Inicio Blog Páxina 255

LesCoruña cuantifica a soidade que sofren as mulleres lesbianas galegas

0

Presentaba este pasado sábado a Asoc. LesCoruña, o primeiro informe, realizado en colaboración coa Deputación sobre a soidade non desexada realizado entre as mulleres lesbianas e bisexuais galegas. O espazo Teu Teu (Orzán 96, A Coruña) acollía o resumo e as conclusións desta análise feita por Kika Fumero, exdirectora del Instituto Canario de Igualdad, que estivo acompañada pola escritora e activista Eva Mejuto e a Concelleira de Benestar Social Nereida Canosa.

Son impactantes as conclusións do informe (podedes velo aquí) que presenta esta Asociación de Mulleres pola Igualdade e a Visibilidade Lésbica da Coruña, entidade que loita polos dereitos do colectivo LGTBIQ+ dende o 2018. O dato máis reseñable, é que o 62% das lesbianas galegas aseguran sentirnse soa pola súa orientación sexual, pola que sentiron depresión nalgún momento da súa vida.

O informe destaca tamén que o 42,4% das mulleres lesbianas e bisexuais declararon ter baixa autoestima, e ata o 62% expresa insatisfacción vital en relación a como viven a súa sexualidade.</p

Ocultación

Vai máis alá o informe falando da ocultación da súa condición. Só o 21,8% das mulleres bisexuais están fóra do armario no lugar de traballo e a metade das enquisadas ​​admite ocultar nalgunha ocasión a súa orientación sexual para evitar conflitos.

Enquisa para ampliar o informe

O estudo estenderase a unha segunda fase mediante unha ampliación das enquisas, que se recollerán en liña e de forma anónima a través desta ligazón.

 

O BNG reprocha á alcaldesa da Coruña ter “descoidado o día a día” da actividade municipal

0

No marco do cruce de declaracións arredor da negociación dos orzamentos de 2025, tócalle o turno ao BNG. Trala resposta da rexedora ao anuncio do BNG de non apoiar os orzamentos de 2025 por mor dos incumprimentos do acordo de investidura, e coa postura do PP polo medio, tócalle o turno de novo ao portavoz do grupo municipal do BNG no Concello da Coruña.

Francisco Jorquera, reprochou á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ter “descoidado o día a día” da actividade municipal. “Ante a afirmación da alcaldesa segundo a cal o BNG lle ten que explicar á cidadanía as razóns polas que non vai negociar os orzamentos”, insiste a formación, o seu portavoz remarca que dedicou “practicamente toda a sesión plenaria” do luns a facelo (poden ver aquí o pleno).

No entanto, o edil do BNG convida á alcaldesa a participar ao encontro promovido polo BNG este xoves, un acto público coa cidadanía baixo o rótulo FÍO DIRECTO, que se celebrará no Salón Enseada do Hotel Riazor a partir das 19 horas, e no que, engade, “a veciñanza vai ter a oportunidade de intercambiar impresións”. “Se quere asistir e mesmo formular preguntas, por nós encantados”, engade.

Máis novas da polémica

O PP da Coruña ofrece diálogo ao PSOE para negociar o orzamento de 2025 pero convida á alcaldesa a “irse”

A alcaldesa da Coruña tras o “non” do BNG: “Haberá orzamentos, non descarto ningunha posibilidade””

O BNG non apoiará o orzamento de 2025 para a cidade polo “incumprimento” do PSOE de acordos subscritos

O PP da Coruña ofrece diálogo ao PSOE para negociar o orzamento de 2025 pero convida á alcaldesa a “irse”

0

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, trasladou a disposición do seu partido a negociar cos socialistas un orzamento para 2025. Faino despois de que o BNG anunciase onte que non aprobará os orzamentos ao non o grupo de goberno os acordos de investidura e outros subscritos para as contas municipais deste ano.
Onte a rexedora Inés Rey botaba o balón enriba do tellado do BNG pero deixaba a porta aberta a unha posible negociación tamén co PP.

Esta mañá de mércores, en rolda de prensa, Lorenzo culpou desta situación á propia alcaldesa. “É un problema para a cidade, debe dar un paso atrás e irse”, dixo ao denunciar que asuntos como contratos da xestión do lixo ou o dos buses urbanos, que finaliza este ano estean pendentes, dixo. Tamén cuestionou que unha gran parte do labor municipal “se concentre” no portavoz do goberno local, José Manuel Lage.

Cuestionado se cre que o goberno local, en minoría e que goberna tras o acordo de investidura co BNG, debe someterse a unha cuestión de confianza, delegou esta resposta nos nacionalistas, aos que reprochou “contradicións” no seu discurso.  “A miña pregunta é se o BNG vai apoiar ou non esa moción de confianza”, expuxo denunciando o “BNG é vítima, pero tivo o precedente de todos os incumprimentos do goberno socialista coa Marea”.

LINEAS VERMELLAS: A rebaixa de impostos

Para negociar cos socialistas o orzamento do próximo ano, o portavoz municipal do PP estableceu dúas liñas vermellas: “unha rebaixa dos impostos” (no último pleno o goberno anunciou unha conxelación para o 2025) e que todas os nenos que teñan recoñecido o dereito ás bolsas comedor teñan acceso á mesma. Isto expúxoo tras afirmar que este ano quedaron fose menores “por falta de previsión orzamentaria”.

Como “xesto de confianza” citou, como exemplo, que se dea cumprimento ao acordo, por unanimidade, no pleno, se suspenda o convenio de urbanización das Xubias e “se tramite” o Plan Xeral.

“Pola traxectoria da alcaldesa, creo que non nos chamará”, recoñeceu, no entanto, a pesar de incidir en que teñen “a man tendida” despois de que o BNG dera “un portazo” ao goberno local. “Sempre que se pecha unha porta, pódese abrir unha xanela”, sentenciou.

Isto para incidir en que o fan porque o que lles preocupa son “os intereses da Coruña e dos coruñeses”. Por outra banda, rexeitou unha prórroga do orzamento ao considerar que os actuais non son bos. Respecto diso, denunciou que a novembro existen “98 millóns de euros sen executar”.

Máis novas da polémica

A alcaldesa da Coruña tras o “non” do BNG: “Haberá orzamentos, non descarto ningunha posibilidade””

As diferentes opinións de PSOE e BNG sobre a primeira reunión para negociar os orzamentos de 2025

A UDC participa nun proxecto nacional sobre a educación plurilingüe

0

A Universidade da Coruña (UDC) participa nun proxecto nacional sobre o futuro da educacion plurilingüe, nunha investigación liderada pola Universidade de Córdoba e con presenza tamén da de Las Palmas de Gran Canaria.

A profesora Pilar Couto Canteiro, docente da área de Didáctica da Lingua e a Literatura da Facultade de Ciencias da Educación da UDC forma parte do mesmo.

Segundo informa o reitorado, trátase dun proxecto de investigación nacional competitivo concedido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, ‘Future of Bilingual Education’ (FoBE).

Nel, están a analizarse datos a través de entrevistas a alumnado dos niveis de 4º de ESO, 2º de Bacharelato e estudantes universitarios sobre as súas percepcións acerca da utilidade que lle van dar á formación bilingüe que recibiron ou están a recibir.

Más dunha trintena de artistas participarán no Nonviolencia Activa Fest

0

Xa non queda nada para que o sábado 23 de novembro a partir das 17:15h, o Ágora acolla a segunda edición do Nonviolencia Activa Fest.

Un encontro de expresións artísticas a favor da paz e en contra de todos os tipos de violencia, que reunirá a máis de 30 nomes do talento musical, plástico e poético que residen na Coruña e Galicia.

A apertura de portas realizarase ás 17:15 e ás 17:30 tera lugar unha visita guiada á exposición de artes plásticas deseñada por Gosia Trebacz. Son 14 os artistas que participan nela: Roke Armas, Alfonso Caparrós, elchano, Chelo Facal, Alba Fiamma Art, Alberto Franco, Maica Gómez, Mohamed Saïd Hamdad, Roiayer, Lola Saavedra, Bego Tojo, M. Touzón, Gosia Trebacz e Xulia Weinberg.

Nonviolencia Activa Fest II Cartel final

Ás 18:00 comezará o evento en directo, presentado por Estela López e Ricardo Sandoval. Xuntos darán paso ás actuacións de Ramiro Edreira, Xawar, Marmo Trazos, Kreze e a Banda percusión Diversidarte. Serán dúas horas para gozar da música en directo.

A arte tampouco se termina aquí. Todas as persoas que asistan ao Nonviolencia Activa Fest poderán levar un agasallo moi especial: un poema cedido por María Teresa Fandiño Pérez, Alba Fiamma Art, Eva Fórneas Braña, Frases Para unha Vida, A. Garci, Sara M. Bernard, Alba Mac, Xema Millán, Iria Moliner, Héctor Quijano, Tamara Rademacher, Beatriz Ramón Iglesias, Rilin, María Villar Portas e Tania Yáñez Castro.

O Nonviolencia Activa Fest

O Nonviolencia Activa Fest enmárcase, ademais, dentro da programación da Marcha Mundial pola Paz e a Noviolencia na Coruña. Este é un evento global no que un equipo de persoas percorre o planeta difundindo as ideas da noviolencia, mentres que en centos de cidades organízanse actividades no mesmo sentido.

Partiu de Costa Rica o pasado 2 de outubro e regresará de novo ao país o 5 de xaneiro, tras deixar por todo o mundo un rastro de mobilizacións sociais.

O día 23 de novembro, coincidindo co festival no Ágora, chegará á Coruña o Equipo Base que percorre o planeta para celebrar xunto aos e as asistentes outra etapa deste comprometido camiño.

As novas craftbeers de Gures espállase dende a Costa da Morte

0

A partir deste venres, 22 de novembro, o público poderá degustar e coñecer o formato e as botellas das dúas primeiras cervexas artesás creadas pola empresa galega de bebidas GURES: ‘The British Brown Ale’ e ‘Anarchy Lager’.

As referencias, que nacen cunha forte vinculación coa Costa da Morte, só estarán dispoñibles nalgúns comercios e locais de hostalería tanto dese territorio como da cidade da Coruña. 

‘The British Brown Ale’ nace da tradición artesanal británica, que respecta as súas maltas e método, pero incorpora “elixir” GURES a través dunha infusión en frío.
A segunda referencia, a ‘Anarchy Lager’, é unha “lager irreverente, que rompe as regras e combina o seu sabor clásico cun carácter atrevido e transgresor”.

Cubes publicitarios de Gures pola Coruna
Cubos publicitarios de Gures pola Coruña

Onde atopar GURES

A partir deste venres día 22, as novas cervexas artesás GURES só poderán degustarse nunha primeira selección de espazos, como Malte (Galera e Atochas), Barbería, Bristol Bar, Creedence Rock Bar, La Mar Salada, La Mejorana, Millo, Nado. , Onda Café, Rosmon Burger, Twin Fin e Vinos Arana; pero tamén en Bátava (Ferrol), Puerto Alé (Santa Cruz), O Semáforo de Fisterra e Taberna do Bico (Camariñas).
A partir de decembro, a selección ampliarase a outros establecementos da provincia da Coruña.

O rei Felipe VI participará no XXIII Congreso de Directivos CEDE que se celebrará o día 28 de novembro

0

O rei Felipe V ten previsto participar o vindeiro xoves, día 28, no XXIII Congreso de Directivos CEDE, que se celebrará na Coruña e que congregará a 1.400 directivos co propósito de analizar o panorama actual e os desafíos futuros.

Así o confirmaron fontes da súa contorna consultadas por Europa Press e, desta forma, o xefe do Estado volve repetir na cita que a cidade herculina xa acolleu en 2015.

A edición deste ano, baixo a lema ‘Liderado en tempos de intelixencia artificial’, dará cita a expertos, directivos e líderes co obxectivo de abordar a situación actual e o futuro económico.

Así mesmo, o Congreso contará coa participación da presidenta do Banco Europeo de Investimentos, Nadia Calviño, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, entre outros.

Nace a Fundación Amador de Castro dirixida a persoas coa síndrome de Down e diagnosticadas de Alzheimer

0

Familiares do empresario Amador de Castro presentaron, nun acto nun hotel coruñés, a fundación que leva o nome do mesmo e que buscará axudar a persoas con síndrome de Down e a outras diagnosticadas de Alzheimer.

Ao acto, asistiron, entre outros, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e a titular de Política Social e Igualdade, Fabiola García, que puxo en valor o “exemplo de compromiso social” do empresario e destacou iniciativas como esta.

Foi na presentación a representantes do ámbito social, empresarial e institucional da Coruña e de Galicia desta nova fundación, con presenza de familiares, amigos, directivos e traballadores das empresas vinculadas á traxectoria profesional de Amador de Castro.

Na presentación, estiveron a presidenta da Fundación e esposa de Amador de Castro, Rosa Torre Fouz e as súas fillas Marta, Branca e Susana, quen, en declaracións aos medios, sinalou que o obxectivo é seguir “o legado” do seu pai.

Xa na apertura do acto, Marta de Castro Torre, patroa da Fundación e filla de Amador de Castro, incidiu nesta idea e no obxectivo de prestar axuda a estes colectivos cos que traballará a fundación e tamén ás súas familias.

O artista Dani Martín actuará o 16 de maio de 2026 na Coruña, as entradas estarán á venda este xoves

0

O artista Dani Martín actuará o 16 de maio de 2026 na Coruña, dentro da súa xira ’25 p*t*s anos’ e nun concerto para o que as entradas se porán xa á venda desde este xoves.

Así o avanza o consistorio que explica que será unha actuación na que repasará todos os grandes éxitos dá a súa carreira musical, desde a súa etapa en El Canto del Loco ata a actualidade.

Este é o primeiro concerto confirmado no Coliseum para 2026 e será, ademais, o único que ofrecerá Dani Martín en Galicia, remarca o concello herculino.

Este xoves, ás 12.00 horas, sairán á venda ás entradas para o resto de datas confirmadas para 2026, incluíndo o concerto do 16 de maio no Coliseum coruñés.

Curtis segue homenaxeando ao Tío Benito do Santo

0

Continúan as homenaxes ao Tío Benito do Santo, que comezaron en xuño por unha das súas bisnetas, Emilia Seoane (Piruca) na súa casa de Curtis coa creacón dun mural realizado por Sfhir, artista mundialmente recoñecido e galardoado.

Esta pasada fin de semana, ducias de familiares de Benito Seoane Paredes “o Tío Benito do Santo”, reunironse un xantar no café Express de Curtis. Bisnetas e bisnetos, tataranetas e tataranetos queren recordar e render homenaxe a unha figura emblemática e moi querida en Curtis, pola súa xenerosidade e espírito comunitario materializado na doazón de terreos fundamentais para o desenvolvemento desta vila nos comezos do século XX.

Ademais de menú e mesa tamén compartirán xenealoxía familiar, con datos de ata 10 xeracións de ascendentes e descendentes de Benito Seoane e a súa dona Ángela Sánchez Rendal. Esta familia quere celebrar o sentimento de identidade e orgullo comunitario do que son legatarios por parte do seu bisavó e tataravó Benito.

Máis novas

Curtis xa ten un mural de referencia na honra do Tío Benito do Santo