Inicio Blog Páxina 9

A Deputación da Coruña aborda as novas violencias machistas dixitais na xornada ‘De Fronte’

A Deputación da Coruña organiza o próximo día 23 de abril unha xornada centrada nas novas violencias machistas dixitais, no marco da súa campaña ‘De Fronte’. Trátase dunha iniciativa orientada á prevención e á loita contra a violencia de xénero que terá lugar no Museo de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt), en horario de 09.30 a 19.00 horas. A participación require de inscrición previa, que é de carácter gratuíto.

Na presentación do evento, a deputada de Igualdade, Sol Agra, explicou que esta xornada forma parte dun proxecto que naceu ao redor da conmemoración do 25N, Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A actividade busca dotar de ferramentas para identificar e combater as agresións que se producen a través das novas tecnoloxías e as redes sociais.

Ademais, Sol Agra sinalou que esta acción responde á “preocupación” da área de Igualdade ante o avance dos discursos negacionistas e das correntes reaccionarias que pretenden disfrazar o machismo como unha elección ou un estilo de vida. Con esta xornada, a institución provincial reforza o seu compromiso coa igualdade e coa protección das mulleres fronte ás novas formas de acoso e violencia que xorden no ámbito dixital.

O cupón diario da ONCE deixa 500.000 euros na Coruña

O cupón diario do ONCE deixou na Coruña os 500.000 euros do seu premio maior, nun cupón premiado no sorteo deste pasado xoves, día 16 de abril. Nun comunicado, a organización informou de que Adrián Martínez é o vendedor que repartiu os 500.000 euros desde o seu quiosco, situado na rúa Gregorio Hernández.

O cupón diario do ONCE pon en xogo un premio de 500.000 euros ao número máis a serie e 49 premios de 35.000 euros ao cinco cifras do número premiado. Ademais, 450 premios de 250 euros ao catro primeiras cifras e outros 450 premios ao catro últimas; 9.000 premios de 25 euros no caso de tres últimas ou tres primeiras; e o mesmo para as dúas primeiras e últimas (6 euros) e reintegro de 2 euros á primeira ou a última cifra do número premiado.

O CICA da UDC logra tres axudas estatais para consolidar investigación en nanotecnoloxía e cambio climático

0

O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña vén de obter tres axudas na convocatoria de consolidación investigadora 2025 impulsada polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través da Axencia Estatal de Investigación.

Segundo informou o reitorado coruñés, estas axudas enmárcanse no Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2024-2027, un programa orientado a reforzar o sistema científico e a garantir a continuidade das traxectorias profesionais de persoal investigador con perfís destacados.

O obxectivo principal desta convocatoria é favorecer a estabilización da carreira científica, facilitando que investigadores e investigadoras poidan desenvolver o seu traballo en condicións máis estables dentro do sistema público de I+D+i. Neste contexto, o CICA consolida a súa posición como un dos centros de referencia na investigación interdisciplinar en Galicia.

PROXECTOS CENTRADOS EN RETOS GLOBAIS

As iniciativas seleccionadas abranguen ámbitos estratéxicos como a nanotecnoloxía e o cambio climático, contribuíndo á procura de solucións innovadoras para desafíos de alcance global.

Entre os proxectos financiados atópanse investigacións que traballan na fabricación de nanotiras de grafeno con precisión atomática, unha liña que abre novas posibilidades no desenvolvemento de materiais avanzados e tecnoloxías emerxentes.

Deste xeito, a Universidade da Coruña reforza a súa capacidade investigadora e a súa participación en programas estatais, consolidando o papel do CICA como motor de coñecemento e innovación científica en Galicia.

“Normalidade” en Alvedro e Peinador pola folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan “con normalidade” este venres a pesar da folga de controladores de Saerco, compañía que xestiona o tráfico en nove aeroportos (incluíndo estes dous galegos), convocada pola Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) e Comisións Obreiras (CC.OO.). Segundo fontes do xestor aeroportuario Aena consultadas por Europa Press, esta mañá os dous aeródromos galegos afectados por este paro indefinido operaron con normalidade.

Unicamente produciuse un desvío, pero por meteoroloxía adversa, no Aeroporto A Coruña, dun voo de Air Europa procedente de Madrid, que se tivo que desviar ao Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro”, engadiron as mesmas fontes. A folga indefinida convocada USCA e CC.OO. para os controladores de Saerco está destinada a denunciar a “falta de persoal” así como a “deterioración” das condicións laborais e o seu impacto na seguridade operacional, segundo denuncian os sindicatos.

En concreto, Saerco xestiona o control de tráfico aéreo dos aeroportos de Jerez de la Frontera, A Coruña, Madrid-Catro Ventos, Sevilla, Vigo, El Hierro, Fuerteventura, Lanzarote e La Palma. A folga afectará a 104 traballadores. Entre as causas da folga, USCA e CC.OO. citan a cancelación de vacacións xa aprobadas, o uso “abusivo” das dispoñibilidades, cambios de quenda comunicados “con escasa marxe”, falta de claridade nos cadrantes sobre os descansos obrigatorios e prácticas organizativas irregulares en varias dependencias.

As organizacións convocantes advirten ademais de que a seguridade aeronáutica “non pode soster sobre un persoal sometido a fatiga, tensión e incerteza permanente”. Os sindicatos e a compañía reuníronse este mércores para tratar de atopar un punto común que permitise desconvocar a folga, pero finalmente a acción sindical segue adiante.

As organizacións convocantes advirten ademais de que a seguridade aeronáutica “non pode sosterse sobre un persoal sometido a fatiga, tensión e incerteza permanente“. Os sindicatos e a compañía reuníronse este mércores para tratar de atopar un punto común que permitise desconvocar a folga, pero finalmente a acción sindical segue adiante.

DEREITOS DOS PASAXEIROS

Ante esta folga, Facua lembra a todos os pasaxeiros que se poidan ver afectados pola folga que teñen dereito á devolución do importe do billete ou á condución até o destino final nun voo alternativo. Así, ante a previsión de que esta folga poida resultar en cancelacións ou atrasos dos voos programados para eses días, Facua lembra que os afectados teñen dereito ao reembolso integro do billete ou a un transporte alternativo até o destino final, segundo o disposto no artigo 8 do Regulamento 261/2004.

Se a cancelación ocorrese próxima ao horario de saída do voo, a asociación lembra que o artigo 9 da normativa europea obriga á empresa a ofrecer aos pasaxeiros afectados comida e refrescos suficientes, aloxamento nun hotel se fose necesario no caso de que se optou porque se proporcione un voo alternativo, e traslado desde o aeroporto ata o devandito hotel.

Pola súa banda, OCU lembra aos viaxeiros afectados que, ademais do seu dereito ao reembolso do prezo do billete poden reclamar unha compensación adicional segundo a distancia e o ofrecemento ou non dun voo alternativo que poderá chegar ata os 600 euros.

Talento, orgullo e emoción invadiron o Teatro Colón na V Gala da Cultura da Deputación

0

O Teatro Colón acolleu esta pasada tarde de xoves 16 de abril a V Gala da Cultura da Deputación da Coruña. Unha cita que serve para amosar o talento e da diversidade da creación cultural galega da man dos 13 premios culturais que outorga a entidade. Pero que tamén reivindica o papel económico dun sector que representa ao redor do 3% do PIB galego e que xera máis de 35.000 postos de traballo.

A gala, centrada nesta edición na sorte como parte da identidade cultural galega e inspirada nos sanandresiños de Santo André de Teixido, estivo presentada pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, e contou coa actuación musical do dúo Caamaño&Ameixeiras.

Teatro Colon-gala_da_cultura_andreamorandeira_5 copia

Os sanandresiños de Santo André de Teixido foron os grandes protagonistas da proposta estética e escenográfica da gala, como símbolo da sorte e da tradición popular galega reinterpretada en clave contemporánea.

As persoas premiadas

GALA_DA_CULTURA-Foto de familia de ganadores

  • Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero: Mala Herba Producións (modalidade iniciativa) e Illa Bufarda (modalidade traxectoria).
  • Premio Luis Seoane de Deseño: D-Due.
  • Premio José Gil de Cinema en Galego: Ángela Andrada (guión de longametraxe de ficción en lingua galega), Borja Casal Fraga (guión de longametraxe documental en lingua galega) e Margarita Ledo Andión (traxectoria).
  • Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica: Regina Giménez.
  • Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica: Juan de la Quintana.
  • Certame de Arte Isaac Díaz Pardo: Ana Gesto Beiroa.
  • Premio Torrente Ballester de Narrativa: Estro Montaña (modalidade lingua galega) e Pablo Escudero Abenza (modalidade lingua castelá).
  • Premio Castelao de Banda Deseñada: Manuel Barreiro e Elías Taño (modalidade xeral) e Giovanna Lopalco (modalidade infantil e xuvenil).
  • Premio Manuel Murguía de Ensaio: Xosé Manoel Núñez Seixas.
  • Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil: Antía Yáñez Rodríguez.
  • Concurso Quero Cantar: Gael Ares (categoría infantil) e Emma Pérez e Candela Caamaño (categoría xuvenil).
  • Premio Internacional Andrés Gaos de Composición Musical: Aitor Vázquez Torres (modalidades orquestra e ensemble)
  • Concurso Fran Pérez ‘Narf’ para grupos e artistas musicais: Belém Tajes.

CUAC FM convirte á Coruña no epicentro dos Medios Comunitarios esta fin de semana grazas

0

Continúa avanzando o programa de actividades polo 30 aniversario da CUAC FM.  Desta volta, a radio comunitaria da cidade será a anfitriona e organizadora do Encontro Estatal de Medios Comunitarios, que se celebra entre o 17 e o 19 de abril no Espazo Normal da Coruña.

Unha cita na que os Medios de Comunicación Comunitarios de toda España reivindicarán na Coruña que se cumpla a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. I é que dende o ano 2010 a normativa estatal recolle a obriga das administracións de conceder Licenzas de emisión para este tipo de medios, sen ánimo de lucro, que pertencen case na súa totalidade a asociacións culturais e veciñais. A lei actual, de xullo de 2022, segue sen cumplirse e ningún medio ten a súa licenza a día de hoxe.

A mesa redonda inaugural está aberta ao público e contará, entre outros relatores, con Alfonso Hermida, xornalista que viviu en primeira persoa os métodos da Radio Televisión púbilca galega para distorsionar a información que chega á cidadanía galega. Comezará ás 18:30 horas.

Grazas á colaboración do Concello da Coruña poden vivirse estas xornadas que ofrecerán tamén formacións como a de Nastasia Zürcher, cantante galega e formadora en coidado da voz, así como outras dunha representante da Secretaría de Estado de Comunicación, Salomé Herce, que impartirá outro obradorio sobre cómo combatir os bulos e a desinformación nos medios.

As xornadas completaranse o domingo con visita ás instalacións de CUAC FM na Zapateira e a puntos de interés turístico da cidade.

Para máis información podedes ollar o programa na web de CUAC FM, onde tamén poderán seguirse por streaming algún dos actos previstos.

Máis novas

A CUAC FM soplará ás velas do seu 30 aniversario este sábado 21 de marzo ás 13:04 en María Pita

2026 arrinca en clave de aniversario: 30 anos de CuacFM e 45 do Jazz Filloa

EscapeMotor, o espazo radiofónico máis potente da provincia faise na CUAC FM

As Asembleas Abertas do Ensino Público organizan a toda a comunidade escolar pensando xa nas seguintes mobilizacións

Despois de meses de queixas, protestas e manifestacións de milleiros de familias a través das ANPAS, continúa mobilizándose o profesorado de todo o país, mobilizando a toda a comunidade escolar no marco das Asembleas Abertas do Ensino Público.

Tamén na nosa comarca herculina, como se comprobou este mércores coa reunión celebrada no edificio de servizos múltiples de Culleredo, onde tivo lugar a reunión dunha treintena de persoas que representaban á Federación Provincial de ANPAs da Coruña, ANPAs individuais de diversos centros, alumnado do Sindicato de Estudantes, os sindicatos CiG e STEG, así como profesorado vinculado ás asembleas abertas do ensino público.

Unha xornada para poñer en común e sobre a mesa a visión que cada unha das anteriores organizacións, así como de xeito individual, tiñamos sobre a educación pública galega actual.
I é que estas Asembleas supoñen as primeiras oportunidades para que toda a comunidade educativa de centros públicos se unan e aborden conxuntamente as problemáticas e analizar as posibles solucións que se puideron dar. Estas son algunhas das propostas:

  • máis persoal, máis especialidades -como a rama da psicoloxía ou da terapia ocupacional-,
  • máis democracia nos centros educativos,
  • actualización dos catálogos cos que se dota de persoal aos centros docentes,
  • redución de ratios e
  • mellora das instalacións públicas

Ao longo das dúas horas que durou a reunión houbo tempo para formular a situación individual de moitos centros docentes que están vivindo situacións límite, pero tamén houbo tempo á organización, creándose un grupo de traballo composto por persoas de tódolos sectores da comunidade educativa para remar nunha mesma dirección.

Folga e manifestación

Nesta ocasión tamén hai un horizonte claro de mobilización, xa que o vindeiro 28 de abril se producirá a sexta folga do ensino público por parte do profesorado, á que nesta ocasion tamén se suma o Sindicato de Estudantes.

Así mesmo, tamén se prepara unha mobilización de cara ao vindeiro 6 maio na que se tomarán de novo as rúas da Coruña para que alumnado, familias e profesoardo berren moi alto: ensinanza pública e de calidade!

Máis novas sobre a loita por un ensino público digno

As familias saíron á rúa para denuncian o abandono estrutural do ensino público e o ridículo dos nosos responsables políticos

A ANPA do CEIP Prácticas a Paula Prado: “Isto só acaba de comezar”

 

Outras novas das ANPAS

 

“Non tería collóns de facer semellante cousa”, di a irmá do loteiro acusado de quedar cunha Primitiva

A irmá dos dous acusados por, presuntamente, quedar cunha primitiva millonaria na Coruña en 2012 — feitos que se xulgan na Audiencia coruñesa 14 anos despois — rexeitou que os seus irmáns — uno loteiro nesta cidade e outro entón delegado provincial de Lotarías — urdiesen un plan para quedar co boleto premiado.

Ningún dos dous teñen mente conspiranoica“, aseverou durante a súa declaración como testemuña. “O meu irmán Manuel non tería collóns de facer semellante cousa“, dixo noutro momento e en relación á acusación de que este ocultaría ao verdadeiro dono do boleto que estaba premiado para dicir logo que o atopou no seu despacho e poder reclamar o importe, como sosteñen Fiscalía e acusacións particulares.

E é que a cuarta sesión, previa á declaración dos dous acusados prevista para o luns, día 20, centrouse na declaración de policías que se encargaron de solicitar pegadas para ver se era posible determinar quen era o dono; exresponsables de Lotarías e Apostas do Estado, para concretar que procedemento se sigue en casos así, e a filla dunha das persoas que o reclamou e que a Policía considerou que non era o lexítimo dono.

Esta parte e outra familia, a viúva e a filla dun home que a investigación policial si considerou o verdadeiro propietario, exercen a acusación particular nunha vista con senllas defensas por cada un dos acusados, xunto á aseguradora personada e a Avogacía do Estado. A eles, súmase Fiscalía que solicita para o primeiro seis anos de cárcere por un delito de estafa ou, alternativamente, por apropiación indebida. Para o seu irmán, o exdelegado provincial de Lotarías, pide a mesma pena de prisión por branqueo de capitais ou por encubrimento.

RECLAMACIÓN

A filla do home que a Policía nunca considerou o verdadeiro dono, ao descartar que houbese as súas pegadas no boleto, manifestou que fixeron a reclamación na delegación de Lotarías, na que traballa a familia Reija ao ter un contrato mercantil coa Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE).

Tamén especificou que Miguel Reija, exdelegado provincial de Lotarías e acusado xunto ao seu irmán Manuel Reija, o loteiro, aseguroulle que xa se cobrou e que o boleto estaba nunha caixa forte en Lotarías do Estado. “O meu pai dixo que se estaban quedando con el”, apuntou sobre a primitiva premiada.

Antes prestou declaración a irmá dos dous procesados — Miguel Reija hoxe non compareceu por prescrición médica — para rexeitar que houbese unha actuación ilícita por parte dos seus irmáns. Así, explicou que Manuel se achegou á delegación de Lotarías, onde ela traballaba como administrativa, con rostro preocupado e que explicou que se atopou cun grupo de boletos e que para a súa “sorpresa” un tiña premio.

Tamén aseverou que lle preguntou ao seu irmán Miguel o que debía de facer e que este lle dixo que volvese ao despacho por se había reclamacións. Respecto diso, o Ministerio Público insistiu nas súas preguntas se non existía obrigación de enviar directamente á SELAE o boleto premiado.

ORIXE DO CASO

O caso ten a súa orixe nun dos episodios máis lembrados sobre o cobro de premios de Lotaría: o dun boleto agraciado con 4,7 millóns de euros que o loteiro dixo atoparse e que, durante anos, tivo unha propiedade discutida.

A Lonxa do Gran Sol e o encoro de Meicende, entre as obras que renecesitan rehabilitación e difusión pública para o Colexio de Enxeñeiros

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia vén de emitir un informe no que pon o foco en sete obras que requiren traballos de conservación, rehabilitación señalética e difusión pública.

Así, o II Catálogo de Actuacións no Patrimonio das Obras Públicas recolle dúas obras na provincia da Coruña; dous en Ourense; dous en Pontevedra e unha en Lugo. O Colexio propón actuacións detalladas co obxectivo preservar o valioso patrimonio enxeñeril de sete obras galegas e activar a actividade económica a través do turismo, especialmente en zonas despobladas.

A lonxa do Gran Sol, no Peirao da Palloza (A Coruña), realizada en 1960 por Eduardo García de Dios e Félix Calderón Gaztelu, consérvase nun estado estrutural aceptable, pero presenta signos de envellecemento propios do paso do tempo e do ambiente mariño. Por iso, ven prioritario o seu mantemento operativo con accións de conservación patrimonial e divulgar a relevancia da lonxa na historia económica e portuaria da cidade.

A Lonxa do Gran sol da Coruna.
Outra imaxe da Lonxa do Gran Sol. Foto: Luís Argüelles DOCOMOMO

De xeito paralelo, consideran que o Encoro de Meicende está “nun estado xeral satisfactorio”, pero a estrutura de bóvedas múltiples require unha vixilancia continua para garantir a súa estabilidade e estanqueidad. Ademais, os enxeñeiros consideran que a obra debería ser posta en valor como un elemento destacado do patrimonio da enxeñaría civil galega.

Encoro de Meicende-Foto-YT_Markus
Encoro de Meicende-Foto-YT_Markus

O Colexio tamén pon o foco sobre o baluarte Ángulo dos Demos (Murallas de Tui), o depósito de auga dO Castro (Vigo), a rede termal de Ourense, a estación de ferrocarril de Boborás (Ourense) ou o túnel de Montefurado (Quiroga, Lugo).

Folga indefinida dos controladores aéreos de Alvedro a partir deste venres

0

A Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) e CCOO convocaron a partir do 17 de abril unha folga indefinida para denunciar “a falta de persoal, a deterioración das condicións laborais e o seu impacto na seguridade operacional”,  da empresa de navegación aérea Saerco, a concesionaria do servizo. A protesta Galicia afecta os aeroportos da Coruña e Vigo.

A empresa xestora do aeroporto, Aena prevé que para o aumento do tráfico aéreo en Alvedro, polo peche da Lavacolla durante 35 días, que Saerco dimensione “os recursos con base na operativa“, explicou o director dos Aeroportos do Grupo II de Aena, Raúl Moya. “Estamos á espera de que se decreten cales son os servizos mínimos que garantan o servizo” durante a folga, precisou Moya.

Sobre o aumento de voos no aeroporto de Alvedro, sinalou que as compañías decidiron mover á Coruña a maioría dos previstos en Santiago de Compostela, aínda que algún se trasladada a Vigo, onde haberá un reforzo da conexión con Barcelona.