Inicio Blog Páxina 76

Elisa Fernández, da Escola Garrapucho, campiona de España

0

Grandes novas para as artes marciais da cidade herculina. Este pasado sábado 23 de maio, unha expedición da Escola Garrapucho acodía a Campionato de España sub-21 de taekwondo Elisa Fernández e Iria Álvarez. As dúas competidoras de Garrapucho formaban parte da Selección Galega que se desprazaba a Ciudad Real.

Se ben Iria fixo unha gran actuación, a protagonista foi Elisa Fernández, que se proclamou campiona de España. Un fito espectacular para unha deportista que consegue a medalla de ouro por segundo año consecutivo.

Elisa Fernandez campiona de Espana de Karate

O proxecto ‘Talentos Inclusivos’ do CITIC recibe o Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento

O proxecto ‘Talentos Inclusivos’, impulsado desde o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC), foi distinguido co Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global. Trátase dun recoñecemento promovido pola Coordinadora Galega de ONGD, co apoio da Xunta de Galicia. Con este galardón, o proxecto consegue xa un total de once premios desde a súa creación no ano 2020.

“Consolidando así o seu impacto no ámbito da innovación educativa, a sensibilización social e a promoción dunha cidadanía crítica e comprometida“, apunta o reitorado coruñés. O Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global recoñece iniciativas pedagóxicas que fomentan valores vinculados á xustiza social, a sustentabilidade, a igualdade e a participación activa da comunidade educativa. Desde o CITIC destacan que este recoñecemento “supón un impulso para seguir desenvolvendo proxectos que integren tecnoloxía, educación e compromiso social, achegando o coñecemento científico e tecnolóxico aos grandes retos globais”.

INICIATIVAS DO CITEEC

Por outra banda, a programación especial de actividades de formación e divulgación propostas polo Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña foi recoñecido co selo oficial de evento colaborador da Green Week 2026.

Este evento europeo reúne anualmente a científicos, empresas, políticos, organizacións e cidadáns co obxectivo de debater sobre políticas medioambientais e boas prácticas en Europa. A CITEEC Green Week aglutinará durante o mes de xuño distintas actividades, entre elas un evento de xornada de portas abertas.

O BNG condiciona o seu apoio ao PSOE a buscar “unha solución para o buraco económico” nas contas

O BNG condicionou o seu apoio ao PSOE nos asuntos que leven ao pleno a que busque o goberno local “unha solución para o buraco económico” nas contas.

Así o trasladaron os edís Avia Veira e Francisco Jorquera en relación á advertencia do interventor municipal de déficit en termos de estabilidade orzamentaria e sen cumprir as regras de equilibrio económico no exercicio de 2025. Fronte a iso, o goberno local asegurou que o consistorio goza de “boa saúde financeira”.

Nunha rolda de prensa na que se informou do cambio polo que Avia Veira, edil e candidata á Alcaldía, pasará a ser a portavoz e o seu compañeiro Francisco Jorquera, portavoz suplente, insistiuse nas críticas aos socialistas ao considerar que están á fronte dun goberno local “desconectado da realidade, que se comporta coma se tivese maioría absoluta, cando nin sequera a ten simple”.

“Acomodado, que non dialoga e que non traballa como equipo, que falla no pequeno, no mediano e no grande”, sentenciou Avia Veira ao denunciar deficiencias nalgúns barrios, pero tamén a situación dalgúns contratos sen licitar.

“O interventor di que hai que tomar decisións e corrixir esta situacióny ofrece varias solucións para saír dela”, apuntou, por outra banda, sobre as contas do ano pasado.

“A quen lle toca mover ficha é ao goberno local”, asegurou Veira, que anunciou que os socialistas non van contar co apoio do BNG para a aprobación de ningún asunto plenario ata que presente a súa fórmula para resolver esta cuestión.

Máis novas

Ana Pontón presentou a Avia Veira como a candidata do BNG para que A Coruña “dea un paso adiante”

Inés Rey defende a súa xestión dos últimos oito anos: “Agora a Coruña é un motor económico”

O BNG alerta a PSOE que romperá o pacto orzamentario “se se tocan” investimentos ou “se recortan servizos”

O BNG alerta a PSOE que romperá o pacto orzamentario “se se tocan” investimentos ou “se recortan servizos”

 

A Coruña volve ser de Primeira

Viviu un domingo moi especial a cidade da Coruña co ascenso do Dépor a 1ª División. 8 anos despois, e tras unha travesía pola terceira categoría do fútbol estatal, o Dépor volve ao lugar que lle pertence, e faino ademais espoleado por unha mocidade rabiosa, desexosa de volver competir cos mellores e de vivir as historias que lle contan os seus pais e que leva afianzando que a cidade siga mantendo o corazón branquiazul.

Fíxoo arroupado por unha cidade entregada, que leva dúas semanas vestida de branquiazul. As rúas destilaban alegría, e ata os máis cenizos estaba convencidos de que esta vez tiña que ser. Estaba escrito. Estaba todo de cara.

Un estoupido viviu a cidade cos dous goles de Nsongo Bil, ese rapaz camerunés que hai uns meses estaba polos campos de 2ª RFEF, e que queda para a historia do deportivismo como os Stoja, Alfredo Santaelena ou Donato, heroes das outroras xestas deportivistas.

A Fan Zone (onde a Liga impediu instalar unha pantalla xigante) volveu dividir a celebración e a fonte de Catro Camiños non viviu as estampas doutros anos, mentres a zona de Riazor estaba ateigada. Aguantou a afección e milleiros de afeccionaron esperaron ata as 4:00h da madrugada para recibir na fanzone aos heroes do ascenso cunha festa por todo o alto.

Vivindo o ascenso do Depor na FanZone
Vivindo o ascenso do Depor na FanZone de Riazor
Afeccionados do Depor celebran o ascenso. MONCHO FONTES
Afeccionados do Depor celebran o ascenso. MONCHO FONTES

O noso analista branquiazul Miguel Barreiro goza xa deste “ascenso tan fantástico! Sen ser o mellor equipo, sen ter os nosos mellores xogadores dispoñibles na segunda metade da tempada, sen dianteiros… Convertémonos na forza máis dominante da liga. Moi fiables ata o final. Sen sentir que tiñamos o control, pero coa sensación de loitar ata o último minuto. Maldito sexa o Deportivo”.

Barreiro pon en valor que o equipo estivo moitos meses “sen Yeremay por pubalxia e sen Mella por un xeonllo. Zaka e Mula non foron un punto focal na dianteira. Nin Arnau nin Barcia foron os centrais que esperabamos, nin Gragera, nin Cristian Herrera… Ao final,  Stoichkov acabou sendo o primeiro e máis fiable suplente. Noé gañou protagonismo. Un once inicial forte e catro cambios. Quince rapaces conseguiron o ascenso”.

E espera que ” que acertemos co plan do ano que vén. Merecémolo. Manterse na Liga foi moi barato nos últimos anos”.

En paralelo, o Leyma conseguia a súa terceira vitoria en Menorca e se clasifica para a Final Four que se celebrará os vindeiros 6 e 7 de xuño na nosa cidade. A Coruña seguede festa.

Recepción Municipal

Esta tarde de luns, arecepción institucional ao club terá lugar ás 19.00 horas, no Palacio
Municipal. Xa a continuación, está prevista a saída dos xogadores ao balcón de María Pita, para festexar o ascenso á máxima categoría.

Máis novas

O colectivo #Aquítaménsefala estoupa contra a indiferenza do Real Club Deportivo

Retiran máis de 300 quilos de algas para uso alimentario ou agrícola na plataforma flotante de O Parrote

Un equipo traballa este luns na recollida de algas na zona da plataforma flotante de O Parrote na Coruña — inaugurada o ano pasado e destinada ao baño — para o seu uso alimentario ou agrícola segundo as condicións das mesmas.

Así o explicou, en declaracións aos medios de comunicación, o empresario Antonio Muiños, que sinalou que será un traballo a cargo de profesionais da Confraría de Pescadores e coa recollida duns 300 ou 400 quilos de algas de dous tipos distintas.

Esta recollida prodúcese, precisou, despois de que neste espazo, ao pechalo para o baño e xerarse unha zona de augas máis tranquilas, as algas creasen un cultivo neste medio de forma natural. Agora colleitaranse e analizaranse para determinar se se usan para a alimentación ou para a agricultura, segundo as posibilidades.

Ademais, precisou que podería manterse na zona un cultivo “constante” polo que non descartou que se repita a recollida noutras ocasións, igual que se produce noutros lugares de Galicia a facer este tipo de traballos.

“Hoxe seguramente 300 ou 400 quilos”, aseverou sobre a previsión de recollida de algas en O Parrote. “Colleitámolas, desembarcámolas en Oza — unha das zonas do porto coruñés — e levámolas a fábrica”, manifestou sobre as instalacións de Porto Muiños. Alí, decidirase, finalmente, a que se destinan as algas recollidas.

María Pita acolle esta tarde a recepción e celebración do ascenso

Esta tarde de luns, Coruña celebrará na praza de María Pita cos afeccionados e afeccionadas o regreso á categoría tras oito anos de singradura pola segunda e a terceira categoría do fútbol estatal.

Será primeiro, ás 19:00h, cunha recepción institucional no Palacio Municipal de María Pita e coa previsión de que se acheguen ata a praza miles de seguidores e seguidoras, como os que onte arrouparon ao equipo desde primeira hora da mañá e ata a madrugada, unha vez que os xogadores chegaron de Valladolid.

O consistorio recomenda á cidadanía desprazarse con antelación ao acto para evitar aglomeracións nos accesos principais á praza e a súa contorna. A celebración poderase seguir por streaming, a través da web municipal, e tamén na súa canle de Youtube.

A Coruña volve ser de Primeira

O colectivo #Aquítaménsefala estoupa contra a indiferenza do Real Club Deportivo

“Hai un drástico descenso” nas axudas da deputación, denuncian as confrarías da Coruña

As confrarías de pescadores da provincia da Coruña denuncian “un descenso drástico” nas axudas que lles concede a Deputación este ano. Nun comunicado, a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña alerta do “grave impacto” da aplicación do Regulamento da UE 717/2014 nas subvencións da Deputación, polo que esixen unha solución urxente.

Tras unha reunión extraordinaria o pasado venres para abordar a situación, os pósitos coruñeses amosan o seu “malestar” por esta decisión do ente provincial de establecer “un réxime especial de minimis cun límite máximo de 40.000 euros a repartir nun período de tres anos”. Lamentan que deixa contías “moi por debaixo das necesidades reais das entidades”, “en clara ruptura coa práctica habitual dos últimos anos”.

Lembran que estas axudas “son esenciais para garantir a continuidade das confrarías, xa que se destinan maioritariamente ao mantemento do persoal administrativo e técnico”, polo que se queixan de que “nunca antes foran incluídas neste marco restrictivo”. “A redución das contías pode provocar que moitas confrarías non poidan facer fronte aos seus gastos estruturais, situaciónas nun risco real de paralización ou peche”, advirten. Por todo iso, a Federación Provincial de Confrarías da Coruña solicita unha reunión co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, aínda que agradece a súa “boa disposición” para “buscar unha solución”.

Máis de 3.600 persoas camiñan na Coruña en solidariedade coa Asociación Española Contra o Cancro

Máis de 3.600 persoas participaron este domingo, 24 de maio, na andaina solidaria ‘A Coruña En Marcha Contra ou Cancro’ da Asociación Española Contra o Cancro. O percorrido de cinco quilómetros transcorreu por O Parrote, o Paseo Marítimo e a contorna do Club do Mar de San Amaro.

Tal e como trasladou a entidade nunha nota de prensa, a camiñada partiu da zona de Porta Real, na Mariña, ás 10.00 horas. Os asistentes, uniformados de verde, percorreron A Coruña ao ritmo da música. Cada un deles puido personalizar o seu dorsal, dedicando os seus pasos a un familiar, amigo ou enviando mensaxes de apoio á investigación oncolóxica. Ademais, a xornada contou con repartición de agasallos entre os asistentes e a apertura dunha zona de xogos pensada para os máis pequenos. Ao finalizar, o escenario acolleu unha sesión de salsation da man de Termaria.

“Cada ano esta andaina volve demostrar a implicación da coruñeses fronte ao cancro. Hoxe vimos a miles de persoas camiñando xuntas, moitas delas portando no seu dorsal unha dedicatoria cun nome, un recordo ou unha mensaxe de esperanza, o que reflicte ata que punto esta causa forma parte da vida de todos” destacou o presidente da Xunta Provincial da entidade na Coruña, Javier Álvarez Barbeito.

Mobi-Liza e Recyclos manterán a súas actividades nas anteriores instalacións de Padre Rubinos

Fálase nos últimos tempos da posible rehabilitación dos antigos edificios da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos. Unha custosa operación que requirirá dun tempo e moito esforzo en converterse en realidade. E mentres, procúrase aproveitar o espazo para desenvolver actividades sociais.

É o caso da Asoc. Mobi-Liza, e do Taller Social Recyclos, que levan traballando para mellorar a mobilidade da nosa cidade dende hai casi duas décadas. Por exemplo, a través da integradora Escola da Bici, que permite, nun ambiente seguro, aprender a circular pola cidade a persoas de todas as idades.

O segundo, o taller social Recyclos apréndelle ás xentes con menos recursos da cidade (ou a calquera) a reparar a súa bici ou mesmo a montar unha completa dándolle unha nova vida a compoñentes destinados inicialmente á chatarra.

De feito, a colaboración de Recyclos con Padre Rubinos vén de lonxe, aínda que dun xeito non formal. Cando Recyclos facía uso dun espazo cedido no establecemento Forum Própolis, na rúa Barcelona, gracias á solidariedade do eterno Nicanor Acosta, xa eran moitos os usuarios de Padre Rubinos os que se achegaban para conseguir un medio de transporte gratuito e sostible. Nesa época se lle propuxo a Padre Rubinos darlle asistencia para ter un taller propio nas súas instalacións. Cando o local de Própolis tivo que pechar, xurdiu a posibilidade de empregar un espazo nas instalacións dispoñibles da anterior sede da Institución. Un interesantísimo recurso para a Escola da Bici é poder facer uso do patio pechado para desenvolver as primeiras sesións en boas condicións de seguridade e funcionalidade.

Taller Reciclos en Padre Rubinos vello 2
Así funciona o Taller Recyclos

Continuidade

Nas últimas semanas, a directiva de Mobi-Liza e a presidencia da RIBS Padre Rubinos estiveron tratando a continuidade nas instalacións, chegando ao acordo de manter o convenio actual de cesion de uso gratuito, polo que a primeira desexa manifestar publicamente o agradecemento á xenerosidade da Institución.

I é que en realidade, as dúas entidades reman na mesma dirección: axudar a quen máis o necesita.
Esta colaboración de Padre Rubinos supón un importante impulso ao traballo que fan estas persoas amantes das dúas rodas e da mobilidade sostible, Recyclos e a Escola da Bici seguirán no antigo Padre Rubinos, polo menos ata que a entidade consiga afrontar a rehabilitación dos edificios. E mesmo sería moi interesante a continuidade das actividades nun espazo das futuras instalacións.

A sociedade agradece a labor das dúas entidades.

Máis novas

Abertas as inscricións para os novos cursos da Escola da Bici

Reciclos, o taller social de Mobi-Liza que segue espallando a cultura da bici

Inés Rey defende a súa xestión dos últimos oito anos: “Agora a Coruña é un motor económico”

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, declarou a súa “preocupación e sorpresa” pola imputación ao expresidente socialista José Luis Rodríguez Zapatero. “O Zapatero que eu coñezo non é o Zapatero dese auto xudicial”, afirmou.

En declaracións á Cadena SER, recollidas por Europa Press, Rey sinalou que está a ser unha semana “moito máis complicada”, xa que o Zapatero co que tratou é un “referente para moitos” e durante oito anos “mellorou a vida da xente sen ningún escándalo de corrupción”. “Doeríame moito se isto fose certo e creo que me doería aínda máis se non o fose, porque pase o que pase a imaxe do propio Zapatero e do partido queda danada”, lamentou, engadindo que agora “hai que agardar” e dar marxe para ver que se pode acreditar do que recolle o auto.

Para a alcaldesa coruñesa é “lóxico” que a dirección federal e os socialistas apelen á presunción de inocencia, porque é un “referente e un activo moi importante para á esquerda”, pero asegurou que están “profundamente preocupados e aínda medio en shock”. “O Zapatero que eu coñezo non é o Zapatero dese auto xudicial”, reiterou. Durante a entrevista, a mandataria local aproveitou para reivindicar o papel da esquerda “cando goberna” pola súa capacidade de “mellorar a vida das persoas”, ao tempo que destacou os datos económicos e de emprego de España no contexto internacional actual. Así, referiuse ás melloras nas condicións laborais, á baixada da taxa de paro e á posición do país a nivel internacional.

“Con tanta incerteza xeopolítica, con problemas que se escapan das nosas propias fronteiras, o que necesita o país é estabilidade e un liderado forte. Creo que iso representa o presidente do Goberno e cando cheguen as eleccións serán os cidadáns os que valoren a xestión”, indicou.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS

En relación coa política municipal, a mandataria defendeu a xestión levada a cabo na Coruña nos últimos sete anos. “As contas das municipais son a xestión, e na Coruña levamos sete anos gobernando unha cidade que é motor económico, social e cultural de Galicia e que estaba nun letargo”, subliñou. Inés Rey resaltou que hoxe a cidade é “líder” en ámbitos como a transformación dixital, a industria, a creación de emprego, as políticas de vivenda e as actividades culturais. Ademais, afronta a súa “segunda gran modernización” cun proxecto que a transformará nos próximos anos.

Neste sentido, lembrou que a Coruña foi a primeira cidade de Galicia en aplicar a declaración de zona de mercado residencial tensionado “a pesar de todas as dificultades, trabas e pedras no camiño” por parte da Xunta. “A media do aluguer baixou arredor de 100 euros despois de tomar esta medida”, asegurou.

Tamén cargou contra o Goberno galego pola coordinación aeroportuaria, reclamando maior implicación. “Quen ten que asumir a bandeira da coordinación aeroportuaria é a Xunta de Galicia, é o presidente da Xunta”, insistiu, defendendo unha política conxunta para facer competitivos os tres aeroportos galegos fronte a outros. Finalmente, respecto das súas expectativas electorais ante unha posible candidatura de Miguel Lorenzo polo Partido Popular, asegurou que concurrirá aos comicios “co aval da xestión” e con “propostas para seguir transformando e modernizando” a cidade herculina.