O goberno local da Coruña aprobou hoxe, en Xunta de Goberno, o texto do convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e o Concello da Coruña para o financiamento da estación intermodal. O texto permitirá, unha vez asinado, a transferencia dos 9.092.000 euros estatais á entidade local para a súa achega á construción da citada estación, segundo informa o consistorio.
“Deste xeito, o Concello non terá que asumir con fondos propios o investimento, corrixindo a falta de repartición de fondos europeos Next Generation da Xunta de Galicia”, sostén. Por outra banda, nesta xornada, a alcaldesa, Inés Rey, que interveu na apertura da XX Xornada Técnica do Observatorio da Mobilidade Metropolitana na Domus sobre o impulso á recuperación do transporte público, destacou o investimento estatal en materia de mobilidade na cidade herculina. Ademais, dixo que “as bonificacións no prezo de autobús foron un impulso a un servizo que hoxe suma máis de 20 millóns de usos no que vai de ano e todo apunta a que este ano chegaremos ao máximo histórico”.
Servizo exemplar o que ofrece Bicicoruña, que está a cambiar, verdadeiramente, a mobilidade da nosa cidade. Feito que se ve diariamente co uso que fan deste servizo os e as adolescentes da cidade, que medran vendo como a bicicleta é un medio de transporte tremendamente efectivo e útil, ademais de sostible.
Así, un ano e medio despois de se estrearen as novas estacións e as bicicletas eléctricas, dende o BNG invitan ao Goberno Local a facer unha avaliación do funcionamento de Bicicoruña, e levará unha pregunta ao pleno do vindeiro xoves 9N: “Que avaliación fai o Goberno Local do servizo de Bicicoruña?”.
Explícase a concelleira: “Chégannos queixas de persoas usuarias arredor de deficiencias de Bicicoruña. Hai problemas recorrentes nas horas punta -saídas e entradas dos traballos, por exemplo- con estacións baleiras e cónstanos tamén malestar porque con demasiada frecuencia se atopan bicis con rodas que non están nas mellores condicións, algo que se está a ver con clareza nestes días de chuvia”, refire Veira.
Dado que a previsión é que Bicicoruña vai “medrar aínda máis en número de estacións e de bicis eléctricas”, no marco da chamada “terceira expansión” do servizo, cómpre “acompañar ese medre dunha necesaria reflexión sobre os aspectos a mellorar”, considera a concelleira nacionalista. “Estamos a falar dun servizo que é moi útil e que é clave para que se abra paso un novo paradigma de mobilidade na Coruña”, conclúe Veira.
A Policía Nacional detivo na Coruña a dúas persoas no marco dun operativo contra o tráfico de drogas na cidade herculina. Así o informaron fontes policiais consultadas por Europa Press en relación cunha actuación que se produciu na zona de Catro Camiños.
Foi nun operativo na rúa Benito Branco Rajoy e co obxectivo de desarticular un punto de venda de droga situado na zona, precisaron as fontes consultadas. Ademais explicaron que no transcurso da mañá procedeuse a facer un rexistro. Por agora non transcendeu a cantidade de sustancia intervida.
O portavoz do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, presentou máis de 600 propostas do seu grupo para o orzamento municipal de 2024 e criticou que tras 138 días de mandato do goberno local non hai “noticia sobre o próximo orzamento”.
En rolda de prensa, Lorenzo lembrou que o pacto entre PSOE e BNG “recollía que en setembro estaría listo o borrador”. “Estamos en novembro e non vimos nin un papel”, asegurou.
O documento do grupo popular con máis de 600 propostas, segundo indicou o seu portavoz, inclúe “todo o que era máis básico antes das eleccións e ségueo sendo seis meses despois”. Contempla medidas en materia de seguridade, limpeza e vivenda, así como de accesibilidade e benestar social.
A mobilidade, melloras ambientais, a promoción económica ou a aposta por baixar a presión fiscal e acabar coa falta de transparencia na xestión son outros dos puntos destacados entre as súas peticións.
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) halicitado por 1,22 millóns de euros a redacción do proxecto de trazado e construción para a prolongación do acceso ao porto exterior da Coruña.
Segundo informou nun comunicado, o anuncio publicarase proximamente no Boletín Oficial do Estado e o orzamento estimado das obras ascende a 27,4 millóns de euros.
O obxectivo é mellorar a accesibilidade ao porto e o tramo deste proxecto de trazado e de construción ten unha lonxitude de case tres quilómetros e será unha estrada convencional deseñada para unha velocidade de proxecto de 90km/h, calzada única de dous carrís de 3,5 metros, un por sentido.
O trazado do estudo informativo parte do tramo da estrada AC-15, executado cun viaduto de 270 metros sobre o val de Furoca, a AG-55 e a AC-552.
O trazado evita o cruzamento en desmonte do gasoduto Mugardos-Sabón e o terreo ocupado polo Polígono de Vío, aínda que o seu percorrido afecta a parte da canteira en explotación que hai no punto quilométrico 0,800.
O tramo finaliza na ligazón coa AC-14, onde se expón laconstrucción dos ramais de conexión Porto-A-6 e A-6-Porto que conectarán nos ramais expostos no tramo de Terceira Rolda.
Hoxe falamos paseniño con Estrella (@estrellajudo), tras voltar de Abu Dhabi dunha competición internacional, e mentres prepara o seu asalto ao Campionato de Europa Sénior, que se disputa dende este venres 3 de novembro en Montpellier (Francia), cita na que tamén estará Gaiteiro como un dos seis representantes galegos.
Atópase en plena loita por meterse no equipo nacional que represente a España no Xogos Olímpicos de París 2024. Actualmente estaría clasificada, xa está entre as 18 mellores do mundo e a primeira deportista nacional da súa categoría (-52kg). Pero é unha competición moi dura ata un mes antes da gran cita polo que non pode deixar de adestrar e competir.
Asñi, a convocatoria entre as 9 escollidas pola Federación española para estar en Montepellier é moi importante porque puntúa para el ranking de los Juegos Olímpicos, tendo en conta ademais que só poden ir dúas deportistas por categoría. Así, esta cita non é defintiva pero si esencial para poder soñar con París 2024. De aquí a fin de ano determinaranse os representantes estatais, despois das probas do Open de Perth ( 17 de noviembre) e Grand Slam de Japón (2 diciembre).
Grandes resultados a pesar das dificultades
RamneKagura é outro dos patrocinadores de Estrella
Pero a vida dunha deportista de alto nivel non é para nada doada. Vive no Centro de Alto Rendimiento de Madrid, pero leva orgullo a representación da cidade da Coruña e ao Judo Club Hércules.
”O judo é un deporte con pouca cobertura mediática, pero con moitas licenzas en España, que se practica en case todos os centros educativos como actividade extraescolar e que ensina unha disciplina e valores sorprendente”, explica. Unha situación que provoca que “a selección española obteña sempre uns resultados incribles a pesar de non ter unha estrutura potente”, sinala en relación á estrutura de base da federación nacional e as autonómicas: “as competicións e os adestramentos pagámolas pola nosa conta. Temos que pagar as competicións de circuítos internacionais que contan para os Xogos Olímpicos. Moitas veces atletas con opcións reais de clasificarse quedan fóra por motivos económicos”.
”Algúns de nós temos a sorte de contar cun poderoso patrocinador. No meu caso RamenKagura e Manzanas Livinda fan posible que estea onde estou e probablemente represente a España en París. Estas empresas que axudan ao deporte olímpico español marcan a diferenza e fan posible que eu estea nesta loita.”, explica. Ademais, recoñece da osrte que ten das axudas recibidas pola Federación Galega de Judo.
”Adestramos por separado por clubs, viaxamos sen fisioterapeuta ou médico a un gran número de competicións e un longo etcétera que non se coñece”, lamenta.
En canto aos títulos, a compensación económica é moi pouca. “O ano que cheguei a ser terceira de España e déronme 2.000€…” Valora o cambio das axdas da ADO; e a partir deste ano hai máis marxe para acceder as axudas estatais, pero a federación internacional non dá compensación algunha.
A muller, protagonista
Considera que “é un deporte especial, porque é individual pero require un equipo para adestrar. Nese sentido aadestramos homes e mulleres xuntos (isto ocorre en moi poucos deportes), e temos un gran número de referencias femininas”, explica sen entender moi ben a espectacular canteira que ten Galicia, “incriblemente preparada e motivada”.
Unha carreira
Estrella ten os pés na terra, e sabe que dun deporte coma este é moi difícil vivir. Nunca deixou de estudar e xa é licenciada en Psicoloxía e mesmo conta cun máster en Psicoloxía do deporte, “un mundo que segue impresionándome. Son psicóloga deportiva e encántame. Traballo con algúns deportistas a nivel individual e con algúns clubs a nivel grupal. Tamén algúns adestradores me piden axuda”. “Estou ilusionada coa miña carreira profesional máis alá do deporte: é un tema que está en auxe e creo que podo aportar moito”, conta esta xa profesora da materia de psicoloxía do deporte no grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na UNIR.
O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, apoiou a candidatura do catedrático de Estatística Ricardo Cao para as eleccións ao reitorado, que terán lugar o 4 de decembro.
“É a mellor solución para o futuro”, asegurou, en relación a Cao e os e as integrantes do seu equipo, que concorren por Nova Loce, a mesma candidatura coa que se presentou Abalde.
Así o manifestou a preguntas dos xornalistas, nun acto na Coruña, sobre o proceso electoral da UDC. “Vai haber proceso electoral?”, bromeou Abalde, en alusión a que polo momento Cao é o único aspirante ao posto.
“Estamos moi contentos e moi satisfeitos co candidato que Nova Loce elixiu”, destacou o actual reitor. “Cremos que é un equipo e un candidato coas garantías suficientes para convencer á comunidade universitaria de que é a mellor solución para o futuro”, recalcou.
A proposta de equipo de goberno de Ricardo Cao está formada por sete profesoras e tres profesores de diferentes ámbitos científicos. Se gaña as eleccións a reitor da UDC, o seu mandato comezaría en xaneiro de 2024 e duraría seis anos.
AXUDAS INDITEX ‘INMOTION’
Inditex e a Universidade da Coruña (UDC) presentaron unha nova convocatoria de axudas do programa ‘inMotion’ do que se beneficiarán uns 30 estudantes de doutoramento. Os alumnos poderán realizar unha estancia predoutoral de tres meses de duración nunha universidade ou entidade de referencia investigadora no estranxeiro e obter a mención de ‘internacional’ na súa tese.
O financiamento, que se incrementou nun 30%, será de 130.000 euros ao ano o próximos cinco. En total, Inditex achegou a esta iniciativa desde os seus inicios, en 2013, “un total de 1.130.000 euros”.
Así o explicaron o reitor da UDC, Julio Abalde, o secretario xeral de Inditex, Javier Monteoliva, e a vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez, durante o acto de presentación no reitorado coruñés.
As representacións sindicais de CIG-Ensino, STEG e CSIF, que representan o 60% do profesorado galego, realizaron esta mañá unha rolda de prensa para anunciar un calendario intenso de mobilizacións durante o mes de novembro.
O éxito da folga do pasado 24 de outubro abre o pé para que os sindicatos prepare un novo mes de accións que culminará cunha folga xeral o 28 deste mes se a xunta non rectifica e volve negociar un convenio colectivo digno. As accións, de feito, comezan hoxe mesmo co envío dunha carta conxunta ao conselleiro instándoo a recibir a maioría sindical que representan estas tres organización e a abrir novas negociacións que superen o “acordo de renuncias” asinado.
Anuncian ademais para o vindeiro 9 de novembro protestas nos centros; para o día 14, en horario de tarde, concentracións en varias cidades, e unha gran manifestación nacional en Compostela á que está chamada toda a comunidade educativa, é dicir, profesorado, familias e alumnado, o domingo 19.
PETICIÓNS
Os sinfdicatos reiteran as súas peticións, que pasan por realizar “melloras reais para todo o colectivo docente sen exclusións nin divisións, con prazos asumíbeis, en aras de amosar a nosa vontade negociadora”, pero mantendo demandas xa repetidas en numerosas ocasións.
– Recuperación dos horarios de 18 e 21 horas nun máximo de 2 cursos.
– Redución das ratios en todas as ensinanzas, comezando no 2024/25 e con aplicación como máximo no remate de cada etapa.
– Aplicación de medidas inmediatas (curso 2024/25) para a redución da burocracia: aumento das horas de liberación para cargos directivos, de coordinación e titoría e aumento de persoal administrativo.
– Reparto lineal da masa salarial comprometida pola Consellaría entre todo o profesorado.
Vitoria dun Depor compacto que confirma a súa recuperación.
Décimo partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (3V 5E 2D)
— — —
Dende a derrota contra o peor rival posible hai catro semanas xa, o Dépor suma dúas vitorias na liga máis un empate, ao que habería que sumarlle a vitoria de antonte á noite na Copa contra o Covadonga. Con todo isto suma o equipo branquiazul xa tres vitorias e un empate nos seus últimos catro partidos. Chamámoslle “tímida recuperación”, porque aínda é cedo para confirmar que o equipo irá cara arriba. O xogo e a sensación de dominio dos partidos aínda non convida a esperanzas maiores. De momento, só se cerrou a ferida das dúas derrotas seguidas en liga, pero aínda resta moito por facer.
Resta confirmar a creación dun bloque fiable. De momento, a defensa parece a liña máis robusta do equipo, facendo o que lle toca e o que non, velaí están os goles de Pablo Vázquez e Pablo Martinez para sumar o que non están facendo os dianteiros. No medio semella que Jurado cumpre coas expectativas incluso superándoas, mentres que Villares e Salva Sevilla van atopando a súa función no equipo. O gran déficit do equipo e claramente na zona de ataque: lesións (Yeremay e Barbero), baixo rendemento (Cayarga ou Valcarce) ou desaparicións misteriosas (Davo e Lucas). As boas novas nesta parcela veñen de Abegondo: Mella e Martín Ochoa confirman que son pezas útiles e que aportaran seu grao de area polo obxectivo, mais eles sños non poden facelo todo. Ten traballo Soriano de aquí a corenta días para resolver esta desfeita.
Resta confirmar os resultados na casa. Anda o Dépor ben de folgos fóra da casa, pero urxe pechar as portas de Riazor para que non escapen máis puntos. O mal comezo de liga obriga a seguir sumando semana tras semana, sen tempo para florituras no xogo, enchendo o caldeiro de puntos que vaian transformando a tímida nunha sólida recuperación.
Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.
A Policía Local localizou na Coruña a un bañista que se atopaba na praia a pesar de estar decretado aviso vermello por ondas debido ao temporal, segundo recóllese en redes sociais e confirmou tamén o consistorio.
Un axente baixa ata a praia e traslada ao home, que estaba en traxe de baño e provisto con outro material de baño, que debe abandonar o areal coruñés, o que así fixo.
O sucedido suscitou comentarios en redes sociais polo feito de que, pese ao temporal e o aviso decretado, alguén se achegue ata a praia nesas circunstancias e con comunicación por parte da propia Policía Local de aviso de que os areais estaban pechados.