Inicio Blog Páxina 37

O BOE publica a formalización das obras do Centro Oceanográfico da Coruña por 4,6 millóns de euros

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este venres o anuncio de formalización de contratos da Secretaría Xeral da Axencia Estatal do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para as obras de reforma integral do Centro Oceanográfico da Coruña.

En concreto, o boletín oficial recolle a licitación das citadas obras, para as cales se recibiron un total de 16 ofertas. A adxudicataria resultou ser unha empresa con sede no municipio coruñés de Culleredo, e o valor da proposta seleccionada ascende a 4,6 millóns de euros.

O prazo de presentación de recursos, no caso de que o contrato fose susceptible de recurso especial en materia de contratación, non poderá efectuarse antes de que transcorran 15 días hábiles desde o momento no que se remita a correspondente notificación.

A Policía Local da Coruña intensifica o control dos patinetes eléctricos cun novo equipamento técnico

O Concello da Coruña puxo en marcha unha campaña de control enfocada nos patinetes eléctricos e outros vehículos de mobilidade persoal (VMP). A iniciativa lévase a cabo para aplicar a nova normativa existente para este tipo de transporte, “facendo un maior control do seu uso e fomentando a responsabilidade das persoas usuarias”.

Para realizar estes controis, a Policía Local promove un novo equipamento que facilita a verificación das condicións técnicas destes vehículos en circulación e a detección de modificacións irregulares na súa potencia ou velocidade. Así mesmo, o corpo municipal intensificará o control do cumprimento das obrigacións administrativas básicas, como son a inscrición no rexistro de vehículos privados lixeiros, dispor da correspondente etiqueta identificativa e contar co seguro de responsabilidade civil obrigatorio.

Así o explicou a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, quen incidiu en que “o uso neglixente ou temerario destes vehículos supón un claro risco para manter a seguridade viaria na cidade”. Por este motivo, a responsable municipal remarcou que considera totalmente “imprescindible facer un esforzo extra de control e seguimento” nas rúas de cara aos vindeiros meses.

O Concello da Coruña humaniza a rúa Arquitecto Rei Pedreira e impulsa o Castro de Elviña

O Concello da Coruña avanza no plan de barrios 2025-2027 coa humanización da rúa Arquitecto Rei Pedreira, que se renovará de xeito integral co principal obxectivo de gañar en accesibilidade.

Así o informou o Goberno local, que sinala que ultima os preparativos para reurbanizar o conxunto da vía. Esta reforma gañará en superficie peonil con pavimentos modernos e tamén arboledo, logrando, ademais, manter as prazas de estacionamento existentes na zona.

Por outra banda, o consistorio avanza co seu plan de accións para a posta en valor do Castro de Elviña, considerado un dos principais enclaves patrimoniais e históricos do municipio.

Deste xeito, o vindeiro luns, día 25, comezarán as obras de construción do novo centro de apoio ás iniciativas arqueolóxicas e didácticas, un equipamento de relevancia crave para potenciar o Castro como recurso natural, paisaxístico e ambiental.

Miguel Lorenzo convencido que será novamente candidato do PP na Coruña: : “É Rueda quen ten que anuncialo”

O portavoz do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, destacou que ten un “gran proxecto de cidade, un gran equipo e ganas”. O seu obxectivo, anunciou, é poder repetir como candidato á Alcaldía da cidade herculina nas eleccións municipais que se celebrarán en maio de 2027 á espera de que o confirme o PPdeG a “principios de xuño”.

“Teño todo o seu apoio para seguir adiante neste traballo que estou a facer co meu equipo”, asegurou ao citar ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo; da Xunta, Alfonso Rueda; e o provincial, Diego Calvo. No entanto, sinalou que é “Rueda quen ten que anunciar o candidato”. Así o manifestou durante unha convocatoria de medios con todo o seu equipo para facer balance ante os próximos comicios.

“Queremos unha cidade cómoda, amable, para todos os coruñeses, funcional, accesible competitiva e humana”, recalcou tras destacar “certas características” súas para ser alcalde como a súa “capacidade de traballo, a gran virtude de escoitar” e o seu “compromiso” coa cidadanía. “É a antesala para tomar boas decisións, algo do que carece Inés Rey“, apuntou respecto da alcaldesa herculina e lamentar que “A Coruña deixou de ser unha cidade de oportunidades”.

Así mesmo, Lorenzo reiterou que o seu obxectivo é “outra forma de gobernar tanto no fondo como nas formas para que A Coruña volva funcionar de novo”. Neste sentido, criticou a “falta de liderado” da actual rexedora, a súa “tremendamente preocupante” xestión económica e o “buraco urbanístico e social” no que sumiu á urbe. Todo iso, engadiu co “cómplice” do BNG.

Carme Fernández Pérez-Sanjulián guiará este domingo o novo roteiro da AELG pola cidade sobre Otero Pedraio

0

A Asociación de Escritores en Lingua Galega continúa cos seus roteiros literarios.  O Roteiro Camiñando con Otero Pedraio pola Coruña, guiado por Carme Fernández Pérez-Sanjulián, vai ter lugar o domingo 24 de maio, a partir das 12:00 horas, na Coruña, tendo como punto de saída a Praza de María Pita, diante da porta do Concello.

Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

A actividade conta co apoio do Concello da Coruña.

Unha limpeza da praia de Riazor polo Dépor

Este sábado, a praia de Riazor volverá encherse de compromiso, deporte e orgullo branquiazul. O Colectivo Arenalimpia regresa cunha nova xornada de limpeza ambiental que promete ser a máis especial e fermosa das organizadas ata o de agora. O evento terá lugar este sábado ás 11:00 horas en Riazor, nunha edición dedicada ao Deportivo da Coruña baixo o lema que resume á perfección o espírito do evento: “Nos van a ver volver”.

A xornada combinará a concienciación ambiental, o espírito comunitario e a paixón polo Deportivo nun ambiente aberto a todas as idades. Veciños, familias, afeccionados e voluntarios unirán forzas para coidar un dos lugares máis emblemáticos da Coruña.

Ademais, os organizadores animan a todos os participantes a vestir as súas camisetas do Deportivo para transformar a limpeza nunha auténtica marea branquiazul na area de Riazor.

Todos os asistentes tamén poderán desfrutar da comida grazas á colaboración de Pizzería Pepe e El Perrito Loco, que se unen a esta iniciativa benéfica e sostible. Arenalimpia anima a toda a cidade a participar: «Queremos que esta limpeza sexa unha celebración, unha mostra de orgullo pola nosa praia, pola nosa cidade e polo noso equipo».

Máis novas

Unha limpeza global con epicentro en Santa Cruz

Evalúan o estado de limpeza da praia de Gandarío

 

Ana Pontón presentou a Avia Veira como a candidata do BNG para que A Coruña “dea un paso adiante”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a Avia Veira como a candidata a alcaldesa que pode facer que A Coruña “dea un paso adiante”. NUn acto celebrado na Praza Indalecio Prieto, en Monte Alto, a concelleira comprometeuse a traballar por unha “cidade mellor” ante un goberno local socialista que considerou “esgotado”. Foi nun acto no barrio de Monte Alto de presentación da candidatura e no que Pontón asegurou que Avia Veira “ten a forza, o proxecto e o liderado que se necesita” e insistiu en que a candidata nacionalista para as próximas eleccións municipais “vai a por todas” cun proxecto que poña aos veciños no centro das políticas.

“Avia Veira é unha muller honesta e traballadora que exerce a política de verdade, de proximidade, pegada á rúa, mirándolle aos ollos á xente”. Tamén reivindicou a xestión do BNG. “Sabemos transformar en positivo, xestionar con eficacia e con honestidade cada euro para mellorar a vida da xente”, dixo nun acto no que tivo palabras de agradecemento e recoñecemento para o candidato nacionalista e tamén edil nas últimas eleccións municipais, Francisco Jorquera. Isto nunha intervención con alusión ao obxectivo do BNG de recuperar a fachada marítima para os veciños. Neste sentido, apelou á necesidade dun “cambio de rumbo” fronte ás políticas de socialistas ou de populares.

COMPROMISOS DA CANDIDATA

Pola súa banda, a candidata á Alcaldía da Coruña, Avia Veira, avanzou que quere ser a alcaldesa que lidere “un proxecto ilusionante” pensado para “os barrios da Coruña e non para os intereses duns poucos”.

Fronte a un goberno local “esgotado, sen ideas e desconectado da realidade das coruñesas e coruñeses”, defendeu que o BNG busca gobernar na cidade cunha alcaldesa “próxima”. Foi nun discurso con críticas tamén ao PP, do que manifestou que “representa o pasado”.

Acto Presentación Avia Veira na Coruna 3

O 6 de xuño, nova mobilización polo dereito a unha vivenda e contra a especulación

A Plataforma polo Dereito á Vivenda, o Sindicato de Barrio Os Mallos Falperra e o seu espazo da Revolteira, convocan o apoio da Confederación Xeral do Traballo (CGT), unha nova manifestación polo dereito á vivenda e contra o roubo dos rentistas á clase traballadora.

Despois da masiva concentración nas Conchiñas do mes de marzo, e da mobilización do ano pasado polos Cantóns e María Pita, o vindeiro sábado 6 de xuño ás 12.00 h comezará a manifestacuión na praza de Ourense, diante da Delegación do Goberno.

Unha mobilización que forma parte dunha onda de protestas en máis de 20 cidades do Estado tamén convocadas polo Sindicato de Inquilinas, baixo o lema “Nin os alugueiros polas nubes. Nin os salarios polo chan”.

Os argumentos son máis sufridos por boa parte da poboación: alugueiros imposibles de pagar cun soldo normal ante ademais, o aumento xeral do custo da vida —alimentación, enerxía e transporte—, que está a afondar no empobrecemento da clase traballadora, mentres os beneficios empresariais continúan a medrar.

A CGT advirte de que a especulación está a impedir o acceso a unha vivenda digna a amplos sectores da poboación, mesmo a persoas con emprego ou pensión, que se ven obrigadas a compartir piso, a atrasar a súa emancipación ou mesmo a convivir coa parella por non poder separarse.
O sindicato sinala que unha minoría de rentistas se enriquece á conta das rendas do traballo e do deterioro das condicións de vida da maioría social.

Como leva dicindo dende a Plataforma, “vivenda é un dereito, non un negocio”, e por iso “Vivir na túa cidade non debería ser un luxo”.

Novas relacionadas

A organización anarquista galega Xesta preséntase na Coruña

A Agra do Orzán berrou contra a especulación arredor da vivenda

A mocidade sae á rúa para acabar co negocio da vivenda

Outras novas

Canto inflúen as Vivendas de Uso Turístico na subida de prezos do alugueiro?

O Ministerio para a Transición Ecolóxica recibe un premio polo dragado ambiental da ría do Burgo

O Goberno central iniciou unha serie de actuacións na ría do Burgo co obxectivo de adaptar esta contorna aos efectos do cambio climático e prever o ascenso do nivel do mar. O secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, visitou a zona para comprobar o avance duns traballos que forman parte dun paquete de investimento de 80 millóns de euros executados pola Demarcación de Costas na provincia da Coruña.

Durante o seu percorrido, no que estivo acompañado polo subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, Morán reivindicou o investimento na descontaminación e nas intervencións no bordo litoral para devolver á cidadanía o uso dun espazo de “altísimo valor ecolóxico”. O secretario de Estado sinalou que estes terreos foran “roubados historicamente para poñelos ao servizo de actividades privadas” sen ningunha prevención, o que convertera a ría “nunha auténtica cloaca, nun verquido en contra do interese do conxunto da cidadanía”.

RESISTENCIA ÁS MAREAS ALTAS

A estratexia actual aplica un criterio de intervención que busca anticipar mecanismos de prevención fronte a fenómenos que o Goberno considera “absolutamente inevitables”. No caso concreto da ría do Burgo, executáronse mudanzas de carácter urbanístico para que o paseo marítimo sexa “perfectamente resistente á invasión das augas en mareas altas”.

Coincidindo con esta visita, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou hoxe o anuncio da Demarcación de Costas de Galicia relativo á aprobación definitiva do proxecto de restauración das marismas da enseada de Mera, na ría de Ortigueira.

NOVO TREITO NA PASAXE E DEMANDA Á XUNTA

Ao acto tamén asistiu o portavoz do executivo local coruñés, José Manuel Lage, quen especificou que o investimento estatal no tramo correspondente ao municipio da Coruña supera os 800.000 euros. Estes cartos destínanse ás obras que se están executando xunto á conxeladora situada nesa zona, as cales permitirán abrir un novo tramo de paseo marítimo de 470 metros na área de A Pasaxe.

Este novo espazo público estará conectado co paseo de Culleredo bordeando a ría, e contará cun percorrido peonil de tres metros de ancho e cun carril-bici. Aproveitando o encontro, Lage apelou directamente á administración autonómica para reclamar un cambio de estratexia. O portavoz local cualificou de “urxente” e “imprescindible” que a Xunta de Galicia aborde unha política de mobilidade desde unha visión metropolitana.

O MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA RECIBE UN PREMIO

Hugo Morán, recolleu este xoves na Coruña o XIV Premio San Telmo concedido ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) pola obra do dragado ambiental da ría do Burgo.

O galardón, outorgado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia, recoñeceu esta actuación como a mellor obra de enxeñaría galega na edición correspondente aos anos 2024 e 2025, destacando a súa calidade técnica, ambiental e social.

Córdoba e A Coruña enfrontan no Senado os seus plans de vivenda: aumento de oferta fronte á intervención do mercado

A  alcaldesa socialista da Coruña, Inés Rey e o alcalde ‘popular’ de Córdoba, José María Bellido, confrontaron este xoves no Senado os seus modelos para afrontar a crise de vivenda, contrapondo a aposta pola simplificación administrativa e o aumento de oferta defendida pelo rexedor andaluz fronte á intervención do mercado e a regulación do aluguer que reivindica a dirixente galega.

Ambos os responsables municipais compareceron na Comisión Xeral das Entidades locais da Cámara Alta, onde coinciron en reclamar uma maior implicación das administracións públicas para facer fronte ao problema do acceso á vivenda, aínda que desde formulacións distintas sobre o papel da regulación, a colaboración público-privada e as zonas tensionadas previstas na Lei estatal de Vivenda. Mentres Bellido defendeu axilizar licenzas urbanísticas, flexibilizar normativa e mobilizar máis chan para incrementar a oferta de vivenda alcanzable, Rey reivindicou a intervención pública sobre o mercado do aluguer e defendeu os efectos “positivos” da declaración da Coruña como zona de mercado residencial tensionado. Neste sentido, a alcaldesa socialista asegurou que desde a aplicación desta figura os prezos do aluguer na Coruña descenderon un 8,4 por cento desde o “pico” en xuño do ano pasado, fronte ás subidas rexistradas noutras cidades galegas sen esta declaración. “O problema non é intervir, é non actuar”, afirmou.

COMPARECENCIA NA COMISIÓN XERAL DO SENADO

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, compareceu no Senado para expor as políticas impulsadas polo Concello en materia de vivenda e axenda urbana, así como para analizar os efeitos da declaración da cidade como Zona de Mercado Residencial Tensionado (ZMRT), ao amparo do artigo 18 da Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda. A comparecencia produciuse no marco da Comisión Xeral das Entidades locais da Cámara Alta, centrada na avaliación das medidas desenvolvidas polas distintas administracións públicas para facer fronte ás dificultades de acceso á vivenda.

Durante a súa intervención, Rey reivindicou o papel dos municipios ante un problema que afecta especialmente ás grandes cidades e áreas metropolitanas. “A vivenda é un dereito constitucional e, por primeira vez, existe unha lei estatal que ofrece ferramentas ás administracións para actuar cando o mercado deixa fóra a demasiada xente”, afirmou.

A alcaldesa lembrou que A Coruña foi a primeira cidade galega declarada oficialmente Zona de Mercado Residencial Tensionado e tamén a primeira dunha comunidade autónoma gobernada polo Partido Popular en lograr esta declaración, tras a autorización da Xunta de Galicia en xuño de 2025 e a súa posterior publicación no BOE. “Non solicitamos esta declaración por unha cuestión ideolóxica nin simbólica, fixémolo porque os datos eran incontestables e porque non podiamos permanecer inmóbiles mentres cada vez máis persoas tiñan dificultades para seguir vivindo na súa propia cidade”, sinalou.

Sobre os efectos da Zona de Mercado Residencial Tensionado na Coruña, Rey explicou que, antes da declaración, o esforzo medio das familias coruñesas para pagar o aluguer superaba xa o 32% dos ingresos e que os prezos experimentaran unha forte escalada nos últimos anos. Neste sentido, destacou que desde a entrada en vigor efectiva da ZMRT os datos comezan a reflectir unha corrección dos prezos do aluguer na cidade. “Mentres A Coruña reduciu o prezo medio do aluguer máis dun 7% desde xullo de 2025, noutras grandes cidades galegas os prezos continuaron aumentando”, expuxo.

CÓRDOBA: MÁIS AXILIDADE E SEGURIDADE XURÍDICA

Pola súa banda, Bellido advertiu de que un dos primeiros problemas é que a burocracia urbanística está a atrasar durante anos a chegada de vivendas ao mercado e defendeu unha “simplificación administrativa” que permita acelerar tanto os desenvolvementos urbanísticos como a concesión de licenzas. “A burocracia encarece os proxectos, atrasa a chegada de vivendas ao mercado e acaba diminuíndo a oferta e encarecendo o prezo da vivenda”, sostivo o alcalde de Córdoba.

Así mesmo, reclamou marcos normativos “estables” e unha redución dos informes sectoriais doutras administracións que, ao seu xuízo, bloquean a aprobación de plans urbanísticos e atrasan o desenvolvemento de novos barrios. Bellido tamén defendeu reforzar a colaboración público-privada para axilizar trámites mediante entidades urbanísticas colaboradoras e colexios profesionais, así como avanzar cara a licenzas básicas e fórmulas de “fast track urbanístico”. Doutra banda, o alcalde cordobés alegou que o problema da vivenda non se limita unicamente a construír novas promocións, senón tamén a rexenerar barrios consolidados e rehabilitar edificios envellecidos.

A CORUÑA: DEFENSA DAS ZONAS TENSIONADAS E LIMITE AOS PISOS TURÍSTICOS

Fronte a iso, Rey defendeu a Lei estatal de Vivenda e as ferramentas de intervención pública sobre o mercado, insistindo en que a vivenda “é un dereito constitucional e non un ben para especular”. A alcaldesa asegurou que a declaración da Coruña como zona de mercado residencial tensionado permitiu reducir o prezo medio do aluguer desde os 771 euros de xuño de 2025 ata os 706 euros rexistrados en marzo de 2026.

Según explicou, mentres A Coruña reducía os prezos do aluguer, outras cidades galegas sen zonas tensionadas rexistraban incrementos de ata o 9,7 por cento. “O mercado non se autorregula”, afirmou. Ademais, Rey defendeu a regulación das vivendas de uso turístico para evitar que reduzan a oferta residencial. Neste sentido, explicou que A Coruña limitou este tipo de aloxamentos a edificios completos, baixos e primeiras plantas, o que, segundo sinalou, permitiu que vivendas antes destinadas ao turismo volvan ao mercado do aluguer.

FEIJÓO NA XUNTA: UNHA ETAPA DE “SECA”

Por último, e fronte ás críticas dos ‘populares’, a alcaldesa da Coruña cargou contra as políticas de vivenda desenvolvidas durante anos pola Xunta de Galicia e acusou ao PP de manter unha etapa de “seca” en materia de vivenda pública. Neste sentido, asegurou que durante os gobernos do líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, non se entregou ningunha vivenda pública na Coruña a pesar de existir miles de demandantes rexistrados na súa época como presidente da Xunta desde 2009 a 2022.