Inicio Blog Páxina 616

Percebeiros de todo o país manifestáronse pacificamente en Compostela

0

15 dos 40 percebeiros da Coruña estiveron presentes na concentración.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

A Coruña inicia os trámites para declarar BIC os murais de Lugrís da rúa Olmos

O Concello da Coruña puxo en marcha o procedemento para a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) os 12 murais de Lugrís localizados e o número 25 da rúa Olmos, nas paredes do antigo restaurante Fornos.

Segundo explican nun comunicado, o Concello promove a declaración das devanditas obras como BIC, para o que contará cos informes e asesoramento de Juan M. Monterroso, especialista na obra de Lugrís e profesor e investigador do departamento de Historia dá Arte da Universidade de Santiago de Compostela, e de Begoña Fernández Rodríguez, profesora titular do mesmo departamento.

A declaración como BIC das obras busca “aumentar o seu nivel de protección”. En paralelo, o Concello leva a cabo diversas accións desde novembro do ano pasado, cando se detectaron danos no edificio, que levaba anos pechado.

O Concello solicitou á propiedade que lle facilitase o acceso ao inmoble para comprobar o estado das obras do pintor, ademais de notificar a situación a Patrimonio da Xunta de Galicia.

O Concello puido acceder finalmente ao inmoble e comprobar o estado das pinturas, así como encargar un informe sobre o seu estado. Tal e como comprobaron os técnicos, os murais de Lugrís son recuperables, pero todos eles atópanse en mal estado de conservación, nalgún caso, crítico.

Os informes encargados indican que é necesaria unha actuación urxente para fixar o soporte e consolidar as pinturas, que posteriormente deberán ser obxecto dunha restauración para recuperar as características orixinais tras anos de deterioración, en primeiro lugar polo uso do local como establecemento hostaleiro durante case 60 anos e en segundo lugar polas condicións nas que se atopa desde o seu peche, cun elevado grao de humidade.

En vista de todo eles, o Concello requiriu aos propietarios dos murais, que están catalogados, que acometan actuacións de consolidación por valor de 90.000 euros. En caso de non facelo, o propio Concello acometerá os traballos de forma subsidiaria.

O MURAL DENUNCIA Os ATRASOS NA ACTUACIÓN MUNICIPAL

Doutra banda, a Asociación Cultural O Mural lembra que advertiu por primeira vez do perigo no que se atopaban os frescos en xuño de 2021. Tras a caída dunha parte dunha das galerías do inmoble, en novembro de 2022, a asociación volveu solicitar, recalcan, a intervención do Concello “sen obter resposta”.

Ante isto, decidiron intervir no Pleno do mes de xaneiro de 2023 usando o escano cidadán. Segundo lembran, a concelleira de participación, Eudoxia Neira, explicou que non adoptaran ningunha medida relacionada cos murais e só fixeran actuaciónss de protección da fachada. “A pesar da promesa dos concelleiros, aínda non se puxeron en contacto coa asociación para explicar as actuacións que ían adoptar”, lamentaron.

“Grazas á presión cidadá o Concello finalmente recoñeceu a súa competencia e inspeccionou o inmoble e requirido á empresa propietaria para que adoptasen medidas inmediatas de conservación das pinturas”, comentan.

Apuntan que a propietaria é unha empresa en liquidación que non atende os requirimentos do Concello polo que O Mural solicitou que a Concellaría competente “executase subsidiariamente as obras precisas para salvar os frescos”.
“Agora, catro meses despois de que o fixese a asociación O Mural, o Concello contrata a dous expertos para facer o que xa está feito: solicitar a declaración dos frescos como BIC”, afirman.

 

Olladas doutro tempo: Santo Domingo dende Cortaduría

A Cidade Vella coruñesa conserva poucas cousas da Idade Media, época que a viu nacer. Pero entre elas hai unha moi importante: rúas que fan referencia ós gremios. Son nomes que veñen de moi antigo, como Zapatería, Tabernas ou Ferreiros (aínda que hoxe a chamemos “Herrerías”). Algunhas desas denominacións lamentablemente perdéronse no tempo, como é o caso de “Alfaiatería”, bonito nome que lembraba ós alfaiates ou sastres. Pero non é o caso de Cortaduría, relacionada directamente cos carniceiros e o seu lugar de traballo. Xunto á rúa con este nome existe unha pequena praza chamada da mesma forma, é xusto alí onde teríamos que estar para poder acadar o mesmo punto de vista.

A modesta vivenda do centro da fotografía segue no mesmo lugar, aínda que moi reformada. A seguinte, moi similar, deixou o seu lugar a un edificio máis moderno. Hoxe en día non poderíamos apreciar dende alí o lateral da igrexa de Santo Domingo e a súa cúpula, á esquerda da imaxe, xa que no momento da captura non estaba aínda en pé o edificio do colexio e tan só vemos unha tapia non moi alta.

O que sí que podemos aínda apreciar e disfrutar é a vista do campanario barroco, o verdadeiro protagonista da imaxe xunto coa neve. Erguido no punto máis elevado da Cidade Vella, destaca sobre case todo o que lle rodea, non só pola súa privilexiada ubicación, senón tamén pola súa beleza arquitectónica. Este campanario semella xirado, pero non é un erro de construción, nin moito menos. A torre está perfectamente aliñada co eixo da nave da igrexa, pero o resto da fachada, e posteriormente o colexio, aliñouse coa rúa, dando lugar a esta sensación de xiro.

A que vemos é a terceira igrexa que ergueron os Dominicos na Coruña. Cando chegaron á cidade no século XIII, construiron un primeiro convento gótico fora das murallas, fronte a Porta de Aires. Pero ese edificio destruírono os ingleses no ataque de 1589. Ergueron unha segunda igrexa, no século XVII xa na ubicación actual, pero os seus defectos de fábrica obrigaron a derrubala e facer unha nova no século XVIII. Ésta é a que conservamos ata hoxe en día e que podemos ver nevada na fotografía.

Na Coruña, non foron moitas as veces que nevou. As máis recordadas son as nevadas de 1883, 1963 e 1987. Francisco Pillado, o fotógrafo, viviu entre 1892 e 1977, así que a nevada que retratou é necesariamente a do ano 63. Dito polos seus propios netos: “o avó poñía no obxetivo o mesmo mimo e delicadeza que puña en cada un de nós cada vez que nos falaba. A súa mirada descubría toda a beleza que había en todo canto fotografiaba”. Semella evidente á vista desta fermosa imaxe.

 

FERnando-campos

  • Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “ A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.

OLLADAS DOUTRO TEMPO

Cambre únese para reclamar a construción dunha rotonda no acceso á AP-9 no Temple

1

A costa da Tapia é unha das zonas máis saturadas de tráfico da comarca, como denunciaba o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, na entrevista que lle realizamos e como lle pedira ao subdelegado do goberno. E ante a falta de solucións por parte das administracións, Concello e veciños volverá unirse para reclamar a construción dunha rotonda no acceso á AP-9 no Temple.

O impulsor desta iniciativa é Daniel Garaboa, veciño da parroquia, quen tamén solicitou a colaboración da Asociación Veciñal O Temple. Deste xeito, as mobilizacións están a ser promovidas pola propia cidadanía, contando tamén co apoio e colaboración do Concello, a Asociación de Empresarios de Cambre Empresarial e tamén a entidade O Temple Comercial.
Van realizar unha colleita de sinaturas ao longo da semana que vén, cnha

Como posible solución propúxose a realización dunha proba habilitando unha rotonda provisional na saída da autovía, 100m antes da rotonda da Casa das Palmeiras. “Esta infraestrutura permitiría probar a eficacia desta infraestrutura”, esplican. Tamén é unha solución provisional pola que tamén defenden dende o Concello de Culleredo, onde tamén están a sufrir numerosos atascos por estes traballos. Pola súa banda, a Subdelegación do Goberno comprometeuse a recoller máis datos e buscar unha solución.

Recollida de sinaturas

Por iso invitan á veciñanza a acodir e asinar as follas de petición nos seguintes puntos de encontro:

  • Os días 17, 19, 21 e 22 de abril (de 17.00 a 20.30 horas) nas inmediacións da Casa das Palmeiras.
  • Os días 18 e 20 de abril (de 10:00 a 14:00 horas) na Casa do Concello.
  • O día 22 de abril (de 10:00 a 14:00 horas) nas inmediacións da Casa das Palmeiras.

Detido en Málaga un narco que se fuxiu nun permiso do CIS da Coruña

0

Axentes da Policía Local de Marbella e Estepona deron captura a un histórico narcotraficante orixinario de Huelva e que estaba en procura e captura tras fuxirse nun permiso dun centro de inserción da Coruña onde estaba a cumprir condena.

O detido, Anselmo Sevillano, que está considerado como un dos capos do haxix, foi sorprendido na tarde deste pasado venres, 14 de abril, cando conducía un vehículo Mercedes C 220 matrícula alemá e de cor gris polas rúas de Marbella (Málaga), segundo confirmaron fontes policiais a Europa Press.

Tras darlle o alto os axentes, o condutor emprendeu a fuxida a gran velocidade en dirección á localidade veciña de Estepona. Eran as 19,18 horas cando a Policía Local do municipio recibiu o aviso dos seus compañeiros marbellís para que lles apoiasen na persecución.

O coche de alta gama foi finalmente interceptado ás 19,20 horas en carril acceso a Guadalmansa, onde unha unidade de Policía Local de Estepona cortou a vía e os axentes que o perseguían lograron deterlle.

Anselmo Sevillano atopábase fuxido desde o pasado mes de marzo. Atopábase cumprindo condena no cárcere de Córdoba cando, tras presentar un contrato de traballo na Coruña, foille concedido un terceiro grao e trasladado ata Galicia.

O fugitivo atopábase no Centro de Inserción Social da Coruña desde o pasado 2 de febreiro e polo seu traballo como chofer –contrato do que investigan a súa veracidade– tiña permiso para saír a traballar durante o día, pero debía volver durmir ao centro pola noite; cousa que pasadas unhas semanas non cumpriu e activouse unha orde de procura e captura que finalmente deu os seus froitos.

A última das súas detencións ten data do 2011, cando foi apresado, precisamente, na súa vivenda de Málaga e condenado a 14 anos de prisión por narcotráfico. A pena súmase a outras condenas que tiña pendentes con anterioridade por tráfico de haxix, co que a súa data de saída do cárcere sería 2029.

O Concello da Coruña ofrecerá trece espectáculos co ciclo ‘TRCDanza’ que comezarán o 22 de abril

O Concello da Coruña programa 13 espectáculos co ciclo ‘TRCDanza’, que comezará o 22 de abril con ‘Demente’ da compañía Fran Sieira.

Así o informou o primeiro tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, e o director do Teatro Rosalía, Xosé Paulo Rodríguez, na presentación do mesmo.

Durante este primeiro mes e a primeira metade do mes de maio haberá un total de oito funciones. O programa conta coa presenza de compañías e artistas galegos, nacionais e tamén internacionais.

Haberá dúas estreas absolutas, a primeira o venres 5 de maio, e dúas estreas nacionais. Ademais, dous das funcións previstas estarán tamén no cartel do Corufest, festival co que colabora ‘TRCDanza’, “Los Perros” e “Manbuhsona”.

A toponimia das pedras Percebeiras do Mar da Torre, a Ruta de Emilio Mariñas

0

—— ——-

O Grelle, Rabaleira, o Xanrei...Din os aborixes australianos que cada camiño é unha canción. A Torre de Hércules ten pois moitas melodías. A letra desta é ben eufónica, Gaivouteiro,o Cabalo, Macallás –nomes das pedras percebeiras-, a súa música: o océano todo.    
Nomes ben vivos no traballo cotián dos percebeiros. Mais un camiño invisible para o “terrícola”. Aínda que en cada paseo enchamos decote oollo coa tanta marabilla, ignoramos a letra da canción. E non hai dereito.
Emilio Mariñas é o noso guía. Sabio da Agra de San Amaro, o home que coñecía as pedras de percebe todas dende Avilés e Corrubedo. Cóllenos da man e ensínanos paso a paso o seu espazo máis querido, laxeiras que percorreu dende os días da infancia, cando era costa virxe e a ferrada do home non tocara aínda os fondos inzados de percebes.

Milucho o avo de Javi Marinas
Emilio Mariñas, Milucho, o avo de Javi Mariñas

Partimos dende a praia de Santo Amaro, aquel sabio navegante que atopou no  medio do océano a illa do paraíso (1). Tiramos pola beira cara a Torre e detémonos nas rochas que pechan a enseada. Se miras cara o mar, verás como, a uns metros da costa, rompe a tona da auga. Son os baixos do Gancho, pedras que só agroman cando hai vaga de mar.        

Camiñamos ata un pequeno metidiño co seu areal, é o Grelle. Onda el había un antigo posto de consumeiros, os cobradores do fielato isto é, a taxa que debían pagar as mercadorías que entraban por mar.

Xa vemos Macallás unha pedra no mar que sinala o comezo da praia de Area de Concha. Dinlle así porque antigamente, cando toda esta parte era costa virxe, aquí quedaban  varados moitos percebes e mexillóns, arrincados os días de mareira. As súas cascas fóronse convertendo en area grosa, moi estimada en tempos para a limpeza dos pisos de madeira. Seino. Probablemente ti coñeces este areal como praia dos Mouros. Emilio Mariñas prefire esoutra denominación e argumenta dun xeito impecable, antes de construír o cemiterio dos mouros, xa había praia de Area de Concha.

Remata o solaz. Comezamos a achegarmos ás pedras máis batidas, as rochas percebeiras. Onde vira a costa , agárdanos no mar o Redondo, unha pedra baixa con forma de tartaruga.

De seguido, pola banda de terra, albiscamos unha pena prominente, o Cabalo. Hai anos rachou o cable un remolcador e quedou afundida diante del unha chata, un guindastre do porto. Nela ían dous homes, un desapareceu, ao outro o mar botouno para terra san e salvo. Para alegría dos mergulladores a chata segue no fondo.

Ás veces esta rocha tamén aparece citada como Cabalo de Pradeiras. En rigor é unha deformación ou mala pronunciación de Cabalo de Pragueiras. Dicíanlle as Pragueiras -así o lembra Mariñas- ás leiraspegadas a este treito de costa. Un topónimo cunha etimoloxía diáfana: lugar de moito pargo.

Ata xusto detrás do Cabalo, entra un rego de mar, é a Longuiña, moi vizosa de percebe. Agora atopamos un coído, unha praia de bolos, pedras redondas traballadas polo mar. Comenteille a Emilio que algunha vez teño escoitado dicirlle o Acoroado, mais o mestre percebeiro non coñece tal denominación.                                    

De seguido, atendendo ao seu nome, o Morro Baixo, mete o fociño no mar. E xa entramos na península de Punta Herminia, ou Monte dos Bicos, isto é, dos  barrancos e cantís.

Beleza a eito, tamén perigo extremo para quen tente saír dos vieiros indicados e achegarse en exceso á ribeira. Pedras moi farturentas en percebe, ricas tamén, desgraciadamente, en sucesos lutuosos.

Como lembranza e advertencia, citarei só algúns saídos directamente da memoria do sabio percebeiro. Velaí un nome mítico, a pedra do Altar. Aquí morreu un sarxento cando estaba a pescar robalizas. De seguido as Corredoiras e o Herminio. Ao seu carón, a furna do mesmo nome, onde perdeu a vida, hai moitos anos, outro pescador de cana. Chamábase Poli, e era barbeiro e sacador de moas.

Ao seguinte treito de costa dinlle Santa Cecilia. Deseguido a punta das Forcadas. E despois, outro cabo, o que máis asoma no mar: a Rabaleira. É unha pedra moi criadora de percebes, tamén moi brava. Emilio, conta de memoria cinco percebeiros afogados . Nela, na parte de Leste o percebe é encarnado. Na parte do Oeste negro. E por iso lle din á pequena enseada que se forma nese lado a furna dos Negros.                        

Embaixo da escultura da Caracola, a punta do Ollo, e antes unha pequena pedra nomar, a Perdiz.

Entramos na gran enseada do Sogadoiro. No fondo dela, agachada entre a herba aínda agroma a fonte do mesmo nome, auga moi apreciada en tempos.Deseguido, xa pola banda da Torre, velaí o Gaivouteiro,  petoutos irtos onde quedaron encartados os restos do petroleiro Mar Exeo. A carón del os Coitelos de Terra e os Coitelos de Mar. Despois, a illa da Galera, riquísima en percebes. Embaixo mesmo do faro, ábrese a boca dunha furna impresionante: os Touciños, unha cova mariña de altas paredes onde os corvos teñen niño. Aclaremos, a palabra non alude a graxas porcinas senón que pertence á da familia da touza: terreo bravo, de pedras, sen cultivar.                                                                            

A costa vira na punta das Eiras ou o Cabo Verde. Velaí a illa da Vaca e, a carón dela, un meixón -unha pedra pequena na auga o Meixón de Morales.  En un chisco máis a dentro o resto desta familia bovina: A illa do Boi –onde afundiu en 1970 o pesqueiro La Isla, cando volvía do Gran Sol. Por terra do Boi, o Meixón de San Antonio. Por fóra, o Becerro e, agromando no medio do mar, o Becerriño, pedra cativiña criadora de moi bos percebes.                                                                            

Entre a Torre e o antigo cárcere as derradeiras raiolas do día lamben a praia do Areal, Emilio Mariñas ignora a orixe da nova denominación de praia das Lapas. A súa area branquiña foi moi estimada tamén para a limpeza das antigas cociñas de ferro e de todo tipo de cacharros.                                                                                                  

Cerra esta enseada a punta do Xanrei, a carón da antiga cetaria de Petrallo, agora Acuario Finisterrae.  De seguido, a illa do Pé, as Touciñas, o Sombreiro, a praia das Amorosas, a Furna das Meigas. E máis alá, alén da Laxe Brava, na outra banda do Mar do Orzán, o Monte de San Pedro. Ao pé do Milenio a pedra Ameneadoira, que funga e abala cos tombos do mar… Detrás da illa da Zambela, a Furna Cheirenta, as illas de San Pedro, a Cornadilla, o Meixón de Mendes, San Coral Emilio Mariñas, o sabio percebeiro,dominaba todo o repertorio ata a Costa da Morte, pero eses son xa outroscamiños, outras cancións.

  • (1): Esta é outra ruta da Torre, a das lendas. Sobre a historia de Santo Amaro podes consultar o libro de Leandro Carré Alvarellos, Lendas galegas tradizonaes, Porto, 1969.

Xurxo Souto coa bughina

  • Xurxo Souto. Dinamizador cultural eterno da vila da Coruña. Membro fundador dos Diplomáticos e do Rock Bravú, actual cantante da Banda de Shanghai, locutor de radio, escritor, contador, guía turístico e espiritual… Enciclopedia viva da Coruña.

MÁIS ARTIGOS DE XURXO SOUTO

Novas relacionadas

“Forza Coruña”, o lema branquiazul que utiliza a campaña do BNG

0

Presentou á hora do vermú o BNG o lema co que concorra Francisco Jorquera na campaña das eleccións municipais. “Forza Coruña” é o lema, en clave deportivista, escollido pola lista, que se pode ver xa en Jorquera2023.gal, a web do BNG na carreira cara ao 28M, e mais no seu novo IG @fx.jorquera

“A Coruña é unha cidade con grande orgullo de si propia e enormes potencialidades. O que cómpre é poñelas en valor e mobilizalas para gañarmos o futuro”, sinalou o candidato durante a presentación. Forza Coruña é un lema que conecta co imaxinario colectivo coruñés”, explicou Jorquera, quen lembrou que na presentación do primeiro tramo da candidatura para o 28M o BNG empregou a expresión Orde e Talento, lembrando a mític frase de Arsenio Iglesias.

Sesións vermú

O BNG estreará ademais un novo formato de encontro coa veciñanza. Imos estrear un formato novo, o das Sesións Vermú co BNG, que entronca moi ben co que É o espírito da nosa cidade. Unha cidade que fai da rúa a casa común das coruñesas e dos coruñeses”, dixo David Soto, número 4 da nosa candidatura.

Haberá intervencións políticas, pero non serán as intervencións convencionais dun mitin convencional. “Terán un aquel de charla distendida coas veciñas e os veciños, o que corresponde á hora do vermú”, engadiu.

A primeira sesión vermú, así xa para abrir boca, será este domingo ás 13 horas no bar O Ambigú de Elviña (Praza Emilio Jaspe Deza), sede das emblemáticas sociedades Relámpago de Elviña e Tempo Novo, ben como da asociación veciñal Os Rexumeiros.

A Deputación da Coruña aproba o convenio para ceder á UDC os terreos para o estudo audiovisual virtual

0

A Deputación da Coruña aprobou en pleno o convenio polo que a Universidade da Coruña (UDC) cederá á institución provincial unha das parcelas da Cidade das TIC, cunha superficie de 5.184 metros cadrados, para albergar o centro do ecosistema dixital do sector audiovisual de Galicia (Edaga).

“A aprobación deste convenio supón un novo avance administrativo de cara á construción deste centro audiovisual de referencia, que suporá un investimento de oito millóns de euros e está cofinanciado con fondos do Plan de Recuperación do Goberno de España e fondos propios da Deputación da Coruña”, subliña a institución provincial.

A Deputación xa licitou a redacción e codirección do proxecto básico e de execución do novo edificio que acollerá o estudo audiovisual virtual e espera adxudicala a próxima semana. O estudo situarase nun edificio de nova construción, cunha superficie en planta de 4.160 metros cadrados, dos cales 750 metros van estar dedicados a albergar un estudio “de características únicas en España, con capacidade para recrear cualquierescenario real ou de ficción”.

A partir deste luns volven os paros parciais aos Xulgados antes da folga xeral

0

Os sindicatos CSIF, STAJ, CC.00 E UGT volven convocar paros parciais diarios de tres horas a nivel estatal e con carácter indefinido a partir do día 17 de abril na Administración de xustiza. Uns paros convocados para “esixir a paralización da tramitación parlamentaria da Lei Orgánica de Eficiencia Organizativa no sector público da Xustiza, e en defensa de melloras retributivas e profesionais para todo o persoal de Xustiza na mesma liña das aprobadas para os letrados desta administración, asemade pedimos que as nosas funcións sexan definidas dunha maneira clara, unha reivindicación longamente perseguida”.

O vindeiro día 17 de abril ás 11:00h están convocadas concentracións de protesta diante dos edificios de xulgados dos sete partidos xudiciais máis importantes de Galicia: ACoruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Todo como previa á folga xeral e manifestación en Madrid do vindeiro 19 de abril.