Inicio Blog Páxina 220

Oferta da UDC con máis de 4.800 novas prazas entre grao e máster para o próximo curso

0

A Universidade da Coruña (UDC) realizará unha oferta de 4.838 novas prazas entre grao e máster para o curso 2025-2026, segundo a proposta aprobada na reunión do Consello de Goberno e que deberá ser ratificada pola Xunta de Galicia.

As prazas divídense en 3.057 de grao e 1.881 para o máster. No próximo curso acádemico ofertaranse un total de seis novos másteres universitarios: realidade estendida; ciencia do exercicio; preparación física e reapdatación deportiva; economía circular; ensino do español como segunda lingua; cronicidade e novos modelos de atención sociosanitaria e informática industrial e robótica.

A iso, súmanse a posta en marcha da modalidade en liña no máster de tecnoloxía téxtil e moda sustentable, que se imparte no campus de Ferrol.

No Consello de Goberno celebrado este xoves, tamén se aprobou, entre outros acordos, o regulamento de ordenación de programas académicos de simultaneidade de dobres titulacións de grao e máster con itinerario específico.

O PP lamenta que a proposta de orzamentos para 2025 inclúa a subida de impostos a pesar da baixa execución

0

Vén de presentar a proposta de novos orzamentos para 2025 o grupo socialista para a cidade da Coruña. Unhas contas abocadas ao fracaso, unha vez que BNG e PP xa manifestaron que non ían apoialos é paralelo á decisión do o grupo de goberno de prorrogar o documento do 2024.

Dende o PP, fan especial fincapé na baixa execución dos orzamentos do ano pasado: “O novo orzamento mantén a suba de todos os impostos para todos os coruñeses aprobada en 2024, a pesar de que en novembro non se executaron 98 millóns de euros para investimentos en barrios e 237 millóns de euros do orzamento total”. “Inés Rey está moi interesada en aumentar os ingresos fiscais e moi pouco en investir os cartos recadados nos coruñeses”, critica Miguel Lorenzo.

O portavoz popular sinala que “o orzamento para 2025 será máis do mesmo: moitos anuncios e poucas realidades. Volve presumir de ser máis alto, máis expansivo, máis social… pero o que importa é o que executa e aí é onde acumula os seus fracasos. Estaremos atentos a que o gasto social non inclúa novos recortes; á vivenda, especialmente á rehabilitación, accesibilidade e novas vivendas; e investimentos nos barrios”.

Critica non ter sido consultado, pero lembran as “600 propostas e as 33 mocións presentadas polo PP en 2024”.

A Taxa Turística

Sobre o inicio dos trámites para aprobar unha taxa turística, o PP considera que “a primeira vista non parece o momento de crear este imposto”. Lorenzo. que recorda que non foron consultados, sinala que “a ocupación hoteleira está nunha media do 68%, segundo o sector, polo que non parece que exista a saturación da que fala o goberno para xustificar a súa decisión de implantar este imposto”.

”A Coruña, unha cidade na que ninguén é forasteiro mentres paguen por vir”, facendo unha broma sobre un dos lemas máis míticos da nosa hospitalidade.

Máis novas sobre os Orzamentos

O PSOE presenta unha proposta de Orzamentos para 2025 que poderían depender dunha cuestión de confianza

PP e BNG insisten en que non apoiarán os orzamentos 2025 tras o órdago de Inés Rey

 

A Coruña prorroga os orzamentos para 2025 tras non chegar a un acordo PSdeG e BNG

O BNG non apoiará o orzamento de 2025 para a cidade polo “incumprimento” do PSOE de acordos subscritos

O Concello inicia os trámites para aprobar unha taxa turística

O Concello de Culleredo recoñece a necesidade de arranxar o Conservatorio do Burgo “canto antes”

0

Lanzaba esta mañá a ANPA O Burgo un SOS polo estado lamentable do edificio que alberga o Conservatorio Municipal de Culleredo, en O Burgo. As humidades invaden cada parede, sobre todo despois dun mes sen calefacción…

Rapidamente o Concello lanzaba un comunicado recoñecendo que “coincide plenamente coa ANPA do Conservatorio na necesidade de realizar actuacións de mellora nas instalacións do centro”. “Os técnicos municipais son conscientes da situación e traballan na adopción de solucións coa intención de que se poñan en marcha canto antes”, aseguran.

Sobre a calefacción, o Concello informa de que houbo que pedir unha bomba, e que curiosamente, xusto chegou hoxe mesmo para poder instalarse inmediatamente.

En canto ás filtracións, o centro padece un problema que se agravou nos últimos días e que “cómpre abordar cunha actuación integral. En canto mellore o tempo, os técnicos poderán subir ao tellado para valorar a situación actual tras os temporais dos últimos días”, aseguran.

A través da asistencia técnica estase a realizar un estudo sobre as necesidades desta intervención integral, que recollerá o goberno local nos orzamentos deste ano, que requirirá o apoio da oposición no pleno. Mentres, o Concello selou as fiestras para reducir as filtracións.

O concello tamén está a realizar labores de desratización no centro, situado nunha zona verde a carón do río, polo que é necesario ampliar as medidas.

A xestión, para a Xunta

”O Concello de Culleredo é o primeiro interesado en que o Conservatorio teña as mellores condicións, dado que é unha iniciativa propia, creada para facilitar o acceso dos veciños á educación musical”, aseguran.

Pero o grupo de goberno socialista coincide co BNG, e tamén insta á Xunta a facerse cargo do Conservatorio Cullerdense xa que é a súa competencia.

Porque lembra que a día de hoxe o centro funciona case ao 100% con fondos municipais. Só se dispón dunha pequena cantidade de axudas da Deputación, mentres que “a Xunta de Galicia, a pesar de ser a administración competente na materia, nin asume a responsabilidade nin colabora de ningún xeito no seu financiamento”. E dende este ano, o Conservatorio é gratuíto para os veciños, xa que o goberno municipal eliminou o custo do ensino público.

Máis novas

As familias do Conservatorio do Burgo denuncian as humidades do centro e o BNG pide que a Xunta asuma a xestión

NCD, o primeiro festival de cine LGTBIQ+ de Galicia, abre fronteiras e pon o colectivo trans no foco

Presentouse onte no Teatro Colón a terceira edición do festival cinematográfico Norte Cinema Diverso, que se celebrará do xoves 20 ao sábado 22 de febreiro no propio teatro herculino.

O primeiro festival de cine LGTBIQ+ de Galicia volver ser unha plataforma para darlle visibilidade a colectivos menos favorecidos e a loitas sociais xustas, unha “ferramenta de transformación, compromiso e inclusión”, como sinalou o edil Gonzalo Castro.

Así, un día despois do 19 de febreiro, Día contra a LGTBIfobia no deporte (que conmemora á valentía de Justin Fashanu, primeiro xogador de fútbol de 1ª División en activo que se declarou publicamente gai), o fesstival arrinca coa curta española ‘Campeones’, que denuncia o silencio e ocultación dos homosexuais no fútbol masculino. Lembra que as instalacións deportivas e os campos de fútbol son un dos espazos nos que se producen máis delitos de odio relacionados coa LGTBIfobia. O deporte segue a ser un territorio hostil para o colectivo.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by NCD (@norte_cinema_diverso)

Programa

En total serán tres longametraxes e catorce curtametraxes, procedentes de España, Polonia, México, Francia, Portugal, Argentina, Ecuador e Galicia, representada con dúas obras.
Un xurado composto por cineastas e xornalistas elixirán a curta gañadora do premio Trini Falcés. Deste xeito, Norte Cinema Diverso reivindica o legado desta muller trans coruñesa que encabezou en 1977 a primeira manifestación do Orgullo en España, celebrada en Barcelona.

Fóra de concurso, proxectarase a curtametraxe ‘Memoria LGTBIQ+’, realizada pola asociación Palestra e producida polo Concello da Coruña.

Programa Norte Cinema Diverso 2025 copia

Obradoiro

Outra ferramenta de visibilización e de búsqueda de audiencias máis amplas e comprometidas é o obradoiro de cine con móbil. Este proxecto comezou en novembro e estes días están a rematar a montaxe da curtametraxe, que se poderá ver no Teatro Colón na xornada do sábado. A curta titúlase ‘Ela e eu’ e está baseada nunha obra de teatro do mesmo nome, realizada por escolares do colexio Andaina, e que denuncia o acoso que sofre unha rapaza da que se sospeita que é lesbiana. Máis de 30 cativos e cativas participaron na elaboración da curtametraxe.

NDC Educa e expansión ata Santa Comba

Coa idea de deslocalizarse e chegar a outros públicos fóra da capital, o festival xa ten levado, a través do proxecto NCD Educa, sesións de proxección e debate aos institutos de Oleiros, Arteixo e Cambre.

Desta volta abre un pouco máis as fronteiras, e celebrará o sábado 8 de febreiro unha xornada de cine e debate en Santa Comba, que incluirá a proxección da película ‘Te estoy amando locamente’ e un coloquio posterior coa participación dos codirectores do certame, Fernando Cayazzo e Fito Ferreiro.

Máis novas

Arrinca o Norte Cinema Diverso, que amosa a realidade LGTBIQ+ dende o prisma do cine galego e portugués

As familias do Conservatorio do Burgo denuncian as humidades do centro e o BNG pide que a Xunta asuma a xestión

0

Non desisten os problemas no Conservatorio Profesional de Música do Concello de Culleredo. Despois das protestas de 2023 pola falta de profesorado, desta volta a ANPA O Burgo volve á palestra pública para denunciar as graves carencias do edificio.

As familias denuncian que o centro está sen calefacción dende mediados de decembro, sumando esta situación á falta de mantemento “dende fai anos”, a pesar das peticións das familias.

”As fugas de auga son constantes e non se poden paliar coa colocación estratéxica de cubos e cartóns polos corredores e nas aulas, o que implica un risco elevado de escorregamento e caídas ao mesmo nivel. Porque o tellado acumula auga co perigo de desprendemento dos paneles superiores do teito, o que implica a posibilidade de que algún elemento caiga sobre algunha persoa”, denuncian.
Alertan das humidades e o mofo que hai por todo o edificio e das fendas que van aparecendo.

Por iso pide ao Concello que realice actuacións canto antes por “seguridade”, “saúde”, e “dignidade”. “Os/as nosos/as fillos e fillas merecen ter unhas condicións dignas e saudables durante a realización dos seus estudos artísticos e musicais”. “Por unhas ensinanzas artíricas de calidade!”.

Humidades no CMUS de Culleredo

O BNG pide á Xunta que asuma a xestión do Conservatorio

Paralelamente, o BNG entende que o Conservatorio é “competencia da Xunta”, por iso presentará unha reclamación no Parlamento apoiada por máis de 400 sinaturas, pedindo que” a Xunta asuma a xestión e o custo do conservatorio municipal de Culleredo”, e que mentres planifica a asunción das súas competencias, que “convoque axudas para que os Concellos poidan cubrir os custos da xestión”.

A parlamentaria nacionalista declarou que “os Conservatorios de música municipais representan na actualidade unha carga económica importante para os Concellos que os asumen e ademais supoñen un problema para a súa xestión e unha discriminación para o alumnado e o profesorado, ao non contar cos mesmos recursos que os Conservatorios que xestiona a Xunta”.

Humidades no CMUS de Culleredo

Investigan a unha traballadora por roubo de xoias aos anciáns dun centro de Oleiros

0

A Garda Civil de Oleiros investiga a unha traballadora dunha residencia de anciáns e á súa parella, ambos os veciños de Sada, por supostos furtos de xoias ás persoas atendidas no centro. Segundo explican nun comunicado, a traballadora aproveitaba a súa posición para subtraer xoias das persoas ás que coidaba, substituíndoas en ocasións por pezas de bixutaría de menor valor.

Posteriormente, as xoias eran vendidas en establecementos de compravenda. Destacan que o feito de que as vítimas fosen persoas de avanzada idade, en moitos casos con dificultades para decatarse da desaparición das súas pertenzas, supuxo un desafío engadido para a investigación deste tipo de delitos.

A investigación permitiu recuperar algunhas das xoias subtraídas, que xa foron devoltas aos seus lexítimos propietarios. No entanto, as indagacións continúan abertas co obxectivo de identificar posibles feitos similares.

O CHUAC alcanza os 309 transplantes de órganos en 2024, a cifra máis alta da súa historia

0

O complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC) alcanzou en 2024 a cifra de 309 transplantes de órganos, a cifra máis alta da historia do centro.

Así o informaron os seus responsables nunha comparecencia na que explicaron que se realizaron 157 transplantes de ril (17 de doante vivo); 64 de fígado; o mesmo número de pulmón; 30 de corazón e catro pancreáticos, aos que se suman cinco transplantes infantís e dez dobres.

En canto ao número de doantes, ascendeu a un total de 37, dos que 15 foron en asistolia controlada. A taxa de doazón da área sanitaria, con 67,5 doantes por millón de poboación, sitúase por encima da media estatal (52,6) e autonómica (50,7).

Supérase así, apuntaron, o obxectivo de 50 doantes por millón de poboación marcado pola Organización Nacional de Transplantes para o ano 2024, sendo España o país con maior taxa de doazón do mundo.

En canto ás negativas familiares, Galicia presenta unha porcentaxe do 19%, menor que a media española do 18,5%, mentres que no Chuac sitúanse no 15,90 por cento.

O Concello inicia os trámites para aprobar unha taxa turística

Despois do anuncio da proposta de regulación das vivendas de uso turístico, o Concello da Coruña vén de comunicar o comezo dos trámites dunha taxa turística que podería estar n funcionamento en xuño, unha recarga municipal de entre 1 e 2,5€ por persoa visitante e pernocta que se incluirá no imposto galego sobre as estadías turísticas na cidade.

Indicou que a taxa serviría para “poder facer fronte aos gastos que se derivan do elevado fluxo de visitantes que recibe a cidade da Coruña, especialmente intenso nalgúns barrios que sofren os efectos da masificación turística”. Con todo, tamén  indicou que estes ingresos tamén “permitirán levar a cabo investimentos vinculados á promoción, o impulso, a protección, o fomento e o desenvolvemento dun turismo sustentable na cidade”.

Lage fixo unha comparación con outras cidades, apuntando o 4 euros de Barcelona ou Baleras, ou os 7 de Xenebra; os 6 de París, ou os 5 de Venecia.

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, sinalou que a hipotética taxa, que se establecerá mediante ordenanza fiscal, se someterá a consulta pública, a través da web municipal, durante un periodo de 20 días.

Máis novas

A ordenanza que regulará as vivendas de uso turístico deixará a máis de 1.500 pisos en situación irregular

O Plan Director do Corredor Atlántico avanza na conexión por tren entre o Porto Exterior e o porto interior da Coruña

0

Presentáronse esta mañá no Pazo de Mariñán os últimos avances do Plan Director do Corredor Atlántico en Galicia. Responsables do Comisionado especial formado dende o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible informaron, ante representantes do resto de administracións implicadas no Plan, das novidades relativas ás novas infraestruturas incluídas tanto na rede básica, cuxo horizonte temporal é 2030, como en a rede global, prevista para 2050.

Asistentes a presentacion do Plan Director do Corredor Atlantico

O Plan Director do Corredor Atlántico en Galicia contempla investir 4.561 millóns de euros ata 2030 no seu desenvolvemento. Deste investimento, 3.059 millóns corresponden a accións incluídas pola Unión Europea no rede básica e 1.502 millóns corresponden a actuacións contempladas no rede global, pero o Goberno decidiu adiantalo a 2030.

Entre as accións máis relevantes está a conexión do porto exterior da Coruña, que en 2026 estará conectado en tren co porto interior, grazas aos máis de 5 km de túneles que están a ser executados, cun investimento de 352 millóns entre 2023 e 2027.

Plan Director Corredor Atlantico Porto da Coruna

A remodelación e modernización da estación intermodal da Coruña (ata 20 millóns entre 2022 e 2026; 16 en incremento da seguridade operacional e 3 para investimento de apoio), así como as de Ourense, Lugo, Vigo e Santiago, tamén forman parte deste Plan.

O Plan contempla tamén melloras na conexión ferroviaria Vigo Guixar-Monforte-Covas; na conexión transfronteiriza Guillarei-Tui ou o eixo de Santiago-Ourense-A Gudiña, entre outros.
Ademais, levarase a cabo Investimentos nos principais aeroportos galegos e actuacións en infraestruturas viarias como a A-55, AC-11 (os 18 millóns da reforma anunciada da avenida de Alfonso Molina da Coruña) e AP-9.

Avanza a produción de “Decorado”, o terceiro filme de animación do premiado director coruñés Alberto Vázquez

0

A agardada terceira nova longametraxe de animación do cineasta e ilustrador coruñés Alberto Vázquez encara a recta final dos traballos de produción cara á súa estrea neste ano 2025. A compañía galega Abano Producións volve compartir camiño coa vasca UniKo nun novo traballo deste premiado director, que xa ten dous Goya á mellor longametraxe de animación polas súas dúas anteriores películas, Unicorn Wars (2022) e Psiconautas, los niños olvidados (2017), así como á mellor curta de 2012 por Birdboy.

O proxecto recibiu a visita do representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Jacobo Sutil, xa que conta cunha subvención de 260.000 euros da Xunta na convocatoria de 2023 para produción e coprodución de proxectos audiovisuais.
En total, a realización desta película mobiliza máis de 100 profesionais, dos que unha trintena se atopan na nosa Comunidade. e o resto se reparten no País Vasco e Extremadura.

20240128-decorado-by-andrea-rodriguez-16
Visita de Jacobo Sutil, de pé, á esquerda de Alberto Vázquez, segundo pola dereita. Foto: Andrea Rodríguez

O director, Chelo Loureiro, de Abano, e Iván Miñambres, de UniKo, uníronse á produtora estremeña Glow e á portuguesa Sardinhas en Lata para a coprodución dun proxecto que parte da aclamada curtametraxe homónima, premio Goya á mellor curta en 2017, e para o que contan ademais coa distribuidora francesa Le Pacte.

Realizada en versión orixinal galega, o filme é unha fábula existencialista sobre o sentido da vida e as crises que a atravesan.