Inicio Blog Páxina 171

Un ano de loita polo CEIP Prácticas: “As familias estamos fartas!”

Algo está a pasar no ensino, que a Xunta non quere escoitar, para que haia tantas comunidades escolares protestando nas rúas. Este venres 5 de decembro, as familias da ANPA do CEIP de Prácticas volveron prantarse diante da porta do centro de Labañou, Riazor e San Roque, para deixar claro que “estamos fartas” despois de un ano enteiro denunciando o importante deterioro do centro. Un ano de mobilizacións que non se traduxeron nin proxecto de reforma, nin prazos de execución.

As familias están moi preocupadas ao ver que nos Orzamentos da Xunta si aparecen partidas para outros centros (hai case 4 millóns de euros destinados para os veciños Salvador de Madariaga e IES Rafael Dieste), e non para o seu. Todo, mentres as súas demandas telemáticas seguen sen recibir resposta oficial.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Que pasa na Costa (@quepasanacosta)

Lamentan as “promesas incumpridas e da nula asunción de responsabilidades por parte das administracións”, e traen unha completa lista de queixas:

“Estamos fartas”:

Estamos fartas de que as nosas crianzas estuden nun centro de ensino público que carece dun convenio entre Xunta, Concello da Coruña e UDC para a xestión do centro caducado dende 2022

Estamos fartas de que os diferentes enreixados de peche así coma as cancelas, estean enferruxados e rachados co perigo que isto pode supor para o alumnado.

Estamos fartas de que o chan do patio estea cuberto de fochancas.

Estamos fartas de que as nosas crianzas respiren 5 horas ao día ambientes cargados de humidades, fungos e outro tipo de axentes biolóxicos.

Estamos fartas de que o alicatado de zonas comúns coma o ximnasio ou algúns baños caia por falta de mantemento.

Estamos fartas de que o chan se afunda baixo os pés do alumnado e profesorado do CEIP de Prácticas.

E sobre todo…. estamos fartas de que a Xunta de Galicia e a Consellería de Educación fagan caso omiso ás nosas demandas

Máis novas da loita do Prácticas

A ANPA do CEIP de Prácticas non cede tras un ano en loita contra o deterioro do centro

Outro venres ás portas do esfolado CEIP Prácticas

Un ano de mobilizacións da ANPA do CEIP de Prácticas contra o lamentable deterioro do centro

Outras novas do ensino

O profesorado do CEIP Concepción Arenal plántase ante a falta de persoal coidador

 

 

 

O TSXG obriga á Xunta declarar de utilidade pública unha asociación LGBTIQ+ da Coruña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) obriga á Xunta de Galicia a outorgar a declaración de utilidade pública á asociación Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS) tras anular a resolución pola que lla denegaba.

Así consta no fallo emitido polos maxistrados, que admite o recurso interposto pola asociación e recoñece que cumpre os requisitos, como servir de interese xeral e dar beneficio a terceiros. A pesar de que cabe interpor recurso contra esta sentenza, esta admite o “dereito” de ALAS a devandita declaración, considerada como unha medida de fomento ao xerar beneficios fiscais.

A asociación traballa desde o ámbito local polos dereitos do colectivo LGTBI+ a través do impulso de diferentes actividades e programas, como o Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, que ten como obxectivo rexistrar este tipo de violencia na cidade e a súa comarca. Ademais, cabe lembrar que exerceu como acusación popular no xuízo polo asasinato de Samuel Luiz.

Pola súa banda, segundo recolle a sentenza, a Xunta apoiouse, para denegar a declaración, nun informe desfavorable da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e alegou que este era “vinculante”. Este informe sostiña que a entidade non acreditaba o beneficio social derivado das súas actividades nin facía constar que estas tivesen un “impacto real” na sociedade no seu conxunto.

Con todo, os maxistrados consideran que o informe da AEAT é “incapaz” de servir como “motivación suficiente” á resolución definitiva do expediente e considera que é “incongruente” nas súas conclusións ao incluír datos que recoñece “como certos”.

Desta forma, o fallo recolle que o mesmo informe si recoñece que ALAS xera un espazo de encontro entre activistas e sociedade civil; ofrece formación en educación e diversidade afectiva, sexual, de xénero e familiar, e encárgase da creación de espazos de lecer seguros.

“O descoñecemento deses feitos que revela o contido do informe da AEAT confirma cun alto nivel de probabilidade que se emitiu sen comprobar a realidade da actividade da asociación, de costas a esa realidade e cun automatismo que ocasionaría, sen dúbida, unha decisión arbitraria”, explica a sentenza.

Estes son motivos suficientes para os maxistrados para afirmar que as actividades impulsadas por ALAS “responden a un interese xeral” e permiten un “acceso aberto” a usuarios potenciais que non teñen por que coincidir cos asociados de ALAS.

Máis novas sobre ALAS

ALAS A Coruña recibiu o II Premio Tomás Fábregas polo seu compromiso na loita contra a LGTBIfobia

A asociación LGTBI+ Alas Coruña recibiu o premio Pedro Zerolo

O Corufest 2025 entrega o recoñecemento Samuel Luiz ao colectivo LGTBIQ+ Alas Coruña

Alas Coruña entre as galardoadas dos Premios Triángulo 2025

 

 

 

O mozo ferido na Coruña logo de caer dunha fonte evoluciona favorablemente

0

O mozo que resultou ferido tras precipitarse desde o alto da fonte da Praza de Azcárraga, na Coruña, evoluciona favorablemente e xa abandonou a UCI, quedando ingresado en planta do hospital, segundo informaron fontes sanitarias. Este mozo, de 25 anos de idade, resultou ferido grave o pasado fin de semana, cando se subiu á estatua da fonte da praza e, de forma accidental, precipitouse, ao ceder a base.

Como consecuencia da caída, o home sufriu un traumatismo cranioencefálico e quedou ingresado, con prognóstico grave, na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Universitario da Coruña. Tras case unha semana na UCI, e debido á súa evolución favorable, foi trasladado á planta do hospital.

O profesorado do CEIP Concepción Arenal plántase ante a falta de persoal coidador

Xa a comezos de curso as ANPAs denunciaran os recortes no profesorado. Pero como leva acontecendo durante todo o trimestre, a Xunta fai caso omiso das peticións das comunidades escolares de ducias de centros da provincia.

Así andan as familias concentrándose ás portas dos centros educativos, esixindo que se revirtan os recortes, sobre todo en materia de profesorado de inclusión, a gran carencia deste curso 25/26.

Pero no CEIP Concepción Arenal, hoxe o que parou foi o profesorado. Ante a falta de persoal coidador, decidiron non entrar nas aulas como medida de protesta. Os reiterados incumprimentos por parte da Administración, que non só non cubre unha vacante senón que tampouco substitúe ao persoal coidador de baixa, obriga ao profesorado a adoptar esta medida extrema.

A CIG-Ensino apoia á comunidade educativa do CEIP Concepción Arenal e súmase á súa protesta á vez que demanda, máis unha vez, que as Consellarías implicadas adopten con urxencia as medidas necesarias para solucionar esta situación que se ven arrastrando desde hai meses.

Aulas baleiras no CEIP Concepcion Arenal
Aulas baleiras no CEIP Concepción Arenal

Aulas baleiras no CEIP Concepcion Arenal 2

Máis novas

A ANPA do CEIP Concepción Arenal traslada as queixas pola redución do profesorado de apoio

Outras novas sobre os recortes no ensino

ANPA do CEIP de Tarrío esixe á Xunta máis recursos e atención inmediata

 

 

Outras novas das ANPAS

Máis de cen entidades sociais amosan a súa forza “Baixo o mesmo paraugas” para visibilizar a disCapacidade

Este pasado mércores, 3 de decembro, A Coruña volveu ser o centro da inclusión. Co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, máis de cen entidades sociais de toda Galicia amosaron a súa forza no Parrote coa iniciativa “Baixo o mesmo paraugas”. Unha concentración que celebraba o seu 10º aniversario con máis forza que nunca, unindo entidades, familias e representantes das Administracións públicas.

Dia da Discapacidade na Coruna-Baixo o Mesmo Paraugas
A marcha polo Día da Discapacidade por Riego de Agua

Este ano ademais, gracias á lixeira tregua do tempo, realizaron unha marcha que arrincou do Parrote, colouse por Riego de Agua, e cruzou a Avenida da Marina para voltar ao Parrote pola zona peatonal da Avenida do Porto. Todo ao ritmo dos saxos e demostrando unha unidade que reivindica a forza do tecido asociativo e que son #Xente10, outro dos lemas da xornada.

“Un movemento que nunca se rende, que avanza unido e que loita cada día por unha sociedade máis xusta, diversa e inclusiva”, destacan dende Aspace Coruña, impulsora desta campaña e unha das 34 entidades presentes.
Baixo o mesmo Paraugas
Dia da Discapacidade na Coruna-Baixo o Mesmo Paraugas presi Aspace
Ricardo Iglesias, director de Aspace Coruña

O acto do Parrote rematou cunha imaxe chea de simbolismo que acompaña a cada edición desta campaña: unha marea de paraugas de cores ao aire, que representa a loita por promover a visibilización e apoio ás persoas con discapacidade, co obxectivo de fomentar a inclusión e e a igualdade nunha sociedade plural.

Tamén en Culleredo

Tamén en Culleredo se conmemorou a data, con membros do Concello, usuarios do centro ocupacional A Escada, do centro de día, profesionais e veciños. “Hoxe por min, mañá por ti”, “A dignidade non necesita diagnóstico”, “A discapacidade non define á persoa” o “A discapacidade non ten límites, pçodese chegar á meta”, foron algúns dos lemas exhibidos no acto. Completouse coa lectura conxunta do manifesto.

manifiesto dia discapacidad culleredo

Máis novas

Os Marines, 5 anos rompendo barreiras e facendo gozar do deporte a xentes con discapacidade

A Coruña móllase pola inclusión #Baixoomesmoparaugas

Un pequeno recoñecemento institucional ao escultor herculino Miguel Couto

0

É o autor de Ney, o canciño de bronce da praza Lugo, da parella de maiores que une o paseo co parque José Martí en Santa Cristina ou mesmo da sardiña do entroido da rotondiña do Campo da Leña. Hoxe, Miguel Couto foi recibido polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, nun recoñecemento institucional a un dos escultores máis importantes da nosa cidade.

Couto debullou o seu proceso creativo, os seus proxectos actuais e a traxectoria dun artista que “se consolidou como unha das figuras máis singulares da escultura contemporánea galega”, destacou Blanco, sinalando o impacto das obras do herculino dentro e fóra da nosa comunidade.

Neste senso, puxo en valor o papel da cultura como motor de cohesión social e identidade, e destacou “o compromiso do Goberno de España coa promoción do noso patrimonio cultural e co apoio aos artistas que levan o nome de Galicia máis alá das súas fronteiras”.

O PP propón crear unha Comisión Especial sobre o Mundial 2030 ante a “desinformación” e o “desánimo”

O portavoz do Grupo Popular, Miguel Lorenzo, anunciou que presentará no pleno do 11 de decembro unha moción para a creación dunha Comisión informativa Especial de seguimento da candidatura da Coruña como sede do Mundial 2030.
Unha comisión “na que se nos informe de como está o proceso ante a falta de transparencia de Inés Rey cando se cumpre un ano da elección”, pois foi xusto o 11 de decembro de 2024, a FIFA confirmou á Coruña como unha das sedes do Mundial 2030.

A realidade é que hai moi pouca información dende hai moitos meses, a pesar de que a oposición preguntou no pasado pleno de outubro, sen que houbese unha resposta satisfactoria por parte do voceiro do grupo de goberno.

“Non temos ningunha información sobre como van os trámites para cumprir cos requisitos. Polo que levaremos este asunto ao Pleno”, asegurou en rolda de prensa Miguel Lorenzo. O voceiro popular lembra que a Alcaldesa anunciou unha reforma do estadio para 48.000 espectadores, cun custo de 100 M€, financiado un 30% por un investidor privado e un 70% por administracións públicas, e con prazo de execución de obra de 3 anos que estaría lista primeiro dixeron en 2026 e logo 2028. “Non volvemos saber nada. Só dous días despois, o 13 de decembro de 2024, a Alcaldesa anunciou nun programa de radio que xa tiña o financiamento. Non se volveu a saber nada. Ou mentiu ou lle mentiron e enganáronlle outra vez”.

Máis tarde, anunciaron un aforo de 40.000, reducindo o custo e con menos prazo. Anunciaron que o proxecto estaría licitado en xuño de 2025 e que as obras deberían empezar a mediados de 2026 e finalizar a mediados do 2029. “Tampouco sabemos nada, só que o proxecto non está licitado cando estamos a acabar o ano. No Pleno de outubro presentamos unha pregunta oral sobre cando van licitar o proxecto, tras incluír no orzamento deste ano 3,5 M€. Non responderon. E a licitación e redacción do proxecto é imprescindible para a licitación da obra”.

“Hai moitas preguntas sen resposta porque a falta de transparencia é total: Cal é o proxecto? Cando se licitará? A canto ascenderá o importe da reforma? Como será o financiamento? Cal será o investidor privado? Canto diñeiro achegará e a cambio de que? Que administracións participarán ademais da Xunta, a única que confirmou o seu compromiso? Que cantidade achegará cada unha? Cando se licitará a obra? Cando está previsto que estea finalizada?”, pregúntase o voceiro popular, que vai presentar unha moción para a creación dunha Comisión Especial de seguimento da candidatura.
“O meu apoio é incondicional á candidatura, pero o Goberno municipal xa demostrou con fartura a súa falta de capacidade para sacar adiante un proxecto de tal envergadura, sobre todo cando teñen un prazo taxado e agora hai data na que nos van a examinar de modo definitivo: setembro de 2026. Na cidade hai moitas dúbidas e moito desánimo”.

Máis novas

Lage Tuñas aproveitou as preguntas de PP e BNG sobre o Mundial 2030 para acusalos de “non remar na mesma dirección”

Xurxo Souto presenta este venres, por primeira vez na súa Coruña, “A Novela do Bravú”

0

Despois das presentacións en Muros e na Casa das Crechas, en Compostela, toca, por fin, facer a estrea na súa casa. Xurxo Souto presenta este venres 5 de decembro, ás 20 h., en Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22) “A Novela do Bravú”. Estará acompañada de Antón Reixa, Xosé Manuel Pereiro e Marisol Manfurada, a artista que campa na portada do libro nunha performance de 1999, contra a expulsión dos barcos pesqueiros da dársena da Coruña.

”É unha novela autobioráfica, na que conto todo o bonito que me aconteceu con esta marabilla colectiva”, relátanos. “Fun confeccionando historias, algunhas xa antigas que tamén peneirei, e contando este proceso vital, que naceu un día do 94 cando nos xuntamos en Chantada un fato de grupos e decidimos inventar unha etiqueta da música galega e a cousa resultou unha revolución marabillosa”, debulla.

“a visión crítica dunha parte da sociedade, da rapazada”, do que estaba pasando, contra a imposición das cotas do leite á que se refire Tractorada dos Rastreros; ou ante da hipocresía do narcotráfico, a verdade poderosa do mítico tema dos Papaqueixos, Sito Miñanco, Preso Político.

Máis novas

ARTIGOS DE XURXO SOUTO no XORNAL

Xuxán, Meicende, Os Mallos e Monte Alto estrearán 6 novas estacións de Bicicoruña

Segue medrando o transformador servizo de BiciCoruña. A semana pasada instalábanse dúas novas estacións no barrio de Xuxán (no cruzamento entre a avenida de Xuxán e a rampla de conexión coa avenida das Fresas de Eirís; e mais na na avenida de Xuxán, na intersección coa rúa Galán) e outra na travesía de Meicende, moi preto da rotonda da refinaría e do desvío á avenida de Nostián. Dúas estacións que amplían o marco de acción do servizo achegando barrios periféricos ao centro da cidade.

Ademais, esta semana o Concello incorporou tres novas bases entre os barrios dos Mallos e Monte Alto. Nos Mallos instaláronse e poránse en breve en marcha, unha na rúa Eusebio da Guarda e outra a carón do centro cívico. Pola súa parte, a de Monte Alto sitúase na rúa Vila de Cambre, a escasos 100 metros do renovado Mercado Municipal, que abrirá as súas antes de fin de ano.

Máis novas

BiciCoruña: 11,50 euros por alugar unha bicicleta durante un día; 16,75, tres días; e 40, un ano

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

“O 5 de decembro non haberá servizo de autobús interurbano”

0

Dá comezo este venres 5 a folga do sector do transporte de viaxeiros e viaxeiras por estrada da provincia da Coruña. Unha folga, convocada pola CIG, UGT e CCOO, que continuará os días 12, 15 e 19 de decembro e afectará a todo o servizo, agás á Compañía de Tranvías da Coruña xa que dispón de convenio propio.

Para darlle máis visibilidade ás súas reivindicacións e lamentar a parálise da negociación, o próximo venres o persoal tamén se mobilizará diante das estacións de autobús da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

Denuncian que convenio provincial de transporte de viaxeiros/as por estrada (que regula a unhas 3.000 persoas traballadoras) leva 4 anos paralizado a causa do inmobilismo da patronal, que non ofreceu nada máis que un miserábel incremento do 1,2% para este 2025, pero sen querer tocar ningún outro aspecto.

“Seguimos coas xornadas de hai dez anos”, sinalaron os representantes dos sindicartos, que descataron que “tamén queremos sacar o persoal acompañante do transporte escolar das condicións de escravitude na que están”. Un colectivo, matizou, altamente feminizado e moi precarizado que padece “contratos de 114 minutos diarios e leva para a casa salarios de 250 euros”.

Reiteran os eternos problemas do transporte público metropolitano