Rey. Esta iniciativa destaca pola súa gran dimensión, incluíndo a participación de centos de alumnos e profesores de música, o que a converte nunha das citas pedagóxicas e musicais máis ambiciosas do inicio do ano na cidade.

O espectáculo contará coa solvencia de agrupacións instrumentais de prestixio como a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra Nova e o Coro Gaos, entre outros colectivos. A este impresionante despregue coral e orquestral sumaranse recoñecidos cantantes do panorama actual como Rosa Cedrón, Carolina Rubirosa, Gandy, Carlos Tojeiro, Eva B e Tinho, garantindo unha calidade artística de primeiro nivel para todos os asistentes.

Alén do seu valor cultural, o evento ten un marcado carácter benéfico. O concerto inclúe unha recollida solidaria de material escolar nas portas de acceso ao Coliseum, destinada ao proxecto ‘Escola Coruña’ en Senegal. A entrada será libre ata completar o aforamento, abrindo as portas ao público a partir das 18.00 horas para un inicio de concerto previsto ás 19.00 horas. Con esta cita, A Coruña reafirma o seu compromiso coa formación musical e a solidariedade internacional a través da arte.

O transporte coruñés decide en asemblea se vai á folga indefinida a partir do 12 de xaneiro

0

Os traballadores do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña decidirán entre este luns e o martes o futuro das súas mobilizacións ante o bloqueo na negociación do convenio colectivo. En diversas asembleas convocadas na Coruña, Santiago, Ferrol e Carballo, os empregados votarán se manteñen o calendario de paros intermitentes ou se endurecen as súas medidas de presión cunha folga indefinida que daría comezo o vindeiro 12 de xaneiro.

Esta decisión chega despois de que a última mediación coa patronal do sector resultase errada e fose cualificada polos sindicatos como “decepcionante” e sen avances significativos. Ernesto Rei, representante da CIG, explicou que actualmente non existe contacto ningún coas empresas e que as posturas están moi afastadas despois de catro anos co convenio caducado. As centrais sindicais CIG, UXT e CC.OO. demandan melloras salariais urxentes e medidas de conciliación, como a redución do tempo de condución e o control de xornadas que consideran abusivas.

O calendario de votacións arranca hoxe na Coruña cunha xuntanza ás 22:30 horas, mentres que o martes será a quenda de Santiago, Ferrol e Carballo en horario nocturno. Os traballadores deberán elixir entre dúas alternativas: iniciar a folga indefinida o 12 de xaneiro ou establecer un cronograma intermedio con paros os días 12, 13, 16, 19, 20 e 23 do próximo mes, deixando o carácter indefinido para o 2 de febreiro se non se produce un achegamento. En calquera caso, a representación sindical dá por feito que o 12 de xaneiro será unha xornada de protestas na provincia.

Máis de 200 persoas benefícianse dun programa da Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril na Coruña

0

Un total de 225 persoas con enfermidade renal crónica resultaron beneficiarias dun programa da Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril (Alcer) na Coruña.

Así o informa a entidade que explica que se trata dun programa financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF e que está xestionado desde a entidade Cogami.

O obxectivo do mesmo, explica, é mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por enfermidade renal crónica. Nel, participaron case 225 persoas de toda a provincia da Coruña.

O mesmo ofrece ás persoas usuarias intervención social individualizada, fomento da súa autonomía persoal, así como da súa participación social.

Un libro colectivo para comezar a celebrar o 30 aniversario da CUAC FM

A Radio comunitaria da Coruña emite no 103.4 da FM dende marzo de 1996. E para comezar a celebrar o seu 30 aniversario, prepara xa un evento para este martes 30 de decembro.

O salón de actos do Circo de Artesáns acollerá ás 19:00 a presentación dun libro de autoría colectiva. A entrada será gratuita e toda persoa que asista levará un exemplar. Cómpre sinalar que o aforo do espazo está case completo xa e CUAC comprométese a facer máis presentacións nos vindeiros meses.

A obra titúlase Que bonitas son as ondas radiofónicas: 30 anos de CUAC FM e foi posible grazas a un convenio entre a Concellaría de Cultura e Turismo do Concello da Coruña e a asociación propietaria da radio, o Colectivo de Uiversitarios Activos.

Ata 77 persoas deixan a súa pegada neste lilbro que amosa a riqueza e a diversidade desta radio coruñesa. Hai algnhas sorpresas de persoas ben coñecidas, tanto a nivel galego como estatal. Compre citar a Nacho Carretero, autor de Fariña, ou Lucia Veiga, actual Presidenta da Academia Galega do Audiovisual. Pero son moitísimas máis e, especialmente, un radiofonista xa xubilado co que se pecha o libro será unha grande sorpresa para as e os lectores da obra.

O libro será distribuido de xeito gratuito en diversos puntos da cidade que se anunciarán na web de CUAC FM nos vindeiros días. Tamén poderá atoparse nas bibliotecas municipais e da Universidade da Coruña.

30 anos de celebracións

A partir de marzo haberá máis eventos. Entre eles, un concerto no Teatro Colón o día exacto que cumple os trinta anos. O venres 27 de marzo coas actuacións de tres artistas que coidan ao máximo cada palabra nas suas cancións. O madrileño Pedro Pastor, fillo e sobriño de famosos autores (Luis Pastor e Pedro Guerra), Silvia Penide e César de Centi. As entradas sairán moi pronto á venda.

Máis novas

A CUAC FM celebra os seus 30 anos con 500 programas e un completo programa de actos

CUACFM entre os gañadores dos Premios Martín Códax da Música Galega 2025

O BNG esixe no Congreso garantir o funcionamento nocturno do aeroporto de Alvedro

0

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego rexistrou iniciativas para reclamar ao Goberno central medidas urxentes para garantir a plena operatividade nocturna do Aeroporto de Alvedro.

Faino, informa, “tras contrastar a grave falta de persoal na Torre de Control tras a súa privatización” e reclama ao Goberno “que a devolva a mans públicas”.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denuncia que “a xestión privatizada das torres de control de Alvedro e Peinador está a mostrarse absolutamente ineficaz e perigosa ao non garantir persoal suficiente para cubrir quendas de noite ou situacións extraordinarias”.

A concesionaria Saerco, responsable da Torre de Control do Aeroporto da Coruña, engade, “non conta co persoal necesario para garantir a cobertura continua do servizo, o que provoca a cancelación de vacacións, permisos e descansos do persoal, así como a non cobertura de ausencias”.

Os pais de Diego Bello testificarán o 16 de xaneiro en Filipinas nunha nova vista do xuízo polo seu crime

0

Os pais de Diego Bello testificarán o próximo 16 de xaneiro en Manila (Filipinas) nunha nova vista do xuízo polo crime do empresario coruñés, do que o próximo 8 de xaneiro cúmprense xa seis anos e polo que están procesados tres policías filipinos.

Segundo ratificou a Europa Press o avogado da familia, Guillermo Mosquera, a familia voará desde Galicia o martes 6 de xaneiro, semana e media antes da súa comparecencia. A vista, cuxa data adiantou ‘La Voz de Galicia’, está prevista para iniciarse ás 08.30 horas do venres 16 –ás 01.00 horas de España–.

Por este crime xúlgase a tres policías, que enfrontan acusacións de asasinato e suplantación de probas en relación coa morte do novo, en xaneiro de 2020, na illa filipina de Siargao.

En xuño de 2025, o Tribunal de Primeira Instancia Rexional da República de Filipinas negou a liberdade baixo fianza do tres policías acusados de matar o coruñés Diego Bello.

De acordo coa investigación, non houbo un enfrontamento armado co mozo, como sostiveron inicialmennte os axentes. Ademais, o informe forense indica que Belo foi alcanzado por disparos mentres xa se atopaba no chan.

 

Máis novas do caso

Negan a liberdade baixo fianza dos policías acusados de matar a Diego Bello

A Coruña acolle este sábado unha nova edición do programa solidario ‘A Radio Conta’

0

A Coruña acolle este sábado, día 27, unha nova edición do programa solidario ‘A Radio Conta’, este ano en beneficio de Accem, unha Ong que proporciona atención e acollida a refuxiados e inmigrantes.

A décimo terceira edición do programa reúne a oito emisoras locais da Coruña e emitirase, de 17.00 a 20.00 horas, desde a Fundación Barrié, con entrada libre.

A temática deste ano está centrada na migración e a diáspora e celébrase a beneficio de Accem Galicia. Así o anunciaron na presentación desta iniciativa a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rei; o condutor do espazo, Moncho Viña; e a representante da entidade na comunidade autónoma, Cristina Ucieda.

“Fai un traballo impagable para mellorar a vida das persoas que tiveron que deixar os seus fogares movidos polo desexo de alcanzar un futuro mellor”, destacou a rexedora sobre esta organización sen ánimo de lucro.

Pola súa banda, Ucieda pediu á cidadanía que sexa “máis empática coas persoas que o están pasando mal, que son moitas”. “Buscamos recadar fondos para poder ampliar proxectos nesta cidade”, engadiu. Pola súa banda, Viña explicou que o “obxectivo” deste programa especial é “dar visibilidade a entidades solidarias e homenaxear a radio local”.

Entre outros, nesta edición contarán cos Satélites para facer unha “sentida homenaxe” a Sito Sedes e coa presenza, entre outros, dos humoristas Xosé Touriñán e David Perdomo.

A presenza dun xabaril na pista do aeroporto da Coruña obrigou a desviar varios voos

0

A presenza dun xabaril na pista do aeroporto de Alvedro, na Coruña, obrigou a desviar varios voos ao aeroporto de Santiago de Compostela-Rosalía de Castro á primeira hora deste sábado.

En concreto, segundo confirmaron a Europa Press fontes de Aena, víronse afectados o voo IBE0543 procedente de Madrid e o EJU3773, que chegaba desde Milán.

Ao longo da mañá aeroporto coruñés volveu poñerse operativo e renovou todas as súas operacións despois de que o animal fose controlado pola Garda Civil e o Seprona.

 

O BNG esixe no Congreso garantir o funcionamento nocturno do aeroporto de Alvedro

Dous Combinados da AFAC e das Mariñas participarán nun Torneo Solidario no Fútbol da Costa

0

Acodía o presidentda Asociación de Clubs de Fútbol da Coruña (AFAC), Juan Vázquez, (Toño Vázquez, presidente da Asoc. Clubs das Mariñas-Arteixo non puido acodir) esta semana a Vimianzo á presentación do Torneo Solidario do Fútbol da Costa que organiza o diario Quepasanacosta. Un Torneo que servirá para recadar fondos para a construción dun comedor escolar en Ebounou, unha vila do sur de Costa de Marfil, a través da ONG Egueire.

Para o Torneo, que se disputará este domingo 28 de decembro, ademais de dous combinados do Fútbol da Costa, tamén xogarán dous combinados formados por clubs da Coruña, organizado a través da AFAC, e outro das Mariñas, que chega a través da Asoc. Clubs das Mariñas- Arteixo.

As convocatorias

Combinado da Coruña AFAC

Dirixidos por Carlos Cotelo, Leo Lorenzo e José Angel Abelleira

Porteiros

  • Alejandro Gómez Gómez “Pato” (Relámpago)
  • Jesús Claramunda Blanco (Oza Juvenil)

Defensas

  • Jacobo Meirama García (Oza Juvenil)
  • Pablo Sánchez Ramil (Oillamar)
  • Gabriel Alejandro Otero Pena (Torre)
  • Alejandro Molejón Fernández (Ural)
  • Iago Rodríguez Nieto (Marte)

Medios

  • Román Feas Calpete (Orillamar)
  • Pablo Díaz Lamela (Sporting Coruñés)
  • David Varela Piña (Marte)
  • Hugo Antonio Díaz de Vita (Torre)
  • Carlos Cotelo Barral (Oza Juvenil)

Dianteiros

  • Lucas Pena (Ural)
  • Iago Núñez Tizón (Ural)
  • Habib Sene Díaz-Castroverde (Relámpago)
  • Óscar Martínez Rodríguez (Marte)
  • Samuel Rumbo Lucero (Oza Juvenil)

 

Combinado das Mariñas

Combinado dirixidos por Pery do Ordes e Fabio do San Tirso.

  • Andro Jose Rial Ruiz
    ANDRO (Brexo Lema)
  • Javier Miguez Fonticoba
    MÍGUEZ (Sada)
  • Alejandro Fernández García
    ALEX FDEZ (Cambre)
  • Ray Rafael Galvao Pimentel
    RAY (Olímpico)
  • David Dopico Rodriguez
    DOPICO (Ordes)
  • Carlos Gamallo García
    GAMALLO (San Tirso)
  • Mario Gomez Redondas
    MARIO GOMEZ (Dorneda)
  • Mario Vila Bermudez
    MARIO VILA (Caión)
  • Diego Sanchez Boquete
    DIEGO (Sp.Burgo)
  • Jesus Ois Fraga
    JESU (Vizoño)
  • Arturo Pailos Agilda
    ARTURO (Carnoedo)
  • Jonatan Fila Liñares
    JONY (Carral)
  • Diego Medín Vara
    MEDIN (Crendes)
  • Nicolás Sánchez Fafián
    FAFIAN (Oza-Cesuras)
  • Jacobo Mantiñán Pérez
    JACO MANTIÑAN (Suevos)
  • Nils Juve Fernández
    NILS (Culleredo)
  • Alexandre Villaravid Blanco
    VILLA (Boimorto)
  • Ivan Amor Torres Louzao
    IVAN AMOR (Paiosaco)

O Torneo

A3_TORNEO POR COSTA DE MARFIL - 1

Disputarán dúas semifinais de 45 minutos, para a continuación disputar o 3º e 4º posto, e finalmente a gran final, e tras o sorteo, estes son os emparellamentos:

  • 16:30h: Combinado da Coruña AFAC – 11 ideal do Fútbol da Costa.
  • 17:30h: 11 da Década – Combinado das Mariñas.
  • 18:30h: 3º e 4º posto.
  • 19:30h: Final.