Inicio Blog Páxina 77

Vixiantes de hospitais lánzanse a mobilizacións indefinidas tras unha agresión en Oza: “A seguridade está en colapso”

0

UGT e USO anunciaron mobilizacións para esixir seguridade no traballo ante a recente agresión sufrida por un vixiante do Hospital de Oza. Advirten de mobilizacións “sostidas e indefinidas” para denunciar a “situación crítica” que atravesa o persoal de seguridade privada que presta servizo en hospitais e centros sanitarios.

Iniciarán as concentracións o 22 de decembro ás 11.30 horas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e continuarán en Santiago de Compostela. Concretamente, o mércores 7 de xaneiro ante a Consellería de Sanidade e o, tamén mércores, 21 de xaneiro, ante o Hospital Clínico Universitario de Santiago. Por último, –aínda que insisten en que o calendario de mobilizacións continúa aberto–, o mércores 28 de xaneiro mobilizaranse outra vez ante a Consellería.

A intención, apuntan nun comunicado, é manter as protestas “sine die” ata que a Administración “asuma a súa responsabilidade”. No comunicado denuncian que os vixiantes de seguridade, “a primeira barreira fronte ao conflito”, traballan con persoais “insuficientes”, “medios escasos” e unha presión “constante”, “sostendo un sistema que se beneficia da súa profesionalidade mentres lles negan condicións dignas”. Os sindicatos sinalan directamente á Consellería de Sanidade como responsable da situación por un modelo que, acusan, levou á seguridade privada no ámbito sanitario “a un punto de colapso”.

A UDC entra no ‘top 10’ das universidades máis sustentables de España

0

A Universidade da Coruña (UDC) sitúase entre as dez universidades de España máis sustentables, segundo o ranking internacional Greenmetric. O GreenMetric World University Ranking “confirma o compromiso pola sustentabilidade da UDC, que está situada en décima posición entre as 34 universidades españolas avaliadas e no posto 352 a nivel mundial“, sinala o reitorado.

A cifra de institucións académicas participantes incrementouse este ano a 1.745, dun total de 105 países, “un número que continúa aumentando en cada edición, contribuíndo á consolidación deste ranking de sustentabilidade como o de maior alcance e recoñecemento a nivel internacional”. A UDC obtivo un total de 4.787.5 puntos, destacando na xestión de residuos e reciclaxe, onde logra o posto dous en España e o 78 a nivel mundial.

Guía para non perderse a Cabalgata de Reis da Coruña

0

Máis de 1.200 persoas e 16 compañías artísticas participarán na Cabalgata de Reyes da Coruña, que terá como inspiración a primeira eclipse solar total visible desde a Península Ibérica en máis dun século, que se producirá o 12 de agosto de 2026.

“Como fenómeno astronómico histórico ofrece unha oportunidade única para conectar coa tradición dos Reis Meigos”, sinalou Inés Rey apuntando que haberá “cometas, constelacións e planetas”.

Este 2026 a Cabalgata de Reyes partirá do barrio de Vioño, ás 17.30 horas, e será “un pouco máis longa que outros anos, ao redor de 4,4 quilómetros”, concretou a rexedora, que precisou que se repartirán 7,5 toneladas de caramelos brandos.

PERCORRIDO

Percorrido-Cabalgata-Coruna-2026

Desde a rúa Revolución Francesa, discorrerá por Rolda de Outeiro, Alcalde Pérez Ardá, avenida Fernández Latorre, Catro Camiños, Primo de Rivera, Linares Rivas, Cantón Grande e a Mariña para acabar na praza de María Pita.

Debido ás obras de reurbanización dos Cantóns, non se vai a permitir a presenza de público por cuestións de seguridade entre o cruce de Entrexardíns ata o Teatro Colón.

Máis novas

A programación do Nadal da Coruña incluirá máis de 300 eventos a partir deste venres

 

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Carlos Núñez pechan o II ciclo Folk no Colón

0

A segunda edición do ciclo Folk no Colón remata este mes de decembro coas actuacións de dous dos grandes referentes da música tradicional galega: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Carlos Núñez.

En primeiro lugar, o sábado 20 de decembro, ás 20.00 horas, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre presentarán o seu último traballo: ‘Axúdame a sentir’, unha homenaxe á tradición musical oral e ás cantareiras. O músico coruñés participa por segundo ano consecutivo no ciclo Folk no Colón co seu traballo máis persoal, amosando toda a súa calidade musical, que o levou a actuar nas principais cidades no mundo.

Por outra banda, Carlos Núñez, o artista de música galega máis internacional celebra o 30 aniversario da ‘Irmandade das Estrelas’, o disco que revolucionou a música celta e converteuse nun fito da cultura galega, cunha dobre actuación o venres 26 de decembro, ás 19.30 e ás 22.00 horas. Núñez non faltará á súa cita de Nadal na Coruña, onde vén actuando nos últimos anos cada mes de decembro.

As derradeiras entradas para as actuacións de ambos artistas continúan á venda en Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense. Ademais, o día de cada actuación, en caso de quedar localidades dispoñibles, poderán adquirirse no propio Teatro Colón.

Rodrigo Cuevas, en2 026

En paralelo, Rodrigo Cuevas, o artista máis irreverente da escena musical estatal, presentará en Galicia a súa nova proposta escénica, “La Belleza”. O artista asturiano vén de anunciar o avance dunha nova xira de “fantasía escénica e argumental”, que pon o foco “no lugar onde os soños e o fermoso se funden co terreal”, e que iniciará na primavera de 2026.

A única data de presentación da xira La Belleza en Galicia será o xoves 30 de abril na Coruña.

Esixen implantar protocolos de seguridade ante unha nova agresión grave no Hospital de Oza

0

UXT e USO esixen ao SERGAS medidas urxentes de seguridade e melloras substanciais tras a grave agresión a un vixiante no Hospital de Oza.

Nova alerta no sistema sanitario arredor da violencia que sofre o persoal dos centros hospitalarios. Despois de meses de mobilizacións no primeiro semestre de 2025 para a implantación dun protocolo de seguridade para traballadores, unha nova agresión pon de novo a falta de seguridade de todos os profesionais dos centros sanitarios no foco.

Aconteceu este sábado, no Hospital de Oza, na Coruña, cando un vixiante de segutidade sufría unha grave agresión que lle provocou a perda de parte do lóbulo e da cartilaxe da orella tras ser mordido por un paciente ingresado na unidade de Psiquiatría.

Os feitos ocorreron ao redor das 9:00 horas, cando o paciente, que non estaba sedado, comezou a mostrar unha conduta extremadamente agresiva, golpeando paredes e xerando unha situación de risco para outros pacientes e profesionais. Durante a intervención para tentar inmobilizalo, o vixiante sufriu unha lesión grave e irreversible.

As necesidades

Ante esta nova agresión, os sindicatos USO e UXT esixen á Consellería de Sanidade e ao SERGAS que adopten “medidas inmediatas, reais e efectivas”. Porque para ambos sindicatos “esta agresión non é un feito illado nin imprevisible, senón a consecuencia directa da falta de decisións e de avances efectivos por parte da administración sanitaria, a pesar de que a situación fora advertida previamente”.

Lembran que tralas mobilizacións, o proceso de creación de protocolos exhautivos e eficientes quedou “en paréntese, sen calendario, sen concreción e sen medidas aplicadas”. Ante esta situación de bloqueo, e coa vontade expresa de reactivar as negociacións, UXT e USO rexistraron formalmente en outubro de 2025 varios escritos ante a propia Consellería de Sanidade, trasladando novamente as propostas xa expostas e solicitando retomar o diálogo de maneira efectiva.

Neses escritos, USO e UXT reclamaban, entre outras cuestións:

  • A revisión e actualización dos protocolos de actuación #ante pacientes agresivos.
  • A dotación de medios de autoprotección adecuados para os vixiantes de seguridade.
  • Unha mellor coordinación entre seguridade privada e persoal sanitario.
  • Criterios homoxéneos en toda a rede SERGAS, evitando diferenzas entre centros.
  • A apertura dun marco de negociación sobre condicións laborais e retributivas, xunto a outras melloras substanciais na organización do servizo.
  • A día de hoxe, non se produciron avances reais, salvo a posibilidade de estudar unha fórmula de protección xurídica para o persoal, unha cuestión que segue pendente de clarificar, sen concreción, sen calendario e sen garantías de aplicación

Precariedade

Lembran que os vixiantes de seguridade que prestan servizo en hospitais públicos están traballando para empresas externas en moitas ocasións en situacións precarias:

  • Traballan en contornas de alta conflitividade.
  • Asumen funcións de intervención directa con pacientes agresivos.
  • Afrontan agresións físicas e verbais de forma recorrente.
  • E fano con persoais axustados, salarios baixos e sen un recoñecemento acorde ao risco real do posto.

Por iso, USO e UXT reclaman que a Consellería de Sanidade, como administración responsable, “impulse melloras substanciais que inclúan reforzo de persoal, condicións dignas, estabilidade laboral e recoñecemento efectivo do risco. A precariedade e a falta de medios tamén son factores de risco, e seguir ignorándoos é perpetuar o problema”.

 

 

Máis novas

A Xunta de Persoal do CHUAC denuncia a “pasividade” institucional ante agresións a sanitarios

Así afronta o Sergas as agresións a sanitarios: “Cursos de protección persoal” impartidos pola Policía

 

Somos as traballadoras do SAF: esenciais pero esquecidas

Máis de 2.000 sanitarios da Coruña-Cee esixen un protocolo de seguridade “específico” ante agresións a persoal

Piden 12 anos de cárcere por abusos sexuais a unha menor da súa familia na Coruña

0

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña acolle desde este luns, e ata o mércores, un xuízo a porta pechada contra un home acusado dun delito de abusos sexuais a unha menor de 16 anos coa que garda unha relación de consanguinidade.

O Ministerio Fiscal, no seu escrito de cualificación, solicita para o procesado unha pena de 12 anos de prisión e o pago dunha indemnización á presunta vítima de 50.000 euros polo dano moral. Pola súa banda, o letrado da defensa asegura que “non sucedeu” e reclama a súa libre absolución.

A Fiscalía sostén que os feitos tiveron lugar no domicilio común, situado no partido xudicial da Coruña, entre os anos 2015 e 2019. Ademais da pena de cárcere, o Ministerio Público pide para o acusado liberdade vixiada durante 10 anos e a privación da patria potestade durante seis anos. Tamén solicita a inhabilitación especial para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que implique contacto regular e directo con menores de idade por un tempo superior en cinco anos ao da pena de prisión. Finalmente, pide a prohibición de aproximación e comunicación coa vítima, ao seu domicilio ou a calquera lugar que frecuente, a unha distancia de 300 metros, por un tempo superior en dez anos ao da pena de prisión imposta. O xuízo desenvolverase a porta pechada para protexer a intimidade da menor.

Emma Lustres, a cofundadora de Vaca Films, recibe a Medalla de Ouro dos Forqué 2025

0

A produtora pontevedresa, afincada na Coruña, e cofundadora de Vaca Films, Emma Lustres, foi galardoada coa Medalla de Ouro nos premios Forqué 2025. O presidente da Egeda, Enrique Cerdeira, eloxiouna polo seu “gran talento” e por ser unha profesional “de raza”. “O teu nome forma parte xa da historia contemporánea do audiovisual do noso país”, sinalou.

Os Premios Forqué celebraron o seu 31 aniversario este sábado 13 de decembro nunha gala que tivo lugar no Palacio Municipal de IFEMA Madrid e que arrincou lembrando ao actor Héctor Alterio, falecido este sábado aos 96 anos. Estes galardóns abren a tempada de cinema español que culmina cos Premios Goya, que se celebrarán en febreiro en Barcelona.

Alí, tras recoller o galardón, Lustres, visiblemente emocionada, reclamou un “apoio máis forte” por parte das institucións e gobernos, sen importar se son “de dereitas, esquerdas, ultradereita ou ultraizquierda, para a industria audiovisual que permite “mellorar a sociedade”.

“O cine ten esa potencia de facernos mellores, de mellorar a sociedade. Por iso, non acabo de entender que unha industria como a nosa, que tan ben lle fai a este país, que nos representa tan ben polo mundo, que tantos espectadores consegue en tantos países, que é a nosa maneira de mostrarnos ao mundo, non teña un apoio máis forte das nosas institucións e dos nosos gobernos. Dáme igual que sexan de dereitas, de esquerda, de ultradereita ou de ultraizquierda”, indicou.

Así mesmo, esixiu mellorar a igualdade no mercado audiovisual para que os produtores independentes “estean aí formando parte del” e defendeu que estes profesionais “son os que traen a renovación, o novo talento e as novas oportunidades”. Por último, celebrou que o cinema se estea descentralizando ao enxalzar o traballo do seu Galicia natal e dedicou a Medalla de Ouro ao seu marido e aos seus dous fillos, Tiago e Cayetana.

“Non estiven todo o tempo, pero creo que compatibilicei, como moitos de vós e con moitas mulleres, a miña profesión co máis bonito e o que máis me gusta na vida, que é ser nai. Esas cartas que me escribían os meus fillos polo Día da Nai, iso non hai oscar que o iguale”, concluíu.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Premios Forqué (@premiosforque)

Os GALARDOADOS

A cinta ‘Los Domingos’, de Alauda Ruiz de Azúa, conseguiu o Premio Forqué a Mellor Longametraxe de Ficción ao superar a ‘Maspalomas’, ‘Xorda’ e ‘Sirat’, cinta española candidata ao Óscar.

A cineasta Alauda Ruiz de Azúa, ao recoller o galardón, asegurou que ‘Os Domingos’ é unha película “respectuosa”, especialmente cos espectadores, aos que convida a sacar “as súas propias reflexións, pensar en por si ou reflexionar con outros” e defendeu que ese “respecto” é unha maneira de “honrar o pensamento crítico e defender a autonomía do espectador fronte a adoctrinamientos ou dogmas”.

“‘Os Domingos’ é unha película que explora como o adoctrinamiento relixioso pode distorsionar a túa percepción ou os teus sentimentos. Grazas aos 600.000 espectadores que habedes ido a ver a película e que estivestes abertos a reflexionar e debater porque iso só pode facernos máis humanos e menos obedientes”, expresou.

A produción tamén logrou o Premio Forqué a Mellor Interpretación Feminina, pola actuación de Patricia López Arnaiz. A actriz destacou a Alauda Ruiz de Azúa pola súa vocación “xenuína” ao querer falar de “o humano”.

Pola súa banda, o Premio Forqué a Mellor Interpretación Masculina recaeu en José Ramón Soroíz polo seu papel protagonista en ‘Maspalomas‘, que agradeceu o galardón aos directores do filme, José María Goenaga e Aitor Arregi por “ese guión marabilloso”.

Outra das favoritas da noite foi ‘Xorda’, que logrou o Premio ao Cinema en Educación e Valores, dirixida por Eva Liberdade, que acudiu cunha chapa de apoio a Palestina na que pedía o ‘stop do Xenocidio’ e que agradeceu aos produtores por atreverse a facer esta película que tiña “certas peculiaridades”. “O cinema axúdanos a conectar, a cambiar a nosa mirada e a ampliar a nosa experiencia humana. (Este premio) é un recoñecemento ao poder transformador do cinema”, manifestou.

 

Emma Lustres, de Vaca Films, primeira muller que leva o premio Forqué á Mellor Produtora

Indignación nas familias do CEIP Cidade Vella tras escoitar en directo “as mentiras” da Xunta

Levaban onte á Comisión 4ª de Educación e Cultural do Parlamento Galego o BNG a situación do CEIP Cidade Vella. Despois das mobilizacións das familias foi o BNG o que levou as demandas da ANPA ao pleno. Unha ANPA que estivo presente na Comisión, coa presenza de 4 pais e nais “escoitando as mentiras do goberno da Xunta”, aseguran ao saír.

Comezaba Mercedes Queixas alertando que a Xunta non responde as súas preguntas sobre o estado do centro dende o pasado mes de setembro.
Queixas lamentou que a Xunta non recoñeza o problema e non actúe.

Tomou a palabra o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Manuel Álvarez Bértola, que xa comezou poñendo as responsabilidade no Concello da Coruña, considerando que a situación do centro é debida á falta de mantemento.

Se ben é certo que hai unha falta evidente de mantemento (a ANPA asegura que o Concello está respondendo actualmente ás demandas máis urxentes) a Xunta obvia a necesidade de afrontar unha gran obra de rehabilitación nun centro envellecido con serios danos estruturais, que sería de competencia autonómica, máis aínda tendo en conta que se trata dun edificio histórico protexido.

Máis indignación levantaron aínda as cifras “inventadas” polo responsable da Xunta, que asegurou ter investido 400.000€ en diferentes melloras neste colexio coruñés, entre elas a substitución da cuberta e parte da renovación das ventás do centro, esquecendo dicir que son investimentos de hai máis de 15 anos…

“Os balóns fóra xa non coman”, critican dende a ANPA.

Máis novas

As familias do CEIP Cidade Vella esixen na rúa con contundencia compromisos das administracións

 

A Policía Nacional detén un home na Coruña por un presunto homicidio no parque de Santa Margarida

0

A Policía Nacional detivo na Coruña a un home como presunto autor da morte violenta doutro varón no parque de Santa Margarida, un dos espazos verdes situados no centro da cidade. Os feitos ocorreron na noite do sábado, segundo confirmaron fontes policiais.

De acordo coa información trasladada polos corpos de seguridade, no lugar produciuse un altercado entre varias persoas que acabou cun apunhalamento. A vítima, un home novo, morreu no acto como consecuencia da ferida recibida. Polo momento, non transcenderon datos sobre a arma empregada nin sobre as causas que motivaron a agresión.

A Policía Local da Coruña foi o primeiro corpo en desprazarse ata o parque tras recibir o aviso. Posteriormente, incorporouse ao operativo a Policía Nacional, que asumiu a investigación dos feitos e procedeu á detención dun home como presunto responsable do homicidio.

O arrestado atópase actualmente en dependencias policiais, á espera de que avance a instrución do caso. Segundo as mesmas fontes, aínda non se concretou cando pasará a disposición xudicial.

A investigación continúa aberta para esclarecer as circunstancias exactas do suceso, así como a relación entre o detido e a vítima.

Un mozo cae ao mar xunto á Torre de Hércules e é rescatado con síntomas de hipotermia

0

Un amplo dispositivo de emerxencia mobilizouse este sábado nas proximidades da Torre de Hércules, na Coruña, polo rescate dun mozo que caeu ao mar e que foi localizado con síntomas de hipotermia. A persoa foi trasladada a terra por unha embarcación de Cruz Vermella, a LS Hércules, segundo a información facilitada polo 112.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiu o aviso arredor das 12:45 horas, cando un particular comunicou que unha onda, tras un golpe de mar, “acababa de levar unha persoa” á altura da Caracola, nun punto próximo ao monumento herculino. Na chamada tamén se indicou que o implicado estaba a flotar e pedindo axuda, pero non era capaz de saír da auga polos seus propios medios. Ademais, segundo o relato trasladado ao 112, outras dúas persoas foron arrastradas polo efecto do mar, pero non chegaron a caer.

DISPOSITIVO DE RESCATE

Ata o lugar desprazáronse medios marítimos e terrestres de Salvamento Marítimo, entre eles o helicóptero Helimer 401 e a embarcación Salvamar Betelgeuse, ademais da unidade de Cruz Vermella que participou na intervención. No operativo tamén estiveron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do Servizo de Gardacostas de Galicia, axentes da Policía Nacional e da Policía Local, e Bombeiros da Coruña.

Finalmente, a persoa foi rescatada consciente, aínda que con hipotermia, segundo apuntou Salvamento Marítimo. Tras chegar a terra, foi atendida por persoal dunha ambulancia medicalizada.

AVISO POR MALA MAR

Tras o suceso, Salvamento Marítimo pediu precaución en caso de mala meteoroloxía. No momento do incidente, Meteogalicia mantiña activado un aviso amarelo por ondas de 4 a 5 metros no litoral da Coruña, cunha previsión de finalización ás 18.00 horas deste sábado.