Inicio Blog Páxina 8

Inés Rey destaca a eficacia da declaración de mercado tensionado: “Os resultados están aí”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, defendeu a eficacia da declaración de zona de mercado residencial tensionado e incidiu en que os “resultados están aí”.

Foi a preguntas dos medios de comunicación respecto da postura da Xunta sobre este asunto, tras a rolda de prensa convocada para informar o dispositivo especial de seguridade, transporte e mobilidade organizado polo Concello herculino para o día da eclipse de sol que terá lugar o próximo 12 de agosto.

Neste sentido, a rexedora fixo referencia aos datos facilitados polo Observatorio de Vivenda de Galicia. “Os resultados da zona residencial tensionada están aí”, recalcou.

O Festival Manicómicos leva o mellor circo contemporáneo a catro barrios da cidade

0

Este xoves 16 de xullo arrinca a edición 25 do Festival Manicómicos. Esa cita anual obrigatoria coa compañía circense máis importante de Galicia, que leva décadas sacándonos as risas dos beizos.

De xoves a domingo, o Paseo das Pontes, o Campo da Leña, a Praza de Pablo Iglesias e o Anfiteatro de Santa Margarida convertiranse en escenarios ideais para o mellor circo contemporáneo. A cartelería este ano fai referencia ao eclipse deste verán, e nela aparecen caricaturizados os museos coruñeses.

Manicomicos Coruna 2026

O xoves 16 de xullo abre o prorama un Obradoiro de circo para toda a familia no Paseo das Pontes, pola mañá, con A T Í P I C O. Pola tarde comezan as actuacións, con tres compañías marabillosas coma son Cirko Psikario e o seu “Que disparate!” ás 18h, logo Andrea Rios ás 20h con “Morpha”, e para pechar a primeira xornada, Roi Borrallas con “Solo” ás 22h.

O venres 18 de xullo trasladan a carpa ao Campo da Leña: pola mañá con Compañía Muu e “Crunch 2”, a secuela do seu primeiro espectáculo, ás 12:30h. Xa pola tarde, Abraham Arzate amosará as súas habilidades en “El Rompe Records” ás 18h, seguido de “La llegada” de Koilara Teatro ás 20h, e pecharemos co pasarrúas musical da Always Drinking Marching Band polas rúas peones do redor da praza, a partires das 22h.

Xa o sábado todas as actuacións serán na Praza Pablo Iglesias do Castrillón. Pola mañá, Ro Krause, con “Deja que salga el sol”, ás 12:30h. Pola tarde chega Mundo Costrini coa música e a tolemia de “Crazy Mozarts” ás 18h. Tras eles, o zen de Paco Panjabi ás 20h e para pechar a xornada, ás 22h, Cia Seon con “Infinit”.

O domingo, o remate será por todo o alto coa gran Gala que se celebrará ás 19:00h no Anfiteatro do Parque de Santa Margarida.

Programa completo

Xoves 16 de xullo | Paseo das Pontes
• 12.30 h | Atípico Circo — Circo en familia. Obradoiro participativo de circo para todos os públicos.
• 18.00 h | Cirko Psikario —¡Qué disparate!. Espectáculo de clown, circo e teatro de obxectos para toda a familia.
• 20.00 h | Andrea Ríos Cía. — Morpha. Proposta de circo contemporáneo, música e suspensión capilar.
• 22.00 h | Roi Borrallas — Solo. Un dos espectáculos de clown máis premiados dos últimos anos.

Venres 17 de xullo | Campo da Leña
• 12.30 h | Cía. Muu — Crunch 2!. Circo, clown e humor para todos os públicos.
• 18.00 h | Abraham Arzate — El rompe récords. Comedia, acrobacias e retos imposibles.
• 20.00 h | Koilara Teatro — La llegada. Humor absurdo e teatro físico arredor da chegada dunha nave alieníxena.
• 22.00 h | Always Drinking Marching Band — La calle es nuestra. Espectáculo itinerante de música e humor polas rúas do centro da cidade.

Sábado 18 de xullo | Praza Pablo Iglesias
• 12.30 h | Mina Clown — Deja que salga el sol. Clown, circo e música con ampla participación do público.
• 18.00 h | Mundo Costrini — The Crazy Mozarts. Concerto cómico de música clásica con instrumentos insólitos.
• 20.00 h | Paco Panjabi — Profesor de Yoga. Unha delirante sesión de clown e humor para todos os públicos.
• 22.00 h | Cía. Seon — Infinit. Circo contemporáneo multipremiado que combina acrobacia, trapecio, danza e clown.

Domingo 19 de xullo | Parque de Santa Margarida
• 12.30 h | Exterior da Casa das Ciencias | Cía. SÖA — Coa cabeza nas nubes.
Teatro físico, danza, clown e acrobacias para público familiar.
• 19.00 h | Anfiteatro de Santa Margarida | Gala 25 Festival Manicómicos. Gran
peche da edición con variedades cómicas e circenses e a participación de artistas
convidados, presentada por Niño Costrini e Romina Kraus.

Toda a programación en www.manicomicos.org/festival.

Máis novas

Os Manicómicos, gañadores do “Premio Nacional CIRCORED ás Boas Prácticas”

A Feira das Marabillas cumple 30 anos e 5 séculos

0

Xa on falta nada para a 30 edición da Feira das Marabillas. A feira medieval herculina chega do 22 ao 26 de xullo cunha marea de actividades.

A cita trata de ir afianzando un contexto histórico que a diferencie, e por iso recuperan a historia da primeira Feira Franca, acontecida en 1502 tras un incendio que asolou a cidade.

Feira das Marabillas Coruna 2

A praza de María Pita, co Recuncho das Pícaras para as crianzas de 3 a 11 anos, e contacontos, monicrqueres e acrobacias e malabares, volverá ser o epicentro da feira, que terá na Praza de Azcárraga, e en todo o casco vello, o seu desenvolvemento.

Podedes descargar aquí o programa completo en PDF.

Xa temos o cartel máis galego do Festival Noroeste

Esgotadas as prazas en 43 titulacións da UDC no segundo chamamento de matrícula

A Universidade dá Coruña (UDC) esgotou as prazas en 43 das súas titulacións, é dicir, o 80% das súas titulacións, no segundo chamamento de matrícula realizado esta semana. Segundo lembrou a universidade nunha nota de prensa, a institución oferta para o curso académico 2026/2027 un total de 3.284 prazas de novo ingreso en estudos de grao, graos abertos e programas de simultaneidade.

Neste contexto, destacou que permanecen abertas para o seguinte chamamento as titulacións de Filoloxía en Español, en Galego e en Inglés; as Simultaneidades de Español-Galego e Inglés-Galego Socioloxía; Turismo; Relacións Laborais e RR.HH de Ferrol, así como Xestión Dixital da Información e un pequeno número de prazas de Ciencias Empresariais.

Neste contexto, subliñou que a oferta académica da UDC para o próximo curso incorpora un aumento do número de prazas en varias titulacións. Así, o Grao en Bioloxía conta con 70 prazas, sete máis que no curso anterior; o de Relacións Internacionais, impartido conxuntamente coa Universidade de Vigo, alcanza as 30 na UDC; e Arquitectura Técnica chega ás 55.

Con todo, entre as titulacións con maior número de prazas destacan Enxeñaría Informática, con 259 prazas; Administración e Dirección de Empresas, con 180; Estudos de Arquitectura, con 132; e os graos en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Dereito, Educación Infantil e Educación primaria, con 120 prazas cada un.

Xa temos o cartel máis galego do Festival Noroeste

Con 4 semanas de antelación, e non con unha como as pasadas edicións, o Concello da Coruña vén de presentar a programación completa da 39ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia que se celebrará do 5 ao 8 de agosto na Coruña.

Máis de 15 bandas do país, das 40 en total, conforman un cartel no que a música galega terá máis protagonismo que nunca. “Queremos que o talento creativo local teña un papel protagonista na identidade do festival”,  sinalaron na presentación, destacando nomes como Xosé Lois Romeu, Familia Caamagno, Agoraphobia, Sés, Catuxa Salom, Moura, Bala, Meu, Silvia Penide & Sophie Simmons, Apòlo 18, Zënzar ou Greasy Belly, son algunhas das bandas galaicas que tocarán nun festival que se completa cos Bomba Estéreo, Rusowsky, ou Dorian.

Cartel Festival Noroeste 2026
Cartel feito por @quepasasajulia

7 ESCENARIOS

A praia de Riazor, as prazas de María Pita e Azcárraga, o parque de Santa Margarita, o Campo da Leña, O Portiño e o Castelo de San Antón serán os escenarios desta edición.

A falta de confirmación oficial, na praia actuarán Echo & The Bunnymen (banda de rock noventera) como cabezas de cartel, xunto cos Dorian e Rusowsky (dúas das grandes revelacións do panorama estatal dos últimos tempos), Ángel Stanich ou Bomba Stéreo.

Yerai Cortés, Sprints, David Regueiro Trío ft. Pablo Castaño, Vicente Calderón, ou Mounqup completan o cartel.

Monólogos e Noroestiño

Novamente, as artes escénicas formarán parte da programación do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia cos ‘Contos ao Noroeste’, o 9 de agosto en Santa Margarida, cun pase especial de ‘Amoriños’, con Xosé A. Touriñán e David Perdomo; e o ‘Noroestiño’, do 6 ao 9 de agosto. Esta iniciativa xurdiu na XXXVII edición do festival para complementar a programación musical con actividades para todo tipo de público.

Para público familiar, o ‘Noroestiño’ encherá os xardíns de Méndez Núñez de música en directo con espectáculos diversos e adaptados a este tipo de espectadores. Participarán Pablo Díaz, María Faltri ou Lydia Botana xunto cos espectáculos ‘A Banda dos Insectos’, ‘Bibopalula, o concerto’ ou ‘Leucoíña pasea contos nas verzas’.

Máis crónicas do Noroeste

O Festival Noroeste albergou máis de 115.000 espectadores

A vida e a cruz do Noroeste

O devir do Noroeste tras convertirse no “mellor festival do estado”

O goberno socialista recoñece a prevalencia dos festivais privados sobre o Noroeste: “Quen queira ver grupos de nivel, que pase por taquilla”

Desarticulado un grupo que estafaba a hostaleiros na provincia da Coruña ao facerse pasar pola compañía da luz

0

A Garda Civil desartellou unha organización criminal dedicada a estafar a hostaleiros na provincia da Coruña mediante o método do “corte de luz”, polo cal chamaban aos restaurantes e bares facéndose pasar pola compañía eléctrica para esixir un pago inmediato por pagos atrasados para non quitar a subministración ao local.

A operación ‘Lightcall‘ hase saldo con seis persoas investigadas, oito establecementos prexudicados e un prexuízo económico de 10.951 euros, dos cales se recuperaron 2.600 euros.

Esta operación, desenvolvida polo Equipo Milladoiro, especializado en materia de ciberdelincuencia da Comandancia da Coruña, permitiu esclarecer oito feitos delituosos labores contra bares, restaurantes e cafetarías dos municipios coruñeses de Boiro, Muros, Santa Comba, Padrón, Noia e Muxía.

Os autores seleccionaban previamente ás súas vítimas tras recompilar información detallada sobre os negocios, obtendo datos como a dirección do establecemento e a compañía comercializadora de subministración eléctrica. Con esta información, contactaban telefonicamente cos responsables dos locais facéndose pasar por empregados da empresa subministradora.

Durante a chamada, informaban as vítimas da existencia dunha suposta débeda pendente e advertíanlles de que, en caso de non abonala de forma inmediata, procederíase ao corte da subministración eléctrica. “Para incrementar a presión e dificultar a capacidade de reacción dos afectados, as chamadas realizábanse habitualmente en horas de máxima actividade, coincidindo cos servizos de comidas”, explica a Garda Civil nun comunicado este martes.

Ante a posibilidade de sufrir a interrupción da subministración eléctrica en pleno horario de traballo, as vítimas accedían a realizar os pagos esixidos. Unha vez obtida a primeira transferencia, os estafadores trataban de conseguir novos ingresos ao alegar supostos erros na operación ou a necesidade de repetir o pago.

En total, procedeuse á investigación de cinco persoas nas provincias de Almería, Cádiz, Xirona e Málaga, así como na localidade gaditana de Alxeciras, ademais da detención dun integrante do grupo en Vigo.

As dilixencias instruídas foron remitidas ao Tribunal de Instancia e Instrución de Muros.

RECOMENDACIÓNS

A Garda Civil lembra a empresarios e autónomos a importancia de extremar as precaucións ante este tipo de chamadas.

“Ante calquera requirimento de pago urxente relacionado con subministracións básicas, recoméndase verificar a información contactando directamente coa compañía subministradora a través das súas canles oficiais e desconfiar de calquera solicitude de transferencia inmediata baixo ameazas de suspensión do servizo”, sinala a Garda Civil.

Así mesmo, aconséllase comunicar calquera intento de estafa ás Forzas e Corpos de Seguridade para facilitar a investigación e previr novas vítimas.

Aquítaménsefala: “Facemos as cousas con paixón, coñecemento e un pouco de tino”

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

 

 

 

As Peñas do Dépor convocan unha concentración este xoves na Praza de Pontevedra

Moven ficha as Peñas do deportivismo trala guerra aberta formulada pola directiva do club e respondida en cartas como a que nos enviaba Marcos García Patiño.

Como anunciaban na asemblea aberta celebrada na torre de Maratón o pàsado xoves, as peñas Riazor Blues, Old Faces e a Federación de Peñas do RC Deportivo convoca unha concentración para este xoves 16 de xullo ás 20:00h na Praza de Pontevedra.

O club respondía a este movemento das Peñas cun duro comunicado no que anunciaba a revisión das condicións do convenio de relación, que estaba vixente e que viña sendo intocable dende 2017. Pero a boa relación que parecía patente ao longo destes anos, mesmo nas celebracións previas á criminalizada invasión do campo na última xornada de Liga, parece torcerse.

Máis novas

A inxustiza, o relato, e a xentrificación poden levar por diante o mellor momento do Deportivo

As Peñas invitan aos abonados de Maratón Inf. a non renovar e anuncian unha manifestación de todo o deportivismo

Indignación no deportivismo ante a nova campaña de abonados e as esixencias aos socios de Maratón Inf.

 

As flores de Ángeles contra o “abandono municipal” na Pescaría

Ángeles ten 95 anos e vive na rúa Orzán, ao carón da Praza do Africano, en pleno barrio da Pescaría. Leva anos pedindo un pouco de coidado nunha zona onde a movida nocturna moitas veces arrasa coa convicencia pacífica. O abandono e a falta de limpeza e de actualización do mobiliario é o pan de cada día no céntrico pero agochado barrio.

Levan anos chamando e pedindo un pouco de coidado. Asegura ter realizado máis de 50 chamadas reclamando limpeza, pois o cheiro a ouriños chega ata o seu cuarto piso. Ademais, denuncia que o mobiliario urbano está deteriorado e que as macetas da zona permanecen abandonadas e rotas.

É o caso dunha maceteiro grande que hai situado xusto diante do seu portal. Leva meses denunciando o seu abandono, e cansada de agardar por unha solución, decidiu mercar e plantar as flores ela mesma, engandindo un cartel no que piden que non as rouben nin que lle mexen por riba.

”Este xesto, máis que unha simple plantación, pretende denunciar o abandono do espazo público e a falta de resposta ás reiteradas queixas veciñais, unha situación que considera “unha vergoña” para a cidade”, explica a súa filla Iria.

Angeles e as flores da rua orzan

A inxustiza, o relato, e a xentrificación poden levar por diante o mellor momento do Deportivo

Teño 51 anos e son o son o socio número 1423 do Deportivo. Levo case 40 anos ininterrumpidos acudindo a Maratón Inferior / General, e estes últimos días están a ser os máis cabreantes, tristes, e decepcionantes da miña vida deportivista. Vivín derrotas dolorosas e derrotas humillantes, sufrín descensos, perdín ascensos, perdín títulos no último minuto, etc., e paseino moi moi mal. Pero nada parecido a isto. Por primeira vez en todo este tempo plantéxome non renovar.

Porque isto, este dano, esta inxustiza, esta decepción, este insulto, faimo o meu clube. Non un rival, non alguén alleo, non. O meu propio clube, a través da sua directiva. O clube que quero e do que me sinto parte. O clube ó que me levou meu pai xunto coa miña irmá, o clube que comparto con moitas grandes amizades, e ó clube ó que levei ós meus sobriños.

Porque a directiva do meu clube, decidiu que a discriminación, o abuso de poder, a criminalización, e a falla de memoria e de respeto, son válidos e, polo visto, necesarios. A directiva do meu clube quere impoñer unhas condicións abusivas e draconianas. E, para facelo ainda peor, quere impoñerllas nada máis a unha parte dos socios e socias, simplemente pola grada na que teñen a sua localidade. Estes socios e socias non van disfrutar dos mesmos dereitos básicos que o resto do Estadio. Así de simple, e así de triste.

Os socios e socias de Maratón inferior, uns 4.000, non poderán facer a renovación do carné online. Hai que facelo presencialmente, e firmar un documento aceptando esas condicións abusivas, e, según se entende, deixar unha copia do DNI (haberá que ver que dí a LOPD). Tampouco poderemos prestar ou ceder o noso carné baixo nengún concepto, mentres se nos segue a esixir a asistencia a un mínimo de 15 partidos dos 19 que xogamos en Riazor.

A directiva do meu clube poderá dispoñer do meu asento sempre que queira para acomodar a quen lle pete. Ese asento que xa nen sequera vou ter asegurado dun ano para o outro. A directiva do meu clube poderá decidir normas específicas de control, identificación, e acceso, para esta grada. E todo isto rematado cunhas subidas do 60% nos prezos dos abonos.

E isto pasa cando estabamos no mellor momento do deportivismo que eu lembro. Despois de pasar anos moi duros, máis que os 8 fora de Primeira, había unha unión, unha ilusión, e unha dimensión social como nunca se vira. Pasaramos todo isto xunt*s e iso nos fixo máis fortes. E o propio clube sacaba peito con esas imáxenes de rúas, estadios, e pobos enteiros tomados polo branquiazul. Un nivel de compromiso, de paixón, que resonou no mundo enteiro, e consolidou unha imaxe de clube. E agora, con estas medidas inxustas, o que nos din é que non, que nunca contamos, que somos meros números, e que non sinten por nós ningún respeto nin valoran o aportado. Por suposto creo que se equivocan, pero ademáis creo que non mediron ben. Non saben o que é un estadio sen animación, sen alma. Sen iso ese “producto” que están intentando vender non ten atractivo.

Porque as causas principais de todo isto, na miña maneira de velo, son dúas. Unha é que se mercou unha imaxe de grupo violento (Riazor Blues) e, por extensión dunha grada (Maratón Inferior), que se leva tratando de impoñer dende Madrid, principalmente, dende a morte de Jimmy, e que repuntou durante a polémica co Fuenlabrada. Hai que lembrar que tralo asasinato a primeira sanción foi para nós, o clube da víctima, e nunca para o Frente Atlético. Como digo, mercouse o relato, e pode palparse no texto coas novas medidas. Retrátrase a nosa grada como un lugar violento e problemático, cando a realidade é que nunca pasa nada e está cheo de familias que acuden ós partidos tranquilamente, sen riscos.

E a segunda causa é que a xentrificación leva tempo chegando ó futbol, como á maioria dos sectores e actividades da nosa sociedade. A excusa de “limpar ó fútbol” (que foi necesario nos 80 e 90, moi violentos) non é agora máis que outra vía á xentrificación. Certas partes de afección sobran, o clasismo imponse. Buscase facer negocio con xente dun certo nivel económico que vaia ós estadios a desfrutar dunha “experiencia”, como xa pasa en Madrid e Barcelona, por exemplo. E ésta experiencia ten que ser limpa, branca, e controlada. E isto, señores e señoras, non é unha experiencia diseñada somentes para venderse. Isto é unha parte moi importante da vida de moita xente. E, como dixo algúen, o fútbol é o derradeiro espazo de paixón pura, que non atende a nengún tipo de interés, e iso é incontrolable. Pero este tipo de decisións conseguen que ademáis de enfrentarnos co clube, tamén nos enfrentemos entre nós (hay xente que non entende que os seguintes poden ser eles) e así, sexamos máis maleables.

Creo, e espero que así sexa, que a directiva está a tempo de rectificar, de mostrar respeto por esta afición que o levou a ser o que é, de compromenterse con valores e dereitos e non con outros intereses ou deixarse levar polo orgullo, e retomar unha época de unión e ilusión.

Así non, Depor, así nunca, pero estamos a tempo… Forza Depor.

  • Marcos García Patiño. Fillo, irmán, tío, e amigo. A empatía é todo.

Outras novas

A carta protesta dun socio cabreado ante a campaña de abonados do Dépor